1 minute read

ANTONIO PALACIOS: O TEMPLETE DO METRO MADRILEÑO NO PORRIÑO

Fachada frontal, posterior e lateral do proxecto de 1918 A entrada á estación de Gran Vía en 1925

E C Xosé Ramón Paz Antón

Advertisement

O TEMPLETE EN MADRID O porriñés Antonio Palacios Ramilo foi nomeado arquitecto da Compañía Metropolitana de Madrid en 1917 ocupando ese cargo ata 1945. O seu labor principal nas obras do Metro estivo relacionado co acceso ás estacións deseñando os templetes de Gran Vía e da Porta do Sol, as bocas de metro, a decoración de espazos das propias estacións a base de azulexos e cerámica, a construción de edificios auxiliares (subestacións eléctricas, talleres, cocheiras) ou mesmo co deseño do logotipo básico coa palabra Metro incrustada nun rombo. O templete de Gran Vía, tamén denominado da Rede de San Luís, é o que acabou no Porriño uns cincuenta anos despois de construírse en Madrid. Foi proxectado en 1918. O pequeno edificio era unha cuberta pola que se entraba no ascensor ou nas escaleiras que salvaban as catro plantas que daban acceso á estación de Gran Vía. A obra tiña dous elementos moi diferenciados, a estrutura de pedra -que é o que se conserva actualmente- e outra estrutura de ferro e cristal a modo de marquesiña. Por ese ascensor subían e baixaban diariamente vinte ou trinta mil persoas. Caeu en 1932. A mediados dos anos cincuenta xa estaban montadas as escaleiras mecánicas e por esta razón en 1954 anunciábase “que el ascensor y el templete van a desaparecer”. Deixou de funcionar en 1966.

This article is from: