este mes
O peixe máis estival Co verán e o aumento da temperatura do mar, chegan ás nosas costas o bonito do Norte e o bonito do Mediterráneo. O primeiro continúa a súa viaxe cara a augas máis frías, coma as do Cantábrico, e o segundo cara ao Mediterráneo. Estes dous túnidos, apreciados polo seu sabor e propiedades nutritivas, están en plena campaña e son unha excelente opción para gozar de deliciosos pratos saudables.
BONITO DO NORTE EROSKI NATUR ATA OUTUBRO. Atoparás nas nosas peixerías bonito do Norte, un peixe exquisito do que se poden aproveitar moitas partes. Converteuse no rei do verán por mor das súas propiedades e das súas moitas posibilidades gastronómicas. DO ATLÁNTICO NORTE. A costeira é entre xuño e setembro, cando se concentran preto das costas no mar Cantábrico. As frotas locais péscanos á cacea ou ao corricán, un a un, utilizando cebo vivo. Así evítase que se machuquen ou esmaguen, como acontece ao se capturaren con redes, e isto garante unha carne de maior calidade.
Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC-C-55670
NA COCIÑA. Ofrece moitas alternativas. O seu cocote é tenro e de sabor suave, os seus lombos teñen unha carne magra e sen espiñas, os toros son saborosos e doados de preparar, a cola é a parte menos graxa e ten poucas espiñas e a ventrecha é a peza máis tenra e apreciada. SOSTIBLE. Se na nosa peixería elixes bonito do Norte EROSKI Natur, amais de gozar dun peixe de gran calidade, asegúraste de que se trata dun produto que cumpre con todas as garantías de sustentabilidade. Así o certifica o selo azul de MSC.
8
008-009 BONITO DEL NORTE GAL.indd 8
17/6/20 18:22