LOIS PEREIRO
INSTALACIÓN MULTIMEDIA POR ESCOITAR.COM
Biografía a través da
súa obra, das súas imaxes e dos seus sons, en especial da súa voz
Cronoloxía en formato multimedia dunha vida a contracorrente
Escoitar.com ofrece a construción dun interface multimedia para coñecer a obra do escritor galego Lois Pereiro. O interface está composto por 2 elementos:
*Unha pantalla multitáctil de gran tamaño flotando horizontalmente sobre unha peana *Un muro vertical de 2x3.5 metros en formato caseta portátil sobre o que se desprega unha liña de tempo da súa vida e obra incluíndo pequenas pantallas incrustadas (marcos dixitais).
Ofrécese a programación dende cero do interactivo sobre pantalla multitáctil xigante (42”), engadindo o deseño do stand sobre o que flotarán pequenas pantallas multimedia sobre unha liña de tempo da vida do escritor (o concepto que guiará este traballo).