LECTURAS DA GRAMPA 5 (Lendo en Familia)

Page 1

Lendo en Familia

L E C T U R A S DA G R A M PA 5

GuĂ­a de orientaciĂłns, consellos e recomendaciĂłns para as familias



Todo neno ten dereito a medrar acompañado das aventuras dos Tres Porquiños, dos Tres Osos, daquel cabalo que era tan bonito... e do inmortal «había unha vez», fórmula máxica que abre as portas da imaxinación na ruta cara aos soños máis fermosos da infancia. Fragmento do Decálogo dos dereitos dos nenos a escoitar contos, elaborado pola Asociación Colombiana do Libro Infantil



PRESENTACIÓN Espazo Lectura preséntavos esta pequena guía que pretende ser un complemento que favoreza a reflexión sobre o papel das familias no fomento da lectura e na creación de hábitos lectores. Nela ofrecemos algunhas recomendacións e consellos sobre como asumir desde a casa o necesario labor que as nais e pais temos que facer neste ámbito, co obxectivo de que sexa unha tarefa que se asuma sen dificultades e con ilusión. Unha boa parte dos problemas de fracaso escolar ten a súa base nunha deficiente formación lectora. Facer un esforzo por fortalecer o contacto dos nosos fillos e fillas desde ben pequenos cos libros e, en xeral, cos textos escritos é un investimento educativo importantísimo, xa que, ademais de ofrecerlles unha actividade de lecer máis, estará sentando as bases que lles permitirán no futuro ler e comprender con aproveitamento os diferentes tipos de textos que o seu desenvolvemento académico lles vaia poñendo diante. Desde Espazo Lectura somos conscientes de que hai moito escrito sobre este tema e esta guía non vai descubrir nada novo que non se dixese xa. Pretende, iso si, facer un resumo claro e sinxelo daquelas cousas que nos poden axudar a achegar a lectura con aproveitamento aos nosos nenos e nenas. Pretende tamén dar resposta a moitas dúbidas e cuestións que as nais e pais nos presentan con frecuencia nas actividades que Espazo Lectura organiza. Agardamos que vos sexa de utilidade.

—5—


Queremos desde aquí agradecer o traballo das bibliotecas escolares dos centros de ensino da zona, que elaboran guías de recomendacións e orientaciónss para as familias. Tamén queremos recoñecer e recomendar os cadernos da serie «Sete cuestións sobre a lectura», elaborados polo colectivo Acatrotintas e editados pola Consellería de Educación dentro da campaña de fomento da lectura Hora de ler, baixo o lema «Contamos moito». A todos eles lles debemos moitas das reflexións que atoparedes nestas páxinas. Grazas. Espazo Lectura, xuño de 2010

—6—


ALGUNHAS ORIENTACIÓNS, CONSELLOS E RECOMENDACIÓNS 1

importante poñer os nenos e nenas en contacto co libro como obxecto desde bebés. Hai libros de tea, de madeira, de baño ou de cartón duro que lles podemos ofrecer para que os manexen e se familiaricen con eles. Tamén podemos afacelos a ver e ir pasando páxinas de libros de imaxes que, co soporte da nosa voz e das nosas mans, lles vaian ofrecendo vocabulario e sons novos. Non debemos agardar a que cheguen á escola para que ese contacto co libro se faga efectivo nin descargar na escola toda a responsabilidade no ámbito do fomento da lectura: as familias poden e deben iniciar ese camiño, e logo, unha vez que chega a escolarización, apoiar desde a casa o labor de asentamento do hábito lector.

É

2

os primeiros meses de vida (e tamén despois) podemos tirarlle moito partido á rica tradición oral galega: cantigas, rimas, adiviñas, refráns, ditos, xogos de repetición... Son elementos que nos poden axudar a traballar aspectos como o ritmo ou a memorización. Se non lembrades os da vosa infancia, sempre podedes botar man da xente maior ou da boa cantidade de publicacións deste tipo que existen no mercado.

N

—7—


3

ébese procurar que as propostas de lectura que lles imos ofrecendo sexan axeitadas á súa idade e á súa evolución, de xeito que comecemos por libros nos que predomine a imaxe para ir logo avanzando cara ao álbum ilustrado e outros libros nos que o texto vaia gañando espazo.

D

4

ébese procurar que as ilustracións sexan variadas e novidosas (debuxo, plastilina, teas, fotografías, collages, etc.), para ir ofrecéndolles modelos diferentes que contribúan a ir formando tamén a súa educación plástica e permitindo que cada neno atope a liña de expresión máis axeitada para a súa experiencia. Débese evitar, polo tanto, ofrecerlles sempre libros que presenten ilustracións repetitivas: a variedade enriquece. Tamén é importante que lles ofrezamos diferentes tipos de texto, tanto en prosa coma en verso, cun vocabulario rico e variado.

D

5

ebemos ter en conta que para os nenos e nenas os adultos somos modelos de comportamento e eles senten a necesidade de imitarnos. É bo que nos vexan ler, que nos esforcemos en mostrarlles que ese hábito que intentamos inculcarlles forma parte tamén da nosa vida cotiá. Se vós non tedes costume de ler, agora será un bo momento para comezar, para achegarse á lectura e crear momentos de silencio e lecturas compartidas. É un bo momento tamén para ir ás bibliotecas, ás librerías, ás sesións de contacontos, nun proceso de aprendizaxe compartida que pode ser moi gratificante tamén para os adultos.

D

—8—


6

s tempos de lectura que vaiades establecendo na casa deben ser momentos agradables e relaxados, para gozar e centrar a atención no que estamos facendo. Debemos buscar un lugar agradable, acolledor, cómodo, con silencio e boa luz e poñer toda a atención nese instante de lectura compartida cos nosos fillos e fillas, deixando de lado outras ocupacións. É mellor dedicarlle menos tempo, pero que sexa relaxado e agradable e que non perciban que temos présa, que estamos desexando acabar ou que estamos pensando noutra cousa. Non é preciso ter grandes coñecementos nin ser un experto contador de historias: só fai falta poñer cariño, tenrura e ganas de pasar un bo momento con eles.

O

7

a etapa de formación lectora, a lectura vai inevitablemente asociada á escrita e á creación: debemos estimular que os nenos e nenas nos conten as súas cousas, facendo un esforzo por escoitar con atención e interese e animándoos a que escriban as súas historias.

N

8

índa que normalmente nas actividades de dinamización que fai Espazo Lectura traballamos con textos literarios e, nalgunhas ocasións, con libros informativos, é importante que na casa lles ofrezades aos nenos e nenas, a medida que van medrando, a oportunidade de ler e comentar todo tipo de textos: o xornal, unha receita de cociña, o

A

—9—


manual de instrucións dun aparello, un folleto publicitario, a lista da compra, etc. É necesario que vexan a lectura como unha ferramenta útil para entender o mundo, polo que debemos prestar atención a esa dimensión máis xeral que os debe levar a experimentar textos variados da vida cotiá, non só os de ficción: deixade que sexan eles os que lean os avisos que atopamos en taboleiros e paredes, as notas que lles mandan da escola ou das actividades nas que participan, que lean as marcas e os rótulos dos produtos no supermercado, a publicidade, os carteis pola rúa; que sexan eles os que lean e enchan os impresos de matrícula do instituto, por exemplo. Se todo llelo ledes vós, gañaredes tempo pero eles perderán oportunidades de consolidar a súa competencia lectora. 9

on é o mesmo saber ler que ter hábito lector. Por iso é importante seguir acompañando o neno ou a nena nas súas lecturas mesmo cando, chegados aproximadamente os 7 ou 8 anos, xa nos parece que «sabe ler» só. Podemos deixarlle de ler nós como norma e buscar outras fórmulas: que nos lea el a nós, ler por quendas (unha páxina ou un capítulo cada un), deixalo ler só pero logo ler nós o mesmo libro para poder comentalo con el, etc. Debemos interesarnos polo que len os nosos fillos cando xa len sós, pedirlles que nos conten de que trata o libro, se lles gusta ou non, se nos prestan ou recomendan o libro para lelo nós, etc. Ese hábito de intercambiar e compartir lecturas pode crear unha relación de complicidade moi gratificante. Ler, aínda que co tempo se pode acabar convertendo nun pracer, supón un esforzo importante e require un proceso de aprendizaxe e adestramento no que non debemos deixalos sós. Se logo de lerlles nós historias marabillosas que entraban soas a través da nosa voz, acompañadas de abundantes imaxes que axudaban a comprender o texto, de repente os deixamos sós diante dun texto longo e sen imaxes, pode chegar o aburrimento, a desesperación e, finalmente, o rexeitamento.

N

— 10 —


10

on podemos esquecer que nestes momentos estamos a asistir á introdución das novas tecnoloxías nas nosas vidas, polo que non deberiamos dar as costas a este fenómeno. O soporte dixital ofrécenos grandes posibilidades, a nivel informativo e como fonte de pracer, e o papel dos pais e nais no achegamento ás novas tecnoloxías é fundamental tanto para a necesaria selección e supervisión de contidos a través de Internet como para marcar as regras que deben rexer á hora de acceder a eses contidos. Debedes buscar algún momento para consultar algunha páxina web que se recomende na escola ou para entrar no blog do colexio, se o ten, para ler algún conto en soporte electrónico, e así ir educando os nenos e nenas no coidado á hora de buscar información en internet. Así aprenderán que non hai que crelo todo, que hai que fixarse en quen escribe, que hai que contrastar con outras fontes e, en definitiva, que hai que valorar o que se le.

N

Non debemos fiarnos desa frase que se escoita ás veces de que o importante é que lean, sexa o que sexa. É certo que, chegado un momento, son eles os que escollen as súas lecturas e non sempre aceptan as nosas recomendacións, pero polo camiño debemos facer un esforzo por educar o seu gusto e ofrecerlles libros variados e de calidade, como alternativa a outros modelos dominantes. Nese sentido é importante que busquedes asesoramento e apoio: bibliotecas escolares e municipais, profesorado, librerías, revistas e suplementos dos xornais, etc.

— 11 —


© Publicacións Espazo Lectura, 2010 © Espazo Lectura, Val Miñor, Galicia Fotografías: Manuel G. Vicente Licenza Creative Commons

Esta obra réxese por unha licenza Creative Commons, a cal permite a súa copia, distribución e comunicación pública, así como as obras derivadas, mentres se manteña a autoría orixinal e non sexa con fins comerciais. As obras derivadas desta deben ser distribuídas baixo esta mesma licenza.

espazolectura@espazolectura.com http://www.espazolectura.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.