Cachiños do meu cerne

Page 1

CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 1

EDITORIAL TOXOSOUTOS –COLECCIÓN NUME–


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 2

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos www.cedro.org) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.

1ª edición: novembro 2008 © Toxosoutos, S.L. © Autor: Fuco Paz Revisión lingüística: David Paz Lafuente Ilustracións: Kalo Varea Edita: Toxosoutos, S.L. Cruceiro do Rego, 2 • Obre • 15217 Noia Tfno.: 981 823 855 • Fax: 981 821 690 Correo electrónico: editorial@toxosoutos.com Local na rede: www.toxosoutos.com Imprime: Gráficas Sementeira, S.A. Correo electrónico: sementeira@graficasementeira.e.telefonica.net Depósito legal: C 4229–2008 I.S.B.N.: 978–84–96673–78–6


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 3

Cachin˜os do meu cerne Fuco Paz Souto


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 4

.


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 5

"A Xosテゥ e Maruxa, aos que tanto quixen a David, Marisテコ e Sita, aos que tanto quero"


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 6

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 7

OS SON˜OS, SON˜OS SON… Xa eran as dez da mañá. Un sol prometedor bicaba a ventá do dormitorio de Fuco, agoirando un día espléndido de praia e lecer. Pero isto era secundario, porque o noso protagonista xa gañara a xornada. Soñara esa mesma noite co que tanto bota de menos: A súa esgotada infancia, vivida no seu desaparecido barrio. Fuquiño nacera nos Muíños. Xogara nos Muíños. Medrara nos Muíños e nos Muíños foi onde descubriu que as cores, os sons, o arrecendo gramíneo do ar, a sensibilidade e mais a amizade; moldearan, coma oleiro o barro, o seu ser. Esa afortunada noite, Fuquiño xogara ao frontón na cara dunha escanastrada casa no lugar da “Curra”, tivera que gabear –por mor dunha bola “embarcada”–, por unha parede granítica, que agachaba unha pista de baile onde ao son da inesquecible voz de Pucho Boedo, tantas e tantas parellas de mozos selaran promesas de amor eterno. Esa mesma noite, Fuquiño fora á procura de cabezolos que nadaban arroutados nun meandro daquel río, que pincelaba un lugar fermoso e singular: A Granxa. Nesta paraxe, Fuquiño –na compaña da súa irmá–, camiñaba a rentes do río ata o colexio para depenicar as primeiras letras. Miraba de esguello como muxían as vacas. Xogaba ao fútbol en campo de herba. Agochábase tras os salgueiros coa intención de liberar os seus compañeiros, que facían panda, no xogo do “tulé”... —7—


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 8

Cachiños do meu cerne

— Vai tempo de praia, Fuco? E Fuco debuxando un sorriso cómplice na súa faciana ollou moi agarimosamente cara á súa dona, e non pronunciou palabra. Ela non era sabedora...

—8—


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 9


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 10

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 11

OS CABEZUDOS oureo, gargalladas, asubíos e voces familiares que chamaban por uns e outros, espertaron a curiosidade do Fuquiño, que o mesmo que outros días seguía a xogar, engaiolado no seu cuarto, cos soldados, indios, carretas, cabaliños... e todo canto formaba parte da súa aventura americana. Deixou semellante aparato de guerra enriba dunha máis que desfeita cama, e baixou esquecendo os chanzos da escaleira, polo pasamáns que o conducía deica a tenda de ultramarinos na planta baixa da casa e onde, nese intre, despachaba a nai. Pasou pola beira do mostrador e cando alcanzou a porta que daba á rúa, unha sensación estraña tomaba posesión do seu corpo perante a escena que estaba a contemplar: diante dos seus abraiados ollos, desfilaban como media ducia de esperpénticos e ridículos corpos humanos que sostiñan, ingravidamente, unha desproporcionada e grotesca cabeza. As cores verdes, azuis, vermellas, rechamantes, daqueles cabezudos reclamaban, insistentemente, a atención do Fuquiño. Aqueles ollos sen vida, grandes, porcelanosos, afundidos no esborranchado e retorto cartón. Aquela boca especial que, aínda por riba, deixaba adiviñar unha cabeza diminuta pero harmoniosa daquel desagradable ser... que de súpeto comezou a falar: — Fuquiño, non teñas medo. Mira son eu: Pepe. Anda, achégate, xa verás como non che pasa nada.

B

— 11 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 12

Cachiños do meu cerne

Era o que faltaba! Fuquiño non o pensou máis. Igual que un catavento desnortado saíu coma un foguete cara ao lugar que lle proporcionaría acubillo e o libraría das risas dos maiores: A Curra. A irmá, que se decatara do acontecido, marchou tras el e atopouno á beira da mainceira choromicando e case sen folgos. Aloumiñouno, calmouno, regaloulle un biquiño, e colléndoo da man, reveloulle que os “monstros” eran amigos do barrio disfrazados así de estrafalarios, e que non habían voltar. Fuquiño asentiu, e borrando a derradeira bágoa coa man, camiñou moi de vagariño ao abeiro da súa irmá.

— 12 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 13


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 14

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 15

... DE COMPRAS os ollos claros do Fuquiño adiviñábase a ilusión que diferencia o marabilloso mundo dos picariños, do mundo prosmón e interesado dos adultos. E non era para menos, non. O papá siáralle que ese mesmo día á tarde, a irmá e mais el íano acompañar para facer unhas compras. O conto non tería maior importancia se non for que as compras se realizaban no “centro”, que así era como se dicía cando se mercaba nas arterias principais da cidade: San Andrés, “Calle Real”, Cantóns, María Pita e arredores. E ademais diso, a viaxe desde o barrio era en moto. Na moto que o papá utilizaba como medio de locomoción e de traballo. Unha moto preciosa. Unha “Montesa” de 200 cc., co anagrama gravado nos dous laterais do depósito da gasolina, de forma oval e pintado de cor granate metalizada. Na parte superior do depósito, e a modo de portavultos, unha pequena grella servía para que Fuquiño –escarranchado– viaxase levemente inclinado cara adiante coas mans agarradas á parte máis interna do guiador e desafiando o vento. A retagarda quedaba ben protexida polo peito e ombros do papá. De “paquete” viaxaba Sita, a irmá. Ben acomodada, rodeaba cos brazos a cintura do pai. As pernas esvaídas caían sobre cadansúa cartucheira, que a xeito de mochila pendían a ambos os dous lados da moto. Sobre elas sobresaía o escudo, en metal, do Dépor. O pai ataviado con casco a xogo coa cor da moto, preguntou:

N

— 15 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 16

Cachiños do meu cerne

— Estades listos?... Agarrádevos ben. O traxecto máis sufrido, antes de chegaren ao centro, era o comprendido entre o cine “Monelos” e a Praza de Madrid, por mor dunha calzada “vestida” de vellos lastros de pedra que purgaban o cu do pobre Fuquiño. Embocaron a Estreita de San Andrés, e despois de aparcar a moto, entraron nunha libraría coa intención de mercar material escolar, pois principiaba setembro e a escola estaba a piques de comezar. No interior da tenda, o que máis chamou a atención do Fuquiño foi un andel corrido co fronte de cristal e ateigado de útiles para traballar no colexio: pinturas de madeira de todas as cores, en caixas de seis, doce e vinte e catro unidades, gomas da marca “Milan” para borrar, estoxos de madeira, cadernos, plumas, secantes, tinteiros, borradores, xices..., porén, o que roubou o corazón do Fuquiño foi unha argallada, con forma de televisión, de rechamante cor verde cun buratiño nunha das caras, por onde se introducía o lapis para afialo. A “televisión” segundo se abalaba repetía unha escena, en falso movemento, da familia “Picapiedra”. Fuquiño turrou pola chaqueta do pai e, polo baixiño, díxolle: — Mércasmo, papá? E o papá, que o miraba de arriba cara abaixo, non soubo dicir non aos ollos regalados, que escintilaban coma estreliñas na cariña do fillo. Xa co afialapis na man, o primeiro que fixo Fuquiño foi ensinarllo á irmá, e mentres non chegaban onde a moto continuou xogando con el, ao tempo que deixaba voar o seu maxín ata compartir carteleira cos seus ídolos Pablo e Pedro “mármol”. Denantes de partiren, o papá aconsellouno: — Fuquiño, agora debes gardar o afialapis no peto e cando cheguemos á casa, móstrasllo á mamá. Era, simplemente, unha medida de seguridade vial.

— 16 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 17


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 18

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 19

... DE CAMIN˜O A´ ESCOLA

—F

uquiño!, érguete axiña, anda. Bule neniño... Quen así falaba era Sita, a irmá. Xa había un bo cacho que a nai despachaba piñas e leña para prender a “bilbaína” e chocolate de “facer” para o almorzo. A Maruxa, por aquilo da atención ao cliente, esvaéralle o sentido e esquecera espertar os fillos á hora de costume. Despois de mal tomar un simbólico cacao con leite, os dous irmáns marcharon ás carreiras cara á escola. Pasaron por diante da tenda da “Triga” e o Fuquiño, coma sempre, debuxou equilibrios sobre un pequeno, e non alto valado de pedra que antecedía ao despacho de don Emilio, o perito agrícola do barrio. Un pouquechiño máis adiante e, a man dereita, unhas colosais bobinas de cable da empresa “Fenosa” agardaban pola chegada do camión para seren transportadas. Sobrepasaron a leira de maínzo mariñao de Esperanza e Felipe e enfilaron o portalón que daba acceso á Granxa. Superado o umbral da porta, un inesperado pero agradecido bafo, mestura de fragrancia e cor activou –de xeito galopante–, a percepción sensorial de ambos os dous nenos ao tempo que os preparaba para a descuberta de sensacións pracenteiras. Os anises, a menta, a herba luísa, a macela... loitaban por gañar un lugar de privilexio na pituitaria dos raparigos. As cores brancas, amarelas, azuis, vermellas, rosadas, violetas, verdes... todas elas presentes en diversas e conxugadas tonalidades distraían, por momentos, a atención do camiño que debían seguir. — 19 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 20

Cachiños do meu cerne

O camiño discorría, seguindo unha –incriblemente– ben trazada liña recta, paralelo a un río murmurador, relaxante e cristalino. O río garantía a frescura do paseo; mentres os álamos, aliñados en dúas ringleiras procurábanlle, coas súas ben grandes e pecioladas follas, a sombra precisa. A verea, de algo menos de media legua, interrompíase en tres puntos, por mor de necesidades inequivocamente humanas. O primeiro situábase xusto á entrada do paseo, onde unha pontella de pedra permitía o paso a unha casa fidalga que era colonizada, na súa cara máis húmida, por unhas maxestosas hortensias “anabellas” con pétalos que nacían de cor branca e se disfrazaban de violeta despois de pasaren por unha vidiña de cor azul. Convivindo con elas, as hedras rubían pola caleada parede nun intento van de abrazaren unha moi fermosa e acristalada galería, que servía de miradoiro aos orgullosos donos da mansión. Máis adiante, unha antiga e pesada laxe permitía contemplar unha sinfonía impresionista de paisaxe herbácea e floral. Enxergábanse nun fondo de intensa cor verde as pinceladas amarelas, para envexa de Van Gogh, que compuñan a herba caraveleira, as margaridas, as chorimas, a herba lameiriña, de san xoán e milenrama. E no medio delas, por diante, por detrás... as rosas, a herba namoradeira, as camelias, a herba do cuco, a herba dona, os xeranios, que competían coas súas cores rosadas, namoradas da violeta, nunha caótica e colorida batalla floral. O zunido das abellas, que andaban á procura de néctar para fabricaren o mel, deixou paso á presenza de molestos insectos alados que rebulían aloucadamente, creando formas circulares e de remuíño, co fin de tomaren posesión do seu territorio preferido: as brañas, que tamén formaban parte deste magnífico e xigantesco óleo. Rematando o paseo, e á dereita, unha granxa experimental, que fora das primeiras que se instalaran no país, dáballe calor humana e vida animal a esta fábrica natural, inesgotable produtora de sensacións desbordantes e inimaxinables. De socato, as sombras incoloras de Sita e mais o Fuquiño reflectíronse, acompañadas de artísticas follas de acanto, nas augas do río que, neste tramo, adoitara a condición de cantareiro. — 20 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 21

Fuco Paz

Este melódico cantar anunciaba a inminente arribada ao lugar da Ponte da Pedra. A escola estaba á vista. Apuraron definitivamente o paso, e alancando, chantáronse diante da porta. Petaron e abriu o propio mestre. Convidounos a entrar. Franquearon a estreita porta de madeira relada polo sol e sentaron nun pupitre corrido, tamén de madeira, con posibilidade para catro escolares. Na cabeceira das mesas, en posición horizontal, catro buracos dispostos a simétricas distancias agardaban polo tinteiro de cristal. Un relevo debaixo deles proporcionáballe un equilibrio estable á pluma. A partir do repousaplumas e cara abaixo, a mesa inclinábase lixeiramente para facilitar o artístico traballo da xente miúda. A irmá do Fuquiño sacou da carteira de coiro e de cor marrón, a Enciclopedia Álvarez, “El Primer Manuscrito”, os cadernos, o tinteiro, o secante, a pluma, os lapis, a goma, o afialapis do irmán, e unha “pizarra” con “pizarrín” tamén para el; que xa levaba un bo anaco argallando cos de diante e cos de atrás. O mestre, que se decatara do asunto, chamoulle agarimosamente a atención; mais o Fuquiño alongaba a súa leria. Daquela, o mestre ameazouno co cuarto dos ratos, e Fuquiño volta e dálle; ata que o escolante colleu o neno polo brazo e conduciuno deica o lugar prometido. As olladas dos irmáns cruzáronse veloces e impotentes; mais na da irmá podíase ler, coma nun libro aberto, un quero pero non podo trocarme por ti, irmanciño. De contado, Fuquiño atopouse só dentro dun cuarto semiescuro no que, agás ratos, había de todo: vasoiras vellas, varas de todas as medidas, caldeiros de zinc, trapos, pelotas pinchadas, caixas, tearañas... O mestre, que era un cacho de pan, condonoulle a pena ao momento. Daquel temido cuarto saíu o Fuquiño, aínda co medo no corpo, prometendo que se había portar ben o resto da mañá. De volta a casa, Fuquiño non artellou palabra; mais no seu maxín comezaba a medrar a idea de que a escola e mais el non habían ser amigos para sempre.

— 21 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 22


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 23

A PELI´CULA ra de costume que os sábados, tanto os amigos do Fuquiño coma el mesmo, tomaran o xantar ben cedo e deste xeito alongaban o día para proveito dos xogos, da leria e como non, das argalladas que rebulían nos seus maxíns e agromaban á rúa a modo de teatro itinerante. A argallada dese sábado consistía en ceibar croios dende a beira do río para afundiren a frota de cascas de piñeiro, paus, noces... previamente botadas nun imaxinativo estaleiro construído uns metros máis arriba, aproveitando unha represa natural do río. Xa levaban un bo pedazo ocupados na batalla fluvial, cando un dos artilleiros berrou: — Eh! imos ver que botan hoxe no cinema. De seguido escoitouse a voz anónima e desafiante dun do grupo: — Cagón o derradeiro! Nun tristrás e, dando co calcaño nas nádegas, a tropa saíu a fume de carozo con dirección ao cine Monelos e cun só obxectivo: tocar, polo menos en penúltimo lugar, coa palma da man no frío e impasible despacho de billetes, que era a muda testemuña elixida polos nosos personaxes. Desta vez non houbo “cagón”. O que si houbo, foi unha acalorada porfía entre Carlos e Alberte por aquilo de palmearen ao unísono. Nin o un, nin o outro admitían ser o “cagón”: — cagón ti! acusou Carlos.

E

— 23 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 24

Cachiños do meu cerne

— non, ti! replicou Alberte. — Baldroas! insistía Carlos. — Palandrón! respondía Alberte. — Prea! malfalou Carlos. — Cara de cona! superouno Alberte. Despois dos insultos propios, a intervención dos compañeiros, e sobre todo a de Pepe o “maquinista” –chamabámolo así, porque era o encargado de montar as películas no cuarto de proxección–, que saíra á porta por mor do balbordo organizado á entrada da sala, deu por rematada a discusión. A carteleira do cine Monelos, ademais de ser artística, era completísima: Tres xigantescos carteis cos rostros sobreimpresionados do “chico” e da “chica” –que era como se lles denominaba aos protagonistas destacados da película–, coroaban unha ilustradora escena do “filme”. A rentes do debuxo, os nomes artísticos dos actores e actrices. Os fotogramas, de tamaño visiblemente máis reducido, seleccionaban diferentes e interesantes momentos da película que se habería de visionar. Fuquiño ollou cara arriba e leu en voz alta: “Siete novias para siete hermanos”, e nun inglés farfallán pronunciou os nomes da actriz Jane Powell e Howard Keel, o actor principal. A película era unha versión “western-musical” do rapto das Sabinas; só que neste caso os compañeiros do lexendario Rómulo eran varudos leñadores que andaban á procura da idealizada dona, e non habían ser precisamente os Sabinos quen llelas proporcionasen. A ollos do grupo, a película semellaba atractiva; e despois dun informal conclave decidiron asistir á proxección. Mais... presentábase un problema: Un letreiriño claro, diáfano, ubicado na parte inmediatamente superior do despacho de billetes rezaba así: “No tolerada a menores de 14 años”. Vaites, vaites! Carlos, que ademais de ser un lerecho, era o maior do grupo malia non ter cumprido os catorce anos, tomou a responsabilidade, e dirixíndose a Pepe o “maquinista” preguntoulle moi educadamente. — 24 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 25

Fuco Paz

— Podemos pasar? E Pepe que os coñecía a todos por seren do barrio e sabía das súas idades, moi cucamente contestou: — Se me traedes o carné de tan só un de vós onde figure o ano de nacemento, déixovos pasar. Ouh, a proposta do Pepe érache envelenada! Mais o Fuquiño, coma o resto do grupo, sen cavilar no “regalo” que lles ofertaba o Pepe, presentouse voluntario para ir buscar o “salvoconduto”. Animado polos amigos, Fuquiño botou a correr cara a casa. Cruzou perigosamente a avenida de Monelos, pasou por diante do maxestoso salón de baile do Saratoga, da cantina do “Pirulí”, deixou á esquerda a un fato de mulleres enchendo de auga as sellas na fonte do pé do río, sobrepasou a panadería de Vieites e da Triga, botou unha rápida e instintiva ollada á porta con poxigo de Encarnación –a costureira viúva do barrio–, deulle tempo a rozar cos dedos da man esquerda a ben alta muralla dos da Triga que non conseguía disimular o recendente engado dunha paraxe sementada de árbores froiteiras, e xa por fin, ao chegar á tenda de ultramarinos dos pais cáseque sen folgos e alentando, dirixiuse á nai, que despachaba tras o mostrador. — Mamá! Onde está o carné escolar? Ese mesmo ano, no mes de xuño, Fuquiño examinárase de Ingreso no Instituto Eusebio da Guarda na Coruña, e o carné escolar era unha proba irrefutable da súa andaina polos estudos oficiais que comezaban co Ingreso, continuaban polo Bacharelato Elemental, seguían co Bacharelato Superior (entrámbolos dous realizábase unha proba coñecida como Reválida), e remataban cun curso ponte denominado PREU, que completaba o acceso á universidade. — Para que queres o carné? Despois que Fuquiño llo explicara moi atropeladamente, a nai envolveullo nun papel de estraza e entregoullo, non sen antes recomendarlle: — Non o perdas. De volta ao cine, Fuquiño repetiu o camiño da ida, mais esta vez á inversa. Cando lle tocou pasar por diante da fonte, unhas mulleres que — 25 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 26

Cachiños do meu cerne

parolaban entre elas coas selas de auga na cabeza; ao véreno de novo, espetáronlle nun ton gracioso: — Ai Fuquiño, hoxe pareces o correo do tsar! Superada a fonte, xa se albiscaba aos compañeiros que lle acenaban e berraban coma moi arroutados. Nada máis chegar, foi recibido con vítores e aplausos. Rodeárono, e todos contemplaron como de dentro daquel papel de estraza, escrupulosamente dobrado, saía un carné plastificado coa foto do Fuquiño na parte superior esquerda encabezando os datos de: nome, apelidos, enderezo, lugar de nacemento, ano de nacemento e sinatura. ¡A sinatura do Fuquiño, a bolígrafo e de cor azul! Moi fachendoso e ilusionado, o “heroe” amosou e entregou o carné ao valedor, ao amigo Pepe; que despois de felicitar ó retratado polo guapo que saíra na foto, esculcou nos datos para sentenciar: — A ver, a ver... ano de nacemento: 1955. Pero Fuquiño, se estamos en 1965, tan só tés, dez anos! Que Fuquiño tiña dez anos xa o sabían os amigos e aínda moito máis el, claro. Os cativos reaccionaron inmediatamente: — Pero ti dixéchesnos que se un de nós... — Claro que o dixen –cortou raudo o Pepe–, pero nese carné tiña que figurar a idade que marca o letreiriño; aquí, eu non vexo ningún carné que confirme que Fuquiño ten catorce anos. Defraudados, decepcionados e burlados, os rapazolos aínda tiveron tempo a ver coma o Pepe choscaba o seu ollo dereito ao acomodador, que se atopaba ao seu carón, tratando de disimular a risa. Xa na tenda, o Fuquiño entregoulle o carné á mamá e mirando cara a ela, con rabia nos ollos, díxolle: — Sabes unha cousa, mamá? No barrio haiche algunha xente que se cre moi graciosa.

— 26 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 27


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 28

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 29

O DESCUBRIMENTO ada máis poñer pé na tenda de ultramarinos dos pais do Fuquiño e reparar no mostrador, na báscula de pesar e, sobre todo, nos andeis engalanados con grilandas, fitas de todas as cores, farrapalladas..., embelecendo con moito mimo as caixiñas de madeira ateigadas de lambonadas típicas do ano; decatábase un, que o Nadal tiña chegado. Améndoas, abelás, garapiñadas, noces do país, polvoróns, mazapán, figos pasos, uvas pasas, turrón do duro, do brando e de froitas confeitadas, manteigadas de Astorga, sidra achampañada, champán, licores... compuñan, xunto co teito do que pendían ingravidamente triangulares e secas follas de bacallau, un escaparate interior de moito “rediós”. Mais a importancia dese mes non viña dada polas abondosas e exóticas larpeiradas que facían relamberse de gusto ao Fuquiño, non. Era o mes da carta aos Reis Magos. Os Reis, como de todos é sabido, non entregan a “paquetería” ata o seis de xaneiro, pero a misiva tiña que escribirse agora, coincidindo coas datas do Nadal; pois entre que se redactaba, se selaba e arribaba ás man das SS.MM., transcorría un tempo precioso; e non fose ser que non a recibisen, pois aínda que posuían a condición de magos... déixate de lerias, que aparecían unha vez ao ano e non repetían! O día seguinte ao Nadal, Fuquiño colleu bolígrafo, papel raiado, un periódico atrasado, e sentou máis contento ca un cuco, na mesa de madeira de superficie irregularmente labrada, sita nun recanto da tenda formando ángulo coa porta que permitía a entrada da clientela.

N

— 29 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 30

Cachiños do meu cerne

Fuquiño colocou o papel por riba do xornal –que facía de nivel– e encabezou a misiva coa data do día. Un pouquechiño máis abaixo, á esquerda, comezou con estas palabras: “Queridos Reises Magos: Ese ano, o Fuquiño fora un leal seguidor da serie televisiva “Rin-tintin”, na que se narraban as fazañas heroicas dun can de raza “pastor alemán” e mais o cabo Rusty. Un rapaz “mascota” adoptado pola cabalaría do exército ianqui, que pouco a pouco ía gañando terreo aos peles roxas en beneficio dos colonos brancos. ... “Este ano quero o traxe de Rin-tin-tin”. Aínda non ben escribira o derradeiro “tin”, cando entrou na tenda un amigo de seu chamado “Joseíto”. Joseíto que era un par de anos maior ca el e xa non cría nos Reis, preguntoulle: — Que escribes Fuquiño? — A carta aos Reis — A ver logo que lles pides... Fuquiño deixoulle ver o que escribira, e nada máis principiar a lectura, Joseíto ceibou unha gargallada que non lle soubo nada ben. — De que te ris? — Pero Fuquiño, o que estás a pedir é o traxe do can. Como non che boten o pelexo...! De contado, o Fuquiño enrugou o papel e inmediatamente encetou outra carta corrixindo o erro. Esta vez apuntou: “Quero o traxe do cabo Rusty” E non pedía máis porque sabía que era un bo regalo. Rematada a tarefa, entregou o sobre co remite moi claro á nai, lembrando: — Bótaa mañá, pero en correos, eh Mamá! Correos era a oficina postal onde se realizaban todas as operacións de mensaxería e comunicación máis importantes da cidade e dispuña dunha caixa de correo específ ica para as cartas dos nenos aos Reis Magos. — 30 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 31

Fuco Paz

Presentouse a véspera á data máxica e Maruxa –a nai do Fuquiño– pediulle a un amigo da famila chamado Marcial que lle atendese a tenda mentres ela facía de “rei mago”. Maruxa marchou e o Fuquiño, que xa andaba coa mosca tras da orella no asunto dos Reis, indagou a Marcial: — Onde vai a miña mamá? — Vai comprar mercadoría para a tenda, Fuquiño. — Eu creo que vai mercar os reis. — Non digas parvadas, neniño. — A min díxome o Alberte que os reis son os pais... — Alberte éche moi listo... por iso el tamén escribiu a súa carta! Isto semellou convencer ao neno... Polo momento. Ao pouco, imitando a cara de anxo e falando coma un querubín, suplicou: — Anda Marcial, dime a verdade, por favor... Va que son os pais? Va que si? Anda, cóntame a verdade... Marcial, que aínda non era papá e non estaba adestrado na difícil arte de enganar “piadosamente” os fillos, non foi quen de soportar aquela posta en escena e mirándoo con bos ollos, confesou: — Si, Fuquiño, son os pais. Nese intre, o Fuquiño non soubo se rir ou chorar. Abofé que estaba desconcertado; mais reaccionou nuns segundos e abalanzándose sobre o colo do “amigo”, agradeceulle cun bico ben forte, o segredo. Fuquiño, resolta a “dúbida existencial” encamiñouse á porta do establecemento onde comezou a montar garda á espera da nai. Non tardou moito en aparecer rúa abaixo e cun paquete grande –moi ben envolto– na man. Fuquiño saíulle coma un lóstrego ao paso e xa onda ela, espetoulle: — Déixame velo, mamá. — O que ho! — Si mamá, que xa sei que me compraches os reis... A nai acelerou o paso, e nada máis sobrepasar a porta ollou cara a Marcial, e non fixo falta preguntar nada. Marcial baixou a cabeza e moi polo baixiño, barballou: — Tiven que descubrirllo... — 31 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 32

Cachiños do meu cerne

A naiciña, que comprendera o acontecido, sorriu e liberando a Marcial de calquera tipo de responsabilidade, subiu ao cuarto co neno e, con moita parsimonia, foi desenvolvendo os “reis”. —Mamá, déixame a min. As mans nerviosas do Fuquiño racharon o papel de plástico que cubría o traxe do cabo Rusty. Desprenderon os alfinetes que sostiñan contra un amidonado cartón, a casaca e mais o pantalón do exército de cabalaría ianqui, e estendeunos sobre unha “cama de levante”, escenario dunha morea de heroicidades en contra dos peles roxas. Aparellou os complementos que daban forma ao traxe e, pasmado, exclamou: Meu Deus! Vestiuse de contado e perante o espello namorouse do porte que lucía: Sobre a cabeza, sombreiro de feltro negro coa parte dianteira revirada, onde unha caveira pirata de cor amarela asustaría, de certo, aos infelices indios. Arredor do colo un pano da mesma cor. A casaca, azul rechamante, abotoaba en triángulo invertido uns botóns dourados coma o sol de Montana. Gravados, nas mangas dereita e esquerda da casaca, os galóns de cabo. Rodeando a cintura, unha canana negra sostiña a cartucheira co revólver de fulminantes. Os pantalóns eran percorridos, de arriba cara abaixo, por unha fita lateral, de cor amarela, que destacaba sobre o azulón. E para consumar a “prenda”, dous gardapulsos plásticos e unhas polainas lustradas en negro brillante protexían, dende os xeonllos ao calcaño, as delicadas perniñas do galeguizado “cabo Rusty”. O Fuquiño non puido resistir semellante emoción e, desenfundando o revólver, ceibou un par de estalos que, ademais de enchoupar o contorno cunha nube mesta de cor azulada e cheiro a pólvora, asustaron á nai: — Fuquiño! Que fas? —Acouga, mamá. Estou a me defender dun ataque sorpresa dos “salvaxes”. Despois dun bo cacho, a nai obrigouno a trocar o traxe polo pixama. Xa na cama, coa luz apagada e os ollos ben abertos, Fuquiño daba vida a unha e mil aventuras co seu inseparable “Rin-tin-tin”. Ao clarexar o día, foi espertado polo bourear dos amigos que agardaban por el, abaixo, na tenda. Ergueuse. Engalanouse e ao presentarse — 32 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 33

Fuco Paz

diante deles, cun sorriso de orella a orella, todos exclamaron ao unísono: — Mi madriña! Esquecendo o almorzo, marchou canda os amigos ao galope cara ao “fabriquín” de Vales, pois entre os da panda ademais de vaqueiros, e un casaca azul, tamén vos había indios que precisaban de paus finos e lanzais que o maxín se encargaría de converter en perigosas e envelenadas frechas. De mediodía, o Fuquiño foi requirido pola irmá: — Fuquiño! Vente, que agarda por nós o fotógrafo diante da casa. A falta de cabalo, “o casaca azul” petou coa palma da man dereita na nádega, e iso deulle azos para cabalgar ata o “forte”. O fotógrafo orientou o Fuquiño na posición que lle cumpría: perna dereita avanzada e algo flexionada, brazo esquerdo detrás do corpo, na outra man, o revólver desenfundado e ameazante. Á súa dereita situaríase a irmá, que estreaba abrigo. A irmá sería a encargada de desdramatizar a “sanguiñenta” pose, taponando coa súa man esquerda o canón do revólver. O Fuquiño acordouse, nese momento, do can de Felipe. Un canciño de caza, coas orellas grandes e gachas que quería moito. A falta de “Rin-tin-tin” ben pagaba a pena a presenza do “Sil” para honrar o fotograma. Mais o fotógrafo, despois de ver o can, non o considerou digno. Ao “cabo Rusty” non lle sentou ben; pero a contragusto, consentiu. Namentres agardaba o momento de inmortalizar o acto, Fuquiño –a modo de maldición– sentenciou para os seus adentros: — Na túa vida chegarás a ser fotógrafo famoso.

— 33 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 34


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 35

A NOIVA DO CAPITA´N ancho nacera a carón do mar. Medrara, ata converterse en home, no mar; e a súa vida era, simplemente, o mar. O pai tamén fora mariñeiro... e artesán. Pancho aínda garda o berce que o pai labrou para el. Un berce que tallou coas súas propias mans, despois de atopar, varados na praia, uns troncos de madeira de ébano, “regalo” do corremento de carga dun barco anónimo e que, nun esquecido mes de novembro, a mar brava pousou no mudo areal. Pancho, ás veces, confésalle aos amigos que as súas ansias por viaxar –se cadra–, naceron do amable contacto desa madeira africana coa súa delicada pel. Vai ti saber... Pancho, agora, non anda ao mar porque xa non é un rapazolo e as canas moldean o seu cabelo cun branco nácara, coma as escamas dunha serea, ou o peito branco dun arroaz. Pancho, día tras día, percorre o peirao da súa vila natal, e nel saúda ás redeiras que, agulla en man, desenlean e cosen as redes que maltrata o mar. — Amañade ben esas redes... que atrapen ben o peixe... que non o deixen escapar. — Non te preocupes, Panchiño, que o único peixe que escapa é aquel que non quere “casar”. — Ha, ha, ha... O Pancho ben che sabe que ese peixe “fuxidío” non é outro máis ca el; pero sabe seguir a troula... abofé que si!

P

— 35 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 36

Cachiños do meu cerne

Logo, agarda de pé, no peirao; ollando como emproan cara ao mar a vaca e o boi do día e outros pesqueiros máis ousados que faenan na alta mar; olla para os mariñeiros como levan gravados nos seus rostros unha mestura de esperanza e incerteza polas capturas que, máis aló do paralelo 58ºN se fai complicado, difícil e, mesmo, perigoso pescar. Nese momento, Pancho bota a ollada atrás e pensa nos caladoiros que marcaron a súa vida e educaron o seu carácter de mariñán. Pensa na regalía que ofrecen pero tamén lembra a bravura dese mar: “ ondas do mar levado...” Lembra Pancho os seus comezos nos caladoiros comunitarios do Gran Sol. Aló, ademais de papar frío e medo, pescou xurel, pescada e peixe sapo. Eran mareas de quince a vinte días. Incomparables ás de catro e seis meses que botou faenando por todos os mares: Atlántico, Índico, Pacíf ico... por todos os caladoiros: Mauritania, Senegal, Namibia, Sur África, Mozambique, Malvinas, Chile... e a súa regalía: pescada negra, crustáceos, cefalópodos, atún, gambas, camarón, pota, fletán... De volta a casa e medio canso de lembrar, Pancho fai a súa parada cotiá, unha parada que non atrasa o seu percorrido, unha parada que dá sentido a todo o que fai. Chega ao pantalán e, destacando sobre as demais, ben amarrada, desafiando o trebón e mais o furacán, cun esvelto e alto mastro, de cor branca inmaculada e azul mar, maxestosa... si! velaí está a “Serea Dourada”, a mellor de entre todas as embarcacións de vela que, aliñadas e aboiando, mesmo semellan danzar. Na propia vila están de acordo: A “Serea Dourada” non atopa rival. É tanto o mimo que Pancho lle dá, que nin rastro de musgo, nin pegada de intrusas cunchas mariñas que o seu alombado casco puidesen danar. A proa limpa, a popa? igual! Todo no veleiro reloce como as augas cristalinas e puras que semellan os mares de coral. Pancho esculca, axexa... ao tempo que comeza a barrenar. Barrena que barrena porque hai algo que falta na súa vida. Alguén que, en soños, non cansou de beixar. Alguén á que sempre amou, pero non é quen a podela abrazar, nin sequera abesullar. — 36 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 37

Fuco Paz

Centos de veces imaxinou sereas louras, morenas... sereas que, saíndo da mar, beliscaban as súas meixelas e murmuraban ao oído bonitas palabras que o Pancho non era quen a interpretar. Mentres ollaba, Pancho non puido aturar un indomable desexo que viña do corazón? e berrando ao vento amigo, exclamou: — Maruxaina! Voute buscar! Arriou estacha, despregou velas e gobernando a nave con man de mestre a “Serea Dourada” cortou as augas cara ao inmenso mar. Desprezou o compás, emproou a estrela do norte, navegou entre as ondas e acariñando o vento, buscou respostas nos mascatos, nas andoriñas, nas toniñas... procurou amigos entre as belugas, entre as tartarugas... pescudou nas covas do mar, e mesmo petou nos niños de coral. Coa mar chicha, as velas deixaron de falar, o mar arrandeou a “Serea Dourada” igualiño que, sendo neno, a Panchiño o arrolaba a mamá. E deste xeito, gozando do imperceptible vaivén do barco e da mar, Pancho creu ver no horizonte, a imaxe nidia, clara, humana dunha serea dourada, de labios salgados, cabelo ondulado, ollos achinados e grandes da color da mar... que lle “regalaba” promesas eternas con palabras bonitas... — Aquí, sempre me has atopar.

— 37 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 38


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 39

O HOME E MAIS O CAN lberte sempre foi grande amigo dos animais. De pequerrecho, pediulles aos pais que lle mercasen unha tartaruga. Chamouna “Raio Veloz”. Alimentábaa tal e como lle recomendaran na tenda de animaliños de compañía: carne magra moi picada, peixe moi picadiño e vermes. Todo isto, unha vez ao día, mentres fose pequena; ao medrar, só tres veces por semana. “Raio Veloz” vivía nun estanque, no cuarto de Alberte. Unha mañanciña, mentres Alberte preparaba o almorzo da súa mascota amiga, a nai –moi amodiño– deitou a súa cabeza por enriba do ombro do fillo e, con cariño e voz de “mamá”, preguntou: — Miña xoia: por que bautizaches á tartaruga co nome de “Raio Veloz”? Porque cronometrei o tempo que lle leva ir dunha parte do estanque á outra, e son –exactamente– catro segundos. Eu, cando vou á piscina municipal, lévame, case, cinco minutos atravesala. Compréndelo agora, mamá? — Ah... Alberte lembra con admiración cando o levaron por primeira vez ao circo. Mi madriña! Os leóns: que bocaza! que dentes! A panteira negra, vaia ollada! O rinoceronte, que poderío! como resopra polo nariz! O elefantiño, que gracioso, cabo da mamá elefanta enguedellándose a ela coa trompiña! E... que medo! cando un tigre siberiano achegouse a el tras a

A

— 39 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 40

Cachiños do meu cerne

reixa e póndose en pé, mostroulle as súas poutas ao tempo que ruxía coma unha besta. Aínda é hoxe o día que leva metido o medo no corpo. Alberte medrou e fíxose adulto. Agora vive coa súa dona Sabela e dous fillos: Catuxa e Paulo, nunha casa preciosa, de pedra, cerca da grande metrópole. Con eles vive un can de raza “Alaskan malamute”. Un can de expresión moi doce e unha presenza que transmite potencia, resistencia, forza... Os ollos de forma de améndoa e de cor cerúlea. A pelaxe mesta pero mol, combinando as cores negra, cinsenta e branca falan, moito e ben, da beleza desta raza. “Mahle”, que así se chama o can, ademais de ser unha compañía moi xeitosa, axudou a criar os nenos; xogando con eles e sumando ese punto gracioso, cando metidos nunha zorra, Catuxa e Paulo, tiraba deles co porte e potencia que caracteriza a súa raza. Onte, foi un deses días longos e húmidos propios do mes que andamos, metidos xa na invernía. Alberte prendeu o lume. Alimentouno cuns fermosos toros de carballo e sentou apampado, ao tempo que enmeigado, pola maxia da cacharela. “Mahle” deitouse fronte a el, coa cabeza estarricada encol do chan, e sen perder de vista, en ningún momento, o amo, ollaba para el coma se intentase dicir algo. Os estralos da codia do carballo desviaron a atención do Alberte, que reparou no can e mais na súa ollada. — Ai meu canciño! De falares... E coa mesma, tombou a cabeza para a dereita e descansándoa entre o seu ombro e mais o sofá, agardou pola chegada de Pedro Chosco... — Anda, vaite deitar, que has ter maniotas por todo o corpo ao espertares. — Boh! Muller, déixame que agora estou ben. — Non son a túa muller, son “Mahle” — ...? — Si, ben sei que non é propio que fale un can, pero se miras para min, has ver quen che fala. — 40 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 41

Fuco Paz

Alberte botou a man ao corazón tratando de controlar o ritmo, perigosamente acelerado, con que lle batía contra a caixa do peito. — Pero... non é posible, é irreal! O meu canciño, o meu amigo... sabe falar! — Certo! E o mellor será que me deas leria. Digo eu... — Claro, claro... ti sabes por que che puxen de nome “Mahle”? — Sei, ho, sei... A miña raza é propia de Alasca e alí vivían os “mahlemiut”, que significa pobo de Mahle. — Carallo para o can! — Oes, “Mahle” –agora o Alberte estaba embalado–, supoño que sabes da arribada de africanos que chegan a España en caiucos, ou de balcánicos que chegan en autobús, ou das hispanas que veñen enganadas... estás enterado? que che parece? — Home, que me vai parecer. Ti non vivías nun piso e agora vives nunha casa de pedra no campo? Pasaches algunha vez fame?... E non reparaches en que eu veño de Alasca? — Claro, claro... e que me dis... ¡¡Craaach, Craaach, Craaachoo Craach...!! Nese intre, estralou a madeira de carballo e foi tal o estrondo, que Alberte se incorporou coma unha centella. Xa en pé, ollou para “Mahle” e alí estaba o “pobre” debaixo dunha cadeira, asustado polo dono e sorprendido polos estralos da lumarada. Alberte turrou del e, sacándoo de embaixo da cadeira, aloumiñouno. E refregándolle a cabeza entre as súas mans, achegou o seu bico ao de “Mahle” e preguntoulle polo baixiño: — É certo que falas? “Mahle” ollouno en fite e, deseguido, moveu os olliños ao tempo que lle ceibaba unha lambedela que lle deixou a cara enzoufada de baba.

— 41 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 42


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 43

O APRENDIZ DE MAGO isque os rapazolos de agora non se sorprenden, nin se deixan sorprender por nada nin por ninguén. Contáronme, hai ben pouco, que o “Teatro Rosalía Castro” na Coruña, ateigouse de adolescentes, dispostos a presenciar unha actuación do mago “Antón”, de sona coñecido na Galiza e tamén no estado español. Contáronme que o espectáculo, amais de reivindicar un mundo máis humano, denunciaba a arrepiante realidade das armas de fogo: matan un ser humano por minuto... case nada! Contáronme que o mago Antón se facía acompañar dun “mimo” e, entrambos os dous, ofrecían un espectáculo, dinámico, participativo, marabilloso, espectacular, extraordinario, incrible: obxectos que desaparecían... que se transformaban... que voaban... que enchoupaban o ambiente ao tempo que o enfeitizaban... balas que se trocaban en flor... Un mago que ridiculizaba o poder das balas ata atrapalas cos dentes, mi madriña! Un “mimo” que era abatido nun desgraciado “lance” e operado encol do escenario despois de ser “serrado” e separado o seu tronco de extremidades inferiores e cabeza, e nun aparte, o mago Antón, exercendo de experto cirurxián, extraía a bala que levaba a misión de acabar coa vida do amigo. Deseguido, o paciente foi ensamblado e “recomposto” co fin de devolvelo á vida.

D

— 43 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 44

Cachiños do meu cerne

Contáronme que os adolescentes estaban máis preocupados de adiviñar o truco que de sor prendérense, de se ilusionaren con el. Interpretaban que, nun xogo virtual, eles mesmos serían quen a realizar a mesma maxia, nin máis nin menos! Así de claro, e así de doado. Rematado o espectáculo, uns aplausos carentes de ilusión e calor “premiaron” os artistas. Contáronme que, entre eses aplausos, si se percibiron uns aplausos ilusionantes, estrondosos, agradecidos que viaxando polo ar debuxaron, a xeito de nube, unha palabra que só puido ser descuberta e lida polos artistas e por quen isto me conta. A palabra de formas graciosas e de cores rechamantes, dicía: GRAZAS Contáronme que o autor da palabra, sendo picariño, non gustaba de ver a “tele”, non gustaba dos xoguetes con transistores que nada din –malia ao que din–, nin provocan a expresión. Contáronme que ese rapaz, sendo neno, gustaba da compañía doutros nenos e nenas. Gozaba cos contacontos e mais coas súas historias. Gozaba co deporte, sobre todo practicándoo e, sorprendentemente, gozaba dun regalo que el mesmo lle pediu, cando tiña sete anos, aos Reis Magos: unha capa, un sombreiro e unha variña. Desde ese, afastado, seis de xaneiro; cóntanme que Iago aproveita cada encontro cos seus amigos para facelos rir, e regalar unhas pinguiñas da súa maxia. Entre os seus amigos hainos que, estudar, se lles fai difícil e aburrido. Iago, manda poñer en pé o “Sufridor”, colócalle o seu chapeu na cabeza e percorrendo todo o seu corpo coa variña máxica, vai relatando, e de forma moi breve, momentos importantes das aventuras de “Miguel Strogoff ” unhas veces, momentos abraiantes da “Illa misteriosa” noutras, e momentos incribles de forza, amizade e paixón cando relata “Cairo branco”. Hai outros amigos que se queixan porque os discriminan á hora de xogaren ao fútbol; que só os poñen de porteiro, e no caso de xogaren noutro posto, entón non lles pasan o balón... — 44 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 45

Fuco Paz

Daquela, Iago, viste coa capa o novo “sufridor”. Ordénalle pechar os ollos. Pregúntalle cal é o seu equipo favorito e, de contado, percorre todo o seu corpo coa variña máxica, mentres lle regala un posto de titular no seu equipo da alma e trócao en “pasador”, “estrela” e “goleador” por uns minutos... máis que dabondo para debuxar no seu rostro un sorriso que se estende de orella a orella e ceibar unha gargallada incontrolable, cando a modo de grande narrador “futboleiro arxentino” comeza o partido: “Coloccini maneja la bola, cede a Verdú que lanza en perpendicular para la entrada, por banda, de Christian, que gambetea una! dos! hasta tres veces! a su par y cede a Arizmendi que dispara... el arquero rechaza el cuero, que queda a los pies de “Sufridor”, el nueve máis rápido de la liga que empuja la bola y... Gol, gol, gol, gol, gol, gol... Goooooooooooooooooolllll de “Sufridor” el nueve “asesino”, el nueve que no perdona. Dépor 1 (Sufridor) Barça 0. — Abracadabra! Quen todo isto me conta, pediulle a Iago case un milagre, un imposible: — Iaguiño: a ver se es quen de adiviñar a miña ocupación nos próximos anos. Iago, moi cerimonioso, vestiuno só coa capa e, con moita parsimonia, percorría todo o seu corpo coa variña, mentres berraba: — Deixa voar a túa imaxinación, déixate levar por ela, non penses noutras cousas. Libera o teu maxín. Deseguido, trocou o berro en murmurio e as palabras imperceptibles de Iago trocáronse en aloumiños; e o noso “confidente” –sen decatarse–, saíu do seu corpo e sorprendeuse perante o escenario que estaba a contemplar: estaba rodeado de nenos, nenas, mulleres, homes... negros! que tendidos en leitos de palla ou no propio chan, reclamaban cos seus ollos negros unha atención... que era correspondida, unhas veces, con medicina en forma de aspirina ou inxección e outras, a meirande parte delas, cun cariño en forma de agarimosa palmada que, percorrendo as súas meixelas, deixaba un ronsel de estrelas que non se apagaba ata pasado un bo anaco. — 45 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 46

Cachiños do meu cerne

O “doutor”, canso dunha xornada moi esgotadora marchou cara á unha almofía, medio estartelada polo uso e polo tempo, e collendo a cara entre as mans mergullouna na auga. Lentamente, ergueu o rostro e puido ver reflectido no espello, que completaba o “xogo de baño”, un rostro que non era o seu: era o rostro de Iago! O “doutor” –asustado, moi asustado–, abriu os ollos e comprobou como Iago, enfronte del, repetía, no rostro propio, os movementos das mans e dedos, que hai un momentiño, apalpaban a cara reflectida do doutor no espello. Contáronme que Iago estudou medicina. Doutorouse. Marchou para África como membro dunha ONG; e alí, ademais de sandar e acariñar rostros agradecidos, regala a súa maxia entre os nenos, nenas, mulleres e homes de todos os poboados aos que acode. Seica os anciáns coñéceno, porque ese alcume lle puxeron, coma “O Sécolas”. Así mo contaron... e así volo conto.

— 46 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 47


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 48

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 49

A FORZA DO AMOR entres Yang e Chang xogaban con outros rapaciños da aldea ao Mah Jongg, moi lonxe estaban de sospeitar que o destino argallaba para eles un xogo que se practica amodo, moi amodiño. Un xogo fermoso. Un xogo que te apreixa, que acariña as túas inocentes meixelas sen elas nada sospeitar... ata pasado un tempo, cando a roibén desvela, tímida, acovardada, indecisa, a chegada do “intruso” que, moi de vagariño, con calma, sen présa, paseniñamente, se apodera de ti. Agora, as olladas non son túas. Os risos non saben que rumbo tomar. O inverno non existe, o outono trocouse en verán. Todo é unha incrible primavera; e os labios son a porta que, por primeira vez, bicou Yang e agardou polo beixo, cos olliños pechados, Chang. Yang e Chang naceran nunha aldea na provincia oriental de Jiangsu (China), non moi lonxe da cidade de Nanjing. A aldea que os viu medrar está caprichosamente situada no fondo dun extenso e precioso val. Unha aldea, resgardada do vento frío do norte por unhas montañas, non altas, pero fachendosas no seu papel de gardián. Polo leste, unha enorme bocana permite que o vento cálido dun afastado mar, aloumiñe as herbiñas verdes, ben verdes, do imprescindible e necesario arrozal. Polo sur, e mais polo oeste, medran árbores que regalan noces, améndoas, cereixas, mazás... e moitos froitos que os aldeáns, con sabias e vellas mans, saben tratar. Nese paraíso, Yang e a súa compañeira Chang preparaban, coa axuda de “Teixo” (o boi que turraba do arado de Yang), a súa parcela no arro-

M

— 49 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 50

Cachiños do meu cerne

zal. Espetados ata os xeonllos, araban, plantaban, mimaban e recollían o arroz que, ademais de sustento, había servir para negociar con outros aldeáns o troco de mercadorías e apeiros de grande axuda no agro e no propio fogar. Yang e Chang non tiñan fillos. Había moito tempo que Chang sufrira un aborto cando plantaba no arrozal. Chang ficou malparada. O frío e mais a humidade converteron a Chang nunha enferma crónica, necesitada de coidados que o seu home, con moito mimo, se encargaba de dar. Porén, era tanta a fartura do val que Yang e Chang vivían da súa regalía, dedicándose máis aos froitos, cos que elaboraban ricos licores, ambrosías, tortas, empanadas e unha especie de turrón que mesmo viñan na súa procura desde a capital da provincia, desde Nanjing. Despois do traballo cotián, Yang e Chang gustaban do paseo, da tertulia e, da música! Yang era un experto tocando distintos tipos de instrumentos: percusión, vento e corda. Soprando, coma o mesmo Eolo, tocaba a frauta vertical ou “hsiao”, o oboe cónico ou “so-na”. De entre os instrumentos de corda, era quen de arrincar bágoas á cítara ou “Ku-cheng”. De percusión, as campás ou “chung” eran as súas favoritas. A simbiose entre Yang e Chang era perfecta, natural; pois se Yang era o músico, Chang era a artista que, coas súas mans artesáns, tallaba e labraba a madeira que producía o val, ata trocala en sonoro instrumento musical. E, ademais, cantaba! Chang posuía unha voz engaiolante, melosa, anxelical, divina. Todos dicían que de querelo, podería vivir da súa voz e cantar nos mellores teatros da China. Chang escoitou esa cantarea centos de veces, quizais máis. Pero Chang e Yang eran felices no val, co trilar dos paxariños, co vento morno que bica a pel nos días de invernía, coas cores ocres, pardas, moradas do outono que, anunciando a súa chegada engalana así as árbores que del, fican namoradas. Yang e Chang era felices no paraíso e coas xentes que habitaban o paraíso. — 50 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 51

Fuco Paz

Eran moitos os días que, contra a noitiña, Yang tocando a “so-na” ou o “hsiao” e Chang reclamando a admiración dos aldeáns coa súa voz melodiosa e, sempre, enfeitizadora, alegraban o espírito do val, disposto a participar co seu silencio, daquel agasallo que os humanos ofrecían sen máis. Foi unha noite de primavera, coas árbores en flor, o arroz besbellando o pantanal e os aldeáns mudos, escoitando o melodioso cantar de Chang, cando –de forma sorpresiva– a “artistiña” non foi quen de manter o equilibrio e coma paxariño que non aguanta a abafante calor do verán, caeu bicando o chan. De contado, Yang deixou de tocar e mentres os aldeáns se arremuiñaban nun intento van de poder axudar; Yang chamou por Ling, o único taxista do val que utilizaba o seu carromato para os labores do agro e mais para o transporte da xente á vila cando precisaban de amañar papeis deses que chaman oficiais. Ling, a fume de carozo, acercou o seu carromato, abriu a porta de atrás e aló marcharon, o máis axiña que puideron cara a un hospital. Por fin en Nanjing, no centro médico, os doutores escoitaron a Yang que lles relataba o acontecido. Os síntomas que presentaba Chang non eran esperanzadores. Os doutores aconsellaron a Yang que fora sentar, mentres eles tratarían de reanimar a Chang. Yang, nun recanto da sala, repasaba unha e outra, e outra... e máis veces a escena. Ollaba, impotente, como Chang, froito do esvaído caía coma un saquete de améndoas ao solo. Non se explicaba como estando tan preto dela non fora quen a botarlle a man. O que descoñecía Yang era a gravidade da situación. Sabía que algo non ía ben, pero que? Mentres loitaba coa súa mente, que non o deixaba pensar; escoitou unha voz grave e triste. Era a voz dun dos doutores: — A súa dona acaba de entrar nun profundo estado de coma, do que ignoramos cando vai espertar. Pola cabeciña de Yang desfilaron, en menos de un segundo, as imaxes del e mais Chang, xuntiños, abrazados sendo nenos, adolescentes, — 51 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 52

Cachiños do meu cerne

mociños... o val, os amigos, o “Teixo”, o arroz, as améndoas, as noces, as manciñeiras... — Sentímolo, pero descoñecemos a razón desta irreversible situación en que se atopa a súa dona. Pasou un día, unha semana, un mes... Yang acordou facer o que tanto gustaban ela e mais el. Todos os días, cando Yang remataba os labores na aldea, regresaba ao hospital. Unhas veces “hsiao”, outras co “so-na” e outras co “ku-cheng”, e moi polo baixiño, de xeito moi melodioso, como lle gustaba a Chang, entoaba bonitas cancións acompañadas do vento claro e murmurador que desde o “hsiao” navegaba polo ar ata os oídos de Chang. Outras veces, os dedos percorrían harmoniosamente, as teclas do “so-na” conseguindo cifrar mensaxes musicais que, amorosamente, dicían: — Haste poñer ben, Chang. Xa verás... Cando elixía o “ku-cheng” para a súa melodia, cada unha das vinte cordas do instrumento agardaba, nerviosa, polos dedos do músico e disposta a levar, con grande emoción, con incrible emoción, unha mensaxe de amor, que viaxando por todo o cuarto no que descansaba Chang, semellaba enchoupar paredes, lámpadas, ventás... Quérote, miña ruliña! quérote meu amor! Esperta coma o paxariño na póla... voa tal, e como voa a flor... bótalle un bico á auga... e de ergueres os teus lindos ollos has ver, como camiñando moi paseniño... aló, polo fondal do val, veño eu... meu amor! Pasaron anos, mesmo dez! Mais, un día... un día pola mañanciña, na primavera; mentres os acordes do “ku-cheng” choraban a melodiosa canción, despois de pronunciaren o derradeiro “amor”, Chang abriu os olliños, e incorporándose levemente do leito, con moito traballo pronunciou: — Yang, meu amor! — 52 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 53


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 54

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 55

Fuco Paz

O APRENDIZ DE PICASSO ai máis de dous mil anos que o sabio e filósofo Séneca, coñecedor e analista do espírito e das decisións propiamente humanas, escribía: “Fala para que te coñeza”. Des que o primeiro ser humano plasma sobre unha rocha a silueta dun cervo, bisonte, cabalo... ata os nosos días, a maxia do debuxo e –sobre todo–, da palabra; troca a súa alma baril ata convertelo en artista. Esa necesidade comunicativa viaxa desde a pedra ao talo de papiro, desde a arxila ao coiro e, desde este, ao papel; para rematar –madía leva– de novo na pedra ou sucedáneos (formigón, azulexo...) O ser humano moderno non despreza absolutamente nada da súa contorna e revive a alma do artista e mais a arte filosófica con pintadas de clasificación distinta: política, social, deportiva, escarnio, incualificables... Poderiamos encher este libro con todas elas. Brais non naceu nin no Paleolítico nin na Península Romanizada, non. Brais naceu na Galiza hai moi poucos anos, aínda non hai nin cinco lustros. Pero xa de pícaro, o seu amor por expresarse, por pintar, non pasou desapercibido para a mestra, nin moito menos para os pais, pois eles foron os primeiros “sufridores” da arte infantil do meniño. Catarina e Xulio, que así se chaman os pais, comprobaron arrepiados coma o cuarto do filliño, empapelado co papel máis cuquiño que había na tenda de decoración; coma o papel máis caro, lavable, de última xeración... era extensamente “decorado” de principio a fin do cuarto, e ata unha altura de, aproximadamente, 40 cm. polo xenio dun artista: Brais.

H

— 55 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 56

Cachiños do meu cerne

A clasificación da obra, segundo a estimación posterior dos pais, estaría entre vangardista e abstracta. Iso si, os trazos, as cores, a uniformidade do conxunto eran dignos do mellor dos mestres de calquera movemento de renovación pictórica. Brais, con sete anos, descubriu que a rúa, ademais de servir para transitar –a meirande parte das veces–, da man dos pais, ademais de servir para mercar nas tendas de alimentación, nas tendas de vestir, de mobles... ademais de convivir e xogar con outros nenos e nenas do seu tempo; descubriu, tamén, que as paredes formaban parte da forma de pensar dos máis maiores ca el. E desde ese día agromou na súa cabeciña a galopante idea de plasmar a súa arte nun lugar visible, ben visible. Non foi unha decisión inmediata, foi unha decisión pensada, analizada, e mesmo trasladou a idea a algúns dos compañeiros e compañeiras no “cole” aos que consultou; gardando a súa resposta coma o maior segredo de todos os segredos: — Vós, seriades quen a pintar no portal da vosa casa? Non deu opción á resposta, el mesmo respondeu: — Eu, si. Os compañeiros ficaron estantíos ollando cara a el. Cos seus olliños coma pratos e cunha cara de abraio non crendo o que Brais argallaba, Guillerme díxolle: — Uiii! coma o descubra a túa mamá... Hache de quentar o cu, igualiño que me fan a min cando non aturo ben as cousas. — Miña nai non se vai enterar... E coma vós digades algo, daquela no recreo non vos convido, nunca máis, a larpeiradas. Veña! cruzade os dedos furabolos e bicádeos, prometendo que non vos chibades. Rematado o “pacto”, Brais agardou polas clases que lle faltaban coa mesma ansia que polas vacacións. Cando Catarina o foi buscar ao colexio, o primeiro que fixo Brais foi darlle un bico ben grande; coma implorando o perdón pola argallada que matinara. Catarina nada sospeitou, meteuno no coche e marcharon para a casa. Brais non paraba de falar. E falaba, e falaba... tanto que a nai lle preguntou se estaba ben, se lle pasaba algo. — 56 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 57

Fuco Paz

— Non, non, mamá. É que hoxe estou moi contento. Na escola non fallei nas contas de “mates” e o “profe” felicitoume pola bonita letra que fixen da copia que tiñamos no taboleiro. — Vaites, vaites!, canto me alegro. Ti si que es espelido, meu rei. A nai abriu a porta que daba entrada á casa, e ao entraren, Brais deixou caer unhas estampiñas adhesivas do heroe do momento: “Shin Chan”. Xa no piso e despois de cachear os petos, Brais amosouse moi sorprendido e dixo: — Vaia, perdín os cromos que lle cambiara a Guillerme no recreo. Seguro que me caeron no portal. Vou buscalos, mamá! — Eh, eh... Onde di que vai vostede? — Que baixo pola escaleira, mamá. Vivían nun segundo e o neno xa baixara moitas máis veces na procura dunha cebola, leite, sal, uns limóns... á tenda que estaba un pouquechiño máis abaixo na mesma beirarrúa. — Vale. Baixa e ven axiña que tes que xantar. — Vale, vale, vale... Mentres baixaba, meteu a man no peto e sacou un rotulador de tinta negra e de trazo non moi groso. Chegou ao portal, abriu a porta. Saíu. Ollou para un lado e outro da rúa e, comprobando que non había nin can nin gato, procurou un cachiño de “zona artística” e con moito disimulo, facendo que pandaba no xogo dos agachados, coa man treméndolle coma un vimbio, escribiu con letra clara pero nerviosa e, madía leva, onde rematou a súa argallada estaba moitísimo máis enriba de onde comezara. Aquela pegada semellaba un foguete que, ceibado, marcaba unha inevitable traxectoria cara ao infinito, cara ao máis aló, cara ao éxito... Escribira tan rápido e tan xunto que a mensaxe non ocupaba máis dunha cuarta e dicía: “Parvo quen o lea” Brais, na súa inocencia, nin se decatara que o primeiro parvo era el. El era o primeiro en lela. Pero, que máis tiña! O obxectivo fora conseguido. — 57 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 58

Cachiños do meu cerne

Brais medrou e, con catorce anos, descubriu o amor. Descubriu que o seu corpo cambiara e descubriu tamén que o mesmo pasara coa xenreira que sentía, ata daquela, polas nenas. Agora reparaba nelas e ollaba para elas doutra maneira... non para todas... e si, para Sabela. Sabela era do seu tempo pero moito máis madura, claro. E non lle prestaba unha atención especial. Andaba con el... e con outros. Pero Brais pensaba que el era o elixido, o favorito de Sabela. Ata foran xuntos ao cinema e algunha vez a dar boa conta dunha “pizza”. Un día de verán acordaron, os da panda, ir á praia. Eran oito: cinco rapaces e tres rapazas. Entre as rapazas, Sabela. Entre os rapaces, ademais de Brais, Alberte. Xogaban na area, arrebolándose unha cousiña por aquí... achegando os seus corpos á mínima oportunidade... pero todos igual. Só os máis tímidos de entre os rapaces, semellaban gozar máis dándolle uns toques á pelota, aínda que non lonxe do grupo. Era gracioso velos nun recunchiño da largacía praia. Unha das rapazas berrou: — Imos dar un baño! E, deseguido, saíron todos batucando pola area, ata acadaren a auga. Os rapaces comezaron a salpicar as rapazas, mentres elas se facían as ofendidas, insultándoos e avisándoos con aquilo de — Xa verás... Despois dun cachiño onde facían pé, comezaron a nadar, afastándose un tanto da ourela. E nun descanso, Alberte abordou a Sabela e de fronte a ela, enganchándoa cos seus brazos polo colo, achegouna a el e bicouna. Sabela correspondeulle. Meu Deus! Aquilo para Brais foi peor que unha labazada, foi peor que se lle cuspisen na cara. Non o puido aturar e saíu da auga. Secou o corpo e estomballouse na toalla, simulando tomar o sol. Cos ollos ben pechados ía lembrando todos os bos momentos que pasara con Sabela. Todos, un despois de outro, caían coma mazás en saco baldeiro e non volvían. Regañaba os dentes e mordía os labios, aínda salgados polo mar. Marcharon da praia. Todo o camiño de volta a casa, Sabela foi collida da man de Alberte, e Brais detrás. — 58 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 59

Fuco Paz

Despedíronse e despois de quedaren para o día seguinte, cada un encamiñouse cara ao fogar; agás Alberte e Sabela que prolongaron o día. Brais subiu a casa. Meteuse no cuarto. Colleu un spray. Elixiu o de cor vermella; a cor do corazón, pero tamén da vinganza. Baixou coma un demo polas escaleiras e xa na rúa, procurou o lugar polo que decote pasaba Sabela; agardou pola noite coma confidente da súa pena e cando se considerou invisible perante os ollos dos transeúntes, escribiu nunha parede: Sabela, ódiote para sempre. Brais con dezaseis anos matriculouse na Escola de Belas Artes da cidade e alí, o profesorado reveloulle o talento natural que tiña para as artes plásticas e concretamente para o debuxo. Hoxe en día, traballa para distintos xornais. Periódicos de tirada local uns, e de tirada nacional outros. É un especialista en banda deseñada, especialidade coa que gañou varios premios. Ilustra, para autores de literatura infantil e xuvenil, os relatos que escriben para adolescentes e mozas. Está casado. Ten dúas fillas, e a maior delas... chámase Sabela.

— 59 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 60


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 61

SEYDOU eydou naceu en Yoff, moi preto de Dakar, en Senegal. É o segundo de seis irmáns, catro rapazas e dous rapaces. Con cinco anos, Seydou ía andando desde Yoff a Dakar acompañando a súa mamá Habibatou. Mentres ela ficaba na praia coa intención de venderlles aos turistas todas as marabillas que, de forma artesanal, preparaba na súa cachopiña construída con latas, placas metálicas e bloque; Seydou ía á escola. A escola era unha choupana un pouco máis grande cá súa cachopa pero construída, exactamente, cos mesmos materiais. Estaba situada nun dos arrabaldes de Dakar e na súa entrada, un carteliño, pintado con cores rechamantes sobre un fondo rechamante, dicía: “Escola da rúa”, que así se denominaba a todas as escolas que atendían os meniños dos propios arrabaldes da cidade ou doutros lugares máis afastados que, do mesmo xeito que Seydou, acudían andando e acompañados, cáseque sempre, das nais. Seydou estivo na escola ata os sete anos, descansando en cada ano desde maio a novembro, tempada longa que non asistía, simplemente, porque así era o costume. Na escola, cun mestre ao que chamaban o “facilitador” aprendeu, incriblemente, a escribir un máis ca digno francés e a falalo con soltura. O idioma que Seydou falaba coa familia e cos amigos era o “uolof ”. Ao cumprir os oito anos, Seydou deixou a escola, case por costume, pero tamén por necesidade. Agora, Seydou tiña que axudar a mamá a levar adiante a familia. Acudía con ela á praia de Dakar, a mesma que

S

— 61 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 62

Cachiños do meu cerne

vedes na televisión cando nos serven imaxes do “Rally”; porén, cunha diferenza: mentres vós ollades para unha praia de area fina, largacía, relaxante, insinuante, de augas cristalinas e cunchas coralinas; Seydou olla para unha praia inmensa, esgotadora, abafante que machuca os corpos da mamá e del mesmo des que arriban pola mañanciña, cargadiños de pés a cabeza, con mil e un argallos que tratarán de venderlles aos turistas, ou ben aos poucos habitantes, con posibilidades económicas, da cidade costeira. A mamá amosa sobre a fina area, pousados de forma delicada e con moito mimo, os bubús que previamente teceu na casa e aos que lles pasou o ferro con moito aquel. A carón dos bubús, a nai expón: caretas creadas en madeira negra con facianas de animais, ou caras de provocadores chamáns, colares feitos con cunchas mariñas ou pedriñas de cores que deixan pasar a luz creando caprichosas sombras. Completan o lote unhas máis ca vistosas trenzas, delgadiñas, enguedelladas, multicores... que serven de postizo para as louras e morenas cabeleiras das turistas, engaioladas pola arte de Habibatou. Seydou ofrece auga de coco aos turistas que, estarricados en cómodas hamacas, semellan papar todo o sol que hai no país. Ao mediodía, cando o sol peta máis forte e os turistas marchan co fin de xantaren no hotel, a nai de Seydou e mais el, retíranse ao palmeiral que precede á praia e, alí ao abeiro dunha sombra amiga, dan boa conta da froita que aliviará a súa sede, coma o coco, o mango e o ananás. Habibatou leva sempre unhas racións de eddo e ñame que adoita frixir na cachopiña, que son excelentes para combater a dor e rebaixar as inflamacións nas pernas, que de tanto permanecer de pé, inchan coma globos. Seydou pídelle permiso á mamá para ir dar unha voltiña mentres non volven ao traballo. — Non te vaias moi lonxe, que aínda temos que pasar pola fábrica de salgadura do peixe, a ver se podemos mercar algún para a cea dos teus irmáns. — Non te preocupes, mamá, volvo de contado. — 62 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 63

Fuco Paz

Seydou vai sempre ao mesmo sitio. Preto de onde xantaban hai unha especie de modestísimo estaleiro no que traballan un bo número de homes. Constrúen caiucos, embarcacións de pesca, que hoxe en día son máis utilizados para levar homes, mulleres e bebés ao primeiro mundo que para faenaren. O caiuco é unha embarcación espectacular. Especialmente deseñado de forma alongada está concibido para superar grandes ondas e para manter unha estabilidade do máis fiable cando regresa cargado de peixe. O “estaleiro” que visita Seydou recibe encargos de xentes que non son de Senegal pero que utilizan o coñecemento e mais a artesanía destes homes para os seus propósitos, que non son outros que os de levaren aos máis necesitados, unhas veces á morte na alta mar e, outras a un fin polo que pagaron un prezo prohibitivo, deixándoos da man de Alá no seo do frío e salgado océano. Seydou olla para as embarcacións do mesmo xeito que para as lambonadas que, expostas no escaparate das tendas de Dakar, semellan dicir: — Pápame! Levan xa coma vinte días construíndo un caiuco que xa están pintando coas cores que máis lle agradan: verde, amarela e vermella. Sobre un fondo de madeira branca as cores van enleadas horizontalmente desde a popa á proa. A uns palmos desta, desaparecen para deixar paso á cabeza dunha quenlla que, amosando unha boca máis grande ca el e uns dentes afiados e aterrecedores impresionarán aos peixiños que, sen dúbida, ficarán aparvados para seren pescados polos arriscados mariñeiros do caiuco. Seydou, que é moi obediente, volveu onda a mamá para seguir axudándolle agora que xa calmara o sol Antes de que os visitara a noite, venderon –unicamente– un bubú e, como lembrara a nai, pasaron pola fábrica de salgadura e, desgrazadamente, non puideron mercar peixe ningún porque o xornal do día non era dabondo para tanto. Amodiño e coa cara cansa e os olliños tristes, colleron o camiño de volta a casa. Chegaron, e alí estaban os irmáns de Seydou, xogando coa — 63 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 64

Cachiños do meu cerne

area e cos xoguetes creados por eles mesmos con variñas de paraugas, madeira, cunchas, follas de palmeira... A irmá maior amañaba a casa e dentro fervía unha especie de pote con auga á espera da “fartura” que puidese traer a mamá. Para esa noite, a mamá crearía unha rica potaxe, elaborada con pasta de ñame, verduras e tomate. Seydou ía cumprindo anos e o monólogo continuaba. Os irmáns facíanse maiores e axudaban. Así un día, outro tamén, e outro, e outro máis. Cando Seydou chegou aos dezaseis falou coa nai: — Mamá: os meus irmáns xa son maiores e poden facer o mesmo traballo que fago eu. Se cadra, de poder viaxar a Europa... Podería traballar e co que gañara poderiamos vivir ben, vós e mais eu. Oín que gañar 200€ é pan comido. Temos de pensar que podo gañar desde 200€ ata ¡eu que sei, canto! — Acouga meu ben, non che é tan doado como parece. Como has pagar a viaxe? quen che garante que has chegar ao teu destino? quen che dará traballo? quen...? Seydou interrompeu. — Mamá: son un mozo, forte. O traballo non me asusta. O que traballo aquí comparándoo co que vou traballar aló, é unha coña. Teño de intentalo, mamá. Deste xeito, estamos a esmorecer aos poucos. Quen nos garante que mañá os turistas han mercar o que levamos? Cada vez somos máis na praia a vendermos. Cada vez temos de madrugar máis e máis. Olla para as túas pernas como inchan. Cando me miro no espello non son quen a termar a ollada máis de un segundo... Teño de intentalo mamá. Habibatou baixou a mirada, ceibou un par de lágrimas coma puños e sen poñerlle atrancos ao fillo, ficou en silencio... — Confía en min, mamá. Confía en min... Rompeu a mañá e Seydou acompañou a nai ata a praia, en Dakar. Foi cara ao “estaleiro” e alí falou con Baye, o máis vello de cantos traballaban nos caiucos. Baye, sen ser o dono de nada, era respectado por todos e sen a súa aprobación non se facía, absolutamente, traballo ningún. — 64 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 65

Fuco Paz

— Baye: Podo traballar contigo? Non preciso que me pagues, só preciso que, no momento que sexa necesario, me fagas un favor. Agora non che podo dicir cal, meu. No seu momento, pedireicho. Baye ollou para el e comprendeu que nos olliños negros de Seydou non había mentira, e o favor que lle solicitaba estaba da súa man. — Moi ben, rapazolo. Demóstrame que traballas coma un home. E non preguntou máis nada. Agora Seydou tiña dobre ocupación: axudar a nai e mais a familia e traballar de balde para Baye. Pero cumpriu. E fíxoo de tal xeito, que ao cabo de un ano, Baye preguntou: — Dime, meu home. Cal é o favor que che teño que facer? Cando alguén che veña encargar un caiuco para ir a Europa, tes que meterme nel e amañar o meu prezo co comprador. Baye non se sorprendeu pola demanda de Seydou. Asentiu e animouno. — De ser novo coma ti, eu tamén o intentaría. Grazas, Baye. Grazas. O comprador non tardou en aparecer... tan só dúas semanas. Cando se presentou, Baye espetoulle: — Abdou, ben sabes que o meu silencio salvoute en moitas ocasións... — Sei, Baye, sei. Que é o que teño de facer? — Tes de levar un mociño, un amigo meu, a Europa. — Baye ti sabes que eu non vou a Europa nun caiuco... — Ben o sei, Abdou. Tan só tes que o meter nel. O demais nin depende de ti, nin de min. — De acordo, dille ao mozo que veña falar comigo mañá. Estarei agardando por el. Ao día seguinte, Seydou procurou a Abdou nun dos hoteis de Dakar, onde pasaba a noite cando viña a Senegal. Abdou viña desde Serra Leoa a facer os seus “negocios”. Seydou chegou ao hotel moi cedo e tivo que agardar por Abdou. Cando, por fin, baixou a recepción, Seydou –sen telo visto na súa vida–, comprendeu que aquel era o home. E non se trabucou. — 65 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 66

Cachiños do meu cerne

— Ola, chámome Seydou. — Moi ben, Seydou. Imos dar un paseíño pola praia para falar do noso. Saíron do hotel e, de vagariño, chegaron á praia. Seydou non falaba e Abdou, tampouco. Por fin, Abdou falou: — Así que queres ir a Europa. España? Alemaña? Francia? Iso... ben sabes que custa moitos cartos... Seydou interrompeuno de contado. — Si. Non falou contigo, Baye? — Si que falou. Pero Baye xa vai vello e hai cousas que non comprende... sabes Seydou? Eu a Baye débolle algún favor, pero se eu quixese non vendería caiuco ningún. Entendes, hom? O que entendía Seydou, porque era moi espelido, que estaba en mans da mafia. Seydou sabía que non podía negociar. Estaba atado de pés e mans. E preguntoulle sen máis: — Que debo facer? — Moi pouco, Seydou, moi pouco. Ti sabes que unha viaxe destas non custa menos de 600€. Hai que pagar o caiuco, hai que pagar a algunha das autoridades, temos que equipar o caiuco; ten en conta que é unha viaxe moi longa e moi perigosa e todos os que embarquedes debedes levar unha seguridade a bordo, que se o GPS... Aínda que por tratarse dun recomendado do meu bo amigo Baye, vouche facer un prezo de amigo. Non me has pagar nada... agora. Cando chegues a España, tes un prazo de seis meses para pagarme menos da metade do valor da viaxe. Tan só deberás pagarme 290€. Que non chegades a España? Porque naufragastes... morrestes.Si, si. Esa posibilidade sabes que existe. Daquela non me debes nada. Nadiña. Pero de arribares a España ou a outro país, porque as correntes mariñas non as podemos aturar... entón, pensa no prazo que che dei, e na túa familia aquí en Senegal, Seydou. Seydou aguantou como puido a incrible e vil ameaza, e mais as bágoas que loitaban por saíren dos seus ollos negros, e con voz entrecortada e sen ollar para o sibilino personaxe, dixo: — 66 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 67

Fuco Paz

— Feito. Cando partimos? — Así me gustan os homes. Baye tiña razón. Cando me falou de ti, deseguida comprendín que estabamos a tratar con todo un home. E logo! Non te preocupes, como moito nunha semana estarás camiño do paraíso. E dentro de dúas máis, no paraíso. E unha vez alí, non te esquezas do pauto. Eu avísote. Confía en min, Seydou. Aquel home era máis ca ruín. Era unha fera. Era un miserable. A peor das víboras máis velenosas do Senegal. Pero aquel badoco e desalmado home tiña a chave da ilusión. Un home veu na procura de Seydou pasados dous días despois do encontro. Viña nun Land Rover medio estartelado e só con dous asentos, un o do condutor e outro, se así se lle pode chamar, para o “convidado”. A equipaxe que acompañaba a Seydou estaba formada por un bidón con cinco litros de auga, un pan feito de arroz e mais a roupa: anorak para a travesía. Camisa de manga longa. Xersei de pico. Pantalón de tergal, regalo dunha ONG había xa un ano. Zapatos tipo coreano e o cariño da nai e as bágoas dos seus irmáns e irmás no momento da despedida. — Que teñas sorte, Seydou. Rezaremos por ti. — Non vos preocupedes. Pronto saberedes de min. O “mandado” levou a Seydou a embarcar a unha praia situada ao oeste de Mékhé, onde agardaban xa vinte e dúas persoas. Entre a “mariñeiría”, catro mulleres, unha delas cun bebé de cinco mesiños. Embarcaron, empurrando todos o caiuco, que estaba pintarrexado coas cores verde, amarela e vermella; desde a deserta praia de area fina ata o mar, que nun sinal de evidente bo agoiro, estaba en calma. Na popa situouse o suposto capitán e guía, con GPS pendurado do colo, un temón enferruxado e dobre motor. O capitán ordenou con acenos militares e despectivos coma debían sentar no caiuco. As provisións na proa, protexidas por unha lona esfiañada e negra. Os demais, equilibrando o caiuco. Cada muller ocupando os centros dos bancos corridos e formando unha fileira. O caiuco emproou cara a abundancia, cara a ilusión, cara a unha nova vida... ou... talvez, non. — 67 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 68

Cachiños do meu cerne

Partiran de mañanciña, aínda non raiara o sol. Levaban dez horas de navegación e o “capitán”, que o único que facía era ollalos con desprezo, ordenar e beber auga, advertiulles: Ao solpor, arribaremos a unha praia, preto de Nouakchott, e alí recolleremos dous mauritanos que tamén van a Europa. Ninguén pronunciou palabra. O silencio dos “esperanzados” era envolvido polo machucar das ondas do mar contra o caiuco. Só os salseiros e o tímido choro do bebé que moi poucas veces solicitaba a teta da nai, parecían romper a monotonía do medo que se reflectía nos rostros negros dos pobres navegantes. O “capitán” parecía ler nas ondas coma nun libro aberto e, no momento previsto, chegaron á praia onde recollerían máis “mercadoría humana”. — Desembarcade e levade a embarcación ata a ourela da praia. Cando volva cos dous mauritanos, emprenderemos a marcha. O “capitán” desembarcou co GPS e máis coa pouca auga que lle sobrara. Desapareceu entre a foresta virxe de árbores ben verdes. A sombra negra do “capitán” perdeuse entre as verdes acacias que daban acubillo aos monos máis ruidosos que ninguén tivera escoitado. A noite foise facendo máis negra e os “esperanzados” comezaron a sospeitar e a maldicir, para si, a súa sorte. Mentres uns se refuxiaban no rezo, outros comezaban a planear o día seguinte. Foi unha muller a que, erguéndose do tronco no que sentara, reclamou a atención dos demais. — Estamos sós. O “pirata” vendeunos á sorte do mar. Eu non comecei esta viaxe para ficar en Mauritania. Eu vou a Europa e de morrer, que morra no mar. Que me coman os peixes. Que me engulan as quenllas. Pero a viaxe que empecei non ten retorno. Non quero morrer de viva, de morrer... hei morrer no mar. Aquelas palabras non tiveron resposta, simplemente, porque eran as palabras de todos. Ao alborexar o día, empurraron o caiuco cara ao mar e Seydou trabou o temón, puxo os motores en marcha e sen GPS, só orientándose a través do sol marcharon en medio dun silencio que rompía os tímpanos; un silencio que os amedoñaba. — 68 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 69

Fuco Paz

De noite, a estrela de Sirius era a fiel compañeira. A estrela que non os abandonaría, a estrela que os había guiar. Pasaron tres días, unha semana... a auga doce comezaba, entre a calor e mais a evaporación, a minguar. O meniño choraba máis e máis mentres os navegantes trataban de consolalo, relevándose para collelo no colo, aloumiñalo, querelo... Mentres todo isto acontecía e a situación empeoraba, o mar tamén quixo mostrar a súa condición de fero e voraz. A marusía trocouse en forte marusía e de contado, en temporal! Un golpe de mar a piques estivo de facelos naufragar. Tirou a oito do caiuco. Deles, cinco conseguiron subir de novo á embarcación. Os outros tres... ficaron para sempre nas mans do destino que, caprichoso, roubou as ilusións dos pobriños por acadaren unha vida digna. Os seus corpos negros fundíronse coa negrura do mar nun esperpéntico baile coas augas que, a modo de valse, os afundían máis e máis e máis... Seydou, que non caera porque conseguiu agarrarse ao temón como alma que a leva o demo, pensou agora no seu papá, que había tanto tempo marchara de onda eles, sendo el aínda moi neno e nunca máis souberon del. Agora comprendía o que nunca entendeu: o seu papá –seguro– correu a mesma sorte que os infelices que acababa de despedir. Meu Deus! Por vez primeira, Seydou rezoulle ao seu deus, Alá, cos ollos pechados, co medo metido no corpo igual ca un meniño perdido na escuridade, igual ca el mesmo abandonado no medio do mar. Pasou o temporal. O caiuco aguantara. O meniño nin ousaba chorar. Ninguén falaba. Alguén, atormentado polo medo, implorou volver. Implorou achegarse á costa. De súpeto, como da nada, apareceu, debuxando ondas amigas, que bicaban o caiuco, a proa dun barco salvador. Un barco de pesca amigo que, a babor e estribor, sobre un fondo branco e unhas letras negras, dicía “ La Moreneta” O patrón, co f in de non facer naufragar o caiuco, arriou unha “zodiac” e, paseniño, fóronse achegando á embarcación de madeira. Vista a situación, o primeiro que fixeron foi recoller a muller co seu filliño e subilos á bordo. Alí comezaron a atendelos, proporcionándolles — 69 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 70

Cachiños do meu cerne

mantas, leite, e un leito de espuma. Mentres, os demais compañeiros e compañeiras de travesía eran atendidos no propio caiuco, ofrecéndolles leite, auga, galletas e froitos secos que, moi dignamente, eran saboreados e mastigados polos “esperanzados”. Sobre a cuberta da Moreneta, o patrón chamou os seus homes para analizar a situación que se lles presentaba. Todos coincidiron: De deixalos no caiuco, aínda que os ateiguemos de víveres, han morrer. Sería coma condenalos a unha morte miserable e inhumana. De achegalos á costa, matariamos a súa ilusión e seguramente as autoridades do país (o máis próximo Marrocos), cando os recollan, meteranos nunha “guagua” rumbo a Mauritania e na fronteira, alí os deixarán á súa sorte. O patrón galego decidiu: — Ímolos subir a bordo. Afundiremos o caiuco e navegaremos ata achegármolos á costa malacitana. Alí, aproveitando que as autoridades españolas non manteñen unha vixilancia especial, aproveitaremos o momento para desembarcalos en varias quendas. Neste intre, temos as bodegas a un 60% da carga de peixe e houbo campañas que nin chegamos á metade das capturas. Todos, sen excepción, asentiron. Todos eran conscientes que estaban a violar leis políticas. Leis que prohiben introducir de xeito clandestino a ninguén nun país alleo ao seu. Leis, leis, leis... Por riba das fronteiras, por riba das nacións, por riba da hipocrisía... está o ser humano, está a razón, está a dignidade. De que serve falar, se chegado o momento non artellamos unha solución? O patrón galego, nun dubidou e coa complicidade da tripulación, comezaron co plan. Cada mariñeiro preocupouse do benestar de todos e cada un dos rescatados. Era tan grande o cariño que lles regalaban, que os africanos –homes e mulleres– con xestos de humildade e agradecemento, bicaban as súas mans ao tempo que coa cabeza facían acenos de conformidade e entrega a tal impagable labor. O patrón gobernaba “La Moreneta” camiño da Caleta de Vélez, que era o destino elixido; non lonxe de Málaga capital. Alí no seu porto pes— 70 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 71

Fuco Paz

queiro de baixura, poderían atracar sen problema ningún e, mesmo, vender parte do peixe que levaban, na lonxa da vila. Como estaba previsto, chegaron a porto despois de catro días de navegación. Os africanos ían, pouquiño a pouco, recuperándose da deshidratación e, sobre todo, do pánico que non os deixaba durmir. Amarraron o barco no peirao e o capitán baixou a terra para negociar parte da venda do peixe. Despois de falar co patrón maior da confraría de pescadores, este amosouse intransixente respecto ás leis de atraque e descarga de peixe. Razoou co capitán da Moreneta argumentando que o porto da Caleta só recibía barcos de baixura, comercializando –preferentemente–, boquerón, sardiña e cigala. Aínda así, ofreceulle a posibilidade de descargar media tonelada de cefalópodo. O capitán aceptou a poxa de media tonelada de polbo e calamar. O plan para o día seguinte era, unha vez vendida a carga, equipar con roupa digna e máis adecuada os africanos; así como entregarlle a cada un 200€ co fin de chamaren aos amigos que, incriblemente, todos teñen repartidos –se excepción algunha– non só por España, senón por diferentes lugares de Europa. Amenceu e a carga comezou a ser descargada. Exactamente, media tonelada. Nin máis nin menos. Pasadas as doce da mañá, o capitán recibiu da entidade financeira o montante da venda do polbo e calamar, en efectivo: 4.000€ Acompañado por cinco dos seus homes, dirixíronse a unha grande área comercial, preto da vila, e nela mercaron roupa e comida. De volta no barco, foron repartindo a roupa a homes e mulleres e, con moito mimo, a roupa do bebé. A nai, segundo o vestía, non puido reprimir as bágoas e rompeu a chorar igual que o facía o seu filliño cando non atopaba leite na teta. O paso seguinte sería desembarcar en grupos de sete, dos que dous serían mariñeiros da Moreneta e cinco africanos que os acompañarían no papel de mariñeiros do propio pesqueiro. Sairían en quendas ao longo do día aproveitando as horas mortas: pola mañanciña, ao mediodía, á hora de botar unha soneca, ao empardecer e durante a noite pecha. — 71 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 72

Cachiños do meu cerne

Xa en terra cada un debería contactar cos seus ou ben, procurarse a propia vida, desprazándose a vilas coma Málaga, Torremolinos, Estepona, Fuengirola... Seydou, sen contacto, decidiu viaxar ata Málaga. En Senegal, tíñanlle falado de diferentes ONG que se ocupaban deste primeiro encontro dos africanos con Europa. A viaxe custoulle 30€ e mais o abraio do que nunca vira xuntos 200€ que lle doaran os mariñeiros da Moreneta. Montar nun autobús de luxo, con aire acondicionado, todos os viaxeiros acomodados en asentos individuais, a estrada pola que viaxaba, aínda con curvas, cun piso sen baches, asfaltada de principio a fin... Seydou recobrou o riso na súa faciana e a ilusión no seu corazón. Chegou á estación de autobuses e alí preguntou, en francés, por algunha ONG que o puidera acoller. Despois dunha ducia de intentos, conseguiu falar cunha muller que sabía o seu idioma. Ela non coñecía ONG ningunha, pero preguntando, conseguiu o enderezo de dúas. Deullas escritas nun papel e Seydou marchou cara á primeira delas... — Eh, negrito! Quen así falaba era un home vestido totalmente de branco, con chapeu “habanero” de cor branca e barba longa, moi longa e branca. Usaba lentes e caxato. Acompañábao unha muller morena, de melena negra, alta, espelida e vestida de negro, chaqueta e pantalón negro. Seydou revirouse, non porque entendera o que lle dicían, senón porque llo ceibaron xusto detrás da caluga. — ...? — Si, negrito, é por ti... Nestas, e para acougalo un pouquechiño, falou a muller. Malfalaba francés, pero entendéronse. Non te preocupes. Decatámonos que andas un tanto desnortado e nós colaboramos con persoas coma ti, proporcionándovos a axuda que, nestes primeiros momentos precisades. — Supoño que vés do Senegal, non si? — Oui. — 72 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 73

Fuco Paz

— Vale, esta noite has pasala na nosa casa. Gozarás dun bo baño en auga quente e dun leito con colchón mol e cómodo. Para mañá, o primeiro é comezar a amañar nos papeis, co fin de que poidas ficar aquí, no país. E deseguido, coñecerás a outros compañeiros que tamén chegaron do Senegal. Non te preocupes, temos amigas avogadas que nos solucionan os dous primeiros meses de permanencia en España. Levárono a un piso de seu e acomodárono. Convidárono a que se dera un baño, e cando entrou no cuarto, quedou apampado ollando como as billas ían enchendo a bañeira de auga morna. Aquilo si que era o paraíso! A auga que carrexaba el desde o pozo máis cercano ao poboado e que ía buscar a tres quilómetros de distancia, aquí, nun piso, manaba das billas e, sen parar! Deu un baño de corenta minutos de reloxo. As dedas comezaban a virarse da cor branca incrible! Ergueuse. Secouse cunha toalla tan longa coma el e suave coma o ventiño da noite senegalesa. Vestiu e cando chegou á sala, onde agardaban por el, non foi quen a disimular un sorriso que lle medraba na cara e agradecido, exclamou: — Mercie De nada, home, respostou a muller tamén en francés. — Estás ben? — Oui Despois do agradecemento, Seydou preguntou como tiña que facer para enviar diñeiro a Senegal, concretamente a unha oficina postal en Dakar. — Carafio! Non me digas que xa es rico, negrito! — ...? — Nada, Seydou, o home da barba longa está a gastar unha broma. Mañá, xa che explicarei como se fai. Ademais, non te preocupes que te acompaño. De todos os xeitos, non esquezas que aquí non vivimos do aire. Esa auga na que te bañaches non vai de balde, a luz que nos ilumina, tampouco... Son os gastos cos que corremos no primeiro mundo. E sen traballo non che hai nada que facer, meu rei. Con esta “retrónica” a muller quería informalo que o pouco diñeiro que traía ben faría en aforralo para si. — 73 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 74

Cachiños do meu cerne

O bo de Seydou só pensaba en axudar a familia e comezar a pagar o que debía ao miserable Abdou. Do diñeiro que lle entregaran os mariñeiros da Moreneta, gastara 30€ na viaxe, 1.50€ nunha bebida de laranxa e 2€ nun “bocata” de tortilla, que na súa vida a vira, e pareceulle apetitosa cando a viu exposta na barra da cafetaría onde tamén mercou a bebida. Non tardou en comprobar o que os seus ollos lle insinuaban e despachouna en cinco minutos. Quedábanlle, polo tanto, 166.50€. Dese diñeiro, quería enviar a Abdou 75€ e a familia 50€. El quedaría con 41.50€ que despois do que pagou pola bebida e mais polo bocata, xa non lle parecían unha millonada. O primeiro traballo que lle atoparon a Seydou en España, foi de “pataqueiro”. Acompañaba a “Curro” na furgoneta e descargaba patacas nos bares, cafetarías e tendas de barrio. Patacas galegas, de Vilalba, que se vendían en Málaga. O soldo era de 300€ e sen horario fixo, aínda que nunca superaba as dez horas de traballo. Leva case dous anos en España e xa pagou a débeda con Abdou. Cada mes, puntualmente, remite diñeiro á familia. Vive nun piso alugado de 65m2 con outros catro senegaleses e dous mauritanos. Como sabe facer de todo, traballa por horas elaborando cestos, artesanía en madeira que se venderá en postos ambulantes ou na mesma rúa. Esta artesanía, elabóraa no mesmo piso onde vive porque a súa xornada laboral cúmprea, no segundo traballo que lle atoparon coma panadeiro. Como vos contei, Seydou évos moi arteiro, e nun pispás aprendeu a arte do pan. Anda tan enfariñado que, os compañeiros métense con el, chamándolle “Blanquito”. Pero non hai traballo do que máis gustara que do que representou ao pouco de chegar a España, no mes de xaneiro, fixo de Rei Mago, de Baltasar! Mi madriña, que gozo! Vestírono coa coroa de rei. Vestírono coas delicadas e –aparentemente–, sedosas túnicas de rei. Capa leonada de rei. Nin o mellor dos califas, nin o máis destacado dos emires! Alí, empoleirado na carroza con forma de cabaza, estaba Seydou, de pé todo o percorrido, regalando sorrisos, regalando caramelos, acenando coas mans saudaba a nenos ilusionados e nenas abraiadas. — 74 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 75

Fuco Paz

— Viva Baltasar! — Baltasar! Es o meu preferido... — Baltasar! Non esquezas a miña bicicleta... Baltasar, acababa de arribar a España e non entendía moito aquel rebumbio, a patulea que había polas rúas. Non coñecía tal cultura. Nunca oíra falar dos Reis Magos. Pero... canta xente! cantos nenos e nenas! Isto si que era bonito, ben bonito. Rematada a cabalgata, Baltasar xunto con Melchor e Gaspar, foi recibido polo propio alcalde do concello no pazo consistorial. Ouh! se isto non era paraíso, desde logo tiña que ser algo moi parecido. Meu Deus! os recordos da súa mamá, dos seus irmáns, das súas irmás, petan repetidamente no maxín de Seydou. Só o consola saber que, grazas ao diñeiro que el manda desde España, serve para mellorar a dignidade dos seus. Cada envío de Seydou a Dakar, vai acompañado dunha pomada para o alivio das pernas da mamá, porque a súa mamá aínda segue cos problemas de inchazón. Seydou non pode esquecer como se deformaban as perniñas da mamá despois das xornadas de traballo na praia, na cachopiña... Seydou, cando se deita, pensa na mamá, repara nos irmanciños, non esquece as irmás. E soña tamén co Senegal, nas súas xentes, no vento morno das mañás, nas praias de area fina, nas ondas do mar que agarimando a ourela semellan deixar promesas e mensaxes daqueles que, coma o seu pai, un día marcharon para non voltar. Seydou, malia a todo, bota de menos o cariño do seu fogar... Moitas veces, cando descansa dunha xornada esgotadora –non sabe como, nin de que maneira–, aparécelle unha sensación nova, unha sensación que nunca experimentara no Senegal. Unha sensación que se apodera del trocándose en sentimento que non sabe aínda como explicalo pero sabe que se aloxa dentro del, no corpo, na mente, nos ollos, no tacto... non está enfermo, pero tampouco san. Preguntou aos mauritanos e mais aos senegaleses que comparten piso. Eles din que tamén sofren o mesmo mal, que non saben o que. Que os pon tristes... que algo dentro deles vai... e ven... e marcha... e volve. — 75 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 76

Cachiños do meu cerne

Un dos panadeiros que traballa con el é galego, de Abadín. Cando llo contou, o galego de Abadín que se chama Xosé, debuxou un xesto na boca e un sorriso nos ollos. Xosé díxolle a Seydou: — Meu reiciño, Baltasar! Éche a morriña. — E... como se cura? preguntou Seydou — Regresando ao Senegal. Desde ese día, Seydou sabe que volverá. E por iso, traballa todos os días, hoxe no pan, mañá? Só o sabe Alá.

— 76 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 77


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 78

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 79

I´NDICE OS SOÑOS, SOÑOS SON .................................................................. OS CABEZUDOS ................................................................................ DE COMPRAS .................................................................................... DE CAMIÑO Á ESCOLA.................................................................... A PELÍCULA........................................................................................ O DESCUBRIMENTO ........................................................................ A NOIVA DO CAPITÁN .................................................................... O HOME E MAIS O CAN .................................................................. O APRENDIZ DE MAGO.................................................................... A FORZA DO AMOR .......................................................................... O APRENDIZ DE PICASSO .............................................................. SEYDOU ..............................................................................................

— 79 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 80

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 81

GLOSARIO Os Muíños: era un barrio dentro doutro barrio (Monelos) na cidade da Coruña. A Curra: lugar cerrado, de forma natural e apartado, apto para os xogos do Fuquiño e mais os seus amigos. Pucho Boedo: cantante de referencia para calquera orquestra galega. Foi o primeiro, xunto coa orquestra Os Satélites, en cruzar o Atlántico para cantar en Venezuela (na década do 1950) A Granxa: Parque natural, que recibía este nome porque se instalara nel, con capital alemán e sobre os anos 50, unha Granxa experimental e innovadora para gando vacún. Tulé: xogo do escondedoiro. Prosmón: monótono. Siar: falar polo baixiño. Descubrir algún segredo. Secante: Papel especial para absorber a tinta. Bilbaína: Tipo de cociña que se construía no País Vasco, de ferro forxado, que servía para cociñar e quecer a casa. Como combustible utilizábase, fundamentalmente, a leña. Maínzo mariñao: Maínzo típico da mariña que non se sementa en sucos ou regos. Braña: Terreo baixo e húmido. Relada: Esmigallada, comida, estragada. Cuarto dos Ratos: Nas escolas unitarias, cuarto onde se castigaba ao — 81 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 82

Cachiños do meu cerne

alumnado con mal comportamento. O pánico viña dado porque estaba a escuras; non polos ratos, que non os había. Ingreso: proba de coñecemento que se facía antes de comezaren os estudos “oficiais”. A partir desa proba podíase optar ao título de “bachiller”, que duraba desde os once aos dezaseis anos. (Hoxe en día sería equivalente a ter superado a ESO) Papel de estraza: Tipo de papel duro, que se utilizaba para envolver, sobre todo, o embutido ou produtos despachados en tendas de comestibles. Reises: Forma popular hipercaracterizada do plural de Rei. Cama de levante: Chamábase así porque se recollía cara arriba, deixando máis espazo no cuarto e, mesmo, podía facer a función de sofá. Fabriquín: Serradoiro. A meirande parte do produto manufacturado eran caixas de madeira para almacenar peixe. “Ondas do mar levado”: Referencia a unha cantiga de amigo de Martín Códax. Maruxaina: Conta a lenda que Maruxaina é unha serea que berra para avisar os mariñeiros dun posible naufraxio. Vive nas Covas dos Farallóns, baixo o illote da Sombriza. Almofía: Cunca grande de louza ou porcelana acompañada dunha xerra que se emprega para o aseo persoal. Mah Jongg: Xogo que se practica por parellas, con fichas –como no xogo do dominó–, aínda que máis complexo. Pedro Chosco: É o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños. Seica é un home de barba branca, de maneiras doces e voz grave. Sécolas: Trécolas. Aquel que, con andrómenas, trata de conseguir a vontade de alguén. Uolof: O 36% da poboación do Senegal, fala este idioma. Bubús: Vestimenta típica do Senegal. Son vestidos que utilizan as mulleres. O seu tecido é fino e fresco. De cores vivas, ofrecen un colorido espectacular cando se xunta unha manchea de mulleres. Chamán: Meigo. Bruxo. Xefe espiritual dunha tribo. — 82 —


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 83

Fuco Paz

Eddo e Ñame: Froitos aconsellables para combater a dor, rebaixar as inflamacións e mais a depresión. Alimento básico nas zonas tropicais húmidas. Tómanse cocidos en auga salgada, torrados ou fritidos. Guagua: Denominación que se lle dá ao autobús en Canarias e nalgúns países tropicais.

— 83 —


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 84

.


CACHIテ前S CERNE

.

6/11/08

19:44

Pテ。gina 85


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 86

.


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 87

LIBROS PUBLICADOS NUME 42 Décimas de febre Miro Villar Os sete coitelos Xosé Agrelo Hermo O tributo da tarde Rafa Villar O espello de papel Alfonso Costa Conto para ler chovendo Xosé Luis Santos Cabanas Oleiros, o paraíso descuberto Xosé Luis Otero Cebral e Santiago Casal Quintáns Ollos de anxo da morte Francisco Antonio Vidal

A lenda do embruxado e outras historias Xulio Fernández Pintos

Simeón Pantín inventor da liberdade Maxi Olariaga

Frei Samuel Ramón Carredano Cobas

Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía Relixiosa en galego Victorino Pérez Prieto

Diáspora.com José M. Lobato Martínez Paisaxes de cinza Antonio Piñeiro A torre no deserto Xoán Fuentes Castro O botín da inmortalidade Francisco Antonio Vidal Rumbo ao Maluco Xosé Agrelo Hermo

A derradeira campaña do capitán Samuel Mario Franco Rodríguez A escola da lareira I Manuel Quintáns Suárez A escola da lareira II Manuel Quintáns Suárez A capela maldita Mario Franco Rodríguez

Versos para ler na escola Sebastián Paz Suárez

Mañá de sábado (Relatos paraNoia) David Pérez Iglesias (coord.)

Lendas Gustavo Adolfo Bécquer

Libro das Capitulacións de Xulio Corveira Andrade Carlos Arias

Ríos que se abrazan Carlos Arias Iglesias

Delas Helena Villar Janeiro

A unlla da aguia Ramón Carredano Cobas

SERIE KELTIA

Un día na fraga Pilar García Cardamas

Na fronteira Xoán Fuentes Castro

Máis alá do alén Xulio Fernández Pintos

Terranova. Memorias dun mariñeiro Mario Franco

O Berro Xabier A. Olariaga

Chamáchesme Moreniña Fernando Cabeza Quiles Cancioneiro do Fisterra galego I Manuel Quintáns Suárez

Os chanzos da escada Francisco Antonio Vidal Versión en galego e castelán

1. Contos e lendas dos países celtas Jean Markale Versión en galego e castelán

2. Os celtas. Os deuses esquecidos Marcel Brasseur Versión en galego e castelán

Cos pés na peneira Xosé M. Lobato Martínez

3. Cociña celta e pote máxico Jean Markale Versión en galego e castelán

Cando veña a noite David Pérez Iglesias

4. Contos pilleirentos bretóns I Phillipe Camby

Domingo de Resurrección Fernando Cabeza Quiles

5. Contos pilleirentos bretóns II Phillipe Camby

O miñato Xulio Fernández Pintos

Contos de encantamentos Sebastián Paz Suárez

A derradeira decisión Francisco Antonio Vidal

O rei dos lobos Xerardo Neira

6. Alento de gaita. O sopro dun pobo Óscar Losada Castro Versión en galego e castelán

Contos de viaxe Amadeo Cobas

O pescador de cana Xoán Fuentes Castro

Cancioneiro do Fisterra galego II Manuel Quintáns Suárez Cancioneiro do Fisterra galego III Manuel Quintáns Suárez

7. Arte celta. Os métodos de elaboración George Bain


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

8. A civilización megalítica. Dolmens e menhires Jean Markale 9. Os misteriosos camiños de Compostela Louis Charpentier 10. A saga da illa sen noite Xoán Bernárdez Vilar Versión en galego e castelán 11. Os celtas. Os guerreiros esquecidos Marcel Brasseur Versión en galego e castelán 12. A muller celta. Espírito e misterio Edain McCoy 13. Os celtas. Os heroes esquecidos Marcel Brasseur 14. ¿Quen foron os celtas? Joseph Raftery (Ed.) 15. Seres galegos das augas. Mitoloxía comparada Xoán Xosé Teijeiro Rey Versión en galego e castelán 16. Mitos e lendas celtas Eoin Neeson 17. Britonia: Camiños novos Simon Young Versión en galego e castelán 18. Os celtas en Galicia. Arqueoloxía e política na creación da identidade galega Beatriz Díaz Santana Versión en galego e castelán 19. Linguas e literaturas celtas. Orixe e Evolución Ramón Sainero 20. As festas celtas F. Le Roux e Ch. Guyonvarc’h 21. A economía dos celtas da Hispania atlántica. I Jesús F. Torres Martínez (Kechu) Versión en galego e castelán

Página 88

22. A Necrópole Celtibérica de Viñas de Portuguí (Osma, Soria) Carolina Fuentes Mascarell Versión en galego e castelán 23. Os celtas da antiga Gallaecia Manuel Alberro Versión en galego e castelán

35. As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia Antonio Balboa Salgado 36. Da arqueoloxía ao soño popular: la desconstrución da paixón céltíca. Ana Ibarra Jiménez Versión en galego e castelán

24. A viaxe de San Brandán (Nauigatio Sancti Brendani) José Antonio González Marrero e Fernando Lillo Redonet

37. O Castro de Montealegre. Roberto Aboal Fernández e Virginia Castro Hierro (coords.)

25. O cabalo na cultura celta Sioned Davies e Nerys Ann Jonnes (coords.)

38. Estudos sobre época céltica en Galiza Leandro de Saralegui y Medina.

26. Druídas Anne Ross

39. Os celtas da Península Ibérica M. Alberro e Carlos Jordán Cólera. Versión en galego e castelán

27. Ástures e Asturianos. Historiografía da Idade de Ferro en Asturias Carlos Marín Suárez Versión en galego e castelán 28. A economía dos celtas da Hispania atlántica II Jesús F. Torres Martínez (Kechu) Versión en galego e castelán 29. Táin Bó Cuailnge. A Razzia de Gando de Cuailnge. Manuel Alberro Versión en galego e castelán 30. Os Castros de Neixón. Xurxo M. Ayán Vila (coord.) 31. Soberanía e santuarios na Galicia Castrexa. Marco Virgilio García Quintela 32. Contos medievales irlandeses. Juan Renales, Víctor M. Renero e Pilar Ortiz Versión en galego e castelán 33. Deirdre: A orixe celta da traxedia amorosa. Ana Garzón Sanz Versión en galego e castelán 34. Ponthus e Sidione, reis de Galiza e Bretaña.(Libro de gravados do medievo) Tradución, edición e notas: Paulo Nogueira Santiago

40. Os castros de Neixón II Xurxo M. Ayán Vila (coord.)

SERIE TRIVIUM 1. As confrarías dos clérigos da Concepción na diócese de Santiago Xoán Manuel Neira Pérez 2. Documentos para a historia de Galicia Pedro Fiaño González Versión en galego e castelán 3. Galicia na Baixa Idade Media José García Oro Versión en galego e castelán 4. Os Fonseca na Galicia do Renacemento José García Oro e Mª José Portela Silva Versión en galego e castelán 5. Os templarios. Artigos e ensaios Carlos Pereira Martínez Versión en galego e castelán 6. Os clérigos na Idade Media José Antonio Martínez Domínguez Versión en galego e castelán


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 89

7. Mentalidade nobiliaria e nobreza galega Mª del Pilar Paredes Mirás Premio Historia Medieval de Galicia, 2001

16. Os mosteiros dúplices en Galicia na Alta Idade Media. Un traballo sobre modelos sociais Héctor Rodríguez Castillo Versión en galego e castelán

8. A nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba José Luis López Sangil Versión en galego e castelán

17. O mosteiro feminino de San Miguel de Bóveda na Idade Media: Estudo e colección documental (séculos XII-XV) Adolfo Fernández Fernández

9. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910) Xosé Antonio López Teixeira Premio Historia Medieval de Galicia, 2002 10. O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma Xoán Bernárdez Vilar Segundo Premio Historia Medieval de Galicia, 2002 Versión en galego e castelán 11. Os Condes de Ribadavia durante o reinado de Felipe II Gonzalo Francisco Fernández Suárez 12. Fernán Pérez de Andrade, o Bóo (Mentalidade e realidade social) José Francisco Correa Arias Premio Historia Medieval de Galicia, 2003 13. O Cronicón de Hidacio. Bispo de Chaves César Candelas Colodrón Segundo Premio Historia Medieval de Galicia, 2003 14. Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII) Álvaro Rodríguez Resino Primeiro Premio Historia Medieval de Galicia, 2004 15. A Chancelaria Arquiepiscopal de Braga (1071-1244) Maria Cristina Almeida e Cunha Segundo Premio Historia Medieval de Galicia, 2004

18. Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa? Xulio Pardo de Neyra 19. Colección diplomática do mosteiro de Santiago de Mens María Pilar Zapico Barbeito 20. Valério do Bierzo. Autobiografia Renan Frighetto Primeiro Premio Historia Medieval de Galicia, 2005 Versión en portugués e castelán

27.O antigo bispado de Tui en Portugal Ernesto Iglesias Almeida 28.Inventario toponímico do Tombo de Toxos Outos Ernesto Iglesias Almeida 29.Galicia no último terzo do século XV. Tomo I Antonio lópez Ferreiro 30.Galicia no último terzo do século XV. Tomo II Antonio lópez Ferreiro

ANAIS 1. Catastro de Ensenada. Noia e a súa xurisdición (1752) Marqués de la Ensenada Ed. Xosé Agrelo Hermo 2. Tráfico marítimo e fluvial nos portos do sur da provincia de Pontevedra (séc. XII-XVII) Ernesto Iglesias Almeida

21. D. Afonso VII, rei de Galiza, e o seu aio o conde de Traba. Antonio López Ferreiro

3. Catastro de Ensenada. Boiro e as súas freguesías 1753 Edición de Xosé Agrelo Hermo

22. Xénese do espazo urbano de Galiza. Tania Galán Gómez Primeiro Premio Historia Medieval de Galicia, 2006 Versión en galego e castelán

4. A guerra na Galicia do Antigo Réxime (séculos XVI-XIX). Textos e contextos. José Martínez Crespo

23. Urbanismo Medieval Galego. A fundación das Pontes. César Candelas Colodrón Segundo Premio Historia Medieval de Galicia, 2006 Versión en galego e castelán 24. O Tui antigo: unha aproximación histórica-arqueolóxica. Silvia González Soutelo 25. Os reis suevos de Galiza Benito Vicetto 26.O casal: uma unidade de organização social do espaço no Entre-Douro-e-Lima (906-1200) André Evangelista Marques

5. Ollada sobre a Galiza de 1807 de Charles-Louis de Fourcroy (1770-1824) Paulo Nogueira Santiago

CADERNOS CRUCEIRO DO REGO 1. A feligresía de Santa Mariña do Obre Manuel Fabeiro Gómez e Mª Mercedes Fabeiro

2. Candea 70 (tres pezas de teatro) Xosé Agrelo Hermo 3. Poesía en galego Francisco Añón


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

4. O xogo dramático (de, con, para, nenos) Xosé Agrelo Hermo 5. A cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota Xerardo Agrafoxo Pérez 6. Fuxida no solpor e 12 poemas Xoán Francisco García Suárez 7. A freguesía de Santa Cristina de Barro Xosé Agrelo Hermo 8. Os días con Lara Maxi Olariaga 9. Artigos e poemas galegos Roberto Blanco Torres 10. Textos en galego “Manuel Murguía” Francisco Antonio Vidal 11. A freguesía de Santa Mariña de Esteiro Xosé Agrelo Hermo e Francisco Abeijón Núñez

DELFÍN Historia de la antigua traída de aguas de San Pedro de Visma (La Coruña, s. XVII) Fernando Cabanas López Manual para escritores Manuel Miragaia Historia del antiguo puerto del Portiño –Seavella– San Pedro de Visma, A Coruña Fernando Cabanas López Cómic. Aplicacións e estratexias Manuel Rajal Versión en galego e castelán Bonecas de cristal Xosé Martínez Abelleira Nueve cuentos para nueve noches Darío Acuña Lagos

Página 90

Manual de supervivencia frente al stress. (Guía para la corrección de desenfoques vitales) Santiago Casal Quintáns

A toponimia do Concello de Porto do Son. Bases para unha sistematización Joaquín Torres del Río

De Santiago se sale llorando... Eduardo González Menéndez

O queixume das orixes e tres salaios mais Xosé Chao Rego

Cuentos para el otoño Darío Acuña Lagos

DIVULGACIÓN Noia. Xeografía urbana e área de influencia Pedro García Vidal Páxinas históricas de Noia Manuel Fabeiro Gómez 400 anos na historia da Vila de Noia. Dende a Idade Media ata a Segunda República Xerardo Agrafoxo Pérez

Arte rupestre do Barbanza Jorge Guitián Castromil e Xoán Guitián Rivera Galegos en Las Alpujarras granadinas Fernando Cabeza Quiles Versión en galego e castelán A demografía na Galicia contemporánea Alfonso Magariños Fala e Cultura d’Os Tres Lugaris A.C. Alén do Val

Refachos da historia de Noia. Literatura artesanal Eduardo Ces Iglesias

Derrota e singraduras do Joaquín Vieta Xosé Agrelo Hermo

Evocacións, Noia. Literatura artesanal Eduardo Ces Iglesias

Cervantes e o Quixote en Galicia Xoán Pastor Rodríguez Santamaría

O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra Xerardo Agrafoxo Pérez Saber ser, saber estar. Normas, consellos e curiosidades Luis Prego Carregal A carpintería de ribeira en Porto do Son Manuel Mariño del Río

Encontros coa Etnografía Paula Ballesteros Arias (coord.) Os apelidos no Concello de Porto do Son Joaquín Torres del Río Vivir na historia. Antropoloxía do patrimonio urbano en Noia. Mª Jesús Pena Castro

A industria derivada da pesca no concello do Porto do Son Manuel Mariño del Río

Usos, costumes e cousas do Courel. Jesús Alfonso Parada Jato

Páxinas históricas de Muros Manuel Fabeiro Gómez

As douradas sílabas de X. M. López Ardeiro Noemí Álvarez, María Rey e Suso Sambade

O antigo pazo dos Caamaño de Nebra Joaquín Torres del Río Os nomes da terra. Topónimos galegos Fernando Cabeza Quiles

Doutros lados: capítulos sobre os contos de Cortázar Edición dirixida por Soledad PérezAbadín Barro


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 91

A carpintería de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes Xoán Francisco García Suárez

A educación física na primaria (2º ciclo) VV.AA.

Vidas paralelas. A arte ó servicio do poder. Alexandre-Agusto Xoán Bernández Vilar

ENSINO

A educación física na primaria (3º ciclo) VV.AA.

Cine para convivir Seminario Galego de Educación para a Paz

A expresión oral a través dos textos literarios VV.AA.

Acción titorial, transversalidade e resolución de conflictos Seminario Galego de Educación para a Paz

O home e o estado en Hobbes. Antoloxía dos textos do Leviathan Celso Goldaracena del Valle Ramón Martínez López Elixio Villaverde García e X. Amancio Liñares Giraut Didáctica da prehistoria de Galicia Xerardo Agrafoxo Pérez Investigando na Vila. Didáctica da xeografía urbana Pedro García Vidal Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia Xerardo Agrafoxo Pérez En sociedade: cavilemos e fagamos Francisco Martínez Bouzas Sobre integrais Antón Labraña Barrero, Manuel Rodríguez Mayo e Luis Cachafeiro Chamosa Gráficas e funcións Antón Labraña Didáctica da historia moderna de Galicia Xerardo Agrafoxo Pérez

Didáctica da historia contemporánea de Galicia Xerardo Agrafoxo Pérez

A tolerancia Seminario Galego de Educación para a Paz

Materiais de aula de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia para a E.S.O. Florinda Añón Vázquez, Mª Cruz González Eiján, Rosa Linares Fernández, Mª Luisa López Vivero, María Potel Torres e Esther Sánchez Recio

Declaración universal dos dereitos humanos Seminario Galego de Educación para a Paz

Francisco Añón: aproximación didáctica Pilar Sampedro, Santiago Nieto e Ramón Blanco

Educar para a paz desde o conflicto Seminario Galego de Educación para a Paz

FASQUÍA

Gandhi: vida, obra e pensamento Seminario Galego de Educación para a Paz

Grandullón o xigante abusón Seminario Galego de Educación para a Paz Astronomía práctica e outras cousas Ramón Vilalta

0. Xesús Ferro Couselo Clodio González Pérez 1. Meendiño, Martín Códax e Xoán de Cangas Clodio González Pérez 2. Manuel Murguía Francisco Antonio Vidal Versión en galego e castelán

Aproximación didáctica á obra de Antón Avilés Xosé Agrelo e Pilar Sampedro

Proxecto curricular e unidades didácticas de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia María Potel e outros

Lengua castellana y literatura (1º bachillerato) Simón Valcárcel Martínez

Cultura clásica. A dimensión cultural do tempo José Manuel Pérez Fernández

Lengua castellana y literatura (2º bachillerato) Simón Valcárcel Martínez

Setemorros e outros contos Seminario Galego de Educación para a Paz

En son de paz. Propostas didácticas para as aulas Seminario Galego de Educación para a Paz

O acuario mariño de litoral Amado Barrera Herrero

7. Xosé Crecente Vega Félix Villares

Contos da Galicia romana. Un novo xeito de coñecer a romanización de Galicia. Cultura clásica Fernando Lillo Redonet

8. Frei Martín Sarmiento Isidro García Tato e Ana Mª Suárez Piñeiro Versión en galego e castelán

A educación física na primaria (1º ciclo) VV.AA.

3. Roberto Blanco Torres Clodio González Pérez 4. Anxo Senra Fernández Carlos Pereira Martínez 5. Eladio Rodríguez González Clodio González Pérez 6. Álvaro de las Casas Francisco Abeijón Núñez


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

9. Avilés de Taramancos Xosé Agrelo Hermo 10. Alejandro Rodríguez Cadarso Xosé Agrelo Hermo

GALICIA EN CÓMIC 1. Noia. Porto de Compostela Guión: Xosé Agrelo Hermo Debuxos: Xosé Luis Veiras Manteiga Versión en galego e castelán 2. Compostela. A historia dunha lenda Guión e debuxos: Pepe Carreiro Asesoramento histórico: Clodio González Pérez Versión en galego, castelán, inglés e francés

LETRA INVERSA 1. A iluminación do mar Maximino Cacheiro Varela 2. Poemario inquedante María Reigosa 3. A faciana das augas Branca Vilela 4. Relampos do existir Maximino Cacheiro Varela 5. Orfeu en soños Ramón Blanco 6. Tao Te King Lao Tse 7. Aporías do tempo fuxidío Luciano Piñeiro González

Página 92

MEMORALIA 0. Avilés de Taramancos Aurora Marco 1. Ramiro Paz Carbajal. 1891-1936 Aurora Marco 2. Xaquín Lorenzo Fernández «Xocas». 1907-1989 Clodio González Pérez 3. A constitución da Irlanda contemporánea Tom Barry

A noite de Samaín Pepe Carreiro Versión en galego e castelán

OS PEQUENOS BARBANZÓNS 1. O ladrón de mel Pepe Carreiro 2. Castañas con porco bravo Pepe Carreiro 2. Farrapos de seda Carreiro & Carreiro

4. Queixas. Áurea Lorenzo Abeijón. Edición e introdución: Aurora Marco

NARRATIVA HISTÓRICA

5. Colón, galego. Alfonso Philippot Abeledo

1. O soño do falcón Xabier Iglesias

6. Román Martínez de Montaos, un facendista galego do século XIX. Porto do Son, 1776-Vigo, 1856. Fernando López Castellano Clodio González Pérez Versión en galego e castelán.

2. A fuxida da Loba Carlos Laredo Versión en galego e castelán

7. O Colón español, a súa orixe e patria. Celso García de la Riega 8. Xosé María Alvarez Blázquez 1915-1985. Clodio González Pérez 9. La Gallega, nave capitá de Colón Celso García de la Riega 10. De Simón a Ratzinger Xosé Agrelo Hermo

3. A luz da eclipse Francisco Antonio Vidal 4. Teucro Fernando Lillo Redonet Versión en galego e castelán 5. Medulio Fernando Lillo Redonet Versión en galego e castelán

SEITURA 0. O cemiterio de Santa María a Nova Álvaro de las Casas 1. Apuntamentos históricos sobre a vila de Noia Clodio González Pérez

8. No imo do tempo Xosé Lois García

11. José Rodríguez Fernández. Motores Ayón José Rodríguez Ínsua

9. Poesía anónima africana Rogelio Martínez Furé

OS BARBANZÓNS

2. Meco-Moro-Agudo Fr. Martín Sarmiento Edición de Clodio González Pérez

10.Antoloxía dos poetas galegos en Cuba Xosé Lois García

Baroña ou morte Pepe Carreiro Versión en galego e castelán

3. A carqueixa Fr. Martín Sarmiento Edición de Clodio González Pérez

11.Pórticos do gozo (Poemas a Pantón) Xosé Lois García

No solpor da Prehistoria Pepe Carreiro Versión en galego e castelán

4. Catálogo Fr. Martín Sarmiento Edición de Henrique Monteagudo


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 93

5. Ciudad de Vigo. Villa de Bouzas Francisco Ávila y La Cueva Edición de Clodio González Pérez

A temporada do fútbol galego 1997/98 Carlos Castro Pinhão e J. Ginés Vázquez

Actividades e recursos educativos dos museos en Galicia Ana María Pose Blanco e Xesús Rodríguez Rodríguez (Coords.)

6. Descrición do Reino de Galicia Licenciado Molina

Brión: historia, economía, cultura e arte Clodio González Pérez

Actas da I xornada sobre a figura de D. Juan Antonio Posse Xosé María Lema Suárez (Coord.)

Riveira. Guía urgente pero apasionada Carlos García Bayón

Efemérides noiesas Xosé Agrelo Hermo e Manuel Hermida Iglesias

Aegean Sea. A verdade dunha catástrofe repetida Colectivo de Mariños do S.L.M.M. Versión en galego e castelán

Noia no cambio de século Xerardo Agrafoxo

7. Canto Patrio ou Pontevedra Hermenexildo Amoedo. Edición e tradución de José R. Couto Fariña 8. Antigüidades de Galicia Ramón Barros Sivelo. 9. Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galiza Clodio González Pérez.

TRASMONTES 1. O cabaleiro das botas azuis Rosalía de Castro 2. Os pazos de Ulloa Emilia Pardo Bazán 3. A filla do mar Rosalía de Castro

A temporada do fútbol galego 1998/99 Carlos Castro Pinhão e J. Ginés Vázquez San Ourente de Entíns Xoán Mariño O milenio, a apocalipse e a fin do mundo José María Kaydeda Versión en galego e castelán

BIBLIOTECA FILOLÓGICA 1. Estudios sobre poesía de cancionero Vicenç Beltran, Begoña Campos, Luzdivina Cuesta e Cleofé Tato 2. La constitución de la lexicografía médica moderna en España Bertha M. Gutiérrez Rodilla

4. Viaxe a Galicia (1745) Fr. Martín Sarmiento Edición e estudio: J.L. Pensado

Noia Club de Fútbol. 1928-2001. VV.AA.

3. La función retórica del recurso etimológico en la obra de José Ortega y Gasset Luis Gabriel-Stheeman

5. O espertar Kate Chopin

Libro de guisados, manjares y potajes Ruberto de Nola

4. Vida y obra de Pedro de Santa Fe Cleofé Tato

Memorias do franquismo Xerardo Agrafoxo

5. Amor y corte. La materia sentimental en las cuestiones poéticas del siglo XV Antonio Chas Aguión

6. A máquina do tempo Herbert George Wells 7. De Villahermosa á China Nicomedes Pastor Díaz 8. A dama das camelias Alexandre Dumas 9. Bouvard e Pécuchet Gustave Flaubert 10. Os crimes do amor Marqués de Sade

Aldeas Carlos Rodrígues Brandão Dez anos de arte, pratos, música e conversa Confraría do Tabernáculo da Santa Sede

11. Odisea Homero

O tute. Diversión arredor dun tapete Henrique Guerra Filgueira

FÓRA DE COLECCIÓN

Crónicas dunha democracia Xerardo Agrafoxo

Fascinio Chus Pato

A revolta nacionalista Xerardo Agrafoxo

6. La chronica gothorum pseudo-isidoriana Fernando González Muñoz 7. Canzonieri iberici. Tomo I Patrizia Botta, Carmen Parrilla e Ignacio Pérez Pascual, eds. 8. Canzonieri iberici. Tomo II Patrizia Botta, Carmen Parrilla e Ignacio Pérez Pascual, eds. 9. El cancionero del comerciante de A Coruña Carmen Parrilla


CACHIÑOS CERNE

6/11/08

19:44

Página 94

10. Propiedades léxicas y evolución sintáctica. El desarrollo de los mecanismos de subordinación en español Mario Barra Jover

6. La enseñanza de idiomas en Filipinas (siglos XVI-XIX) Joaquín Sueiro Justel

11. El “Pequeño Cancionero” Paola Elia

1. Guía de indicadores de xestión deportiva en Galiza Patricio Sánchez Fernández, Ángel Barajas Alonso e José Antonio Fraiz Brea Versión en galego e castelán

12. La Suma de la flor de cirugía de Fernando de Córdoba José Ignacio Pérez Pascual 13. Actas del IX Congreso Internacional de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval. Tomo I VV. AA. 14. Actas del IX Congreso Internacional de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval. Tomo II VV. AA. 15. Actas del IX Congreso Internacional de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval. Tomo III VV. AA. 16. El “Canzoniere marciano” Andrea Zinato

COLECCIÓN LINGÜÍSTICA 1. Derivación y representación: su alternancia cíclica en la teoría de la gramática Víctor M. Longa e Guillermo Lorenzo 2. De lenguas y lenguajes Alexandre Veiga, Miguel González Pereira e Montserrat Souto Gómez (Eds.) 3. La caracterización morfosintáctica del nombre propio Elena Bajo Pérez 4. De historia de la lexicografía Mar Campos Souto e José Ignacio Pérez Pascual (Eds.) 5. Estudios de fonología funcional Alexandre Veiga

PSICOLOGÍA

2. La psicología del árbitro de fútbol Jacinto González Oya e Joaquín Dosil

PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS Edicións en galego San Andrés de Teixido e as illas do Máis Alá. Ramón Sainero ánchez (Trivium)

A santidade habita o deserto Ronaldo Amaral. (Trivium)

Cachiños do meu cerne Fuco Paz (Nume)

O alleo é noso X.M. Da Silva

PONTO BÁSICO

(Divulgación)

1. Formas de goberno vertical e xestión empresarial Nuria Rodríguez López e José Manuel García Vázquez

As campañas do mariscal Soult en Galiza e Portugal Paulo Nogueira Santiago

2. Plan xeral de contabilidade de PEMES. Casos prácticos Paco Corrales e Mercedes Mareque (Ponto Básico)

3. A concentración parcelaria en Galiza. Unha oportunidade perdida para a transformacións das explotacións gandeiras Alfonso Ribas Álvarez (Ponto Básico)

(Anais)

Edicións en castelán San Andrés de Teixido y las islas del Más Allá. Ramón Sainero ánchez (Trivium)


CACHIテ前S CERNE

.

6/11/08

19:44

Pテ。gina 95


CACHIテ前S CERNE

6/11/08

19:44

Pテ。gina 96

.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.