QUINSA XXVII

Page 1


-2-

Outro curso que remata e como non, unha nova edición da nosa revista Quinsa. Nesta ocasión cunha morea de traballos realizados polo noso alumnado e profesorado, sempre con moita ilusión e tesón. Neste curso ademais das conmemoracións e saídas facemos un percorrido pola historia, dende a prehistoria, cos máis pequenos, pasando pola cultura de Roma e Grecia do alumnado de 3º e 4º de Primaria, o medievo con 1º e 2º de Primaria até a idade contemporánea dos maiores do cole. Cabe destacar a cantidade de visitas que tivemos a honra de acoller no noso centro: dende un arqueólogo, que nos acercou ás covas e xacementos; o presidente da asociación de paleontoloxía de Galicia, que fixo cos máis pequenos fósiles, até un grupo de científicos da Universidade de Santiago, aportándonos coñecementos da súa labor coa Biopsia Líquida, pasando polos perigos de internet, da man dun axente da Policía Nacional. Este curso inaugurouse o horto escolar cos máis pequenos, esperando que siga dándonos moitos froitos. Non quero rematar sen desexarlles o mellor ao noso alumnado de 6º de Primaria que poñen fin a unha etapa para dar comezo a outra. Esperamos que esta nova andadura veña chea de logros e confiando que non esquezan que o seu COLE, o de Quintela, sempre estará aberto para eles. Tamén darlles as grazas a todas e cada unha das mestras e mestres, que coma sempre dan o mellor de si mesmos, poñendo paixón en cada unha das súas aulas, facendo o que mellor saben: "ensinar". E lembrar a toda a comunidade educativa: alumnado, mestres e familias, que Quintela é o COLEXIO de todos, que unidos debemos remar para que o noso colexio creza e perdure e xuntos loitar por un ensino público de calidade. Unha aperta a todos

QUINSA XXVII


-3-

Saídas e visitas infantil ............................................................................................ 3 Adiviñas prehistóricas .............................................................................................. 6 Horto de infantil .......................................................................................................... 7 Gaceta de primeiro ..................................................................................................... 9 Poesía ........................................................................................................................... 10 Exipto ........................................................................................................................... 12 Viaxes ........................................................................................................................... 15 Un conto de medo ................................................................................................... 17 Banda deseñada ....................................................................................................... 19 Cómic ............................................................................................................................ 20 Entrevistas ................................................................................................................. 22 Noticias ........................................................................................................................ 26 Maios ............................................................................................................................ 28 Samaín .......................................................................................................................... 30 Letras galegas ............................................................................................................ 31 Greguerías ................................................................................................................... 37 Deportes ...................................................................................................................... 38 Colaboración .............................................................................................................. 39 Pasatempos ................................................................................................................. 41

QUINSA XXVII


-4-

CAMPOLAMEIRO APRENDEMOS

MOITAS

COUSAS

SOBRE OS

PREHISTÓRICOS

NA NOSA

VISITA A CAMPOLAMEIRO E TAMÉN NOS CONVERTIMOS EN AUTÉNTICOS ARTISTAS DA PREHISTORIA

QUINSA XXVII


-5-

MUSEO PONTEVEDRA

NO MUSEO DE PONTEVEDRA ENSINÁRONNOS MOITOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS SOBRE A IDADE PREHISTÓRICA

GRUPO OVIRAVAI RECIBIMOS A VISITA DO GRUPO OVIRAVAI E CANTAMOS TODOS XUNTIÑOS AS SÚAS CANCIÓNS

QUINSA XXVII


-6-

VISITA ARQUEÓLOGO

RECIBIMOS A VISITA DE XURXO CONSTELA E ENSINOUNOS MOITAS COUSAS DOS PREHISTÓRICOS

QUINSA XXVII


ADIVIÑAS PREHISTÓRICAS

-7-

QUINSA XXVII


-8-

Este ano os nenos e as nenas de infantil, axudados polas nosas mestras/es, levamos acabo un pequeno horto. Para facelo empregamos areeiros que xa non utilizabamos e así foi a nosa experiencia:

QUINSA XXVII


-9-

Aquí tendes o resultado final. O horto ecolóxico de Quintela!!!

QUINSA XXVII


- 10 -

Os de primeiro queriamos destacar neste número de Quinsa a nosa representación da Raíña de Turnedó, a obra de teatro que está publicada na editorial Kalandraka. Pasámolo moi ben nos ensaios e contribuíu a que todos leramos un pouco mellor:

Neste curso estivemos a traballar sobre a Idade Media, como proxecto de centro, e por iso e colaborando cos de segundo, e en relación co outono participamos na construción dun Dragón:

Dentro deste marco de colaboración cos de segundo tamén nos disfrazamos no entroido, adiviñades de que ...

Outra cousa que nos gustou neste curso foi xogar co programa Smile and learn, sobre todo porque podemos seguir a xogar nas nosas casas: no teléfono intelixente, na tablet…

QUINSA XXVII


- 11 -

Fixemos unha visita a un Castelo de verdade: o de Soutomaior...

... e como nos gusta coñecer cousas pensamos en visitar un medio de transporte que empregamos menos habitualmente: o avión, por iso achegámonos ao aeroporto de Peinador.

A verdade é que coñecemos e fixemos moitas máis cousas: o monstro de cores, que nos axudou a coñecernos a nós e aos outros, elaboramos un maio e lle cantamos, viñeron uns científicos da universidade a falarnos do seu traballo no laboratorio, visitounos Papá Noel e cantamos algunha cantiga ...

QUINSA XXVII


- 12 -

PREPARANDO A VISITA DE FRAN ALONSO, @S ALUMN@S DE 2º COMPUXEMOS ESTES POEMAS.

Son un

gato

Un gato con toga.. Un gato togado. Un gato sentado. ................... ……………….. ………………...

QUINSA XXVII


- 13 -

QUINSA XXVII


- 14 -

QUINSA XXVII


- 15 -

QUINSA XXVII


- 16 -

QUINSA XXVII


- 17 4º de primaria. Este curso investigamos sobre a Roma antiga. Aquí tendes a nosa proposta de lugares con restos e monumentos que é interesante visitar.

A MURALLA DE LUGO Foi construída entre o 260 e 310 d. C. A súa lonxitude é de 2 118m e a altura de 8 a 12 m. Orixinalmente tiña 85 torres, na actualidade consérvanse 71. Tamén tiña 5 portas. Sobre a muralla hai un camiño desde o que se pode observar toda a cidade.

TÚNEL DE MONTEFURADO (Quiroga, Lugo) É un túnel feito polos romanos no século II d. C. para desviar a auga do río Sil e así extraer o ouro dun gran meandro do río. Antes o túnel medía 120 m de lonxitude pero, no ano 1934, unha crecida do río Sil provocou un desplome dun gran tramo. Agora mide 54 m de lonxitude.

QUINSA XXVII


- 18 -

AS MÉDULAS (León) As Médulas é unha paisaxe formada por unha antiga explotación mineira dos romanos. Considerada a maior mina de ouro a ceo aberto de todo o imperio romano. A forma de extraer o ouro era ruína montium. A auga dos regatos da montaña canalizábase e embalsábase, na montaña facíase galerías e soltaban a auga a través delas. A forza da auga desfacía a montaña arrastrando a terra con ouro ata os lavadeiros.

ACUEDUCTO DE SEGOVIA Acueducto romano na cidade de Segovia de principios do século II d. C. Conducía as augas do manancial de Fuentefría á cidade recorrendo máis de 15km. O acueducto ten unha lonxitude duns 728m, 118 arcos e na parte máis elevada mide 28m. Está construído con pedras sen argamasa entre elas.

QUINSA XXVII


- 19 -

A SOPA DE SOFÍA Achegábase o 31 de outubro cando a Sabela encargáronlle na escola unha tarefa especial: - Nenos, como tarefa, para mañán quero que todo o mundo traia unha cabaza laranxa cunha cara terrorífica tallada. Dixo a mestra. Sabela, voltou á súa casa correndo moi emocionada polos deberes dese día. Cando chegou preguntoulle á súa nai onde tiñan as cabazas, e a súa nai, seria, moi seria, respostoulle: - Nós, non plantamos cabazas, sonche unha froita inútil! Oh, non! se non tiña a cabaza non podería facer os deberes! Sabela, comezou a chorar e a chorar a mares porque mañán, cando todos os seus compañeiros e compañeiras levaran á escola unha fermosa cabaza, ela non podería chegar con nada. A súa avoa, que estaba a sentir chorar decidiu ir a mercar unha cabaza ao pobo. A anciá buscou e buscou en todos os lados pero as cabazas estaban esgotadas! A pobre muller voltaba xa para a casa cando atopou un pequeño posto de froitas xusto diante dun cruceiro. Alí estaba un home vello, encorvado e cunha longa barba gris coa metade da cara tapada cunha caperuza marrón moi vella. - Perdón, quédalle algunha cabaza? Preguntou a avoa: O home mirou á avoa cun sorriso na cara que fixo estremecer á muller, agachouse e deulle unha perfecta cabaza laranxa e voltou rir. A anciá colleu a cabaza e voltou á casa un pouco preocupada. - Toma filliña, para que fagas a cabaza máis aterradora da túa clase. Dixo a avoa.

QUINSA XXVII


- 20 -

Sabela púxose moi contenta e comezou a tallala. Fíxolle uns ollos enormes e uns dentes puntiagudos e ao rematar colocoulle unha candea prendida. Era realmente aterradora! Unha vez rematou o traballo deixouna na cociña e foise a durmir moi contenta. Sabela xa levaba un bo anaco durmindo cando comezou a sentir un riso ao lonxe. - Será un soño? Pensou Uns pasiños…pin, pin, pin…e outra vez un riso! Sabela, estrañada, prendeu a luz pero non había nada! Quen ía a haber? Apagou a luz e seguiu durmindo. De repente o riso escoitouse moi preto e un forte cheiro a cabaza envolvía todo o cuarto e, de súpeto, todo volveuse negro. - Sabela, esperta, vas chegar tarde á escola! - Berrou a súa nai dende a porta. A muller estrañada porque a súa filla non contestaba, abriu a porta e topou a cama chea de sopa de cabaza. A súa filla non estaba por ningures, o único que atopou foi unha nota que poñía:

“As cabazas non somos froitos inútiles”

Raquel, 5º Curso QUINSA XXVII


- 21 -

Pablo e Nico K., 5ยบCurso QUINSA XXVII


- 22 -

QUINSA XXVII


- 23 -

QUINSA XXVII


- 24 -

Hoxe entrevistamos á nosa escritora máis universal, xa que, este ano celébrase o seu 180 aniversario do seu nacemento. - Como se chama? Chámome María Rosalía Rita de Castro. - En que ano naceu e onde? Nacín o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. - Como se chamaban os seus pais? A miña nai chamábase María Teresa de la Cruz Castro y Abadía e era filla dos señores do Pazo de Arretén, preto de Padrón e o meu pai, José Martínez Viojo. - Onde viviu de nena? Vivín na Casa do Castro, na Maia coa familia do meu pai, onde aprendín a nosa fala, os xogos, os cantos, e os refráns da nosa terra. - Onde realizou os seus estudios e que estudiou? Cando fun máis moza, fun a vivir coa miña nai a Compostela onde estudiei Literatura, Francés, Debuxo, Declamación, Música… - Dixéronnos que foi actriz? Si, representei na miña mocidade obras románticas en función para afeccionados. …e pintora… Si, tamén fixen algunha incursión na pintura. Teño un fillo que se chama Ovidio que pinta moi ben.

- E que tamén sabe tocar algún instrumento! QUINSA XXVII


- 25 -

Si, tamén é certo. Toco a guitarra, a arpa, a frauta, o piano… - Sempre viviu en Galicia? Non, estiven vivindo en Madrid, e alí no ano 1858, casei con Manuel Murguía, que foi un gran intelectual galego, historiador, escritor e creador da Real Academia Galega. - Cantos fillos tiveron? Tivemos sete fillos e vivimos xuntos en moitos lugares: Madrid, Compostela, Vigo, Lestrove, Lugo, Simancas, A Coruña, Padrón… - En que se inspirou para escribir “Cantares Gallegos” en 1863? Inspireime nas cantigas que aprendera de nena en Maia, cantigas que falan da natureza, dos sentires da xente, os costumes… - E en Follas Novas? Fago unha poesía máis intimista. - So escribiu poemas en galego? Non, en 1857, escribín “La Flor” e en 1863, “A mi madre”, ámbolos dous libros, escritos en castelán. - Ademáis de escribir poesía, fixo outro tipo de literatura? Claro! Escribín cinco novelas, “La hija del mar” 81859), “Flavio” (1861), “Ruinas” (1865), “El caballero de las botas azules” (1867) e “El primer loco” (1867) Tamén escribín artigos para xornais e revistas. Moitísimas grazas por concedernos esta entrevista e por facer que disfrutemos tanto da súa poesía. Un bico moi grande de todo o alumnado de quinto curso do CEIP QUINTELA. 5ºCurso QUINSA XXVII


- 26 -

ENTREVISTANDO A: Carlos Casares. Entrevistado por: Andrea Lago. Carlos Casares Mouriño naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense; é un escritor galego, que tamén dirixiu ``La Voz de Galicia ´´ un xornal galego. Hoxe temos o honor de entrevistalo para saber un pouco máis del.

Periodista- Qué estudou na universidade? Carlos Casares- Na Universidade de Santiago de Compostela estudei Filosofía e Letras.

P- Profesionalmente, vostede qué é? CC- Ben, profesionalmente eu son escritor, editor e catedrático de instituto.

P- Vostede colaborou con algúns xornais,revistas ¿non? CC- Si, entre eles La Voz de Galicia. Aínda que tamén con algunhas revistas coma Grial

P- ¿Y con algunha editorial? CC- Tamén.

P- Xa vexo, vostede en todo o que teña que ver coas letras estivo alí. CC- (risas) Si, sempre fun máis de letras que de ciencias.

P- Ben, e volvendo a entrevista, ¿para qué editorial colaborou? CC- Colaborei para a editorial Galaxia.

CC- Fun elixido membro da Real Academia Galega en 1977, deputadoXXVII QUINSA autonómico polo PS de G- PSOE nas eleccións de 1981, e presidente do Consello da Cultura


- 27 -

P - Aparte vostede foi membro da Real Academia Galega, e doutros organismos ¿verdade? CC- Fun elixido membro da Real Academia Galega en 1977, deputado autonómico polo PS de G- PSOE nas eleccións de 1981, e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.

P- Ademais do seu traballo profesional, ¿tivo outros? CC- Tamén fun biógrafo e ensaísta e saquei traballos sobre as vidas e obras de grandes escritores e políticos como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez.

P- Só escribía libros, ¿ou tamén adaptaba algúns ou os traducía? CC- Tamén traducín algúns libros ao galego de diferentes idiomas como ``O Principiño´´ do francés, ``Os escaravellos voan ao atardecer´´ do sueco e ``O vello e o mar´´ do inglés.

P- E antes de despedirnos, ¿pode responderme a unha última pregunta? CC- Adiante.

P- ¿Cantos premios gañou? CC- Ben, pois en 1976 gañei o premio de narrativa galega pola obra ``Xoguetes para un tempo prohibido ´´, en 1996 por ``Deus sentado nun sillón azul´´ e en 2002 por ``O sol do verán´´.

P- Moitas grazas por todo, pasamos un momento moi agradable, e ademais, aprendemos algo novo sobre vostede. CC- Grazas a vostede por invitarme a participar neste xornal escolar.

QUINSA XXVII


- 28 -

QUINSA XXVII


- 29 -

QUINSA XXVII


- 30 Como tódolos anos celebramos os maios na escola, aquí tendes una pequeña mostra da sua montaxe e algunas das coplas que cantaron os alumnos/as do centro

QUINSA XXVII


- 31 -

Aos nenos de 3 anos

Os pequenos de primeiro

gústanos xogar na area

xa están fartos de estudar

quen mos dera máis camións

o que queremos agora

para non ter tanta leas

é poñernos a folgar.

Este ano en infantil aprendemos a plantar entre todos cultivamos un horto moi especial 4 anos Entre covas petroglifos,

Cabaleiros e princesas, dragóns, reis e campesiños; neste curso a Idade Media traballamos e aprendimos. 2º primaria

mamuts e cromagnons viaxamos á prehistoria e aprendemos un montón 5 anos No colexio de Quintela alumnos e profesores

Xa chegamos os de Quinto con lerias e diversións escoitade o que dicimos vai a nosa actuación.

adornamos este maio recollendo moitas flores. 3º primaria Dos libros non vos falamos pero agora os mencionamos,

Este ano os de sexto imos ser orixinais cantaremos unhas coplas que serán moi especiais

os “Futbolísimos” son poucos e por eles toleamos. 4º primaria

QUINSA XXVII


- 32 -

POLO SAMAÍN OS ALUMNOS/AS DE PRIMARIA ELABORARON RELATOS DE MEDO QUE FORON CONTADOS NO SALÓN DE USOS MÚLTIPLES

QUINSA XXVII


- 33 -

Durante a semana das Letras Galegas o alumnado do centro participou en diferentes actividades que a cotinuaciรณn podemos visualizar nun pequeno resumen das mesmas:

TEATRO LIDO

QUINSA XXVII


- 34 -

MARATÓN ACTIVIDADES 

INFANTIL

QUINSA XXVII


- 35 -

MARATÓN ACTIVIDADES 

PRIMARIA

QUINSA XXVII


- 36 -

CANTIGAS

QUINSA XXVII


- 37 -

Carlos Casares Mouriño nace en Ourense o 24 de agosto de 1941. Aos catro anos, a súa familia trasládase a Xinzo de Limia, onde o pai traballará como mestre. Tamén pasa tempadas coa familia dos pais nas aldeas próximas de Lamas e Sabucedo e mais en Beiro. Alí está en contacto coa natureza, aprende os nomes dos paxaros e das árbores, fabrica os seus propios xoguetes e escoita contos e historias. As vivencias nestes lugares deixarán unha importante pegada na súa obra. En 1952, por iniciativa da nai, moi relixiosa, ingresa no Seminario de Ourense: xa entón empeza a adiviñarse o seu destino literario, ao publicar un xornal semanal chamado El Averno, do que é “director e único redactor”. No seminario ten a oportunidade de ler os autores clásicos e os escritores españois e estranxeiros; é, en Xinzo de Limia, grazas ao bibliotecario da vila, republicano e comunista, ten ademais acceso a outro tipo de lecturas máis restrinxidas daquela. Unha vez fóra do seminario, gaña un concurso provincial de relatos breves e iso permítelle coñecer a Vicente Risco e participar no seu faladoiro do café Parque na cidade ourensá, canda outros escritores e artistas. Na década dos 60 marcha a Santiago de Compostela, para estudar Filosofía e Letras. Alí entra en contacto co grupo de estudantes galeguistas liderados por Ramón Piñeiro, que exerce unha grande influencia sobre el. Nesta época publica as súas primeiras obras: en 1967, Vento ferido, un conxunto de relatos xuvenís que acada un enorme éxito; ao ano seguinte, A galiña azul, un libro de contos para nenos co que gaña o concurso da Asociación Cultural

QUINSA XXVII


- 38 O Facho e que reflicte o seu espírito comprometido e libertario e, en 1969, a súa primeira novela, Cambio en tres. Nese ano comeza a traballar como profesor en Viana do Bolo, pero perde o traballo por pretender que os nenos pobres poidan acceder de balde ao comedor escolar e ten que marchar traballar a Bilbao. Despois exercerá a profesión en Cangas do Morrazo e Vigo. En 1971, nunha viaxe en tren, coñece a Kristina Berg, unha rapariga sueca coa que casa de alí a pouco; así é como chega a amar Suecia, un país que toma como modelo para Galicia. Nesta década consolídase como escritor. Gaña o premio da Asociación Cultural O Facho coa peza de teatro As laranxas máis laranxas de todas as laranxas en 1973 e publica Xoguetes pra un tempo prohibido en 1975. Pouco despois, saen do prelo Os escuros soños de Clío (1979) e Ilustrísima (1980). Tamén traduce ao galego a obra O Principiño e colabora cos xornais La Región e La Voz de Galicia . En 1978 ingresa na Real Academia Galega e pasa a ser o máis novo dos seus membros. En 1982 preséntase como galeguista independente nas listaxes do PSdeGPSOE nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia e é elixido deputado. Participa na redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística, un dos seus grandes logros. En 1985 é nomeado director da Editorial Galaxia, un cargo que desempeñará ata o seu pasamento. Nesta última etapa da vida dirixe tamén a revista Grial , e preside a asociación de escritores PEN Club de Galicia e o Consello da Cultura Galega. En 1992 empeza a publicar a diario a columna “Á marxe” no xornal La Voz de Galicia ; estes pequenos artigos converterano nunha figura moi popular e querida. Nesta época escribe outras obras destinadas ao público infantil como Lolo anda en bicicleta , Un polbo xigante ou unha serie de libros arredor da figura dun neno inventor, Toribio, pero tamén biografías, ensaios, traducións e as novelas Deus sentado nun sillón azul (1996) e O sol do verán (2002); esta última será publicada despois da súa morte, ese mesmo ano.

QUINSA XXVII


- 39 As greguerías son textos breves, que expresan, de forma aguda e orixinal, pensamentos filosóficos, humorísticos, ou de calquera índole. É un xénero creado por Ramón Gómez de la Serna.

ORIXINAIS GREGUERÍAS DO ALUMNADO DE 6º 1.- Tormenta.

O enfado dos Deuses.

Nubes que xogan como coches de chocar.

2.- Curuxa.

Policía da noite.

Murmurio do bosque

Chuvia e tronos que limpan as Espertador casas dos bos e da noite. rompen os tellados dos malos.

3.- Chocolate

5. Libro

7. Profesor

Puchos da casa.

Un tren cara a aventura.

Heroe que loita contra a ignorancia.

Veleno dental

Paraugas das casas

Camiños para descubrir novas cousas

Manxar dos humanos

Triángulos da cidade

Viaxe á É o rei da imaxinación aula

Premio de consolación.

4.Tellado.

A porta do noso aprendizaxe.

QUINSA XXVII


- 40 -

Outro curso máis o noso cole participou na actividade "Coñece o teu club" que se engloba dentro do proxecto Xogade, dependente da Xunta de Galicia, co cal se pretende fomenta-lo deporte entre os escolares. Deste xeito, o día 23 de maio dous monitores do Club Baloncesto Redondela achegáronse ata o noso centro para realizar varias sesións con xogos relacionados con este deporte. A actividade foi todo un éxito! Pasámolo moi ben!

Así mesmo, nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron no VI Torneo Interescolar de Baloncesto organizado polo C. B. Redondela. Foi unha xornada para gozar do deporte xunto con rapazas e rapaces doutros coles do noso concello.

QUINSA XXVII


- 41 -

QUINSA XXVII


- 42 -

QUINSA XXVII


- 43 -

W

Z

P

I

O

N

S

R

U

L

I

E

S

O

E

R

F

L

C

Z

C

U

B

E

R

T

A

B

A

R

P

E

D

A

L

C

U

L

T

J

O

C

A

D

E

A

S

U

A

E

L

J

B

A

C

D

H

V

R

G

U

I

A

D

O

R

A

S

I

Y

J

A

S

A

D

O

R

A

N

U

C

I

O

R

T

A

C

I

A

V

I

C

E

R

I

A

P

O

S

A

B

C

D

O

F

U

T

B

L

N

O

I

S

N

E

P

S

U

S

5ยบ Curso

QUINSA XXVII


- 44 -

QUINSA XXVII


- 45 -

QUINSA XXVII


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.