Recomendacións bibloteca contorna definitivo

Page 1

As recomendacións da Nosa Biblioteca para este verán…..


Barrio lejano JIRO TANIGUCHI Premio ao mellor guión no Festival de Angouleme e no Saló del Cómic del Barcelona.

Os seus pés condúceno, sen saber moi ben por que, ao cemiterio local, e alí, diante da tumba da súa nai, regresa de súpeto á súa infancia, pero sen perder os seus coñecementos e lembranzas de adulto. Logo da sorpresa inicial, Hiroshi dase conta de que faltan menos de catro meses para que o seu pai abandone a familia. Será el quen de cambiar o pasado, ou volverá ocorrer todo como cando era neno? Quen non quixo algunha vez volver ter catorce anos, pero coa cabeza de adulto?. Seriamos quen de cambiar o pasado?. Aproveitariamos os nosos coñecementos sobre o futuro para influír na nosa vida e na dos nosos achegados?

Esta banda deseñada ten como protagonista a Hiroshi Nakahara, un mozo que regresa dunha viaxe de negocios cando se decata de que se equivocou de tren e acaba de coller un que o leva á súa vila natal, da que xa marchara fai moitos anos.

Se vos gusta o libro, non deixedes de ver a adaptación ao cine, recentemente estreada baixo o título de Quartier Lointain.


Sol de inverno ROSA ANEIROS Xerais As lembranzas dunha nena, filla dun médico republicano nacido en Cuba e que exerce a en Galicia, dan pé á autora para recrear moitos dos duros acontecementos que marcaron o século XX. A través do ollos de Inverno, a protagonista do relato, coñeceremos o inicio da Guerra Civil española no 36, a Segunda Guerra Mundial, a Habana de Batista e a Revolución cubana e permitiranos ser partícipes dun sorprente segredo que só nos desvelará ao final da narración. Contada en segunda persoa, esta novela de Rosa Aneiros resulta engaiolante na narración dos seus acontecementos e de enorme suxestividade lingüística.


Circe ou pracer do azul BEGOÑA CAAMAÑO Ed. Galaxia “Señora, non sei o efecto que causará en vós esta carta nin as consecuencias que terá para min. Sei que con ela podo ser eu a causante de que aniñe no voso peito unha dor infinda…” Con estas palabras comeza unha amizade; son o desencadeante dunha estreita e intensa relación entre dúas mulleres con aspiracións e caracteres moi diferentes, pero unidas profundamente polo feito de ser mulleres e rematar reflictidas no mesmo espello: o amor. As protagonistas desta obra son ademais universalmente coñecidas por seren fillas literarias de Homero: Circe e Penélope. A primeira, unha maga dona dunha illa, Eea, é resolta, apaixonada e déixase guiar só pola súa natureza; a outra, a esposa de Ulises, raíña de Ítaca, é prudente, sabia, comprometida, fiel e tamén infeliz. En mundos diferentes e sendo mulleres moi diferentes, pero unidas polo heroe Ulises, establecerán intensa correspondencia que lles permitirá reflexionar sobre as súas realidades, sentimentos e sobre a condición de ser muller. A autora proponnos achegarnos á mitoloxía grega cunha nova perspectiva: Circe non é só unha maga malévola que converte aos homes en animais como a describe Homero. Penélope non é só a esposa cuxa vida só xira arredor da nostalxia polo seu home ausente nin Telémaco é o rapaz maduro e nobre que pronto asume enormes responsabilidades para axudar á súa nai.

Fermosa, reveladora e engaiolante coma unha pintura de Klimt.


OUTRAS RECOMENDACIÓNS….. Astrid y Verónica. Linda Olsson

Tierra desacostumbrada. Jhumpa Lahiri

Pirata. María Reimóndez

Nos vemos allá arriba. Pierre Lemaitre

O home que plantaba árbores. Jean Giono

A memoria da choiva. Pedro Feijoo

Ni de Eva ni de Adán. Amélie Nothomb

A boneca de Blanco Amor. María Xosé Queizán

La hondonada. Jhumpa Lahiri

Amor en alpargatas. Manuel Portas

O máxico arrecendo. Fran Bueno (banda deseñada) El héroe. David Rubín. (Banda deseñada) Aquí (intemperies). Olalla Cociña (Poesía)

E PARA OS MÁIS NOVOS…. Corazón de chocolate. Santiago Jaureguizar

As palabras poden matar. Marcos Calveiro

El polizón del Ulises. Ana Mª Matute

Zara y el librero de Bagdad. F. Marías

Buenos presagios. T. Pratchett e N. Gaiman

A neve interminable. Agustín Fernández Paz.

Cuentos de humor y horror. Héctor Hugh

El señor de las moscas. William Golding

Augusta e os seus medos. Sabela Fernández Trelles


LER!!! LER É UN PRACER!!!..... SEMPRE!!! FELIZ VERÁN E BOAS LECTURAS!!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.