15 minute read
Bonito do Norte EROSKI Natur MSC e bonito do Mediterráneo
from EROSKI_JULIO_2020_GALLEGO
by eroski
O peixe máis estival
Co verán e o aumento da temperatura do mar, chegan ás nosas costas o bonito do Norte e o bonito do Mediterráneo. O primeiro continúa a súa viaxe cara a augas máis frías, coma as do Cantábrico, e o segundo cara ao Mediterráneo. Estes dous túnidos, apreciados polo seu sabor e propiedades nutritivas, están en plena campaña e son unha excelente opción para gozar de deliciosos pratos saudables.
BONITO DO NORTE EROSKI NATUR
ATA OUTUBRO. Atoparás nas nosas peixerías bonito do Norte, un peixe exquisito do que se poden aproveitar moitas partes. Converteuse no rei do verán por mor das súas propiedades e das súas moitas posibilidades gastronómicas.
DO ATLÁNTICO NORTE. A costeira é entre xuño e setembro, cando se concentran preto das costas no mar Cantábrico. As frotas locais péscanos á cacea ou ao corricán, un a un, utilizando cebo vivo. Así evítase que se machuquen ou esmaguen, como acontece ao se capturaren con redes, e isto garante unha carne de maior calidade.
NA COCIÑA. Ofrece moitas alternativas. O seu cocote é tenro e de sabor suave, os seus lombos teñen unha carne magra e sen espiñas, os toros son saborosos e doados de preparar, a cola é a parte menos graxa e ten poucas espiñas e a ventrecha é a peza máis tenra e apreciada.
SOSTIBLE. Se na nosa peixería elixes bonito do Norte EROSKI Natur, amais de gozar dun peixe de gran calidade, asegúraste de que se trata dun produto que cumpre con todas as garantías de sustentabilidade. Así o certifi ca o selo azul de MSC.
Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC-C-55670
BONITO DO MEDITERRÁNEO
DO MEDITERRÁNEO. Este peixe azul é moi apreciado. De gran tamaño, é típico na zona mediterránea e ten unhas características liñas negras no abdome. ASÍ SE PESCA. Antes, pescábase mediante almadrabas cando os peixes pasaban preto da costa nas súas migracións. Actualmente, captúranse con artes de cerco e palangre, é dicir, con anzol. Deste xeito a carne ten máis calidade.
DE TEMPADA. Atoparalo nas nosas peixerías dende fi nais de abril ou comezos de maio ata outubro. É durante esta época cando os exemplares se
achegan á costa para se reproduciren.
RECEITAS. As súas partes máis apreciadas son a ventrecha ou os lombos, pero admite moitas preparacións como entrante ou principal. Podemos elaborar estufados, hamburguesas..., pero o máis tradicional é preparalo con tomate e cebola.
PREPARÁMOLO AO TEU GUSTO
Nas nosas tendas podes pedir que preparen como queiras estes peixes. Os nosos peixeiros límpanchos e asesórante sobre que peza é a máis axeitada en función da receita coa que pretendas sorprender os teus comensais.
Tacos de bonito
Para a base: 300 g de bonito 16 tomates cherry ½ cebola vermella 100 g de brotes de ensalada 8 tortillas pequenas de trigo para tacos 1 limón
Para a salsa tzatziki: 250 g de iogur grego 1 cogombro ½ dente de allo 2 culleradas de vinagre 2 culleradas de aceite de oliva 1 cullerada de hortelá picada Sal e pementa
ELABORACIÓN. Pelar e relar o cogombro. Colocar sobre un pano e espremer ata liberar todo o seu zume. Relar tamén o allo.
Nunha cunca, engadir o iogur, o allo, o aceite, o vinagre, o sal e a pementa. Mesturar ben todos os ingredientes ata que estean integrados totalmente.
Incorporar o cogombro e a hortelá picada e mesturar.
Cortar a cebola e o tomate en dados.
Enfornar as tortillas para tacos a 175 ºC durante cinco minutos.
Salpementar o bonito e cociñalo nunha prancha cun pouco de aceite de oliva ata que estea dourado. Retirar a pel exterior e cortalo en tacos.
Colocar sobre as tortillas os brotes de ensalada, a cebola, o tomate e o bonito.
Encher os tacos coa salsa, engadir un pouco de limón e servir.
COMENTARIO DIETÉTICO Unha receita orixinal que pode axudar a que os máis pequenos se animen a comer peixe. Aínda que o Semáforo Nutricional amosa unha cantidade moderada de graxas saturadas, estas proceden de fontes saudables como o lácteo natural.
Propiedades nutricionais. É un prato bastante completo grazas ás hortalizas, os cereais e a proteína saudable e de calidade que achega o bonito. Ademais, os ingredientes vexetais non se cociñan e así manteñen intacto o seu contido nutricional.
Truco. Se queres diminuír a graxa saturada, e, polo tanto, as calorías do prato, podes utilizar iogur natural enteiro ou desnatado no canto do grego.
Receitas que nunca fallan
1,14 € POR PORCIÓN
Racións: 4
Difi cultade Elaboración
35’
NUTRI-SCORE
AA B C D E
KCAL 425
UNHA RACIÓN CONTÉN:
GRAXA 20,02G
GRAXAS SATURADAS 7,01G
AZUCRES 7,96G
SAL 1,27G
21% 29% 35% 9% 21%
Ensalada de bonito mariñado e ceboliña
Para a ensalada: 300 g de bonito. (Debe estar conxelado, xa que se vai consumir en cru) 4 albaricoques 1 manchea de framboesas frescas 4 mancheas de brotes verdes de eiruga e herba dos cóengos 1 ceboliña fresca Sementes de sésamo
Para a mariñada: 2 culleradas de aceite de sésamo 6 culleradas de vinagre de arroz Sal e pementa acabada de moer Reladura de 1 lima
Para o aliño: 4 culleradas de aceite de oliva virxe extra 2 culleradas de vinagre de mazá 1 albaricoque maduro Sal e pementa acabada de moer
1,90 € POR PORCIÓN ELABORACIÓN. Preparar a mariñada mesturando todos os ingredientes nun frasco de cristal. Axitar e reservar.
Preparar o aliño engadindo todos os ingredientes no vaso do batedor. Bater ata que o albaricoque estea ben triturado e integrado na mestura. Reservar.
Partir o bonito en dados duns 0,5 cm de lado. Engadir a mariñada e levar ao frigorífi co durante uns 10-15 minutos.
Lavar os albaricoques e retirar o óso. Cortar en cuñas.
Pelar e cortar a ceboliña en plumas fi nas.
Para montar a ensalada, colocar uns brotes verdes no fondo do recipiente onde se vaia servir. Incorporar os dados de bonito mariñado, a froita fresca e as plumas de ceboliña. Aliñar e engadir as sementes de sésamo.
COMENTARIO DIETÉTICO Unha ensalada completa e saudable. Ao contar co bonito mariñado, resulta moi substanciosa e fresca. Se se prefi re, no canto do albaricoque, tamén se poden usar outras froitas de tempada, como a nectarina ou o pexego.
Propiedades nutricionais. O bonito é un peixe azul que conta cunha boa achega de graxas omega 3, amais de proteínas de alta calidade, vitaminas D e B12 e minerais: fósforo e selenio.
As graxas desta receita son de moi boa calidade, cardiosaudables, e é que ás do bonito se engaden as do aceite de oliva e as do sésamo. Os outros ingredientes vexetais achegan fi bra, e máis cantidade e variedade de minerais, vitaminas e outras substancias tamén benefi ciosas (fi toquímicos).
Receitas que nunca fallan
Racións: 4
Difi cultade Elaboración
15’
NUTRI-SCORE
AA B C D E
KCAL 295
UNHA RACIÓN CONTÉN:
GRAXA 21,09G
GRAXAS SATURADAS 3,50G
AZUCRES 6,96G
SAL 0,34G
15% 30% 18% 8% 6%
Aguacate ao forno con salmón afumado e ovo de paspallás
2 aguacates 4 ovos de paspallás 4 lascas de salmón afumado Sal Pementa Herbas aromáticas
ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 220 ºC
Cortar os aguacates pola metade e retirar o óso. Quitar tamén un pouco de carne do aguacate se se ve que o oco é pequeno para enchelo.
Colocar no oco do óso o salmón afumado e engadir o ovo enriba.
Enfornar uns 15 minutos. Salpementar. COMENTARIO DIETÉTICO Hai moitas froitas que se poden asar, enfornar ou mesmo cociñar á prancha ou á grella. Aínda que perden parte dalgunhas vitaminas pola acción da calor, é un bo xeito de tomar as racións diarias recomendadas.
No canto de salmón, podemos utilizar outros alimentos como cogomelos, espárragos trigueiros, pementos, tomates, etc.
Propiedades nutricionais. Destacan especialmente o contido en graxas cardiosaudables (insaturadas), o ácido oleico do aguacate e os omega 3 do salmón.
Apta para: substituíndo o salmón por un alimento vexetal sería unha receita apta para ovovexetarianos e ovolactovexetarianos.
1,19 € POR PORCIÓN Receitas que nunca fallan
Racións: 4
Difi cultade Elaboración
20’
NUTRI-SCORE
AA C D E
KCAL 149
UNHA RACIÓN CONTÉN:
GRAXA 10,63G
GRAXAS SATURADAS 1,47G
AZUCRES 4,23G
SAL 1,21G
7% 15% 7% 5% 20%
Cor e sabor para os teus pratos
O peixe pódese converter no verán nunha opción saborosa e saudable para xantares, ceas e mesmo para petiscar entre horas. as. En EROSKI, amais de produto fresco de tempada, como o bonito, o, atoparás unha ampla oferta de sucedáneo de angula, surimi, salgaduras ou afumados que che permitirán preparar unha receita ceita rápida ou darlles un toque diferente aos teus pratos.
SUCEDÁNEO DE ANGULAA
La Gula del Norte ® . Unha opción deliciosa, moi doada de preparar, , que combina cunha morea de receitas de peixe, marisco, pasta ou ou verduras. Achégalles calidade aos s pratos, sorprende a todos e nunca a falla! Ademais, se non tes tempo ou ou ganas de cociñar, podes gozar das as porcións xa preparadas de La Gula a del Norte ® Alminuto ® : só ten que quecer un minuto no microondas, e velaí o tes!
SURIMI SURIM
Grazas á súa versatilidade, Grazas poderalo tomar en todo podera tipo de pratos: ensaladas, tipo de espetos, sándwichs, canapés... espetos do mar nunca foi tan doado. do tomar con tan só quentalos uns to minutos ao baño maría ou no mi Galicia avala a súa orixe. Ga
Deixarate abraiado! Deixara Barriña Krissia ® . Unha opción ideal para lles dar cor e sabor ás túas receitas, ao tempo que coidas a túa saúde, xa que son unha fonte natural de proteína e omega 3. Ademais, agora podes optar polas barriñas 0%, que manteñen todo o sabor e calidade, pero cun 0% de materia graxa.
Paíños de surimi EROSKI MSC. Os paíños de surimi que atoparás nas nosas tendas teñen o selo MSC, que certifi ca que se elaboraron con peixe capturado de xeito sostible e
MEXILLÓNS
AguinamarAg ® . Gozar dos produtos os Deliciosos mexillóns listos para De minutos no microondas. m Utilízaos tal cal ou en diferentes Ut receitas como pasta ou arroces. rec
EROSKI. ER Están pasteurizados e envasados ao baleiro, para e e que os poidas cociñar en varios qu microondas. A DOP Mexillón de m respectando o medio natural.
ANCHOAS E ‘GILDAS’
Lorea. Dende 1867, máis de 150 anos de tradición conserveira. Anchoas coidadosamente seleccionadas pola súa frescura e tamaño, capturadas no Mar Cantábrico durante a costeira de Primavera. Mantéñense en curación durante 12 meses e o fi leteado lévase a cabo de xeito tradicional. A súa suavidade, limpeza e tamaño proporciónanlles unha sobresaínte nota de cata.
Arteiñaki. Un produto seleccionado nos mellores portos pesqueiros pola súa orixe e frescura. O rigoroso control no seu proceso de elaboración ofrece a máxima calidade para gozalas máis desalgadas, máis limpas e co punto xusto de sal. Zubelzu. Se queres saborear un dos pintxos tradicionais do País Vasco, esta marca preséntache a clásica ‘gilda’. Elaborada con anchoa e co auténtico chile de Ibarra Eusko Label.
SELEQTIA. Anchoas pescadas no Cantábrico. Curan seguindo o método tradicional e envásanse en aceite de oliva.
SALMÓN AFUMADO
Martiko. Cun alto contido en omega 3, está afumado suavemente con madeira de faia e envasado manualmente de xeito tradicional, co que se acada un produto delicado ao gusto e á vista, ideal para o petisco máis san. SELEQTIA. Afumado con madeira de faia, este delicioso salmón ten a textura suave e fi rme que lle proporciona a cría nas xélidas augas dos fi ordes noruegueses. A súa cor alaranxada con matices rosáceos avala a súa gran calidade. Distínguese pola súa carne substanciosa, fundente en boca e sabor a fume suave, o que lle confi re un equilibrio perfecto. EROSKI basic. Salmón afumado alto en omega 3 e en proteínas a un prezo económico.