BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA

Page 1

BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA


INTRODUCIÓN: O obxectivo desta Biblioteca de Animación á lectura é fornecer ao alumnado de 2º ciclo da ESO dunhas listaxes de títulos organizados temáticamente para que conten cun abano de posibilidades á hora de escollera as súas lecturas. Os CRITERIOS de elaboración foron os seguintes: -

Son obras dirixidas específicamente ou adaptadas ás idades dos rapaces e rapazas de segundo ciclo de ESO. Os autores e autoras son galegos/as xa que se pretende, non só contribuír á normalización lingüística coa lectura na nosa lengua senón tamén coñecer a nosa realidade. Escolléronse cinco temáticas para que cada alumno/a decida se quere ler obras só dun tipo ou prefire a variedade. Son obras de editoriais galegas que se poden adquirir con facilidade e construír unha Biblioteca de Aula cun número suficiente de exemplares para permitir o intercambio entre os/as rapaces/as.

A ESTRUTURA e organización da Biblioteca conta con cinco seccións, cada unha coa súa temática: 1-AVENTURA 2-CIENCIA FICCIÓN 3-MEMORIA HISTÓRICA 4-MISTERIO 5- RELACIÓNS FAMILIARES E PERSOAIS. Cada parte conta cunha decena de títulos . Ao comezo de curso daranse a coñecer os títulos , os resumos e levaranse os libros para que os/as alumnos/as decidan o que van ler. Deben escoller cinco obras de lectura obligatoria e as que queiran voluntarias, dunha soa sección ou variadas. Despois da lectura proporase unha proba que nalgún caso pode ser oral para que sirva para dar a coñecer a obra lida ao resto dos/as compañeiros/as e servir así de motivación para posteriores lecturas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.