Para alumnado da ESO Denébola a Roxa. Baía Edicións. Héctor Cajaraville. Unha viaxe na procura da liberdade. A protagonista, chea de afouteza e tenacidade, será quen de trazar o seu propio camiño deixando de lado os plans familiares marcados para ela. Denébola brillará non só polo seu pelo roxo. La sonrisa perdida de Paola Malatesta. Ed: Oxford, Madrid. Ana Alcolea. Novela de misterio que nos permite visitar varios lugares de Suiza levados polos descubrimentos que realizan os dous adolescentes que a protagonizan. Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas. Ed: Astiberri. David Rubín, Miguelanxo Prado. Viñetas para descubrir a figura de Cervantes. Ilustracións sobre a biografía de Cervantes e o entremés de El retablo de las maravillas. La vida de Calabacín. Rita productions. Claude Barras. Película de animación que relata a adaptación dun neno de 9 anos a un orfanato tras perder á súa nai. Mestura de drama e comedia, tenra, delicada e moi emotiva.
Para alumnado de Bacharelato Percy Jackson y los dioses del Olimpo. El ladrón del rayo. Ed: Salamandra. Rick Riordan. Obxecto de burlas por inventarse historias, nin sequera el mesmo acaba de crelas ata o día que os deuses do Olimpo …. Tamén se pode ler en novela gráfica e ver en DVD.
REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES GUÍA DE VERÁN 2017
Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. Xerais Básicos Ciencia. Xurxo Mariño. Unha aventura de divulgación científica mesturada con anécdotas que ocorren durante os once meses de viaxe arredor da Terra. No seu despregar. Antoloxía poética. Ed: Apiario S.L. Recompilación de textos poéticos de 18 autores e autoras galegos que naceron entre 1985 e 1997. Nuestra hermana pequeña. Película que narra o encontro de tres irmás de Kamakura cunha irmá que tivo o seu pai trece anos antes.
El profesor de violín. Película inspirada na historia do mestre Silvio Bacarelli, que nos anos 90 conseguíu , a través da música, a inclusión social e cultural da mocidade dunha das favelas máis grandes de São Paulo.
www.biblioceipamaia.blogspot.com www.coapalabranaboca.blogspot.com.es/ www.agrobiblio.blogspot.com.es www.bibliocarlosnieto.blogspot.com.es/ www.iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com.es/ www.leonomilladoiro.blogspot.com.es/ www.bibliobarouta.blogspot.com
Máis guías en: www.edu.xunta.es/biblioteca/blog
PARA O SOL E A SOMBRA!!!