CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL A. O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o I Concurso de postais de Nadal. B. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos). C. Tema: “O Nadal”. D. As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e deberá incluír algún desexo ou mensaxe para o ano 2011 en lingua galega. A técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras...). E. A postal irá asinada polo alumnado. No reverso será imprescindible indicar o nome, apelidos e curso do participante. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. F. O prazo de admisión das postais será até o 3 de decembro ás 12 horas, remitíndose por correo ordinario ao seguinte enderezo: IES San Clemente, Rúa San Clemente S/N, 15705, Santiago de Compostela. Tamén se poden entregar na Conserxaría do Centro. G. Haberá un primeiro premio por valor de 100 € en material escolar e informático, e un segundo por valor de 75 €, tamén en material escolar e informático. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto. H. O Instituto San Clemente poderá realizar unha exposición con todos os traballos presentados a concurso e utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativo e externos ao Centro. I. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro. J. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na terceira semana de decembro. K. A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.