7 minute read
Viaxes
Visita ao REINO DO TEMPO
RUTA JORDAN TRAIL THRU-HIKE
O percorrido do Jordan Trail Thru-Hike pódese facer en varias etapas e amosa a Xordania auténtica, chea de beleza natural e de patrimonio histórico. Unha ruta que dá a coñecer a hospitalidade e xenerosidade dos seus labregos e na que contemplar impresionantes seráns de outono mentres o noso padal goza dos manxares de cada vila. Entre as paradas imprescindibles para ver o solpor cómpre salientar Umm Qais, co seu anfi teatro romano; Petra, o deserto de Wadi Rum e Aqaba e o seu Mar Vermello.
Xordania, o ‘reino do tempo’, é un lugar ideal para os amantes dos seráns e do sendeirismo. A suave e agradable climatoloxía do outono fai que esta sexa unha das épocas máis axeitadas para visitar o país e gozar de todas as opcións ao aire libre.
40 DÍAS, 675 QUILÓMETROS E 52 LUGARES
O Jordan Trail Thru-Hike é un evento deportivo que se celebra anualmente. Dura 40 días e está organizado pola asociación Jordan Trail. Esta ruta de sendeirismo conecta Umm Qais, ao norte do país, con Aqaba, ao sur, e percorre máis de 675 quilómetros, atravesando oito rexións, que agrupan máis de 52 vilas e cidades.
O sendeiro discorre polas impresionantes paisaxes do país e as diferentes etapas varían en difi cultade. Dende os ondulantes outeiros boscosos do norte, pasando polos escarpados wadis (ou ríos secos), os cantís que dominan o Gran Val do Xordán, a rocha rosada de Petra, as espectaculares areas e as impoñentes montañas de Wadi Rum ata chegar aos arrecifes de coral do Mar Vermello.
O sendeiro está marcado por 8 etapas, que se poden explorar polo miúdo na web de Jordan trail: https://jordantrail.org/discover-the-jordan-trail/
Aforra e practica sendeirismo percorrendo a auténtica Xordania mentres lle dás a benvida ao outono nunha nova edición do Jordan Trail Thru-Hike.
CATRO LUGARES PARA UN SOLPOR OUTONAL DE POSTAL
Os amantes da natureza e dos solpores de outono poderanse deleitar con moitos momentos para gravar na retina. Entre todos destacan catro lugares nos que inmortalizar o ceo e o horizonte co solpor dentro do percorrido que segue o Jordan Trail.
O atardecer refl ectido nas praias de Aqaba, no Mar Vermello, ao sur do país. A inmensidade do deserto de Wadi RumA inmensidade do deserto de Wadi Rum, , co sol poñéndose como paso previo a un é fi rmamento cheo de estrelas.
A mítica Petra, na que, amais do atardecer, paga a pena quedar ao caer a noite.
Reembolso
5%
á túa tarxeta EROSKI club (1)
En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible
Umm Qais, ao norte do país, alberga un anfi teatro romano cunha fermosa panorámica.
(1) Reservas realizadas entre o 1 e o 30 de novembro para viaxar ata o 31 de marzo do 2023. Agás taxas e cotas de xestión
fala Sal Maldon para
SAL MALDON UN SAL ÚNICO DE TRADICIÓN ARTESÁ
Catro xeracións de mestres do sal recolleron á man as escamas® piramidais que son a sinatura do Sal Maldon®, unha marca mundialmente recoñecida.
UNHA ARTE QUE CUMPRE 140 ANOS
Desde 1882, a familia Osborne elabora o Sal Maldon® cos mesmos métodos tradicionais artesanais. O sal trabállase á man, quentando a auga mariña e deixando que os cristais se vaian formando de xeito natural, de modo que cada escama ten unha forma piramidal única.
COMO USAR O SAL MALDON
Todo tipo de pratos.
Moitos utilizan o Sal Maldon para sazonar carnes e peixes en ocasións especiais, pero é un sal moi versátil, perfecto para calquera tipo de prato. Leva un chisco de calidade prémium á túa vida cotiá utilizándoo para aliñar tomates con aceite, sopas, focaccias, ensaladas, pratos de pasta, etc. Sobremesas. O Sal Maldon é ideal para lles dar un toque especial ás túas sobremesas. É perfecta a súa maridaxe con chocolate e caramelo, mais tamén coas froitas de estación e xeados. Cócteles. Os mellores Bloody Mary, Margaridas e Micheladas fanse con Sal Maldon. As súas escamas, crocantes e saborosas, danlles un toque interesante e divertido a todas as creacións de drinks, con ou sen alcohol.
Xa temos a nosa SEGUNDA ESTRELA ‘LEAN & GREEN’
AAsociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC) concedeunos a nosa segunda estrela Lean & Green por alcanzarmos o obxectivo de reducir máis dun 30% as nosas emisións de CO2 nos procesos de loxística e transporte no 2021. Concretamente, rebaixamos as emisións case un 33% con respecto ao ano 2015, o que supón evitar máis de 36.000 toneladas de emisións equivalentes de CO2 e, ademais, fi xémolo un ano antes do prazo establecido.
Lográmolo acometendo un proceso ininterrompido de melloras en catro grandes áreas: maior carga dos vehículos e redución de quilómetros, renovación da frota por outra menos contaminante, novas plataformas loxísticas máis sostibles e melloras da efi ciencia enerxética nas xa existentes. A iniciativa Lean & Green encaixa á perfección co noso compromiso de nos convertermos nunha empresa neutra en emisións de gases de efecto invernadoiro no 2050. “Esta segunda estrela Lean & Green é un fi to importante na folla de ruta que estamos a seguir para alcanzarmos a neutralidade en carbono. Un paso relevante, nunha área da nosa actividade, a loxística, onde o noso sector pode marcar máis a diferenza”, explica Enrique Monzonis, director de Innovación, TIC e Loxística de EROSKI.
Reducimos máis dun 30% as nosas emisións de CO2 un ano antes do previsto RECOÑECIDOS POR PROMOVERMOS A ECONOMÍA CIRCULAR
O noso Proxecto de Economía Circular de Plásticos recibiu o certifi cado AENOR, o primeiro que esta entidade concede, que recoñece o proceso a través do cal lles damos unha segunda vida aos residuos plásticos recollidos nas nosas tendas de Galicia e na Plataforma de Mercadorías Xerais de Sigüeiro.
Os residuos plásticos recíclanse para utilizalos na fabricación das bolsas de compra corporativas, que a compañía pon á disposición dos seus clientes ao seu paso por caixa.
A través deste proceso démoslles unha segunda vida a máis de 490.200 quilos de plásticos. Só o pasado ano fabricáronse 28.480.000 bolsas con máis dun 80% de plástico reciclado e no que vai de ano xa levamos producidas un total de 18.200.000 unidades.