8 minute read

Churrascada

Next Article
Xeados

Xeados

Roberto Ojeda Salvador Carniceiro de EROSKI Arcco

Facer unha churrascada pode parecer sinxelo, pero é moi importante dispoñer da mellor materia prima e entender que cada corte e tipo de carne precisa o seu tempo, modo de preparación e acompañamento para quedar perfecta.

Nas nosas carnicerías atoparás as mellores pezas para a túa churrascada, como carnes locais e con selos de calidade diferenciada, e aconsellarémoste sobre o mellor xeito de preparalas para que nada falle.

Ademais, podes facer o teu pedido por teléfono rápida e comodamente.

As claves para unha churrascada perfecta

Costeletas de Ternasco de Aragón EROSKI Natur

A súa tenrura fai do Ternasco de Aragón unha carne ideal para nenos e maiores. Acada as súas características únicas grazas a unha alimentación a base de leite materno e cereais naturais. Os animais críanse en ganderías aragonesas inscritas na Indicación Xeográfi ca Protexida (IXP), que impulsa o modelo de pastoreo, clave para a conservación do medio natural e para o mantemento da poboación rural. Consello: cómpre que as brasas teñan moita forza, xa que o ideal é cociñar as costeletas de Ternasco pouco tempo para que queden tenras por dentro. Abonda con cinco ou Euskal Okela (País Vasco), orixes que identifi can a autenticidade do animal, á vez que aseguran o futuro das rexións gandeiras.

minutos por cada lado para quedaren crocantes. Acompáñaas de: salsa de iogur

Entrecosto de vacún EROSKI Natur

O entrecosto é un dos cortes máis apreciados e ten o selo EROSKI Natur, o que indica que se trata dunha carne que destaca pola súa calidade, sabor e tenrura. Ofrecémosche tenreira balear, navarra, galega, Provedella (Cataluña) ou salsa César.

Consello: as pezas como o entrecosto, e en xeral, todos os produtos de vacún, é mellor asalos ao fi nal. Quedarán perfectos simplemente con cinco minutos por cada lado na grella, preto das brasas. Acompáñao de: salsa brava.

Espetos e hamburguesas

Nas nosas carnicerías atoparás gran variedade de hamburguesas de vacún, polo ou porco, e tamén mixtas, de pavo e espinacas e de polo e cenoria. Ademais, ofrecemos espetos xa preparados para a grella: de polo, pavo e porco acompañadas de verduras ou adubadas con curry. Consello: os espetos e as hamburguesas son ben doadas de preparar na grella. Para evitar que os paus se queimen A carne do porco Duroc ten un sabor máis intenso e máis tenrura, debido a que esta raza ten unha maior infi ltración de graxa e a que segue unha alimentación baseada nunha alta porcentaxe de cereais. Consello: para asar esta carne hai que baixar a temperatura da brasa e facela máis amodo. As costelas precisan tempo para se cociñaren. A clave está en darlle a volta á peza cada media hora e, cunha brocha ou cunha culler, engadir salsa ou aliño para que non se reseque. Acompáñaa de: salsa barbacoa ou kétchup picante.

co lume directo hai que empapalos en auga ou protexer os extremos do espeto cun pouco de papel de aluminio.

Costela de porco Duroc EROSKI Natur

Acompáñao de: mostaza ou alioli.

1,91 € POR PORCIÓN

Churrascada de carne

250 g de costeletas año (unhas 12 costeletas) 200 g de costela de porco adubada 360 g de espetos de pavo (4 espetos) COMENTARIO DIETÉTICO A churrascada pódese completar con diferentes opcións, como verduras á grella, ensaladas varias, gaspacho, etc. Tamén podemos combinar a churrascada con algún peixe, como atún, sardiñas ou salmón.

Propiedades nutricionais. Destaca o contido en proteínas de calidade, pero tamén de graxas saturadas, sobre todo polo año.

Trucos. A costela adubada e os espetos xa levan sal, polo que só cumprirá engadirlles un chisquiño de sal ás costeletas. É recomendable facelo así que a carne estea feita para que quede máis tenra.

É importante ter en conta o tipo de carne e o grosor da peza para decidir en que intre incorporar cada unha á grella e que todas queden no seu punto. Neste caso, primeiro hai que pór a costela de porco, que precisa máis tempo. O último serían as costeletas, que se cociñarán máis axiña.

Receitas que nunca fallan

Racións: 4

Difi cultade Elaboración

180’

NUTRI-SCORE

A B C D E

KCAL 312

UNHA RACIÓN CONTÉN:

GRAXA 17,10G

GRAXAS SATURADAS 7,42G

AZUCRES 0,99G

SAL 1,69G

16% 24% 37% 1% 28%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Verduras á grella con aliño de mel e especias

1 cabaciña 1 berenxena 1 pemento vermello 1 boniato 65 g de mel suave 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra 1 cullerada de sementes de coandro machucadas 1 ½ culleradas de comiño moído Follas de ourego fresco Sal e perexil fresco

ELABORACIÓN. Nunha fonte ampla engadimos as sementes de coandro, o comiño, o mel, o aceite e o ourego.

Lavamos e cortamos as verduras en rodas grosas, coma dun centímetro e medio.

Lavamos e pelamos o boniato e cortámolo en cuñas ao longo.

Engadimos todas as verduras á fonte do aliño e mesturámolas ben para se impregnaren de todos os aromas e sabores.

Asamos ata que as verduras estean torradas por fóra e tenras por dentro.

Poñemos ao punto de sal as verduras e esparexémoslles perexil fresco por riba.

COMENTARIO DIETÉTICO En ningunha grellada debería faltar unha parte de verduras, xa que cómpre lembrar que a metade dos alimentos dunha comida deberían ser froitas e verduras.

Propiedades nutricionais. Esta receita proporciona un bo cóctel de vitaminas, minerais e, sobre todo, fi bra. Neste caso, o aliño suma azucres.

Sabías que? Ao cociñar as verduras á grella non perden líquido. Isto mellora a achega nutricional e fai que queden máis saborosas. Truco. Podes prescindir do mel. As verduras, un toque de sal e un chorriño de aceite de oliva virxe extra unido ao sabor que achega a brasa conseguen un prato delicioso.

Apta para: veganos que tomen mel.

Racións: 4

Difi cultade Elaboración

30’

NUTRI-SCORE

AA B C D E

KCAL 160

UNHA RACIÓN CONTÉN:

GRAXA 5,07G

GRAXAS SATURADAS 0,78G

AZUCRES 19,99G

SAL 0,27G

8% 7% 4% 22% 4%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Receitas que nunca fallan 1,28 € POR PORCIÓN

Goza sen complicacións

Compartir un xantar ao aire libre ou na casa coa familia ou cos amigos sen te complicares na cociña é posible. En EROSKI atoparás todo tipo de produtos para artellar un petisco rápido e delicioso nun viravira.

LISTOS PARA CONSUMIR

ENSALANDIA. Pintxo do Norte. Todo o sabor do norte listo para untar na túa torrada ou bocadillo. Ensalada de quinoa. Un produto natural e nutritivo con ingredientes da nosa terra. Ensalada de cangrexo. Moi refrescante, grazas á piña tropical. Unha explosión de sabor! ENSALADAS EROSKI. As nosas ensaladas Montañesa, Campesiña e César inclúen cuberto e aliño.

ENSALADA RUSA E ENSALADA ITALIANA ISABEL. Ingredientes frescos e naturais e o mellor atún. Ideais para gozar dunha comida saudable esteas onde esteas grazas ao seu cómodo

formato. Inclúen garfo. GASPACHO AUZOLAN. Elaborado con produtos ecolóxicos da nosa horta. Listo para arrefriar e consumir. Se prefi res, engade ingredientes ao teu gusto.

ATRÉVETE CON ALGO DIFERENTE

NACHOS, TORTILLAS E SALSA TACO ZANUY. Cea na casa? Que tal unha alternativa divertida e doada de compartir? Descubre con Zanuy por que son a opción preferida dos consumidores europeos. Sigue a marca en @Zanuy e coñece os seus labregos en #ZanuyKm0.

HUMMUS EROSKI. Unha receita orixinal e saudable da que temos

GASPACHOS E SALMOREJOS

variedades para todos.

SALMOREJO EROSKI. Contén ingredientes 100% naturais e hortalizas seleccionadas e colleitadas no seu mellor momento de madureza.

QUENTAR E LISTO

A COCIÑA DE SENÉN. Tortilla de pataca. Sigue a receita tradicional gañadora da ‘Mellor tortilla de España’. En cinco minutos, dálle o teu toque e acada a cremosidade e tenrura desexada. Pintxo de ovo. O recordo duns ovos fritos con patacas levado a un só bocado. Unha lámina de SNACK’IN CAMPOFRÍO. Cando nos vén a fame, non hai como ter á man un Snack’in. Fuet. O embutido de sempre no formato perfecto para tomalo onde e cando queiras. Fuet de pavo. Deliciosas barriñas en formato mini. Barriñas de fuet baixas en graxa. Se poden ser snacks saudables, moito mellor!

pataca deshidratada e unha fi na cruz de touciño entrefebrado envolven unha delicada xema de galiña. Unha auténtica xoia en miniatura lista en 60 segundos. Croquetas. Sete variedades cremosas e crocantes, elaboradas con materias primas 100% naturais, de km 0 e de primeira calidade. Sen glute. OLIVA VERDE RECHEA DE ANCHOA FRAGATA. A alternativa máis natural sen renunciar a un sabor delicioso. Sen potenciador de sabor. PEMENTO DO PIQUILLO AUZOLAN EN TIRAS. Piquillos ecolóxicos de elaboración artesanal, asados e pelados á man (sen tocar a auga), mantendo as súas principais características de arrecendo, cor e sabor.

E DE SOBREMESA

IOGURES DHUL GOURMAND Con noz de coco. Elaborado con leite enteiro e xenerosos cachiños de coco. Cada cullerada é unha explosión de intenso e irresistible sabor. Con piña e maracuxá. Unha atrevida combinación nun iogur a base de leite enteiro e cachiños de piña e maracuxá. Con mandarina e lima. A picante frescura da lima atópase coa dozura da mandarina. Elaborado con leite

PARA PICAR OU ACOMPAÑAR

enteiro e froitas.

This article is from: