este mes
Produtos EROSKI OS PRIMEIROS CON ETIQUETA AMBIENTAL Porque ás veces, con pequenos xestos, podemos facer máis polo planeta, en EROSKI somos pioneiros, anticipámonos e comezamos a comunicar xa na tenda o impacto ambiental dos produtos da nosa marca.
Que é o impacto ambiental? É o efecto no aire, na auga, no solo e no medio natural en xeral que xera a fabricación, comercialización e consumo dun produto. Para poder medir este impacto realízanse análises de ciclo de vida. Nelas tense en conta todo o que ese produto xera: dende a extracción das materias primas ata a xestión final dos refugallos. Por exemplo, para coñecer o impacto ambiental dun cartón de leite, calcúlanse os efectos dende o inicio, é dicir as emisións e recursos que se consomen dende a produción do penso que alimenta a vaca, pasando pola granxa, a envasadora, o supermercado e os fogares, ata o final, a reciclaxe do envase.
Produción e envasado
Almacenaxe e distribución de produtos
Extracción de materias primas
Comercio en tendas
Reutilización, reciclaxe e valoración
Uso no fogar
36
36-38 etiqueta ambiental_GAL.indd 16
17/10/22 16:24