A LEDICIA DE LER “O rexeitamento do galego” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 30 de decembro de 1979
DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES
A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.
O rexeitamento do galego CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 30 DE DECEMBRO DE 1979
Abro o periódico e leo a noticia de que un grupo de pais veñen de denunciar un profesor que lle daba clases en galego aos seus fillos. Pola noite, un amigo fálame das dificultades con que se enfronta un texto de bacharelato escrito en galego. Un colega do instituto cóntame que hai alumnos que se negan a recibir en galego as explicacións da materia que el imparte. Aínda aceptando que haxa unha manipulación política do tema (e nalgún caso concreto hai indicios racionais para pensar que si), o certo é que nos enfrontamos a unha situación nova que demanda de cantos estamos empeñados na salvación e normalización da nosa lingua intelixencia, imaxinación e
Temos que admitir, aínda que nos custe, que quedan moitas persoas no país que son reticentes e incluso hostís ao emprego da lingua galega no ensino. A maioría por prexuízos nacidos da ignorancia opóñense case sempre dun xeito pasivo, pero nalgúns casos tamén cunha furia que sorprende, a calquera intento de solución do problema. Non será necesario insistir nos argumentos tantas veces repetidos para explicar este comportamento. Non ha estar de máis, en cambio, expoñer aquí outro tipo de razóns, menos coñecidas, que contribúen igualmente á consolidación dos citados prexuízos.
A LEDICIA DE LER. “O rexeitamento do galego” La Voz de Galicia, 30 de decembro de 1979
sensatez.
A non articulación do galeguismo reformista nun partido político operativo e moderno deixou a bandeira das reivindicacións galegas nas mans dos nacionalistas
1
revolucionarios, de tal xeito que nun país onde a inmensa maioría é electoralmente conservadora, galeguismo pasou a ser sinónimo de marxismo. Os resultados están á vista: Galicia é a única das chamadas nacionalidades históricas que non conseguiu levar ao Parlamento unha representación das súas forzas políticas autóctonas, retrocedendo a posicións anteriores a 1931, época en que os galeguistas conseguiron voz e voto nas Cortes republicanas. O campo lingüístico é en parte reflexo do que vimos de apuntar. Aínda que son moitas as persoas e non poucos os partidos de esquerdas que teñen criterios intelixentes e sensatos ao respecto, abondan quen identifican a defensa do galego coa demagoxia e o simplismo. Son os que reclaman, cunha irresponsabilidade irritante, a imposición inmediata do ensino en galego, desprezando como antipatriótica e traidora toda consideración que non coincida cos seus desexos. Antes de seguir adiante quero facer unha confesión persoal que penso pode axudar a entender sen desvirtuar o meu pensamento. Son do parecer de que a prazo o unilingüismo sociolóxico de Galicia e o bilingüismo persoal e práctico de todos os galegos: que todos volvamos ao galego como a nosa primeira lingua e que ao mesmo tempo teñamos a obriga legal de saber o castelán. Consecuente con esta idea, hai anos, desde antes de que chegara a democracia, que dou os meus cursos de bacharelato en galego. Dito isto, penso que convén saír ao paso de quen con iluminismo máis de orixe místico que propiamente político están xerando e poden xerar aínda máis no futuro un rexeitamento do galego por parte de xente que obxectivamente non debía refugalo. Estou a pensar, dun xeito concreto, en todos aqueles que fan da defensa da
A LEDICIA DE LER. “O rexeitamento do galego” La Voz de Galicia, 30 de decembro de 1979
recuperación do galego carece de sentido se non nos fixamos como meta a longo
lingua (causa nobre onde as haxa) unha cousa antipática, inaceptable e violenta. Non
2
se recupera para ao galego aos pais e aos alumnos castelán-parlantes aplicándolles un tratamento de choque brutal e pola forza. Estudar as matemáticas, a bioloxía, a filosofía ou a historia en galego é algo parcialmente na actualidade posible e globalmente desexable no futuro. Pero, como, en que circunstancias, con que profesorado, baixo que condicións, con que plans? Para afrontar un problema tan delicado e complexo como este non abonda coa simple boa fe a desde logo sobran a ignorancia, a demagoxia e o voluntarismo. Requírese un debate aberto, estudos serios e a colaboración das autoridades competentes. É responsabilidade destas últimas sobre todo, que a esperanza que agora se abre para a cultura galega non se frustre unha vez máis. En todo caso, empregar como argumento a demencia e a barbarie duns poucos para conxelar as solucións sería unha irresponsabilidade histórica de consecuencias incalculables. A manipulación dos prexuízos, e a orquestración solapada de campañas en contra do profesorado, deben evitarse, pois non farían senón dar a razón aos demagogos que
*
*
*
A LEDICIA DE LER. “O rexeitamento do galego” La Voz de Galicia, 30 de decembro de 1979
para sobrevivir necesitan demostrar que soamente con eles se está na razón.
3