A ARTE GREGA
As características xerais da arte grega son as seguintes: Antropocentrismo; ten como punto de referencia ó home. Harmonía e beleza Subordinación ós intereses da polis Relixiosidade Búsqueda da proporción e a medida. Desprezo á monumentalidade. A ARTE MINOICA 1. En arquitectura destaca a construción de grandes pazos, de estrutura moi intrincada. Conservamos restos dos pazos de Cnosos, Festos e Haxia Tríada. 2. Na pintura teñen importancia os frescos caracterizados polas figuras estilizadas e a viveza das cores. (A taurocatapsia, O príncipe dos lirios). 3. Na escultura creáronse unha serie de figuras de sacerdotisas ou deusas que simbolizaban a fertilidade. A ARTE MICÉNICA 1. Presenta creacións artísticas propias dunha sociedade guerreira; construción de fortalezas provistas de grandes murallas (muros ciclópeos). 2. O mégaron, unha sala rectangular con columnas, precedidas dunha antecámara e un pórtico, era a parte principal destas fortalezas. 3. Nesta civilización destacan tamén as tumbas de corredor, a máis representativa das cales é a de Agamenón, tamén chamada Tesouro de Atreo. 4. En escultura destaca o monumental relevo da Porta dos Leóns, importante manifestación arquitectónica desta civilización. A ARQUITECTURA GREGA 1. O edificio máis representativo da arquitectura grega é o templo. Poden distinguirse tres ordes ou estilos arquitectónicos: dórico, xónico e corintio. 2. Dórico: columna con fuste estriado, non hai basa, capitel formado por collarino, equino e ábaco, arquitrabe liso, friso con triglifos e metopas. Ex: Partenón, Tesouro dos atenienses (Delfos), Templo de Posidón (Paestum), Hefesteion e o templo de Zeus en Olimpia.. 3. Xónico: proporcións máis esveltas, columna estriada con basa, capitel con dúas volutas e ábaco moi fino. Ex: Atenea Niké e Erecteion. 4. Corintio: é o máis tardío, caracterízase fundamentalmente polo seu capitel formado por dobre fila de follas de acanto e tallos que xorden entre as mesmas. Ex: Linterna de Lisícrates, o de Zeus Olímpico en Atenas e o Olimpeion de Atenas. 5. Outras construcións características da arquitectura grega son os teatros, os estadios e, xa en época helenística, as construcións monumentais. 6. Entre os teatros máis representativos atopamos o teatro de Epidauro, o de Priene e o teatro de Éfeso. As partes que definen ó teatro son as seguintes: o gradarío, construído aproveitando a inclinación dunha colina, a orquestra, de forma circular e na que se colocaba o coro, e escena.
1
7. Nos estadios celebrábanse probas atléticas e de combate, a pista era estreita e longa e construíanse usando dúas pendentes naturais para ubicar alí o gradarío. Os mellor conservados son o estadio de Olimpia, o de Delfos e o estadio de Afrodisias. 8. Entre as construcións monumentais máis importantes destacamos o altar de Zeus en Pérgamo e o Mausoleo de Halicarnaso. Son de época helenística. A ESCULTURA GREGA PERIODO ARCAICO (s. VII a inicios do V a. C) 1. Influencia exipcia e sorriso arcaico. 2. Represéntanse homes espidos (kuroi) e doncelas vestidas (korai). 3. Os vestidos das korai están cheos de pregos. 4. Estatismo e frontalidade, non hai sensación de mobilidade. 5. Obras: Kuros de Sunion, Moscóforo, Auriga de Delfos, Dama de Auxerre. PERIODO CLÁSICO (s. V e IV a. C) 1. Busca dun canon de beleza. 2. Idealización da figura humana. 3. Busca a sensación de mobilidade. 4. Autores e obras: • O discóbolo de Mirón • Fidias e as súas esculturas do Partenón • Policleto, autor do Doríforo e o Diadúmenos • Lisipo, Apoxiomenos • Praxíteles, Venus de Cnido e o Apolo Sauróctonos PERIODO HELENÍSTICO (finais do século IV a. C) 1. Retratos de personaxes históricos e mitolóxicos. 2. Dramatismo e realismo na súa expresión. 3. Relevos con escenas mitolóxicas. 4. Obras: Laocoonte os seus fillos, Galo moribundo, Vitoria de Samotracia e a Venus de Milo.
2