Boletim 15 gl

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 15 Outubro 2013

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

'Chaves Beach Games 2013' ameniza a Eurocidade Chaves-Verín O 'Chaves Beach Games 2013', eve n t o d ep ort i v o d est inad o a amenizar o verán na zona, iniciouse cun torneo de futvólei fusión de fútbol e voleibol-, que tivo lugar do 26 ao 28 de xullo, seguido do VI Maratón de Fútbol de Praia, os días 2, 3 e 4 de agosto, e para terminar o Torneo de Voleibol de Praia, do 9 ao 11 de agosto. Das tres modalidades, o VI Maratón de Fútbol de Praia é, sen dúbida, a que máis público mobilizou. Contou con música a través da actuación do s E n r aiz ar t e , an imación c o n Fannidays, un desfile de modelos masculinos e femininos da Triumph, unha aula de zumba con Cláudia Curralo do Mega Cultus, malabarismo con lume, inchables, parede de escalada e os tradicionais fogos de artificio da AM. Relativamente aos premios, este ano a organización programou unha novidade, o Premio Eurocidade de 1500 euros e trofeo para o mellor equipo local con xogadores que presenten a Tarxeta do Eurocidadán, co fin de incentivar a participación de equipos locais do territorio da Eurocidade Chaves-Verín.

Máis de 30.000 persoas visitan a Eurocidade na primeira edición de “Aquae Flaviae Festa dos Pobos - Mercado Romano” Do 23 ao 25 de agosto, os eurocidadáns/ás retornaron ao pasado, nunha festa popular chea de cor e animación, que invitou ao/á visitante a unha viaxe polo tempo ata a época romana. Unha iniciativa que superou todas as expectativas da organización, xa que se estimou que máis de 30.000 persoas pasaron pola Alameda do Tabolado durante as tres xornadas. Durante esta, tiveron lugar varias actividades, recreouse un mercado romano, lugar de gastronomía, saberes ancestrais, simulacións bélicas, recreacións mitolóxicas, interpretacións musicais, bailes, circo e dous cortexos polas rúas de Aquae Flaviae transportando no tempo aos/ás visitantes. Foron diversos os momentos relevantes desta recreación histórica do período romano, entre eles os baños termais romanos, un espectáculo de malabarismo de lume sobre a 'Lenda das Dúas Chaves', unha cerimonia fúnebre dun gladiador no río Támega, un casamento imperial e actividades de rúa. Estas recreacións históricas apelaron á memoria colectiva dun pobo, intentando avivar feitos históricos que, polo tempo ou a incuria do home, foron caendo no esquecemento. Trátase de accións socioculturais que se asumen como verdadeiras actividades pedagóxicas. Esta primeira edición de "Aquae Flaviae - Festa de los Pueblos - Mercado Romano" contou coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, co obxecto de revalorizar a matriz local, cultural e social, a través da preservación de valores e da constante afirmación da identidade da memoria colectiva común.

A Eurocidade conmemorou o Día Internacional da Xuventude A Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil acolleu a conmemoración do Día Internacional da Xuventude, promovido polo Instituto Português de Desporto e Juventude, a Associação Juvenil “A Voz da Juventude”, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Concello de Verín e Município de Chaves. O programa da xornada, na que participaron un total de 45 menores dos municipios de Chaves e Verín, estivo articulado segundo as seguintes actividades: dinamización do espazo da biblioteca transfronteiriza 'O xogo das palabras', dinámicas de canto e instrumentalización no Local de Ensaios e o relatorio 'O que é unha Oficina Transronteiriza'. Por este motivo, ademais de participar nas actividades citadas, os/nas nenos/nas asistentes recibiron un pequeno agasallo e material informativo por parte da Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil, no que se lles explicou a situación física da mesma (na sede da Eurocidade -antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo-), os seus obxectivos, funcionamento interno ou actividades programadas por esta oficina, entre outras cuestións.

A Celebración Ibérica do 110 aniversario da HarleyDavidson na Eurocidade Chaves-Verín Do 06 ao 08 de setembro, o territorio da Eurocidade acolleu a organización da Celebración Ibérica do 110 aniversario da Harley Davidson. Ao longo destes tres días a Eurocidade converteuse en testemuña dunha conmemoración desta icono das dúas rodas, no que se congregaron motoristas de España e Portugal. Entre as actividades previstas estivo o desfile de bandeiras entre Chaves e Verín, onde as Harley-Davidson despois de percorrer Chaves realizaron un paseo por Verín. A asociación de Harley de Verín foi a encargada, de recibir aos participantes no 110 aniversario da Harley-Davidson na sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga alfándega de Feces de Abaixo) acompañándoos a Verín, para finalmente retornar a Chaves. PÁGINA 8


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.