III Dar de ler coma quen dĂĄ de beber
L E C T U R A S D A G R A M PA 4
23 de abril, DĂa do Libro
DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER Por terceiro ano consecutivo, Espazo Lectura celebra o Dar de ler coma quen dá de beber. O primeiro ano realizouse na biblioteca municipal; o segundo quixemos dar un paso máis e trasladamos o acto á praza de abastos coa intención de reivindicar novos escenarios para a lectura e o libro; este ano, continuando coa idea de levar os libros aos espazos cotiáns, celebrámolo na taberna. Se cadra, non hai ningún lugar máis axeitado para empatar co noso lema: Dar de ler coma quen dá de beber. A taberna, ese lugar de relación, de amizade, de gozo... «As persoas precisan en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños». Da agudeza e do enxeño de Álvaro Cunqueiro tomou Espazo Lectura o nome dunha actividade coa que pretendemos convidar a celebrar o Día do Libro lendo, compartindo soños e historias co mesmo pracer co que bebemos un vaso de auga fresca ou unha cunca de viño. Esta nova publicación, a número 4 da colección Lecturas da Grampa, recolle os títulos dos libros –e os autores e autoras– elixidos polas persoas que len algún fragmento nesta terceira edición do Dar de ler coma quen dá de beber. Son lecturas para ofrecerlles aos demais, para recomendar, para dar a coñecer, para revisitar, e poñémolas nas túas mans co desexo de que tamén constitúan unha pequena guía que permita abrir novos itinerarios lectores. Desde Espazo Lectura desexamos que este 23 de abril, que nos reúne na xamonería Catro Camiños de Gondomar, nos transmita eses soños e brillos da lectura que son, para o ser humano, coma a seiva para as plantas: a bebida imprescindible do coñecemento e da intelixencia. Espazo Lectura 23 de abril de 2010 Día do Libro
—3—
III DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER LISTAXE DE LECTURAS – 55 mentiras sobre a lingua galega, Prolingua, Ed. Laiovento (Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura). – Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano, Ed. Xerais (Dolores Portabales e Domingo Freiría). – «O neno suicida», Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste, Ed. Galaxia (Luis M. Teixeiro). – Poemas de Antón Tovar, Poesía galega completa, Ed. Akal (Xilberte L. Manso). – Biografía da multitude, de Elvira Riveiro e Silvia Penas, Intituto de Estudos Miñoranos (Carlos Méixome). – Cousas, de Alfonso Daniel R. Castelao, Ed. Galaxia (Irene Silva). – A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, Ed. Galaxia (Luis Domínguez). – «Camiñan descalzas polas rochas», Das últimas mareas, de Ana Romaní, Espiral Maior; «Nunca tiven amigos», Entre lusco e fusco, de Pilar Pallarés, Ediciós do Castro (Cruz Domínguez). – «De súpeto, Adriano encontrou-se cun poema», Odiseas, de Séchu Sende, Letras de Cal (Breixo Álvarez). – «Instrucciones para aprender a hablar gallego», Made in Galiza, de Séchu Sende, Ed. Galaxia (Lúa Álvarez). – O esculpido sorriso dos teus beizos, de Xosé Carlos Caneiro (Rosa Rodríguez Taboada). – Seda, de Alessandro Baricco, Rinoceronte Ed. (Antonio Araúxo). – A memoria perdida, de Lino Braxe, Ed. Vía Láctea (Agustín Álvarez). – Si o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro, Ed. Galaxia (María Xosé González Chamorro). – Monólogo do imbécil / Jánsel e Póncel, de José Luis Prieto, Ed. Embora (Ángel Iglesias e Xosé Manuel Moo). – Makinaria, de Carlos Negro, Ed. Xerais (Paulo del Río).
—4—
– Resistencia, de Rosa Aneiros, Ed. Xerais (María Luísa Varela). – «Loanza á filatelia», O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, Ed. Xerais (Gabriela Legaspi). – grupo abeliano, de Xosé Cid Cabido, Ed. Xerais (David Rodríguez). – A praia dos afogados, de Domingo Villar, Ed. Galaxia (Beatriz Pereiro). – «O gato da tasca mariñeira», Profecía do mar, de Bernardino Graña, Ed. Xerais (Emilio García Crego). – Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, Ed. Galaxia (Teresa Pereira Capel, concelleira delegada da Biblioteca Municipal). – Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño, Ed. Galaxia (Beatriz Núñez). – Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, Ed. Xerais (Mónica Góñez). – O gato Malhado e a andorinha Sinhá, de Jorge Amado, Ed. Dom Quixote (Sabela Míguez). – «Da felicidade», Herbario, de Sándor Márai, Rinoceronte Ed. (Belén Fernández). – Peaxes, de Antón Lopo, Ed. Xerais (Vicente Pintos). – Sol de Inverno, de Rosa Aneiros, Ed. Xerais (Sunsa Fernández Rei). – «Navy Bar», De catro a catro, de Manuel Antonio, Ed. Xerais (Pauliño del Río). – «A fábula da cigarra matemática», Os dados do reloxeiro, de Xurxo Mariño, Consello da Cultura Galega (María Jesús Garrido).
Venres 23 de abril de 2010 Xamonería Catro Camiños de Gondomar
—5—
II DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER LISTAXE DE LECTURAS – Os grouchos, de Manuel Rivas, Ed. Xerais (Antonio Araúxo, alcalde do Concello de Gondomar). – Como unha novela, de Daniel Pennac, Ed. Xerais (Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura). – O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, Ed. Xerais (Ana Castro). – Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, Ed. Xerais (Teresa Pereira Alborés). – Seda, de Alessandro Baricco, Rinoceronte Ed. (María Álvarez). – La ciencia y la vida, de Valentín Fuster e José Luis Sampedro, Plaza y Janés Ed. (Conchita Antón). – «Nube», Muller ceiba, de Sandra Cisneros, Ed. Xerais (Beatriz Núñez). – A galiña azul, de Carlos Casares, Ed. Galaxia (Dolores Portabales). – A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro, Ed. Galaxia (Irene Silva). – O home inédito, de Carlos G. Meixide, Rinoceronte Ed. (Luís Domínguez). – Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, Ed. Galaxia (María Montenegro). – Made in Galiza, de Séchu Sende, Ed. Galaxia (Gabriela Legaspi). – «Ítaca», Poemas canónicos, de Konstantino Kavafis, Rinoceronte Ed. (Mª Xosé González Chamorro). – ¿Para que serve a historia de Galicia?, de Carlos Bermejo Barrera, Ed. Lóstrego (Carlos Méixome). – Poemas de Celso Emilio Ferreiro, Poesía galega completa, Ed. Xerais (X. Bieito Legaspi). – A doutrina do shock (o auxe do capitalismo do desastre), de Naomi Klein, Ed. Paidós (Benxamín Rocha).
—6—
– Herba moura, de Teresa Moure, Ed. Xerais (Mª Luísa Varela). – Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín, Ed. Xerais (Jorge Diz Ferreira). – Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro. Ed. Galaxia (Mónica Góñez). – «Autor caprichoso», El imitador de voces, de Thomas Bernhard, Alfaguara (David Rodríguez). – Selección de poemas de María Lado e Helena de Carlos (Lara Domínguez Araújo). – «O bambán», de David Rodríguez, I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, Ed. Xerais (Xosé Manuel Moo e Félix Rodríguez). – Crónica xornalística de Wenceslao Fernández Flórez (Eli Suárez Amarelo). – As benévolas, de Jonathan Littell, RBA (Xosé Lois Vilar). – «Alén da chaga», Mil cretinos, de Quim Monzó, Ed. Xerais (Emilio García Crego). – Ser ou non, de Xurxo Borrazás, Ed. Galaxia (Marga Cachaza). – As flores do mal, Charles Baudelaire, Ed. Galaxia (Gonzalo Navaza). – «Sós», De catro a catro e outros textos, de Manuel Antonio, Ed. Xerais (Pauliño del Río). – O lago das garzas azuis, de Alfonso Pexegueiro, Ed. Xerais (María Xesús Garrido). – De catro a catro e outros textos, de Manuel Antonio. Ed. Xerais (Sunsa Fernández Rei). – Xente de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro, Ed. Galaxia (Fátima Rodríguez Areal, concelleira de Cultura do Concello de Gondomar). Xoves 23 de abril de 2009 Praza de Abastos de Gondomar
—7—
© Publicacións Espazo Lectura, 2010 © Espazo Lectura, Val Miñor, Galicia Licenza Creative Commons Esta obra réxese por unha licenza Creative Commons, a cal permite a súa copia, distribución e comunicación pública, así como as obras derivadas, mentres se manteña a autoría orixinal e non sexa con fins comerciais. As obras derivadas desta deben ser distribuídas baixo esta mesma licenza.
espazolectura@espazolectura.com http://www.espazolectura.org