ÓRGANOS DE GOBERNO ATENAS 1. A Ecclesía (eclesiástico, Eclesiastés, igrexa), a Bule, o Consello dos pritanos e a Heliea. 2. A estes órganos podían acceder todos os cidadáns. A Ecclesía 1. Era a asemblea de todos os cidadáns maiores de vinte anos en posesión de plenos dereitos. 2. Funcións: nomear os maxistrados, aprobar e promulgar os decretos, decidir sobre a guerra e a paz, e controlar o aparello xudicial. 3. En tempos de Pericles os asistentes recibían unha paga. A Bulé 1. Era o consello constituído por cincocentos membros maiores de trinta anos, electos por sorteo a razón de cincuenta membros por cada unha das dez tribos da polis. 2. O seu cargo duraba un ano. 3. O seu cometido consistía en preparar as leis e controlar ós funcionarios e maxistrados. 4. Tamén se encargaban da política exterior. Consello dos pritanos 1. Estaba formado por cincuenta membros. 2. O cargo de pritano desempeñábano, por quenda e durante a décima parte do ano, os cincuenta delegados de cada tribo que fosen electos ese ano para a Bule. 3. Funcións: convocaban a Bulé e a Ecclesía e xestionaban os asuntos cotiás e tomaban decisións urxentes. A Heliea 1. Os tribunais populares de xustiza, electos por sorteo anual entre os cidadáns. 2. Xulgaban as causas que non pertencían ós tribunais para delitos de sangue.
MAXISTRADOS ATENAS 1. Os arcontes e os estrategas. 2. Arcontes: nove membros, poder executivo, funcións diferentes. Electos cada ano por sorteo na Ecclesía. 3. Estrategas: dez membros, electos na Ecclesía a man alzada. Procesos militares, eran os xefes do exército, dirixían a guerra. (estratega: persoa versada en estratexia/ estratexia: arte de dirixir operacións militares) O ostracismo: desterro político. Lei introducida por Clístenes, o cidadán considerado unha ameaza para o Estado era desterrado por un dez anos. Foi lexislado para evitar que cidadáns indignos provocasen golpes de Estado ou prexudicasen a democracia. Ó condenado expulsábaselle de Atenas por un período de dez anos, pero non se lle confiscaba a súa fortuna. Tiña lugar a través dunha sesión plenaria de 6000 cidadáns, único tema no que a votación era secreta. Na asemblea composta por 6000 persoas, ou sexa case todos os cabezas de familia da cidade, podíase inscribir nun ostracon o nome do cidadán que, segundo el, fose unha ameaza para o Estado. Se a anónima denuncia viña avalada pola metade dos asistentes era desterrado por dez anos.
ÓRGANOS DE GOBERNO ESPARTA A Diarquía/A Gerusía/ A Asemblea popular, a Apella. A Diarquía: sucesión hereditaria. O goberno e o exército estaba nas mans de dous reis pertencentes a dúas dinastías rivais. A Gerusía: o consello dos anciáns. Composto de vinte e oito membros vitalicios, maiores de sesenta anos, electos pola asemblea popular. Moderaban as relacións entre os exército e o pobo. Dirixía o Estado cos éforos (maxistrados). A Asemblea popular (Apella): reunión dos cidadáns, espartiastas. Unha vez ó ano para escoller ós cinco éforos e cubrir as posibles vacantes dos membros da Gerusía. Órgano consultivo.
MAXISTRADOS Os éforos, eran cinco, electos para un ano pola Asemblea popular. Defender ó pobo dos abusos dos reis. Exercían a xustiza.
ORGANIZACIÓN DA XUSTIZA O DEREITO GREGO Os gregos renovaban as súas institucións segundo as circunstancias do momento; o seu dereito era unha limitación do poder e un intento de protección das arbitrariedades das que podían ser obxecto os cidadáns. Nomos=lei/autonomía, gastronomía, economía, isonomía e ergonomía. O 1º estadista grego/autor do 1º código de leis foi Dracón (s.VII a.C). Este código resultou demasiado rigoroso/draconiano. Co tempo foi suavizado e actualizado polas reformas de Solón e Clístenes. En Esparta as primeiras leis atribúense a un lexislador lendario, Licurgo. TRIBUNAIS DE ATENAS Consello do Areópago 1. xulgaba homicidios premeditados, incendios de casas habitadas e casos de envelenamento. 2. ditaba sentencia de morte en caso de homicidio premeditado. 3. desterro e a confiscación de bens en caso de envelenamento. Paladión 4. santuario de Palas Atenea 5. homicidios involuntarios, nos que non había condena 6. instigación ó asasinato, complicidade na morte de calquera persoa; a condena era o desterro sen confiscación de bens. Heliea 1. tribunal popular de xustiza 2. non causas dos tribunais de delictos de sangue 3. xuíces denomínanse heliastas; representantes do pobo electos por sorteo. OS MAXISTRADOS Os nove arcontes interviñan na preparación dos xuízos, no sorteo de maxistrados e presidían as sesións do tribunal correspondente. A competencia xurídica de cada arconte era a seguinte:
4. arconte epónimo: interviña nos preitos relacionados co dereito de familia e sucesorio. 5. arconte basileus: preitos relacionados cos homicidios. 6. arconte polemarco: causas relacionadas cos non cidadáns. Os restantes denomínanse tesmotetes. Existía tamén a figura dos xuíces de paz: buscaban un acordo entre as partes litigantes en preitos da vida cotiá de non moita importancia. O PROCEDEMENTO XUDICIAL CAUSAS PÚBLICAS: presenta a denuncia calquera cidadán CAUSAS PRIVADAS OU PARTICULARES: presenta a denuncia a persoa prexudicada ou un representante legal. Se o maxistrado aceptaba a denuncia, facíase un depósito de gastos inmediatamente de acordo cun baremo establecido. Rexistrábanse as probas. Os arcontes tesmotetes decidían os xuíces e o día da audiencia. O día do xuízo reuníanse na sala o presidente, os avogados, o secretario, o escribán e os xuíces ou dicastes, ademais das dúas partes litigantes.