MARCA EROSKI
Todo o que precisas saber para seres autenticamente marcapropista
ub
06 22 26 18 14
04 Marcapropista: marquista e aforrista
06 Elixe EROSKI polo aforro
12 Porque hai moito onde elixir
14 Lentellas: variedade na túa despensa
17 Dez produtos en tendencia
18 Produtos que se adaptan ás túas necesidades
22 Porque che poñen ben fácil comer bien
26 Por seren frescos
28 Tempada de cítricos
30 Polo produto local
36 Por responsabilidade
40 Por historia
44 O último nas nosas tendas
47 Vales aforro
50 Novas
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n.
48230 Elorrio (Bizkaia).
Tel. +34 946 211 211
Directora: Ainhoa Oyarbide
Redactora xefe: Manuela Díaz REALIZACIÓN E EDICIÓN
Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid
Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García.
Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
Somos MARCAPROPISTAS
Nun mundo no que podemos decidir sobre o que mellor se adapta ás nosas necesidades, valores e soños, ter opcións enriquece as nosas vidas.
Se falamos da nosa alimentación, a liberdade de elixir facilmente cobra moito sentido. Contar cunha variedade de produtos de calidade a prezos xustos permítenos tomar decisións conscientes á hora de facermos a compra, coa confianza de saber que o estamos a facer ben para o noso peto, para a nosa saúde e para o contorno que nos rodea.
Ese sentimento, esa sensación de satisfacción plena, é a que temos os que somos marcapropistas.
Ser marcapropista é crer nunha marca á que lle gusta facer as cousas ben, que mellora e evoluciona para che facilitar todo tipo de solucións e produtos, que innova para que probes o último e que che axuda a elixir con información clara, como a que achega o Nutri-Score ou o semáforo nutricional. E, todo iso, contando contigo.
En EROSKI coidamos que ser fan da nosa marca propia éche cousa non só de aforrar, senón tamén confianza e conexión. Por iso, cando unha marca axunta o bo das grandes marcas e o mellor do aforro, non só crea seguidores, crea marcapropistas! Somos os que enchemos o carro con cabeza, corazón e mais con coidado polo que máis importa. Un carro con produtos de calidade, saudables e baratos, por menos de 70 euros!
Neste número contámoscho todo!
Marcapropistas, marquistas e aforristas
ADOT S AS RECEITAS DESTE NÚMER O ÍUQA
GOZA DA REVISTA NO SEU FORMATO DIXITAL en calquera intre do día dende o teu móbil
Polo aforro
“Encántame ver os estantes cheos de produtos co peto de ‘Sempre bo prezo’. Eu, persoalmente, como clienta, síntome tranquila facendo a compra sabendo que aforro. Por iso, son fan de EROSKI e de EROSKI basic, que me permiten aforrar sen sacrificar calidade e recoméndollelas aos clientes.
E tamén lles digo que non perdan os vales desconto na app ou na revista!”
Lorena Trujillo, traballadora en EROSKI CENTER de Pablo Gargallo (Zaragoza)
‘AFORRISTA’ CON sempre bos prezos
Dende que lles declaramos o noso amor aos bos prezos, o noso propósito é que aforres mercando en EROSKI e que descubras a calidade das nosas marcas. Convidámoste a encher a túa despensa e a túa neveira con produtos EROSKI sinalizados coa etiqueta de Sempre bos prezos. Ademais, aforra tamén coas nosas marcas en oferta, con descontos en produtos locais e con vales personalizados nos teus produtos de marca propia favoritos.
Dos máis de 2.000 produtos sempre a bo prezo, máis da metade son da nosa marca EROSKI. Con eles poderás levar unha alimentación completa, saudable e barata, xa que nesta lista hai frescos das seccións de froitería, peixería ou carnicería, produtos locais elaborados na túa contorna máis próxima e básicos que non poden faltar na túa despensa ou neveira, como o leite, o pan, os legumes ou os ovos. Querémosche axudar a aforrar, así que busca os produtos sinalizados coa etiqueta Sempre bos prezos na túa tenda habitual.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Sempre bos prezos S Semp prezos os
FEIXÓNS VERDES CONXELADOS
Sempre bos prezos S Sep prezos os
DETERXENTE LÍQUIDO CHAMPIÑÓNS
A NOSA MARCA PARA O DÍA A DÍA
En EROSKI sabemos que encher o carro da compra non che debería tolear a cabeza. Por iso, creamos EROSKI basic, unha marca pensada para coidar de ti e do teu peto sen renunciar á calidade que mereces. Con envases sinxelos, porque queremos poñer o foco no importante: a calidade do interior.
Con EROSKI basic tes todo o preciso para o día a día:
produtos esenciais, prácticos e con prezos axustados, perfectos para as familias que buscan solucións económicas sen sacrificaren o sabor, a frescura ou a confianza.
Dende o café e os cereais para o almorzo ata o papel hixiénico, pasando pola pasta para esa comida rápida que salva a semana, como estes deliciosos espaguetes da imaxe.
Fai esta receita nuns minutos.
Xa sexa para a gran compra semanal ou para repoñer os básicos que nunca poden faltar, con EROSKI basic enches o teu carro do xeito máis económico e sen preocupacións. Porque o esencial non ten que ser complicado.
BUSCA OS TEUS VALES en produtos de marca propia
Non perdas os vales que incluímos cada mes na nosa revista con produtos das nosas marcas e sinalizados co peto do desconto (búscaos na páxina 47).
UN CARRO CON TODO O PRECISO PARA UNHA COMPRA EQUILIBRADA E SAUDABLE
Imaxina encher un carro con verduras, froita, peixe, polo, aceite, café, legumes, pasta, iogures, froitos secos… E logo se incluímos tamén pan de molde 100% integral e mais unha bebida vexetal de avea, ou se lle engadimos xel de ducha ou deterxente e lavalouzas? Agora calcula… En EROSKI poderás gozar deste carro saudable por menos de 70 euros.
DESPENSA PENSADA PARA TODOS
Leite sen lactosa e bebida vexetal de avea.
DESPENSA BÁSICA
Aceite de oliva virxe extra, café, arroz, pasta, lentellas…
PRODUTOS FRESCOS
Verdura, hortalizas, carne, polo e peixe, como esta robaliza
EROSKI Natur con Selo Azul MSC.
IMPRESCINDIBLES PARA UN ALMORZO, PETISCO OU MERENDA
Iogures, froitos secos e pan de molde 100% integral.
E ademais
IMPRESCINDIBLES PARA A HIXIENE DIARIA
Xel de ducha e protector de hixiene íntima feminina.
PRODUTOS PARA O COIDADO DO FOGAR
Deterxente e lavalouza.
PRODUTOS QUE CHO
POÑEN BEN DOADO
Peixe e verdura conxelada, garavanzos cocidos, tortilla de pataca lista para comer. Non hai escusa ningunha!
ENTRE OS INCLUÍDOS NESTE CARRO ATOPARÁS...
Produtos con orixe nacional.
Produtos con Indicación de Orixe
Protexida.
Produtos sen graxa de palma.
Peixes con certificado de pesca sostible e responsable.
Carne e leite con certificados de benestar animal.
Legumes e tomate de categoría extra.
Hortalizas de categoría 1ª.
Patacas e plátanos con certificado de cultivo responsable GGN.
Produtos con Nutri-Score A ou B.
Envases deseñados para reducir o seu impacto ambiental.
Xel de ducha para peles sensibles, hipoalerxénico e apto para persoas veganas.
3
RECEITAS produtos
TRES PRATOS BEN ORIXINAIS PARA SORPRENDER CON TRES PRODUTOS EROSKI
3,26€
POR RACIÓN
Alcachofas salteadas con ovo poché
420’
3 ingredientes
• 2 botes de corazóns de alcachofas
EROSKI (6/8 froitos)
• 4 ovos EROSKI
• Améndoas
E o toque especial EROSKI
• 1 ½ cullerada de AOVE
• 100 ml de vinagre
• O zume de ½ limón
• Sal e pementa acabada de moer
• Perexil
Para pochar os ovos, hai que facelo de un en un. Botar nunha pota un litro de auga e 100 ml de vinagre. Así que ferva, retirar do lume e escachar o ovo nun bol pequeno. Introducir o bol pouco a pouco na auga e deixar escorregar o ovo devagar no interior da pota. Ferver durante 3-4 minutos. Coa axuda dunha escumadeira levar o ovo a un bol con auga xeada. Escorrer sobre papel absorbente. Reservar. Sacar as alcachofas dos frascos, retirar todo a auga e secar ben con papel absorbente. Saltealas nunha tixola con media cullerada de AOVE. Reservar.
Preparar unha mestura con 1 cullerada de AOVE, o zume de ½ limón e a súa reladura, sal, pementa e perexil picado fino. Reservar.
Montar o prato coas alcachofas salteadas, cubrir coa mestura anterior, o ovo poché e esparexerlle as améndoas picadas e máis perexil picado.
Filetes de pescada crocantes con ‘chips’ de boniato e salsa de iogur
3 ingredientes
• 4 filetes de pescada conxelada
• 75 g de pan relado con perexil
• 125 g de iogur
E o toque especial EROSKI
• 1 boniato
• Zume de ½ limón
• 1 culleriña de allo en po
• Un chisco de caiena moída
• 1 ½ culleradas de AOVE
• Sal e pementa negra moída
• Menta fresca
Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo. Lavar, pelar e cortar o boniato en forma de bastóns. Vernizar con aceite. Enfornar uns 20 minutos ata que estean dourados e salpementar.
Desconxelar os lombos de pescada, secalos ben. Mesturar nun bol unha cullerada de AOVE, o pan relado con perexil, o allo en po, a caiena, sal e pementa negra moída e cubrir os lombos coa mestura anterior. Enfornar uns 10 minutos.
Preparar a salsa mesturando iogur natural con media culleriña de AOVE, o zume de limón, sal, pementa negra e menta fresca picada fina.
Servir os lombos cos chips de boniato e a salsa de iogur.
0,88€
POR RACIÓN
0,53€
POR RACIÓN
Ensalada morna de garavanzos especiados con vinagreta de cítricos
3 ingredientes
• 1 bolsa de ensalada Supremme EROSKI
• 1 frasco de garavanzos (380/400 g)
• Olivas negras
E o toque especial EROSKI
• Media cullerada de AOVE
• Comiño en po, pemento picante, ourego e tomiño secos
• Medio aguacate
• Améndoas
Vinagreta de laranxa
• 2 culleradas de AOVE
• Zume de ½ laranxa e de ½ limón
• Sal e pementa
Para a vinagreta, mesturamos os zumes de laranxa e de limón, o AOVE, o sal, a pementa e reservamos.
Lavamos e secamos ben os garavanzos. Salteámolos nunha tixola con ½ cullerada de AOVE, ata que estean douradiños. Sacamos e cubrimos coa mestura de especias.
Montamos a ensalada coas follas de leituga, unhas lascas de aguacate e olivas negras en rodas. Regamos coa vinagreta e esparexémoslle as améndoas picadas.
Porque teño onde elixir
“Para min, a marca propia é o que fai que este supermercado sexa único. Como traballadora, vexo o que hai detrás para lanzar produtos de alimentación e de coidado persoal e do fogar coa maior calidade, sempre á última e cos mellores prezos posibles. Gústanme, sobre todo, os produtos de droguería.
Un luxo ofrecer tanta variedade, que se adapta a distintos gustos, necesidades e ocasións, e que poidamos encher o carriño con produtos que non fallan a tan bos prezos!”
Amaia Begiristain, traballadora e cliente de EROSKI (Guipúscoa)
MÁIS DE 5.000 PRODUTOS DAS NOSAS MARCAS EROSKI
Calidade-prezo garantida. Máximo aforro.
Sabor responsable.
Sabor gourmet de alta cociña a prezos alcanzables.
Beleza e coidado persoal coa mellor calidade-prezo.
FROITAS E VERDURAS MÁIS DE
Máis de 100 custan menos de 2 €.
PRODUTOS DE DESPENSA MÁIS DE
680
A metade, por menos de 2 €.
550 PRODUTOS DE BELEZA MÁIS DE
140 IOGURES E SOBREMESAS MÁIS DE
MÁIS DE
200 BEBIDAS
Máis da metade, por menos de 2 €.
A metade deles, por menos de 2 €.
316 ALMORZOS E MERENDAS
760 PRODUTOS DE PEIXERÍA MÁIS DE
O 90%, por menos de 2 €. Cun prezo medio de 3 €.
PRODUTOS DE CARNICERÍA MÁIS DE
800
50 PRODUTOS PARA MASCOTAS MÁIS DE
140 PRODUTOS CONXELADOS MÁIS DE
300 PRODUTOS DE DROGUERÍA MÁIS DE
Máis da metade, por menos de 2 €.
LENTELLAS Variedade na túa despensa
Dende as vermellas, que son tendencia, ata as clásicas pardinas, con ese sabor a pucheiro da túa avoa, pasando polas últimas en chegar, as lentellas rápidas, que se fan nuns minutos. Moitas posibilidades para elixir como gozar este alimento tan versátil e tan reconfortante nos días de frío.
CATEGORÍA EXTRA + ALTO EN PROTEÍNAS + ALTO EN FIBRA + A B D E C
PARDINA
Pel moi suave. Escuras e de menor tamaño.
Perfectas para guisos e ensaladas.
EXTRA
Grandes e lustrosas, de cor verde parda.
Cócense ben con distintas augas.
Perfectas para potaxes; non se desfán.
COCCIÓN RÁPIDA
Cócense entre 5 e 15 minutos na pota exprés.
Teñen unha pel suave e unha textura consistente.
NUTRI-SCORE A
TERRA DE CAMPOS IXP
EROSKI SELEQTIA
Testadas polo Basque Culinary Center.
Con orixe garantida IXP Terra de Campos.
Sabor agradable e moi suave ao padal.
VERMELLA
Textura fina e cor vermella alaranxada.
Variedade crimson
Ideais para cremas e purés.
COCIDA
Suaves e listas para o consumo.
Resolven en minutos un primeiro prato quente, unha ensalada ou unha gornición.
COCIDA EROSKI BIO
Suaves e listas para o consumo.
Perfectas para ensaladas e hummus.
COCIDA EROSKI SELEQTIA
Testadas polo Basque Culinary Center.
Con orixe garantida IXP Terra de Campos.
Sabor agradable e moi suave ao padal.
RIOXANA
DIRECTAS AO PRATO
Con chourizo, touciño, pataca, cenoria, pemento e tomate.
Abrir, quentar e listo.
1. PROTEÍNA COMPLETA
COMBINACIÓN GAÑADORA
Perfil nutricional completo FAI
Xuntos forman unha proteína completa, similar á que se atopa en alimentos de orixe animal.
2. BAIXO ÍNDICE GLUCÉMICO E MAIOR SACIEDADE
A fibra soluble e insoluble das lentellas permite regular o azucre en sangue e prolonga a saciedade.
3. FONTE DE ENERXÍA SOLUBLE
O arroz achega carbohidratos de doada dixestión e as lentellas, fibra, proteínas e minerais.
4. RICOS EN VITAMINAS E MINERAIS ESENCIAIS
Lentellas: ricas en ferro, magnesio, folato e antioxidantes.
Arroz integral: achega manganeso, magnesio e vitaminas do grupo B.
E se engades limón, tomate ou pemento ao prato ou tomas unha laranxa ou un kiwi de sobremesa, mellora a absorción de ferro.
#AlimentaLoQuePiensas
0,79€
POR RACIÓN
Lentellas aliñadas con endivias á prancha e ovo escalfado
430’
• 4 endivias partidas en cuartos ao longo
• 200 g de lentellas
• 4 ovos
• 2 follas de loureiro e 3 dentes de allo
• 60 ml de AOVE
• 30 ml de vinagre de mazá
• 5 g de mostaza de Dijon
e 5 g de mel
• Perexil e aneto frescos e uns agróns
• Sal e pementa negra acabada de moer
Preparar o aliño das lentellas, batendo o mel, a mostaza, tres culleradas e media de aceite, o vinagre, tres cuartos de culleriña de sal e pementa. Mesturar ben e reservar.
Poñer as lentellas co triplo de auga fría a cocer a lume medio co loureiro e os allos. Así que comecen a ferver, tapar a medias e cociñar 20 minutos ata que as lentellas estean tenras. Coar, retirar o loureiro e os allos e botar de novo na pota. Bañar co aliño e as herbas aromáticas picadas grosas. Reservar. Poñer o resto do aceite nunha tixola e saltear volta e volta as endivias.
Poñer un cazo con auga a ferver. Cascar cada ovo no interior dun filme vernizado con aceite, que temos colocado dentro dunha cunca pequena. Anoar o filme facendo un saquiño. Así que a auga comece a ferver, mergullar o saquiño e deixar uns tres minutos cada ovo. Desenmoldar o ovo e montar o prato, servindo a endivia salteada, cuberta por tres culleradas de lentellas, o ovo e unha manchea de agróns. Pódese comer quente ou a temperatura ambiente.
1,29€ POR RACIÓN
450’ Curry de
lentellas
• 1 dente de allo
• 100 g de cebola doce
• 60 ml de aceite de oliva virxe extra
• 2 culleradas de pasta de curry
• 1 culleriña de cúrcuma
• 800 ml de caldo de verduras
• 5 g de xenxibre fresco
+ 8 h de hidratación
• 200 g de lentellas amarelas
• 150 g de brócoli
• 200 g de cabaza
• 90 ml de leite de coco
• 1 lima
• 1 iogur natural
• Améndoa laminada
• Coandro
• 1 granada
Hidratar as lentellas a noite anterior en abundante auga. Picar o dente de allo e a cebola e refogar nunha pota con aceite de oliva. Así que a cebola estea transparente, engadir a pasta de curry, a cúrcuma e mesturalo todo ben.
Botar o caldo de verduras e o xenxibre e levar a ebulición. Nese intre, engadir as lentellas hidratadas, o brócoli cortado en pequenas árbores e a cabaza pelada e cortada en dados pequenos.
Cocer o conxunto a lume lento durante 20 minutos aproximadamente e retirar o xenxibre cando remate a cocción. Agregar o leite de coco e cociñar a lume medio durante cinco minutos ou ata que se espese a salsa. Retirar do lume, espremer a lima e remover.
Servir acompañado cun pouco de iogur natural e decorar con améndoa laminada, as follas de coandro e sementes de granada.
O TEX-MEX
RECHEO PARA FAJITAS CON POLO
Alto en proteína. Cea en 5 minutos.
Hortalizas asadas e polo cocido.
PRODUTOS EN TENDENCIA
O ORIENTAL
GYOZAS DE POLO
Fonte de proteína.
Baixas en graxa.
Sabor delicado.
O REFRESCANTE
GASPACHO
EROSKI basic
Unha das túas 5 racións diarias de froitas e verduras.
Só destapar e gozar.
O PEREGRINO
VIEIRA DO PACÍFICO
Versátiles na cociña.
Sabor delicado.
A súa produción coida o medio natural.
O CAMPEIRO
TORTILLA DE PATACA CAMPESIÑA
Con ovos campeiros.
Abrir e listo.
O DE ULTRAMAR
VARIÑAS DE PESCADA EMPANADAS
Ben tenras.
Máis saudables e crocantes na túa airfryer.
O QUE LEVA O SEU TEMPO
PIZZA DE XAMÓN E QUEIXO
Longa fermentación de 48 horas.
Con aceite de oliva.
O PRIMEIRO EN CHEGAR
MESTURA DE PEMENTO VERMELLO E VERDE
Listo para empezar a cociñar.
Rustrido perfecto.
O MÁIS VERDE
FLORETES DE BRÓCOLI
Alto en vitaminas.
Receita nuns minutos.
O MÁIS QUENTIÑO
CREMA DE VERDURAS
Cea saudable. Listo en 3 minutos.
SE ES CELÍACO
Se tes que vivir sen glute e non queres renunciar á pasta, o pan ou as galletas do almorzo, contas con elaboracións EROSKI Sen Glute nas que substituímos a fariña de trigo por fariña de arroz e millo. E no caso das galletas, por avea libre de glute. 28 produtos a bos prezos certificados polo Sistema de Licenza Europea (ELS) ou ‘espiga barrada’ e avalados pola Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE).
Porque se adaptan ás miñas necesidades
“Gústame coidarme e, desde que descubrín que son intolerante ao glute, decateime de que non só tiña que mudar a miña alimentación, senón tamén atopar opcións que se adaptasen ao meu estilo de vida activo. En EROSKI atopei unha gran variedade de produtos sen glute e cun extra de proteína que encaixan perfectamente coas miñas necesidades. Teño máis opcións ca nunca para me coidar e manter en forma, sen me ter que preocupar polos prezos, porque ao seren de marca EROSKI son accesibles ao meu peto”.
José Carlos Ramos, socio EROSKI club Biscaia.
20% de desconto con EROSKI CLUB
E, ademais, con esta espiga vermella poderás identificar máis de 2.000 produtos EROSKI que tampouco teñen glute.
En máis de 200 produtos específicos sen glute, de marca propia e mais doutros fabricantes. Só tes que ser socio de EROSKI Club –é gratis– e pertencer á Asociación de Celíacos de Euskadi (EZE), á Asociación Celíaca da Rioxa (ACERI), á Asociación Celíacos de Navarra (ACN), á Asociación de Celíacos das Illas Baleares (ACIB) ou á Associació Celíacs de Catalunya.
SE ES INTOLERANTE Á LACTOSA
En EROSKI contas con produtos sen lactosa, sen leite e de base vexetal para levares unha dieta equilibrada e saudable se es intolerante á lactosa ou alérxico ao leite. Ademais, nos nosos envases tes toda a información para comprobar dunha ollada se é seguro para a túa dieta.
SEN LACTOSA
SEN LEITE E SEN LACTOSA
MÁIS INFO EN CONSUMER.ES BASE VEXETAL
SABÍAS QUE ELIMINAR
A LACTOSA SEN MOTIVO PÓDENOS FACER INTOLERANTES?
A LACTOSA É FUNDAMENTAL PARA ABSORBER O CALCIO, POLO QUE ELIMINALA SEN CONSULTAR CO MÉDICO E, SOBRE TODO, NOS NENOS, PODE SUPOÑER UN DÉFICIT DE NUTRIENTES QUE SON FUNDAMENTAIS PARA O CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO DOS ÓSOS E DOS MÚSCULOS.
COMO OBTERES MÁIS
PROTEÍNA
AO DÍA
PEITUGA DE POLO (COCIDA, 100 G)
Proteína: 31 g.
Ideal para construír músculo.
OVOS (2 MEDIANOS)
Proteína: 12 g. Ricos en nutrientes.
LENTELLAS (1 CUNCA, COCIDAS, 200 G)
Proteína: 18 g.
Proporcionan fibra, ferro e proteína vexetal.
SALMÓN (COCIDO, 150 G)
Proteína: 33 g.
Rico en ácidos graxos omega 3, beneficiosos para o corazón.
IOGUR GREGO NATURAL (150 G)
Proteína: 10 g. Rico en calcio.
TOFU (1 BLOQUE PEQUEÑO, 125 G)
Proteína: 15 g. Rico en ferro e calcio, ideal para veganos.
FROITOS SECOS (UNHA MANCHEA, 30 G)
Proteína: 6 g.
Proporcionan graxas saudables.
QUEIXO COTTAGE (1/2 TAZA, 100 G)
Proteína: 12 g.
Baixo en graxa e alto en caseína, beneficiosa para a recuperación muscular nocturna.
QUINOA (1 CUNCA, COCIDA, 185 G)
Proteína: 8 g.
Proteína completa e sen glute.
ATÚN EN LATA (100 G, ESCORRIDO)
Proteína: 25 g. Baixo en graxas.
SE ES DEPORTISTA
Goza dun plus de proteína en produtos lácteos para o mantemento e desenvolvemento da túa masa muscular. A gama +Proteína non contén azucres engadidos e ten un contido baixo ou 0% de materia graxa. Ademais conta cun Nutri-score A.
Lembra que consumir proteína abonda, especialmente de fontes de calidade, axuda a previr a perda de masa muscular coa idade, mellora a recuperación física e contribúe a unha sensación de saciedade e a un peso saudable.
TOSTA DE FRIAME DE PAVO CASEIRO
IDEAL PARA ALMORZOS, MERENDAS E CEAS LIXEIRAS.
ESTA TORRADA CON FRIAME DE PAVO CASEIRO É UNHA OPCIÓN NUTRITIVA E DELICIOSA PARA SUMAR PROTEÍNAS ACOTÍO. É BAIXA EN GRAXAS, RICA EN NUTRIENTES E AO COMBINAR OS CARBOHIDRATOS
COMPLETOS DO PAN INTEGRAL COAS PROTEÍNAS DO PAVO PROPORCIONA ENERXÍA ESTABLE DURANTE HORAS. AGRÉGALLE AGUACATE, PARA UN PLUS DE GRAXAS SAUDABLES, TOMATE, QUE CHE ACHEGA VITAMINAS E ANTIOXIDANTES, E SEMENTES DE CHÍA OU LIÑO, COMO FIBRA ADICIONAL.
SE ES VEGANO
Tofu, seitán, boloñesa de soia, falafel, albóndegas, lasaña… Máis de 20 produtos EROSKI VEGGIE, libres de proteína animal, ao alcance de todos. Unha opción ideal para dietas vexetarianas, flexitarianas ou veganas.
LASAÑA VEGANA
SE ES UN SIBARITA
RECEITA PASO A PASO
pero non renuncias a aforrar
Máis de 200 exquisiteces EROSKI SELEQTIA con ingredientes de orixes recoñecidas, elaboradas seguindo métodos artesanais, receitas tradicionais ou de alta cociña. Testadas polo basque culinary center, para gozar do máis gourmet a bo prezo.
Porque me axuda a comer ben
“Intento coidar o que comemos na casa, aínda que non sempre é doado. Axúdame fixarme nas cores do Nutri-Score. Dunha soa ollada sabes que é o que estás a mercar. É como ter un guía en cada compra!”
Lorena Otero Gorís, preparadora de pedidos online do EROSKI Center Novo Mesoiro (A Coruña)
En EROSKI nacemos co compromiso de contribuír a facilitar unha alimentación sa, equilibrada e a bo prezo. Por iso, eliminamos ou reducimos ingredientes que teñen un impacto negativo sobre a nosa saúde, lanzamos novidades máis saudables e ofrecemos unha información clara e concisa nas nosas etiquetas e nas nosas canles de información e difusión.
A nosa pirámide
CONSUMO OCASIONAL
CONSUMO SEMANAL
CONSUMO DIARIO
Claridade
O Nutri-Score axúdanos a distinguir dunha soa ollada os alimentos de mellor calidade nutricional. E o semáforo nutricional achega información detallada por ración e nutriente.
PRIMEIRO PRODUTO CON NUTRI-SCORE DE EROSKI
Puxemos o primeiro Nutri-Score nesta lata de tomate, no 2019. Hoxe contamos cuns 2.200 produtos de marca propia coa etiquetaxe avanzada Nutri-Score no envase.
HOXE EN DÍA, 7 DE CADA 10 PRODUTOS DA NOSA MARCA
TEÑEN AS LETRAS
A, B OU C
CADA DÍA MÁIS SAUDABLES
Os carros da compra melloraron dende o punto de vista nutricional, xa que, postos a elixir, optamos polas mellores letras.
O SEMÁFORO NUTRICIONAL creado por EROSKI en colaboración coa asociación Española de Dietistas Nutricionistas proporciona unha información detallada por ración e nutriente. Especifica a cantidade en gramos de graxas, azucres, sal e calorías que inxires por cada ración dese produto e o que supón sobre a cantidade diaria recomendada.
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE NUTRICIONAL
Compromiso
Melloramos os nosos produtos para que sexan cada vez máis saudables para ti. No último ano reducimos notablemente as calorías, o azucre, o sal ou as graxas dalgúns deles.
Datos por 100 gramos (ou miligramos) do total de produtos de marcas EROSKI con Nutri-Score.
En máis de 110 produtos.
Sempre bos prezos S Sep prerezos os
En máis de 60 produtos.
SEN GRAXA DE PALMA
Eliminada de xeito total en todos os nosos produtos. Substituímola por opcións máis saudables como o aceite de xirasol.
En máis de 30 produtos.
Sempre bos prezos S Sep prerezos os
SEN GRAXAS VEXETAIS PARCIALMENTE HIDROXENADAS
Eliminamos esta fonte de graxas trans artificiais, que contribúen ao aumento do colesterol malo en sangue e ao sobrepeso.
En máis de 125 produtos.
Decidimos quitar as imaxes infantís en produtos cun perfil nutricional baixo para non incitar ao seu consumo nos máis pequenos.
1,17€
POR RACIÓN
UNHA RACIÓN CONTÉN:
Pementos recheos de quinoa
4 90’
• 200 g de quinoa
• 400 ml de caldo de verduras
• 25 ml aceite de oliva
• 1 cebola
• 200 g de carne picada de polo
• ½ cabaciña
• 2 tomates
• 4 pementos vermellos
• Pementa negra
• 1 culleriña de comiño en po, 1 culleriña de cúrcuma, 1 culleriña de pemento doce e ½ cullerada de ourego
Botar nunha pota o caldo e, así que rompa a ferver, agregar a quinoa. Tapar e deixar cociñar a lume medio 15 minutos.
Nunha tixola ampla, refogamos unha cebola picadiña moi fina. Cando comece a amolecer, engadir a carne picada de polo e cociñar a lume alto ata que se doure.
Engadir a cabaciña picada en dadiños pequenos e, tras cinco minutos, o tomate tamén cortado en dados. Engadir a quinoa cocida.
Sazonar con pementa negra, cúrcuma, comiño, pemento e ourego. Mesturar. Abrir os pementos vermellos pola metade. Retirar as pebidas e encher coa mestura de quinoa. Levar ao forno a 180 ºC durante 20 minutos.
Que che chega?
Cumpre coas recomendacións do prato saudable: máis da metade son hortalizas e inclúe unha parte de cereal integral e outra de proteína saudable.
Sabías que?
O pemento vermello é dos alimentos con máis vitamina C, que contribúe a unha mellor absorción do ferro de orixe vexetal. Por iso, combinar quinoa e pemento é perfecto.
#alimentaloquepiensas
Frescos
Froitas, hortalizas, carnes, peixes, pan e ovos. Naturais, saborosos e coas mellores orixes. EROSKI Natur é a nosa marca de produtos frescos elaborados baixo estritas esixencias de calidade e frescura e producidos de xeito responsable co seu contorno, dende a orixe ata a tenda.
OS MELLORES PANS
POLO SABOR. Coa mellor selección de materias primas e fariñas de trigo, co repouso correcto. Masa esponxosa e codia fina, dourada e crocante.
POR RESPONSABILIDADE
E ORIXE. Fariñas que se obteñen de prácticas agrícolas máis respectuosas cos cultivos do cereal e de provedores de preto.
AS MELLORES FROITAS E HORTALIZAS
POLO SABOR. Colleitadas no seu punto óptimo de maduración, esixíndolles uns valores mínimos de dozura e calibres óptimos.
POR RESPONSABILIDADE. Con certificación Global G.A.P. ou Produción Integrada, que asegura un cultivo que minimiza o impacto ambiental e axuda ao desenvolvemento do contorno.
POLA SÚA ORIXE. Variedades prestixiosas, denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, como o Plátano de Canarias, Cítricos Valencianos, Picotas do Val do Xerte, etc.
AS MELLORES CARNES
POLO SABOR: calidade, sabor e tenrura. Unha óptima alimentación, raza e condicións de crianza.
POLA SÚA ORIXE: das orixes máis prestixiosas, como o año NATUR IXP Ternasco de Aragón, o porco Duroc EROSKI Natur e o becerro local no País Vasco, Baleares e Cataluña. E ademais, co recoñecemento dunha Indicación Xeográfica Protexida en Navarra, Galicia e Cantabria.
POR RESPONSABILIDADE: crianza tradicional no eido rural, instalacións que respectan o medio natural e con certificación en Benestar Animal Welfair nas nosas carnes de polo, porco, coello, pavo e Ternasco de Aragón. Este certificado garante unha boa alimentación, aloxamento, estado de saúde e comportamento dos animais.
OS MELLORES PEIXES
POLO SABOR: marcado pola frescura e a orixe.
POR RESPONSABILIDADE: contamos co Selo Azul MSC de pesca sostible certificada. Tamén dispós de robaliza, salmón, corvina e outros peixes de crianza EROSKI NATUR coa certificación de Global G.A.P., que garante que se criaron con altos controis de calidade e dun xeito respectuoso co medio natural e o benestar animal.
FOMOS O PRIMEIRO SUPERMERCADO EN ESPAÑA EN ACADAR A CERTIFICACIÓN MSC
, O QUE NOS PERMITE COMERCIALIZAR PRODUTOS CO SELO AZUL MSC.
OS MELLORES OVOS
POLO SABOR: galiñas campeiras alimentadas con, polo menos, un 50% de cereais como millo, trigo e cebada.
POR RESPONSABILIDADE: criadas en granxas onde se poden mover ceibas e con acceso ao aire libre.
+ VITAMIMAS
É tempada de cítricos. Laranxas, mandarinas, pomelos, limóns… están no seu mellor momento. Substanciosos, no seu punto óptimo de sabor e dozura e coa achega de vitaminas e minerais que o corpo precisa nesta época do ano.
SABOR ÚNICO
As laranxas, mandarinas e limóns EROSKI Natur proceden da Comunidade Valenciana e de Murcia. Colleitáronse no seu mellor momento na tempada de inverno e teñen un sabor equilibrado e aroma intenso. Ademais, contan co certificado GGN, que garante un cultivo responsable e seguro. Encántannos por xunto!
Usa a reladura se buscas...
Sabor intenso
A diferenza do zume, que achega acidez e dozura, a reladura concentra un sabor puro que realza pratos doces e mais salgados.
Aroma irresistible
Os aceites esenciais que se ceiban ao relar son os responsables do aroma fresco que mellora calquera receita.
Versatilidade
En repostería (biscoitos, madalenas), pratos salgados (mariñados, salsas, ensaladas) e bebidas (cócteles, infusións).
#alimentaloquepiensas
UNHA LARANXA MEDIANA COBRE
PRACTICAMENTE O 100% DAS RECOMENDACIÓNS DE VITAMINA C, QUE SON 60 MG/DÍA PARA UN ADULTO.
OPCIÓNS SEMPRE A BO PREZO
Este inverno, goza do sabor das laranxas e mandarinas sempre a bos prezos. Coa súa polpa doce e substanciosa, as mandarinas destacan por un toque de acidez equilibrado e unha tona boa de pelar. E se o teu son as laranxas, con ese sabor máis intenso e substancioso, elixe as de mesa ou as de zume. Cítricos que atoparás por xunto e en formatos de varios quilos. Frescura e calidade ao teu alcance!
BALEARES
SABOR LOCAL
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Nas nosas tendas de Baleares atoparás laranxas, mandarinas e limóns de produción local como resultado dun compromiso entre EROSKI e as autoridades locais para fomentar o seu cultivo e garantir a súa comercialización. Unha aposta polo sabor auténtico das illas.
GOMINOLAS DE LARANXA E FRAMBOESA
DIFICULTADE: 1 / TEMPO: 60’ PORCIÓNS: 40 GOMINOLAS (10 PERSOAS)
2 culleradas de ágar-ágar
30 ml de auga
120 g de framboesas
120 ml de zume de laranxa
40 g de xarope de agave 1/2 cullerada de zume de limón
1. Triturar as framboesas e coar o puré para retirar as sementes.
2. Espremer as laranxas ata obter 120 ml de zume.
3. Diluír o ágar-ágar en auga. Quentar uns segundos sen que chegue a ferver. Repartir a mestura entre o zume de laranxa e o puré de framboesa.
4. Agregar 20 gramos de xarope de agave a cada mestura. Ao puré de framboesa engadirlle media cullerada de zume de limón. Mesturar ben.
5. Encher os moldes das gominolas con ambas as dúas mesturas e levar ao frigorífico ata que solidifiquen.
Tips s ud bles
Experimenta con outros zumes de froitas e purés para crear diferentes sabores.
Unha opción saudable e deliciosa para gozar de xeito ocasional. Goza e aprende en familia #alimentaloquepiensas
Leite 100% local
Porque teñen produtos da miña terra
“Como gandeira, o que máis valoro dun supermercado é que aposte polos produtos de preto e que nos dea a oportunidade de levar os nosos produtos a máis persoas. Neste sentido, EROSKI sempre estivo ao noso carón, fomentando a conexión entre os pequenos produtores e os consumidores. O seu compromiso co local non só nos axuda a medrar, senón que tamén pon en valor a calidade do que facemos e o esforzo dos que traballamos aquí.”
Nuria Ranero, gandeira de Valle de Karrantza
Porque cremos que é bo que sexa de aquí, o noso leite EROSKI UHT é 100% local en Galicia, Navarra, País Vasco e Cataluña. Leite recollido e envasado preto de ti, procedente de máis de 300 gandeiros locais que traballan para que goces da mellor calidade e sabor, respectando o benestar animal e o contorno. EROSKI reforza deste xeito o seu compromiso cos produtos frescos locais, apoiando aos produtores e fomentando unha alimentación saudable.
E agora tamén, leite fresco pasteurizado 100% local no País Vasco e Galicia.
Como Nuria Ranero, outra trintena de familias gandeiras forman parte da SAT Valle de Karrantza, unha cooperativa que colabora con EROSKI dende o 2016 para lles levar o leite ás familias do País Vasco.
O acordo que manteñen con EROSKI certifica o leite co selo PLS (Produto Lácteo Sostible), que garante que estás a mercar leite km 0 e de calidade, de vacas que pastan nos prados deste val. Ademais, o leite envásase no mesmo municipio e o mesmo día da muxidura, polo que conserva toda a súa frescura, as súas propiedades nutricionais e o seu sabor natural.
Para os gandeiros, este acordo supón estabilidade económica e un prezo xusto, o que lles permite manteren as súas explotacións e o seu modo de vida profundamente vencellado á terra.
1,56€
POR RACIÓN
Receitas que nunca fallan
Solombo de porco ao leite
4 40’
• 600 g de solombo de porco nunha peza
• 1,250 l de leite enteiro
• 2 dentes de allo
• 75 g de cebola
• 15 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
• Sal, pementa negra e rosa
• 1 folla de loureiro e romeu
Prequentar o forno a 190 ºC, con calor por riba e por baixo.
Salpementar o solombo. Engadir media cullerada de AOVE nunha tixola e dourar por todos os seus lados. Reservar.
Nunha tixola limpa apta para o forno, engadir media cullerada de AOVE e rustrir os allos e a cebola picada fina. Así que estean listos, sen que se cheguen a dourar, engadir o leite, unha folla de loureiro e unha póliña de romeu. Deixar cociñar 15 minutos a lume medio para que reduza un pouco.
Introducir o solombo reservado e levar ao forno uns 15-20 minutos, dependendo do grosor.
Sacar do forno, retirar o solombo e reservalo á calor. Retirar tamén a folla de loureiro e o romeu e triturar a salsa. Se cómpre, deixar reducir un pouco a salsa ata obtermos a textura desexada.
Cortar o solombo en toros grosos, cubrir a fonte de servir coa salsa e engadir a carne. Moer un chisco de pementa negra, uns grans de pementa rosa e unhas follas de romeu e servir decontado.
Que che chega?
É un prato para tomar con certa moderación, xa que que se trata dunha carne vermella, aínda que o solombo é dos cortes máis magros. Destaca polo seu contido en proteína de alta calidade, pero tamén en graxa e ácidos graxos saturados, aínda que a metade proceden do leite.
Amais de ser unha preparación doada, resulta de boa calidade nutricional. Aínda que cómpre lembrarmos que a mellor opción será sempre acompañar os pratos con verduras.
#alimentaloquepiensas
CELEBRA A TEMPADA DE SIDRA
CON
EROSKI SELEQTIA
Amediados de xaneiro, o País Vasco celebra a tempada de sidra co emblemático berro de Txotx!, unha tradición que nos conecta coas nosas raíces e coa riqueza dos nosos produtos locais. En EROSKI convidámoste a gozar da auténtica sidra vasca con Denominación de Orixe Euskal Sagardoa, baixo a nosa marca EROSKI SELEQTIA. Elaborada por Zelaia, unha histórica adega familiar de Guipúscoa, esta sidra é un exemplo de compromiso coa proximidade. As mazás proveñen de pequenos produtores locais e son seleccionadas no seu punto óptimo de maduración grazas ao traballo directo con eles. Logo de seren trituradas e prensadas, o seu mosto pasa por un meticuloso proceso de fermentación e repousa durante polo menos 4 meses nas tradicionais kupelas (barricas) ata alcanzar o seu punto óptimo. O resultado: unha sidra de sabor afroitado e equilibrado, corpo lixeiro e refrescante, e unha acidez moderada que resalta a súa frescura sen ser excesiva.
Este produto non só é sinónimo de calidade e sabor, senón tamén de responsabilidade e apoio aos agricultores locais. A Denominación de Orixe Euskal Sagardoa, supervisada pola Fundación Hazi, garante a autenticidade e fomenta a pervivencia dos nosos produtores e das nosas paisaxes.
Oihana Gaincerain rexenta a sidrería Zelaia xunto ás súas irmás.
PIPARRAS DE IBARRA, INTENSIDADE ÚNICA
Detrás dos chiles EROSKI SELEQTIA está a empresa familiar Zubelzu Piparrak, de Ibarra (Guipúscoa), que traballa o campo para producir unha das hortalizas que máis gustan no País Vasco. Soas cun chorriño de aceite de oliva e sal de escamas EROSKI ou preparadas como gildas, con oliva e anchoas. Sublimes!
CALDO CON SABOR AUTÉNTICO
Non hai nada máis reconfortante ca un caldiño quente como feito na casa. Os caldos EROSKI SELEQTIA, de carne e galiña campeira, elabóraos a lume lento Delikatetxe, unha pequena cooperativa de Elorrio (Biscaia) que utiliza hortalizas das hortas do contorno e galiñas campeiras criadas en liberdade co selo Euskolabel ou de produción ecolóxica que non se comercializan porque deixaron de poñer ovos e que achegan moito sabor.
Os segredos do caldo e do consomé de galiña EROSKI SELEQTIA
Receitas con PRODUTOS DE AQUÍ
Galicia é unha terra que olla para o mar. A temperatura das súas augas, ricas en nutrientes, e a súa costa rochosa ofrecen unha gran variedade de mariscos e peixes como o sargo. Ideal para preparacións á grella e ao forno, o Basque Culinary Center presenta unha delicada e sorprendente receita coa que te quererás deleitar.
Sargo á galega
61 h
• 1 kg de sargo
• 3 patacas
• 200 g de cebola
• 200 g de pemento vermello
• 200 g de pemento verde
• 1 g de sal
• 35 ml de AOVE
• 3 dentes de allo
• 1 folla de loureiro
• 15 g de pemento
Lavar e pelar as verduras.
Cortar as patacas en
Que che chega?
rodas medianas, o allo en láminas e a cebola e os pementos á xuliana. Colocar na base do forno as patacas e verduras, a folla de loureiro e salpementar ao gusto. Engadir un chorriño de AOVE.
Cociñar durante 20-25 minutos a 180 ºC. Sazonar o sargo con sal, pementa e pemento e colocar por riba das verduras.
Cociñar outros 15-20 minutos máis.
Trátase dun peixe semigraxo que achega entre 4 e 5 gramos de graxa por cada 100 gramos, graxa maioritariamente insaturada e rica en ácidos graxos omega 3. Ademais, coma o resto de peixes, achega proteínas de boa calidade, vitamina B12, vitamina D, selenio, fósforo, iodo... O acompañamento engade hidratos de carbono e fibra. Dos pementos, o vermello destaca especialmente en vitamina C e carotenos.
SARGO
Moi apreciado pola súa carne branca e tenra, a súa textura firme e o seu sabor suave, o sargo atópase no seu mellor momento entre setembro e xaneiro. Ao se tratar dun peixe semigraxo, ofrece unha boa fonte de proteínas e ácidos graxos omega 3.
1,46€
POR RACIÓN
PRODUTOS LOCAIS EROSKI
275 produtos con IXP ou DOP
ARROZ DO VALENCIA MEXILLÓN DE GALICIA
Cultivado no Parque Natural da Albufeira de Valencia e colleitado á man con técnicas respectuosas co contorno, o arroz DO Valencia EROSKI é coñecido pola súa capacidade para absorber os sabores e a súa textura ideal para pratos típicos como a paella, respaldado pola súa orixe local e métodos de cultivo sostibles.
Os mexillóns en conserva EROSKI conteñen mexillón 100% procedente de bateas das rías galegas, onde alcanzan o seu mellor momento a nivel nutricional, o que garante un sabor e calidade inigualables.
PEMENTO DO PIQUILLO DE LODOSA
Orixinario da rexión de Lodosa, Navarra, o Pemento do Piquillo con Denominación de Orixe EROSKI SELEQTIA distínguese polo seu sabor suave, doce e lixeiramente afumado. Un produto testado por expertos do Basque Culinary Center.
Elaboradas e embotadas en Santoña mantendo a ampla tradición conserveira. Foron testadas por expertos do Basque Culinary Center e contan co Selo Azul MSC de Pesca Sostible certificada.
MEL DO ALCARRIA
Proveniente da comarca da Alcarria, en Guadalaxara, este mel con Denominación de Orixe destaca polo seu sabor floral, resultado das flores autóctonas da zona e das prácticas apícolas tradicionais da rexión. Testado por expertos do Basque Culinary Center.
ESPÁRRAGO DE NAVARRA
Teñen Indicación Xeográfica
Protexida (IXP) de Espárrago de Navarra e proceden das hortas desta terra, onde o clima e o solo específicos lle outorgan a este produto unha textura tenra e un sabor delicado, autenticamente local.
QUEIXOS
CONTAMOS CUNHA GRAN VARIEDADE DE QUEIXOS LOCAIS BAIXO A NOSA
MARCA EROSKI ELABORADOS POR PEQUENAS QUEIXERÍAS QUE OFRECEN O SABOR AUTÉNTICO DE CADA ZONA SEGUINDO RECEITAS TRADICIONAIS.
TODO O MELLOR DO TEU CONTORNO MÁIS PRÓXIMO
Por responsabilidade
“O que máis me gusta de EROSKI é que me axuda a facer unha compra máis responsable con pequenas accións que marcan a diferenza. Dende a redución de plásticos nos envases ata a venda con descontos de alimentos próximos á súa data de consumo, que evitan o desperdicio e cos que non só aforro, senón que sinto que estou a poñer o meu gran de area”.
Valeria Ominetti, traballadora en EROSKI City Askatasun Bidea, Bermeo (Biscaia)
COÑECES AS NOSAS MARCAS MÁIS RESPONSABLES?
Certificadas e baratas
E OUTROS SELOS QUE...
SER RESPONSABLE SIGNIFICA
Evitar o desperdicio de comida
Planifica ben a compra e elabora unha lista. A app EROSKI permíteche facela de xeito dixital e gardala para futuras compras. Aproveita tamén os descontos que ofrecemos en produtos próximos á súa data límite de venda e apúntate á app Too Good To Go para adquirir os nosos packs sorpresa.
Respectar os animais
O selo WelfairTM certifica que o produto provén de granxas que cumpren os estándares de benestar animal.
A fórmula das nosas cremas solares belle e EROSKI inclúe un sistema de filtros deseñado para ser respectuoso cos océanos sen comprometer a eficacia da protección e ofrecendo distintas texturas e formatos. Ademais, son aptas para o seu uso por parte de persoas veganas.
Mercar produtos locais e de tempada só trae beneficios. Un xesto co que promoves a economía local e reduces distancias no transporte de mercadorías e a contaminación que implica. En EROSKI colaboramos con 2.000 pequenos produtores para que poidas gozar de 20.000 produtos locais co mellor do teu contorno.
Protexer os bosques
Elixe o tícket dixital e dille non ao papel. Poderás consultar e descargar todos os teus tickets de compra nun só clic.
Escolle produtos con selo FSC® ou PEFC, que garanten que o papel ou a madeira proceden de fontes responsables ou controladas, como a gama de papel hixiénico ou de cociña EROSKI ou o noso material de oficina.
Opta por produtos sen graxa de palma ou cunha orixe sostible que estea certificada. Dende o 2021, ningún dos produtos EROSKI leva graxa de palma.
XERAR MENOS PLÁSTICO
ESTE 2025 QUEREMOS ALCANZAR UNHA
REDUCIÓN CON RESPECTO AO 2018 DE,
POLO MENOS, UN 20% NAS TONELADAS DE PLÁSTICO DUN SÓ USO. CONTÁMOSVOS
COMO O ESTAMOS A LOGRAR.
MENOS PLÁSTICO
Reducimos a cantidade de plástico nos nosos envases garantindo a usabilidade e conservación do produto.
MÁIS CARTÓN
CERTIFICADO
Substituímos envases de plástico por outros materiais como papel ou cartón de orixe renovable certificados co selo FSC ou PEFC.
BOLSAS REUTILIZABLES
Ofrecemos bolsas compostables, reutilizables de rafia, de tea, de papel co selo FSC mixto, fabricadas con máis dun 55% de plástico reciclado e mallas reutilizables para a compra por xunto.
MELLOR POR XUNTO
O 60% da nosa froita e verdura véndese sen envase e na peixería supérase o 85%. Tamén contas con legumes e froitos secos por xunto en moitas das nosas tendas.
SI AO MATERIAL RECICLADO
Promovemos o uso de materiais reciclados nos produtos das nosas marcas. As bandexas de carne e peixe utilizan agora ata un 80% de plástico reciclado e a nosa gama de bolsas de lixo inclúe entre un 15% e un 100% de plástico reciclado.
MÁIS CIRCULAR
Redeseñamos os nosos envases para seren compostables, o que garante a súa reciclaxe ao final da súa vida útil, como o do allo ecolóxico, fabricado en material compostable convertible en compost, ou a tortilla, que pasou de bandexa negra a transparente, o que permite obter un PET reciclado de maior calidade.
Caldo de cocido
40’ +8 h de remollo 4
• 1 ceboliña
• 2 patacas
• 3 cenorias
• 120 g de xarrete de becerro
• 160 g de zancos de polo
• 1 óso de espiñazo de porco
• 1 óso de xamón
• 320 g de garavanzos
• 160 g de fideos
Deixar en remollo os garavanzos durante toda a noite.
Pelar as patacas, a cebola e as cenorias e cortar en anacos grandes.
Colocar as verduras e as carnes nunha pota e cubrir completamente con auga. Cociñar 2 horas e ir desescumando de cando en vez.
Engadir os garavanzos e cociñar 30 minutos máis.
Coar o caldo e cociñar nel os fideos.
Seleccionar a carne e as verduras que retiramos do caldo e guindar os ósos e mais os anacos de pel.
Empratar o caldo cos fideos xunto coas verduras, carne e garavanzos.
Que che chega?
Prato único perfecto, que achega hidratos de carbono da verdura e do legume, proteína de boa calidade da carne e dos garavanzos, algo de graxa e a metade da fibra que se recomenda ao día. Ademais, proporciona unha gran variedade e cantidade de vitaminas e minerais.
Tips saudables
Aínda que sempre escoitamos que a proteína do legume non é completa, a dos garavanzos e mais a da soia si que o é.
#alimentaloquepiensas
1,49€ POR RACIÓN
OS INGREDIENTES EN EROSKI
Sempre bos prezos S Semp prezos os
Porque sempre o fun
“Aínda lembro cando saíron os primeiros produtos marca EROSKI. En envases brancos e bastante máis baratos ca os doutras marcas. É máis, lembro que entre eles estaba o deterxente, o tomate frito, o café, as galletas María e as olivas. Entre a xente non se falaba doutra cousa: Que bo que un supermercado por fin dese un paso adiante para sacar produtos máis baratos! E por riba coa mesma calidade! Entendo que non sería fácil ir a contracorrente, pero ao igual ca min, moitas familias agradecémolo. Hoxe en día, outros supermercados seguiron os seus pasos, pero eu sígolle a ser fiel a EROSKI, sobre todo pola súa calidade e polos produtos locais”.
Txaro Otaola, socia de EROSKI club en Biscaia.
Gústache a historia?
DESCUBRE NESTE FÍO, A DAS
MARCAS PROPIAS DE EROSKI
1977 1978
Lanzamos os primeiros seis produtos de marca branca en España, coa mesma calidade ca as marcas líderes, pero un 30% máis económicos.
Incluímos nas etiquetas os catro idiomas oficiais do estado. Creamos un laboratorio propio para controlar e garantir a calidade dos nosos produtos. Alcanzamos as 200 referencias.
CASTELÁN
EUSKERA
GALEGO
CATALÁN
Levamos a marca branca a bazar e téxtil. Superamos as 800 referencias.
A nosa marca branca comeza a chamarse marca EROSKI. Pioneiros en retirar dos nosos produtos os sprays con CFC para axudar a conservar a capa de ozono.
Garantimos a calidade dos nosos produtos mediante certificacións dos fabricantes. O espárrago DO Navarra foi o primeiro produto en EROSKI con denominación de orixe.
Eliminamos dos nosos produtos os organismos xeneticamente modificados (OXM).
Lanzamos EROSKI Natur, con produtos frescos de alta selección e calidade, presentes en froitería, carnicería e peixería. Coa mellor orixe e sabor responsable.
Lanzamos belle, con produtos de perfumería de venda exclusiva en EROSKI.
Lanzamos EROSKI basic, con centos de produtos a un prezo barato e coa calidade de sempre.
A Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE) incorpora na súa lista de alimentos os nosos produtos sen glute EROSKI.
da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto
Incorporamos o semáforo nutricional. Retiramos as graxas vexetais parcialmente hidroxenadas. Lanzamos EROSKI SELEQTIA, con produtos de alta calidade e bo prezo.
Fomos o primeiro supermercado en eliminar por completo os parabenos dos produtos de coidado persoal.
EROSKI SELEQTIA colabora co Basque Culinary Center para testar os seus produtos.
Somos pioneiros en ofrecer produtos co Selo Azul MSC nas nosas peixerías, para completar a cadea de custodia desde o mar ata a tenda. O bacallau Skrei EROSKI Natur MSC foi o primeiro en levalo.
Lanzamos a liña Veggie, con opcións vexetarianas e veganas.
NUTRI-SCORE A
Lanzamos a marca EROSKI BIO de produtos ecolóxicos. A B D E C
Introducimos o selo de benestar animal co certificado Welfair™ en produtos de carne branca EROSKI Natur.
2018 2019
Pioneiros en incorporar a etiqueta
Nutri-Score con información nutricional clara que axuda a comer mellor.
Eliminamos a graxa de palma de todos os nosos produtos de marca propia.
Certificamos o 100% da nosa carne branca de marca propia co selo Welfair™.
2022
Somos os primeiros en España en implementar a etiquetaxe ambiental Planet Score, proporcionando información sobre sustentabilidade nos produtos de marca propia.
Redeseñamos máis de 180 referencias de marca branca para mellorar a reciclabilidade e minimizar o uso de plásticos
2023 2024
Lanzamos unha nova gama de produtos elaborados con carne do País Vasco e Cataluña.
o último
SUAVIZANTES
Transforma a túa bogada con aromas para todos os gustos!
Oaroma da túa roupa di moito de ti. Por iso, en EROSKI renovamos os nosos suavizantes con seis arrecendos mellorados que che van encantar. Conteñen aceites esenciais naturais e utilizan unha tecnoloxía de fragrancias que está deseñada para espertar as túas emocións, segundo os estudos neurolóxicos realizados. Ademais, a súa fórmula é vegana e non testada en animais.
COLONIA. Frescura que te transporta ao universo dos bebés.
AZUL. Un aroma fresco e potente que revitaliza os teus sentidos.
TALCO. Delicadas notas de violeta, pétalos brancos e un toque de vainilla doce.
FLORAL. Fragrancia sensorial con toques florais e afroitados.
TROPIC. A tendencia máis vibrante, con contrastes cheos de cor.
CARICIAS. Suavidade cremosa que coida a túa pel e mais a túa roupa.
ARCOS DENTAIS
Hixiene bucal ao alcance da túa man
Unha correcta hixiene é clave para a túa saúde dental. Por iso, non podes perder os novos arcos dentais EROSKI para unha limpeza interdental rápida e sinxela. Están deseñados para acceder doadamente aos espazos interdentais, para manter unha hixiene bucal eficaz en todo momento. Cada paquete contén 30 unidades nunha práctica bolsiña con peche zip. E dentro atoparás unha funda para podelos levar de forma hixiénica no bolso, neceser ou peto.
FACEMOS EROSKI novas
EROSKI CONSUMER
50 ANOS de información
VERAZ E ÚTIL
En EROSKI despedimos o 2024 cun fito de altura: a celebración dos 50 anos da nosa revista EROSKI Consumer. Medio século de vida velando pola información veraz e polo fomento dos hábitos saudables entre os consumidores.
Este aniversario “non só celebra a nosa historia, senón tamén a nosa evolución e o papel crucial que EROSKI Consumer desempeña na sociedade actual, con información precisa e rigorosa, nun mundo onde loitar contra a desinformación é un desafío constante”, explicou Rosa Carabel, CEO de EROSKI, durante o acto organizado no
fundación.
Pazo de Congresos Kursaal de Donostia, ao que asistiron máis de 500 persoas entre socias e socios consumidores de EROSKI, colaboradores, persoas traballadoras, representantes institucionais e expertos.
A revista, pioneira na información e formación das persoas consumidoras, destaca pola súa independencia editorial, a veracidade e utilidade dos seus contidos e mais polo seu carácter ameno e acceso gratuíto, que lles facilita aos consumidores a toma de decisións máis conscientes, responsables e beneficiosas.
Dende que en 1998 deu o salto a Internet, conta con máis de 30.000 páxinas de contidos, unha revista dixital,
“Precisamos familias informadas, educadores comprometidos e políticas públicas“
O director de EROSKI Consumer e da Fundación EROSKI, Alejandro Martínez Berriochoa, aproveitou o acto para presentar a Enquisa sobre hábitos alimentarios a escolares de Primaria, para insistir en como “a alimentación saudable debe ser un esforzo colectivo. Precisamos familias informadas, educadores comprometidos e políticas públicas que faciliten a adopción de hábitos saudables desde a infancia”.
De esq. a dta., Juan Luis Arsuaga, Alejandro Martínez Berriochoa, Leire Mugerza, Javier Hurtado Domínguez (conselleiro de Turismo, Comercio e Consumo do Goberno Vasco), Rosa Carabel, Aitor Arregi e Ana Ibáñez. Resumo do acto
perfís en redes sociais e unha web. Isto tradúcese en máis de 70 millóns de visualizacións anuais, o que a converte nun dos portais de consumo en lingua española máis importantes do mundo.
O acto foi fiel ao espírito divulgativo de EROSKI Consumer con tres relatorios. O paleoantropólogo Juan Luis Arsuaga fixo un repaso da historia da alimentación. A neurocientífica Ana Ibáñez falou de como a alimentación nutre a mente e mellora o rendemento. E o responsable do restaurante Elkano de Getaria, Aitor Arregi, defendeu a importancia de consumir produtos locais e de tempada. Piares comúns co celme de EROSKI.
Descubre aquí a análise dos resultados da enquisa
Marquistaseaforristas.
Máis de 5.000 produtos das marcas EROSKI