Memoria club de lectura 16 17

Page 1

MEMORIA DO CLUB DE LECTURA LEO NO MILLADOIRO 2016/17

DATOS DO CENTRO NOME DO CLUB DE LECTURA NÚMERO DE GRUPOS CALENDARIO DE REUNIÓNS E HORARIO REAL ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS TÍTULOS LIDOS ENDEREZO ELECTRÓNICO DO BLOGUE DO CLUB DE LECTURA COLABORACIÓNS CON OUTROS CLUBS E INSTITUCIÓNS DA CONTORNA MALETA VIAXEIRA DESCRICIÓN DE ROTEIROS MATERIAIS ELABORADOS

1


DATOS DO CENTRO IES do Milladoiro Travesía do Porto, 5-A 15895 Ames Tfno: 881 959 514 Fax: 881 978 766 ies.milladoiro@edu.xunta.es NOME DO CLUB DE LECTURA Leo no Milladoiro NÚMERO DE GRUPOS En principio inscribíronse máis de 60 alumnos, que foron organizados en 9 clubs: 3 grupos de 1º de ESO, 1 grupo de 2º de ESO, 1 grupo de 3º de ESO, 2 grupos de 4º de ESO, 1 grupo de francés en 1º de Bacharelato,1 club de banda deseñada en 2º e 3º de ESO. Este club foi dinamizado por un alumno de 3º de ESO e outro club de 1º de ESO por una alumna de 1º de Bacharelato. Todos estes grupos mantivéronse ata final de curso aínda que non con todos os participantes iniciais, excepto o de 2º de ESO que non tivo continuidade. O profesorado dinamizador dos clubs de lectura foi o seguinte: Sofía Ardariz García, Esther Barroso Millán, Beatriz Castro Díaz (actualización blog clubs), Mª Xosé Fernández Rivas, Paula Fernández Seoane, Mª José García Merino, Marta Gende García e Margarita Rodríguez Ponseti coordinados por un membro do equipo de biblioteca, Rosa López Boullón.

2


Ao final do 1º trimestre xurdiu un novo club entre o profesorado do centro formado por 6 persoas de diferentes departamentos, algúns pertencentes ao equipo de biblioteca e á Dirección. CALENDARIO DE REUNIÓNS E HORARIO REAL

Cada mes celebrábanse dúas ou tres reunións de 20 minutos, durante o período do recreo. O número de sesións variaba en función dos materiais audiovisuais e dixitais que apoiaban as sesións e en función da densidade ou do interese da obra. O club de lectura de 4º ESO contou ademais con dúas sesións celebradas no mediodía dos martes, nas que os alumnos se quedaban a comer coa profesora e logo desenvolvían a sesión dedicada á posta en común da obra, que incluía propostas audiovisuais, ata o comezo das clases. Tivemos tamén reunións informativas en gran grupo ou por grupos durante os recreos ou durante parte dalgunha sesión lectiva, sobre todo, ao inicio das actividades do club de lectura e noutras ocasións para informar aos membros que se ían incorporando ou para propoñer e organizar actividades. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS

3


ACTUACIÓNS PARA DAR A COÑECER O CLUB DE LECTURA

En outubro do curso 2016-17 leváronse a cabo as seguintes actuacións para implicar ao profesorado e ao alumnado na creación de novos clubs de lectura de distintos niveis e tipos: 

Información polas aulas, a través das titorías, correo electrónico ás familias, blogs, etc.

Reunión informativa para explicar o seu funcionamento e organización entre a coordinadora e as profesoras que dinamizaron

as actividades dos clubs de

lectura. 

Presentacións con contidos informativos sobre as lecturas do primeiro trimestre elaboradas por cursos para

a súa publicación no blog do club de lectura:

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/ Aínda que a dinámica de cada club pode variar un pouco, en xeral, arrancaron cunha reunión informativa de cada dinamizadora co seu grupo para explicar o funcionamento, as actividades previstas e as propostas de lecturas. Nas posteriores reunións quincenais comentábanse os capítulos lidos e convocábase ao grupo para unha nova reunión. Todos os clubs participaron en actividades que complementaron as lecturas: proxeccións de películas, visitas a outras bibliotecas, encontro con escritores e con outros centros de ensino, lecturas compartidas en datas importantes, etc. ACTIVIDADES CULTURAIS

LECTURAS COMPARTIDAS CON VENTÍN O venres 7 de abril este alumnado pertencente aos clubs de lectura de 1º de ESO participou nunha saída ao colexio de Ventín organizada por ambas bibliotecas, a do IES do Milladoiro e a do CEIP para levar a cabo unha serie de lecturas dramatizadas dirixidas ao alumnado de 5º de Primaria.Tamén, unhas alumnas de 3º de primaria leron uns poemas para os clubs de 1º de ESO.

4


http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/saida-ventin-clubs-1eso.html De volta, xa no Instituto, participaron nunha entrevista en Radio Ames e foron quen de expresar a súa emoción polo reencontro co antigo profesorado de Ventín e, tamén, de explicar a súa experiencia lectora.

ROTEIRO LITERARIO POLA ILLA DE SAN SIMÓN E ENCONTRO CO CLUB DE LECTURA DO IES DE POIO

No 3º trimestre tivo lugar na illa de San Simón un encontro dos alumnos e alumnas dos nosos clubs de lectura de 3º e 4º ESO co club de lectura do IES de Poio, centrado fundamentalmente en coñecer o primeiro escenario literario das letras galegas e o

5


contexto no que se desenvolve unha parte importante da obra Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz. Compartimos lecturas e un roteiro guiado pola illa de San Simón que nos axudou a indagar, como se fósemos a mesma Sara, e a coñecer de primeira de man o lugar no que transcorre a historia deste mestre republicano. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/a-illa-de-san-simon-e-noite-devoraces.html

6


PROXECCIÓNS

Proxección da película Rebeldes. O martes 29 de marzo a biblioteca acolleu a algúns membros do club de lectura de 1º ESO C para charlar sobre a obra lida, Rebeldes, de S. H. Hinton e preparáronse as lecturas para a visita ao CEIP de Ventín. A continuación, proxectouse a adaptación cinematográfica do libro, do director Francis F. Coppola.

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/04/reunion-del-club-de-lectura-de-1esoc.html ENCONTROS CON AUTORES

Despois das reunións periódicas do club de 4º ESO e, unha vez lido o libro, tiveron lugar os encontros cos escritores lidos no club de 4º ESO. No 1º trimestre foi César Ariza Piñeiro e no 3º trimestre Tomás González Ahola.

7


Encontro co escritor Ariza Piñeiro. Contos de soños e sombras http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/02/club-de-4eso-lectura-de-contos-desonos.html

Encontro con Tomás González Ahola. Da fría e distante estrela polar http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/da-fria-e-distante-estrela-polar-ao.html DESENVOLVEMENTO DAS SESIÓNS DOS CLUBS

Clubs de lectura de 1º de ESO (27 alumnos repartidos en 3 grupos)

8


Formado por 27 alumnos/as repartidos en 3 grupos. Varios clubs leron O sol do pasado, La lección de August, Rebeldes e no 3º trimestre Soy una adolescente…nadie es perfecto. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/04/la-leccion-de-august-clube-de-lectura.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/soy-una-adolescentenadie-es-perfectode.html

9


Unha vez rematados os exames da 2ª avaliación, comezaron as reunións dos clubs para a

lectura de poemas e fragmentos de obras de teatro. Poemas escollidos de

Manuel María, de Gloria Fuertes e fragmentos do Achado do castro de Nuñez Singala e de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares. Fixéronse varios ensaios para facer lecturas dramatizadas no colexio de Ventín.

10


Club de lectura de banda deseñada dinamizado por un alumno de 3º de ESO Ao longo dos dous primeiros trimestres un alumno de 3º de ESO dinamizou un club de Cómic formado por uns 10 alumnos a través de varias reunións durante os recreos na biblioteca (espazo interior e tamén no exterior) e un mércores pola tarde.Prantexouse como un tempo de esparcimento no que un grupo de alumnos de varios niveis desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato,elixiron nunha primeira reunión un cómic entre os propostos polo dinamizador ou por algún dos participantes, e nas reunións posteriores comentaron a lectura, intercambiaron valoracións e descubriron novos “mangakas”, é dicir, novos escritores ou debuxantes de manga. Como actividade complementaria a biblioteca intentou organizar unha saída ao cine Numax para ver unha película de animación xaponesa, pero finalmente non foi posible.O club

reuníuse

cunha

periodicidade quincenal, tanto no interior como no espazo exterior da biblioteca.

Este club fixo una reunión un mércores pola tarde no marco de apertura da biblioteca en horario non lectivo ofrecendo obradoiros e outras actividades. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/club-de-lectura-de-manga-dinamizadopor.html

11


Club de 3º de ESO O club de 3º ESO contou cun total de 11 alumnos/as que participaron dun xeito regular nas sesións que realizabamos prácticamente todos os xoves nos 2º recreos e ás que se sumaba a titora do grupo como lectora invitada. Dúas obras de Agustín Fernández Paz, A neve interminable e Noite de voraces sombras e o poemario Caleidoscopio de Carmen Quinteiro foron as obras que ocuparon as nosas sesións. Lemos tamén poemas de Penúltimas tendencias de Carlos Negro. Un roteiro literario pola illa de San Simón, unha lectura compartida co IES de Poio e a proxección do vídeo Travesía de Carmen Quinteira, no que a autora pon voz aos seus propios poemas, completaron as actividades realizadas ao longo do curso neste club.

Clubs de 4º de ESO Nun principio en 4º de ESO había dous grupos de 9 e de 7 alumnos. A partir do 2º trimestre fíxose un único agrupamento por ausencia dunha profesora.

12


Despois das reunións periódicas do club e, unha vez lido o libro, tivo lugar un encontro co escritor. No 1º trimestre foi César Ariza Piñeiro e no 3º trimestre Tomás González Ahola. (Ver reseñas no blog). Ademais, este club participou, xunto co de 3º de ESO no roteiro literario pola Illa de San Simón.

Club de francés de 1º de Bacharelato O club de lectura de 1º de Bacharelato estivo composto por 10 alumnos. O libro elixido foi Cyrano de Bergerac de Edmond Rostand (una adaptación da obra para alumnado de Francés co nivel B1). Unha vez rematada as reunións proxectouse a película. Club de adultos Ademais das reunións semanais ou quincenais, que se mantiveron con bastante regularidade desde o mes de decembro ata xuño, como actividade complementaria asistimos á conferencia organizada polo Ateneo o luns 12 de xuño sobre o seguinte tema: “Presenza de nazis en Galicia”, que contou coa participación de Xavier Quiroga, autor de Izan o da saca, obra lida no 3º trimestre por este club.

13


TÍTULOS LIDOS 1º de ESO: O sol do pasado, de Jorge Emilio Bóveda; La lección de August, de R.J. Palacio; Rebeldes, de Susan Hinton; Soy una adolescente…nadie es perfecto, de María Menéndez Ponte; poemas de Gloria Fuertes e de Manuel María; fragmentos teatrais de O achado do castro, de Nuñez Singala; As laranxas máis laranxas

de

todas as laranxas, de Carlos Casares. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2016/11/rebeldes-club-de-lectura-de-1eso-c.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/04/la-leccion-de-august-clube-de-lectura.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/soy-una-adolescentenadie-es-perfectode.html 2º

de

ESO:

A

vida

secreta

das

mulleres

planta

de

Ledicia

Costas.

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2016/12/jules-verne-e-vida-secreta-dasmulleres.html 3º de ESO: A neve interminable de Agustín

Fernández Paz; Caleidoscopio de

Carmen Quinteiro e Noite de voraces sombras,de Agustín Fernández Paz. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2016/12/a-neve-interminable-club-de-lectura3eso.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/04/caleidoscopio-de-carmen-quinteiroclub.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/a-illa-de-san-simon-e-noite-devoraces.html 4º de ESO: Contos de soños e sombras, de César Ariza Piñeiro, Da fría

e distante

estrela polar de Tomás González Ahola. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/search/label/CLUB 4º ESO http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2017/06/da-fria-e-distante-estrela-polar-ao.html 1º de Bacharelato: Cyrano de Bergerac de Edmond de Rostand. Club de Cómics:varias lecturas pertencentes aos membros do club. Club de adultos: Instrucións para tomar café, de Nuñez Singala; Laura no deserto, de Riveira Coello; Vestido de novia, De Pierre Lemaître; Izán o da saca, de Xavier

14


Quiroga e A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey, de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. ENDEREZO ELECTRÓNICO DO BLOGUE DO CLUB DE LECTURA http://leomilladoiro.blogspot.com.es/ COLABORACIÓNS CON OUTROS CLUBS E INSTITUCIÓNS DA CONTORNA A través do correo electrónico estivemos en contacto con varios institutos como o IES Antón Losada Diéguez da Estrada para intercambiar exemplares en préstamo dos seguintes títulos: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas e Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz.Tamén, durante as reunións das bibliotecas da contorna tratamos as actividades conxuntas, en particular, entre o noso centro e o CEIP de Ventín.Da colaboración co IES de Poio naceu o roteiro literario da Illa de San Simón que se desenvolveu no 3º trimestre. MALETA VIAXEIRA No 3º trimestre solicitamos a maleta viaxeira de Banda Deseñada que foi utilizada polos aficionados ao cómic entre os que se encontraban algúns membros dos clubs de lectura.

15


DESCRICIÓN DE ROTEIROS No 3º trimestre tivo lugar na illa de San Simón un encontro dos alumnos e alumnas dos nosos clubs de lectura de 3º e 4º ESO co club de lectura do IES de Poio, centrado fundamentalmente en coñecer o primeiro escenario literario das letras galegas e o contexto no que se desenvolve unha parte importante da obra Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz. Compartimos lecturas e un roteiro guiado pola illa de San Simón que nos axudou a indagar, como se fósemos a mesma Sara, e a coñecer de primeira de man o lugar no que transcorre a historia deste mestre republicano. MATERIAIS ELABORADOS Material elaborado para a análise e o debate da obra Rebeldes. Club de 1º ESO REBELDES- SUGESTIONES PARA EL ANÁLISIS Y DEBATE EN EL CLUB DE LECTURA 1.- Ficha técnica: HINTON, S.H: Rebeldes ed. Alfaguara, Madrid, 2004 (52ª edición) 2.- Argumento: la historia narrada. Trataremos de contarla entre todos los miembros del club de lectura, participando ordenadamente. 3.- Estructura. En las novelas o relatos podemos distinguir: Estructura externa: las partes, capítulos, etc. en las que se divide la obra. Debemos fijarnos en si tiene introducción , epílogo, si los capítulos llevan título o no...

16


Estructura interna: toda narración consta de: PLANTEAMIENTO: situación inicial de la que se parte, presentación de los personajes principales y descripción de sus circunstancias espacio- temporales. NUDO: parte central del relato, sucesión de peripecias de los personajes. DESENLACE: el conflicto planteado se resuelve de algún modo. Preguntas para el debate: ¿Qué os ha parecido el desenlace? ¿Cambiaríais el final? ¿Qué parte os resultó más interesante? 4.- Narrador. a)¿Quién cuenta la historia? ¿Qué voz utiliza para narrar, la 1ª o la 3ª? ¿A quién le está contando esa historia? En realidad, ¿qué hemos estado leyendo todo el tiempo? 5.- Personajes. En la novela abundan las descripciones de los personajes. a) ¿Cuál ha sido tu personaje favorito? ¿Por qué? b) Califica con los cuatro adjetivos calificativos que tú creas que los describen mejor a DARRY, JOHNNY, SODA, DALLAS, CHERRY c) ¿Hay una evolución en el personaje principal?¿En qué se nota? d) Caractericemos a GREASERS, SOCS

y HOODS. Fijémonos en su ropa, sus

trabajos, dónde viven... ¿Creéis que hay grupos equivalentes en España? 6.- Espacio. a)¿Dónde transcurre la acción? b)¿Comparten espacios los socs y los greasers? c)¿Hay algún espacio que os parezca simbólico? 7.- Tiempo. a) ¿Cuenta el narrador todos los hechos en el orden en que ocurrieron o da algún salto hacia atrás= Flash-back? b) ¿Cuánto tiempo habéis calculado que transcurre en total? 8.- Lenguaje y estilo. a) El narrador utiliza un estilo coloquial y en ocasiones emplea palabras propias de la jerga de los delincuentes. ¿Recordáis alguna expresiones coloquiales o de jerga. b) ¿Y algún extranjerismo?

17

de estas


9.- Temas. Son muchos los tratados en esta novela: la amistad, la familia, los grupos sociales, la violencia, el contraste realidad / apariencia, la adolescencia, el alcohol, la influencia del grupo... Debatamos: a) ¿Cuál es el más importante en la obra? b) ¿Con cuál os habéis sentido más identificado/a? c) Pensad en tres afirmaciones o ideas del libro con las que estéis de acuerdo y tres con las que estéis en desacuerdo d) Repasemos y leamos las reflexiones finales de Ponyboy sobre los socs y los greasers. ¿En la obra hay alguna moraleja? 10.- Símbolos a) ¿Por qué a Johnny le gusta Lo que el viento se llevó? ¿Qué tienen en común estos chicos rebeldes con los caballeros sureños? b)¿Qué quería decirle Johnny a Ponyboy cuando le susurró: “Sigue siendo dorado”? 11.- Opinión personal. A) Cada uno expondrá brevemente tu opinión sobre la obra y la calificará de 0 a 10 . b) Comentemos estas dos afirmaciones de Ponyboy:

a)

...los socs. Y contra ellos no puedes ganar, ni por mucho que lo intentes, porque son ellos quienes tienen todas las ventajas a su favor. Y ni siquiera zurrarles va a cambiar los hechos.

b)

Nosotros parecemos hoods, y ellos tienen un aspecto decente.igual podría ser justo lo contrario: la mitad de los hoods que conozco son chavales muy decentes debajo de toda su gomina, y por lo que he oído, un montón de socs son malos y de sangre fría. Pero la gente suele moverse por las apariencias.

18


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.