BiblioContorna BOLETÍN ANUAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA CONTORNA DE AMES CURSO 2016/2017
NÚMERO 1
Este é o 1º número do Boletín anual das Bibliotecas da contorna que responde ao labor de dinamización realizado polos centros públicos de Ames co obxectivo de afondar no coñecemento do próximo, do local: actividades económicas, arquitectura, manifestacións artísticas e literarias. A lectora, o lector que se aproxime a esta publicación atopará un pouco da vida que se vive nas bibliotecas da nosa contorna, anacos da vida escolar: dende actividades de arte, ata conmemoracións históricas; dende contacontos ata obradoiros nos que o protagonista é un autor de literatura. Vivimos un momento único na Historia da Humanidade, non ten comparación.
A aparición da
internet e a proliferación de aparellos electrónicos permanentemente conectados a esa rede danos a impresión de levar o mundo no peto. Ninguén vai negar todo o que nos ofrecen esas pantallas, todo o que nos ofrece a rede. Son fonte de coñecemento, de diversión, son unha ventá que nos acerca o mundo. Pero, ás veces, esquecemos a realidade inmediata que nos rodea, na que vivimos, na que nos movemos, a que podemos tocar, a que podemos ulir, da que podemos gozar. É a nosa contorna, é o local. E non hai nada máis universal que o local.
Páxina 2
BiblioContorna
AS BIBLIOTECAS DE AMES. Dende hai varios cursos, as bibliotecas dos centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Ames decidiron colaborar entre elas a través de varias reunións trimestrais co obxectivo de coñecer o traballo (proxectos, metodoloxías, actividades…) desenvolto. As reunións foron rotando por todos os centros educativos para así, coñecer in situ a organización de cada Biblioteca Escolar.
Leváronse a cabo varias publicacións conxuntas como as edicións de guías de suxestións de lecturas de Nadal e verán. Este curso, ademais de publicar as guías de lectura, editamos de xeito conxunto un número especial que recolle algunas actividade salientables entre as levadas a acabo ao longo deste curso escolar. E, por suposto, trataremos de ir recollendo, nos próximos números, todas aquelas suxerencias, ideas ou iniciativas que nos fagades chegar, sempre na procura dun mellor aproveitamento das nosas Bibliotecas ...
Número 1 . Curso 2016-2017
Páxina 3
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA “CARLOS NIETO”. IES DE AMES BIBLIOTECA TERRITORIO DAS ARTES. XENTE DA CULTURA E DAS ARTES O alumnado de 4º ESO, coordinados pola profesora Renata Otero do Departamento de Plástica, construíron figuras xeométricas para darlle vida a escritores, músicos, actores, científicos,.... convertendo estes traballos nunha exposición permanente na biblioteca.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA O 8 de marzo celebrouse o "Día Internacional da Muller Traballadora" cunha exposición de libros e películas e unha charla de Filomena Fraga de noventa anos, autora do libro A Cancela. Filomena, do Concello de Ames, di de si mesma: "Non son escritora, nin son poeta, só son unha vella de aldea que escribiu un libro". Proxectouse a película sobre a súa vida titulada Señora de, dirixida por Patricia Ferreira.
RE-CREANDO A HISTORIA O alumnado de 2º ESO, guiados pola profesora Sabela Cobas do Departamento de Xeografía e Historia, pasaron a ser personaxes das letras, as ciencias, a historia, … a través da fotografía e de lembranzas biográficas.
BiblioContorna
Páxina 4
O TERRITORIO DAS ARTES.
IES DO MILLADOIRO
O IES do Milladoiro intentou promover diferentes usos da biblioteca, facendo desta un lugar versátil para lecturas de diferente tipo e en diversas situacións, lugar de reunión de clubs, preparación de actividades, exposicións artísticas, etc. Foi, ademais un lugar de encontro para escoitar música, asistir a representacións teatrais, ver películas ou documentais, exposicións artísticas, etc. Aplicamos o lema escollido para este curso pola Asesoría de Bibliotecas: “Bibliotecas Escolares: Territorio das Artes”. Debuxo, Pintura, Música, Cine ou Teatro conviviron ao longo de todo o curso coa Literatura.
MÚSICA. 24 de outubro, Día das Bibliotecas. Actuacións musicais dentro da biblioteca, mesa de préstamo na entrada do instituto, entrega de diplomas aos axudantes de bibliotecas do pasado curso, taller de papiroflexia, exposición de obras artísticas do alumnado de Plástica.
DÍA DE ROSALÍA. Actuacións musicais, decoración escaleiras con versos rosalianos, recital de poemas, tarxeta agasallo na cafetería Café Converso coa faciana de Rosalía, utilización de recursos dixitais, etc.
TEATRO. Samaín. Lectura de contos de medo en galego e de relatos compostos polo alumnado. Representación teatral de terror. Actuación musical. Exposición de relatos de terror. Ambientación dos corredores, da
Biblioteca e das entradas das aulas. Tendal literatura de terror no espazo exterior da biblioteca. Charla explicativa sobre exposición da Historia da Literatura fantástica a cargo da editorial Urco.
CINE. 8 de marzo Día da muller traballadora. Proxección de Las sin sombrero, exposicións en varios idiomas fóra e dentro da biblioteca, charlas, elaboración de traballos de investigación sobre a fenda salarial, etc.
Número 1 . Curso 2016-2017
EDUCARTE!
Páxina 5
CEIP AGRO DO MUÍÑO
O equipo da Biblioteca Escolar do CEIP Agro do Muíño propuxo traballar a arte como eixo central do proxecto a desenvolver durante o curso e que
leva por nome EDUCARTE. Para darllo a coñecer á Comunidade Educativa o alumnado elaborou un mural que se situou no corredor principal do Centro. Previamente, nas aulas, fixeron un exercicio de reflexión sobre o que para eles significaba a arte. Nalgunhas, víronse vídeos e outras presentacións multimedia para motivalos. O alumnado tivo que pensar en palabras que explicaran o que era a arte para eles/as . Cada aula votou a palabra que lle parecía máis representativa para a definición de arte. Con todas as palabras elaboramos un encrucillado da arte. Finalmente realizaron unhas representacións plásticas en colaboración co equipo de Voz Natura, e como neste curso traballaron a sustentabilidade fixeron representacións artísticas con materiais de refugallo.
BiblioContorna
Páxina 6
BIBLIOBAROUTA. Os libros merecen
CEIP DE BAROUTA
máis celebración que un só día, así na BiblioBarouta tivemos: contacontos diarios,
visitas de autores, xogos de busca e un posto para que as familias puidesen ver algunas recomendacións e novidades das que dispoñemos. Visitas de DAVID PÉREZ IGLESIAS (Todo o tempo do mundo)
e PEPE TOBARUELA (Formig4s)
Contacontos por parte do alumnado voluntario durante dúas semanas
As escaleiras que van ata a BiblioBarouta apareceron decoradas con imaxes dos personaxes de contos máis coñecidos. O alumnado pasou un rato agradable buscando o nome de todos e todas e dos autores e autoras dos libros onde aparecen. Asemade, toda a comunidade educativa puido botar un ollo a algunas das novidades de diferentes xéneros neste tenderete de feria. Non podían faltar diferentes exemplares de Don Quijote de la Mancha.
DÍA DO LIBRO 23 de abril (e moitos días máis). Boas lecturas!
Número 1 . Curso 2016-2017
CONTOS NA LAREIRA. Hai xa varios
Páxina 7
CEP DE VENTÍN
anos que dende a Biblioteca do CEP de Ventín invitamos á nosa rapazada a que se
acheguen á biblioteca durante os recreos para contarnos contos, recitarnos poesías, lernos eses libros que máis lles gustan ou presentarnos ese traballo que quedou “chulísimo”.
Esta actividade non está limitada ao alumnado; a invitación faise extensiva ás familias, ao profesorado e demais membros da Comunidade Educativa...e hai que dicir que temos lista de espera. Este curso quixemos darlle un aire novo a este momento tan especial. Para iso fixemos unha lareira, con lume e todo, para quentarnos nas frías xornadas de inverno e contar as nosas historias como se facía hai moito tempo, cando as familias se xuntaban polas noites a carón da lareira… E non podía ser doutro xeito: chamamos a esta actividade “CONTOS NA LAREIRA”.
O noso conserxe Pepe e a nosa compañeira María narrándonos unha historia de paxaros, con eles na súa gaiola
BiblioContorna
Páxina 8
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.
CEIP A MAÍA
O CEIP A Maía dedicoulle este curso o día do libro a Agustín Fernández Paz, escritor que lle dá nome a nosa biblioteca. Para elo fixemos os seguintes traballos:
Retratos de Agustín
Murais da fraga do Eume
Citas (frases) recollidas dos seus libros
Traballos sobre algúns dos seus libros traballados na aula
Número 1 . Curso 2016-2017
Páxina 9
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017.
Con motivo da
EEI MILLADOIRO
celebración do Día das Letras Galegas, este ano
adicado ao escritor Carlos Casares, na escola traballamos a súa obra
A GALIÑA AZUL.
Pouco a pouco foron aparecendo galiñas azuis, grandes, pequenas, regordechas, de trapo, de papel…. Deitadas ou de pé. Coas súas cinco plumas vermellas e os seus ovos de cores.!!
BiblioContorna
Páxina 10
SANTA MARÍA DE BIDUIDO A MEDIADOS DO SÉCULO XVIII. Este traballo foi
realizado na biblioteca do IES do Milladoiro por alumnas de 4º da ESO do curso 2015-
2016. A fonte de información utilizada é o Interrogatorio do Catastro de Ensenada (1), que proporciona una sinxela información sobre a situación de dita parroquia a mediados do século XVIII. Dita parroquia pertence á Xurisdición de Xiro da Rocha, na que o arcebispo de Santiago, como señor xurisdicional, nomea un xuíz e seis escribáns para toda a xurisdición. Ese xuíz, xunto a un mordomo, elixido
anualmente polos veciños, exerce o goberno na freguesía. O interrogatorio tamén informa que a parroquia ten 137 veciños, entendendo por veciño ao conxunto de persoas que viven nunha mesma residencia. Cada veciño equivale a 3,9 ou 4 persoas nesta zona. Outra información importante é a relativa ás actividades económicas que se realizan. A actividade económica máis importante, como é habitual nesa época, é a agricultura. Os principais cultivos son os cereais (millo, cebada, centeo, millo miúdo), ferraña (alimento para o gando) e produtos hortícolas (nabos, coles, cebola e cabaza). A gandaría é moi importante, mencionándose o gando vacún, ovino, porcino,… Tamén indica a existencia de gandaría a medias, na que una persoa é a dona do gando e outra a que o coida, repartíndose a medias os beneficios do gando.
Así mesmo, informa da abundancia de oficios, resaltando que moitos son realizados a tempo parcial, é dicir, uns meses do ano traballa nese oficio e os outros ese artesán é agricultor. Os oficios máis numerosos relaciónanse co sector téxtil (xastres, teceláns) ademais de algún carpinteiros, canteiro, zapateiros. Cítase a existencia de varios muíños e pombares, cinco tabernas. Para rematar coas características económicas de Santa María de Biduido destacar a existencia de un só mestre, que percibe una modesta cantidade de diñeiro (140 reais) en comparación cos ingresos do párroco, que percibe 6.000 reais. (1)pares.mcu.es/catastro
Número 1 . Curso 2016-2017
Páxina 11
AMES A MEDIADOS DO SÉCULO XVIII. O noso traballo
IES DO MILLADOIRO
trata sobre o tema da poboación das parroquias do Concello de Ames a mediados
do século XVIII. A información foi proporcionada polo Interrogatorio do Catastro de Ensenada e pola páxina web do Concello. Poboación do Concello de Ames no Século XVIII
Datos demográficos de mediado do Século XVIII PARROQUIAS
Km2
Veciños - 1753
Densidade (h/Km2 )
Habitantes
Agrón
7,24
122
488
67,4
A Ameixenda
11,09
62
248
22,3
Ames
16,43
267
1068
65
Biduido
5,8
137
548
94,5
Bugallido
8,04
176
704
87,6
Covas
5,86
60
240
40,9
Lens
1,64
49
196
119,5
Ortoño
9,03
180
720
79,7
Piñeiro
6,14
58
232
37,8
Tapia
2,9
33
132
45,5
Trasmonte
6,8
112
448
77,2
Traballo realizado polo alumnado de 4ºESO C do IES do Milladoiro
PARA QUE LEAS, GOCES, AMES ...