4 minute read
Refresca o teu verán
from EROSKI_JULIO_2020_GALLEGO
by eroski
Sabores refrescantes
Cando aperta a calor é moi importante manterse hidratado. A auga é a nosa mellor aliada, pero tamén podemos gozar de zumes, refrescos sen gas, tés xeados e augas de sabores.
SEN GAS
Refresco sen gas EROSKI de laranxa e mazá.
REFRESCOS 0%
Laranxa e limón Zero EROSKI. Goza dos refrescos tradicionais sen azucres engadidos.
AUGAS
Fonter Suave (1 l e 0,5 l). Nunca sentiras nada tan suave. Cun menor nivel de gas e unha fi na burbulla, descubre Fonter na súa versión máis suave. Auga mineral natural Nestlé Aquarel (1,5 l). O tamaño ideal para a casa. Na mesa durante a comida, a carón do sofá, no frigorífi co... que non lle falte a ninguén da familia. Auga mineral natural Cabreiroá (1,5 l). Ten unha composición mineral única, que achega todo o que precisas para te hidratares. Procedente do manancial de Verín, en Ourense, mantén intactas as súas calidades por mor dos minerais do subsolo, o que a converte nunha fonte de saúde. Auga mineral natural con gas San Pellegrino (50 cl). Auga dos Alpes italianos cun sabor único que converte cada comida nunha ocasión especial.
TÉ XEADO
Ice Te EROSKI. Se che gusta o té xeado, en EROSKI temos para todos os gustos: té ao limón, té ao pexego e té ao limón 0% azucres e sen calorías. Zumes de mango e maracuxá Zü (1 l). Experimenta o sabor exótico e diferente dos zumes de maracuxá ou de mango. Se buscas algo diferente, proba coas variedades prémium de melón, piña e coco, piña e guaiaba, etc. Unha ampla variedade que Zü leva á túa mesa.
ZUMES ESPREMIDOS
Zume 100% espremido EROSKI. Coas nosas variedades de mazá, laranxa e piña e uva serache ben doado gozar do mellor zume fresco na casa. A limoada Font Vella Hortelá e Laranxa (1,25 l). Inspiradas na limoada tradicional, levan auga mineral natural e zume de limón cun toque de hortelá nunha e laranxa noutra. Con cero azucres.
ZUMES SEN AZUCRE
Multifroitas e pexego EROSKI. Descubre as novas variedades sen azucres engadidos de pexego, piña, laranxa e multifroitas (antes Sannia). Con vitaminas A, C e E baixos en graxa, e con só o azucre naturalmente
GOURMET
AUGAS DE SABORES
presente na froita.
Auga mineral natural con gas con sabor a limón
Perrier (50 cl). Combina o sutil sabor do limón con efervescentes burbullas, que te refrescarán en calquera momento do día. Non ten nin azucres, nin edulcorantes artifi ciais.
0,49 € POR PORCIÓN
Polos de zume de granada e iogur cremoso
400 ml de zume de granada EROSKI SELEQTIA 2 iogures gregos (250 ml) 100 g de azucre 100 g de auga
ELABORACIÓN. Preparamos un xarope poñendo a ferver a auga e o azucre nun cazo. Cando burbulle, baixamos o lume e deixámolo cocer dous minutos. Retirámolo do lume e deixámolo arrefriar totalmente.
Enchemos uns moldes de polo alternando zume, xarope e iogur de xeito irregular e metémolos no conxelador durante 24 horas.
Se non temos moldes de polo, podemos utilizar vasiños de plástico ou silicona e introducir o pau do polo cando a mestura leve un anaco no conxelador, para que se fi xe ben.
Se os moldes son de silicona, podemos desenmoldar os polos de inmediato. Se son vasiños de plástico, agardaremos un minuto para desenmoldalos mellor.
Tamén podemos facer polos de diferentes sabores utilizando outros zumes: de piña, uva, laranxa...
COMENTARIO DIETÉTICO Un polo cremoso e fresquiño para gozar de maneira esporádica este verán.
Propiedades nutricionais. A receita contén unha cantidade importante de azucres, entre os que se atopan libres no zume e os que suma o azucre engadido. Estes achegan preto do 70% das calorías dunha porción de polo.
Truco. Pódese prescindir do azucre, mesturar o zume co iogur e encher o molde. Estarán igual de bos, aínda que quedará máis dura a parte do zume e menos cremosa a do iogur. Non quedarán as cores por capas, pero en troques adozamos o iogur co zume e rebaixamos de xeito importante o azucre.
Apta para lactovexetarianos. Receitas que nunca fallan
Racións: 8
Difi cultade Elaboración
15’
NUTRI-SCORE
A B C D E
KCAL 237
UNHA RACIÓN CONTÉN:
GRAXA 6,38G
GRAXAS SATURADAS 4,25G
AZUCRES 40,55G
SAL 0,11G
12% 9% 21% 45% 2%