EROSKI_NOVIEMBRE_2022_GALLEGO

Page 44

viaxes

Visita ao REINO DO TEMPO Aforra e practica sendeirismo percorrendo a auténtica Xordania mentres lle dás a benvida ao outono nunha nova edición do Jordan Trail Thru-Hike.

romano; Petra, o deserto de Wadi Rum e Aqaba e o seu Mar Vermello. Xordania, o ‘reino do tempo’, é un lugar ideal para os amantes dos seráns e do sendeirismo. A suave e agradable climatoloxía do outono fai que esta sexa unha das épocas máis axeitadas para visitar o país e gozar de todas as opcións ao aire libre.

RUTA JORDAN TRAIL THRU-HIKE O percorrido do Jordan Trail Thru-Hike pódese facer en varias etapas e amosa a Xordania auténtica, chea de beleza natural e de patrimonio histórico. Unha ruta que dá a coñecer a hospitalidade e xenerosidade dos seus labregos e na que contemplar impresionantes seráns de outono mentres o noso padal goza dos manxares de cada vila. Entre as paradas imprescindibles para ver o solpor cómpre salientar Umm Qais, co seu anfiteatro

40 DÍAS, 675 QUILÓMETROS E 52 LUGARES O Jordan Trail Thru-Hike é un evento deportivo que se celebra anualmente. Dura 40 días e está organizado pola asociación Jordan Trail. Esta ruta de sendeirismo conecta Umm Qais, ao norte do país, con Aqaba, ao sur, e percorre máis de 675 quilómetros, atravesando oito rexións, que agrupan máis de 52 vilas e cidades. O sendeiro discorre polas impresionantes paisaxes do país e as diferentes etapas varían en dificultade. Dende os ondulantes outeiros boscosos do norte, pasando polos escarpados wadis (ou ríos secos), os cantís que dominan o Gran Val do Xordán, a rocha rosada de Petra, as espectaculares areas e as impoñentes montañas de Wadi Rum ata chegar aos arrecifes de coral do Mar Vermello. O sendeiro está marcado por 8 etapas, que se poden explorar polo miúdo na web de Jordan trail: https://jordantrail.org/discover-the-jordan-trail/

44

44-45 Viajes_GAL.indd 48

17/10/22 16:59


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.