A Ledicia de Ler - José Ángel Valente en galego

Page 1

A LEDICIA DE LER “José Ángel Valente en galego” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 21 de xaneiro de 1982

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.


José osé Ángel Valente en galego CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 21 DE XANEIRO DE 1982

A publicación de Sete cantigas de Alén1 de José Ángel Valente, foi un dos acontecementos literarios máis importantes de todos cantos sucederon ao longo do ano que acaba de rematar. Non polo feito, de por si sorprendente, de que o poeta ourensán empregara o galego como lingua poética, senón polo valor en si destes sete poemas que, como ten dito o seu autor, non son, nin pola materia nin pola tensión, inferiores aos escritos en castelán. Trátase, xa que logo, dun suceso literario, non dunha anécdota ou dun acontecemento social. Alégrome de que así o percibirá o agudo sentido crítico de Claudio Rodríguez Fer, que lle vén de dedicar a este libro un fino ensaio no último número da revista Grial.

destas sete cantigas sexa o tempo, polo menos co carácter absoluto con que o percibe, na súa lectura, o mozo profesor lugués. De todos os xeitos é esta unha interpretación coherente, ben trabada e fundada en datos obxectivos. Non obstante, persoalmente penso que o libro de José Ángel Valente admite unha lectura un pouco máis aberta: máis que un eixo temático hai nel unha polifonía de significados, que inclúen o xa mencionado do tempo, pero que non se esgotan nel. Para empezar, habería que illar o contido da palabra alén, que ten connotacións tanto temporais, como espaciais e mesmo sentimentais. Aparece no título e nos poemas primeiro e quinto. Neste último caso alude claramente ao

A LEDICIA DE LER. “José Ángel Valente en galego” La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 1982

Non sei en que medida se pode considerar acertado dicir que o eixo temático

1


afastamento desa «terra allea e mais nosa, alén, no lonxe». Tema que aparece tamén no terceiro poema, no que en diálogo coa súa nai e lembrando a morte do seu avó (ambos os dous xa presentes en A modo de esperanza, o primeiro libro de Valente) di que «alongarme somente foi o xeito/ de ficar para sempre». Non era este o núcleo orixinal, o xermolo das sete cantigas? De que sentimento ou experiencia xorde nun poeta feito en castelán a necesidade expresiva de recorrer nun momento, aínda que sexa circunstancialmente, ao galego? Estes poemas nacen do alén. E do alén baixa ata eles Vicente Risco, «mestre na memoria», a lingua e determinadas circunstancias biográficas (a nai, o avó), que lle serven ao poeta como punto cero, como termo para medir o grandor do seu afastamento. Desde esta vivencia, coido eu, xérase toda unha constelación temática: o tempo, si, pero tamén o amor e a morte, os grandes temas da obra de José Ángel Valente. É como se a consciencia do propio estrañamento puxera en marcha a capacidade reflexiva do poeta, organizara o seu verbo indagador para descubrirnos aos seus lectores aspectos novos dos grandes universais da existencia.

barca do pasar. A morte está igualmente presente no terceiro e no cuarto poemas; este último, xunto co sétimo, quizais os máis fermosos do libro: o verbo como instrumento para recompoñer o mundo e ir poñendo unha morte sobre outra ata entrar nese tempo (da morte?, da nada?) «que se vai polo ollo/de luz da ponte». O amor aparece nos poemas quinto e sétimo. Neste, o poeta, diante da apocalipse, busca nel a súa salvación. Pola temática e pola súa ordenación formal, o libro de Valente ten, xa que logo, un valor e unha calidade que, como el mesmo di, non son inferiores aos seus libros anteriores. De aí a importancia real da súa presenza no noso panorama

A LEDICIA DE LER. “José Ángel Valente en galego” La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 1982

O primeiro poema trata da morte, cunha clara alusión ao mito caróntico: a

2


literario. Persoalmente gustaríame que servira para que os nosos poetas novos, tan obsesionados cos valores ornamentais da palabra, aprenderan nestes versos o que significa verdadeiramente a poesía: un xeito insubstituíble de coñecemento non intercambiable nin substituíble.

*

*

José Ángel Valente: Sete cántigas de alén, Edicións do Castro, A Coruña, 1981. Leva un fermoso e suxestivo prólogo de Xesús Alonso Montero. 1

A LEDICIA DE LER. “José Ángel Valente en galego” La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 1982

*

3


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.