5 minute read
MARÍA SOLIÑA, SÍMBOLO DE CANGAS
NOS SÉCULOS XVI E XVII NUMEROSAS MULLERES DE CANGAS FORON XUZGADAS POLO TRIBUNAL DO SANTO OFICIO (INQUISICIÓN) POR SUPOSTA “BRUXERÍA”. HOXE EN DÍA SABEMOS QUE ACABARON CONFESANDO ATROCIDADES A FORZA DE ESPANTOSOS TORMENTOS, VÍCTIMAS DAS INVENCIÓNS DOS INQUISIDORES. A MÁIS LEMBRADA É, PROBABLEMENTE, MARÍA SOLIÑA.
María Soliña foi condenada, alá polo século XVII pola Santa Inquisición, acusada de bruxería. Aínda que se sabe que naceu no 1551, na propia vila de Cangas, a data da súa morte descoñécese, non existe partida de defunción. Este último punto dou a imaxinación popular as ás necesarias para crear a personaxe nunca morta de María Soliña. Sendo moi nova, María casou con Pedro Barba, un pescador da vila, que chegou a posuír, ademais da súa embarcación (unha dorna), unha empresa de manufactura de peixe. O matrimonio tivo fi llos, aínda que se descoñece o número. A familia Barba vivía nunha casa de dúas plantas de pedra no centro da vila, das típicas casas de patín de Cangas. María Soliña, por herdanza, posuía varias fi ncas. Pedro Barba e o seu cuñado, irmán de María, tiñan creado unha empresa entrámbolos dous para pescar, manufacturar e exportar peixe da ría, pero, as posesións máis importantes da familia eran os dereitos de presentación desta muller en varias capelas e freguesías da zona, entre elas na Colexiata de Cangas do Morrazo e na Igrexa de San Cibrán de Aldán, dereitos polos que os sucesores dos fundadores destas podían propor ao seu titular cando quedara vacante, e a súa vez participar dos benefi cios que aquelas xeraban.
Advertisement
Os datos históricos sinalan que entre os anos 1599 e 1639 os corsarios, que reciben este nome por teren licenza real, e os piratas, que normalmente traballan pola súa conta pero que poden repartir benefi cios coa coroa, tanto de orixe holandesa coma francesa, atacan, asaltan e rouban as costas de Vigo e a península do Morrazo. Un memorial do procurador Gerónimo Núñez relata como no ano 1617 unha escuadra de piratas turcos chegou a ría de Vigo desembarcando a dous mil homes en Cangas, entre punta de Rodeira e punta Balea. A vila foi saqueada e queimada. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo empobrecemento xeral que seguiu á invasión turca. A pequena nobreza veu descender as súas rendas de maneira alarmante, polo que buscou por todos os medios os recursos necesarios para manter o seu nivel de vida.
Colexiata - Igrexa de Santiago
María Soliña detida e torturada María Soliña foi detida e torturada nas cárceres secredas do Santo Ofi cio no ano 1621. Acusada de entregar a súa alma ao diaño e de posuír poderes demoníacos capaces de causar os máis terribles males, foi sometida a tortura física e psicolóxica ata que confesou ser bruxa desde había máis de dúas décadas, afi rmando ademais na súa desesperación que chegara a manter tratos carnais co demo, o cal se lle aparecía en forma de home. E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ao Tribunal proclamando o seu arrepentimento, pois aseguraba que só renegara do Noso Señor de palabra. O 23 de xaneiro do 1622 chegou por fi n a sentencia: foi condenada cunha confi scación de bens, debendo portar o hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos. As ondas do mar de Cangas
María Soliña, unha das mulleres máis ricas da vila e a Inquisición A Inquisición, integrada case que exclusivamente por membros deste grupo social, foi un efi caz medio para lograr o seu propósito. O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus “dereitos de presentación”. Foi o caso de María Soliña, quen ao enviuvar pasou a ser unha das mulleres máis ricas da vila, o que enseguida chamou a atención dos nobres. Nove mulleres en total, entre elas Soliña, foron xulgadas e condenadas por diferentes acusacións relacionadas coa bruxería. Para disimular o seu reprobable propósito, os burgueses e a Inquisición incluiron algunhas mulleres que posuían dereitos de presentación con outras que eran “pobres de solemnidad”. Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter enviuvado tras os rapidamente chamou a atención dos nobres do lugar. A morte do seu marido e do seu irmán sumíraa nunha importante depresión, e cada noite percorría a praia onde estes morreran loitando, escoitando as ondas, e recordando aos seus familiares. As reiteradas visitas á praia de noite foron causa sufi ciente para iniciar contra ela un proceso por diferentes acusacións relacionadas coa bruxería. Longa Noite de Pedra, Celso Emilio Ferreiro. 1962
Polos camiños de Cangas a voz do vento xemia: ai, qué soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas muros de noite se erguian : ai, qué soliña quedache, María Soliña.
tristes sucesos do 1617. Sendo María unha muller de importante fortuna, acedos ecos traguían: ai,qué soliña quedache, María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, qué soliña quedache María Soliña
Baixo os tellados de Cangas, anda un terror de auga fría: ai, qué soliña quedache María Soliña.
María Solinha | A película
A nova película do ourensán Ignacio Vilar, “María Solinha”, estreouse ao aire libre, na Alameda de Redondela, o pasado 19 de xuño. Rodada en Cangas, Redondela, a illa de Toralla e algunha toma en San Martiño de Moaña, “María Solinha” tiña previsto a súa estrea o 15 de maio no Auditorio Municipal de Cangas pero por mor da crise do Covid-19 tívose que aprazar. O fi lme reconstrúe a historia de María Soliña, a viúva canguesa quen foi acusada de bruxería. Como actrices protagonistas participan, Grial Montes e Laura Míguez, así como Antonio Durán “Morris”, Mabel Rivera e Santi Prego. A película xa antes de ser estreada ven de ser seleccionada para a sección ofi cial “dun certame de cine en Italia”.