Boletim 14 gl

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 14 Xullo 2013

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

Dez mozos/as participaron no curso de recursos turísticos na Eurocidade Un total de dez persoas formaron parte do 'Curso de recursos turísticos', organizado pola Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade, pertencente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Este curso xurdiu co obxecto de amosar aos/ás participantes, de forma eminentemente práctica, as posibilidades, novas tendencias e a evolución do sector turístico, para que os mozos e mozas creen as súas propias empresas e se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza galego-portuguesa, contribuíndo ao desenvolvemento da mesma.

Verín e Chaves ianuguraron o servizo de asesoramento EURES transfronteirizo na sede da Eurocidade A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu a sinatura do convenio de colaboración con ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega) para a posta en funcionamento do servizo de asesoramento EURES transfronteirizo na sede da Eurocidade. Devandita sinatura permite que os/as verinenses e flavienses teñan na sede da Eurocidade a consulta dun conselleiro desta rede europea de servizos de emprego, e así solucionar cuestións que teñan no ámbito da mobilidade dos/as traballadores/as a nivel transnacional e transfronteirizo, como pode ser: información e apoio na busca de emprego promovendo o contacto entre candidatos e empregadores/as fóra do país, ou principais barreiras no ámbito do emprego intracomunitario, entre outras. Grazas a este convenio, ACISAT ampliará os servizos EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia á Eurocidade nos ámbitos de información, orientación e colocación, tanto aos/ás candidatos/as a emprego como aos/ás empregadores interesados no mercado de traballo europeo. Como consecuencia do mesmo dúas veces ao mes o conselleiro EURES de ACISAT desprazarase ata a sede da Eurocidade Chaves-Verín, co obxecto de prestar os servizos básicos EURES de

Trece mozos/as participaron no curso de escritura creativa en portugués na Eurocidade Chaves-Verín Un total de trece verinenses formaron parte do 'Curso de escritura creativa en portugués'. O devandito curso tivo como obxectivo a promoción da cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/ás mozos se queden a vivir e a traballar na zona transfonteriza galegoportuguesa. Por este motivo, durante este curso, déronse os primeiros pasos para corrixir as actitudes lingüísticas, os posibles prexuízos que poidan mostrar co idioma portugués ou desbotar os conceptos estereotipados que teñan de cara á cultura, a sociedade ou a propia literatura deses países, hoxe de importancia capital, como pode ser o Brasil.

A Eurocidade presente no seminario RIET 'Emprendedurismo e innovación na raia hispano-lusa' A Eurocidade Chaves-Verín, participou no seminario 'Emprendedurismo e innovación na raia hispano-lusa' da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET). Tratouse dunha das actividades da RIET, encadrado no eixe 4, cooperación e xestión conxunta para o fomento de cooperación e integración económica e social. A través deste proxecto plurirrexional preténdeuse, esencial m ente , crear e c o nsolidar u n h a rede de en t id a des transfronteirizas que abranga e represente os intereses de toda a fronteira hispano-lusa, que impulse o intercambio de boas prácticas e promova unha maior visibilidade de cooperación transfronteiriza ibérica no espazo europeo.

Local de ensaio Eurocidade: actividades de creación e mostra musical

A oficina da Eurocidade Chaves-Verín conta cun local de ensaio para que todos aqueles mozos da zona afeccionados a música, poidan ensaiar, de xeito individual ou en grupo. Preténdese que o local de ensaio sexa un punto de encontro da actividade musical da Eurocidade e zonas limítrofes. Para facilitar que a xuventude galega e portuguesa afeccionados e semiprofesionais no terreo musical poidan tocar conxuntamente e presentarse ante o público e intercambiar as súas experiencias, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dá Consellería de Traballo e Benestar durante os meses de maio e xuño levou a cabo as seguintes actividades: 1. APP-music, taller de aplicacións móbiles para espazos musicais 2. A mostra musical do local de ensaio Chaves-Verín e os creadores

Asociacións da Eurocidade asistiron ao foro 'Lidera a túa idea' para participar no programa Iniciativa Nova A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, está a desenvolver en diferentes lugares da nosa xeografía os foros "Lidera a túa idea", concibidos co propósito de ofrecer apoio e asesoramento a todas aquelas persoas novas que queiran levar a cabo as súas iniciativas e proxectos xuvenís no marco del programa "Iniciativa Nova". Neste programa todas as iniciativas de interese para a xuventude teñen cabida: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade, novas tecnoloxías, comunicación, ocio o educación no forma, entre outros. Esta iniciativa, que tivo lugar na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade, constitúe un xeito de proporcionar á xuventude galega toda a información necesaria e as ferramentas para poder levar a cabo a solicitude, desenvolvemento e execución de proxectos de participación xuvenil de calidade. 'Iniciativa Novo' está concibido como un instrumento para que a xuventude poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades nas que os actores principais son os mesmos (están dirixidas tanto a asociacións xuvenís coma a grupos informais de mozos e novas).

PÁGINA 8


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Boletim 14 gl by AECT Eurocidade Chaves-Verín - Issuu