QUINSA XXVIII

Page 1


-1-

Quinsa.

Ola de novo a todos e a todas, aquí estamos con outra edición da nosa revista

Este curso coñecemos "Un muundo de animais", unha emocionante aventura que nos leva dende a nosa contorna ate a selva, aprendendo sobre animais salvaxes, vermes, anfibios, animais mitolóxicos e especies típicas de Galicia, desenrolando o sentido crítico e reflexivo do noso alumnado na protección e coidado das especies autóctonas e das nosas mascotas. A nosa Quinsa enche as súas páxinas cos temas de actualidade e cultura, ademais da nosa radio Quintela FM que tivemos a honra de inaugurar este curso esperando que a súa vida sexa moi longa. Quero desexar moita sorte ao noso alumnado de sexto de Primaria na súa nova etapa lembrándolles que as portas do centro seguen abertas para eles e augurándolles moitos éxitos. Moitas grazas a todos pais/nais, alumnado e sobre todo mestras e mestres polo esforzo realizado sempre cun sorriso dando o mellor de cada un de vós. Non quero rematar esta editorial sen facer mención a nosa compañeira e amiga Oliva, un piar indiscutible do noso centro onde estivo presente 28 anos incitando á paixón por saber e ensinando a pensar dende a liberdade. Grazas Oliva, por toda unha vida de xenerosidade e entrega, por ensinarnos algo máis que coñecementos, por deixar pegada en todos e cada un de nós. Desexámosche toda a felicidade nesta nova etapa da túa vida, e Quintela, o teu colexio, sempre terá un oco para ti. Unha aperta grande.

QUINSA XXVIII


-2-

Educación infantil e o noso proxecto Saídas e visitas infantil Pasamos a Primaria Proxecto Receitas Experimentos Investigamos Noticias Samaín Humor Narrativa Cultura Maios Letras Galegas Disciplina positiva

3 5 10 13 17 19 20 22 29 36 40 43 45 49 56

QUINSA XXVIII


-3-

TRABALLOS CREATIVOS, DIVERTIDOS, E DE INFORMACIÓN

QUINSA XXVIII


-4-

A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

QUINSA XXVIII


-5-

APÍPOLIS

NA NOSA VISITA A APÍPOLIS APRENDEMOS MOITO SOBRE O MUNDO DAS ABELLAS

QUINSA XXVIII


-6-

A MURALLA NA ESCOLA DE EQUITACIÓN ENSINÁRONNOS COMO SER UNS AUTÉNTICOS XINETES E AMAZONAS

QUINSA XXVIII


-7DURANTE ESTE CURSO RECIBIMOS A VISITA DE MOITOS AMIGOS CANINOS!!!. PASÁMOLO MOI BEN E APRENDIMOS MOITAS COUSAS CON ELES

AGILITY

QUINSA XXVIII


-8-

CANICROSS

QUINSA XXVIII


-9-

CONTACONTOS MANUEL SOLLA MANUEL SOLLA CONTOUNOS O CONTO “O XIGANTE SECRETO DO AVÓ”

QUINSA XXVIII


- 10 -

Os nenos e nenas da clase de 5 anos despídense de Infantil e afrontan con ilusión o tránsito á Educación Primaria. Velaquí as súas reflexións sobre o vivido nestes tres últimos cursos e as súas impresións de cara ao cambio de etapa educativa.

QUINSA XXVIII


- 11 -

QUINSA XXVIII


- 12 -

QUINSA XXVIII


- 13 -

No mes de maio asistimos á charla informativa

Educando con Malibú sobre a adopción de animais abandonados.Agora a nosa compañeira Marea fálanos da súa experiencia.

Marea 1º

QUINSA XXVIII


- 14 -

UN MUNDO DE ANIMAIS: OS ANIMAIS MARIÑOS Os alumnos/as de 4º curso colaboramos co proxecto da biblioteca deste ano, nós traballamos os animais mariños. Aportamos traballos individuais, buscando información sobre peixes e mariscos. Despois, estes datos serviron para facer uns traballos conxuntos en cartolina. Tamén estivemos escribindo varias receitas utilizando como ingredientes principais, peixes e mariscos. Algúns dos nenos/as cociñaron na casa!

QUINSA XXVIII


- 15 -

Os alumnos de 6º imos falar das nosas mascotas ... ADRIÁN O meu can chámase Yaco. É da raza beagle. Ten dous anos, é pequeno, branco, con manchas negras e marróns e cunhas orellas como as de Dumbo. É moi xoguetón e lambón, come todo tipo de comida que de damos!

BRAIS A miña mascota é un gato que se chama Sol. É de cor negro cuns pelos brancos no colo, as súas orellas son puntiagudas e os seus ollos, verdes. Gústalle moito xogar, sobre todo coa súa irmá Lúa e cos Stickeez de Lidl. É moi mimoso, se vai frío, sóbese ao colo dun para que lle deas calor.

ISMAEL O meu gato chámase Misifú e é atigrado de cor marrón-amarelado. Os seus ollos son dourados, as orellas teñen a forma de arco de medio punto e unhas uñas moi longas. Encántalle xogar e polas noites case nunca ven a durmir á casa. Gústalle tomar Puleva Max! Coma nós! QUINSA XXVIII


- 16 -

NICOLÁS O meu canario Chamase Polly. Ten sete anos e a súa plumaxe é de cor amarela. Pola mañá, espértanos cantando. Se lle dis, "Hola, Polly", el contesta piando.

RAQUEL A miña mascota é una hamster ruso que lle chamamos Potter. Ten o pelo de cor gris con manchas brancas. Encántalle correr por toda a casa na súa bóla de exercicio. A Potter abandonárono perto dun recolector de lixo, atopámolo e decidimos levalo para a nosa casa e hoxe é un membro máis da nosa familia. VERO Luna é da raza Yorkshire Terrier, moura e moi pequeniña. Ten, aproximadamente, un ano. Os seus ollos son marróns e o nariz, negro. A súa boca está camuflada entre os pelos da súa cabeza. A medida que medre, o seu pelo irase pondo de cor gris.

QUINSA XXVIII


- 17 -

Bo Proveito! Coa axuda da nosa familia, o alumnado de 1º creamos ricos pratos con forma de insectos. Ensalada de cabaliño do demo

Canapé xoaniña

QUINSA XXVIII


- 18 -

Bolboreta preciosa

Bolbopizza

Doce bolboreta

QUINSA XXVIII


- 19 -

De entre as cousas que estivemos a facer neste segundo curso, o que máis nos gustou foi todo aquilo que tivo que ver coa experimentación, a radio, as excursións ou cos animais mitolóxicos. Con respecto a experimentos puidemos reproducir o ciclo da auga, como se evapora e como se produce a chuvia. Desfrutamos mollándonos

coa chuvia reproducimos na

que aula.

Tamén vivenciamos o que pasa no noso estómago, ou no de calquera mamífero cando

eructamos. Para iso mesturamos un ácido e unha base (inocuos para traballar cos nosos nenos) e empregamos unha pequena botella que simulaba ser o estómago. Puxémoslle un globo que se inchou para poder observar a creación dos gases ao se mesturar no estómago o ácido que alí está xunto cos alimentos que inxerimos. Este é o experimento que reflicten estas fotografías.

Grupo de 2º Primaria

Globo inchándose

QUINSA XXVIII


- 20 -

(3º de Primaria) Este curso investigamos sobre algúns animais. Este é o escáncer, tamén coñecido como liscrán. Seguro que moitos o vístedes no campo algunha vez. Pero... que sabedes sobre el?

O ESCÁNCER Nome galego: escáncer, liscanzo, liscrán.

Nome castelán: lución.

Tipo: vertebrado, reptil. Como é: moitas veces confúndese cunha serpe pero é un lagarto que non ten patas (ápodo). Ten o corpo cuberto de grosas escamas de superficie suave e brillante. Os adultos miden uns 30 centímetros. Alimentación: come lombrigas, arañas, larvas de insectos e bebe con frecuencia. Reprodución: como os demais reptís aletárgase dende outubro a finais de marzo aproximandamente. É ovovivíparo, o seu periodo de xestación é de 3 a 5 meses e pon de 6 a 24 ovos dos que rápidamente saen unhas crías que miden uns 10 centímentros. Onde vive: vive nas pradeiras e nos lugares húmidos.

QUINSA XXVIII


- 21 -

(3º de Primaria). Este curso investigamos sobre diferentes anfibios. Como poderedes comprobar hai anfibios que son extraordinarios.

ANFIBIOS SORPRENDENTES RA GOLIAT É moi grande. A súa lonxitude oscila entre 17 e 32 centímetros, o seu peso entre 600 gramos e 3 quilogramos. É robusta, con ollos moi separados. Vive nalgúns lugares de África. PÍNTEGA

XIGANTE

CHINA É a píntega máis grande do mundo, incluída a súa cola pode chegar ata 1,8 metros de lonxitude. Como os outros anfibios ten a pel suave e sen escamas.

SAPO VENTRE DE LUME Este sapo ten un tamaño duns 5 centímetros. Ten unha toxina na súa pel. Cando se sente en perigo, levanta as súas patas dianteiras e mostra o seu ventre vermello e negro.

AXOLOTE A diferenza co resto das píntegas esta vive sempre na auga e conserva os seus rasgos de larva cando é adulta. O axolote só se atopa nalgunhas lagoas cerca da cidade de Mexico.

QUINSA XXVIII


- 22 (3º de Primaria) Desde hai uns poucos meses a ponte de Rande ten dous carrís novos. Pero… que sabemos da ponte de Rande? Cando foi construída? A ponte une as poboacións de Redondela e Moaña. É unha ponte atirantada, construída entre 1973 e 1978. Non foi inaugurada ata 1981 porque non estaban rematados os accesos. No momento no que remataron as obras era a ponte máis longa de España e a ponte atirantada máis longa do mundo.

Algúns datos técnicos: Lonxitude total: 1 558 m Lonxitude ponte atirantada: 695 m Altura dos piares: 118,40 m

Probas de carga antes da inauguración.

Inicio das obras de construcción en 1974.

QUINSA XXVIII


- 23 -

Ampliación da ponte con dous novos carrís No ano 2015 comezaron as obras de ampliación da ponte con dous carrís novos para o tráfico entre Redondela e Moaña. Os novos carrís inauguráronse o 30 de decembro de 2017. Na inauguración estaba o presidente do goberno, Mariano Rajoy e moitos outros políticos. Ao comezar o ano 2018 aumentaron os prezos da peaxe. Ademais non sabemos se eliminarán a peaxe no tramo Vigo – Redondela. No momento de redactar esta noticia aínda continúan as obras co asfaltado dos carrís centrais e o pintando dos piares.

Que opinan os usuarios sobre as obras de ampliación? Os nenos e nenas de terceiro preguntamos a algunhas persoas que pasaron co seu vehículo polos novos carrís a súa opinión. A maioría das persoas preguntadas opinan que os novos carrís son estreitos e que se hai un accidente a ambulancia e os bombeiros non poderían pasar.

A ponte de Rande cos novos carrís tras a ampliación. Bibliografía: Ponte de Rande. En wikipedia. https://gl.wikipedia.org/wiki/Ponte_de_Rande Faro de Vigo. Rajoy abre la ampliación de Rande, “hito de la ingeniería” para vertebrar el sur de Galicia. http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/12/31/rajoy-abre-ampliacion-rande-hito/1812600.html Construcción del puente de Rande. https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/pluginfile.php/40113/mod_imscp/content/1/construccin_del_puente_de_rande.html

QUINSA XXVIII


- 24 -

QUINSA XXVIII


- 25 -

ร ltima hora!!! Na escola de Quintela este ano crearon unha radio escolar que emite tรณdolos xoves da semana e na que participan tรณdolos alumnos/as do centro dende infantil a primaria. Chรกmase QUINTELA FM e o nome e o logo da radio foi escollido polo propio alumnado. Ahora xa estรกn feitos uns verdadeiros locutores. Xa poden presentar o CARRUSEL!!!!!!!!!!

QUINSA XXVIII


- 26 -

QUINSA XXVIII


- 27 -

O noso Colexio ven de gañar un primeiro premio no “Faro da Escola” Unha noticia sobre a visita ao Acuario de O Grove, obtivo o “Premio especial do Centro Superior de Investigacións Científicas”

O periódico, Faro de Vigo, organizou este ano a “III Edición Faro da Escola”, un proxecto que pretende achegar os periódicos aos centros educativos e fortalecer así, os vínculos entre a prensa e a educación. Para iso, propuxéronnos a realización dun periódico escolar. Participamos 48 colexios de Vigo, Redondela, Mos, Soutomaior, A Guarda, Nigrán, Tui, Pontevedra, Marín, Vilanova de Arousa, Bueu, Cangas, Cambados, Ponteareas e Vilagarcía de Arousa. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Curso de Primaria, elaboramos un periódico de 24 páxinas, a todo color, e que falamos das novas que aconteceron no noso colexio ao longo deste curso. Publicamos artigos relacionado coa reforma do tellado e o comedor escolar, a creación da nosa radio (Radio Quintela FM) , a asistencia dos alumnos e alumnas de 4º curso ao Pleno do concello, as entrevistas a

QUINSA XXVIII


- 28 -

Antonio García Teijeiro e a Ángel Barros, á elaboración do compost, ao “Tendedoiro de poemas” e a saídas ao Clube Hípico La Muralla, ao Faro de Vigo, ao Acuario de O Grove… Este último artigo, elaborado polos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, onde contamos as curiosidades sobre os segredos dalgunhas especies acuáticas que habitan os nosos mares e rías, obtivo o primeiro premio especial do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), quedando segundo o CPR Mercantil e en terceiro lugar o CEIP Carballal. Felicitamos a todo o alumnado, e ás mestras e mestres do noso colexio polo magnífico traballo e animarvos para que o vindeiro “Faro da Escola do CEIP QUINTELA” sexa aínda mellor.

QUINSA XXVIII


- 29 -

POLO SAMAÍN OS ALUMNOS/AS DE PRIMARIA ELABORARON RELATOS DE MEDO QUE FORON CONTADOS NO SALÓN DE USOS MÚLTIPLES. TAMÉN TÓDOLOS ALUMNOS/AS DO CENTRO PARTICIPARON COA DECORACIÓN DAS CABAZAS COMO ANOS ANTERIORES

QUINSA XXVIII


- 30 -

Os nenos/as de cuarto fixeron uns contos de medo pola celebración do Samaín. Entre eles, podemos destacar os seguintes: A NENA DO CAMPOSANTO NARRADOR: Aquela noite día 1 de novembro, día de tódolos Santos, cando se recorda os nosos defuntos, caía a choiva a torrentes, a xente esperaba a chegada os taxis preto do camposanto para non mollarse....Un taxista detívose entre o río e o panteón. A súa pasaxeira, unha nena que non pasaba dos dez anos, subiu ao taxi xunto a unha corrente de aire xélido. TAXISTA: Ola pequena! A onte te levo? NENA: Quero ir coa miña nai. NARRADOR: A pequena dirixiu a súa mirada estrana e vacía cara a nada pola ventanilla do coche. O taxista decatouse que aínda que chovía a nena tiña a roupa seca. Nas mans levaba unha boneca de trapo rota e chea de sangue. TAXISTA: Nena a onde te levo? NENA: Coa miña nai e o meu pai a un barrio chamado Guadalupe. NARRADOR: Ao entrar no barrio a nena sorría ao ver os postos de Hallowenn. De pronto a nena preguntoulle ao taxista: NENA: Gústanlle os mortos? NARRADOR: O taxista estremecéuselle o corpo e non respondeu a pregunta da nena. NARRADOR: A nena mirou pola ventanilla do taxi e dixo: NENA: Alí, alí,é a casa dos meus pais. NARRADOR: O taxista parou para que baixara. Cando acendeu a luz do interior do coche observou o rostro da nena, sen expresión, os beizos case morados e a cara chea de moratóns, contrastaba coa súa tez branca e o seu cabelo escuro e atado por dúas trenzas.

QUINSA XXVIII


- 31 -

NARRADOR: A nena sen dicir nada baixou do coche e entrou na casa. O taxista marchou pero cando ía a medio camiño decatouse que a nena esquecera a boneca e volveu atrás a levala. Petou na porta da casa e saíu un home coa expresión cansada e ollos chorosos. TAXISTA: Boa tarde veño a traerlle esta boneca a unha nena que trouxen aquí fai un intre. HOME : Non , non, non pode ser a única nena que vivía aquí era a miña filla e faleceu atropelada a semana pasada. Estou moi afectado, creo que as veces sigue aquí comigo... NARRADOR: O taxista sentiu un arrepío por todo o corpo e decidiu non volver a coller pasaxeiros cerca do camposanto.

QUINSA XXVIII


- 32 -

O PAIASO DO CADRO Todo comezou a noite do 31 de outubro, samaín, cando cinco nenos saíron disfrazados de momias a pedir caramelos polo vecindario. Facía moito frío e

de pronto comezou a chover, a lúa estaba chea e brillante, o cal alumeaba as rúas e o silencio deixaba escoitar os ladridos dos cans. A nena máis medrosa do grupo, Paula, veu que alguén os seguía e se escondía tralas esquinas. Cando llo dixo ao resto do grupo non a creron porque sabían a Paula era moi medrosa. Cando xa recorreran tres rúas escoitaron un extrano ruído e un dos nenos, Daniel, puido ver un home que lles seguía. Levaba un abrigo negro, longo e un gorro oscuro que tapaba o seu rostro. Despois dun rato chamando as casas, tiveron que pasar por diante do camposanto, xa que quedaba unha casa ao fondo na que daban moitos caramelos. De pronto Paula dixo: PAULA: Que medo, teño moito medo. Quero irme... NENOS: Imos,non sexas medrosa... NARRADOR: Dixeron os nenos facéndose os valentes pero no fondo todos tiñan medo porque sentían que alguén os estaba a seguir. Cando atravesaron o camposanto atoparon a casa. Era moi siniestra e daba moito medo. Chamaron a porta e de pronto abriuse sola. A porta estaba aberta e entraron. Non había ninguén ...de repente un dos nenos, Daniel desapareceu. Asustáronse todos. Un forte ruído pillounos por sorpresa, de repente un das nenas, Irene xa non estaba. O home que os seguía era o irmán de Paula que quería gastarlle unha broma aos rapaces. Entrou na casa e abrazou a súa irmá, intentaron saír pero a porta pechouse de pronto. E así foron desaparecendo un por un....

QUINSA XXVIII


- 33 -

NARRADOR 1: Os pobres rapaces non se deron conta de que na casa había un cadro moi grande. No cadro había un paiaso debuxado cunha man con cinco dedos xigantesca. Os nenos desaparecían porque o paiaso cobraba vida o día de samain. A súa man xigante collía os nenos un por un e os metía dentro do cadro. Quen sabe? O mellor algún día entras nesa casa e …....desapareces!

NON SO OS CANS MORDEN:

BASADO EN FEITOS REAIS

Unha noite de hallowen, dous irmáns estaban vendo a tele. Saía unha noticia na que se dicía que unha muller fuxira da cadea e era moi perigosa. Aconsellaban ter as fiestras ban pechadas, as portas coa chave por dentro e que non se lle ocurrise abrir a ninguén. O irmá mais maior Xavier, quería disfrazarse de vampiro e sair cos seus amigos a pedir lambetadas polas casas. Carla, a irmá pequena, non quería quedar soa na casa.

QUINSA XXVIII


- 34 -

Ademais os seus pais non lles deixaban durmir co seu irmá, xa que lles mercara un dormitorio novo para ella. E iso a tiña moi preocupada porque sabía que iba a pasar moito medo pola noite. Xavier saiu de todos modos e deixou soa a Carla. Foi polas casas veciñas a pedir lambetadas.Cando chegou a casa estaba tan cansado que se botou a dormir co seu disfraz posto. Despois un forte ruido na fiestra despertouno e foi rapidísimo a escender a luz pero a bombilla da súa habitación estaba afundida. Xavier berrou e Carla que non pegara ollo e morta de medo foi a habitación de Xavier e pediulle o seu irmá que si podían dormir xuntos. Xaxier abrazou a Carla e aceptou. Cando se dirixian a habitación de Carla, empezaon a escoitar ruidos cada vez máis preto deles. De pronto o can empezou a ladrar sen parar. Recordaron a noticia da tele, pensaron nesa muller que escapara da cárcere e decidiron esconderse xuntos nun armario vello do baixo teito. De súpeto Xavier sentiu un pinchazo no pescozo, pensou que quizais unha araña o picara. Pasaron unhas horas e non escoitaron nin ruidos nin ladridos de cans. Xavier decidiu que xa era hora de voltar cada un as súas habitacións. Cando chegou a mañá seguinte, Xavier non estaba na habitación. A fiestra estaba aberta de par en par e Carla so puido ver un vampiro que a saudaba dende a ventá.

QUINSA XXVIII


- 35 -

AS PANTALLAS PODEN CORTAR Raquel Puentes Ferrín (6º Curso Primaria) A miña nai sempre me está a berrar por estar todo o día xogando coa tablet. Chámome Anabel e estudo Sexto de Primaria. Estou no nivel nove de Clash Royal, paso todo o día a xogar e abrindo cofres. Hoxe é sábado, coma todos os sábados vou pasar a tarde á casa da miña avoa. A miña avoa vive nun piso en Vigo. O edificio atópase no centro da cidade e é moi alto. Ela vive no último, na planta 11 e dende a ventá do salón, vese toda a cidade. Sento no sofá, saco a tablet e póñome a xogar, de súpeto, a miña avoa berra dende a cociña: -Nena, queres a merenda? Eu contéstolle que si, que me apetece un bocadillo e ela baixa á panadería a mercar pan. Quédome soa na casa xogando, cando de súpeto, soa o teléfono. Asústome e cáeme a tablet ao chan. Levántome correndo para collelo. Descólgoo, pero ninguén fala, eu pregunto e ninguén contesta. Colgo. A tablet está no chan, cólloa e ...oh, non! Rompeu! A pantalla está rota pero consigo ver unha imaxen. Déixoa sobre a mesa, disgustada. Marcha a luz – non! Rómpeseme a tablet, marcha a luz...todo me pasa a min! Está todo a escuras, chove moi forte e de repente ilumínase a pantalla escachada, bota luz e máis luz e de súpeto...Mario Bross, Link, bonecos do do Animal Crossing...os personaxes dos xogos comezaron a sair do aparato escachado e empezaron a medrar e medrar. Eu berro de medo e volto a corer cara a porta. Tento abrila pero non son capaz. Sinto como unhas mans agárranme con cordas. Tápome os ollos. Escoito como se rin. Móvenme, e de súpeto, alguén trábame con forza, mentres, rinse. Escoito como abren unha ventá. Xa non me moven. -Veña, vai un pouco a xogar fóra. E riense. Caio pola ventá. Sinto como caio. Levo un tempo enorme caindo. O chan é brandiño. Soa o timbre, esperto, estou no salón da mina avoa. Quedei durmida! Esfórzome e abro a porta. A miña avoa mírame sorprendida: -Nena, estás a sangrar! Dende aquel día decidin que era mellor xogar máis na rúa. As pantallas poden cortar.

QUINSA XXVIII


- 36 -

Os nenos/as de cuarto curso, para unha emisión da radio Quintela FM, amenizaron o programa cunha ronda de chistes rápidos. Ahí vai unha sección de chistes rápidos para pasar un bo rato. 1 Que lle di un vasco a outro?

CHU…VASCOS.

2.A nai de Xaimito estalle berrando. Comeches todas as lambetadas! Iso que te avisei que nin as mirases! Pero eu obedecín! Contestou Xaimito….cominas cos ollos pechados. 3. Lucía, que é unha leona? Un mamífero. Moi ben! E un león?Un paipífero 4. Dos avós están sentados nun banco dun parque, e un dille a outro: - Que vas facer hoxe? Nada. - Pero iso o fiseches onte! - Xa pero non o rematei. 5. Cal é o colmo dunha funeraria? Que

o

seu

negocio

este morto! 6. Que lle di unha folla de papel ao profesor/a de mates? Estou en branco.

QUINSA XXVIII


- 37 -

7. A mestra está moi enfadada porque Xaimito non responde a ningunha das súas preguntas. Ao fin dille: Xaimito, e que non es capaz de dicir nin unha soa resposta? Pois claro que son capaz! Nin unha soa resposta. 8. A profesora pregúntalle a María: Qué sabes ti sobre as bruxas? Que son como as fíns de semana. E por qué son como as fíns de semana? Porque os dous pasan voando.

9. Cal é o colmo dunha xirafa? Ter

a

cabeza

nas

nubes. 10. Cal é a frase que máis se escoita na clase? Non o sei. 11. Porque un tomate non toma café? Porque tomaté.

12. Asegúrote que o meu can é todo un exempro de fidelidade. Imaxínate o outro día perdino, e él atopoume dende 300 quilométros de distancia valéndose únicamente do seu olfacto. Que che parece? Pois que necesitas urxentemente unha boa ducha.

QUINSA XXVIII


- 38 -

13. A profesora debuxa un ovo no encerado. Cando remata, ensina unha foto dunha galiña e outra dun gato e pregunta a toda a clase. A ver quen o sabe? Quen fixo o ovo? Xaimito levanta a man e responde. - Vostede mestra! 12. Manolo que fas? Intento seguir o GPS como me dixo o meu fillo pero de momento non se move. 15. Como sacas a un gato branco dun mar negro? Negro, non mollado. 16. Vai un neno a unha tenda e pregunta, dise caca ou popo. - Mellor di popo. A vale, entón dame un quilo de popoguetes. 17. Era unha señora tan fea, pero tan fea que se quería apuntar a un concurso de feas e non lle deixaron porque non aceptaban profesionais.

18. Como se chama o campeón

de

buceo

xaponés? -Tocofondo. E o subcampeón? - Casitoco. 19. Que lle vi unha vasoira a outra? Hai amiga a miña vida está feita polvo.

QUINSA XXVIII


- 39 -

20. Xaimito desperta para ir coller o autobús, cando chega a parada, o autobús marchara. Entón Xaimito corría, corría... pero nada o autobús xa non se veía. Pilláchelo? Non...Xaimito tampouco. 21. Como se chama o pato que non se leva con outros patos? Antipático! 22. Chama a nai de Xaimito, e Xaimito vai e dille a súa nai: -Vou facer a campra, encárgate de meter o neno na cuna, o polo no forno, faite un bocadillo de nocilla e frega o chan con lixivia. A nai foise e Xaimito comeza a facer as cousas: mete o neno no forno, o polo na cuna, o bocadillo de lixivia e o chan o frega con nocilla. Chega a nai e berra, Xaimito! Xaimito vai e dille: Chisss....non berres por favor que o neno está durmindo. 23. A mestra dille a toda a clase , mañá traedeme unha onomatopeía. Ao día seguinte dille a Xaimito: -

Dime

unha

onomatopeia. -Onte iba pola estrada , vin un coche e case me o no matopeia. 24. Por que se suicidou o

libro

de

matemáticas? - Porque tiña moitos problemas.

QUINSA XXVIII


- 40 -

QUINSA XXVIII


- 41 -

QUINSA XXVIII


- 42 -

QUINSA XXVIII


- 43 -

QUINSA XXVIII


- 44 -

QUINSA XXVIII


- 45 -

ESTE ANO CELEBRAMOS OS MAIOS O DÍA 27 DE ABRIL NA ENTRADA DA ESCOLA DEBIDO A AMEAZA DE CHOIVAS DURANTE ESE DÍA. A CONTINUACIÓN, PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DA MONTAXE E DALGUNHAS DAS COPLAS QUE CANTARON OS DIFERENTES CURSOS.

QUINSA XXVIII


- 46 -

QUINSA XXVIII


- 47 -

Cando chove os de infantil

Despois dos de Infantil

non podemos ir á area

chegamos os de primeiro,

queremos o sol no ceo

cantaremos catro coplas

para gozar máis do recreo.

neste maio do colexio

Sobre os animais da selva

Radio Quintela FM

nós quixemos aprender

foi creada neste curso

do león e máis a cebra

cada xoves emitimos

non nos imos esquecer.

as noticias, que barullo!

3 e 4 anos

1º primaria

Os nenos de 5 anos

No colexio de Quintela

xa nos imos a primaria

estamos de noraboa

deixando o noso patio

pois para o ano que ven

con moita pena e rabia.

o tellado xa non voa.

Este ano foi duro

Xa chega o mes de maio

traballando sen parar

veremos se segue o sol,

entre as letras e a selva

porque chuvia neste inverno

no puidemos respirar.

tivemos a mogollón.

5 anos

2º primaria

QUINSA XXVIII


- 48 -

Nós somos os de terceiro

Os nenos de quinto curso

Xá estamos fartos de traballar

hoxe vimos festexar

E agora estas coplas

esta gran festa dos maios

vamos recitar

que a todos vos vai gustar.

O profe Miguel trouxo

Os profesores do cole

uns cágados á nosa clase

nos mandaron inventar

nós queremosque medren

unhas cantas coplas novas

e as ras aprendan mate.

para podelas cantar.

3º primaria

5º primaria

Os nenos de 4º curso

Este ano os de sexto

estamos moi emocionados

ímosvos a recitar

por ser o 1º ano

unas copliñas fermosas

que facemos este maio.

que vos van a asombrar.

No colexio de Quintela

Os nenos de sexto Curso

imos ter un comedor

queremos retransmitir

para os nenos que queiran

un programa nesta radio

a ver se comen a coliflor.

para podervos divertir.

4º primaria

6º primaria

QUINSA XXVIII


- 49 -

As Letras Galegas 2018 homenaxeaban a figura de María Victoria Moreno Márquez. Durante esa semana na escola realizáronse unha serie de actividades que a continuación podedes observar neste pequeno resumo

TEATRO LIDO

QUINSA XXVIII


- 50 -

MARATÓN ACTIVIDADES

QUINSA XXVIII


- 51 -

QUINSA XXVIII


- 52 -

CANTIGAS

QUINSA XXVIII


- 53 -

María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara, Cáceres, o 1 de maio de 1939, durante a Guerra Civil. O seu pai, Vicente, era militar e Sara, a súa nai, era mestra. Tivo tres irmáns: Sara, Antonio e Rafael. Ao rematar a guerra, trasladáronse a Badaxoz e logo a Segovia. Tras a morte do pai, en 1949, viviu en Sepúlveda (Segovia), onde a nai era mestra. En 1951, grazas a unha bolsa, puido ir cursar o bacharelato a Barcelona. Alí aprendeu catalán e francés e descubriu a literatura lendo O Quixote e O principiño, que se converteron nas súas obras favoritas. Ela afirmaba que nacera en 1941 para facer coincidir a súa idade coa das súas compañeiras. De 1958 a 1963 estudou Filoloxía Románica en Madrid, onde coñeceu a José Luis Llácer; casaron ao finalizar ela a carreira e foi vivir con el a Pontevedra en 1963. En Galicia viviría máis de corenta anos e debemos darlle a razón cando afirmaba ser galega: foi a terra onde viviu máis anos e a lingua coa que se identificou. En 1965 aprobou as oposicións e foi destinada ao Instituto Masculino de Lugo (hoxe Lucus Augusti). Alí foi compañeira de Xesús Alonso Montero, de quen dicía que fora un mestre para ela. Del herdou a actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos falantes. Dous anos despois volve para Pontevedra onde, logo de traballar algún tempo no Instituto Feminino (o actual Valle-Inclán) e no de Vilalonga (Sanxenxo), exerceu a docencia o resto da súa vida no IES Torrente Ballester. En plena ditadura franquista, atreveuse a darlle clase de literatura galega ao seu alumnado e impartiu cursos gratuítos de galego para mestres e mestras e outras persoas que non tiveran a posibilidade de estudar a nosa lingua. En 1972 gaña o 2.º Premio O Facho co conto Crarisca e o Luceiro. En 1973, coa publicación de Mar adiante, convértese nunha das escritoras pioneiras da literatura infantil e xuvenil galega. Esta obra constitúe un manifesto a favor dunha escola diferente, en contacto coa natureza, baseada nunha relación de respecto e agarimo ao alumnado.

QUINSA XXVIII


- 54 -

En 1975 recibiu o Premio O Facho polo seu relato O cataventos. En 1979 publicouse Contos pra nenos, que incluía o texto galardoado. En 1983, saíu do prelo A festa no faiado e en 1986 Leonardo e os fontaneiros; esta acadaría o 3.º lugar no certame O Barco de Vapor e sería favorita. Outras lecturas súas destinadas ao público máis novo son: ¿E haberá tirón de orellas? (1997) ou Eu conto, ti cantas... (2005). Xunto con outras persoas, abriu a libraría Xuntanza e durante dez anos dirixiu a colección Árbore da Editorial Galaxia. Ademais, nunha época en que se carecía de material para impartir as clases e para a lectura en galego, participou na publicación de libros de texto de literatura galega e traduciu ao galego obras doutras linguas, algunhas cun enorme éxito, como Mecanoscrito da segunda orixe. En 1988 publicou Anagnórise, considerado o seu mellor libro e un clásico da literatura xuvenil galega, que foi incluído na Lista de Honra do IBBY. En 1999, sae á luz a novela xuvenil Guedellas de seda e liño, que reflicte as desigualdades sociais. E, aínda que María Victoria Moreno é coñecida sobre todo por ser unha escritora de literatura infantil e xuvenil, tamén posúe obras para o público adulto: en 2004 publica Diario da luz e a sombra, un libro onde narra a vivencia da enfermidade que a levará á morte en 2005, en Pontevedra; e, xa de forma póstuma, saen do prelo Elexías de luz en 2006 e Onde o aire non era brisa, a primeira novela que escribira, xa traducida ao galego por vontade súa, en 2009. Características salientables da súa obra son a presenza de animais como protagonistas, e tamén a de nenas e mulleres, a defensa da igualdade, a crítica a un ensino autoritario e reseso e a dignificación da lingua galega.

QUINSA XXVIII


- 55 -

Proposta dos de 6º: Na obra MAR ADIANTE de María Victoria Moreno, o Arroás, era un barco onde unha mestra puña escola.

C

R

P

M

C

S

V

A

E

S

B

V

R

B

O

T

A

V

A

R

A

O

F

A

E

M

A

B

Z

S

S

F

L

T

F

P

C

L

O

B

I

Y

T

I

J

N

Ñ

O

D

L

A

Q

O

R

X

R

E

E

H

P

Q

K

S

M

R

R

T

C

O

V

M

X

B

U

J

P

A

P

M

S

P

A

R

V

O

F

E

L

H

I

F

G

E

T

R

S

Z

A

N

R

O

E

O

V

H

A

P

T

R

C

A

N

A

Q

P

R

L

C

Ñ

O

Q

P

R

O

A

T

R

S

T

M

QUINSA XXVIII

Solucións: cataventos, mastro, foque, vela maior, botavara, proa, popa, estribor, babor, orza, cana, temón.

No maratón da Semana das letras estivemos vendo as partes dun barco de vela. A ver se te lembras e es capaz de atopalas na seguinte sopa de letras.


- 56 -

Apoio e ferramentas para unha educación respectuosa, sen premios nin castigo As ferramentas e conceptos de Disciplina Positiva inclúen: 1. Respecto mutuo. Os adultos modelan a firmeza ao respectarse a eles mesmos e as necesidades da situación e a amabilidade ao respectar as necesidades do/a neno/a. 2. Identificar a crenza detrás do comportamento. Unha disciplina efectiva recoñece as razóns que fan actuar a os nenos de certa maneira e traballa para cambiar esa crenza, en lugar de tentar cambiar soamente o comportamento. 3. Comunicación efectiva e habilidades para resolver problemas. 4. Disciplina que ensine (que non sexa permisiva nin punitiva). 5. Enfocarse en solucións en lugar de castigos. 6. Alentadora (en lugar de alabadora). Ao alentar, tómase en conta o esforzo e a melloría, non simplemente o éxito e constrúe autoestima a longo prazo e estimula. Nesta ocasión centrarémonos en comprender e identificar a crenza detrás do comportamento, e para iso imos reflexionar sobre a seguinte frase: ¿De onde sae a louca idea de que para que un neno/a se porte ben, primeiro temos que facelo sentir mal?. Existe una nova maneira de enfocar o mal comportamento dende a perspectiva da Disciplina positiva, entendido este coma unha falta de coñecemento, falta de habilidades eficaces, unha expresión de desánimo, unha reacción do noso cerebro primitivo,... en resumo, un enfoque erróneo para dar resposta a unha situación social determinada que se corresponde coa idade do neno/a. Partindo desta premisa, coma dixo R. Dreikus, pai da Disciplina positiva, “un neno que se porta mal é un neno desanimado” que busca 4 metas ou obxectivos equivocados que son as que persigue cando se sinte mal: atención excesiva, poder mal enfocado, indefensión aprendida e vinganza. A disciplina chama a estas metas erróneas, xa que se basean en crenzas erróneas dos nenos/as sobre coma conseguir sentirse importantes ou tidos en conta, que é o seu fin, o sentimento de conexión ou de pertenza a ese grupo social. E, para que un neno/a non caia en metas erróneas, podemos ter en conta 4 pilares básicos: Recoñecemento, Poder, Xustiza e Habilidade. Un novo enfoque sobre o comportamento dos nenos e nenas que mellorará a súa educación e fortalecerá a vosa relación... e agora vos, aceptades o reto da Disciplina positiva?. Elena Fernández Serrano – Xefa do Dpto. de Or. – Curso 2017/2018

QUINSA XXVIII


- 57 -

Traballo elaborado polo alumnado de 5ยบ e 6ยบ de Primaria

QUINSA XXVIII


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.