6 minute read

O último nas nosas tendas

o último

Queremos que os nosos produtos faciliten o teu día a día. Velaquí algunhas novidades para gozardes en familia e poderes dedicar o tempo ao importante: a túa xente.

Do mar ao teu prato: fácil e rápido

Receitas que nunca fallan

DIRECTO DA MELLOR HORTA DE NAVARRA

Nun pequeno e limitado espazo arredor da localidade navarra de Lodosa cultívanse os pementos do Piquillo máis exquisitos. Son un dos maiores expoñentes da calidade e do bo facer da horta navarra e contan co selo Reyno Gourmet, que avala a súa orixe e é garantía de calidade.

Os pementos do Piquillo EROSKI DOP Lodosa non poden faltar na despensa, xa sexa para lles dar un toque de sabor aos teus pratos fríos ou quentes, para encher ou para preparar un canapé de teres visita. A s ameixas son unha das delicias do mar máis apreciadas na nosa gastronomía pola súa versatilidade na cociña e o seu insuperable sabor. Aínda que existen numerosas receitas, unha das mellores maneiras de tomalas e, seguramente a máis coñecida, é preparalas á mariñeira. Coas novas ameixas brancas EROSKI poderás elaborar unha gran variedade de pratos sen te complicares, xa que están xa cocidas e conxeladas. Listas para quentar e consumir ao gusto.

IOGUR GREGO EROSKI

GOZA DEL SÓ OU EN COMPAÑÍA OUENCOMPAÑÍA

O novo iogur grego natural en tamaño grande dun quilo destaca pola súa cremosidade e o seu formato é perfecto de serdes moitos na casa. Pódese combinar con outros ingredientes como froitas ou froitos do bosque e preparar almorzos, sobremesas e untables únicos como, por exemplo, o tzaziki grego, unha crema fría elaborada con cogombro e este tipo de iogur, que se serve como aperitivo ou entrante.

Novo queixo feta ecolóxico

Quen non coñece o típico queixo que acompaña a ensalada grega? O queixo feta ou queixo branco é un dos produtos máis apreciados da gastronomía do país mediterráneo.

O queixo feta EROSKI BIO provén de Grecia, como indica o seu selo de Denominación de Orixe Protexida, e elabórase a partir de leite de produción ecolóxica. Non ten tona e a súa textura é mol, polo que se esmigalla doadamente. É ideal para incluílo nas túas receitas de ensaladas, pasta ou verduras e tamén para elaborar salsas.

ENSALADAS EROSKI

Un toque verde na túa mesa

As novas ensaladas EROSKI non te van deixar indiferente. Pódelas consumir directamente, xa que veñen nun práctico bol -100% reciclado e reciclable- e non terás que lavar nin cortar os ingredientes. Perfectas para gozar decontado dun prato completo e saboroso, que contén vexetais e froita ou froitos secos.

Ensalada ‘gourmet’

Contén unha mestura de hortalizas, entre elas escarola lisa, brotes de espinaca e leituga vermella, que se aliñan con salsa de mostaza e mel con arandos. A isto engádense anacos de mazá, tomate, un mix de noces, pasas e queixo para crear unha mestura completa e saborosa. É apta para vexetarianos.

Ensalada de pasta e eiruga

Contén pasta integral cocida de calidade superior, que se aliña cunha fi na salsa Dijon e á que se engaden tomate, peituga de polo, queixo e un cóctel de pipas de xirasol e cabaza. Simplemente, deliciosa.

SEGUIMOS A REDUCIR O PLÁSTICO NOS NOSOS PRODUTOS

Todos os cítricos, pexegos, paraguaios, nectarinas e albaricoques da nosa marca EROSKI Natur véndense xa por xunto. E tras as patacas, tomates, endivias, cenorias e caquis, agora chégalles a quenda ás bolsas de ensalada EROSKI, que conteñen un 15% menos de plástico. Con accións coma esta cumpriremos o compromiso de reducirmos para o 2025 o 20% das toneladas de plástico convencional dun só uso.

O TEU FOGAR INTELIXENTE CON CALVO

Merca 2 produtos Calvo Vuelca Fácil e gaña centos de premios en sorteos diarios, semanais e mensuais!

Descubre todas as condicións da promoción en:

www.tuhogarinteligenteconcalvo.com

¡Escanea este QR e participa! www.calvo.es

©2022_Amazon.com, Inc. ou as súas fi liais._Amazon, Alexa, Boto, e todas as marcas relacionadas son marcas comerciais de Amazon.com, Inc. ou as súas fi liais

FLAN DE DOCE DE LEITE NON TE PODERÁS RESISTIR!

O fl an é unha desas sobremesas que nos lembran as comidas familiares na casa da avoa. Este doce tradicional agora reinvéntase con novos sabores, como o que nos presenta o noso fl an EROSKI con doce de leite. Elaborado seguindo o método tradicional, ao baño María e con ovos frescos, é ideal para tomalo en calquera momento do día. Cun só toque de prancha ou de tixola conseguirás que os taquiños de bacon afumado EROSKI lles dean aos teus pratos de pasta, ensaladas mornas ou volováns ese punto crocante e de sabor que buscas. Próbaos con champiñóns, gulas, noces ou cebola acaramelada ou bótaos nos teus guisos no último momento. Agora presentámosche os taquiños nun novo envase máis sostible, realizado cun 80% de plástico reciclado.

d se tr M fr to m

TAQUIÑOS DE BACON MÁIS SABOR PARA AS TÚAS RECEITAS

This article is from: