1 minute read
Neste número
from EROSKI_JUNIO_2022_GALLEGO
by eroski
Xuntos cara á sustentabilidade
Itxaso Cuesta
Responsable de EROSKI club
Dende sempre, traballamos xunto con pequenos produtores locais para achegarmos os seus produtos ás nosas tendas. Coidamos que o seu labor é fundamental para impulsar o sector agroalimentario e para ofrecer alimentos máis frescos, máis sostibles e de maior calidade. Agora, queremos levar esa cooperación a un novo nivel cun programa de acompañamento no que achegaremos o noso coñecemento e experiencia para lles facilitarmos a mellora continua da calidade e sustentabilidade das súas producións.
Tamén queremos aproveitar este mes para contarche como seguimos a traballar acotío para fomentar un modelo de economía circular e loitar contra a contaminación por plásticos que sofre o planeta. Para iso, amais de che ofrecermos alimentos producidos con menor impacto ambiental, promovemos novas iniciativas como o ecodeseño dos envases das nosas marcas, a eliminación de plásticos dun só uso ou o uso de táper nas nosas tendas.
Ademais, como é habitual, recompilamos nestas páxinas o máis salientable do que atoparás nos nosos supermercados, as últimas novidades e lanzamentos, vales aforro, consellos nutricionais e, por suposto, receitas para compartires deliciosos momentos coa túa xente.
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
REALIZACIÓN EDICIÓN Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.