Chamada a participantes FETSAC’ Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
+info: fetsac.tumblr.com fetsac@gmail.com
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
Fetsac O Festival de Arquitectura ‘FETSAC’, naceu grazas a unha agrupación desinteresada de alumnos da Escola de Arquitectura de A Coruña que decidiu, por iniciativa propia, crear unhas xornadas culturais que alterasen a percepción habitual que os compañeiros tiñan do centro, dando lugar ao ‘Circo’, a primeira edición do festival en 2009.
Actitude optimista, innovadora, crítica e experimental, unha maneira estimulante de vivir a arquitectura fora dos lindes estrictamente académicos.
O esforzo inicial levado a cabo por estes alumnos, viuse recompensado cada ano coa continuidade do mismo. ‘PsicoFETSAC’, ‘Re’, ‘This is tomorrow’ e ”Who’s ready for FETSAC?” foron as seguintes edicións, cuxas actividades (conferencias, debates, obradoiros…) enmárcanse sempre dentro dunha temática en particular, na que se invita a participar a arquitec tos y outros coletivos. O seu secredo e frescura reside en que é un grupo diferente de alumnos, movido por intereses e inquietudes similares, o que cada ano toma as rendas e se encarga de tódaslas labores de organización e xestión do mesmo. É por isto que o concepto do festival evolucionou de tal xeito que hoxe en día non podemos definir FETSAC só coma un colectivo, ou semana cultural máis, senon coma una actitude. 1
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
Fetsac’ 14 A organización da Fetsac 14 arranca un ano máis, na súa sexta edición, coa sempre presente intención de se consolidar coma referente das actividades culturais celebradas cada ano na Escola Técnica Superior de A Coruña (ETSAC). Está previsto que o festival se celebre entre o 1 e o 10 de Abril de 2014 (previos a Semana Santa). (A data final establecerase co fin de compaxinar, na medida do posible, as actividades da Fetsac co calendario docente). A duración do festival será aproximadamente dunha semana. Por segunda vez. queremos abrir un período de participación no que tanto conferenciantes coma tutores de obradoiros ou actividades podan presentar as súas propostas e formar parte do cartel da Fetsac14.
A convocatoria vai destinada a estudantes, profesores e profesionais de calquera disciplina que poidan aportar aos alumnos da ETSAC unha formación adicional á que reciben cada día na Escola. En resumo, e seguindo cos nosos principios, a Fetsac busca xente que ame o que fai, e que ademáis, queira compartilo con nós.
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
Participación Existen tres formas de participar: da teoría… 1. COMO CONFERENCIANTE As conferencias terán unha duración máxima de 1h30. Coma poderás ver nas anteriores edicións, polo noso festival pasaran profesionais non arquitectos e estudantes. Consulta os programas* da FETSAC13, FETSAC12, FETSAC11, FETSAC10 y FETSAC09. … á práctica 2. COMO TUTOR/A DE OBRADOIRO
3. CUNHA ACTIVIDADE PUNTUAL As actividades ou performances terán unha duración máxima de 3 h. O formato será completamente libre.
Para a realización das diferentes actividades teremos total disponibilidade dos espazos da Escola de Arquitectura (aulas, salón de actos..), así como do amplo espazo exterior axardinado.
O obradoiro terá unha duración máxima de 3 tardes. É importante ter en conta que na Escola de Arquitectura de A Coruña o plan Bolonia xa está instaurado en 4 cursos e por tanto, moitos dos participantes veranse obrigados a sortear os obstáculos que lles impondrá a asistencia a clase obrigatoria. Polo cal se valorará a flexibilidade no desenvolvemento do obradoiro. O obradoiro será impartido por un máximo de 2 tutores. *consulta a programación das edicións anteriores no anexo
3
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
Calendario 15 / 11 / 2013 Anuncio da chamada á participación en Fetsac 14 10 / 01 / 2014 Fin do período de inscrición 24 / 01 / 2014 Envío das propostas en formato definido 14 / 02 / 2014: Resolución. Abril / 2014 Asistencia ao festival
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
Presentación de propostas O formato de presentación da proposta será de ata tres A4 en PDF.
FORMATO DE INSCRICIÓN: -Título da proposta
O contido de presentación de propostas é libre. É importante ter claro que ata o 10 de Xaneiro se realizará a inscrición como candidato, sendo posible enviar a propuesta ata o día 24 de Xaneiro de 2014. Tádalas propostas serán valoradas por tódolos organizadores da Fetsac14. Permítese que un mesmo participante envíe máis dunha proposta. Deberase sinalar en cal das tres modalidades se participa: conferencia/obradoiro/actividade. O formulario de inscrición cubrirase de forma online* e a proposta será enviada ao correo fetsac@gmail.com.
*formulario accesible a través de www.fetsac.tumblr.com
-Nome dos titores. -Apelidos dos titores. -Correo electrónico. -Teléfono de contacto. -Breve CV. -Facultade, institución, asociación, colectivo, etc. ao que pertence. -Lugar de procedencia. -Modalidade na que se participa. -Carreira e curso (se eres estudiante). Información non obrigatoria: -Perfil en Linkedin. -Perfil en Twitter. -Perfil en Facebook. -Web.
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
Selección de propostas As propostas recibidas serán evaluadas seguindo os seguintes criterios: - Calidade dos contidos. - Interese pedagóxico e didáctico da proposta. - Orixinalidade do desenvolvemento da proposta. - Relevancia do tema a tratar. - Claridade na exposición da proposta.
No momento de facer público o calendario do festival, a proposta dos participantes colgarase na web acompañada dunha fotografía e unha breve biografía. Esta información será utilizada, á súa vez, para a publicación de carteis e trípticos que se repartirán ao longo do festival. O envío dos artigos unha vez rematado o festival autoriza aos organizadores a publicalos nun documento que recollerá tódolos contidos da Fetsac14.
A organización farase cargo dos gastos de desprazamento así como do aloxamento necesario para a realización da proposta. Ademáis, cada unha das propostas levadas a cabo na Fetsac14 virá recompensada económicamente tras rematarse con éxito a participación. (A cifra é independente do número de persoas necesarias para levala a cabo).
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coru帽a
Contacto +informaci贸n: fetsac@gmail.com fetsac.tumblr.com
Festival de Arquitectura ETSAC. Abril 2014. A Coruña
Anexos A continuación reúnense a título informativo os programas correspondentes ás edicións anteriores do Festival FETSAC. -FETSAC’09: Circo -FETSAC’10: Psicofetsac -FETSAC’11: RE -FETSAC’12: This is Tomorrow -FETSAC’13: Who’s ready for FETSAC?
'FTUJWBM EF "SRVJUFDUVSB &54"$ "CSJM " $PSV¿B
'FUTBD
'FTUJWBM EF "SRVJUFDUVSB &54"$ "CSJM " $PSV¿B
'FUTBD
'FTUJWBM EF "SRVJUFDUVSB &54"$ "CSJM " $PSV¿B
'FUTBD
'FTUJWBM EF "SRVJUFDUVSB &54"$ "CSJM " $PSV¿B
'FUTBD
'FTUJWBM EF "SRVJUFDUVSB &54"$ "CSJM " $PSV¿B
'FUTBD