Catálogo da exposición "O Principiño ao redor do mundo - A colección de Carlos Casares"

Page 1

Edición de

O PRINCIPIÑO

--

AO REDOR DO MUNDO

Gustavo Adolfo Garrido e

--

Miguel Valverde Juncal

a colección de

O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO -- a colección de Carlos Casares

Carlos Casares



Textos Gustavo Adolfo Garrido Montse Pena Presas Miguel Valverde Juncal Denís Vicente Rodríguez -Agradecementos Editorial Galaxia Éditions Gallimard -Deseño David de la Iglesia Imprime Ulzama digital -Depósito Legal VG 51-2016


O PRINCIPIร O AO REDOR DO MUNDO a colecciรณn de Carlos Casares -Ediciรณn de Gustavo Adolfo Garrido e Miguel Valverde Juncal


ÍNDICE DE CONTIDOS -7

Gustavo Adolfo Garrido Introdución

8

Montse Pena Presas ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY: unha vida entre as nubes O SENTIDO DA OBRA: unha filosofía de vida AS EDICIÓNS: unha historia viaxeira CARLOS CASARES TRADUTOR: a primeira foi O principiño CARLOS CASARES E A LITERATURA INFANTIL: todo comezou cunha galiña

21

Miguel Valverde Juncal Catálogo de obras por familias lingüísticas

40

Denís Vicente Rodríguez Biografía breve

43

A FUNDACIÓN CARLOS CASARES




Sabemos que Carlos Casares decidiu traducir Le Petit Prince despois de escoitar un disco no que o malogrado actor Gérard Philipe (1922-1959) recitaba o texto1. Era unha adaptación fonográfica realizada en 1954 na que Philipe -a quen recordamos como protagonista de Los ambiciosos, de Luis Buñuel (1959)- estaba acompañado por Georges Poujouly, que interpretaba ao principiño -e que anos máis tarde poría voz a Tintín en dúas series de animación-; Michel Roux, como a serpe; Jacques Grello, como o raposo; e a fermosa actriz Sylvie Pelayo, que lle puña voz á rosa. Comezouno a traducir durante o inverno de 1969, nun hotel de Viana do Bolo (Ourense) onde se aloxaba mentres impartía clases no colexio da vila, e rematouno a finais de 1970, en Bilbao, onde daba clases durante ese curso académico. Precisamente no avión que o conducía de Bilbao a Santiago escribiu un pequeno texto explicativo sobre a súa iniciativa, seguido dunha breve reseña biográfica de Antoine de Saint-Exupéry. No final dunha páxina en branco escribiu: “No avión de Euskadi para Galicia, decembre de 1970. Carlos Casares”. O azar, que foi unha constante na vida do escritor ourensán, brindoulle tamén a oportunidade de coñecer unha persoa próxima ao autor de Le Petit Prince. Como el mesmo refire na columna de «Á marxe» citada, unha tarde de verán, un crego de Ourense emigrado en Francia presentoulle a monseñor Montdesert, bispo auxilar de Lyon e fillo dun profesor de Saint-Éxupery, “o mesmo que o bautizara co alcume de Pique-la-lune, alusivo ao seu nariz”. Despois da publicación do libro, Casares comezou a coleccionar as novidades que aparecían sobre o escritor francés, así como edicións en diferentes idiomas, que foron o xermolo da colección particular que agora custodia a Fundación Carlos Casares e continúa a incrementar, ofrecéndoa para coñecemento público, como era vontade do escritor. 1. Casares, Carlos: «Un ramiño de flores», LVG, 27 de xullo de 1992, en Á marxe, 1992. Obra xornalística I, Galaxia, 2005, p. 88.

7


ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY unha vida entre as nubes

O que había de ser un dos autores máis lidos de todos os tempos naceu o 29 de xuño de 1900 en Lyon (Francia) e foi bautizado como Antoine Jean-Baptiste Marie Roger de Saint-Exupéry. Os Saint-Exupéry eran aristócratas e vivían nun castelo; eran tamén unha familia numerosa: Marie-Madeleine, Simone, Antoine, François e Gabrielle. Ser o primeiro fillo varón converteu a Antoine, aínda con cinco anos, en herdeiro do título de vizconde, tras a súpeta morte de seu pai.

“Pertenzo á miña infancia e considero que non vivín despois dese período”. A. de Saint-Exupéry

Daquela, os xogos e as argalladas cos irmáns ficaron prematuramente a un lado, para asumir cativas responsabilidades derivadas da súa condición de herdeiro. As posteriores estadías en internados tamén contribuíron a que a súa etapa máis pura e inocente rematase demasiado axiña. Aqueles días nos que explotaba a súa fantasía inventando avións-bicicleta e viaxando no tempo. A perda dese tránsito á mocidade propicioulle unha ferida que xa nunca se pecharía e que explica que canda adulto considerara que medrar era pecado. Tras os seus anos de formación privada, Antoine retorna a París e por volta de 1919 preséntase ao exame de ingreso para a Escola Naval. O seu intento fracasa e decide matricularse nun curso de Arquitectura da Escola de Belas Artes, guiado pola súa paixón polo debuxo (unha paixón que, por outra parte, fica ben patente n’O principiño, que el mesmo vai ilustrar). Desta vez é a obriga de cumprir o servizo militar o que interrompe o seu camiño. A vida vai rachando paseniñamente os seus soños. Mais aínda lle queda un: voar.

8


É durante o servizo militar cando Saint-Exupéry aprende a pilotar un avión. Sucede en 1921, recibindo leccións dun piloto da Compañía Transaérea do Leste, o que lle permite obter o título de aviador civil. Un ano máis tarde, convértese en piloto militar e incorpórase ao grupo de cazas 33. A paixón por voar acompañarao o resto da súa vida e inspirará a maioría das súas creacións literarias. A primeira delas, L’aviateur (O aviador), sairá do prelo en 1926 cando o autor ingresa na Compañía Aérea Francesa. A partir de entón, traballa nun grupo experimental de correo aéreo, realizando os roteiros Tolousse-Dakar e Dakar-Casablanca. Será nomeado comandante xefe de Cabo Juby, onde escribirá a súa segunda novela, Courrier Sud (Correo sur), unha reformulación da anterior que edita Gallimard en 1929 en París. Tras esta etapa, decide trasladarse a Buenos Aires onde será o director da Aeroposta Argentina. Alí escribirá Vol de nuit (Voo nocturno), publicada, como a anterior, por Gallimard en 1931. En Buenos Aires coñecerá o grande amor da súa vida: a escritora salvadoreña Consuelo Suncín-Sandoval Zeceña.

Tras a morte do piloto-escritor, ocorrida en 1944, os arxentinos honraron a súa memoria bautizando un cumio da Patagonia, de 2.258 metros de altura, como o Cumio Saint-Exupéry.

En 1931 regresa a París e casa en Niza con Consuelo, con quen manterá unha relación tormentosa: as dúas personalidades, necesitadas de amor, serán incapaces tanto de dalo como de recibilo. De feito, boa parte dos diálogos d’O principiño están inspirados nos últimos momentos da súa unión e un dos personaxes-símbolo máis importantes da novela, a rosa, está baseado 9


“Sabes que a rosa es ti. Quizais non sempre souben como coidarte ben, mais para min sempre fuches fermosa”. Carta de Saint-Exupéry a Consuelo Suncín, 1942.

na figura da amada. Así llo confesa Saint-Exupéry nunha carta de 1942. Nos anos vindeiros, o autor seguirá voando a pesar dos accidentes que viña sufrindo. En Guatemala, en 1938, sofre un dos máis graves, pero el non se rende e dedica a súa convalecencia a rematar Terre des Hommes (Terra dos homes). Publicada no ano seguinte, traeralle un dos grandes recoñecementos da súa carreira: o Premio de Novela da Academia Francesa. O comezo da II Guerra Mundial lévao a Tolousse, como capitán destinado ao ensino técnico da aviación. A pesar dos informes médicos desfavorables consegue formar parte do “grupo de recoñecemento”. Esta experiencia inspira a súa nova creación, Pilot de guerre (Piloto de guerra) publicada por Gallimard en 1942. Nos comezos da década de 1940, debido á súa idade e aos accidentes sofridos, Saint-Exupéry deixa de pilotar durante tempadas alternas. Establecido en Nova York, escribe Citadelle (Cidadela) e Le Petit Prince (O principiño). Porén, a través dos seus contactos consegue retornar ás nubes, ascendido a comandante e só para realizar cinco misións máis. Voar é para el a liberdade. Por iso, o 31 de xullo de 1944 emprende unha misión da que xa nunca volvería: o seu avión é derrubado por un caza alemán e pérdese no mar, preto de Marsella.

10


O SENTIDO DA OBRA

unha filosofía de vida

Un piloto pérdese no deserto do Sáhara porque o seu avión sofre unha avaría. Na segunda xornada da fortuíta aventura, a mil millas do lugar habitado máis próximo e sen apenas auga, un pequeno príncipe aparece ante el e pídelle que lle debuxe un año. Así comeza Le Petit Prince, a creación máis coñecida de Antoine de Saint-Exupéry e unha das obras máis lidas da literatura universal. Inicialmente foi concibida como un conto infantil, pero a súa fonda significación, derivada en boa parte do seu arrecendo poético e das reflexións sobre a vida que provoca no lectorado, axiña a converterían nun texto interxeracional. O pequeno príncipe faise preguntas nas que só repararían aqueles que teñen unha sensibilidade especial e un xeito de ollar máis profundo: “pregúntome se as estrelas están acendidas para que cada un poida atopar a súa”. O libro de Saint-Exupéry ensínanos a ir máis alá do superficial e do útil para deternos no poético e no fermoso, naquilo que, dun xeito práctico, serve para pouco, pero sen o que non poderiamos estar: unha estrela, unha planta, unha flor. Así llo lembra o raposo ao propio principiño: “O esencial é invisible para os ollos; soamente se ve co corazón”.

O principiño é a loita silandeira contra aqueles que din “eu son unha persoa seria e non teño tempo para soñar”.

Se alguén ama a unha flor da que soamente existe un único exemplar en millóns de estrelas, abonda con isto para se sentir ditoso ao contemplala.

A novela é un canto á fidelidade nos ideais de cadaquén; un intento de diminuír a soberbia humana e, sobre todo, un alegato a prol da lealdade ás persoas que queremos. 11


Nas súas palabras, existe unha filosofía de vivir que nos aprende a continuar coa procura que iniciamos cada día e que nos amosa que a ledicia, realmente, se agocha nas cousas sinxelas. Mentres, Le Petit Prince aínda lembra aos adultos a importancia de ser nenos, pois eles son os que manteñen a pureza e a inocencia, e recorda aos nenos que deben ser indulxentes cos adultos.

12


AS EDICIÓNS

unha historia viaxeira

Aínda que se tiña a idea de que a súa primeira edición saíra á venda en Francia, concretamente en Edicións Gallimard, en abril de 1946, o certo é que tanto a edición francesa (que é a orixinal) como a súa tradución inglesa, viron a luz en 1943 da man da editora Reynal and Hitchock de Nova York. A versión en inglés leva data de 6 de abril de 1943, tal e como consta no seu colofón. Porén, a primixenia versión en francés saíra en Montreal grazas á colaboración da editora neoiorquina coa canadiana Beauchemi. Ambas contaron con 260 exemplares asinados polo autor. A novela de Saint-Exupéry chegará a Europa ao ano seguinte, 1944, para ser imprentada en Londres da man de William Heinemann. En novembro de 1945, foi cando Gallimard a tirou do prelo en Francia por vez primeira. Dende entón, Le Petit Prince traduciuse a máis de duascentas cincuenta linguas e dialectos. Ademais da súa difusión europea, pouco e pouco, o xaponés, o chinés, o esperanto, o quechua ou o bengalí (por citar só algunha das súas versións) foron acollendo o relato da amizade entre o aviador e o principiño. En canto aos idiomas peninsulares, o primeiro en recibilo foi o catalán, que o fixo en 1959. Emporiso, a primeira versión en español é de 1951, pero a obra editouse na Arxentina e non en España, onde non chegaría ata 1964. En 1972 saíron do prelo a tradución vasca e a galega, que o fará na Editorial Galaxia da man de Carlos Casares. A versión en galego, dende a súa publicación, leva editados máis de 40.000 exemplares.

13


Os solpores do principiño. Unha curiosa anécdota Pese a que no texto orixinal o principiño di que no seu planeta viu o solpor 44 veces nun día, un erro na edición de Gallimard de 1947 fai que esas postas de sol sexan só 43. Isto propiciu que nas impresións posteriores haxa unha variación constante deste dato. Así, nas primeiras edicións da versión galega podemos ler como os solpores son 43, mais na 5ª impresión se corrixe o dato. Ao final, Casares concedeulle ao pequeno príncipe o privilexio de gozar da posta de sol que lle correspondía.

14


CARLOS CASARES TRADUTOR

a primeira foi O principiño

Verter a historia do pequeno príncipe á lingua de seu foi o labor que principiou a xeira como tradutor de Carlos Casares, unha faceta á que dedicou bastante máis tempo do que se ten sinalado. O escritor era consciente, coa vocación de home de cultura total que o caracterizaba, da falta de libros para os máis novos que existía na época. A súa concepción universalista do coñecemento levaríao a procurar unha obra estranxeira que traer para o galego, ao que se uniría o seu excelente dominio e o seu gusto pola literatura francesa. Mais por que O principiño? Seguramente porque o estilo e a lingua concisa e directa de Saint-Exupéry, que reparan nos feitos miúdos, callarían axiña no autor ourensán. A partir dese 1972 en que publica a historia do pequeno príncipe, Casares profundiza na sinxeleza lingüística, unha tendencia que manterá nas súas obras posteriores, deixando atrás as innovacións ensaiadas nos seus primeiros textos creativos. A obra de Saint-Exupéry era moito máis que un traballo de tradución para Casares.

O principiño pode considerarse unha peza peculiar dentro da poética de Carlos Casares

Non obstante, Saint-Exupéry e Carlos Casares aínda coinciden nalgunhas cousas máis: a paixón pola viaxe e a aventura e o gusto polos avións. Mais por riba de todo, as súas creacións semellan parellas na mirada distante e irónica que verten sobre o universo adulto (especialmente sobre os que ostentan o poder) e na complicidade que establecen co mundo da infancia. Ou non se vos asemellan o rei que quere mandar no príncipe loiro e os poderosos que pretenden rematar coa galiña azul? 15


Logo virían moitas máis Despois d’O principiño o traballo como tradutor de Casares continúa. En boa medida, porque como sinalou Víctor F. Freixanes: “As traducións, a necesidade de permitir que a sociedade galega, e moi especialmente as novas xeracións, puidese acceder directamente dende a súa propia lingua sen intermediarios ao coñecemento dos grandes autores universais, era algo que o obsesionaba”. Isto non será alleo ao seu traballo de director xeral da editorial Galaxia, que desenvolverá dende 1986. Porén, xa en 1979, levado polo entusiasmo da época en que a literatura galega infantil era unha empresa ilusionante, versiona para a editora Altea tres libros da colección “Sendoa / Os primeiros libros dos nenos”, da autoría de José Luis García Sánchez e Miguel Ángel Pacheco: Eu son un neno, Eu son un peixe, e mais Eu son un paxaro. A partir de 1983, cando o Parlamento galego aprobou a Lei de Normalización Lingüística, da que Casares fora redactor, as necesidades xeradas no ensino lévano a retomar a angueira tradutora. Güenkel e Kunka-ta de Ricardo Alcántara, A cidade das estrelas de Mercé Company, Trasnocubernafres de Ester Jaume, Globo de lúa chea de Mercé Canela, O can e a anduriña de Ricard Creus, Bestiario Fantástico de José Manuel Gisbert e ¡Que día máis negro! de Helena Trías son as obras contemporáneas que Casares traslada ao galego, nesta ocasión, para a editora Argos Vergara. Mais Casares

16


tería tamén a oportunidade de traducir obriñas de escritores clásicos adaptados por escritores actuais, como O Rei Lear según a obra de William Shakespeare e A lúa dos irmáns Grimm. Debemos mencionar que tiñan quedado no tinteiro, A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson e mais Alicia no país das maravillas de Lewis Carroll. Da primeira consérvanse trece páxinas e do segundo unha única páxina, manuscritas, nos fondos da Fundación Carlos Casares. En 1989 deu ao prelo a versión en galego d’Os escaravellos voan á tardiña, da escritora sueca María Gripe. A tradución desta obra será unha das máis coñecidas de Casares, en parte pola sona que a escritora acadara de España. A última achega de Casares como tradutor será Doménica, derradeira obra de Gonzalo Torrente Ballester, para a colección Espasa Xuvenil en 1999. Porén, semella que a única obra que o escritor ourensán escolleu pór en galego, ademais d’O vello e o mar, de Ernest Hemingway, foi O principiño. Non podía ser doutra maneira para un amante da historia do pequeno príncipe, que sempre soñou con facer unha exposición coma esta. O resto deben entenderse como traballos para fortalecer a literatura infantil galega.

17


CARLOS CASARES E A LITERATURA INFANTIL

todo comezou cunha galiña

“É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar”.

Carlos Casares consideraba que a literatura infantil tiña as mesmas dificultades que a literatura para adultos. Inmerso na causa da recuperación e do pulo da cultura galega, especialmente no ámbito do libro, Casares comezou a publicar textos para a infancia só un ano despois da publicación da súa primeira novela, Vento ferido. En 1968, os nenos e as nenas galegas coñecerán da súa man un ser moi especial: a galiña azul. Habitante dunha vila en que todo ten que ser igual por lei, a galiña representa a marabilla da diferenza. O conto simboliza un canto á liberdade: contra o empeño das autoridades por acabar coa vida do animal, os veciños deciden pintar a todas as galiñas de azul, impedindo así que se cumpra a vontade dos poderosos. O seu significado é político, como resposta á situación do momento, pero tamén social: a alternativa á represión pasa pola fantasía.

(Elías)“Que rareza de laranxas! (Anxa) “Iso pásache por te non fiar de min ... Como vai dar laranxas un limoeiro?”.

E continuou cunhas laranxas Nos cinco anos seguintes, a actividade de Casares céntrase máis ca nunca na literatura infantil e xuvenil. En 1973 tira do prelo As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, a única peza dramática de toda a súa produción. O texto xoga continuamente co humor e co disparate, para amosar a compoñente absurda dos seres humanos, a que nos leva a falar sós antes que a escoitar os demais. O escritor amosa de novo que a sociedade se desenvolve mellor sen tiranos que a dirixan. Mais a obriña aínda garda un agasallo

18


final, pois o seu remate é un auténtico exercicio para o maxín. As laranxas convértense en caixas de Pandora e delas saen unha bicicleta, unha corneta, un bocata e ata uns lentes, que semellan dicirnos: “coa fantasía, hai unha sorpresa detrás de cada cousa”.

O tempo do can falangueiro As necesidades xeradas coa Lei de Normalización Lingüística, coa que o galego é materia obrigada no ensino primario e secundario, fan que Casares retorne á creación de obras para a infancia en 1983. A súa nova proposta será O can Rin e o lobo Crispín, un libriño con ilustracións de Pedro de Llano que se publicará na colección “A Chalupa” de Galaxia. O conto, baseado na cultura popular galega é construído con xeito de relato oral, cunha estrutura e uns personaxes de índole máis tradicional ca os anteriores. Mais o humor, e moi especialmente a ironía, volven ser as mellores armas do escritor, que desta volta nos ensina, a través dun can ben falangueiro, que a valentía é a mellor forma de enfrontarnos á vida.

Chegaron os nenos Nos anos posteriores, Carlos Casares centrarase máis nas súas facetas de editor e de escritor para adultos. Non obstante, en 1991, consciente de que á literatura infantil galega lle faltaba unha serie de historias que permitise seguir as andainas dos mesmos personaxes, publica Este é Toribio. Neste conto, ao que lle seguirán ou19


tros catro, preséntanos a Toribio, un rapaz inventor de oito anos que, xunto a científicos mundiais, loita contra o profesor Smith, un malvado que goza facendo cousas terribles. Mais o protagonista é un prodixio do enxeño e, para facer fronte ás diabólicas argalladas de Smith, non dubida en empregar a goma de borrar disparates, o lapis de cousas imposibles ou o lingú, aparello con que se acada a capacidade de falar en calquera idioma. A fantasía foi o alicerce fundamental desta serie que rematou en 1994 con Toribio revoluciona o tráfico.

“... Lolo converteuse nun fenómeno. Chegou incluso a andar, sen caer, por riba dun rabo de sacho”.

20

A derradeira achega de Casares á narrativa infantil chegaría un ano máis tarde con Lolo anda en bicicleta, o relato dun cativo que, pese ás advertencias dos pais, vai na procura de aventuras coa súa bici. Curiosamente, o texto é o máis realista de cantos Carlos escribiu; pola contra, o humor segue estando moi presente nel. A galiña azul, as laranxas máis laranxas, o can Rin e os dous nenos, o inventor e o ciclista, seguen habitando diferentes páxinas do mesmo mundo: o do maxín. Creados por Carlos Casares ao longo de toda a súa carreira literaria para as súas lectoras e lectores, nel os poderosos xa non o son, a intolerancia pasou a mellor vida e a fantasía é a única arma permitida.


CATÁLOGO DE OBRAS

por familias lingüísticas



Linguas e dialectos xermánicos

AFRIKANER

Lingua de BADEN

Die Klein Prinsie

Dr chlei Prinz

Ed. Tafelberg,

Ed. Michaela Naumann,

Sudáfrica, 2000

Nidderau (Hesse), 2000

Tradución de

Tradución de

André P. Brink

Adelheid Olbert

ALEMÁN

BAIXO ALEMÁN

Der kleine Prinz

De lütte Prinz

Ed. Karl Rauch,

Ed. Michaela Naumann,

Düsseldorf, 1999

Nidderau (Hesse), 2000

Tradución de Grete e

Tradución de Arnd

Josef Leitgeb

Immo Richter

BÁBARO

Dialecto de COLONIA

Da kloa Prinz

Dä kleine Prinz

Ed. Michaela Naumann,

Ed. Michaela Naumann,

Nidderau (Hesse), 1999

Nidderau (Hesse), 2001

Tradución de

Tradución de Volker

Spinner Meinrad

Gröbe e Alice Tiling-Herrwegen

23


Linguas e dialectos xermánicos

FRANCÓN

INGLÉS

(Lingua da Franconia

The Little Prince

– Alemaña)

Ed. Wordsworth, Her-

Der klaa Prinz

tfordshire, Inglaterra,

Ed. Michaela Naumann, Nidderau (Hesse), 2000 Tradución de Harmut Press

1995 (tradución de Irene Testot-Ferry) e Ed Harvest, Nova York, 2000 (tradución de Richard Howard)

FRISÓN

NEERLANDÉS

De lytse Prins

De kleine Prins

Ed. Koperative

Ed. Donker, Róterdam,

Utjowerij, Boalsert

2000

(Holanda), 1998

Tradución de

Tradución de Jacobus

Ernst van Altena

Q. Smink

HESSISCH

PALATINO

(lingua de Hesse)

(lingua do Palatinado

De klaane Prinz

– Alemaña)

Ed. Michaela Naumann,

De kläne Prinz

Nidderau (Hesse), 2001

Ed. Michaela Naumann,

Tradución de

Nidderau (Hesse), 2000

Bernhard Naumann

Tradución de Walter Sauer

24


Linguas e dialectos xermánicos

Dialecto do SARRE

YIDISH

De glään Brins

(lingua dos xudeus de

Ed. Michaela Naumann,

Europa)

Nidderau (Hesse), 2001

Der kleyner prints

Tradución de Edith

Ed. Michaela Naumann,

Braun

Nidderau (Hesse), 2000 Tradución de Shloyme Lerman

SUABO Dr kleine Prinz Ed. Michaela Naumann, Nidderau (Hesse), 1999 Tradución de Manfred Mergel

VIENÉS Der Klane Prinz Ed. Michaela Naumann, Nidderau (Hesse), 2001 Tradución de Hans Weana Sokop

25


Linguas eslavas

BOSNIO Mali Princ Ed. de Svjetlost, Saraxevo, 1998 (tradución de Faik Dizdarevic) e Saraxevo Publishing, Saraxevo, 1999 (tradución de Mirsad Bećir-

ESLOVENO Mali princ Ed. Mladinska Knjiga, Ljubljana, 1997 Tradución de Ivan Minatti

bašić)

CHECO

MACEDONIO

Malý princ

МАЛИОТ ПРИНЦ

Ed. CESTY

(Maliot prints)

Bratislava, 1988

Ed. Tabernakul,

Tradución de Martin

Scopie, 1993

Sasák

Tradución de Mira Cepincic

ESLOVACO

SERBOCROATA

Malý princ

Mali Princ

Ed. Mladé Letá,

Ed. Bosanska

Bratislava, 1997

Riječ – Das Bosnisches

Tradución de Elena

Wort, Bosnia, 1999

Šmatláková

Tradución de Ante Granić

26


Linguas eslavas

POLONÉS

RUSO

(varias edicións)

(varias edicións)

Mały Książę

МАЛЕНЬКИЙ ПРИНЦ

Ed. Philip Wilson,

(Maljen´kij prints)

Varsovia, 1999 Tradución de Barbara

Ed. Rosmen,

Przybylowska

Moscova, 1999 Tradución de Nora Gal

Edición do Instytut Wydawniczy Pax, Varsovia, 2000 Tradución de Jan Szwykowski

Ed. Izdátelstvo Bambuk, Moscova, 2000 Tradución de A. Sharov

Ed. Algo Toruń, Varsovia, 2000 Tradución de Ewa-ŁozińskaMałkiewicz Ed. Siedmioróg,

Ed. Mezhdunarodnyje Otnoshenija (ruso e francés) Moscova, 1996 Tradución de Nora Gal

Wroclaw, 2000 Tradución de Marta

Ed. Machaon,

Malicka

Moscova, 1999 Tradución descoñecida

27


Linguas urálicas

FINÉS Pikku Prinssi Ed. Werner Söderstroöm Osakeytiö, Helsinki, 2001 Tradución de Irma Packalén

HÚNGARO A Kis Herceg Ed. Móra Ferenc Könyvkiadó Budapest, 2001 Tradución de Rónay György

28


Linguas escandinavas

DANÉS

SUECO

Den Lille Prins

Lille Prinsen

Ed. Lindhardt og

Ed. Rabén & Sjörgren,

Ringhof,

Estocolmo, 2000

Viborg, 2000

Tradución de Gunvor

Tradución de Asta

Bang e Lena

Hoff-Jørgensen

Fries-Gedin

ISLANDÉS Litli Prinsinn Ed. Mál og menning, Reykjavík, 2001 Tradución de Pórarinn Björnsson

NORUEGUÉS Den lille prinsen Ed. Aschehoug, Oslo, 1998 Tradución de Inger Hagerup

29


Linguas e dialectos romances

ARAGONÉS

CATALÁN

O Prenzipet

El petit princep

Ed. Gara d´Edizions,

Ed. Estela, Barcelona,

col. Libros de Pocha,

6ª edición, 1967 (tradu-

Zaragoza, 1994

ción de Joan Xancó) e

Tradución de

Ed. Emecé,

Chusé Aragüés

Barcelona, 1ª edición, 1999 (tradución de Anna e Enric Casassas)

ASTURIANO

ESPAÑOL

El principín

(varias edicións)

Ed. Academia de la

El Principito

Llingua Asturiana, 2002 Tradución de X. Ll.

Ed. Alianza Editorial

García Arias

/ Emecé, “Biblioteca juvenil”, Madrid, 1997 Tradución de Bonifacio del Carril. Selección de textos e debuxos, por

BERGAMASCO ‘L princep picini Ed. Leonardo Facco, Treviglio, 2000 Tradución de Margherita Recanati. Ilustracións de Teophil Kidikumana (neno orfo de Burundi, que debuxa un Principiño negro e loiro). 30

Excilia Saldaña Ed. Emecé Editores, Barcelona, 2000 Tradución de Bonifacio del Carril


Linguas e dialectos romances

EXTREMEÑO El Prencipinu Ed. Iberediciones, S. L., Cáceres, 1999 Tradución de Antòniu Garríu Correas

GALEGO (varias edicións) O principiño Tradución de Carlos Casares Ed. Galaxia, col. “Árbore”, Vigo, 1987, 4ª edición Ed. Galaxia, col. “Árbore”, Vigo, 1988, 5ª edición

FRANCÉS (varias edicións) Le Petit Prince Ed. Ferdinand Schöningh Paderborn, 1981 Ed. Gallimard París, 1998 Ed. Gallimard París, 1999

Ed. Galaxia, col. “Árbore”, Vigo, 1990, 6ª edición Ed. Galaxia, col. “Árbore”, Vigo, 1996, 9ª edición Ed. Galaxia, Col. “Sete Mares”, Vigo, 1999, 10ª edición Ed. Galaxia, Col. “Sete Mares”, Vigo, 2000, 11ª edición Ed. Galaxia, Vigo, 2002, 13ª edición (conmemorativa dos 30 anos da 1ª edición galega) Edición de La Voz de Galicia, “Biblioteca Galega”, A Coruña, 2005 31


Linguas e dialectos romances

FRANCO-PROVEN-

LANGUEDOC

ZAL ou ARPITANO

Lo Princilhon

(Val de Aosta, Italia)

Ed. Vent Terral, Valence

Lo Petsou Prince

d’Albigeois, 1995

Ed. Wesak,

Tradución de Jòrdi

Gressan, Val de Aosta,

Blanc

2000 Tradución de Raymond Vautherin

ITALIANO Il Piccolo Principe Ed. Tascabili – Bompiani, Milán, 1995, 34ª edición Tradución de Nini Bompiani Bregoli

LATÍN Regulus. Vel pueri soli sapiunt Ed. Harvest, San Diego – Nova York, 1985, 1ª edición. Tradución de Augusto Haury (1ª edición Fernand Hazan Editeur, París, 1961)

LADINO RETORROMÁNICO L Pitl Prinz (versión gherdëina) Ed. Istitut Cultural Ladin “Micura de Rü”, San Martin de Tor (Provincia autónoma de Bolzano), 1993 Tradución de Prinoth Beatrix 32

LADINO RETORROMÁNICO Le Pice Prinz (versión baiota) Ed. Institut Cultural Ladin “Micurá de Rü”, Balsan, 1993 Tradución de Giovanni Mischí


Linguas e dialectos romances

OCCITANOPROVENZAL Ël pchi prinsë Ed. Wesak, Gressan (Val de Aosta, Italia), 2001 Tradución de Giovanna Jayme

PORTUGUÉS O principezinho Ed. Aster, Lisboa, 1962 Tradución de Alice Gomes Ed. Relógio d´água Lisboa, 1995

PIEMONTÉS

Tradución de Manuel

Ël Cit Prinsi

Alberto

Edición da Gioventura piamontèisa, Turín, 2000, 1ª edición

Tradución de Gianluca Perrini

33


Linguas túrquicas

TURCO

UZBECO

(varias edicións)

Кичкина Шаҳзода

Küçük prens

(Kichkina shahzoda)

Ed. Gün Yayincilík, Estambul, 1984 Tradución de Emine Erendor

Ed. Oda Yayinlari, Estambul, 1995 Tradución de Nuriye Yiğitler Ed. Mavibulut, Estambul, 2000 Tradución de Fatih Erdoğan

34

Ed. Toshkent Ma´naviyat, 2000 Tradución de Xayriddin Sulton


Outras linguas indoeuropeas

ALBANÉS Princi i vogël Ed. Botimet Toena, Tirana, 2000 Tradución de Naum Prifti

GREGO О Μικρός Πρίγκιπας (O Mikros Pringipas) Ed. Ekdoseis Pataki Atenas, 2001 Tradución de Melina Karakosta

35


Linguas indo iranianas

BENGALÍ

KURDO

Khude Rajkumar

Mîrzayê biçûk

Ed. Dey,

Ed. Nûdem, Estocolmo,

Calcuta 2000

1995

Tradución de Esha Dey

Tradución de Fawaz Husen

FARSÍ (Irán)

NEPALÉS

Shahzadé Kuchulu

Phuchhe Rajkumar

Ed. Nasghsh-e-

Ed. Child Workers In

Khorshid,

Nepal Concerned

Teherán, 1999 Tradución de Asghar Rastegar (Agasallo de Paula Werner-Weygen) HINDÍ Chhota Rajkumar Ed. Hind Pocket Books, Nova Delhi, 1995 Tradución de Jagbansh Kishore Balbir

36

Centre, Katmandu, 1998 Tradución de Yogswor Nath Upraity (exemplar agasallado polo tradutor)


Outras linguas

CHINÉS

THAI

小小王子

เจ้าชายน้อย

(Xiǎo Xiǎo Wángzǐ)

(Jâau Chaai Nóoi)

Zuójiā Chūbǎnshè

Ed. Silkroad Publishers

(作家出版社),

Agency, Tailandia,

Pequín, 2000

1997

Tradución de Máo Xùtài

ÉUSCARO

XAPONÉS

Printze txikia

星の王子さま

Ed. Elkarlanean –

(Hoshi-no oji-sama -

Salamandra, Donostia,

“O príncipe da estrela”)

2001 Tradución de Patxi Zubizarrieta

Ed. Iwanami-Shoten, Toquio, 1969, 3ª edición Tradución do prof. Arou Naito (Agasallo do prof. Takekazu Asaka)

HEBREO ‫ןָטָקַה ְךיִסָנַה‬ (Ha-nasikh Ha-katan) Ed. Am Oved,

Ed. Iwanami-Shoten, Toquio, 2000

Tradución do prof. Arou Naito

Tel Aviv, 1999 Tradución de Arieh Lerner

37


Edicións especiais

Soy El Principito –

ESPAÑOL

Je suis Le Petit Prince

(La Habana)

Ed. Emecé,

El Principito

Barcelona, 2000

Editorial Gente Nueva, La Habana, Cuba, 1999 (10 tarxetas ilustradas con frases clave) Editorial Cuadernos Papiro, Holgín, Cuba,

Un día con El Principito

2001

Ed. Emecé,

Ilustracións de Yunio

Barcelona, 2000

Pavón

El Principito y sus

GALEGO

amigos

O Principiño

Ed. Emecé,

Primeira Edición.

Barcelona, 2000

Urco Editora, Santiago de Compostela, 2015 Tradución de Rodrigo Vizcaíno Ilustracións da capa e contracapa de José Ángel Ares

38



BIOGRAFÍA BREVE

Carlos Casares naceu en Ourense o 24 de

que, como premio, lle deu a posibilidade de

agosto de 1941 no seo dunha familia de cla-

coñecer o intelectual galeguista Vicente Ris-

se media. Con tan só tres anos trasladouse a

co e, a partir dese momento, a asistir ao seu

Xinzo de Limia, onde seu pai exercía a pro-

faladoiro na cafetería do Hotel Parque.

fesión de mestre nacional. Deste xeito, vivirá no rural galego a súa primeira infancia, fortemente ligado á lingua do país, pois, aínda sendo a súa nai castelanfalante, na contorna o galego era a lingua absolutamente maioritaria. Fillo dunha familia con grandes vencellos relixiosos (con varios cregos e un arcebispo entre eles), o pequeno Carlos foi enviado ao Seminario Conciliar de Ouren-

Casares marchou a Santiago de Compostela para estudar a carreira de Filosofía e Letras, escollendo a especialidade de Filoloxía Románica. Na universidade entrou en contacto co estudante e poeta Arcadio López-Casanova, que o levou a coñecer a Ramón Piñeiro, líder do galeguismo histórico que exer-

se onde cursou Humanidades entre os cur-

cería unha grande influencia sobre el. Deste

sos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos

xeito foi como o noso autor quedou ligado

viviu unha forte represión lingüística que

ao núcleo da cultura galega antifranquista.

espertou no autor un espírito inconformista, provocando a súa primeira experiencia literaria: El averno, un xornal feito a man que difundía clandestinamente.

40

En 1961, unha vez rematado o Bacharelato,

Porén, non todo se reducía ao labor cultural. O Casares universitario formaría parte da ADE (Asociación Democrática de Estudiantes) e do FELIPE (Frente de Liberación

Como consecuencia disto, abandona o Semi-

Popular) onde, segundo o propio autor, des-

nario e pasa a cursar os estudos de Bacha-

cubriu o marxismo e sentiuse como tal. Nes-

relato por libre, o cal lle facilitou unha chea

tes anos de universidade tampouco descoi-

de horas de liberdade que investiu na súa in-

dou a súa vocación literaria. Publicou varios

cipiente vocación literaria. Presentouse e ga-

relatos na revista Grial en 1965 e, dous anos

ñou un pequeno concurso na capital ourensá

máis tarde, viu saír do prelo o seu primeiro


libro, Vento ferido, publicado pola editorial

Berg, unha rapaza sueca que se converterá

Galaxia na colección Illa Nova.

na súa muller ata o fin dos seus días. Por

Rematada a carreira en 1967, Carlos regresou a Xinzo para agardar a convocatoria de oposicións. Mentres tanto solicitou praza no Instituto de Ourense e, durante a espera, comezou a traballar no Colegio Libre Asociado de Viana do Bolo como profesor auxiliar. Nese intre publica en Galaxia Cambio en tres (1969), a súa primeira novela, onde experimenta con diferentes técnicas vangardistas. Mais a súa vida de profesor se complica. En Viana entra en conflito coa dirección do centro ao realizar actividades que non gustaban ao Réxime. Por este motivo foi expulsado do centro e, debido á intervención do reitor da universidade compostelana, foille prohibido exercer a docencia en toda Galicia. Así as cousas, emigrou a Bilbao en 1971, onde impartiu clases nun centro educativo privado, tamén por pouco tempo, debido esta vez a problemas políticos alleos a el pero nos que se viu arrastrado.

este motivo, Casares visitará Suecia con frecuencia, descubrindo unha sociedade aberta, democrática e avanzada. Alí nacerán os seus fillos, Håkan Olof e Christian Lars. En 1974 convócanse oposicións a ensino medio, ás que Casares se presenta e consegue praza como profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto de Cangas do Morrazo (Pontevedra). A ditadura franquista segue viva e ao pouco tempo o novo profesor vai ser expedientado xunto aos seus colegas Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero e Francisco Rodríguez. Un ano despois Casares gaña o premio Galaxia, conmemorativo do 25 aniversario da editorial, coa novela Xoguetes para un tempo prohibido, onde fai un retrato da súa xeración. Este galardón convérteo nunha das voces emerxentes máis orixinais e renovadoras da narrativa galega contemporánea; un mérito que, xunto cos seus traballos so-

Na volta desta viaxe coñeceu no tren de Ou-

bre Otero Pedrayo, Vicente Risco e Curros

rense a Santiago de Compostela a Kristina

Enríquez, o leva a entrar na Real Academia 41


Galega en 1977, sendo o membro numerario máis novo daquela. A pesar do seu traballo ensaístico e académico, Carlos Casares non esqueceu a creación literaria pura e seguiu publicando obras con boa acollida polo público, tanto narrativa: Os escuros soños de Clío (1979); O galo de Antioquía (Galaxia, 1994), e Un polbo xigante (Galaxia, 2000); como novela: Ilustrísima (1980); Os mortos daquel verán (1987); Deus sentado nun sillón azul (1996) e a póstuma O sol do verán (2002), todas moi traballadas tecnicamente e escritas cunha linguaxe que pretende, sobre todo, chegar ao meirande número de lectores. Casares foi, ademais, director da editorial Galaxia e da revista Grial; parlamentario independente polo PSdG-PSOE na I Lexislatura do Parlamento galego e presidente do Consello da Cultura Galega. Desenvolveu tamén un amplo labor no eido do xornalismo literario, especialmente en La Voz de Galicia, e sacou tempo para escribir e mesmo traducir literatura infantil e xuvenil. Como autor: A galiña azul (1968); As laranxas máis la42

ranxas de tódalas laranxas (1973); O can Rin e o lobo Crispín (1983); a saga dos cinco Toribios (1991, 1992, 1994); e mais Lolo anda en bicicleta (Galaxia, 1996). Como tradutor salientamos O principiño (1972) do francés Antoine de Saint-Exupéry; Os escaravellos voan á tardiña (1989) da sueca María Gripe; O vello e o mar (1998) do norteamericano Ernest Hemingway, e Doménica (1999) de Gonzalo Torrente Ballester, entre outros textos. Carlos Casares finou en Vigo o 9 de marzo de 2002.


A FUNDACIÓN CARLOS CASARES

A Fundación Carlos Casares naceu por iniciativa da familia e dos amigos de Carlos Casares o 15 de xullo do 2002, apenas catro meses despois do seu inesperado pasamento, animada polo mesmo espírito que inspirou a súa vida e a súa obra. Naceu coa pretensión de constituír unha instancia para a reflexión sobre a sociedade e a cultura que nos tocou vivir, manténdose sempre ao servizo de Galicia e dunha convivencia democrática baseada no pluralismo, o debate libre e o diálogo aberto co mundo.

- O estudo e difusión da obra literaria de Carlos Casares e a preservación e continuidade da súa biblioteca, arquivo e coleccións.

Kristina Berg (1948-2012), viúva de Carlos Casares, foi a primeira presidenta da Fundación, encargándose dende o primeiro momento de velar polos obxectivos fundacionais:

- Realizar toda clase de actividades tendentes a afortalar o proceso de normalización lingüística e cultural de Galicia.

- A promoción e difusión do legado no que atinxe ao desenvolvemento cívico, social e cultural de Galicia. - Servir como entidade mediadora entre a cultura galega e a cultura universal dende criterios de apertura, pluralismo e respecto á diversidade cultural.

43



Edición de

O PRINCIPIÑO

--

AO REDOR DO MUNDO

Gustavo Adolfo Garrido e

--

Miguel Valverde Juncal

a colección de

O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO -- a colección de Carlos Casares

Carlos Casares


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.