este mes
As claves para unha churrascada perfecta Costeletas de Ternasco de Aragón EROSKI Natur
Roberto Ojeda Salvador Carniceiro de EROSKI Arcco
F
acer unha churrascada pode parecer sinxelo, pero é moi importante dispoñer da mellor materia prima e entender que cada corte e tipo de carne precisa o seu tempo, modo de preparación e acompañamento para quedar perfecta. Nas nosas carnicerías atoparás as mellores pezas para a túa churrascada, como carnes locais e con selos de calidade diferenciada, e aconsellarémoste sobre o mellor xeito de preparalas para que nada falle. Ademais, podes facer o teu pedido por teléfono rápida e comodamente.
A súa tenrura fai do Ternasco de Aragón unha carne ideal para nenos e maiores. Acada as súas características únicas grazas a unha alimentación a base de leite materno e cereais naturais. Os animais críanse en ganderías aragonesas inscritas na Indicación Xeográfi ca Protexida (IXP), que impulsa o modelo de pastoreo, clave para a conservación do medio natural e para o mantemento da poboación rural. Consello: cómpre que as brasas teñan moita forza, xa que o ideal é cociñar as costeletas de Ternasco pouco tempo para que queden tenras por dentro. Abonda con cinco
minutos por cada lado para quedaren crocantes. Acompáñaas de: salsa de iogur ou salsa César.
Entrecosto de vacún EROSKI Natur O entrecosto é un dos cortes máis apreciados e ten o selo EROSKI Natur, o que indica que se trata dunha carne que destaca pola súa calidade, sabor e tenrura. Ofrecémosche tenreira balear, navarra, galega, Provedella (Cataluña) ou Euskal Okela (País Vasco), orixes que identifi can a autenticidade do animal, á vez que aseguran o futuro das rexións gandeiras.
Consello: as pezas como o entrecosto, e en xeral, todos os produtos de vacún, é mellor asalos ao final. Quedarán perfectos simplemente con cinco minutos por cada lado na grella, preto das brasas. Acompáñao de: salsa brava.
26
026-027 CARNES BARBACOA GAL.indd 26
17/6/20 19:01