A lenda de eneas

Page 1

A LENDA DE ENEAS As orixes míticas de Roma arrancan coa lenda do heroe troiano Eneas, inmortalizada na Eneida polo poeta romano Virxilio. Eneas era fillo da deusa Venus e do troiano Anquises e estaba casado con Creúsa, unha das fillas de Príamo, de quen ti ña un fillo, Ascanio ou Xulo. Eneas destacou nos combates en torno a Troia pero foi protexido polos deuses, especialmente a súa nai, para que non sucumbira alí, pois estáballe reservado un destino glorioso. “Entón o adivino Calcante gritou moi forte para deter ao exército: “Deixade de arroxar sobre a cabeza do valente Eneas os dardos que provocan xemidos e as mortíferas lanzas, pois está decretado pola gloriosa vontade dos deuses que, tras chegar desde o Xanto ao Tíber de ancha corrente, funde unha cidade sagrada e admirada polas xeracións vindeiras e goberne el mesmo a homes de diferentes tribos e a súa estirpe reinará despois, desde o Oriente até o lugar onde se pon a infatigable aurora. E vontade que viva entre os mortais, porque é fillo de Afrodita de f ermosos bucles”.

QUIN TO DE ESMIRNA, Posthoméricas, XII, 300 y s.

CUESTIÓNS Recorda o nome dos pais de Eneas. Di como se chamaba a esposa de Eneas e de quen era filla. Cal era segundo Calcante o destino de Eneas? Cres que o vaticinio de Calcante anuncia a gr andeza de Rom a e do seu Imperio? Con que outro nome se coñe ce á raíña Dido? Quen eran as sibilas?. Busca o significado do adxe ctivo “sibilino” .

A LENDA DE RÓMULO E REMO Á morte de Eneas o seu fillo Xulo funda unha nova cidade, Alba Longa, e traslada alí a capital do reino. Sucédenlle unha serie de reis até chegar a Numitor, fillo de Procas, que foi destronado polo seu irmán Amulio. O usurpador ordenou matar aos fillos varóns do seu irmán, e á súa única filla, Rea Silvia, converteuna en vestal, para que non puidera ter fillos. O deus Marte uniuse a ela e Rea Silvia deu a luz aos dous xemelgos, Rómulo e Remo. “Amulio encarcela a Rea Silvia e manda que os nenos sexan arroxados á corrente do río Tíber (...). Conta a tradición que unha loba sedenta procedent e dos montes cercanos dirixiu os seus pasos ao lugar de onde viña o choro dos nenos. A loba, agochándose, ofreceulle as súas ubres aos nenos con tanta tenrura que o maioral do rei (din que se chamaba Fáustulo) encontrouna lamendo aos nenos coa lingua; el levounos aos establos e confiounos á súa esposa Laurencia para crialos. 1


Así nacidos e criados, tan pronto como creceron en idade, (...) recorrían os montes cazando. Ao adquirir forza nos seus corpos e espíritus, facían fronte non só ás feras, senón que atac aban aos ladróns cargados de botín, repartían o roubado entre os pastores y, aumentando cada día o grupo de xoves, frecuentaban con eles as súas tarefas e placeres”.

TITO LIVIO, Los orígenes de Roma , I, 4, 3 y s.

CUESTIÓNS Realiza un esquema coa xenealoxía de Rómulo e Remo. ¿Con que deuses estaban emparentados?. De que heroe troiano eran descendentes? Narra brevemente o nacemento e infancia e Rómulo e Remo.

2


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.