EDUCACIÓN

Page 1

1

A educación •

Nos primeiros anos da súa vida o neno estaba baixo a influencia da súa nai, que soía ensinalo a ler. “Antigamente o neno nacido dunha esposa honrada era educado pola súa nai, cuxa principal ocupación era gardar a casa e servir aos seus fillos. Ante estes non se podía pronunciar unha palabra malsonante nin facer un xesto que parecera torpe”. TÁCITO, Diálogos, 28

A partir dos sete anos, o neno, pese a non ser separado da súa nai, empeza a ser tutelado polo pai, que o leva con el ao campo, ao foro, aos convites. A educación familiar caracterízase por inculcar o respecto e a admiración cara os anciáns. “Cando xa empezou a ter algunha comprensión, el mesmo se dedicou a ensinarlle as primeiras letras, pese a ter un escravo, pois non quería que a seu fillo lle tirase das orellas un escravo, se é que o seu fillo era torpe, nin quería ter que agradecer a un escravo semellante ensinanza. Así, el mesmo lle ensinaba as letras, dáballe a coñecer as leis, exercitábao na ximnasia, mostráballe cómo goberbar un cabalo...” PLUTARCO, Catón o Maior, 20.

Na casa o neno recibe o fundamento da súa educación. A ensinanza que o neno recibe fóra da casa serve para perfeccionar a que se adquire no seo familiar.

Deste plantexamento pedagóxico derívanse dous aspectos: 1. O pobo romano entregárase menos á literatura e á arte que o grego; a educación romana pretende crear homes que se desenvolvan axilmente na vida. 2. A importancia do papel da nai na educación do fillo.

Ao longo do tempo a situación educativa foi cambiando; se nos cinguimos á época clásica, podemos sinalar a existencia de tres etapas educativas: 1. A ensinanza primaria: traballábase a lectura e a escritura, e ensinábase ao neno a contar. Ocupa ao estudante de ambos sexos dos sete aos doce anos, imparte as clases o litterator ou ludi magister. A partir de fins do século III a.C, o mestre recibiu un soldo polo seu traballo, aínda que a lei romana nunca recoñeceu este salario. Ao final desta etapa escolar os nenos lían e escribían correctamente e con sentido textos de prosistas e poetas, sabían as catro regras, coñecían de memoria o texto das Leis das Doce Táboas e xa adquiriran unha serie de máximas morales e prácticas para a vida. 2. A ensinanza secundaria: non era seguida por tódolos nenos. Os estudos eran xa un tanto especializados e a eles asistían casi exclusivamente os membros das familias de clase alta. Esta etapa abarcaba até os dezaseis anos. O mestre recibía o nome de grammaticus, a clase consistía na explicación e o comentario de autores gregos (lidos en grego ou traducidos) e latinos. A partir do comentario de texto ensinábase aos nenos xeografía, mitoloxía, métrica, física, gramática...


3. A ensinanza superior: tiña como encargado ao mestre de retórica (rethor). Adoitábase acceder a esta etapa da educación a partir dos dezaseis anos, pero o cambio estaba máis en función da formación do rapaz que da súa idade. •

Os nenos escribían en taboíñas cubertas de cera, nas que se escribía cun punzón. A parte aguda dos punzóns servía para escribir e a plana para borrar o escrito. Tamén se podía escribir sobre papiro ou pergamiño, para o cal era necesaria unha pluma que se mollaba en tinta. “ Pola mañá levántome ao raiar o alba, chamo ao escravo e ordénolle que abra a ventá... Levántome, séntome no borde da cama e pídolle os calcetíns e os zapatos porque fai frío... Unha vez calzado, tomo unha toalla. Traen auga para lavarme nunha palangana. Lávome ben a cara, as mans, a boca; límpome os dentes e as encías, escupo, sónome as narices e sécome. Quítome a camisa de durmir, póñome unha túnica e cíngome o cinto. Perfúmome a cabeza e peinome. Saio da miña habitación co meu pedagogo e a miña nodriza. Saúdo ao meu pai e á miña nai. Busco o meu material para escribir e doullo ao escravo. Todo está preparado e póñome en camiño... Sáenme ao paso os amigos; saúdoos e saúdanme... Deixo o abrigo no vestíbulo, peinome, entro e digo ao mestre “Bos días”. El saúdame. O escravo entrégame o material de escribir... Este é o meu sitio, collino antes ca tí... Séntome e póñome a traballar. Xa teño aprendida a lección. Pídolle ao mestre que me deixe ir a almorzar á casa, cámbiome de roupa e como pan branco, queixo, figos secos e noces, e bebo auga. Volvo á escola...” Corpus de Glosas Latinas, III, 379, 74 y s.

O vestido 1. O vestido romano por excelencia é a toga; nun principio, vestíana tanto os homes como as mulleres, aínda que máis tarde pasou a ser utilizada só polos homes. 2. A toga consistía nun semicírculo de tela, grosa no inverno e fina no verán. Moi complicada de poñer e que deixaba o brazo dereito libre. A toga non a vestían nin os escravos nin os plebeos. 3. Baixo a toga, e cun longo até as rodillas, levaban a túnica que cinguían cun cinturón e adornaban cunha banda. 4. A muller vestía, xeralmente, unha túnica que lle chegaba até os pés. A túnica soía estar confeccionada de lá, algodón ou liño, dependendo da época do ano. Sobre a túnica levaban a estola (latín: stola), o vestido propiamente dito. Cando a muller saía da casa, cubríase cun manto (latín: palla), que lles deixaba o brazo dereito ao descuberto. As mulleres soían usar abanico.

A comida Xeralmente, realizaban un almorzo lixeiro a base de pan mollado en aceite ou viño, mel e algo de queixo. A comida era lixeira. Ao igual que entre os gregos, a comida principal era a cea. Nas épocas de austeridade en Roma comíanse os produtos da terra; cereais, legumes, hortalizas, leite de cabra e de ovella e ovos.

1


Co tempo introducíronse novos costumes, á vez que se acentuaron as diferenzas entre os ricos e os pobres. Os pobres seguiron consumindo os produtos que xa mencionamos, pero os máis ricos comían manxares exquisitos á vez que exóticos.

Os banquetes • • • • •

Trátase dun acto social de grande relevancia; son ceas con convidados que se prolongaban ata altas horas da noite. Durante o Imperio acostumaban celebrarse nun comedor, chamado triclinio; comían recostados sobre leitos dispostos arredor dunha mesa. Unha vez acomodados os comensais, os escravos ofrecíanlles auga para que se lavasen as mans. Trala cea tiña lugar a sobremesa, na que alternaban os xogos, os discursos, o viño, a danza... O banquete constaba de tres partes: 1. Aperitivo: entrantes acompañados con mulsum (mestura de viño e mel). 2. Cea: pratos de peixes e carnes, aliñados con herbas e canela e tamén pan. 3. Sobremesa: pasteis, froitas, xeados e viños.

Menú Aquí tes o menú dunha cea romana: •

Primeiro plato: acelgas cocidas Ingredientes: un manojo de acelgas, sal, aceite, vinagre e mostaza. Modo de preparación: prepáranse as acelgas e cócense. Sérvense con aceite, vinagre e mostaza.

Segundo plato: polo de Heliogábalo Ingredientes: un polo, aceite, un vaso grande de viño, dous puerros, un pouco de coriandro e de ajedrea, pementa, uns 50 g de piñóns, leite e tres claras de ovo batidas. Modo de preparación: pónse aceite na cazuela e, cando esté quente, engádese o polo sazonado, troceado e limpo, até que se dore. Cando esté dourado engadiranse os dous puerros picados, o coriandro e a ajedrea. Pasados uns minutos, engadirase un vaso de viño tinto. Mentres tanto, prepararase a salsa. Nun morteiro machacaranse os grans de pementa e os piñóns, engadiranse dúas cucharadas do líquido da cocción do polo e amalgamarase con leite. Despois cúbrese o polo coa salsa e ponse a ferver. Todo esto lígase coas tres claras de ovo a punto de neve. O polo sérvese nunha bandexa, cuberto polo salsa, que se chama salsa branca. NOTA: en lugar de claras a punto de neve, podes engadir dous ovos duros, moi finamente picados.

Postre: tortilla de leite Ingredientes: catro ovos, un cuarto de litro de leite, un pouco de aceite, mel e pementa. Modo de preparación: bate os catro ovos, e incorpóralles o cuarto de litro de leite e un pouco de aceite. Traballa a mezcla até que quede amalgamada. Pón nunha sartén pequena unha gota de aceite e, cando esté quente, bota o preparado. Cando esté cocido e dourado lixeiramente por unha parte, dálle a

1


volta. Cando a tortilla esté cuaxada, úntaa con mel e sérvea (os romanos tamén lle engadían pementa espolvoreada).

Cuestións 1. Compara as actividades deste neno romano coas que tí ou os teus compañeiros realizades cada día. 2. Compara as etapas educativas en Roma co noso sistema educativo. ¿Que diferenzas e semellanzas existen?. ¿Que aspectos do sistema romano che parecen máis importantes. 3. ¿Quen viste hoxe a toga? Compara a situación romana coa actual. 4. ¿Cantas comidas facían os romanos? 5. ¿Cal era a súa comida habitual? Compáraa coa túa dieta. 6. ¿Comían o mesmo os romanos ricos que os pobres? 7. ¿Que era para os gregos un simposio? ¿Que é agora? 8. ¿Que era un triclinio?. ¿Cal era a comida principal en Roma?.

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.