4 minute read
Sustentabilidade
Produtos EROSKI OS PRIMEIROS CON ETIQUETA AMBIENTAL
Porque ás veces, con pequenos xestos, podemos facer máis polo planeta, en EROSKI somos pioneiros, anticipámonos e comezamos a comunicar xa na tenda o impacto ambiental dos produtos da nosa marca.
Que é o impacto ambiental?
É o efecto no aire, na auga, no solo e no medio natural en xeral que xera a fabricación, comercialización e consumo dun produto. Para poder medir este impacto realízanse análises de ciclo de vida. Nelas tense en conta todo o que ese produto xera: dende a extracción das materias primas ata a xestión fi nal dos refugallos.
Por exemplo, para coñecer o impacto ambiental dun cartón de leite, calcúlanse os efectos dende o inicio, é dicir as emisións e recursos que se consomen dende a produción do penso que alimenta a vaca, pasando pola granxa, a envasadora, o supermercado e os fogares, ata o fi nal, a reciclaxe do envase.
Extracción de materias primas
Reutilización, reciclaxe e valoración
Produción e envasado
Almacenaxe e distribución de produtos
Comercio en tendas
Como se mide a e a pegada ambiental? ntal?
A Comisión Europea desenvolveu unha metodoloxía para medir de maneira estandarizada o impacto ambiental que xera un produto ao longo do seu ciclo de vida, a pegada ambiental.
E agora está a traballar en trasladar toda esa información a unha etiquetaxe clara e sinxela, que sexa doada de entender e que sirva para podermos realizar unha compra máis consciente.
A día de hoxe, non hai unha etiqueta baseada na pegada ambiental ofi cial en Europa. eu unha neira ental que xera clo de vida, a asladar toda esa clara e sinxela, e que sirva para a
As etiquetas actuais e as súas diferenzas
A etiqueta que serve para seguir adiante
Planet-Score, un dos sistemas de cualifi cación de produtos que se están a barallar en materia ambiental, utiliza distintos indicadores para analizar o ciclo de vida do produto. O resultado preséntase cunha puntuación global (nunha escala do A ao E) e tres indicadores analizados (uso de praguicidas, impacto na biodiversidade e no clima), que contribúen á devandita puntuación global. Ademais, inclúe información sobre o benestar animal naqueles produtos que conteñen ingredientes de procedencia animal. Deste xeito, podemos comparar entre produtos dentro dunha mesma categoría e mercar con conciencia! PUNTUACIÓN GLOBAL
5
Favorecer o consumo responsable
No entanto, EROSKI avanza comunicar o seu impacto ambiental
Queremos comezar a darmos pasos para axudar a promover o consumo e produción de alimentos máis sostibles. Por iso, en EROSKI somos proactivos e pioneiros na distribución nacional en comunicar nas nosas tendas o impacto ambiental dun grupo de produtos marca EROSKI, elixindo polo de agora unha das etiquetas ambientais, Planet-Score, para tal fi n.
Indica o método de crianza das granxas considerando os criterios de benestar animal: acceso ao exterior, presenza de luz natural, densidade de animais, alimentación, etc. Para iso, utiliza un semáforo de cor.
PRAGUICIDAS Avalía se se utilizaron pesticidas para producir o alimento e se estes resultan contaminantes para o medio natural. BIODIVERSIDADE Indica se na produción do alimento se favoreceu a preservación da natureza, as paisaxes e os seres vivos. CLIMA Amosa en que medida a produción do alimento xerou gases de efecto invernadoiro, que contribúen ao cambio climático.
Os primeiros produtos que chegarán ás tendas
PAN DE FOGAZA CLÁSICO
Este pan elabórase con fariña de trigo europea. Para a súa produción empréganse prácticas agrícolas estándar, pero optimizouse a fertilización e a xestión das pragas no cultivo do trigo, o que permite fertilizar dúas veces ao ano a terra e aplicar o tratamento pesticida só unha vez ao ano. Por todo iso, a puntuación xeral da fogaza é un B.
TOFU
O tofu EROSKI BIO elabórase con soia que non está xeneticamente modifi cada, procedente de cultivos ecolóxicos, sen utilización de pesticidas. Dispón de certifi cado que garante que non provén de zonas deforestadas. Por todas estas boas prácticas, a puntuación deste tofu é un A.
OVOS CAMPEIROS
Estes ovos campeiros EROSKI Natur do País Vasco proveñen de galiñas criadas en galiñeiros con luz natural e acceso ao aire libre. Aliméntanse con penso elaborado na localidade, aínda que para o cultivo da súa materia prima se usaron tratamentos estándar de praguicidas e fertilizantes. A soia presente no penso conta cun certifi cado que garante que provén cultivos de zonas non deforestadas. Non se lles subministran antibióticos ás galiñas. O conxunto destas características fai que a puntuación xeral destes ovos sexa un C.
E, abofé, queremos contar coa vosa opinión sobre esta materia