Fif
Boas a todos e todas,
Folla informativa da Federación
Nesta pequena publicación, trataremos de recoller distintas actividades e proxectos que se foron desenvolvendo nos últimos meses nos nosos cinco centros xuvenís que conforman a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza (C.X. Abeiro en A Coruña, A.X. Abertal en Vigo, A.X. Amencer en Ourense, C.X. Ateibo en Lugo e C.X. Don Bosco en Santiago de Compostela). E por suposto, non quería deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas e todos os membros que fan posible que os nosos centros xuvenís continúen co seu traballo nestes momentos tan complicados e, dun xeito especial, aos voluntarios e voluntarias que adican o seu tempo, esforzo e ilusión ao traballo coa infancia e a mocidade na nosa Comunidade. Agardamos que esta revista teña unha boa acollida, e poidamos seguir a informar e facervos partícipes do noso traballo en videiras publicacións. Un saúdo, Diego Portos García Presidente da Federación Don Bosco
Un saúdo a todos e todas os que pertencemos aos centros xuvenís Abeiro, Abertal, Amencer, Ateibo e don Bosco, que a súa suma é xustamente a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. Graciñas por estar nun equipo de animación que oferta boas novas á xente moza! Contamos contigo, conta con nós! Xulio César Iglesias Blanco Xerente da Federación Don Bosco