ÍNDICE Conta Contos 3 anos Os pequenos cociñeiros As noticias de infantil Non é unha caixa Proxecto as miñocas Invitados en Educación Física 1º Educación Primaria “Querido Balbino” Lectura Expresiva 2º Educación Primaria Conmemoración dia Europa 2º Educación Primaria Visita Muncyt Van Gogh on a large scale Find the differences Renewable Energies A festa de pixamas O Colexio embruxado O rebentacranios Pasaporte Solidario Un invitado especial Coñecemos a Xosé Neira Vilas O Magosto O mellor do cole según 6º Educación Primaria Soluciones Inglés Contraportadas
Este ano temos un erro na revista, a ver se o atopades! Portada: Laura 6º E.P.
OS PEQUENOS COCIÑEROS DO COLE Os nenos de 3, 4 e 5 anos fixeron, coa axuda das súas mestras e das
cociñeiras, mazás asadas para merendar. INGREDIENTES: o Mazás (Golden) o Canela o Azucre PREPARACIÓN: 1º Lávanse as mazás.
2º Faise unha pequena cortadura no medio da mazá (só na pel). 3º Sácanse as pepitas cun descorazonador. 4º Bótaselle azucre só na cortadura. 5º Se se quere espolvorear con canela. 6º Métense nunha fuente de forno. E… A COMER!!!
AS NOTICIAS EN INFANTIL
COINCIDINDO COA CONMEMORACIÓN DA SEMANA DA PRENSA, NO MES DE MARZO E,COA INTENCIÓN DE FAMILIARIZARSE CUN TEXTO INFORMATIVO, OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL, TRAS MANEXAR ALGÚNS XORNAIS, FIXERONNOTICIAS REFERIDAS A ACTIVIDADES PEDAGÓ XICAS E LÚDICAS REALIZADAS POLO OU NO CENTRO ESCOLAR. FORON AS SEGUINTES:
“NON É UNHA CAIXA” OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL, REALIZAN UNHA SESIÓN Á SEMANA DE “XOGAR A PENSAR”E NUNHA OCASIÓN LERON UN CONTO TITULADO “NON É UNHA CAIXA” LOGO TRABALLARON SOBRE EL: CADA UN DECIDIU EN QUE QUERÍA CONVERTER UNHA CAIXA DE CARTÓN, DEBUXOUNO E LOGO ESCRIBIRON UNHA NOTA ÁS FAMILIAS PEDINDO AXUDA PARA TRANSFORMAR A CAIXA NAQUELO QUE DEDIDIRAN. NAS SEGUINTES IMAXES PÓDESE APRECIAR OS RESULTADOS DO TRABALLO, A IMAXINACIÓN E A CREATIVIDADE DAS FAMILIAS:
PROXECTO “AS MIÑOCAS” UN DÍA DE CHOIVA, DE TANTOS QUE TIVEMOS NESTE CURSO, CANDO O ALUMNADO DE INFANTIL ESTABA ENTRANDO NAS AULAS POLA MAÑÁ, ATOPARON UNHA MIÑOCA NA ENTRADA E VIÑERON CONTARMO TODOS ASOMBRADOS, POLO QUE, ANTE A EXPECTACIÓN, OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º NIVEL DE DECIDIMOS INVESTIGAR MÁIS SOBRE ESTE ANIMAL. PRIMEIRO APUNTAMOS AS COUSAS QUE SABÍAN E QUE QUERÍAN SABER SOBRE A MIÑOCA E ONDE PODERÍAMOS ATOPAR A INFORMACIÓN. DESPOIS FOMOS Á BIBLIOTECA PARA BUSCAR LIBROS QUE NOS CONTARAN ALGO SOBRE ESTE VERME E TAMÉN TROUXERON INFORMACIÓN DA CASA
A MEDIDA QUE ÍAMOS LENDO LIBROS DESCUBRIMOS QUE FACÍA TÚNELES BAIXO A TERRA POLO QUE NOS PARECÍA INTERESANTE PODER VELOS. ASÍ QUE DECIDIMOS BUSCAR AXUDA CO PAI DE JOEL QUE ERA CARPINTEIRO, PARA QUE NOS FIXESE UN CAIXÓN CON BORDES DE MADEIRA PERO CON CRISTAL (MELLOR METACRILATO) NOS LADOS PARA PODER OBSERVAR AS MIÑOCAS CANDO ESTIVESEN DENTRO.
CANDO XA TIÑAMOS O CAIXÓN FEITO, METÉMOSLLE TERRA E AREA DENTRO XUNTO CON ALGUNHA FOLLA EN DESCOMPOSICIÓN PARA QUE SE ALIMENTARAN E TAMÉN AUGA. AGORA SO FALTABA BUSCAR AS MIÑOCAS NA NOSA HORTA (TROUXÉRONAS UN PAR DE NENOS EN 2 OCASIÓNS DA CASA PERO CHEGABAN MORTAS OU CASE).
A MAIORÍA NON QUIXO TOCALAS, PERO UNS CANTOS COLLÉRONAS NA MAN. ALGÚN CHILLABA CANDO VÍAN COMO SE EXTENDÍA NUNHA BANDEXA ANTES DE METELAS NO CAIXÓN.
DESPOIS, CO PASO DOS DÍAS E, COA AXUDA DUNHA LANTERNA TAPADA CUN PAPEL VERMELLO PARA QUE NON LLE AFECTE A LUZ, OBSERVAMOS COMO ÍAN FACENDO TÚNELES.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE VERMIÑO TAN ESCURRIDIZO: - PERTENCE Á FAMILIA DOS ANÉLIDOS PORQUE TEN O SEU DELGADO CORPO FORMADOPOR ANEIS, E Á CLASE DOS OLIGOQUETOS PORQUE OS ANEIS TEÑEN UNHAS PEQUENAS CERDAS OU QUETOS QUE LLE AXUDAN A DESPLAZARSE E A ESCARBAR A TERRA. - VIVE EN GALERÍAS QUE EXCAVA BAIXO A TERRA CHAMADAS LOMBRIGUERAS. NON SAE DE DÍA PORQUE É SENSIBLE Á LUZ E ADEMAIS PRECISA ESTAR HÚMIDA SENÓN PODE SECARSE, POR ISO SAE Á SUPERFICIE
NOS DÍAS DE HUMIDADE E POLAS NOITES CANDO APROVEITA PARA ALIMENTARSE E PROCREAR. - É DE COR ROSADA, SOE MEDIR ENTRE 2 E 5 CM. PERO ALGUNHA ESPECIE PODE CHEGAR AOS 30 CM., E VIVE ENTRE 4 E 5 ANOS. É UN INVERTEBRADO E TEN RESPIRACIÓN CUTÁNEA. NON TEN SENTIDOS AGÁS UNHAS SENSIBLES CÉLULAS CUTÁNEAS QUE LLE PERMITEN DIFERENCIAR O DÍA E A NOITE E DETECTAR VIBRACIÓNS CANDO SE ACERCA UN INIMIGO.
CLITELO
ANO
BOCA
- SON HERMAFROTIDAS PERO PRECISAN APAREARSE PARA FECUNDAR. LOGO CADA MIÑOCA PON O SEU CAPULLO ONDE DEPOSITA OS ÓVULOS E OS ESPERMATOZOIDESXUNTO CUN LÍQUIDO QUE SEGREGA DO CLITELO E DESPOIS ENTÉRRAO. A POSTA DE OVOS É DE 45 A 60 DÍAS, DENTRO DE CADA UN SAE ENTRE 2 E 4 CRÍAS E O TEMPO DE XESTACIÓN DURA ENTRE 2 E 4 SEMANAS. - ALIMÉNTASE DE MATERIA ORGÁNICA EN DESCOMPOSICIÓN QUE ENGULLE XUNTO COA TERRA A MEDIDA QUE VAI CAVANDO. - TEN UN IMPORTANTE PAPEL NO ECOSISTEMA PORQUE: * É USADO COMO CEBO NA PESCA * CONTRIBÚE A ENRIQUECER A TERRA PORQUE ARRASTRA RESTOS VEXETAIS ÁS GALERÍAS QUE EXCAVA CONVERTÍNDOSE EN ABONO PARA AS PLANTAS. * REMOVE E AIREA A TERRA GRAZAS AOS TÚNELES QUE EXCAVA, AXUDANDO A QUE SE FILTRE A AUGA E NON HAXA EROSIÓN NOS SOLOS EN ÉPOCAS DE CHUVIAS. * PRODUCE ABONO ORGÁNICO PORQUE OS SEUS EXCREMENTOS, CHAMADOS PELLAS, SON NUTRIENTES DE ALTA CALIDADE PARA A TERRA, O DENOMINADO HUMUS DE LOMBRIZ. * SERVE DE ALIMENTO A MOITOS ANIMAIS COMO PAXAROS, RATAS, TOUPAS, SAPOS, PORCOTEIXOS, ETC
INVITADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA Un ano mais contamos con visitas de auténticos “expertos” en diversos deportes que nos iniciaron na práctica de Balonmán e Baloncesto.
Ambas actividades desenvolveronse nos primeiros meses do curso . Balonmán durante duas semanas e Baloncesto unha. Queremos agradecer dende o centro a súa colaboración e convidar ós monitores e monitoras a que repitan para o ano que ven.
1º de Educación Primaria.
Homenaxe a Xosé Neira Vilas co gallo do 50 aniversario da publicación de “Memorias dun neno labrego”. Despois de que a mestra nos lera un capítulo cada día na hora de ler, fixemos un debuxo de cada un deles, escribimos o título, o principio e o final.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARAN OS NOSOS DEBUXOS!!
Lectura expresiva preparada por el alumnado de 2º de Educación Primaria. Este cuento fue leído en la Sala Castelao para el alumnado de Educación Infantil en la Hora de Leer.
Si quieres escuchar y ver el cuento, haz clic AQUI
Este cuento es de la Editorial Blume, colección Bichitos Curiosos. Autor: Antoon Krings.
O alumnado de 2º de Educación Primaria, presenta o traballo realizado no Ceip Plurilingüe Pepe de Xan Baña co motivo da conmemoración do Día de Europa.
PREME AQUÍ PARA VER A PRESENTACION.
VISITA AO MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA DA CORUÑA
O día cinco de abril, os alumn@s do 2º e 3º ciclo de primaria, visitamos o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña).
O primeiro que visitamos foi a sala iberia, e o que máis nos impresionou foi o “Boeing 747”, chamado Lope de Vega, da compañía Iberia, que tiña un peso de 200 toneladas e dous pisos. Construíuse en Seatle, e realizou 15.000 voos. Púxose en funcionamento en 1970 e estivo 22 anos en activo. Consumía un litro de combustible cada segundo. O queroseno, ía nas alas que eran ocas, e as veces ,tamén na cola.Tiña unha capacidade para cincocentas persoas . As obras de Picaso viñeron na bodega deste avión a España, xa que durante a época da dictadura, leváranas a Nova York.
Vimos distintas partes do avi贸n:
Turbina
Parte frontal do Boeing 747
cabina Boeing 747
tu
corte de รก
O aviรณn aislรกbase con fibra de vidro, para soportar as temperaturas baixas .
tren de aterraxe
As รกs levaban panal de abella resistente, lixeiro e flexible.
Vaia rodas!!!
E‌, incluso puidemos disfrutar como se fixeramos a nosa viaxe soùada en primeira clase.
Despois do impresionante Boeing 747, vimos distintas máquinas de escribir, e como fomos evolucionando, no plano da tecnoloxía ( máquinas para facer códigos, vendida por Hitler coa que mandaban mensaxes, máquinas de cálculo, ordenadores, …, etc)
A continuación, recibíronos uns robots (Marilú e Pepexán), moi simpáticos e con ollos de cores, que nos falaron dos obxectos expostos.
Noutra das salas co lema “Somos ananos, subidos ao lombo de xigantes” observamos distintos aparellos moi importantes no campo da física e química.
E… finalmente vimos vídeos e maquetas, sobre as casas bioclimáticas .
Tamén, tivemos tempo para recuperar enerxía, na nosa visita.
Alumn@s de 3ยบ e 4ยบ de primaria.
Click here to watch a Sunflowers video
Sunflowers
Click here to watch a Starry night video
Starry night
Making of‌ Starry night
Can you find these objects in the picture? Match words and photos.
blue cellophane
wind
black felt
mountain
yellow balls
church
green rope and cotton
stars
construction blocks
houses
blue cone
sky
Look at some of our school artists‌ Can you find 8 differences?
Complete the words with the missing letters and match:
_ _ND
S_LA_
_AN_ _
_U_
_ _ ND
R _ _N
_L_ _D
M__L
A FESTA DE PIXAMAS Durante o recreo, varias nenas quedaron para ir á casa de Lidia. Cando se fixo de noite, estaban todas un pouco aburridas e Lidia dixo: -Por que non facemos unha festa de pixamas? - Sí, por que non? –contestaron todas. De repente, escoitaron un ruido. Lidia era a que tiña máis medo, pero tamén a máis valente. Foi a única que se atreveu a ir ver o que pasaba. Ao darse a volta, viu unha enorme sombra que cada vez estaba máis preto e berrou: - Correde, correde! Pensou que era un vampiro, porque no espello non se reflexaba nada. Estaba a punto de saírlle o corazón do sitio, cando viu uns pratos con moitas rosquillas e dixo: - Isto non creo que sexa obra dun vampiro! Nese momento, escoitouse a voz da nai de Lidia que dixo: - Nenas, xa vai sendo hora de durmir! Todas quedaron tranquilas e decidiron ler un conto, a poder ser, que non fora de vampiros.
PAULA MOURELLE SENRA 3º E.P.
O COLEXIO EMBRUXADO Alá polo mil novecentos catorce, unha bruxa maldeceu este colexio e aínda hoxe non se sabe a causa. Dixo, que no ano dous mil doce, no día do Samaín, miles de seres malvados o atacarían. Hoxe, día do Samaín estabamos no corredor celebrando, cando de repente quedou todo a escuras e… miles de seres malvados saíron das aulas! Todos berramos co susto que levamos, aínda que as mestras nos intentaban tranquilizar pero os monstros berraban: -Mares de sangre, soles menguantes, lúas ardentes e terra crecente! Non entendiamos nada do que estaban dicindo. Xosé, o conserxe, deunos ferramentas e as cociñeiras utensilios de cociña para defendernos. Pasados uns minutos o micrófono fixo un ruído arrepiante e unha bruxa púxose a falar, e dixo: -
Queridos monstros, estamos cansos de que nos ignoren, nos valemos moito. Non merecemos que nos traten así! Queremos que estean máis con nós na biblioteca, e que non só pensen en xogar.
Nerea, entón, díxome que tiñamos que descubrir como rematar con eles, así que fomos á sala Castelao e alí falamos. Alicia escoitou un ruído que proviña da biblioteca, así que decidimos ir. O que vimos alí, creo que nunca o volveremos ver. Eran os personaxes dos contos que estaban cobrando vida ! Rápidos como lóstregos, fomos avisar a Laura e ela díxonos: -
Sabía que os vira antes, pero non lembraba onde! Lourdes, a nosa titora, díxonos dun pasadizo para ir ao soto. Antes alí, tempos atrás, houbera unha biblioteca e tiñamos que atopar unha solución a tanto misterio.
Alí, atopamos o feitizo para que desapareceran e volvemos para o corredor a fume de carozo, e todos os nenos e nenas de cuarto berraron: -
Bruxas piruxas, monstros e vampiros que estes bichos desaparezan nun suspiro! Os monstros desapareceron de súpeto, e nós seguimos coa celebración.
ROCÍO GARCÍA SUÁREZ 4º E.P.
O rebentacranios Unha noite de Samaín, tres rapaces ían pedindo gominolas e caramelos polas casas da vila. Só había unha casa á que non se atrevían a entrar; aterráballes como a todo o mundo. Puxéronlle valentía e, ao final, entraron, timbraron e a porta abriuse un pouco. Os nenos descubriron con asombro que a casa era limpa e xigantesca, cunhas escaleiras que parecían chegar ao ceo. Arriba estaba todo escuro e non se vía nada. Había un corredor que parecía que non se acababa cheo de portas de cor marrón. Atopáronse cun home de voz ronca que lles meteu un susto de morte. Os nenos aterrados preguntáronlle quen era e el díxolles: - Chámome ``o Rebentacranios´´. Eles pensaron que só sería un apodo pero non estaban no certo. O home preguntoulles se querían quedar a cear, pero eles contestáronlle que non porque as súas nais estábanos esperando. O Rebentacranios díxolles que el tiña moita fame e que ía rebentarlle o cranio. Os nenos comezaron a correr diante del ata que os pillou. O Rebentacranios engaiolounos mentres que preparaba uha pota de puré para acompañar cos cerebros dos nenos. O neno máis listo viu a chave tirada ao lado da gaiola e observou que os barrotes estaban bastante separados. Así que, como era fraco, meteuse por entre eles, colleu a chave e salvounos a todos. Cando chegaron á casa, contáronlle todo ás súas nais e nunca máis voltaron a esa misteriosa casa. Así que ten coidado porque che pode pasar calquera cousa mentres que estés na cama durmindo. Moito ollo! E. David Barbeira Gallardo (6º de E.P)
COMISIÓN DE CONVIVENCIA ESCOLAR
PASAPORTE SOLIDARIO Este curso decicimos embarcarnos nesta aventura solidaria da man da Consellería de Traballo e Benestar, e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Na actividade participaron os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, cada neno recibiu un pasaporte con propostas para levar a cabo accións solidarias, e estiveron traballando arreo para completalo. Algunhas nenas de 6º curso elaboraron un mural moi xeitoso, e o Director Xeral visitounos para animarnos a seguir sendo solidarios.
UN INVITADO ESPECIAL O día 31 de novembro, no noso colexio, celebramos o Samaín.
Este ano tivemos un invitado novo, xa vos imaxinaredes quen é! Un amigo un pouco fraco.
Alina fixo unha presentación sobre cómo se celebra o Samaín
(Halloween) en Canadá.
Despois fixeron a entrega de premios: de cabazas decoradas, historias de terror e
debuxos de medo. Fixemos un xogo moi divertido, ruidoso e con moitas sorpresas. O xogo
consistía en: había varios globos nun recinto, soaba unha música e cando paraba, cada neno explotaba un e recollíase a sorpresa do interior.
Tamén decoramos o centro cun monstruoso decorado: tumbas, arañas, esqueletos, fantasmas…
¡E o mellor de todo, as cabazas dos alumn@s e os profesores disfrazados terrorificamente!
Alumno@s 5º
COÑECEMOS A XOSÉ NEIRA VILAS O día 8 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de E.P. fixemos unha visita ao edificio do multiusos en Santa Comba, para coñecer ao escritor Xosé Neira Vilas. Inauguraba a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”. Antes da visita limos o libro que estará sempre no noso corazón. Resultounos moi entrañable e, aínda que sexa un pouco triste, ten o seu toque de humor.
Os centros educativos de Santa Comba elaboramos para ese día diferentes actividades: presentación con imaxes, lectura dun capítulo do libro, redacción dunha carta. Na nosa opinión a actuación que fixemos os/as alumnos/as o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña foi a máis orixinal. Interpretamos unha peza musical moi fermosa titulada “Querido Balbino”, que, de seguro, lles encantou a todos.
Logo tivemos a oportunidade de facer de periodistas por un día e Neira Vilas contestou ás nosas preguntas. Foi moi especial xa que era a primeira vez que falabamos cun escritor tan importante. É amable, educado, moi simpático e gracioso porque, cando lle facíamos unha pregunta, el saltaba con outra cousa.
Ao final, Neira Vilas comentounos que se queríamos un autógrafo fixeramos unha fila. Moitos/as non nos acordamos de levar o libro pero amablemente asinounos nun papeliño. Á nosa directora, Bea, firmoulle no libro e na pandeireta. Que sorte!
Alumnado de 6º de E.P.
O magosto Este ano , como de costume, celebramos o Magosto. Pero este ano foi diferente porque veu un “castañeiro” e así non trouxemos castañas nin leña, porque xa trouxo el todo o preciso.
Os de primeiro, segundo, e terceiro Os de primeiro, segundo, e terceiro fixeron outro que consistía en encestar as castañas nunha lata colocada a media altura
Co seu vehículo con motor de
Os de cuarto, quinto e sexto un que
moto , ensinounos as súas partes:
consistía en meter unha castaña nun
abaixo o asadeiro , no centro o secador
círculo cun pau de hockey.
e arriba o deshumificador.
As nais e pais e algunhas mestras Durante a celebración fixemos
participaron nun xogo que consistía na
que consistía en que os participantes
Fran. Para rematar comemos castañas e
que lle caera.
para a súa casa.
xogos. Os de infantil fixeron un xogo levaban unha castaña nunha culler sen
bomba,. pero con castañas, gañou a nai de bebemos leite, despois cada un se marchou Alumn@s de 5º
Can you find these objects in the picture? Match words and photos.
blue cellophane
wind
black felt
mountain
yellow balls
church
green rope and cotton
stars
construction blocks
houses
blue cone
sky
Look at some of our school artists‌ Can you find 8 differences?
Complete the words with the missing letters and match:
WIND
SOLAR PANEL
S UN
WIND
MILL
RAIN
CLOUD
O érro do Miñato era a foto repetida e fora de lugar da páxina sobre o magosto. Moi ben!
Luana E.I.
Brais E.I.
Andrea Gomez 4ยบ E.P. Podes ver mais fotos na Galeria da web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/
Fabio 1ยบ E.P.
E ver novidades no blog: http://colexiodetraba.blogspot.com.es/