A VIDA COTIÁ EN ROMA A FAMILIA •
Nos primeiros tempos en Roma existía a gens, un grupo político, relixioso e familiar ao que pertencían todos os descendentes por por liña masculina de un antepasado común.
•
A partir do século IV a.C, a gens deixa de actuar como grupo político e relixioso, dando orixe á familia.
•
A familia romana está constituída por dúas clases de personas: por un lado, o pater familias e, por outro, todas as persoas sometidas á súa autoridade.
•
Só o home pode ser xefe de familia; a muller pertence sempre á casa e nesta ten sempre un dono, sexa o seu pai, o seu marido ou o seu parente máis próximo.
“Pai de familia (o pater familias) chamamos a quen ten o dominio na casa e se lle da este nome con toda propiedade aínda que non tivera fillo ningún” Ulpiano, Digesto, 50, 192, 2. •
A familia constituía unha sociedade relixiosa e civil: 1. Sentido relixioso: tiña as súas propias festas e cultos, nos que pater familias actuaba como sacerdote. O culto dirixíase aos deuses Penates e aos Lares,protectores da casa, e a os Manes, é dicir, o culto ás almas dos antepasados. 2. Sentido civil: a súa constitución era autónoma e patriarcal, dirixida por unha soa persoa (o pater familias), a quen a lei outorgaba toda a autoridade doméstica. O seu poder abarcaba tamén o ámbito xudicial, lexislativo e administrativo con respecto a todos os que pertencían á familia.
“En sentido propio chamamos familia a varias personas que están baixo a potestade doutra (...), como o pai, a nai, o fillo, a filla e os que veñen detrás deles, como os netos, as netas e os seus descendentes.” Ulpiano, loc. cit.
DEREITOS E DEBERES DO PATER FAMILIAS 1. Dereitos sobre as persoas •
Podía decidir sobre a vida e a morte dos seus fillos.
•
Podía vender a seus fillos a un terceiro.
•
Podía abandonar a seus fillos.
•
Podía constituír e determinar a súa familia segundo a súa vontade.
1
•
Pactaba os matrimonios dos seus fillos, sen necesidade do consentimento dos interesados.
2. Dereitos sobre os bens •
O patrimonio familiar é de exclusiva propiedade súa.
•
Todo o que adquire un fillo por calquera concepto adquíreo para o pater familias.
3. Deberes fundamentales •
Alimentar aos membros da súa familia
•
Asegurar a perpetuidade da súa raza, nome e culto familiar.
•
Cumprir escrupulosamente todas as cerimonias relixiosas.
CUESTIÓNS •
¿Parécenche excesivos os dereitos do pater familias?¿Ten o pai de familia actual algún destes dereitos e deberes?
•
Actualmente a patria potestad está compartida coa nai. ¿Sucedía o mesmo en Roma? Razoa a resposta.
O MATRIMONIO •
O fin do matrimonio era lograr unha descendencia que asegurase a continuidade da familia. Por iso, e ao igual que en Grecia, a lei limitaba os dereitos aos non casados.
•
O ciudadano romano ten dereito a unha esposa (uxor). Esta unión é sagrada e nos primeiros tempos da historia de Roma era tamén indisoluble. O matrimonio era, na súa inmensa maioría, concertado.
•
Para contraer matrimonio, habría que ser ciudadano romano; por tanto, quedaban excluídos os bárbaros, os peregrinos e os latinos, salvo excepcións. Era necesario asemade que os esposos estiveran na pubertade, fixada nos doce anos para as nenas e nos catorce ou dezaseis para os varóns.
“Calquera animal, escravo, roupa ou útil de cociña probámolo antes de compralo; só á esposa non se pode examinar para que non se disguste o noivo. Se ten mal xenio, se é tonta, deforme ou ten mal alento, ou ten calquera outro defecto, só despois da boda podemos sabelo”. Séneca, Controversias, II, 3, 2.
2
Sabías que.....? A palabra tocayo ten a súa orixe na frase que pronunciaba a noiva na cerimonia dos esponsais, como resposta ao noivo cando éste lle preguntaba cómo se chamaba. A noiva dicía: “ Se ti es Caio, eu con Caia”, que corresponde á frase latina Ubi te Caius, ego te Caia.
FORMAS DE MATRIMONIO O matrimonio podía celebrarse de dous xeitos: 1. Cando a muller quedaba sometida ao seu marido (chamado ad manus e tamén cum manu) 2. Cando non quedaba sometida ao seu marido, senón que se mantiña baixo a tutela do seu pai (chamado sine manu). Segue pertencendo á súa familia, é un tipo de matrimonio máis independente no que a muller pode ter os seus bens. É o tipo de matrimonio máis común en época clásica. No matrimonio ad manu todos os bens que aportaba a muller ó matrimonio (dote) pasaban a pertencer ao marido. A muller non podía posuír bens, nin comprar nin vender... Non era dona de nada e dependía en todos os ordes do marido. Este tipo de matrimonio presenta á súa vez, tres variedades: 1. Quedaba automaticamente casada a parella que tivera convivido durante un ano, o que recibía entre os romanos o nome de usus. 2. Consistía nunha compra simbólica da muller, aínda que nos primeiros tempos ésta fora real. Chamábase coemptio. 3. O chamado confarreatio, considerado indisoluble, era o matrimonio relixioso propiamente dito. Dos tres tipos era o máis solemne. “ Se entra na potestade marital por o pan mediante certa clase de sacrificio que se fai a Xúpiter Fárreo, na cal se presenta un pan fárreo, esto é, de trigo, polo que tamén se chama confarreación (latín: confarreatio). Polo demais, realízanse neste tipo de matrimonios outros moitos actos, pronunciándose fórmulas prescritas e solemnes en presenza de dez testigos”. GAYO, Instituciones, 1, 112.
CUESTIÓNS •
¿Cal era a idade para contraer matrimonio en Roma? ¿E na actualidade?
•
¿Podía calquera persoa contraer matrimonio en Roma? ¿Que impedimentos había? ¿Sucede o mesmo hoxe en día?.
•
Da a túa opinión sobre os matrimonios concertados.
•
¿Que significado ten a palabra tocaio na actualidade? Constrúe unha frase co significado actual da palabra.
3
•
¿Que che parece o feito de que tanto en Grecia como en Roma a lei limitara os dereitos aos non casados?.
•
Algúns consideran equiparable a situación da muller no matrimonio ad manu e no sine manu cos matrimonios actuais en réxime de gananciais e con separación de bens. Investiga en qué consisten estos dous últimos tipos de matrimonios e averigüa se existen similitudes entre eles e os dous tipos de matrimonio romanos.
•
Compara o matrimonio latino tipo usus coa situación das actuais parellas de feito. ¿Existe actualmente unha lexislación ao respecto? ¿Que dereitos reivindican este tipo de parellas que conviven sen estar casadas? Neste sentido, ¿paréceche avanzada a lexislación romana?.
•
En moitos países as mulleres perden o seu apelido de solteira ao casarse, para adoptar o de seu marido. En España non é así. Relaciónao cos dous tipos de matrimonio romano. ¿Con cal deles se correspondería?.
•
¿Que son as arras? ¿Con que tipo de matrimonio romano as relacionaríass? ¿Que simbolizan na actualidade?
O DIVORCIO “Non é a esposa o que ama o esposo, senón soamente a súa cara. Basta que se debuxen na cara de Bíbula tres enrrugas, que a pel se estire e se seque, que os dentes se escurezan e que os ollos se achiquen, para que o seu marido Sertorius se marche en busca de novos amores. E non será o marido mesmo quen lle dé a nova á esposa abandonada, senón un liberto ou un escravo: “Colle a túa roupa e márchate”. JUVENAL, Sátiras. Co tempo poidéronno solicitar facilmente as mulleres, como reflexa o seguinte texto de Séneca: “¿É que aínda hai algunha muller que se avergonce de ser repudiada, despois de que algunhas damas de liñaxe nobre e ilustre conten os seus anos non polo nome dos cónsules senón polo dos seus maridos, e se divorcian para casarse e se casan para divorciarse?”. SÉNECA, Beneficios
O NACEMENTO DOS FILLOS •
O pater familias toma a unha muller para ter fillos, o cal non significa necesariamente que teña a obriga de aceptar a todos os que poida ter.
•
Para que un neonato sexa lexítimo, é necesario en primeiro lugar que dun matrimonio válido. Incluso antes de nacer, o pai pode dispoñer da vida do feto e ordenar o aborto.
•
Se o embarazo chegaba ó seu termo, era necesario que o pai recibira como fillo ao recente nato, dun xeito parecido ao grego.
4
•
Ao nacer, o neno era depositado aos pés do pai, se éste o collía e o alzaba, era sinal de que o recoñecía como propio. Se non era recoñecido, o neno era exposto.
•
Unha vez recoñecido celebrábase a cerimonia de purificación. Nela colgábase do pescozo do neno unha especie de medallón (bulla) e poñíaselle o nome.
•
Nos primeiros tempos da historia de Roma engadíase ao nome da persoa o do seu pai, por exemplo: Terencio, o (fillo) de Cayo. Ás mulleres engadíaselles o nome do seu marido: Cornelia, a (muller) de Marco. Máis tarde o nome do cidadán romano pasou a ter tres elementos (tria nomina): 1. O nome propio (praenomen) 2. O apelido, común a todos os membros da gens (nomen). 3. O sobrenome, que nun principio foi un mote, para pasar logo a sinalar o lugar de procedencia, unha cualidade física, unha profesión correspondente a cada familia (cognomen). 4. Por exemplo, Cayo Xulio César, Marco Tulio Cicerón. 5. En, ocasións, podíase engadir un cuarto nome, que se utilizaba para expresar algún distintivo (adnomen), por exemplo: Publio Cornelio Escipión, o Africano. 6. Frente ao exposto as nenas só recibían o nomen: Cornelia, Julia, Antonia, Caya, Tulia... Se había varias, decíase, Antonia a maior ou Antonia a menor e, incluso, en ocasións, enumerábanse: a primeira, a segunda... 7. Entre os romanos, ao igual que entre os gregos, era frecuente recurrir á adopción, sobre todo cando se carecía de fillos varóns.
CUESTIÓNS •
Entre os cristianos existe o bautismo. ¿A que rito romano che recorda?
•
Os seguintes nomes aluden a personas importantes no mundo romano. Distingue os elementos que compoñen cada nome, razoando a resposta. Publio Ovidio Nasón Quinto Septimio Florencio Tertuliano Cayo Salustio Crispo Lucio Anneo Séneca Agripina a Maior Marco Vitruvio Polión
5
•
Busca apelidos actuais (como Moreno, Rubio, Herrero..) que fagan alusión a aspectos físicos e a profesións. En caso de dubida, podes consultar a guías de teléfonos.
6