FOLLASNOVAS NOVASFOLLAS Homenaxe a Rosalía, na rede de Museos, no día Mundial da Poesía Dossier de presentación
“As viúdas dos vivos, as viúdas dos mortos” Emigración: carraxe universal. O desmembramento, o trauma e a perda é un punto de comezo onde buscar un elemento de unión entre xéneros e culturas. Unha galega, un filipino, un bosnio, unha mexicana, unha ghanesa, un palestino: pais que non teñen fillas e fillos que non coñecen nais. Diásporas humanas, sen xénero xa. Todas pateira e todos “espaldas molladas”. Na loita pola oportunidade, pola mellora, polo presente, polo futuro mellorando o pasado é onde medra a conversa común afianzada. Dende o esforzo e a superación da penuria. Dinámicas que igualan condicións e só entenden de persoas. Comunidades que procuran poder escoller viaxe en liberdade no canto de marchar por obriga. Comunidades criando nenos e nenas horizontais, que miran de igual ao do carón. Nin cara o cumio dende abaixo; nin cara a base dende o alto. Orfos e orfas sementando campos de soidade forzada para que en calquera lugar incen mans que amarren e misturen culturas e xéneros para turrar polo común. Follas Novas que dan lugar a novas follas dende os museos.”
_4
De onde xorde este proxecto?_
_4
índice_
Cal é o obxectivo deste proxecto? _
En que consiste?_
_4
1ª fase: Rosalía nos centros educativos_ Aulas de Lingua_
_4 _4
Aulas de Plástica e Debuxo_
_4
2ª fase: Rosalía nos museos_
_4
a) Actividades_
_4
b) Instalacións_
_4
3ª fase: Presentación de todo o proxecto a través dos medios ó alcance d@s rapaces/as_
_5
4ª fase: Rosalía na emigración_
_5
Onde se realiza este obradoiro?_
_5
1. As aulas_
_5
2. Os museos_
_5
Cal é a súa cronoloxía?_
_6
Cales son os materiais empregados?_
_6
Materiais para o traballo_
_6
Unidade didáctica específica_
_6
Quen participa neste proxecto?_
_7
Cal é o obxectivo deste proxecto?_
1ª fase: Rosalía nos centros educativos_
Ten por obxectivo traballar na comprensión do fenómeno da emigración/inmigración empregando a obra de Rosalía de Castro coma medio vehicular dun xeito multidisciplinar, intergrupal e en rede. A partir de dita comprensión búscase chegar aos valores de igualdade (xénero, raza, condición, relixión...), respecto e protección do medio ambiente, fortalecemento da identidade colectiva, a comprensión do “outro” e a posta en valor da obra literaria de Rosalía de Castro e a súa propia coma neste senso.
As actividades realizadas nas escolas abarcan campos multidisciplinares que implicarán ós departamentos das lenguas e máis o departamento de debuxo.
De onde xorde este proxecto?_ Este proxecto nace da instalación artística idea de Luz Darriba e a interpretación didáctica que dela fai Encarnación Lago. O porque veu de xunguir o “Ano de achegamento entre Culturas”, o “Día da Poesía” e o “Día do Libro” nunha soa experiencia. Está dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos que se atopan nas áreas xeográficas de influencia dos museos pertencentes á Rede Museística Provincial de Lugo para nun seguinte paso, abrirmos a experiencia a outros centros educativos.
En que consiste?_ Este proyecto implica a alumnado, profesorado, artistas plásticos e persoal da rede museística de Lugo. Todos eles/as co seu papel e as súas funcións. O obradoiro desenvolverase en distintas fases que se corresponderán con actividades concretas e diferenciadas:
Aulas de Lingua Os mestres/as investigarán co alumnado sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Centraranse especialmente no tempo que ela mesma estivo fora de Galicia, apartada da súa terra, e sobre todo en Follas Novas (1880) co seu libro quinto “As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos” , obra relacionada cos temas da emigración. A partir de aí o alumnado elixirá un dos poemas dese libro. O poema será copiado nunha folla de Carballo debuxada nun folio que se lle proporcionará @s nen@s. Na mesma folla o alumnado escribirá unha pequena reflexión ou un pegamento tocante o tema da emigración. Aulas de Plástica e Debuxo Na aula de plástica usarase a mesma folla na que fixemos o traballo de investigación literaria e de creación. Pero nesta ocasión tratarase de darlle un diseño á folla escrita co calquera das técnicas plásticas que elixan profesores/as e alumn@s.
2ª fase: Rosalía nos museos_ a) Actividades Realizarase de tres xeitos distintos: 1) Por unha banda co mesmo alumnado que traballou nas escolas, acompañado do seu entorno familiar, lévanse as follas aos distintos Museos: - Pazo de Tor - Museo Provincial do Mar de San Cibrao - Museo Etnográfico de San Paio de Narla Alí, seguindo un percorrido deseñado polo persoal da Rede Museística no entorno natural dos museos leranse os poemas de Rosalía e as reflexións d@s nen@s para logo prender as follas nunhas árbores que situaremos na instalación. 2) A esta actividade para familias poderán vir nen@s que non fixeran a actividade na aula. 3) Ainda que haxa nen@s que non se podan achegar @s museos tamén usaremos as súas follas para as instalacións. b) Instalacións Cando as follas cos pensamentos e reflexións e tamén cos poemas de Rosalía se len en voz alta, estas pasan a formar parte dunha instalación proxectada por Luz Darriba. As árbores serven como soporte para todas estas follas novas que fixeron
@s nen@s e que xorden das Follas Novas rosalianas. Unha vez plastificadas para que non se estropeen estas colgaranse desas árbores que están nos museos mencionados con anterioridade e que serán os pilares sobre os que medre a instalación das “novas follas”.
3ª fase: Presentación de todo o proxecto a través dos medios de comunicación ó alcance d@s rapaces/as_ Todo este traballo presentarase ó público tamén coa intervención d@s propi@s rapaces/es. Así faranse as seguintes actividades:
• Realización dun material audiovisual en rede entre tod@s:
- Creación dun blog - Introducción de contidos nas páxinas dos museos da rede e os seus blogs
- Filmación de vídeos co desenvolvemento do traballo - Deseño e creación de contidos para a realización dun programa de radio en cada museo, titorizado polo persoal do museo.
• Presentación do obradoiro ó público en xeral na Revista Oral : A voz dos Carraos (Museo do Mar de San Cibrao). Realizada pol@s propi@s nen@s valorando o traballo feito co proxecto.
4ª fase: Rosalía na emigración_ A última fase da viaxe destas follas pasa por dous museos importantes na nosa historia como pobo: •
Casa-Museo Rosalía de Castro, A Matanza, Padrón: Neste museo realizarase unha exposición dos traballos orixinais.
•
Biblioteca Nacional de la República e Museo de la Inmigración Argentina, Buenos Aires: Neste museo a artista Luz Darriba realizará unha instalación con reproduccións dos traballos recompilados. A persona que se encargará de coordinará o proxecto en Arxentina será Micaela Fernández.
•
Exposición Instalación simultanea nos tres Museos da Rede en Decembro pechando o ano do Achegamento de Culturas
Onde se realiza este proxecto? A elaboración deste proxecto pasa por dúas fases distintas que se ubican en espacio distintos tamén, pero ó mesmo tempo complementarios: 1. As aulas: As actividades que se desenvolven en Institutos e colexios están dirixidas e tutorizadas polo persoal docente de cada centro. Intervirán dentro das materias de lengua galega e plástica traballando na documentación, comprensión dos textos rosalianos, elaboración dos textos propios de cada rapaz/a e a ilustración. Estes son os centros participantes na actividade e @s encargad@s de coordinalos neles: - C.P.I Doutor López Suárez (Escairón): Maria Luisa Álvarez Rodríguez, Dolores Álvarez Pérez - C.P.I. Doutor López Suárez (Friol): José María Carricoba Armesto - I.E.S. A Pinguela (Monforte de Lemos): María González - A Mariña Ana Ferro, Dolores Cela. - I.E.S Mosteirón (Sada): Cristina Corral Soilán 2. Os museos. Os museos nos que se desenvolverán todas estas actividades son os seguintes. 1ª viaxe: • Pazo de Tor • Museo Provincial do Mar de San Cibrao • Museo Etnográfico de San Paio de Narla 2ª viaxe: • Casa-Museo de Rosalía de Castro • Biblioteca Nacional de Argentina • Museo de la Inmigración en Bos Aires (Arxentina) 3ªviaxe Retornan de onde saíron dos Museos da Rede.
Cal é a súa cronoloxía?_
Cales son os materiais empregados?_
Levase a cabo co seguinte planteamento cronolóxico:
• Venres, 19 de marzo, ás 18 horas, no Pazo de Tor (Tor, Monforte de Lemos, Lugo) Presentación da proxección correspondente ao mes de marzo no cuarto de convidados: Sombras de sonos no bosco. Un berro pola lingua (Ano Uxío Novoneyra). Exposición dos traballos resultantes do obradoiro levado a cabo nas aulas e tamén o realizado o propio día para familias. “Follas Novas. Novas Follas”
Materiais para o traballo 1. Fontes documentais: Material escritos e online sobre Rosalía e a súa obra e exemplares de Follas Novas. 2.Materiais para o traballo artístico: Para levar a cabo emprégase coma material a base dun papel co deseño dunha folla de carballo sobre a que o alumnado desenvolve as súas ideas.
• Sábado, 20 de marzo, ás 12:00 horas, no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo, Lugo) Exposición dos traballos resultantes da actividade didáctica nas aulas e no obradoiro para familias levado a cabo o propio día 20 “Follas Novas. Novas Follas”
• Domingo, 21 de marzo, ás 12:00 horas, no Museo Etnográfico San Paio de Narla (Xiá, Friol Lugo) Exposición dos traballos resultantes da actividade didáctica nas aulas e no obradoiro para familias levado a cabo o propio día 21 “Follas Novas. Novas Follas”
• Sábado 27 de marzo durante a realización da revista oral “A Voz dos Carraos” no Museo do Mar (San Cibrao, Cervo, Lugo ) Os nenos participantes na experiencia nese museo presentarán as reflexións e avaliacións de todo o proxecto e do traballo feito .
• Venres, 23 de abril na Casa-Museo Rosalía de Castro (A Matanza, Padrón), Biblioteca Nacional de la República e Museo de la Inmigración Argentina (Buenos Aires)
• • Decembro Instalación exposición reflexión sobre o Ano do Achegamento entre culturas.
Ademáis diso todos os materiais que alumn@s e profesores/ as decidan usar para adornar as follas (pinturas, papel para collages, rotuladores, acuarelas, etc.) 3. Medios de comunicación: As TIC para nos documentar sobre Rosalía de Castro e tamén para informar do proxecto (blog do proxecto: www.follasnovasnovasfollas.blogspot.com, web do proxecto: http://www.wix.com/redemuseistica/follasnovas, Facebook do proxecto, blogs de todos os museos da rede, a Revista Oral do Museo de San Ciprián, A Voz dos Carraos e a Radio como medio de comunicación para facérmonos eco do proxecto co propio alumnado e profesorado como participantes.
• Unidade didáctica específica: Para traballar esta unidade empregamos unha unidade didáctica, con pequenas variacións atendendo ós distintos cursos cos que se traballou que esta sendo realizada por unha das profesoras que forman parte do proxecto.
Quen participa neste proxecto?_ Esta idea é desenvolta polo seguinte equipo de traballo: Idea, coordinación do proxecto e impartición de obradoiros Encarnación Lago Idea, coordinación e realización da instalación artística Luz Darriba Coordinación do Proxecto en Arxentina Micaela Fernández Asesoramento bibliográfico, didáctico e metodolóxico Mercedes Salvador, Cristina Corral Soilán e Brais García Realización e coordinación do traballo na rede, novas tecnoloxías e multimedia Juan Ignacio Márquez Barros Reprografía Blanca Pacín Asesoramento Técnico Helena Villar Janeiro Obradoiros nos museos da Rede San Paio de Narla: Francisca Abuín, Ana Ferro Pazo de Tor: María González, Ángeles Rivada Museo Provincial do Mar: Amelia Pernas Revista Oral “A Voz dos Carraos” Antonio Reigosa Actividades na escola C.P.I Doutor López Suárez (Escairón) Maria Luisa Álvarez Rodríguez, Dolores Álvarez Pérez C.P.I. Doutor López Suárez (Friol) José María Carricoba Armesto I.E.S. A Pinguela (Monforte de Lemos) María González A Mariña I.E.S Mosteirón (Sada) Cristina Corral Soilán Fotografía Germán Limeres Deseño folla de carballo TATATA