Recomendacións bibloteca contorna definitivo

Page 1

As recomendacións das Bibliotecas do IES Plurilingüe de Ames e do IES do Milladoiro para este verán…..


Barrio lejano JIRO TANIGUCHI Premio ao mellor guión no Festival de Angouleme e no Saló del Cómic del Barcelona.

Logo da sorpresa inicial, Hiroshi dase conta de que faltan menos de catro meses para que o seu pai abandone a familia. Será el quen de cambiar o pasado, ou volverá ocorrer todo como cando era neno? Quen non quixo algunha vez volver ter catorce anos, pero coa cabeza de adulto?. Seriamos quen de cambiar o pasado?. Aproveitariamos os nosos coñecementos sobre o futuro para influír na nosa vida e na dos nosos achegados? Se vos gusta o libro, non deixedes de ver a adaptación ao cine, recentemente estreada baixo o título de Quartier Lointain.

Esta banda deseñada ten como protagonista a Hiroshi Nakahara, un mozo que regresa dunha viaxe de negocios cando se decata de que se equivocou de tren e acaba de coller un que o leva á súa vila natal, da que xa marchara fai moitos anos. Os seus pés condúceno, sen saber moi ben por que, ao cemiterio local, e alí, diante da tumba da súa nai, regresa de súpeto á súa infancia, pero sen perder os seus coñecementos e lembranzas de adulto.


Sol de inverno ROSA ANEIROS Xerais As lembranzas dunha nena, filla dun médico republicano nacido en Cuba e que exerce a mediciña en Galicia, dan pé á autora para recrear moitos dos duros acontecementos que marcaron o século XX. A través do ollos de Inverno, a protagonista do relato, coñeceremos o inicio da Guerra Civil española no 36, a Segunda Guerra Mundial, a Habana de Batista e a Revolución cubana e permitiranos ser partícipes dun sorprente segredo que só nos desvelará ao final da narración. Contada en segunda persoa, esta novela de Rosa Aneiros resulta engaiolante na narración dos seus acontecementos e de enorme suxestividade lingüística.


Circe ou pracer do azul BEGOÑA CAAMAÑO Ed. Galaxia “Señora, non sei o efecto que causará en vós esta carta nin as consecuencias que terá para min. Sei que con ela podo ser eu a causante de que aniñe no voso peito unha dor infinda…” Con estas palabras comeza unha amizade; son o desencadeante dunha estreita e intensa relación entre dúas mulleres con aspiracións e caracteres moi diferentes, pero unidas profundamente polo feito de ser mulleres e rematar reflictidas no mesmo espello: o amor. As protagonistas desta obra son ademais universalmente coñecidas por seren fillas literarias de Homero: Circe e Penélope. A primeira, unha maga dona dunha illa, Eea, é resolta, apaixonada e déixase guiar só pola súa natureza; a outra, a esposa de Ulises, raíña de Ítaca, é prudente, sabia, comprometida, fiel e tamén infeliz. En mundos diferentes e sendo mulleres moi diferentes, pero unidas polo heroe Ulises, establecerán intensa correspondencia que lles permitirá reflexionar sobre as súas realidades, sentimentos e sobre a condición de ser muller. A autora proponnos achegarnos á mitoloxía grega cunha nova perspectiva: Circe non é só unha maga malévola que converte aos homes en animais como a describe Homero. Penélope non é só a esposa cuxa vida só xira arredor da nostalxia polo seu home ausente nin Telémaco é o rapaz maduro e nobre que pronto asume enormes responsabilidades para axudar á súa nai. Fermosa, reveladora e engaiolante coma unha pintura de Klimt.


La alargada sombra del amor MATHIAS MALZIEU Mathias, un chico de treinta años que acaba de perder a su madre. En los primeros momentos de la muerte de un ser querido todos nos hacemos muchas preguntas y nos vemos invadidos por muchos recuerdos, además de un profundo dolor. Aceptar la muerte de un ser querido no es una tarea fácil y Mathias pasa por el proceso de duelo a su manera mientras debe continuar la vida junto al resto de su familia. Tras recibir la noticia y mientras espera en el parking del hospital a su padre y su hermana, sucede algo insólito: un gigante se le aparece y le anuncia: "Soy el gigante Jack, doctor en sombrología. Trato a las personas que sufren una pérdida administrándoles un trozo de mi sombra. Con la sombra se puede batir el dolor y la muerte". Mathias deberá aprender a utilizar la sombra protectora. ¿Será capaz de vencer el dolor?¿Somos nosotros mismos capaces de asumir la perdida de un amor, un familiar o un amigo? Si no es el caso, el gigante Jack -un viejo conocido de los lectores- tiene una fórmula perfecta para todos.


OUTRAS RECOMENDACIÓNS….. Astrid y Verónica. Linda Olsson

A memoria da choiva. Pedro Feijoo

As palabras poden matar. Marcos Calveiro

Pirata. María Reimóndez

A boneca de Blanco Amor. María Xosé Queizán

O guardián invisible. Dolores Redondo

O home que plantaba árbores. Jean Giono

Amor en alpargatas. Manuel Portas

Bajo la misma estrella. John Green

Ni de Eva ni de Adán. Amélie Nothomb

O máxico arrecendo. Fran Bueno (Banda deseñada)

O faro escuro. María López

La hondonada. Jhumpa Lahiri

El héroe. David Rubín. (Banda deseñada)

Reo. Xesús Fraga

Tierra desacostumbrada. Jhumpa Lahiri

Aquí (intemperies). Olalla Cociña (Poesía)

Nos vemos allá arriba. Pierre Lemaitre

A neve interminable. Agustín Fernández Paz

E PARA OS MÁIS NOVOS…. El príncipe de la niebla. Ruíz Zafón

Buenos presagios. T. Pratchett e N. Gaiman

A chave da Atlántida. Anxo Fariña

Corazón de chocolate. Santiago Jaureguizar

El señor de las moscas. William Golding

Chamádeme Simbad. Francisco Castro

Zara y el librero de Bagdad. F. Marías

El polizón del Ulises. Ana Mª Matute

Cuentos de humor y horror. Héctor Hugh

Augusta e os seus medos. Sabela Fernández Trelles



LER!!! LER É UN PRACER!!!..... SEMPRE!!! FELIZ VERÁN E BOAS LECTURAS!!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.