EROSKI_JUNIO_2022_GALLEGO

Page 6

o último Queremos que os nosos produtos faciliten o teu día a día. Velaquí algunhas novidades para gozardes en familia e poderes dedicar o tempo ao importante: a túa xente.

Do mar ao teu prato: fácil e rápido

A

Receitas que nunca fallan

s ameixas son unha das delicias do mar máis apreciadas na nosa gastronomía pola súa versatilidade na cociña e o seu insuperable sabor. Aínda que existen numerosas receitas, unha das mellores maneiras de tomalas e, seguramente a máis coñecida, é preparalas á mariñeira. Coas novas ameixas brancas EROSKI poderás elaborar unha gran variedade de pratos sen te complicares, xa que están xa cocidas e conxeladas. Listas para quentar e consumir ao gusto.

DIRECTO DA MELLOR HORTA DE NAVARRA Nun pequeno e limitado espazo arredor da localidade navarra de Lodosa cultívanse os pementos do Piquillo máis exquisitos. Son un dos maiores expoñentes da calidade e do bo facer da horta navarra e contan co selo Reyno Gourmet, que avala a

súa orixe e é garantía de calidade. Os pementos do Piquillo EROSKI DOP Lodosa non poden faltar na despensa, xa sexa para lles dar un toque de sabor aos teus pratos fríos ou quentes, para encher ou para preparar un canapé de teres visita.

6

06-09_Lo ultimo_GAL.indd 6

18/5/22 14:47


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.