3 minute read
Viaxes: Fuerteventura
from EROSKI_JUNIO_2022_GALLEGO
by eroski
FUERTEVENTURA
A PRAIA DE CANARIAS
Abeleza salvaxe dos seus máis de 150 quilómetros de praias de area branca e augas cristalinas é, sen lugar a dúbidas, unha das marabillas de Fuerteventura e a razón pola que a illa foi sempre coñecida como a Praia de Canarias. Así e todo, a máis antiga das illas é un tesouro descoñecido con moitos segredos por descubrir. Recoñecida como Reserva da Biosfera e Reserva Starlight -pola incrible riqueza da árida terra e a incomparable calidade do seu ceo nocturno-, é un paraíso para os amantes da natureza. Volveuse moi popular tamén entre os afeccionados á vida activa, que atoparon un lugar ideal para practicaren todo tipo de actividades, non só deportes acuáticos como o kitesurf, o mergullo ou o windsurf, senón outras como sendeirismo, o ciclismo ou o golf.
1
O illote de Lobos é o lugar perfecto para descubrir a beleza dos fondos mariños.
De noite, o ceo da illa ofrece unha viaxe ás estrelas imposible de esquecer.
TRADICIÓN E SABOR NA COCIÑA
Fuerteventura foi recoñecida recentemente grazas á exquisita calidade da súa cociña. O queixo majorero de leite de cabra acumula numerosos premios e conta con Denominación de Orixe. É coñecido como un dos mellores a nivel mundial, pero a variedade de produtos autóctonos é moito máis ampla e deleita os sentidos: peixe, aceite de oliva, tomate, sal mariño, etc.
ATRACTIVOS PARA TODOS
Fuerteventura e as súas xentes abren os brazos a todos os visitantes, non importa de onde veñan, a quen amen ou con que gocen. É un destino que se adapta a todos, por mor da súa ampla variedade de actividades, os seus recunchos descoñecidos e a súa grande oferta de aloxamentos e instalacións. É un lugar do que se namorar sen remedio. Non importa se o que buscan é relaxarse e tomar o sol, adestrar ou mergullarse na cultura majorera a través da súa pequena pero impresionante rede de museos. De calquera xeito, a illa cativaraos silenciosamente e difi cilmente marcharán sen expectativas de volver.
As praias de area dourada e augas turquesas son un sinal de identidade da illa. É un destino ideal para practicar actividades ao aire libre.
Reembolso
5%
á túa tarxeta EROSKI club (1)
En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible
(1) Para reservas con destino Fuerteventura efectuadas ata o 30 de xuño e para estadías ata o 31 de outubro do 2022. Agás taxas e cotas de xestión. Consulta en: www.viajeseroski.es/contacto