O gran libro das receitas do CETA

Page 1


BENQUERIDAS, BENQUERIDOS: Achéganse as festas de finais de ano, que indican o comezo do inverno e, con elas, damos a benvida ao novo ano. Un ano cheo de ameazas e perigos, pero tamén cheo de esperanza, proxectos e oportunidades para mudalo todo. Gústenche ou non estas datas do nadal, o que é incontestable é que están directamente relacionadas coa gastronomía, por iso nos gustaría ofrecerche este receitario tradicional con cinco pratos típicos. Para lamber os dedos! Pero non é un receitario calquera, xa te darás conta. Este inclúe algúns dos efectos do CETA na túa vida. Sabes que é o CETA? É un tratado que a Unión Europea firmou con Canadá e que o Congreso deberá ratificar, un tratado onde os nosos dereitos e a nosa soberanía se esfuman para non molestar ás grandes corporacións internacionais. É moi parecido ao TTIP, de ese seguro que escoitaches falar!


ร ndice Como che afecta o CETA?

Sopa de macarrรณns

Cรณctel de gambas

Turrรณn de Jijona

Pavo recheo ao forno

Polvorรณns caseiros


O GRAN LIBRO DAS RECEITAS DO CETA

Sopa de macarróns Racións: 6 persoas * Tempo: 3 horas * Dificultade: media

INGREDIENTES:

PREPARACIÓN PASO A PASO

Para o caldo:

Na pota salteamos cun pouco de aceite de oliva o apio, o nabo e o porro. Retiramos. Poñemos na mesma pota co aceite das verduras o cuarto de polo, a cachucha de porco, o óso de xamón e a costela de vaca. Enchemos a pota ata cubrirlo todo con aproximadamente 5 litros de auga. Deixaremos ferver 1 hora a lume lento. Engadimos o apio, o nabo e o porro, así como a pataca e a cenoria. Deixaremos ferver 1 hora máis a lume lento. Colamos o caldo e engadimos a pasta. Deixamos ferver o tempo indicado no envase da pasta. Servimos a sopa, engadido, ao gusto, cachiños de verduras e carne.

· Costela de vaca (300 g) · 1/2 Cachucha de porco · 1 óso de xamón · Cuarto de polo (200 g) · 1 nabo · 2 porros · 1/2 Apio · 2 Cenorias · 2 Patacas


Como che afecta o CETA?

Como che afecta o CETA? Costela de vaca En Canadá é legal dar Zilmax ás vacas. É un medicamento anabolizante que aumenta a frecuencia cardíaca, causa insomnio, tremores e dor de cabeza. Na UE está prohibido.

Cachucha de porco e óso de xamón En Canadá é legal dar Ractopamina aos porcos. Ata o 20% do medicamento anabolizante está presente na carne do animal cando o comemos. Na UE está prohibido.

Cuarto de polo En Canadá a normativa sobre hormonas e medicamentos para o gando é moito máis laxa que na UE

Apio, nabo e porro Na agricultura transxénica úsase en grandes cantidades o herbicida Glifosato, altamente canceríxeno tanto para os agricultores como para as consumidores finais. Na UE non está prohibido, pero moitas administracións estano suprimindo.

Patacas e cenorias Canadá foi o 5º produtor mundial de substancias transxénicas en 2014

Pasta de macarróns As novas normas sobre hormonas, medicamentos, transxénicos e herbicidas redáctanas os grupos de presión das grandes corporacións multinacionais. “O bo viño e a sopa fervida alargan a vida”

Bo proveito!

A UE COMPROMÉTESE A IMPORTAR: 65.000 TONELADAS DE CARNE VACÚN 75.000 TONELADAS DE CARNE PORCINA PROCEDENTE DE CANADÁ NOS PRÓXIMOS 7 ANOS.


O GRAN LIBRO DAS RECEITAS DO CETA

Cóctel de gambas

Racións: 2 persoas * Tempo: 10 minutos * Dificultade: doado

INGREDIENTES · 2 aguacates · 500 g de gambas · 3 culleradas de salsa rosa (maionesa, salsa de tomate, zume de laranxa, brandy) · 1 cebola · leituga Para a salsa rosa: · 3 culleradas de maionesa · 2 culleradas de ketchup · Unhas gotas de brandi

PREPARACIÓN PASO A PASO Cortaremos a cebola e os aguacates pelados en cubos. Pelamos os 500g de gambas. Cortamos 400g de gambas e os allos tenros. Reservamos os 100g de gambas restantes. Mesturamos todo o que está cortado. Engadimos a salsa rosa. Disporémolo en copas individuais e deixarémolo arrefriar na neveira. Cortamos a leituga en tiras. Engadimos a cada copa, de maneira decorativa, unha cama de leituga e as gambas enteiras.


Como che afecta o CETA?

Como che afecta o CETA? Aguacates Nos EEUU a presenza de residuos tóxicos nos produtos de alimentación humana ten unha regulación moito máis laxa e permisiva que na UE.

Gambas Na UE prima o principio de precaución. Coa aplicación do CETA primará o principio de xestión de riscos. Primeiro comercialízase o produto, logo xestiónanse os danos. Danos que poden ser irreversibles, claro.

Salsa rosa Se un produto comercializado por unha gran corporación causa danos (á saúde, por exemplo), as persoas afectadas deberán acudir á xustiza ordinaria. En cambio, se a corporación considera que algunha lexislación estatal resulta perigosa para os seus intereses (económicos), acudirá aos tribunais VIP, opacos, carísimos e rápidos, que crea o tratado.

Cebola e leituga En EEUU é habitual a radiación dos alimentos e non hai que indicalo na etiqueta. A UE considera que pon en perigo a seguridade alimentaria. Na UE só está permitida para algúns produtos e é obrigatorio indicalo “Quen canta na mesa e asubía na cama, non ten moita cordura”

Bo proveito!

O 81% DAS EMPRESAS CANADENSES SON FILIAIS DE EEUU. NA UE SÓ ESTÁN PERMITIDOS 250 HERBICIDAS. HAI 82 COMPOÑENTES QUÍMICOS HABITUALMENTE EMPREGADOS PARA PRODUCIR HERBICIDAS E AGROTÓXICOS QUE ESTÁN PROHIBIDOS NA UE, A MAIORÍA BAIXO CONSELLO DA OMS. EN CAMBIO, SON PERFECTAMENTE LEGAIS E HABITUALMENTE UTILIZADOS EN EEUU.


O GRAN LIBRO DAS RECEITAS DO CETA

Pavo recheo ao forno Racións: 6 persoas * Tempo: 10 horas * Dificultade: media

INGREDIENTES: · 1 Pavo (aprox. 6 kg) · Sal, cebola e viño doce · Graxa de porco Para o recheo: · Touciño · 4 mazás · 2 cebola · Allos · Pan duro · 20 ameixas pasas · 10 albaricoques secos · Noz moscada e canela

PREPARACIÓN PASO A PASO Limpamos e desosamos o polo con coidado para que non rompa. Trinchamos e mesturamos touciño, mazá, pan duro, ameixas pasas e albaricoques secos. Cocémolo na pota con graxa de porco, sal e viño doce ata reducir. Deixamos repousar a mestura, engadindo noz moscada e canela. Enchemos o polo e cosémolo. Enfornamos durante 3h a 125ºC. A media cocción pódenselle engadir patacas.


Como che afecta o CETA?

Como che afecta o CETA? Pavo En EEUU é habitual mergullar aos polos en cloro (lixivia) no matadoiro. Na UE esta práctica está prohibida. Sal, cebola e viño doce En EEUU é habitual a radiación dos alimentos. Graxa de porco En EEUU o 80% dos antibióticos usanse na gandaría, só o 20% son para a saúde humana. O Centro Europeo de Prevención e control de enfermidades calcula que o uso dos antibióticos na gandaría causa cada ano 25.000 mortes, e supón un gasto de 1.500 millóns de euros. Os antibióticos presentes nos animais que comemos debilitan o noso sistema inmunolóxico.

Touciño Hai que saber que en España comercialízanse unha media de 250 mg de antibiótico por kg de carne, a segunda cifra máis alta da UE.

Mazá, pan duro Na UE só está permitida a radiación de herbas aromáticas, especias e condimentos, porque poñen en perigo a seguridade alimentaria.

Ameixas pasas e albaricoques secos Na UE é obrigatorio indicar que un produto recibiu radiación. En EEUU considérase un aditivo alimentario máis e non se indica. “Ao galo que fai bullicio, estréitanlle o pescozo”

Bo proveito!

ESTÍMASE QUE NOS EEUU O 80% DA GANDERÍA FOI TRATADA CON HORMONAS DE CRECEMENTO.APROXIMADAMENTE O 20% DASVACAS LEITEIRAS ESTADOUNIDENSES RECIBEN HORMONAS HABITUALMENTE. NA UE A UTILIZACIÓN DE HORMONAS ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDA. EEUU DISPÓN DO TRATADO NAFTA CON CANADÁ, GRAZAS AO QUE SI SE PODE VENDER NOS EEUU, PÓDESE VENDER EN CANADÁ. O 81% DAS EMPRESAS CANADIENSES SON FILIAIS DE EEUU.


O GRAN LIBRO DAS RECEITAS DO CETA

TURRÓN DE JIJONA

Racións: un turrón enteiro * Tempo: 50 minutos * Dificultade: media

INGREDIENTES · 600 g de améndoa tostada · 100 g de mel · 150 g de azucre glas

PREPARACIÓN PASO A PASO Tostamos as améndoas crúas na tixola cun chorriño de aceite. Triturámolas coa batidora. Quentamos o mel na pota ata que se vaia espesando. Engadimos o azucre e removemos ata que se forme unha pasta. Engadimos as améndoas e mesturámolo con forza, todo ten que quedar xunto e transformarse nunha masa espesa. Poñemos esta masa nun molde protexido e deixaremos arrefriar. Unha vez frío, hai que cambialo a un molde máis grande e cubrilo con algo pesado, as améndoas soltarán aceite, o turrón compactarase. Ao día seguinte, limpamos as graxas sobrantes e emplatamos a peza.


Como che afecta o CETA?

Como che afecta o CETA? Améndoa tostada Canadá é un dos líderes mundiais en produción de produtos transxénicos.

Mel Na agricultura transxénica utilízanse grandes cantidades de herbicidas, terriblemente canceríxenos para agricultores e consumidores finais, e funestos para as abellas.

Azucre glas Está previsto que as novas normas sobre transxénicos e herbicidas se redacten coa inestimable e desinteresada colaboración dos grupos de presión das corporacións interesadas.

“Por Nadal capón, barquillos e turróns”

Bo proveito!

AS ABELLAS POLINIZAN O 80% DAS PLANTAS RELACIONADAS COA NOSA ALIMENTACIÓN. OS HERBICIDAS MÁIS UTILIZADOS EN EEUU LEVAN UN COMPOÑENTE CONSIDERADO LETAL PARA AS ABELLAS. A UE PROHIBIU PROVISIONALMENTE ESTE COMPOÑENTE EN 2013. DESDE ENTÓN RECIBIU MOITAS PRESIÓNS DAS MULTINACIONAIS PRODUTORAS.


O GRAN LIBRO DAS RECEITAS DO CETA

Polvoróns caseiros

Racións: 20 unidades * Temps: 45 minutos * Dificultade: media

INGREDIENTES: · 350 g de fariña

· 110 g de graxa de porco · 40 g améndoa · 80 g de sucre · Canela

· Azucre glas

PREPARACIÓN PASO A PASO Un día anterior, mesturaremos 350g de fariña con 40g de améndoas e poñemos a mestura no forno. Deberá estar 30 minutos a 130ºC, témolo que remover de cando en vez. Pasados os 30 minutos, apagaremos o forno e deixarémolo repousar até o seguinte día. Ao día seguinte, tomamos a mestura do día anterior e formamos unha montaña volcánica. No cráter poñemos a canela, os 80g de azucre e os 110g de graxa de porco. Mesturámolo ata que quede unha masa firme e poñémolo na neveira dentro dun plástico durante 1 hora. Pasado ese tempo, hai que sacar a masa e alisala coa palma da man. Pasar un rodete para igualala. Debe quedar un pouco grosa (non estamos a facer galletas). Cun molde redondo, ou un vaso, imos facendo os polvoróns. Unha vez están todos feitos, deixarémolos descansar 1 hora. Quentamos o forno a 200ºC, función grill. Poñemos os polvoróns uns 15 minutos vixiando que non se queimen. Unha vez fóra deixamos arrefriar. Pódeselles engadir azucre glas por encima unha vez fríos.


Como che afecta o CETA?

Como che afecta o CETA? Fariña A lista de produtos herbicidas e agrotóxicos permitidos en EEUU e prohibidos na UE é moi longa. A UE só permite 250 herbicidas.

Graxa de porco En Canadá é habitual dar Ractopamina, medicamento anabolizante, aos porcos. En EEUU é habitual dar hormonas e antibióticos ao gando. Na UE estas prácticas están prohibidas, xa que pon en perigo a saúde humana.

Améndoa Hai 82 compoñentes químicos prohibidos na UE, moito baixo consello da OMS, que son legais e utilizados nos herbicidas de EEUU.

Canela e azucre Os límites de residuos tóxicos permitidos nos produtos destinados á alimentación humana (restos de herbicidas, por exemplo) son moi superiores nos EEUU que na UE.

“Non digas nunca desta auga non beberei, nin este capelán non é o meu pai”

Bo proveito!

NA UE PRIMA O PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN: SE OS ESTUDOS SOBRE UNHA INNOVACIÓN TÉCNICA NON SON SUFICIENTEMENTE FIABLES PARA GARANTIR A SEGURIDADE DA SAÚDE HUMANA OU DO MEDIO AMBIENTE, ESTE PRODUTO NON SE COMERCIALIZA. EN EEUU PRIMA O PRINCIPIO DA XESTIÓN DE RISCOS: O PRODUTO COMERCIALÍZASE E CANDO EMPEZA A CAUSAR DANOS, AS PERSOAS AFECTADAS XA DENUNCIARÁN Á GRAN CORPORACIÓN, QUE TEN UNS AVOGADOS MOI CAROS E É MOI PODEROSA.


BENQUERIDAS, BENQUERIDOS: Numerosos parlamentos autonómicos pronunciáronse en contra do CETA. O grupo confederal de En Comú Podem, Unidos Podemos e En Marea propuxo o rexeitamento do CETA no Congreso, pero PP, PSOE, Ciudadanos, PNV e PDCat estaban a favor. Así é como o Goberno comercia cos nosos dereitos, sen consultar a ninguén, ignorando parlamentos autonómicos e cargos electos. Pero non nos quedamos de brazos cruzados mentras todo esto acontecía. A sociedade civil europea organizouse ao redor da campaña #NiCETAniTTIP, houbo manifestacións, accións nas redes sociais, cadeas humanas, concentracións... e a loita continúa! É inadmisible que os gobernos europeos, despois da coartada da Unión Europea, poñan en venta as nosas soberanías: xurídica, alimentaria, medioambiental, comercial, laboral, sanitaria, educativa... É dicir os nosos servizos públicos, a nosa saúde, os nosos dereitos sociais e laborais, o noso futuro, o noso presente. Todo esto está en xogo. É inaceptable que os medios de comunicación non informen dos verdadeiros contidos do CETA e se limiten a ler notas de prensa azucradas. Non, o CETA non traerá postos de traballo, o CETA levarase un montón de dereitos fundamentais. Esperemos que che guste moito este receitario e que probes algunhas das receitas, e esperamos tamén que te sumes á loita contra o CETA e o TTIP.

Felices festas!


Podes atopar mรกis informaciรณn sobre o tratado CETA e o TTIP en: www.noalttip.org

Este recetario estรก realizado por:



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.