A inmigración estranxeira en Galicia Identificación de comportamentos sociais e decisións territoriais a partir da opinión dos diferentes colectivos de inmigrantes
e Rott erdamLisbo aL ondresManchesterXen ebraGallenGütersloHambur goBernaLausanneWinterthur LeLocleZugHeerbruggOltenZürichAarauWinterth urLeLocleZugHeerbruggOltenXenebraBasileaGütersloHam NurenbergCuxhavenBonnKo burgoGüterslo elnTroisdorfMunichDreieichMannheimSindelfingenAndorr aBruselasAmberesCopenhagueParísMarsellaPoteAmsterdam R otterdamLisboaLondresManchesterBienneMontreuxSai ntBe maLausanneZürichSchaffauhausenWinterthurLe Lo cleZugHeerbruggXenebraOltenZürichAarauB uenosAiresAvellanedaTandilRíoGrandeTierradelF uegoTrelewChubut IdentidadesSanJuanM ar del PlataLaPlataBahíaBlancaCampanaRíoGallegosCo modoroRivadaviaRosarioUshuaiaCórdobaBrasilSalva dordeBahíaFortalezaBelénParáHumaitaPortoAlegreO ndinaCurit ibaNovaltaNiteroiSaoPauloRíodeJ aneir oMontrealQuébecTorontoOnt arioSantiagodeChileBogotá L aHa
Identidades

Edita: Secretaría Xeral de Emigración Basquiños, 2 15704 Santiago de Compostela Equipo de traballo: Autores: José Antonio Aldrey Vázquez Jesús González Pérez Xosé Manuel Santos Solla Enquisas e equipo de investigación: Liduvina Campoamor Sánchez Ángeles Piñeiro Antelo Nelson Amílcar F. de Jesús Xavier Camilo Suescún Davila Natalia Rodríguez Granado Kim Segarra Martínez. Imprime: Gráficas Galicia Depósito legal: G - 521 - 2008
Desde a creación no ano 2005 da Secretaría Xeral de Emigración, á cal lle corresponden as competencias en materia de política inmigratoria en Galicia, tívose a vontade de que no deseño das políticas migratorias se tivese en conta, ademais dos datos estatísticos oficiais, o reflexo da realidade migratoria que non podía inferirse deses datos. Efectivamente, para poder deseñar axeitadamente políticas públicas e fórmulas de intervención social debe transcenderse máis aló das cifras, sendo estas esenciais, e buscar as motivacións e comportamentos das persoas inmigrantes para vir e desenvolver o seu proxecto de vida en Galicia. Os movementos migratorios que se deron en todo tempo e lugar non son alleos á realidade galega, non obstante, Galicia, que durante as últimas décadas foi un país eminentemente de emigración, nos últimos anos converteuse nun país de acollida para persoas procedentes doutros países. Isto, que coloca a Galicia dentro dos actuais movementos migratorios Sur-Norte que se están a dar en toda a Unión Europea, non a fai partícipe na mesma intensidade ou características que se poden producir noutras rexións do Estado español ou do resto dos países da Unión Europea. Neste sentido, é a súa situación periférica e a súa realidade socioeconómica un dos elementos que determinen a súa posición relativa respecto a outras rexións nestes actuais movementos migratorios. É dentro desta realidade onde acada sentido e valor o actual estudo A inmigración estranxeira en Galicia. Identificación de comportamentos sociais e decisións territoriais a partir da opinión dos diferentes colectivos de inmigrantes, elaborado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela para a Secretaría Xeral de Emigración. O estudo, ademais do valor en si mesmo como traballo de investigación sociolóxica sobre comportamentos e decisión da poboación inmigrante en Galicia, desde a Secretaría Xeral de Emigración concíbese, como unha ferramenta a ter en conta por todos aqueles axentes, públicos ou privados, que traballen coa poboación inmigrante e lles sirva como un elemento máis para a planificación e desenvolvemento das súas actuacións coa finalidade de afrontar os retos que a chegada de persoas doutros países e culturas pode producir na conformación da nova sociedade galega.
MANUEL LUIS RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Secretario xeral de Emigración.
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
ÍNDICE
1. PRESENTACIÓN......................................................................Páx.
13
2. INTRODUCIÓN ......................................................................... Páx. 19 3. OBXECTIVOS .......................................................................... Páx. 31 4. FICHA TÉCNICA E METODOLÓXICA .....................................Páx. 35 5. RESULTADOS E CONTIDOS DA INVESTIGACIÓN ............... Páx. 45 0. introdución ............................................................................... Páx. 49 1. perfil socioeconómico ............................................................. Páx. 55 2. situación social ........................................................................ Páx. 153 3. redes de integración ................................................................ Páx. 203 6. CONCLUSIÓNS ........................................................................Páx. 273 7. ANEXO: MODELO DE ENQUISA UTILIZADO ........................ Páx. 281
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1. PRESENTACIÓN
13
A inmigración estranxeira en Galicia Presentación
Resulta paradoxal realizar en Galicia un estudo sobre o fenómeno da inmigración cando este é un país cunha longa tradición emigratoria. Mesmo na actualidade sabemos que seguen a existir fluxos de man de obra menos cualificada que sae para outros territorios, nomeadamente para as Illas Canarias. Pero tamén, e isto é menos coñecido, hai unha saída de persoas máis cualificadas que van traballar aos grandes centros económicos de España, de Europa e de Estados Unidos. En calquera caso, estamos ante unha nova realidade que, evidentemente, ten importantes implicacións sociais, económicas e culturais e que debe ser enfrontada como un reto e non como un problema desde as administracións públicas. Como dicíamos, durante a maior parte do século XX Galicia foi un territorio que expulsou man de obra que se dirixiu fundamentalmente aos países latinoamericanos primeiro e europeos despois. Existe unha abundante bibliografía que desde a xeografía, a historia ou a economía, entre outras disciplinas, ten analizado as consecuencias deste fenómeno quer nos lugares de acollida quer nos de saída. Mesmo o retorno, que é un longo proceso aínda inconcluso, é obxecto de continuas reflexións e debates, que se estenden tamén ao protagonismo dos que continúan na emigración e aos seus descendentes. A emigración forma parte íntima da recente Historia de Galicia. Isto hai que relembralo continuamente para entendermos mellor a actitude que deberiamos adoptar ante o novo fenómeno inmigratorio. A nosa xente que tivo que saír alén das nosas fronteiras por motivos económicos,
e
tamén
políticos,
desenvolveu
un
papel
fundamental,
absolutamente
fundamental, na modernización deste país. Moitas das innovacións que nos chegaron no revolucionario século XX foi a través destes homes e mulleres que se asentaran nalgunha das cidades máis vangardistas do momento, como Bos Aires ou A Habana. Nin que dicir ten a impresionante achega cultural que nos enriqueceu desde o outro lado do Atlántico ou desde a propia Europa.
15
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Agora tócalle a Galicia, tócanos aos galegos, ser receptores duns emigrantes que na súa inmensa maioría chegan ao noso país por razóns económicas, fuxindo de situacións que en moitos casos son de extrema pobreza. Non se pode argumentar que é unha emigración en esencia diferente da que realizaron milleiros e milleiros de galegos. Os que chegan fano dende territorios empobrecidos, por causas que non cómpre analizar aquí, dos que os seus habitantes saen na procura dun futuro mellor, asentándose naquelas rexións do mundo que ofrecen posibilidades para ese desenvolvemento ao que aspiran. Que Galicia sexa hoxe un país eminentemente receptor de emigrantes é un bo síntoma da nosa situación económica. Se non houbese crecemento non habería ofertas de emprego que atraesen emigrantes. Lembremos que estes adoitan ocupar os postos máis baixos na escala laboral malia que frecuentemente os seus niveis formativos os capacitan para traballos máis cualificados. Pero, máis aló do que é a vida estritamente laboral, os emigrantes vanse ver somerxidos nunha nova realidade social e cultural probablemente moi diferente da dos seus países de orixe. Este feito é o que pode ocasionar máis problemas relacionados coa integración e adaptación. Por suposto, non toda a emigración é igual. No caso galego encontrámonos, aínda de xeito incipiente, europeos xubilados que procuran unha boa calidade de vida no seu retiro en lugares tranquilos da costa ou do interior. Tamén descendentes de emigrantes sen nacionalidade española ou galegos que volven ás súas orixes, normalmente de países como Arxentina, Venezuela ou Uruguai; malia que frecuentemente as súas motivacións son económicas, acostuman ter o apoio das redes familiares que facilitan a súa integración na sociedade de acollida. Porén, hai outros colectivos que proceden de países con escasa conexión histórica con Galicia nos que o descoñecemento mutuo pode xerar problemas de adaptación recíproca. Estes colectivos son agora os máis numerosos e, ao mesmo tempo, os máis descoñecidos. Este traballo pretende achegar unha axuda para un mellor coñecemento daqueles colectivos de inmigrantes dos que, aínda sendo relativamente numerosos, apenas se teñen informacións básicas que permitan aplicar políticas públicas que favorezan a integración e a adaptación a súa nova realidade. Foron seleccionados cinco grupos moi representativos do que é o actual fenómeno inmigratorio en Galicia: os andinos, con países como Colombia, Perú ou Ecuador, que conforman un dos conxuntos que máis man de obra emiten; a eles engadíronselles outros dous países ben significativos, Brasil e a República Dominicana.
16
A inmigración estranxeira en Galicia Presentación
O segundo grupo é o dos magrebís, despois os subsaharianos e os outros dous son os asiáticos, designadamente chineses e indonesios, e os europeos do leste con destaque de romaneses. A investigación foi organizada en torno á unha mostraxe representativa á que se lle aplicou un longo cuestionario que tiña por obxectivo obter un amplo coñecemento das características destes colectivos no relativo non só ao seu ámbito profesional senón tamén ao social e cultural. Déuselle moita importancia aos aspectos da integración na sociedade galega porque consideramos que é un dos aspectos máis esquecidos e para nós é un dos máis transcendentais. Acostúmase pensar que toda vez que os inmigrantes veñen traballar, abonda cun emprego para teren cumprido as súas expectativas, pasando as cuestións sociais a un plano secundario. Porén a adaptación social e cultural é fundamental para conseguir unha integración harmoniosa na sociedade de acollida evitando procesos de marxinación e exclusión. A inmigración é unha grande oportunidade tamén para os galegos non só desde o punto de vista económico senón tamén cultural. Por un lado temos a posibilidade de aprender doutras culturas diferentes das nosas en aspectos tan variados como as tradicións, a gastronomía, a relixión... Por outro lado nós tamén podemos, e debemos, mostrar as nosas singularidades, lingua, costumes... que van contribuír a un entendemento e enriquecemento mutuo entre os que chegan e os que acollemos. Esperamos que esta investigación sirva para coñecer mellor a estes novos membros da sociedade galega e para aplicar políticas que teñan efectos positivos para todos os que convivimos en Galicia. O coñecemento é un arma de construción masiva que debe contribuír a un entendemento entre os pobos. A inmigración é unha realidade ante a que non podemos tapar os ollos e que debemos enfrontar de maneira directa e positiva para que contribúa no desenvolvemento de Galicia e dos galegos, das novas poboacións que veñen a vivir entre nós e dos seus empobrecidos países de orixe. É unha tarefa de todos, das administracións públicas e da cidadanía que no día a día vai construíndo o presente e o futuro.
17
A inmigración estranxeira en Galicia Presentación
2. INTRODUCIÓN
19
A inmigración estranxeira en Galicia Introdución
A POBOACIÓN ESTRANXEIRA EMPADROADA EN GALICIA O fenómeno das migracións internacionais conta cunha longa experiencia de investigación en Galicia, sobre todo en clave de perda demográfica. O impacto das diferentes etapas da emigración ao exterior (América, Europa e España) capitaliza unha abundante bibliografía xeográfica, económica, sociolóxica, entre outras. Procesos a escala mundial (globalización e internacionalización da economía) e rexional (nova situación sociopolítica e avances económicos en España en xeral e en Galicia en particular), converteron a nosa Comunidade Autónoma nun centro receptor dunha inmigración estranxeira de tipo económico. Sen embargo, o recente do fenómeno e a menor importancia do mesmo en Galicia dentro do contexto estatal, non xeraron a suficiente produción científica. Soamente campos moi concretos foron tratados polos especialistas en poboación e movementos migratorios. Con este traballo espérase contribuír a coñecer mellor os novos membros da sociedade galega, cada vez máis diversa e multicultural. A modo introdutorio, e antes de acometer o tema de estudo do traballo de investigación propiamente dito, neste apartado imos caracterizar e identificar a tipoloxía inmigratoria estranxeira residente en Galicia. Isto servirá de marco de referencia para comprender, primeiro, a magnitude do fenómeno e, segundo, a diferente importancia do mesmo no territorio. A principal fonte estatística utilizada para elaborar esta breve introdución é o Padrón de Habitantes (Instituto Nacional de Estadística, I.N.E.). Os datos de Comunidades Autónomas e provincias son proporcionados pola última revisión do mencionado Padrón, a 1 de xaneiro do 2007, aínda con carácter provisional. Cando facemos referencia ao nivel municipal, os datos dispoñibles máis recentes son do 2006 (1 de xaneiro), estes xa definitivos. Segundo a última revisión do Padrón de Habitantes do 2007, en Galicia residen 81.023 estranxeiros, uns 62.000 máis que dez anos antes. O crecemento relativo nestes dezaseis anos ascende ata un 351,48%. Sen embargo, esta evolución altamente positiva significa pouco no contexto estatal. En primeiro lugar, a porcentaxe de estranxeiros sobre a poboación total é de 2,92% en Galicia, mentres a taxa de estranxeiría en España chega ao 9,93%. En segundo termo, a poboación galega supón un 6,14% da española no 2007, e os estranxeiros empadroados en Galicia supoñen un 1,80% de todos os residentes non españois do Estado. Así e todo, non debemos deixarnos enganar por determinados comentarios que desacreditan o papel do estranxeiro na actual sociedade galega, porque estes datos non infravaloran o proceso de construción e intensificación de fluxos inmigratorios en Galicia.
21
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
En termos cuantitativos, os estranxeiros residentes en Galicia son os que cabería esperar, por dous motivos. En primeiro lugar, en función do seu nivel de desenvolvemento económico en España e na Unión Europea. En segundo termo, pola situación periférica respecto aos principais eixes de desenvolvemento económico e, consecuentemente, en relación aos fluxos migratorios internacionais. Así, Galicia é a undécima Comunidade Autónoma por número de estranxeiros e ocupa os últimos lugares en canto a súa representación relativa, cunha taxa similar a acadada por territorios situados fóra das principais áreas urbanas do Estado e dos máis dinámicos eixes de desenvolvemento do Mediterráneo ou do Ebro. En España, o novo signo migratorio coincidiu co inicio da etapa económica postindustrial, pero a intensificación dos procesos de inmigración de poboación estranxeira é un fenómeno da década dos 90, da era da globalización. A inmigración é o fenómeno demográfico que mellor nos lembra que estamos nun sistema global baseado nas grandes desigualdades no acceso a unhas condicións de vida dignas. E a importancia da inmigración estranxeira é un dos elementos que demostran que Galicia está plenamente inserido nas dinámicas da globalización. Na década dos 80, Galicia coñece unha pequena entrada de inmigrantes non españois, pero cuantitativamente pouco importante e, ademais, concentrada nuns puntos moi concretos do territorio e reducido a un número limitado de nacionalidades coas que, precisamente, Galicia tiña xa algún tipo de relación especial. Aínda así, dominaban os fluxos migratorios compostos por emigrantes retornados, é dicir por persoas de nacionalidade española, ben nacida en Galicia ou ben descendente de galegos residentes no exterior.
22
A inmigración estranxeira en Galicia Introdución
Figura 1. Representación absoluta e relativa da poboación de nacionalidade estranxeira nas comunidades autónomas no 2007 Total de poboación estranxeira 1200000 1000000
Cataluña Madrid
800000
C. Valenciana 600000 Andalucia 400000 I. Canarias
I. Baleares
200000
C. e León Estremadura Galicia Asturias Cantabria País Vasco Navarra A Rioxa 0
Murcia C.-A Mancha Aragón
Porcentaxe de poboación estranxeira sobre a total 20,00% I. Baleares
18,00% 16,00%
Murcia
14,00%
Cataluña
12,00% 10,00%
España
8,00% 6,00% 4,00% 2,00%
C. Valenciana
Madrid I. Canarias A Rioxa
Navarra C.-A Mancha Aragón Melilla Andalucía
Cantabria C. e León Ceuta País Vasco Galicia Asturias Estremadura
0,00%
Fonte: elaboración propia a partir de INE Avance del Padrón de Habitantes 2007
En Galicia, o actual modelo migratorio é tamén un fenómeno da globalización pero, a diferenza de España, o comezo datámolo a finais do século e, realmente, adquire notoriedade a partir do 2000. É dicir, o carácter semiperiférico en termos económicos de Galicia non só inflúe na entrada de menos continxentes estranxeiros senón tamén nun inicio tardío da denominada inmigración masiva.
23
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Un crecemento no número de estranxeiros empadroados que, desde un punto relativo, é moi superior á evolución da poboación de dereito. A poboación de nacionalidade española apenas creceu un 3,29% (90.411 habitantes) no último decenio (1996-2007), mentres que os estranxeiros experimentaron un aumento do 337,77% (61.330 habitantes). A teor destes datos, o 67,84% do crecemento da poboación galega entre 1996 e 2007 débese aos estranxeiros empadroados. Así, a evolución dos efectivos humanos en Galicia comeza unha etapa de lixeira recuperación no momento que os estranxeiros comezan a ter capacidade para influír nos mecanismos demográficos. É dicir, a tendencia ao estancamento poboacional experimentou un punto de inflexión e recuperou o seu ritmo de crecemento de maneira paralela á cronoloxía da expansión da poboación estranxeira. Polo tanto, se continuamos coa evolución dos últimos anos, os movementos migratorios procedentes do exterior adquirirán unha importancia en aumento no crecemento da poboación galega. Figura 2. Evolución da poboación de Galicia e do número de estranxeiros residentes (1991-2007)
2.860.000
90.000
2.840.000
80.000
2.820.000
70.000
Total
2.800.000
60.000
2.780.000
50.000
2.760.000
40.000
2.740.000
30.000
2.720.000 2.700.000
20.000
2.680.000
10.000
2.660.000
0 1991
1996
1998
1999
2000
2001 2002
Total
2003
2004
2005
2006
2007
Estranxeiros
Fonte: González Pérez, J.M. (2007) Inmigración estranxeira e territorio en Galicia
24
Estranxeiros
GALICIA
A inmigración estranxeira en Galicia Introdución
Á marxe da mundialización, cabe interpretar a evolución das migracións internacionais en Galicia á luz doutros elementos. En primeiro lugar, da súa localización xeográfica: na periferia europea e peninsular, en fronteira con Portugal e, aproveitándose de determinadas dinámicas españolas, pola posición xeopolítica de España como a principal porta do Sur da Unión Europea. En segundo lugar, das súas relacións privilexiadas con América Latina, desde culturais ata afectivas, que fixeron que Galicia
se convertera nunha área de acollida nos
momentos de crises económica e políticas ocorridos nalgúns países a finais da década dos 90 e comezos do 2000 (o "corralito" en Arxentina, a crise económica en Ecuador, os problemas de seguridade cidadá en Venezuela ou Colombia, etc.). Todos estes factores, engadido ao xa comentado da globalización son, polo tanto, os principais responsables dos actuais fluxos migratorios con destino ao noso país. A identificación deste fluxos permítenos clasificar o modelo migratorio predominante en Galicia. Un modelo que gravita sobre o Atlántico e que, en calquera dos casos, está centrado nas motivacións de orixe laboral. Os portugueses son a nacionalidade mellor representada desde a apertura democrática de España, pero a hexemonía do fluxo latinoamericano, especialmente do sur, destaca desde principios da década dos 90 ata a actualidade. Así e todo, identificamos dous fluxos inmigratorios predominantes:
x
Fluxo do Norte: procedencia case exclusiva desde Portugal, tanto de forma permanente como eventual e transfronteiriza. A motivación laboral predominante vese reforzada por factores culturais, lingüísticos, comerciais e, por suposto, de veciñanza.
x
Fluxo do Sur: procedencia de todo o mundo menos desenvolvido, pero especialmente de países latinoamericanos que foron antigos destinos da emigración galega. Países cos que Galicia mantén historicamente maiores relacións, desde económicas a afectivas.
25
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
A partir da análise destes fluxos estamos en disposición de estudar os datos de procedencias e destino da inmigración. Se consideramos aos 1.000 residentes como o límite a partir do cal clasificamos a importancia dos distintos fluxos, soamente vinte nacionalidades superan este millar de persoas. Seis nacionalidades son europeas, once latinoamericanas, dúas africanas e unha asiática. Polo tanto, Europa Occidental e Latinoamérica son os principais alimentadores da inmigración galega. Fóra destes continentes, só marroquís e, en menor medida, senegaleses e chineses teñen unha presenza destacable en Galicia. Na
globalización,
os
factores
de
atracción
e
expulsión
están
intensamente
interrelacionados. Como mostra, algunhas nacionalidades con importante número de nacionais en Galicia forman parte de fluxos de inmigración que se inscriben no modelo inmigratorio español (romaneses, ingleses, alemáns, marroquís, colombianos...); mentres outras se senten atraídas por factores máis locais, formando parte do que poderiamos definir como modelo inmigratorio propiamente galego (Portugal, Brasil, Uruguai, Venezuela...). Se a intensificación é un primeiro trazo distintivo do movemento inmigratorio con destino a Galicia, a diversificación crecente da orixe dos fluxos é unha segunda característica das sociedades maduras que son destino de estranxeiros. No 2007 hai máis de cen nacionalidades diferentes, a parte da española, residindo en Galicia. Destas, un total de dezanove teñen máis de 1.000 empadroados nalgún concello galego. No 1996, a presentación dos datos do Padrón de Habitantes era moito menos detallada por mor do menor número de inmigrantes e, sobre todo, pola súa maior concentración espacial en orixe. Nese ano, tres nacionalidades superaban os 1.000 residentes: Portugal, Arxentina e Venezuela. Na actualidade, entre estas nacionalidades con máis dun millar de empadroados atopamos poboación de diversas rexións do mundo: de Europa Occidental e Oriental, de América do Sur e do Centro, da África Subsahariana e do Magreb e incluso de Asia. As dez nacionalidades mellor representadas acumulan máis das tres cuartas partes dos estranxeiros residentes en Lugo e Ourense, e bastantes máis da metade na Coruña e Pontevedra. Unha simple análise deste dato conclúe que naquelas provincias con maior taxa de estranxeiría, os inmigrantes atópanse máis espallados polo territorio, menos concentrados nas principais cidades do respectivo sistema urbano.
26
A inmigración estranxeira en Galicia Introdución
Táboa 1. As dez nacionalidades estranxeiras mellor representadas nas provincias galegas no 2007 A CORUÑA Nacionalidade Colombia Brasil Portugal Arxentina Uruguai Venezuela Italia Marrocos Perú Romanía TOTAL
Estranxeiros 3.042 2.931 2.286 2.198 1.686 1.404 1.294 1.130 947 941 27.906
LUGO % poboación estranxeira
Nacionalidade
10,90 10,50 8,19 7,87 6,04 5,03 4,63 4,04 3,39 3,37 100,00
Portugal Colombia Brasil Marrocos R. Dominicana Romanía Arxentina Perú Venezuela Cuba TOTAL
OURENSE Nacionalidade Portugal Brasil Colombia Venezuela Romanía Marrocos Arxentina R. Dominicana Italia Ecuador TOTAL
Estranxeiros 5.403 1.145 958 709 455 433 410 332 281 249 12.405
Estranxeiros 1.627 1.115 938 734 649 469 377 355 312 248 8.983
% poboación estranxeira 18,11 12,41 10,44 8,17 7,22 5,22 4,19 3,95 3,47 2,76 100,00
PONTEVEDRA % poboación estranxeira 43,55 9,23 7,72 5,71 3,66 3,49 3,30 2,67 2,26 2,00 100,00
Nacionalidade Portugal Brasil Colombia Arxentina Uruguai Marrocos Venezuela Italia Romanía Perú TOTAL
Estranxeiros 6.154 3.168 2.899 2.484 1.980 1.709 1.334 1.118 1.069 790 31.729
% poboación estranxeira 19,39 9,98 9,13 7,82 6,24 5,38 4,20 3,52 3,36 2,48 100,00
Fonte: elaboración propia a partir de INE Avance del Padrón de Habitantes 2007
Con diferenza, os portugueses son o colectivo máis numeroso en Galicia e en tres das catro provincias, e practicamente duplica á segunda, Brasil. Precisamente, os portugueses son os máis numerosos en Pontevedra, Lugo e Ourense. Colombianos e brasileiros son maioría na Coruña. A emerxencia do colectivo colombiano na Coruña é un bo exemplo da variabilidade temporal dos fluxos e da diversificación das orixes. As principais procedencias complétanse con outros latinoamericanos, onde destaca a forte puxanza dos andinos; algúns da Europa do Leste (fundamentalmente romaneses que entran en Galicia formando parte do fluxo xeral que se dirixe a España) e os marroquís (que son a colonia africana que máis tempo leva asentada en Galicia). Por diferentes factores, a pegada da poboación estranxeira no territorio galego é moi desigual. Podemos resumir en dúas as características territoriais máis significativas en Galicia.
27
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Táboa 2. Os dez concellos con maior número de estranxeiros residentes nas provincias galegas no 2006 A CORUÑA Concello A Coruña Santiago de C. Ferrol Oleiros Arteixo Ames Culleredo Ribeira Carballo Cambre TOTAL
Estranxeiros 8.100 3.311 1.490 1.293 1.040 976 938 680 602 597 25.468
LUGO % poboación estranxeira 31,80 13,00 5,85 5,07 4,08 3,83 3,68 2,67 2,36 2,34 100,00
Concello Lugo Burela Monforte de L. Viveiro Sarria Foz Ribadeo Chantada Vilalba O Saviñao TOTAL
OURENSE Concello Ourense Verín O Barco de V. Xinzo de L. O Carballiño Barbadás Carballeda V. Lobios Celanova Oímbra TOTAL
Estranxeiros 4.091 1.379 1.121 508 499 315 312 214 203 201 12.116
Estranxeiros 3.307 573 541 383 337 320 252 203 166 135 7.992
% poboación estranxeira 41,37 7,16 6,76 4,79 4,21 4,00 3,15 2,54 2,07 1,68 100,00
PONTEVEDRA % poboación estranxeira
Concello
33,76 11,38 9,25 4,19 4,11 2,59 2,57 1,76 1,67 1,65 100,00
Vigo Pontevedra Vilagarcía A. Marín Ponteareas Tui Lalín O Porriño Redondela Cangas TOTAL
Estranxeiros 11.245 2.834 1.376 1.068 1.030 781 606 585 563 513 28.180
% poboación estranxeira 39,90 10,05 4,88 3,78 3,65 2,77 2,15 2,07 1,99 1,82 100,00
Fonte: Elaboración propia a partir de INE Padrón de Habitantes 2007
En primeiro lugar, a inmigración estranxeira pasa de ter un carácter puntual a dispoñer dunha ampla difusión territorial. No 1996, 33 concellos de Galicia non tiñan ningún estranxeiro empadroado, 57 entre un e cinco e soamente 35 máis de cen (entre estes, tres superaban os 1.000 habitantes de nacionalidade non española). Unha década máis tarde, a situación mudou de maneira considerable: todos os concellos de Galicia teñen algún estranxeiro empadroado. Destes, redúcense a 15 os que suman entre un e cinco residentes e aumenta ata os 91 os que superan os cen. Ademais, deste case centenar, catorce están por enriba do millar. En segundo lugar, estamos ante un fenómeno que, entendido como inmigración masiva, é case exclusivamente urbano. As sete cidades principais do sistema urbano galego concentran ao 47,49% dos estranxeiros, destacando Vigo con máis de 11.000 no 2006. Seguen en importancia concellos localizados no espazo periurbano das cidades (especialmente cando estas forman áreas metropolitanas, como por exemplo Oleiros, Ames, Marín, Cangas, O Porriño, etc.), e vilas ou cabeceiras comarcais cun especial dinamismo industrial 28
A inmigración estranxeira en Galicia Introdución
(por exemplo Ribeira, O Barco, etc.) e terciario (Carballo, Monforte, Viveiro, Xinzo de Limia, O Carballiño, Ponteareas, Tui, etc.). É dicir, a difusión territorial anteriormente comentada está incorporando o proceso a cidades medias e pequenas que son capitais de extensas áreas rurais en recesión demográfica e crise económica. A principal consecuencia desta concentración en espazos urbanos, que son os principais focos dinamizadores e de oferta de emprego na Comunidade Autónoma, é unha distribución da poboación inmigrante que bascula cara á Galicia Occidental, ao litoral. As excepcións veñen dadas polas comentadas cabeceiras comarcais do interior e por algúns concellos do sur de Ourense e Pontevedra, que son fronteirizos con Portugal, onde a poboación de orixe lusa obtén unha presenza destacable. En definitiva, Galicia mudou de forma radical o seu comportamento migratorio internacional nun curto período de tempo. É verdade que no contexto estatal Galicia ocupa posicións secundarias na localización dos estranxeiros pero, non nos esquezamos, que Galicia liderou durante moitas décadas o número de saídas ao exterior. Este cambio de dinámica migratoria é excepcional e é un síntoma da nova situación, tamén de Galicia, no contexto global. Neste sentido, a inmigración e os inmigrantes están chamados a ser protagonistas excepcionais nos cambios da sociedade galega da primeira metade do século XXI. Por todo isto, a política inmigratoria ten que basearse nun coñecemento exhaustivo das procedencias (esta non é unha variable neutra, por exemplo cada colonia ten o seu propio perfil sociodemográfico) e do territorio e as sociedades onde se instalan estes inmigrantes, mais tendo en conta a difusión territorial do fenómeno.
29
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Introduci贸n
3. OBXECTIVOS
31
A inmigración estranxeira en Galicia Obxectivos
O obxectivo principal é o de diagnosticar o fenómeno da inmigración estranxeira en Galicia na actualidade a partir da aplicación dunha metodoloxía cuantitativa de enquisa, procurando discernir as realidades (sociais, económicas, territoriais…) que diferencian a cada colectivo de inmigrantes (nacionalidades). En todos os casos, interésanos a predición de procesos e tendencias que faciliten a posta en marcha de políticas públicas por parte da Xunta de Galicia dirixidas á correcta integración dos diferentes colectivos na sociedade galega. A partir deste obxectivo xenérico, o equipo de investigación formula outros específicos, algúns derivados da interpretación directa das respostas dos inmigrados e noutros casos como resultado de interrelacionar respostas de diferentes apartados. Entre os obxectivos específicos destacamos os dez máis importantes: 1.
Analizar a percepción e valoración que fan algunhas das nacionalidades de inmigrantes máis representadas en Galicia do seu nivel de integración e da sociedade galega en xeral.
2.
Coñecer os principais cambios que afectan á vida dos inmigrantes dende a súa implantación en Galicia e con respecto aos seus lugares de orixe (lugar de residencia, traballo, vivenda, etc.).
3.
Identificar os principais factores que levaron aos diferentes colectivos de inmigrantes a elixir Galicia como lugar de residencia.
4.
Coñecer se houbo outros destinos emigratorios antes da súa implantación actual en Galicia e avaliar as expectativas de residencia definitiva (ou non) na nosa Comunidade Autónoma, diferenciando en todo momento segundo nacionalidades.
5.
Entender as principais causas que explican a concentración territorial de determinadas nacionalidades en concellos ou barrios urbanos concretos. Identificar os factores que explican a especial concentración laboral de determinadas nacionalidades en sectores económicos específicos.
6. 7.
Coñecer as distintas redes sociais e de integración das diferentes colectividades de inmigrantes estranxeiros.
8.
Interpretar a percepción que os inmigrantes teñen de Galicia e as súas posibilidades de plena integración.
9.
Valorar as condicións de vida dos inmigrantes estranxeiros en Galicia.
10.
Coñecer a magnitude do envío de remesas ao seu país de orixe por colectivos de inmigrantes.
33
A inmigración estranxeira en Galicia Obxectivos
4. FICHA TÉCNICA E METODOLÓXICA
35
A inmigración estranxeira en Galicia Ficha técnica e metodolóxica
A mostra por idade, sexo, estrutura socioprofesional e nivel educativo dos distintos colectivos enquisados está influenciada polo lugar de realización da enquisa. Isto supón que, nalgunhas ocasións, esta caracterización non se corresponda fielmente coa realidade dos estranxeiros en Galicia. Sen embargo, por un lado, esta caracterización sociodemográfica da poboación estranxeira non é o obxectivo do estudo e, por outro, esta falta de correspondencia non hai que valorala como un factor negativo, dada a dificultade de realizar enquisas de carácter aleatorio en visitas directas a fogares ou por chamadas telefónicas, tal e como se pode emprender con outros grupos de estudo. Ademais na enquisa están incluídos aqueles que non teñen regularizada a súa residencia en España polo que os resultados da mostra achéganse máis á realidade que unha interpretación de fontes estatísticas oficiais. Por exemplo, con esta metodoloxía estamos avaliando as sensibilidades, preocupacións e os comportamentos daqueles grupos de poboación situados fóra do marco legal pola situación de residencia irregular. 4.1. Fases da investigación e ficha técnica da enquisa Para dar cumprimento aos obxectivos perseguidos, formulamos un traballo baseado en técnicas cuantitativas de investigación social que se estruturan en tres fases metodolóxicas que se expoñen a continuación. - Fase 1. Elaboración da enquisa O equipo de investigación deseña un modelo de enquisa formada por corenta preguntas. Proxéctase que cada entrevistador dedique un tempo medio de vinte e cinco minutos por enquisa. Dado que o tempo dedicado a cada unha é importante, o entrevistador ten posibilidades de aplicar técnicas cualitativas de investigación baseadas na entrevista persoal. - Fase 2. Estudo cuantitativo Os instrumentos e mecanismos de recollida de información utilizados materialízanse nunha enquisa persoal realizada naquelas asociacións e institucións radicadas en Galicia con presenza de inmigrados estranxeiros e, nun menor número de casos, nos domicilios dos propios entrevistados e no lugar que estes acordaran ao efecto. Esta enquisa foi administrada a unha mostra de poboación estranxeira residente en Galicia, esencialmente maior de 16 anos e ordenada a partir de cinco tipos colectivos ou procedencias. A enquisa é a mesma para todos os grupos de procedencias ou nacionalidades coa intención de favorecer análises comparativas de dinámicas socioespaciais e procesos territoriais. Para a realización da enquisa contouse con catro entrevistadores por un período de catro meses coas funcións de realizar a enquisa-entrevista e efectuar o baleirado dos datos a soporte informático. Estas catro persoas tiñan todas título universitario de grao superior e, coa intención de que se achegasen con máis facilidade aos estranxeiros, os catro tiñan relación directa coa migración, ben porque son inmigrantes nacidos fóra de Galicia ou ben pola súa condición de emigrantes galegos retornados. Eventualmente, contouse coa colaboración doutras dúas persoas para facer enquisas puntualmente (polo coñecemento da área en cuestión por parte desas persoas) en 37
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
distintos puntos de Galicia, nomeadamente na área da Mariña lucense e no Barco de Valdeorras. As enquisas realizáronse durante o período que abarca do 15 de setembro ao 15 de novembro do 2006 cun deseño mostral proxectado de 1.500 entrevistas, o que representa o 2,08% de todos os inmigrantes estranxeiros residentes en Galicia. A elección deste número fíxose para conseguir unha alta fiabilidade, pois cumpría contar con 300 enquisas de cada un dos cinco colectivos cos que se ía traballar. Con este número de enquisas e para unha marxe de confianza do 95 %, a marxe de erro estimada situaríase en torno ao 2,5 %. A ficha técnica da enquisa realizada correspóndese coa seguinte descrición: Ficha Técnica Ámbito: Galicia Universo: Poboación de ambos sexos, en esencia maiores de 16 anos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e de nacionalidade estranxeira Tipo de enquisa: Persoal, nun lugar axeitado e preparado ao efecto Tamaño da mostra: 1.500 enquisas, distribuídas proporcionalmente por provincias en función do total de estranxeiros residentes en cada unha delas. Selección das entrevistas: Aleatoria Error mostral: Nivel de confianza do 95%. Error mostral para o conxunto da mostra do (+/-) 2,05 %. Traballo de campo: Do 15 de setembro ao 15 de novembro do 2006 por todas as localidades galegas con maior presenza de poboación inmigrante estranxeira Realiza: Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), Universidade de Santiago de Compostela.
- Fase 3. Explotación e análise da información O equipo de investigación formado por tres profesores especialistas no estudo das migracións interpretan as respostas e analizan, cuantitativa e cualitativamente, os resultados das enquisas de forma transversal e multiescalar. Os aspectos sociais e territoriais ocupan o lugar central do estudo. 4.2. Artellamento e estrutura da enquisa A correcta elaboración da enquisa é unha parte fundamental para acertar nos resultados proxectados. Para isto, non só é necesario que esta incorpore un número importante de preguntas que dean resposta aos obxectivos propostos, senón tamén que sexan fáciles de entender para o entrevistado, áxiles de manexar por parte dos entrevistadores e que poidan interrelacionarse. De maneira breve, a continuación imos expoñer a estrutura e as características principais da enquisa; a elección e organización dos colectivos sobre os que centramos o traballo e, por último, a distribución territorial das mesmas. Como diciamos anteriormente, a enquisa está composta de 40 preguntas. Cada unha destas é de resposta sinxela e rápida, para o cal, cando así é posible, abrimos unha serie de 38
A inmigración estranxeira en Galicia Ficha técnica e metodolóxica
opcións. Para unha mellor organización do estudo e coa intención de facilitar a comprensión das respostas e acadar a confianza do entrevistado, organizamos as preguntas en catro grandes bloques temáticos: relativas á orixe, ao desprazamento, ao destino, ás redes de integración e aos datos persoais. Distribución das preguntas por bloques temáticos Bloque Orixe: 5 preguntas Bloque Desprazamento: 5 preguntas Bloque Destino: 5 preguntas Bloque Redes de Integración: 9 preguntas Bloque Datos Persoais: 16 preguntas
O colectivo de inmigrantes estranxeiros residentes en Galicia é importante e moi diverso en canto á súa orixe e nacionalidades. Nos obxectivos do traballo, en ningún momento intentamos acaparar ou integrar á totalidade dos estranxeiros. Pola contra, queríamos centrarnos naqueles colectivos que, estando ben representados en Galicia, tivesen, por un lado, máis dificultades de integración na sociedade autóctona (ben pola súa cultura, lingua, nivel de desenvolvemento, etc.) e, por outra, dos que posuíamos un menor coñecemento dos seus comportamentos e dinámicas socioterritoriais. Composición nacional por grandes colectivos ou rexións mundiais Europa do Centro e Leste: Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Eslovaquia, Armenia, Bosnia, Bulgaria, Moldavia, Romanía, Rusia, Ucraína, Serbia, Montenegro, Xeorxia, Albania, Bielorrusia, Croacia. África Subsahariana e Val do Nilo: Angola, Cabo Verde, Camerún, Congo, Costa de Marfil, Gana, Gambia, Guinea, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Exipto, Liberia, Malí, Mauritania, Nixeria, Senegal, Sudáfrica. Andinos (excepto Chile): Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela. China e outros países do sueste asiático: China, Bangladesh, Filipinas, Corea, India, Paquistán. Magreb: Alxeria, Marrocos, Tunicia, Mauritania, Libia.
Por estes factores, eludimos incluír no traballo, entre moitas outras, a nacionalidades como a portuguesa, a arxentina ou a uruguaia. No primeiro caso por seren un país da Unión Europea, cun nivel de desenvolvemento similar ao de Galicia, cunha cultura afín á galega e con tradición nos movementos migratorios transfronteirizos. Nos outros dous casos, temos un maior coñecemento das súas problemáticas e existen intensas e arraigadas relacións culturais e incluso de parentesco entre os inmigrados e os autóctonos. Co obxectivo de facilitar as análises comparativas dos resultados por nacionalidades, optamos por agrupar os colectivos nacionais por rexións. 39
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Poboación estranxeira residente en Galicia segundo as rexións de procedencia (2006)
A Coruña
EUROPA DO
ÁFRICA
CENTRO E
SUBSAHARIAN
ANDINOS
LESTE
A
CHINA E
MAGRE
OUTROS
B
1.742
718
5.666
617
1.153
490 608
301 130
1.906 2.296
125 106
631 480
Pontevedra
1.653
1.232
5.501
477
1.823
GALICIA
4.493
2.248
15.369
1.325
4.087
Lugo Ourense
Co obxectivo de acadar un alto nivel de fiabilidade optamos por facer un número importante de enquisas, 300 por cada un dos grupos como xa apuntamos, e isto a pesar de que a colonia de estranxeiros en Galicia non é moi numerosa. Sen dúbida, este aspecto dificulta a realización de tantas enquisas nun corto período de tempo. Isto se demostrou especialmente complicado nalgunhas nacionalidades como a China, a principal das asiáticas. Este colectivo ten particularidades socioculturais que non facilitan a entrevista (dende problemas de comprensión idiomática ata a ausencia de asociacionismo), ademais só hai 1.325 residentes en Galicia dos cales unha parte importante son menores de 18 anos. Estas son algunhas das causas polas que, neste caso, non chegamos o número programado de enquisas. Aínda así, o número acadado de entrevistas é o suficientemente fiable para entresacar conclusións e análises científicos fiables. Cómpre apuntar que se conseguiron realizar 1.018 entrevistas, que supoñen para un nivel de confianza do 95 % un erro estimado do 3,07 %, francamente baixo e que permite facer afirmacións bastante rotundas no momento de desenvolver a análise dos resultados. Ademais, a marxe de erro non se incrementa significativamente entre o obxectivo inicial de 1.500 entrevistas realizadas (erro de +/- 2,5 %). Proxección na distribución do número de enquisas por grandes colectivos e provincias EUROPA DO CENTRO E LESTE A Coruña
40
ÁFRICA SUBSAHARIANA
ANDINOS
CHINA E OUTROS
MAGREB
116
90
110
139
85
Lugo
33
38
38
29
46
Ourense
40
17
45
24
35
Pontevedra
111
155
107
107
134
GALICIA
300
300
300
300
300
A inmigración estranxeira en Galicia Ficha técnica e metodolóxica
Con esta distribución do número de enquisas en función do peso provincial de cada un dos colectivos que se ían enquisar procedeuse a un reparto de áreas nas que desenvolverían o traballo cada un dos catro enquisadores, que en total correspondíalles realizar 375 cuestionarios. O primeiro deles fixo o seu traballo na totalidade das provincias de Lugo e Ourense (co encargo de realizar o número total de enquisas que aparece no cadro anterior) e tamén no leste da provincia da Coruña. Os principais lugares onde se obtiveron as respostas aos cuestionarios foron: Provincia de Lugo: Viveiro, Burela (estes dous primeiros lugares contaron co apoio doutra persoa tamén inmigrante asentada na zona e con bo coñecemento dos ambientes nos que se moven os estranxeiros na área), Lugo e Monforte de Lemos Provincia de Ourense: Ourense, O Carballiño, Xinzo de Limia e Valdeorras (no caso desta comarca tamén se contou coa axuda dun contacto autóctono que facilitou a realización das enquisas). Provincia da Coruña: Arzúa e Melide
41
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
E o reparto de entrevistas por ámbito provincial foi o seguinte: ENTREVISTAS NA CORUÑA (30)
ENTREVISTAS EN LUGO (184)
Europa do Leste:
6 Europa do Leste
33
África Subsahariana:
5 África Subsahariana
38
Andinos
6 Andinos
38
Asiáticos
8 Asiáticos
29
Magreb
5 Magreb
46
ENTREVISTAS EN OURENSE (161) Europa do Leste
40
África Subsahariana
17
Andinos
45
Asiáticos
24
Magreb
35
O segundo entrevistador tivo o encargo de realizar as enquisas na área norte da provincia da Coruña, correspondéndolle realizar un 69,5 % do total (375) das enquisas proxectadas para realizar no conxunto da provincia (537), co seguinte reparto por nacionalidades. As entrevistas realizáronse na cidade herculina e nos municipios da súa área urbana, en especial en Arteixo, Oleiros e Cambre; en Ferrol e o seu contorno (nomeadamente Fene e Narón); e nas localidades de Carballo, As Pontes de García Rodríguez e Ordes. O reparto por nacionalidades foi o seguinte:
ENTREVISTAS NA CORUÑA (375)
42
Europa do Leste
80
África Subsahariana
63
Andinos
76
Asiáticos
97
Magreb
59
A inmigración estranxeira en Galicia Ficha técnica e metodolóxica
O terceiro dos entrevistadores realizou o seu traballo no sur da provincia da Coruña e no norte da de Pontevedra, sendo as localidades onde obtivo as respostas en Santiago e a súa área urbana (en especial nos concellos de Ames, Teo e Oroso), Negreira, Noia, Ribeira, Boiro e Padrón; e no caso das localidades pertencentes á provincia de Pontevedra en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Poio, Marín, Lalín, A Estrada, Vilaboa e Soutomaior. Por colectivos o número de enquisas en cada unha das provincias foron as seguintes:
Europa do Leste
ENTREVISTAS EN PONTEVEDRA (240) 30 Europa do Leste 43
África Subsahariana
22 África Subsahariana
ENTREVISTAS NA CORUÑA (135)
60
Andinos
28 Andinos
42
Asiáticos
34 Asiático
43
Magreb
21 Magreb
52
Finalmente, o cuarto entrevistador dedicouse a facer as enquisas no sur da provincia de Pontevedra, realizándoas nas localidades de Vigo, Redondela, Porriño, Ponteareas, Mos, Nigrán, Baiona, Cangas, Moaña, Bueu, Tui e Salvaterra de Miño. A distribución foi a seguinte:
EUROPA DO LESTE
68
África Subsahariana
95
Andinos
65
Asiáticos
65
Magreb
82
43
A inmigración estranxeira en Galicia Ficha técnica e metodolóxica
5. RESULTADOS E CONTIDOS DA INVESTIGACIÓN
45
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados
A correcta elaboración da enquisa é unha parte fundamental para acertar nos resultados proxectados. Para isto, non só é necesario que esta incorpore un número importante de preguntas que dean resposta aos obxectivos formulados, senón tamén que sexan fáciles de entender para o entrevistado e que axuden a acadar a confianza do entrevistado, áxiles de expoñer por parte dos entrevistadores e que poidan interrelacionarse. A enquisa está composta de 40 preguntas. Cada unha destas é de resposta sinxela e rápida, para o cal, cando así é posible, abrimos unha serie de opcións. Para unha mellor organización do estudo e coa intención de facilitar a comprensión das respostas, organizamos as preguntas en catro grandes bloques temáticos: relativas á orixe, ao desprazamento, ao destino, ás redes de integración e aos datos persoais. A explotación estatística das enquisas é a parte central do estudo. Os datos e a información resultado das entrevistas agrupámolos en tres grandes apartados, máis un previo de ficha técnica. Os resultados das enquisas e o contido da investigación é o que pasamos a expor a continuación:
47
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados: introduci贸n
0. introduci贸n
49
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados: introdución
Cadro 2. Resultado numérico das enquisas realizadas divididas por grupos e países
Continente
Colectivos
Países Bolivia
América Central e do Sur
Colectivo andino
Outras nacionalidades
Colectivo magrebí
África Colectivo da África Subsahariana
Asia
Colectivo asiático
Europa
Colectivo de Europa do Leste
TOTAL DA MOSTRAXE
Colombia Ecuador Perú Venezuela Brasil R. Dominicana Alxeria Marrocos Mauritania Tunicia Sáhara Angola Cabo Verde Camerún Costa de Marfil Gambia Gana Malí Mozambique Níxer Nixeria Senegal Serra Leoa Togo Bangladesh China Filipinas India Indonesia Xapón Taiwán Paquistán Bulgaria Eslovaquia Estonia Lituania Moldavia Romanía Polonia R. Checa Rusia
Nº enquisas
Totais
%
37 115 21 61 58 23 44 12 125 9 2 1 2 1 3
292
28,68%
67
6,58%
149
14,64%
245
24,07%
138
13,56%
127
12,48%
1 13 45 1 1 1 36 138 1 2 6 69 1 2 51 1 5 3 22 1 4 2 3 91 1 2 1
1018
100%
51
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 3. Procedencia dos inmigrantes entrevistados en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 4. Colectivos de inmigrantes enquisados segundo a provincia galega onde residen (%)
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
52
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados: introduci贸n
Figura 5: Enquisas feitas nos concellos galegos
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
53
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
1. perfil socioecon贸mico da mostra enquisada
55
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.1. SEGUNDO OS GRUPOS DE IDADE DA MOSTRA Figura 6. Inmigrantes estranxeiros enquisados en Galicia por grupos de idade (%).
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A pesar do carácter aleatorio da enquisa, primouse á poboación maior de idade. A poboación nova e economicamente activa é a que nos vai dar a coñecer os resultados principais do traballo. Segundo esta, máis do 97% se atopa en idades comprendidas entre 16 e 54 anos. Cómpre destacar a forte concentración que se produce no grupo de idades de 25 a 34 anos, onde se encontra máis do 55% da mostraxe. Esta distribución para grandes grupos de idade correspóndese co modelo inmigratorio dos estranxeiros empadroados en Galicia
57
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 7. Colectivos de inmigrantes enquisados segundo os grupos de idade (%).
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Na figura 7 aparece unha visión de conxunto do comportamento do total da mostra por grupos de idade, o que nos permite apreciar mellor os rangos de idade onde se producen as concentracións máis importantes e, sobre todo, coñecer os colectivos con maior representatividade por rango. Desta maneira corrobórase con nitidez -e como era de esperar polo comportamento en xeral das poboacións inmigrantes- a alta concentración de todos os grupos no grupo de 25 a 34 anos, sendo os subsaharianos e os andinos os de maior peso porcentual, porque tamén son os colectivos dos que máis enquisas se obtiveron. O colectivo andino é o que presenta maiores porcentaxes nos rangos de maior idade, a partir dos 34 anos, con case un 40% dos entrevistados neste rango de idade. O comportamento do colectivo asiático segundo os grupos de idade reproduce os resultados xerais, evidenciándose que o 90% dos entrevistados está por debaixo dos 45 anos. Nos colectivo magrebí e de europeos a similitude do comportamento é notable. Prodúcese unha concentración de máis do 65% de entrevistados agrupados nos de 25 a 34 anos. Esta concentración tan elevada corrobora a presenza dunha poboación inmigrante moi nova en Galicia con máis do 95% por debaixo de 44 anos, no caso dos europeos, e do 94%, no caso dos magrebís. O colectivo subsahariano comparativamente é o máis novo, cun 98,3% da mostra por debaixo de 44 anos. Tamén se aprecia que, xunto co colectivo asiático, este grupo é o que presenta as porcentaxes máis avultadas nos máis novos.
58
A inmigraciรณn estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraciรณn
Figura 8. Colectivo asiรกtico enquisado segundo os grupos de idade (%).
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 9. Colectivo andino enquisado segundo os grupos de idade (%).
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
59
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 10. Colectivo de Europa do Leste enquisado segundo os grupos de idade (%).
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 11. Colectivo magrebí enquisado segundo os grupos de idade (%).
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
60
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 12. Colectivo subsahariano enquisado segundo os grupos de idade (%).
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
61
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.2. SEGUNDO O SEXO DA MOSTRA Na mostra de inmigrantes enquisados en Galicia os homes superan ás mulleres en número. Os resultados revelan que un 61% dos inmigrantes enquisados son varóns e un 39% son mulleres. Figura 13. Mostra de inmigrantes enquisados segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Como poderá observarse nas figuras que presentamos a continuación, o comportamento segundo o sexo nos diversos colectivos é diferente. A causa está, probablemente, na especialización laboral de cada colectivo e, tal e como anotamos no apartado da metodoloxía, no lugar de realización das enquisas. Hai colectivos de inmigrantes onde a presenza masculina é absolutamente dominante, como no subsahariano, onde case o 90% son homes (87% fronte a un 13% de mulleres). Neste aspecto a mostra enquisada contrasta coa presenza de inmigrantes subsaharianos en Galicia segundo o padrón do ano 2006 (75 % son homes fronte a un 25 % de mulleres) Destacan tamén o colectivo asiático (74% e 26%, respectivamente) e o magrebí (72% e 28%, respectivamente), con porcentaxes de poboación masculina por riba do 70%.
62
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Non obstante, no resto dos colectivos a situación cambia e, aínda que as proporcións non son tan dispares, tanto no andino como no de Europa do Leste case o 60% son mulleres (41% de homes fronte a un 59% de mulleres). Figura 14. Colectivo asiático enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia segundo os resultados das enquisas
Figura 15. Colectivo andino enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia segundo os resultados das enquisas
63
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 16. Colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia segundo os resultados das enquisas
Figura 17. Colectivo magrebí enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia segundo os resultados das enquisas
64
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 18. Colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboraci贸n propia segundo os resultados das enquisas
65
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.3. MOSTRA SEGMENTADA POR GRUPOS DE IDADE SEGUNDO O SEXO Combinando as variables de sexo e idade apréciase que a diferenza do 20% máis de homes que de mulleres do total da mostra se manifesta en todos os rangos, aínda que as maiores diferenzas sitúanse nos rangos dos máis novos: en concreto, nos de 25 a 34 anos é onde máis se evidencia este comportamento. As mulleres, pola contra, son porcentualmente máis vellas cós homes, malia que as porcentaxes nestes rangos non son significativas. Figura 19. Mostra segmentada enquisada por grupos de idade segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
66
A inmigraciรณn estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraciรณn
Por colectivos obtemos os seguintes resultados: Figura 20. Colectivo asiรกtico enquisado segundo o sexo e o grupo de idades.
Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 21. Colectivo andino enquisado segundo o sexo e o grupo de idades.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
67
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 22. Colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo e o grupo de idades.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 23. Colectivo magrebí enquisado segundo o sexo e o grupo de idades.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
68
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 24. Colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo e o grupo de idades.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
69
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.4. SEGUNDO O ESTADO CIVIL DA MOSTRA Da mostra enquisada obtense que case o 50% dos inmigrantes residentes en Galicia permanecen solteiros, fronte a un 46% que se declara casado. Figura 25. Estado civil dos inmigrantes enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir de los resultados das enquisas
Non obstante hai colectivos nos que as porcentaxes de casados son moito máis altas ca outros como, por exemplo, os colectivos asiático e magrebí (57% e 54% respectivamente). Por outra banda, destaca o colectivo subsahariano, cunha elevada porcentaxe de solteiros (63%). Os andinos e os inmigrantes de Europa do Leste manteñen proporcións equitativas entre solteiros e casados. Logo, se hai máis homes que mulleres quere dicir que probablemente as súas parellas fican no país de orixe. Isto pode ter que ver co desexo de reunificación familiar ou simplemente de realizar unha migración temporal.
70
A inmigraciรณn estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraciรณn
Figura 26. Estado civil dos inmigrantes enquisados por colectivos.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 27. Colectivo asiรกtico enquisado segundo estado civil.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
71
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 28. Colectivo andino enquisado segundo estado civil.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 29. Colectivo de Europa do Leste enquisado segundo estado civil.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
72
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 30. Colectivo magrebí enquisado segundo estado civil.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 31. Colectivo da África subsahariana enquisado segundo estado civil.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
73
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.5. SEGUNDO O NIVEL DE ESTUDOS DA MOSTRA A tipoloxía inmigratoria dominante en Galicia caracterízase polo seu marcado carácter laboral. Isto, que imos detectalo na mostra para os colectivos estudados, correspóndese cun determinado nivel de estudos. Máis do 70% dos enquisados tiñan estudos primarios e secundarios e, o que resulta máis importante, é realmente elevada a porcentaxe de universitarios. Aínda que existen diferenzas segundo o colectivo, esta variable explica, entre outros aspectos e comportamentos, graos de integración. Figura 32. Nivel de estudos dos inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
74
A inmigraciรณn estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraciรณn
Figura 33. Nivel de estudos do colectivo asiรกtico enquisado.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 34. Nivel de estudos do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
75
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 35.Nivel de estudos do colectivo de Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 36. Nivel de estudos do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
76
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 37. Nivel de estudos do colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Os maiores niveis de formación atópanse nos colectivos andino e de Europa do Leste (73% e 72% respectivamente de enquisados con estudos secundarios ou universitarios). No extremo oposto están os colectivos subsahariano e magrebí. Pode afirmarse, como corroboran diversas investigacións en España e Europa, que polo xeral, non emigran os menos formados dende os países de saída. Son precisamente a formación, certo nivel de estudos, e posiblemente un maior coñecemento do exterior e das súas posibilidades, os factores que os anima a saír fóra do seu lugar de orixe.
77
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.6. SEGUNDO A SITUACIÓN SOCIOPROFESIONAL DA MOSTRA Máis do 60% da mostra, concretamente o 67%, indica que se atopa traballando actualmente en Galicia. Un 21% recoñece estar sen traballo ou traballando sen retribución ningunha, como é o caso do 5% de mulleres dedicadas ás labores do fogar. Pola súa vez, un 7% declárase estudante. Figura 38. Situación socioprofesional dos inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos, aprécianse diferenzas notables na situación socioprofesional. Deste xeito, o colectivo asiático é o que presenta a maior porcentaxe de ocupados, que case chega ao 90% con só un 4% de parados, mentres que no subsahariano só un 47% traballa, presentando este grupo a maior porcentaxe de parados, o 35%. En canto ás amas de casa e aos estudantes, as porcentaxes máis elevadas alcánzaas o colectivo magrebí co 10% e o 12%, respectivamente, sobre os seus totais. Segundo o peso de cada colectivo nas porcentaxes globais atendendo á situación socioprofesional, apréciase proporcionalidade no número de entrevistados e a súa representatividade nos totais de ocupados; é dicir, os andinos, os asiáticos e os subsaharianos son os que máis achegan neste total. No caso dos parados destaca a porcentaxe que supón o colectivo subsahariano.
78
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 39. Situación socioprofesional do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 40. Situación socioprofesional do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
79
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 41. Situación socioprofesional do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 42. Situación socioprofesional do colectivo do Magreb enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
80
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 43. Situación socioprofesional do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 44. Situación socioprofesional por colectivos de inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
81
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.7. SITUACIÓN SOCIOPROFESIONAL SEGUNDO O SEXO Atendendo ao sexo, a ocupación masculina é máis alta cá feminina, cun 69% fronte a un 63%, aínda que tamén a porcentaxe de desocupados é maior nos homes (17% fronte a un 14% das mulleres). En canto aos ocupados sen retribución (labores do fogar), só un 0,67% dos homes declara estar nesa situación, en contraposición a un 12% das estranxeiras. Figura 45. Situación socioprofesional dos inmigrantes enquisados atendendo ao sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Polo que respecta ao xénero, as grandes diferenzas detéctanse nos inmigrantes ocupados en tres dos colectivos escollidos para este estudo: no colectivo asiático, do total de ocupados un 67% son homes e un 19% mulleres. O comportamento do colectivo magrebí é similar: case o 50% dos ocupados son homes, mentres que as mulleres apenas acadan un 10%. No colectivo subsahariano, o predominio masculino non é só entre os que traballan (41%, fronte a un 6% de mulleres), senón tamén nos parados (30%, fronte a un 6% de desempregadas). Os colectivos de andinos e de Europa do Leste son os únicos nos que a poboación ocupada feminina supera á masculina.
82
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 46. Situación socioprofesional do colectivo asiático enquisado atendendo ao sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 47. Situación socioprofesional do colectivo andino enquisado atendendo ao sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
83
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 48. Situación socioprofesional do colectivo de Europa do Leste enquisado atendendo ao sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 49. Situación socioprofesional do colectivo de magrebí enquisado atendendo ao sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
84
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 50. Situaci贸n socioprofesional do colectivo de subsahariano enquisado atendendo ao sexo.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
85
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.8. OCUPACIÓN SEGUNDO A RAMA DE ACTIVIDADE Os emigrantes ocupados en Galicia son maioritariamente traballadores do sector servizos, ocupados en actividades de escaso valor engadido (hostalaría, 18%, servizo doméstico, 16%; venda ambulante, 10%, comercio e reparacións, 10%). Non obstante a segunda suma de actividades en importancia en canto a número de ocupados é a pesca, cun 17% de emprego. Ademais, a construción acolle á nada desprezable cifra do 11% dos traballadores. Porén, tanto a industria (3%) como a agricultura (1%) son as actividades nas que menos penetra a man de obra foránea, algo lóxico se atendemos ás características da economía galega nos dous sectores concretos. Figura 51. Rama de actividade dos inmigrantes en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos, é na hostalaría, pesca e servizo doméstico, onde se concentran a maioría dos inmigrantes ocupados. Os andinos teñen maior presenza na hostalaría e no servizo doméstico, abarcando máis do 50% sobre o total dos inmigrantes que din traballar nestes campos de actividade. Pola contra, nestas actividades apenas hai presenza de magrebís e subsaharianos. Na pesca son os asiáticos e os subsaharianos os que superan porcentualmente aos demais colectivos, mentres a presenza dos inmigrantes da Europa do Leste é nula.
86
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
No resto de actividades contempladas (outros servizos, construción, venda ambulante e comercio) destaca o peso dos subsaharianos na venda ambulante e dos asiáticos no comercio. Así mesmo, continúa a superioridade dos andinos en actividades como outros servizos. No caso do comercio é interesante destacar a aparición do que poderíamos denominar comercio, hostalaría e servizos étnicos e/ou especializados para os propios inmigrantes, tales coma os restaurantes chineses, as tendas de regalos, bixutería e complementos; de roupa ao por maior, os locutorios. A maioría dos locais que acollen este tipo de actividades réxenos familiares ou persoas de estreita confianza que, segundo se puido comprobar, ao realizar o estudo, en moitos casos traballan sen contrato laboral. A existencia de empresas rexentadas por inmigrantes en Galicia amosa a súa importancia na creación de riqueza e, ao mesmo tempo, facilita as relacións coa poboación de acollida. O peso dos inmigrantes en sectores como a industria e a agricultura, como xa apuntamos, é moi pouco significativo (3% e 1%, respectivamente). No comportamento de cada colectivo obsérvase unha tendencia cara á concentración en ramas de actividade específicas. O colectivo asiático tende a ocuparse en só tres ramas de actividade: a pesca (máis dun 40%), a hostalaría (un 25%, especificamente na restauración étnica –restaurantes chineses–) e o comercio (un 23% en tendas de bazares –cadeas de “todo a cen”–), sendo nula ou moi escasa a súa presenza noutras actividades. A importancia da pesca é debido ao número relativamente importante de enquisas feitas na mariña lucense, onde existen un bo número de traballadores con nacionalidade indonesia. O sector de actividade onde os inmigrantes ocupados do colectivo andino entrevistados atopa máis emprego é o de servizos. Os resultados indican que o 70% traballa na hostalaría, no servizo doméstico e en “outros servizos”. Do 30% restante hai que destacar que un 20% traballa na construción e na pesca, mentres que as porcentaxes acadadas no resto de actividades como comercio, industria, venda ambulante e agricultura non acadan unha representatividade significativa. Este comportamento é moi semellante ao presentado polo colectivo de Europa do Leste. Non obstante, neste caso, ademais de concentrarse máis do 75% dos ocupados no sector servizos, a construción acapara un 20% do total, sendo uns dos colectivos que presentan as porcentaxes máis altas de activos empregados neste campo. As principais actividades ás que se dedica o colectivo magrebí ocupado son a venda ambulante e o comercio, onde se atopa máis do 50% do total de ocupados. Outras ramas cunha porcentaxe significativa son as de “outros servizos”, pesca e, un pouco máis lonxe, construción. Estes resultados ofrecen tamén porcentaxes de ocupación moi baixas en 87
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
actividades como a hostalaría e o servizo doméstico, onde apenas se atopa un 5% dos ocupados. Máis do 60% da ocupación do colectivo subsahariano enquisado está traballando na venda ambulante e na pesca, cunha proporción do 33% e do 28%, respectivamente. Estas actividades son, por conseguinte, as principais alternativas de emprego que atopa este grupo en Galicia. Outras actividades cunha porcentaxe significativa son a construción, o servizo doméstico e outros servizos. Figura 52. Rama de actividade do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
88
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 53. Rama de actividade do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 54. Rama de actividade do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
89
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 55. Rama de actividade do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 56. Rama de actividade do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
90
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
En resumo, a mostra aleatoria de enquisados proporciónanos información suficiente para concluír cunha caracterización por sectores de actividade diferenciada por grandes colectivos de estranxeiros:
x
Os africanos están maioritariamente ocupados na venda ambulante, aínda que detectamos unha lenta diversificación laboral como consecuencia da maduración do fenómeno inmigratorio en Galicia, onde sobre todo os magrebís foron algúns dos primeiros estranxeiros en asentarse en Galicia.
x
A poboación andina enquisada traballa no sector servizos pouco especializado, destacando o doméstico.
x
terciario é tamén o sector de actividade que máis emprego proporciona aos europeos do leste, cunha presenza destacable na hostalaría e no servizo doméstico. Polo menos neste último caso é habitual o traballo sen contrato, polo que non aparece suficientemente representado nas estatísticas oficiais.
x
Por último, as informacións dos asiáticos estarán proporcionadas por aqueles ocupados na pesca (indonesios) e, como reflicten os datos oficiais, no comercio e hostalaría (chineses). Coa excepción dos empregados no subsector primario, son predominantes as ocupacións por conta propia. É representativo que na mostra non apareza ningún asiático ocupado na industria nin no servizo doméstico, así como unha escasísima presenza na construción.
91
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.9. RAMA DE ACTIVIDADE SEGUNDO O SEXO Con respecto á ocupación nas diferentes ramas de actividade atendendo á cuestión de xénero, reprodúcense os patróns tradicionais, cunha presenza masculina dominante na construción, a pesca, a venda ambulante e a industria, sectores nos que apenas hai presenza de mulleres. Pola contra, estas aparecen no servizo doméstico, cunha superioridade moi alta. Os homes representan menos dun 1% da porcentaxe acadada por esta actividade. Así mesmo, as inmigrantes ocupadas na hostalaría tamén son máis numerosas cós homes. Nas demais actividades, aínda que a presenza masculina é superior, os desequilibrios non son tan pronunciados. Figura 57. Rama de actividade dos emigrantes enquisados segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A maioría das mulleres entrevistadas traballa no servizo domestico en réxime interno, externo, ou por horas. Os varóns traballan nos sectores da pesca e a construción, sobre todo en pequenas empresas que realizan obras de renovación e tamén algúns traballos de construción. A xornada cotiá das mulleres depende, sobre todo, do tipo de traballo que desempeñan e tamén do carácter do mesmo (externo, interno ou por horas). A maioría das mulleres entrevistadas traballan de forma externa ou por horas, porque isto lles permite manter varios postos á vez, e obter máis ganancias, pero a costa da súa estabilidade. A flexibilidade no horario e a forma de traballo ofrecen a posibilidade de traballar o máximo que se poida, 92
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
o que na maioría dos casos estudados se traduce nunha amplísima xornada laboral. Esta é a experiencia dunha das entrevistadas que polas mañás traballa no servizo doméstico de tipo externo (onde desempeña labores de coidado dunha persoa anciá e de limpeza) e polas tardes traballa por horas limpando casas en varios lugares. Por colectivos obsérvanse as seguintes diferenzas:
x
A ocupación laboral masculina dos inmigrantes asiáticos entrevistados en Galicia inclínase polo sector da pesca. Estes resultados reflicten a porcentaxe de indonesios (con respecto ao total de enquisas realizadas a ese colectivo) entrevistados na Mariña lucense (Celeiro). As mulleres, pola súa banda, concéntranse na rama do comercio e noutros servizos, sendo un dos poucos colectivos femininos que non traballa nin no servizo doméstico nin na hostalaría.
x
Esta situación denota en grande medida o comportamento do total dos inmigrantes cando o observamos no seu conxunto, con marcadas diferenzas entre homes e mulleres, que corroboran os roles tradicionais na distribución do traballo. A participación tanto na pesca como na construción é asumida polos homes e o servizo doméstico e a hostalaría polas mulleres.
x
No colectivo dos inmigrantes de Europa do Leste afóndanse as diferenzas entre os xéneros no que respecta á ocupación segundo a rama da actividade. A súa ocupación é alta na construción, con porcentaxes menores pero significativas en sectores como a industria e a agricultura. As mulleres están empregadas en gran medida no servizo doméstico e na hostalaría.
x
Se ben a incorporación da muller ao mercado laboral é moi baixa tanto nos colectivos magrebí como subsahariano, no primeiro grupo salienta a existencia dunha porcentaxe das mesmas dedicadas á agricultura onde a presenza masculina é nula. Nos dous colectivos unha alta porcentaxe de homes recorreu ao autoemprego, dedicándose á venda ambulante e ao comercio.
93
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 58. Rama de actividade do colectivo asiático enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 59. Rama de actividade do colectivo andino enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
94
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 60. Rama de actividade do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 61. Rama de actividade do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
95
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 62. Rama de actividade do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
96
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.10. HISTORIA MIGRATORIA Un dos primeiros datos procesados na procura desta información é a última data na que o inmigrante residiu no seu país de orixe; é dicir, a data na que emigra, para vinculala coa data na que chega a Galicia, e co itinerario migratorio que realiza. Figura 63. Evolución das datas de saídas dos respectivos países por anos. Ano
Porcentaxes
Ano
Porcentaxes
1975
0,1
1994
0,4
1978
0,1
1995
1,2
1980
0,6
1996
1,7
1983
0,5
1997
1,5
1984
0,5
1998
2,8
1985
0,1
1999
4,7
1986
0,6
2000
6
1987
0,2
2001
9,1
1988
0,4
2002
9
1989
0,3
2003
10,9
1990
0,5
2004
12,8
1991
0,6
2005
10,8
1992
1
2006
20,4
1993
0,3
Os resultados obtidos mostran que estamos en presenza dunha emigración recente. Só o 0,2% dos inmigrantes entrevistados indica que a última data de residencia no seu país se remonta ao último quinquenio da década dos 70, concretamente os anos 1975 e 1978. O 3,2% sinala a década seguinte (1980–1989) como a última data na que residiu no seu país de orixe. Neste período tampouco o fluxo foi continuo, nin os ritmos de crecemento constantes: Por exemplo, nos anos 1982 e 1983 non se produciron saídas. É a partir da década dos 90 cando os fluxos de emigración comezan a ser constantes no tempo e crecentes numericamente: De feito, o 14% da mostra indica a súa data de saída nesta década, sobre todo no último quinquenio que é cando se aceleran os ritmos de crecemento. Con todo, o maior peso relativo correspóndelle á década actual, marcada por un importante fluxo migratorio que vai en aumento ano tras ano. As cifras revelan que o 79% dos inmigrantes que residen en Galicia actualmente sitúa a data na que emigrou do seu país de orixe nun dos anos desta década. O comportamento da taxa de crecemento medio anual 97
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
sitúase por riba do 10%, destacando especialmente o 2006, ano no que se produce a maior taxa de crecemento con respecto ao ano anterior, cun 90%. Figura 64. Evolución das últimas datas de residencia nos países de orixe dos inmigrantes enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Aínda que nas porcentaxes globais case o 80% refire datas de emigración na década actual,
cando
comparamos
os
distintos
colectivos
apreciamos
diferenzas
nestes
comportamentos. O colectivo asiático é o que presenta, con respecto ao seu total, as porcentaxes máis repartidas, o que significa que se trata dunha emigración máis antiga. Deste xeito case un 30% dos entrevistados emigraron antes do auxe da última década, e mesmo máis dun 12% fíxoo na década dos 80, mentres que para o resto esta década non chega a representar un 1%, excepto no colectivo magrebí que alcanza case o 5%. O colectivo andino aseméllase no seu comportamento aos asiáticos, mais as porcentaxes nas saídas antes do 2000 son algo menores: case un 22%, que se concentran na década dos 90. Para o colectivo magrebí entrevistado en Galicia, as saídas remóntanse á década dos 80, polo que non declaran saídas migratorias nos períodos anteriores. Se ben acadan case un 5% na década dos oitenta, os fluxos neste período non son constantes nin tampouco moi significativos. Cómpre facer notar que este grupo é o único que conta cunha porcentaxe, aínda que cativa, de persoas que non contestaron a esta pregunta (1,5 %). Como se reflicte nas gráficas, os colectivos de inmigrantes de Europa do Leste e o subsahariano son os que máis 98
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
achegan porcentaxes ao auxe migratorio da última década. No caso de Europa do Leste chegan incluso a superar o 90%, o que os sitúa como os colectivos que se incorporan máis tardiamente ao fenómeno migratorio coa comunidade galega. Figura 65. Evolución nas datas de emigración do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 66. Evolución nas datas de emigración do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
99
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 67. Evolución nas datas de emigración do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 68. Evolución nas datas de emigración do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
100
A inmigraciรณn estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraciรณn
Figura 69. Evoluciรณn nas datas de emigraciรณn do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
101
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.11. ITINERARIO MIGRATORIO España foi o primeiro destino migratorio para o 81% dos inmigrantes entrevistados residente en Galicia, aínda que destes só o 39% veu directamente a Galicia, o 42% escolleu algunha outra comunidade autónoma española antes de chegar a Galicia o que avanza a situación periférica de Galicia nos fluxos migratorios. Por outra parte, o resto (un 19%) emigra primeiro a outro país antes de chegar a España e entre estes outros destinos, Europa é o de maior peso relativo cun 9%. Os continentes africano e americano comparten a mesma porcentaxe que Europa (un 7% e un 3%, respectivamente) pero, como veremos máis adiante, nas datas de entrada en España estes destinos só forman parte do itinerario do inmigrante cuxo destino final é xeralmente algún país da Unión Europea. Neste caso España era o destino final. Figura 70. Primeiro destino migratorio no estranxeiro para os emigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Comparando o primeiro destino migratorio para cada un dos diferentes colectivos de inmigrantes non se aprecian diferenzas significativas con respecto ás porcentaxes medias obtidas para cada área xeográfica, tendo en conta as diferenzas froito de itinerarios migratorios determinados pola procedencia e orixe dos inmigrantes. Si existen, obviamente, diferenzas nos países e cidades escollidos como primeiro destino migratorio por cada colectivo e, sobre todo, con respecto a España nótanse diferenzas porcentuais entre os colectivos que escolleron Galicia como primeiro destino e os que escolleron o resto de España. Analicemos a situación polo miúdo. 102
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
O colectivo asiático escolle de forma maioritaria Galicia como primeiro destino migratorio a teor dos resultados das enquisas, que mostran que o 59% dos inmigrantes asiáticos que residen actualmente nesta comunidade así o fixeron. Un 31% estivo primeiro noutra comunidade autónoma e un 10% noutros países europeos, sobre todo países limítrofes e próximos a España como Portugal, Francia e Italia. Con respecto aos puntos de entrada en Galicia destacan Celeiro (Viveiro), con entradas de indonesios para traballar na pesca, e Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela con entradas de chineses. No resto de España os puntos de entrada coinciden coas grandes cidades españolas: Madrid e Barcelona, pero tamén, aínda que cunha porcentaxe menor, a Comunidade Autónoma de Andalucía, sobresaíndo a cidade de Cádiz. Para o colectivo andino, Galicia tamén é o primeiro destino migratorio. Así o testemuña un 57% dos entrevistados que declaran vir directamente a Galicia, asentándose, por esta orde, nas súas principais cidades: A Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. Un 29% dos andinos estivo primeiro noutra Comunidade Autónoma española, dos cales máis do 90% escolleu a Madrid como primeiro destino. Por outra banda, un 14% dos andinos emigrou primeiro a outro país do continente americano antes de chegar a Galicia, principalmente ás capitais de Arxentina, Brasil e Venezuela. Do total de inmigrantes do colectivo da Europa do Leste, só o 33% emigra directamente a Galicia, sendo a provincia da Coruña, e en concreto a cidade de Santiago de Compostela, o punto de entrada máis utilizado. Obsérvase ademais que un 47% escolle como primeiro destino migratorio o resto de España e Madrid como o principal punto de entrada. O 20% restante emigra antes a outros países de Europa Occidental: Alemaña en primeiro lugar e, a continuación, con porcentaxes similares, Suíza, Francia, Italia e Hungría, destacando as capitais destes países como puntos preferentes. Segundo as enquisas, o colectivo magrebí tamén escolleu maioritariamente España como o seu primeiro destino migratorio. De feito, un 50% diríxese ao resto do país, mentres que un 37% veu directamente a Galicia. Entre as cidades e comunidades autónomas elixidas aparecen, por orde de importancia, Madrid, Andalucía, Illas Canarias e Ceuta e Melilla. En Galicia as principais concentracións atópanse na Coruña e Pontevedra, sobresaíndo as cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela, así como as vilas de Vilaboa e Negreira. Do total de africanos subsaharianos que reside actualmente en Galicia, o 71% escolleu España como primeiro destino migratorio. Non obstante só un 15% veu directamente a Galicia, sendo A Coruña e Vigo as cidades con maior presenza deste colectivo. Pode afirmarse, a teor destes datos, que este é o colectivo que realiza o itinerario migratorio máis longo. Un 56% emigra a España entrando maioritariamente polas Illas Canarias, e pasando a outra 103
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
comunidade autónoma antes de chegar a Galicia. Un 25% incluso antes de chegar a España vai a outro país africano e dende aí viaxa a un país de Europa para logo alcanzar España e Galicia. Entre os destinos africanos que son utilizados como ponte destaca Mauritania e, en menor medida, Costa de Marfil. Figura 71. Primeiro destino migratorio do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
104
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 72. Primeiro destino migratorio do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 73. Primeiro destino migratorio do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
105
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 74. Primeiro destino migratorio do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 75. Primeiro destino migratorio do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
106
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.12. STATUS MIGRATORIO Este tipo de pregunta foi percibida, comprensiblemente, como unha ameaza por todos aqueles inmigrantes que entrasen e permanecesen de xeito irregular no territorio pero, sobre todo, por aqueles que aínda non tiñan regularizada a súa situación. Así, aínda que sexa complicado a súa cuantitivitación, os resultados debemos valoralos con certas reservas. Figura 76. Status migratorio co que entraron en España os inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A mostra revela que menos da metade do total, (un 40%), ostenta un status migratorio legal no momento da súa chegada a España. Pola contra, máis do 60% declara ter entrado no país de xeito irregular segundo as leis de inmigración vixentes, nese momento. As entradas legais pódense imputar a un 25% que foi contratado laboralmente en orixe, e a un 14% que entra por reunificación familiar, xa fose reclamado por familiares inmigrantes residentes en Galicia ou por matrimonio con cidadáns comunitarios europeos: Ademais, un 1% alega ser refuxiado político. Da porcentaxe que emigrou de xeito irregular, un 27% entrou como turista e un 23% como irregular, mentres que un 10% alega “outros motivos” referíndose polo común a estudos ou, simplemente, non contesta.
107
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Na gráfica que se mostra a continuación aparecen estas mesmas porcentaxes por colectivos, destacando tres deles: o colectivo andino é o que achega máis turistas; o asiático é o que presenta máis contratos laborais en orixe; e o subsahariano é o que declara o maior número de entradas irregulares. Figura 77. Status migratorio dos enquisado por colectivos.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
O colectivo asiático presenta unha situación máis regular, mentres que os demais colectivos, sobre todo o subsahariano e o magrebí, presentan porcentaxes moi altas de irregulares no territorio. A continuación móstranse polo miúdo os resultados obtidos para cada colectivo respecto ao status migratorio, partindo do total de entrevistados.
108
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Colectivo asiático: Máis do 75% dos asiáticos inmigrantes en Galicia entrevistados declaran estar regularizados. O 67% xa obtivera un contrato laboral en orixe; o 12% declara entrar a través dunha reunificación familiar; e, dentro do 11% que obtén unha visa de turista, unha alta porcentaxe declara que esperaba un contrato laboral en destino. Menos do 1% admite entrar de forma irregular. A importancia da pesca en parte da poboación asiática (indonesios, fundamentalmente) explica, por un lado, a chegada a Galicia cun contrato laboral e, por outro, que sexa o noso país o primeiro destino da súa historia emigratoria, é dicir, parece concluír que o empresariado galego recruta na orixe. Respecto ao outro colectivo asiático cun número destacable de enquisas realizadas, os chineses, a súa condición de traballadores autónomos ou pequenos empresarios con negocios de diferente índole facilita que eles mesmos soliciten, por medio de contratos laborais, a outros compatriotas. Colectivo andino: O status migratorio dos andinos varía con respecto aos asiáticos. Os resultados evidencian que case o 60% entra en España de xeito irregular: o 40% vén como turista e logo queda a residir e, aínda que só o 6% declara entrar de xeito irregular, esa porcentaxe debe ser maior pola elevada porcentaxe de non respostas (17%), incluída no apartado de “outros”. De xeito regular entra o 40% restante: un 24% consegue un contrato laboral en orixe e un 15% por reunificación familiar. A poboación latinoamericana entra en España por avión, a alegación de turista é comprensible, Aínda que o 27 % dos andinos enquisados teñen en Galicia o seu primeiro destino, máis atrás comprobamos a importancia de Madrid como anterior destino. Ademais de factores de atracción de tipo económico. A capital do estado recibe a gran maioría nos voos que operan entre América e España. Colectivo de Europa do Leste: A situación migratoria deste colectivo dende o punto de vista legal é semellante á dos andinos, xa que case o 60% chega tamén a España sen un status migratorio legal: como turista (o 49%) ou de maneira irregular (o 7%); mentres un 10% non contesta. De xeito regular consegue entrar un 18%, a través dun contrato laboral en orixe, e un 16%, por reunificación familiar.
109
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Colectivo magrebí: Do colectivo magrebí entrevistado un 33% confesou entrar en España de maneira irregular. Este dato, sumado ao 16% que chega como turista e ao 11% que non contesta, evidencia que, probablemente, o 60% deste colectivo entra de maneira irregular. Por outra banda, un 20% logra entrar en España contratado laboralmente desde a orixe e un 18% recorre á reunificación familiar; ademais, un 2% asume a condición de refuxiado político, sendo xunto cos subsaharianos os únicos colectivos onde se dan valores neste apartado. Colectivo subsahariano: O 64% dos entrevistados confesa ter entrado en España de forma irregular, sendo, polo tanto, o colectivo coa maior porcentaxe de entradas irregulares. Se a este dato sumamos o 15% que entra coa condición de turista, a porcentaxe de subsaharianos da mostra que entra en situación irregular alcanza case o 80%. En consecuencia, a fraxilidade deste colectivo é maior, acentuada ademais polas barreiras lingüísticas que dificultan aínda máis a súa integración. Do 20% restante, un 8% consegue entrar por reunificación familiar, outro 8% di obter contratos laborais en orixe e un 2% declárase refuxiado político. A enquisa demostra a alta representatividade das entradas de tipo irregular, pero tamén a longa viaxe que deben percorrer antes de entrar en Galicia.
110
A inmigraciรณn estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraciรณn
Figura 78. Status migratorio do colectivo asiรกtico enquisado.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 79. Status migratorio do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
111
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 80. Status migratorio do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 81. Status migratorio do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
112
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 82. Status migratorio do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
113
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.13. STATUS MIGRATORIO SEGUNDO O SEXO O status migratorio dos inmigrantes entrevistados en Galicia segundo o sexo revela que as mulleres utilizan as vías de entrada do turismo e da reunificación familiar en maiores porcentaxes cós homes. Pola contra, as entradas irregulares e os contratos laborais en orixe son as vías máis empregadas a nivel xeral polos homes inmigrantes. Por colectivos acádanse os seguintes resultados: Figura 83. Status migratorio dos enquisados segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
No colectivo asiático case a totalidade dos homes (81%) entran a través de contrato laboral en orixe, mentres que as mulleres prefiren a vía da reunificación familiar. No colectivo andino, tanto os homes (43%) como as mulleres (36%) optan preferentemente pola viaxe de turismo para entrar no país, aínda que esta non é a única vía que resalta nos homes, posto que unha porcentaxe importante emprega un contrato laboral (30%). Tamén o colectivo de Europa do Leste privilexia a vía do turismo, incluso con maiores porcentaxes: os homes un 61% e as mulleres un 31%. A principal diferenza con respecto aos andinos radica no feito de que son as mulleres as que conseguen máis contratos en orixe (24%).
114
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Pola súa parte, no colectivo magrebí destacan as porcentaxes de homes que entran de forma irregular (38%) ou como turistas (23%), mentres que unha boa parte das mulleres optan pola vía da reunificación familiar (36%) e polos contratos en orixe (26%). No colectivo subsahariano tanto os homes (67%) como as mulleres (43%) recoñecen ter utilizado a irregularidade como vía preferente de entrada. Pero en maior medida os homes, xa que as mulleres tamén empregaron a vía do turismo (26%) e a reunificación familiar (20%). Figura 84. Status migratorio do colectivo asiático enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
115
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 85. Status migratorio do colectivo andino enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 86. Status migratorio do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
116
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 87. Status migratorio do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 88. Status migratorio do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
117
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.14. MOTIVOS DO DESPRAZAMENTO A GALICIA A inmigración estranxeira con destino Galicia é esencialmente de tipo económica. Os resultados das enquisas aos colectivos estudados así o demostra. A principal razón que levou aos inmigrantes entrevistados a emigrar cara ao noso país foi a económica, a procura de mellores condicións de vida. Deste xeito, o 60% dos entrevistados alegan motivos laborais para explicar o seu desprazamento a Galicia, tanto os que veñen directamente coma aqueles para os que Galicia non constitúe o seu primeiro destino. Outra porcentaxe significativa (29%) representa aos que declaran que emigraron a Galicia por razóns familiares. A porcentaxe restante, aínda que non é tan relevante (13%), evidencia a existencia doutros motivos susceptibles de provocar unha emigración coma estudos, amizade ou factores políticos.
Figura 89. Motivo do desprazamento a Galicia entre os inmigrantes enquisados
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Segmentando os resultados por colectivos procúrase corroborar as causas que motivaron o desprazamento a Galicia segundo o peso que cada colectivo outorga a dita razón. Todos os colectivos teñen como prioridade as razóns económicas, xa que máis do 50% do seus totais alegan motivacións laborais como factor principal do seu desprazamento a Galicia. Non obstante aprécianse diferenzas nas porcentaxes outorgadas.
118
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Principais motivos (laboral e familiar): Todos os colectivos priorizan as motivacións económicas, pero os grupos asiático (cun 68%) e subsahariano (cun 61%) son os que máis peso outorgan ás razóns laborais. Para eles as cuestións familiares (cun 25% e cun 19%, respectivamente) ocupan unha posición secundaria respecto ao resto dos colectivos que manifestan un maior equilibrio entre estas dúas motivacións: andino (53% e 32%), Europa do Leste (57% e 33%), magrebí (54% e 31%). Motivos secundarios (político, amizade e outros): Aínda que con porcentaxes moi modestas (6%), o colectivo magrebí é ao que máis afectan as cuestións políticas á hora de decidir emigrar, seguido polos subsaharianos e os andinos con porcentaxes moi pouco significativas (4% e 3,5%, respectivamente). O reclamo da amizade incide máis nos inmigrantes subsaharianos que no resto dos colectivos. Figura 90. Motivos do desprazamento a Galicia no colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Cando nos estamos a referir a que os motivos do desprazamento están relacionados coa familia ou cao amizade, falamos da relación con outros emigrantes, e non coa poboación local.
119
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 91. Motivos do desprazamento a Galicia no colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 92. Motivos do desprazamento a Galicia no colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
120
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 93. Motivos do desprazamento a Galicia no colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 94. Motivos do desprazamento a Galicia no colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
121
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
1.15. CHEGADA A GALICIA Na figura 95 indicamos as porcentaxes de chegadas de inmigrantes a Galicia nas últimas décadas confrontadas coas porcentaxes das saídas dos seus respectivos países de orixe. Verifícase o drástico aumento que sofren as chegadas de inmigrantes a Galicia a partir do ano 2000, en porcentaxes que superan as saídas dos seus respectivos países de orixe, o que indica que a Galicia están chegando tamén inmigrantes que xa iniciaran a súa aventura migratoria en décadas anteriores e que por múltiples razóns deciden moverse de novo ata alcanzar esta rexión. Figura 95. Datas de saída dos países de orixe e de chegada a Galicia dos inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Como poderemos constatar nas próximas figuras, este comportamento repítese en todos os colectivos. Antes do 2000 a Galicia non chegan todos os inmigrantes que declaran as súas datas de saídas nesas décadas: as cifras porcentuais do total de inmigrantes polas datas de emigración (datas de saídas do país de orixe) son en todos os casos máis altas cás porcentaxes de chegadas a Galicia. Porén, a partir do ano 2000, o fenómeno é o inverso: chegan máis dos que saíran, o que demostra que hai unha porcentaxe de inmigrantes que chegan a Galicia despois de ter emigrado a outras comunidades españolas, a outros países de Europa ou a outras rexións.
122
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 96. Evolución das datas de emigración e chegada a Galicia do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 97. Evolución das datas de emigración e chegada a Galicia do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
123
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 98. Evolución das datas de emigración e chegada a Galicia do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 99. Evolución das datas de emigración e chegada a Galicia do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
124
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 100. Evolución das datas de emigración e chegada a Galicia do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 101. Evolución nas chegadas dos inmigrantes enquisados na década actual.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
125
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Se nos fixamos polo miúdo, estes comportamentos por anos da última década e comparamos as porcentaxes de chegadas dos diferentes colectivos cos seus totais, confirmamos o peso que adquiren con respecto aos fluxos de chegadas. Esta dinámica acentúase, sobre todo, a partir de 2003, ano de entrada declarado, por exemplo, polo 27% do total de europeos do Leste que respondeu ao cuestionario. Nos anos seguintes (2004 e 2005) destacan os asiáticos, cun 60% do total de entrevistados chegando neses anos. O ano 2006 sorprende pola presenza de subsaharianos: case o 50% dos entrevistados din ter chegado a Galicia nese ano. A gran maioría destas persoas están a chegar polas medidas de redistribución ao longo do Estado de inmigrantes irregulares destas nacionalidades que se están a desenvolver en espera de tomar unha decisión respecto do seu futuro (realmente a repatriación aos seus lugares de orixe), tras chegar masivamente ás Illas Canarias e á costa andaluza.
126
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.16. MESES EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO Con esta investigación detéctase que no arco do primeiro ano dende a súa chegada a Galicia, o 90% dos inmigrantes entrevistados afirman ter atopado o seu primeiro traballo con ou sen contrato. Case o 40% da mostraxe non pasa ningún tempo en situación de desemprego, o que permite deducir que xa veñen cun contrato en orixe ou que xa teñen un familiar, amigo ou outro tipo de contacto que lles conseguiu un contrato laboral. Outro 40% tarda entre 1 e 6 meses para conseguir o seu primeiro traballo, e un 13% necesita de 7 meses a 1 ano. Menos dun 10% dos enquisados están máis dun ano en situación de desemprego. Supoñemos que aqueles que superan esa espera tardan pouco en desprazarse a outro territorio na procura dun maior dinamismo laboral. En resumen, por un lado, os empregos ocupados polos estranxeiros son relativamente numerosos en Galicia e existe pouca competencia coa poboación local. Por outro, o mercado laboral de Galicia é o principal regulador da entrada de inmigrantes.
Figura 102. Meses en situación de desemprego en Galicia dos inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
127
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
O comportamento medio reprodúcese en todos os colectivos con diferenzas puntuais. Por exemplo, no colectivo asiático unha porcentaxe especialmente alta, o 94% dos entrevistados, afirma que tras a súa chegada a Galicia o tempo que pasa sen traballar non alcanza os trinta días. Para explicar esta situación habería que ter en conta que un 67% deste colectivo xa entrou en España con contratos laborais feitos na orixe e, poñendo de manifesto a importancia dos factores de arrastre. En menor ou maior medida este factor de arrastre é aplicable a todos os colectivos, se ben destaca comparativamente o colectivo de inmigrantes da Europa do Leste, que no arco de 1 a 6 meses atopan o seu primeiro traballo nunha porcentaxe superior ao 60%. Figura 103. Meses en situación de desemprego en Galicia para o colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
128
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 104. Meses en situación de desemprego en Galicia para o colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 105. Meses en situación de desemprego en Galicia para o colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
129
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 106. Meses en situación de desemprego en Galicia para o colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 107. Meses en situación de desemprego en Galicia para o colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
130
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.17. MESES EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO SEGUNDO SEXO O primeiro emprego, como xa se indicou, sitúase no arco dos seis meses para a maioría dos inmigrantes entrevistados. Aínda así, cando observamos o comportamento segundo o sexo, os resultados mostran que as mulleres tardan un pouco máis en atopar o seu primeiro traballo remunerado. De feito, un 43% dos homes fronte a un 32% das mulleres atopan traballo nada máis chegar, mentres que un 45% das mulleres tardan de 1 a 6 meses fronte ao 36% dos homes. Figura 108. Meses en situación de desemprego en Galicia segundo sexo dos inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos, estas diferenzas tamén se reproducen, aínda que nalgúns son máis marcadas que noutros. Neste sentido hai que volver a destacar a prontitude do colectivo asiático en atopar emprego, situación que no caso dos homes se pode xustificar pola porcentaxe tan elevada de indonesios contratados en orixe. Respecto ás mulleres do grupo resulta moi salientable que o 82% tamén consiga o seu primeiro emprego no primeiro mes. No caso dos colectivos magrebí e subsahariano, que como xa vimos son os que máis dificultades atopan para conseguir o primeiro emprego, confírmase que en termos porcentuais as mulleres son as que acadan as maiores porcentaxes: un 49% e un 56% respectivamente das mulleres destes colectivos tardan ata seis meses en atopar o seu primeiro emprego.
131
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 109. Meses en situación de desemprego do colectivo asiático enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 110. Meses en situación de desemprego do colectivo andino enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
132
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 111. Meses en situación de desemprego do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 112. Meses en situación de desemprego do colectivo magrebí enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
133
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 113. Meses en situación de desemprego do colectivo subsahariano enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
134
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.18. VISITAS AO PAÍS DE ORIXE Máis da metade (un 54%) non fixo visita ningunha ao seu país de orixe dende a súa chegada a Galicia e dos que si puideron ir, o retorno en moitos casos está asociado a acordos contractuais en orixe. De todas maneiras, as porcentaxes de visitas son baixas: un 24% logrou ir ao seu país de orixe polo menos unha vez, mentres que un 10% regresou en dúas ocasións. Só unha minoría puido permitirse por cuestións económicas regresar máis de tres veces. Figura 114. Ocasións nas que os inmigrantes enquisados visitaron o seu país dende a súa chegada a Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Os resultados obtidos confirman algunhas das condicionantes da viaxe descritas anteriormente, como por exemplo, a relación existente entre as visitas feitas e os contratos en orixe. Neste caso destaca o colectivo asiático, que acada as porcentaxes máis altas dos que puideron facer, polo menos, unha visita con case o 50% dos entrevistados nesta situación. Outra variable que incide nas viaxes é a situación legal. O estudo sinala a estreita relación que gardan as baixas porcentaxes de visitas dalgúns colectivos coa súa propia situación legal e características do emprego. O caso que máis destaca é o do colectivo subsahariano, cun 77% dos que non puideron permitirse visitar nin sequera unha vez aos seus países de orixe. Factores como son o abaratamento dos transportes e a mellora das comunicacións parece beneficiar máis ao colectivo da Europa do Leste pola proximidade xeográfica. Este grupo acada así porcentaxes elevadas no apartado de dúas visitas ou máis ao seu país de orixe. O resto de colectivos recrea os comportamentos medios. 135
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Nas análises por colectivos podemos tamén relacionar con datos de estado civil, reagrupamento familiar, tempo residindo en Galicia ou fóra do seu país, idade, sector de actividade, etc. Figura 115. Ocasións que visitou o seu país o colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
136
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 116. Ocasións que visitou o seu país o colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 117. Ocasións que visitou o seu país o colectivo de Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
137
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 118. Ocasións que visitou o seu país o colectivo magrebí enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 119. Ocasións que visitou o seu país o colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
138
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.19. VISITAS AO PAÍS DE ORIXE SEGUNDO SEXO Se observamos o comportamento atendendo á cuestión de xénero, non se detectan diferenzas significativas. Apréciase só unha lixeira superioridade nas porcentaxes acadadas polas mulleres que nos permite concluír que estas tenden a facer visitas aos seus países con máis frecuencia que os homes, aínda que como xa indicamos, as porcentaxes dos que non fixeran ningunha visita é moi alta nos dous grupos de inmigrantes. Figura 120. Visitas ao país de orixe dos inmigrantes enquisados
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A análise feita para cada uns dos colectivos desvela as seguintes informacións: No colectivo asiático destaca a alta porcentaxe de mulleres (56%) que aínda non visitou o seu país, a diferenza dos homes, que nun 66% xa o visitou nunha ocasión; isto debemos relacionalo non tanto coa posibilidade de pagar a viaxe senón cos retornos establecidos por contrato (no caso dos indonesios), para ser contratados de novo dende a orixe. Outro colectivo que destaca de xeito notable é o subsahariano. Altas porcentaxes de homes (77%) e mulleres (74%) non puideron facer ningunha visita. De novo, a irregularidade e a situación irregular inflúen nas súas historias migratorias. No resto dos colectivos acentúase a preponderancia feminina á hora de facer máis visitas que os homes, sobresaíndo en particular o colectivo da Europa do Leste.
139
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 121. Visitas ao país de orixe do colectivo asiático enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 122. Visitas ao país de orixe do colectivo andino enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
140
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 123. Visitas ao país de orixe do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 124. Visitas ao país de orixe do colectivo magrebí enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
141
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 125. Visitas ao país de orixe do colectivo subsahariano enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
142
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
1.20. EXPECTATIVAS FAMILIARES A anterior variable está, directa ou indirectamente, relacionada co tema das expectativas familiares proxectadas. Neste sentido, a intención de reagrupar a familia aquí en Galicia, ou formar a súa propia familia, é a alternativa que acada maior porcentaxe: un 66% aspira a permanecer e establecerse neste territorio. De feito, o 34% está disposto a concretar o reagrupamento, ou está xa inmerso neste proceso. Un 32% formou ou ten intención de formar familia cos seus concidadáns, con galegos ou con outros cidadáns comunitarios en xeral. Só un 18% ten a intención de regresar ao seu país de orixe e menos do 5% desexa reagrupar a súa familia e trasladarse a outra comunidade autónoma española. Figura 126. expectativas familiares do colectivo de inmigrantes enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
143
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 127. Expectativas familiares do colectivo de inmigrantes enquisados segundo sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Neste sentido, os comportamentos segundo o xénero non acadan diferenzas moi significativas, mais evidencian que na reagrupación familiar os homes están máis predispostos a trasladarse a outro lugar e a retornar aos seus países de orixe que as mulleres. Estas, polo seu lado, teñen unha maior intención de formar unha familia en España. Por grandes áreas de procedencia obsérvanse os seguintes comportamentos: As expectativas do colectivo asiático divídese no retorno ao país de orixe (46%) e en formar unha familia en España (38%). Os homes optan maioritariamente polo retorno (52%), mentres que un 67% das mulleres prefiren formar unha familia en España. Segundo a primeira expectativa, o feito de obter traballo facilmente (curtas esperas en situación de desemprego) e de ter a súa situación laboral máis ou menos regulada non deriva no desexo de quedar a residir definitivamente en Galicia. A idea de aforro e volta á súa terra é perseguida por unha importante porcentaxe de asiáticos. O colectivo andino baralla maiormente dúas posibilidades: reagrupar a súa familia en Galicia (34%) e formar unha familia en España (29%). As mulleres superan lixeiramente as expectativas na primeira opción. Tamén son estas (cun 21%) as que máis pensan no retorno, fronte a un 15% dos homes.
144
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Os colectivos magrebí e subsahariano presentan as maiores expectativas de reagrupar a familia en Galicia: máis do 40% dos dous colectivos decántase por esa resposta (o 44% e o 42% respectivamente). Neste punto, en canto ao xénero non se aprecian diferenzas significativas. Dadas as dificultades de entrada en España en xeral, cando o logran non pensan en volver. Prefiren tentar reagrupar á familia en Galicia. O mesmo sucede cos europeos do Leste que, ademais de inclinarse tamén por formar unha familia en España (40%), son os que menos consideran a posibilidade de retornar ao seu país de orixe (9,5%), xunto cos subsaharianos (10%) e os magrebís (11%). Figura 128. Expectativas familiares do colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
145
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 129. Expectativas familiares do colectivo asiático enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 130. expectativas familiares do colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
146
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 131. Expectativas familiares do colectivo andino enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 132. Expectativas familiares do colectivo de Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
147
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 133. Expectativas familiares do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 134. Expectativas familiares do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
148
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 135. Expectativas familiares do colectivo magrebí enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 136. Expectativas familiares do colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
149
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 137. Expectativas familiares do colectivo subsahariano enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
150
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
CONCLUSIÓNS
x
Os inmigrantes que chegan a Galicia son novos, fundamentalmente entre os 25-44 anos (o 75 % do total), sendo os máis novos os integrantes do grupo de subsaharianos.
x
A metade dos inmigrantes en Galicia están solteiros. Os subsaharianos están nesta situación dous tercios do total.
x
Os inmigrantes presentes en Galicia presentan un nivel de formación relativamente alto. Algo máis do 85 % ten polo menos estudos primarios, máis dun terzo secundarios e case un 15 % universitarios. Os máis formados son os andinos, mentres que os subsaharianos presentan os peores niveis formativos.
x
A taxa de ocupación é alta entre os inmigrantes. O 67 % está traballando na actualidade. A ocupación masculina é máis elevada, aínda que non de xeito moi significativo.
x
As ramas de actividade maioritarias son as dos servizos de escaso valor engadido (venda ambulante, hostalería, servizo doméstico, etc.). A pesca tamén ten un peso considerable (17 %), ao igual que a construción (11 %).
x
Trátase dunha inmigración moi recente, o 80 % chegou na década actual.
x
O itinerario migratorio dos inmigrantes asentados en Galicia non foi moi azaroso, máis do 80 % tiveron como primeiro destino España, aínda que só o 40 % ven directamente a Galicia.
x
Os inmigrantes presentes en Galicia entraron no Estado de xeito non legal nun 60 % dos casos. Un 25 % foron contratados en orixe e outro 14 % chegou por reagrupación familiar.
x
A chegada a Galicia dos inmigrantes tivo unha motivación esencialmente económica, que se viu axudada pola presenza de familia e amigos que xa se asentaran con anterioridade.
x
A incorporación ao mundo laboral é rápida, o 90 % faino no primeiro ano (40 % nada máis chegar, outro 40 % tardou entre un e seis meses). Constátase que as mulleres tardan de media algo máis en atopar o seu primeiro emprego.
x
Dous terzos dos inmigrantes aspiran a permanecer e establecerse en Galicia.
151
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
2. situaci贸n social
153
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
2.1. COMPARACIÓN DA SITUACIÓN SOCIOPROFESIONAL EN ORIXE E DESTINO Aínda que a situación socioprofesional dos inmigrantes entrevistados en Galicia é distinta á que tiñan nos seus países de orixe, os cambios que se aprecian non son especialmente significativos. Un 56% dos enquisados xa traballaba nos seus países, o que representa un 10% menos dos que actualmente traballan en Galicia. Ademais, as porcentaxes dos parados non diminúen. Pola contra, si varían as cifras de amas de casas e tamén as de estudantes respecto ao orixe. No primeiro caso, o 50% das que eran amas de casa no seu país chegan ao destino migratorio e incorpóranse ao mercado laboral. Polo que respecta aos estudantes, os datos son similares: máis da metade dos que eran estudantes en orixe chegan ao destino en busca dunha saída profesional, abandonando os estudos para emigrar. Figura 138. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino dos inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Non obstante, por colectivos os resultados reflicten diferenzas significativas: Para o colectivo asiático a situación socioprofesional experimenta un cambio drástico. En primeiro lugar duplica as porcentaxes de ocupados no destino e, por conseguinte, trátase dun grupo que non conta con desemprego en Galicia. No caso do colectivo andino, aínda que no destino a porcentaxe de traballadores aumenta un 15% en comparación cos que traballaban antes de emigrar, tamén medra o peso relativo de parados no destino. Este aumento, tanto de activos como de desocupados, explícase polos cambios que se aprecian, por exemplo, na diminución do número de persoas que nos seus países eran estudantes e amas de casa e no destino, pola contra, se incorporan ao mercado laboral. 155
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
O colectivo da Europa do Leste presenta un comportamento semellante ao andino: mellora lixeiramente as porcentaxes de ocupados grazas a incorporación, sobre todo, dos estudantes e das amas de casa á actividade laboral. Nos colectivos magrebí e subsahariano non se perciben melloras cualitativas en canto á situación socioprofesional. O colectivo subsahariano presenta a situación máis preocupante, posto que as porcentaxes de ocupados decrecen case nun 20%, aumentando o número de parados no destino. Xa tivemos ocasión de comentar o escaso número de subsaharianos que chegan a Galicia con contrato laboral.
Figura 139. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
156
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 140. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 141. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
157
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 142. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 143. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
158
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
2.2. COMPARACIÓN DA SITUACIÓN SOCIOPROFESIONAL EN ORIXE E DESTINO SEGUNDO SEXO Se relacionamos a situación socioprofesional dos inmigrantes nos seus respectivos países coa situación actual segundo o sexo pódese apreciar que tanto nos homes como nas mulleres aumentan as porcentaxes de ocupados no destino migratorio. Aínda así as taxas de variación son lixeiramente maiores nas mulleres. Este incremento no número de ocupados é directamente proporcional á diminución de parados con respecto á orixe no caso dos homes. Mentres tanto nas mulleres verifícase a diminución das porcentaxes das que se dedican ás labores do fogar e de estudantes. Figura 144. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino dos inmigrantes enquisados segundo sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Analizando esta situación por colectivos obtemos diferenzas significativas en tres deles: Os homes do colectivo asiático enquisado, que no momento actual case nun 70% se atopan en activo, o 50% estaban parados na orixe. Na actualidade, as porcentaxes de desempregados neste colectivo son moi baixas e corresponden basicamente ás mulleres. Nos andinos o comportamento difire notablemente: as mulleres son as que máis aumentan as porcentaxes de ocupación no destino, reducindo as porcentaxes de amas de casa en comparación coa orixe. A importancia da ocupación como empregadas do fogar e fundamental para entender este proceso.
159
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Respecto aos subsaharianos obsérvase que os homes presentaban unha ocupación maior na orixe e unha menor porcentaxe de parados. Neste grupo, polo tanto, só se observa unha mellora na situación socioprofesional das mulleres. A situación é complexa para este colectivo especialmente desfavorecido e que, no universo das enquisas, nun 87% está formado por homes. A escasa integración no mercado laboral galego, en moitos casos obrigados pola súa condición de residentes ilegais que viven na irregularidade, fai que máis do 30% dos homes traballen na venda ambulante. Probablemente, algúns deles, se declaren como parados. Figura 145. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo asiático enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
160
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 146. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo andino enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 147. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
161
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 148. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo magrebí enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 149. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo subsahariano enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
162
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
2.3. COMPARACIÓN DA RAMA DE ACTIVIDADE DOS INMIGRANTES EN ORIXE E DESTINO Figura 150. Comparación da rama de actividade en orixe e destino dos inmigrantes enquisado en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Os resultados obtidos corroboran unha vez máis o eminente carácter económico desta emigración, na que a necesidade e a urxencia por atopar un traballo provocan cambios substanciais nas dedicacións laborais. Os inmigrantes traballan no país de acollida onde poden, non onde queren, e de aí as diferenzas tan importantes que se detectan entre as actividades desenvolvidas nos seus países e as realizadas en Galicia. As diferenzas máis notables danse na rama de “outros servizos” (servizos a profesionais, xestorías, diversos servizos de reparacións, economía terciaria informal, etc.): un 25% do total dos estranxeiros entrevistados traballaba neses servizos nos seus países, mentres en Galicia esa porcentaxe se reduce á metade. Pola contra, as actividades onde se atopan o maior número de entrevistados son, precisamente, as de menor recoñecemento social ou as peor pagadas (servizo doméstico). Ademais, a hostalaría funciona en moitos casos como un sector refuxio ou como unha oportunidade para o autoemprego mediante a apertura de negocios de carácter étnico ou dirixidos á propia comunidade inmigrante. Aínda que existen diferenzas comparativas en todos os colectivos, as mesmas son máis visibles nuns que noutros. Son moitos os factores que inciden nestes resultados pero, a teor dos comportamentos analizados, os máis decisivos son: o status dos inmigrantes ao entrar en España, a formación profesional dos mesmos e as barreiras lingüísticas.
163
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Esta análise permítenos concluír que estas diferenzas son menores nos colectivos que tiveron máis contratos en orixe. Deste xeito, o colectivo asiático é probablemente o que amosa maior continuidade entre as actividades desenvolvidas nos seus países e as aquí realizadas. Cómpre destacar, neste sentido, que a totalidade dos asiáticos que foron contratados en orixe para traballar na pesca en Galicia xa desempeñaban esta actividade nos seus países. Pola contra, os colectivos con maior número de irregularidades na entrada padecen máis estas diferenzas, agravadas en ocasións polos problemas da lingua. Nos casos magrebí e subsahariano aprécianse altas porcentaxes de inmigrantes dedicados á venda ambulante, actividade que apenas practicaban nos seus países. Aínda que non posuímos datos ao respecto, a venda ambulante desenvolvida por magrebís parece estar mellor estruturada que unha actividade “menos profesionalizada” dos subsaharianos, o que os fai máis dependentes dos grupos que controlan este sector. Como dicíamos anteriormente, a demostrada dificultade para entrar en España e a ilegalidade na estadía marcan as súas vidas. Estas diferenzas agrávanse se os inmigrantes posúen unha formación específica en sectores como a industria, as reparacións e “outros servizos”, cando en Galicia teñen que empregarse noutras actividades nas que esa formación non é necesaria nin valorada. Esta situación obsérvase nos grupos de latinoamericanos con profesionais de “outros servizos” e no caso dos europeos do Leste coa industria, o comercio e as reparacións. Tamén hai que salientar as altas porcentaxes de inmigrantes que traballaban na agricultura nos seus países, sobre todo entre os colectivos africanos. A desestruturación que sofre hoxe este sector en Galicia, e a escasa presenza dunha actividade agraria de mercado fóra do ámbito familiar, provoca que aquí cambian de actividade.
164
A inmigraciรณn estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraciรณn
Figura 151. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo asiรกtico enquisado.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 152. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboraciรณn propia a partir dos resultados das enquisas
165
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 153. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 154. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
166
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 155. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
167
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
2.4. INGRESOS ECONÓMICOS MENSUAIS Os ingresos económicos mensuais dos inmigrantes en Galicia son baixos: algo máis do 50% declaran unha renda mensual por debaixo dos 600 euros, ascendendo ao 80% os que ingresan ata 900 €. Tan só un 5% dos entrevistados superan o límite dos 1.200 € mensuais. Cómpre tamén destacar o feito de que un de cada catro inmigrantes percibe por debaixo dos 300 € mensuais. Figura 156. Ingresos económicos mensuais dos inmigrantes enquisado en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Atendendo aos diferentes colectivos contemplados no estudo, atopamos diferenzas significativas, aínda que sempre dentro dunha tónica xeral de baixas rendas por persoa. A maior precariedade sófrea o colectivo subsahariano, cun 51% do seu total cunha renda inferior aos 300 € mensuais e un 21% entre 300 € e 600 €. De novo a irregularidade na entrada e a irregularidade legal na residencia marcan o seu futuro laboral (actividades igualmente informais) e, consecuentemente, uns ingresos económicos en moitos casos por debaixo do salario mínimo interprofesional. Soamente un de cada catro enquisados gaña máis de 600 € ao mes. Nunha situación semellante atópanse os magrebís e os asiáticos co 70% e o 65%, respectivamente, por debaixo dos 600 €. Chama a atención os baixos salarios medios dos asiáticos cando son os colectivos cunha situación laboral maioritariamente regulada. Neste sentido cabe reflexionar sobre os contratos na pesca (indonesios) e no comercio rexentado por cidadáns chineses. É dicir, unhas aparentes boas condicións de partida (contrato laboral e na orixe) non redunda nun salario axeitado. É máis, isto probablemente lles afecte negativamente; é un “prezo” que deben pagar. 168
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Pola contra, os naturais da Europa do Leste, son os que, comparativamente, perciben salarios superiores, aínda que dentro dunha situación xeral de baixos ingresos mensuais.
Figura 157. Ingresos económicos mensuais do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 158. Ingresos económicos mensuais do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
169
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 159. Ingresos económicos mensuais do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 160. Ingresos económicos mensuais do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
170
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 161. Ingresos econ贸micos mensuais do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
171
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
2.5. INGRESOS ECONÓMICOS MENSUAIS POR SEXO A porcentaxe dos homes inmigrantes entrevistados que perciben salarios superiores aos 900 € é dun 22% e entre as mulleres dun 18%. Polo tanto existe unha visible superioridade masculina atendendo aos niveis de renda, aínda que no nivel superior (máis de 1.200 €) a porcentaxe de mulleres é lixeiramente maior. Tamén é maior a porcentaxe de homes cos salarios inferiores. Deste xeito, a suposta superioridade masculina neste punto habería que relativizala. Ademais, cómpre anotar que o pluriemprego feminino (fundamentalmente no servizo doméstico como xa se apuntou) incide de xeito notable ao menor peso relativo que posúen nos niveis máis baixos de renda. Figura 162. Ingresos económicos mensuais da mostra segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Atendendo aos diferentes colectivos contemplados no estudo segundo o xénero, as diferenzas máis significativas a favor dos homes aprécianse mellor nos seguintes casos: Os colectivos asiático e magrebí destacan pola desproporción moi marcada no apartado de renda menor de 300 €: un 32% de mulleres fronte a un 7% de homes no caso asiático e, nos magrebís, a desproporción é do 40% fronte ao 27%, e entre os andinos, a superioridade é aínda máis evidente: un 40% dos homes gaña por riba dos 900 €, porcentaxe que duplica a de mulleres (20%). Unha situación semellante repítese nos europeos do Leste con porcentaxes incluso máis altas: un 42% de homes con renda superior aos 900 €, fronte ao 24% de mulleres. 172
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
No colectivo con maior precariedade, o subsahariano, as porcentaxes dos inmigrantes que perciben menos de 300 € son maiores entre os homes: o 57% fronte a un 42% de mulleres. Figura 163. Ingresos económicos mensuais do colectivo asiático enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 164. Ingresos económicos mensuais do colectivo andino enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
173
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 165. Ingresos económicos mensuais do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 166. Ingresos económicos mensuais do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
174
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 167. Ingresos econ贸micos mensuais do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
175
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
2.6. ÁMBITO TERRITORIAL DE RESIDENCIA NA ORIXE Os cambios de tipo espacial son importantes para avaliar o fenómeno da inmigración, incluídos os aspectos relacionados coa integración social na sociedade de acollida. A pesar da diversidade da estrutura urbana e dos sistemas urbanos e de poboamentos, das rexións orixinarias dos estranxeiros enquisados, consideramos conveniente clasificar o lugar de residencia en orixe a partir de dúas categorías. Por un lado, por tipo de espazo (urbano e rural). Por outro, por morfoloxía dos barrios, entramado urbano e/ou tipoloxías de vivenda en cada un dos espazos considerados. A inmensa maioría dos inmigrantes enquisados proveñen de espazos urbanos (73%), principalmente do centro das cidades (41%) e das barriadas periféricas (24%). Do 27% que residía en espazos rurais antes de emigrar, un 18% residía en vivenda unifamiliar no centro das vilas e un 8% en vivendas unifamiliares en espazos de poboamento máis ou menos illado. Polo tanto, nun e outro espazo, os estranxeiros residentes en Galicia proceden maioritariamente, de núcleos urbanos consolidados. Figura 168. Lugar de residencia no seu país antes de emigrar entre os inmigrantes enquisados en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
176
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 169. Lugar de residencia no seu país antes de emigrar entre os inmigrantes enquisados en Galicia. %
Espazo rural
Espazo urbano
0
10
20
30
Barriada periférica
Outros
24,25 4,79 2,79 7,98
Vivenda unifam iliar illada
17,56
Vivenda unifam iliar no centro da vila Outros
50 41,42
Centro
Asentam ento inform al
40
1,20
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas.
Figura 170. Lugar de residencia no país de orixe por colectivos entre os inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
177
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Por colectivos habería que resaltar a situación do asiático, no cal practicamente se equiparan aos residentes no ámbito urbano e no rural. O 50% que declara residir en asentamentos rurais corresponde aos indonesios, mentres que a outra metade que procede do espazo urbano corresponde, sobre todo, a outras nacionalidades, nomeadamente a China. Outro grupo que resalta é o subsahariano, cun comportamento máis disperso por todos os espazos, se cadra privilexiando o ámbito urbano pero non as zonas céntricas senón as barriadas e o asentamento informal. No resto dos colectivos maniféstase claramente a procedencia das zonas céntricas do espazo urbano, destacando o colectivo da Europa do Leste cunha porcentaxe que supera o 50%. A importancia do fenómeno urbano nesta rexión é sobradamente coñecido. Os movementos migratorios é un fenómeno fundamentalmente urbano (entre cidades e/ou áreas metropolitanas) nos países de América latina. O éxodo rural pasou a ocupar un lugar secundario na alimentación da emigración no interior nestas nacións. Da mesma maneira, a gran maioría dos andinos residentes en Galicia proceden de espazos centrais da cidade, por máis que moitos puideran nacer nun espazo rural. 2.7. LUGAR DE RESIDENCIA EN GALICIA En Galicia tamén encontramos aos inmigrantes asentados principalmente nos contornos máis urbanos, nas capitais de provincias, nas cabeceiras comarcais e nos concellos urbanos (ver figura 5).
178
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
2.8. ELECCIÓN DO LUGAR DE RESIDENCIA EN GALICIA A elección do concello ou comarca de residencia nos inmigrantes estranxeiros en Galicia está en función da oferta laboral. Isto é o habitual nun tipo de migración económica predominante como é a nosa. A diminución territorial da poboación estranxeira dun concello, facilmente extraíble de estatísticas publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (I.N.E.), así o demostra. Da mesma maneira, é posible acceder a datos de localización por distritos a partir dunha correcta xestión de datos do Padrón continuo de habitantes (I.N.E.) e incluso de información estatística propia elaborada polas oficinas de poboación dalgúns concellos. Non obstante, do que non obtemos datos é das causas que explican esta distribución no interior do concello ou da cidade. Segundo os resultados da nosa enquisa, as principais causas que inciden na elección do lugar de residencia dos inmigrantes en Galicia son:
x
O prezo da vivenda.
x
A proximidade ao traballo.
x
A proximidade a familiares e amigos.
Os inmigrantes entrevistados non perciben o “contorno urbano” e “a calidade de vida” como razóns decisivas para elixir onde vivir. Non obstante, aínda que estas cuestións non parecen prioritarias para eles, esgrimen argumentos que indican a necesidade de obter algún benestar onde residen que atinxen tanto á vivenda (por exemplo que teña calefacción e non presente humidades) como ao barrio (seguridade e ambiente non problemático).
179
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 171. Causa principal do lugar de residencia entre os inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Atendendo aos diferentes colectivos, obsérvase que o prezo da vivenda condiciona a decisión de escoller vivendas, pero con algunhas diferenzas en función do colectivo. Segundo as porcentaxes acadadas, os europeos do Leste (37%) e os andinos (31%) son os máis preocupados polo prezo do lugar de residencia. Pola contra, os asiáticos son os que menos peso lle dan a este aspecto (15%), primando a proximidade ao traballo (70%). Pola súa parte, os magrebís priorizan a proximidade a familiares e amigos (35%) e os subsaharianos outros aspectos como a ausencia de control e de trabas legais (a invisibilidade). Neste último caso, é un comportamento lóxico debido ao elevado número de “sen papeis”, pero igualmente estraño dados os seus baixos ingresos mensuais. A información proporcionada por esta pregunta resulta de especial interese e axúdanos a comprender moitos comportamentos e dinámicas socioterritoriais. Neste sentido, destacamos como aqueles colectivos onde predomina o traballo por conta allea non valoran especialmente a proximidade ao lugar de traballo á hora de buscar vivenda. Pensemos que, en moitos casos, son actividades con certa mobilidade (construción, servizo doméstico). Algo similar en aquelas nacionalidades con amplo peso na venda ambulante (magrebís e subsaharianos). Os chineses (no grupo dos asiáticos) son os inmigrantes máis emprendedores e os que máis traballan por conta propia (comercio). Precisamente son estes os que máis valoran a proximidade entre lugar de traballo e fogar. Isto é moi significativo e contribúe a explicar a formación de pequenos enclaves (en Galicia aínda non podemos falar de guetos) de chineses nalgunhas cidades. A proximidade a familiares e amigos é pouco importante para os asiáticos. 180
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Pola contra esta causa representa entre o 20% e o 35% dos factores de localización da vivenda no resto de grupos. Figura 172. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo asiático.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 173. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo andino enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
181
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 174. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo de Europa do Leste enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
182
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 175. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo magrebí enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 176. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo subsahariano enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
183
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 177. Principais causas que deciden o lugar de residencia segundo os colectivos de inmigrantes enquisados en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
184
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
2.9. RÉXIME DE TENENCIA DA VIVENDA A pesar do recente fenómeno inmigratorio dos colectivos estranxeiros estudados en Galicia, o réxime en propiedade está adquirindo certa notoriedade. Factor que axuda a comprender as expectativas de asentamento definitivo en Galicia e o seu grao de integración no mercado laboral. A inmensa maioría dos inmigrantes en Galicia viven en réxime de aluguer da vivenda na que residen (70%) e só un 9% en réxime de propiedade. Menos dun 5% consegue un aluguer social e un 16% ocupa unha vivenda que paga a empresa na que traballa. Figura 178. Réxime de tenencia da vivenda entre os inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos, reprodúcense estes comportamentos. Cómpre sinalar, unha vez máis, a situación do colectivo asiático, no que se producen diferenzas significativas entre as dúas nacionalidades maioritarias (chineses e indonesios). Mentres que os primeiros alugan a súa vivenda,
os
indonesios
son
aloxados
pola
empresa
contratante.
Lembramos
que
maioritariamente son contratados en orixe. Tamén hai que destacar que este colectivo ten a maior porcentaxe de propietarios de vivenda (15%), probablemente pola teórica maior “seguridade” laboral, as condición deficitarias da vivenda con habitacións alugadas pola empresa, tal e como puido comprobarse nalgúns casos.
185
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Outro colectivo cun comportamento significativo é o subsahariano, cunha porcentaxe bastante elevada (30%) de inmigrantes aloxados por compatriotas, á espera de regularizar a situación e atopar un traballo co que pagar ou compartir o aluguer. Unha vez máis, a ilegalidade inunda todos os seus comportamentos en destino. Está entre os colectivos que máis valoran a proximidade a amigos e familiares e o que menos interese lle presta á proximidade ao lugar de traballo, máis cando é o que máis tempo está en situación de desemprego. Os subsaharianos non están en condicións de adquirir vivenda en propiedade. A escaseza de contratos laborais, engadido aos escasos recursos económicos, dificulta o asinar un contrato de aluguer. Figura 179. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
186
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 180. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 181. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
187
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 182. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 183. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
188
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 184. R茅xime de tenencia da vivenda segundo os colectivos de inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
189
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
2.10. PROBLEMAS COA VIVENDA POLA CONDICIÓN DE INMIGRANTE Para o 77% dos entrevistados ser inmigrante non significa ou significou un agravante para poder acceder a unha vivenda en Galicia, xa sexa por compra ou aluguer. Sen embargo, o estudo desvela que para un 23% da mostra a condición de inmigrante si dificulta ou dificultou o acceso ao aluguer dunha vivenda nesta comunidade autónoma. Figura 185. ¿Teñen problemas os inmigrantes en Galicia co aluguer ou a compra da vivenda pola condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
O único colectivo para o cal este feito non constituiría un problema é o asiático, no cal só un 2% recoñece algunha dificultade pola súa condición de estranxeiro. Probablemente porque un número importante de enquisados son indonesio ocupados na pesca, onde o empresario lles facilita o aloxamento. Pola súa parte, un 20% dos colectivos andino e da Europa do Leste coinciden en indicar problemas pola súa condición de inmigrante no aluguer ou compra da vivenda. Os colectivos para os cales este aspecto se converte nun problema preocupante son os magrebís e os subsaharianos: un 42% e un 32%, respectivamente, declaran padecer esta dificultade aínda na actualidade, precisamente os inmigrantes enquisados con trazos físicos máis diferentes á poboación autóctona, xunto aos asiáticos.
190
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 186. ¿Ten problemas o colectivo asiático enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 187. ¿Ten problemas o colectivo andino enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
191
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 188. ¿Ten problemas o colectivo da Europa do Leste enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 189. ¿Ten problemas o colectivo magrebí enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
192
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 190. ¿Ten problemas o colectivo subsahariano enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
193
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
2.11. PAGO DE ALUGUER Figura 191. Número de persoas coas que reparte o pago do aluguer os inmigrantes enquisados en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Un comportamento habitual entre os inmigrantes é compartir vivenda para afrontar entre varios o pago do aluguer. Neste caso os resultados revelan a maior frecuencia dos pagos entre tres (40%), entre dúas (21%) ou entre catro persoas (19%). Por colectivos reprodúcense os comportamentos medios, pero hai que destacar algunhas incidencias que desvela o estudo que, sen chegar a ser representativas estatisticamente (o 5%), son dignas de mención. Así, entre os subsaharianos e magrebís hai casos illados de persoas que declaran compartir o aluguer da vivenda con 10, 15, 20 e ata 35 persoas. Cando falan de compartir non só se refiren ao diñeiro, posto que xeralmente moitos deles son aloxados como convidados pola súa condición de acabados de chegar e establecen acordos tácitos que os responsabilizan das tarefas domésticas mentres non regularizan a súa situación. Polo tanto, compartir residencia con outras persoas (sexan familiares ou amigos) é un comportamento habitual, sendo os subsaharianos son os que viven con maior número de persoas. No extremo oposto están os europeos do leste, que parecen residir en vivendas con poucas persoas. Así, por exemplo, estes son o colectivo con máis vivendas de dúas persoas e os que menos comparten con tres ou máis.
194
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 192. N煤mero de persoas con que reparten o pago do aluguer os diferentes colectivos inmigrantes enquisados en Galicia
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
195
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
2.12. REMESAS Figura 193. Porcentaxes de inmigrantes por colectivos que envía diñeiro mensualmente aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Do total dos inmigrantes entrevistados, un 61% declara que envía regularmente diñeiro aos seus familiares. Segundo estes resultados, e tomando como referencia os totais de cada colectivo, destacan os asiáticos e os andinos (81% e 71% respectivamente), co maior número de persoas que envían unha remesa ao seu país. As remesas adoitan ser de ata 500 €, aínda que a maioría dos inmigrantes só manda mensualmente arredor de 100 € (o 54%). A primeira evidencia derivada destes datos é que ou ben os ingresos son maiores dos declarados ou aos inmigrantes réstalles moi pouco diñeiro para a vida diaria despois de enviar remesas ao seu país. Por colectivos obsérvanse diferenzas apreciables. No colectivo asiático, a pesar de aparecer como o que envía máis diñeiro aos seus, danse comportamentos distintos nas dúas nacionalidades máis representativas (chineses e indonesios). Entre o 47% que envía o mínimo (100 €) atopamos aos chineses, mentres no 46% que fai un esforzo notable mandando practicamente todos os seus ingresos ao país de orixe (500 €) están os indonesios que traballan na pesca. Independentemente das diferenzas culturais e sociais, os indonesios manteñen a súa familia no seu país; mentres un bo número de chineses están reagrupados en Galicia. Preto do 50% dos colectivos andino e da Europa do Leste envían arredor de 100 €, mentres o resto oscila entre os 200 € e os 400 €. No colectivo magrebí, o 90% sitúase entre os que envían 100 € (o 51%) e 200 € (o 39%).
196
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Pola súa banda, nos inmigrantes subsaharianos máis do 70% manda 100 € e un 23% envía 200 €. O envío de diñeiro remitido por andinos, europeos do leste e magrebís ten similitudes. Isto nun contexto no que son os europeos os que obteñen salarios comparativamente máis elevados. Os subsaharianos son os que contan con máis dificultades económicas e teñen menos capacidade de aforro e, consecuentemente, envían menores cantidades de diñeiro aos seus familiares en África. En relación ao lugar de residencia, o aforro no aluguer de vivenda pode ir destinado ao envío de remesas nos colectivos de europeos de leste e andinos, fundamentalmente. Figura 194. Cantidade de diñeiro que envían os inmigrantes enquisados mensualmente aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
197
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 195. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo asiático enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas.
Figura 196. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo andino enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
198
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 197. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo de Europa do Leste enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 198. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo magrebí enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
199
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 199. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo subsahariano enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
200
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
CONCLUSIÓNS Como resumo deste capítulo podemos destacar os seguintes aspectos con carácter xeral: 1.
A situación laboral respecto aos seus lugares de orixe mostra un incremento do número de persoas ocupadas. Isto afecta sobre todo ás mulleres moitas das que pasan de ser amas de casa a teren un traballo remunerado. Pola contra, advertimos que entre os homes sube algo a porcentaxe de desempregados.
2.
No relativo á comparativa entre as ramas de actividade en orixe e destino observamos un incremento
moi
importante
na
hostalaría
e
no
servizo
doméstico,
sectores
tradicionalmente moi feminizados, designadamente este último. Aumenta tamén a venda ambulante, a construción e algo a pesca. No lado contrario, diminúen actividades como o comercio, a agricultura, a industria e, particularmente, os servizos profesionais. 3.
En canto aos ingresos, practicamente o 80% declaran menos de 900 € por mes, sendo esta porcentaxe lixeiramente inferior entre os homes. Estes baixos ingresos condiciona a necesidade de traballo para varios membros da unidade familiar ou/e partillar o alugueiro da vivenda. De feito o pagamento da vivenda efectúase no 80% dos casos entre 2 e 4 persoas.
4.
En relación ao anterior, observamos que malia que o 61% envía regularmente diñeiro aos seus países de orixe, o 53’5% remite menos de 100 € mensuais e o 24% entre 100 e 200.
5.
Finalmente, no relativo á vivenda o 77% declara non ter encontrado problemas á hora de alugala. Esta fórmula é a máis recorrida (67%) aínda que hai un significativo 9% que a ten en réxime de propiedade. Na hora de escoller a localización da vivenda, o prezo é o principal condicionante, sen esquecer que variables como a proximidade ao traballo ou ás redes sociais de familiares e amigos acadan máis do 20% cada unha.
201
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
3. redes de integraci贸n
203
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
3.1. VALORACIÓN DO TRATO E RESPECTO RECIBIDOS EN GALICIA POR PARTE DA POBOACIÓN AUTÓCTONA A poboación estranxeira enquisada manifesta un trato medianamente respectuoso por parte dos galegos. A maioría así o constatan. Non obstante, é preocupante a visión negativa que perciben case un 40% da poboación e, especialmente a poboación masculina de orixe asiático (valoran as condicións laborais dalgúns indonesios e o escaso nivel de integración aparente dos chineses); os homes orixinarios dalgún país andino; as mulleres de Europa do leste e, sobre todo, o sexo feminino dos dous grandes colectivos africanos estudados. Segundo as respostas acadadas, unha alta porcentaxe dos inmigrantes que viven hoxe en Galicia séntense respectados e ben tratados polos galegos (62%). Esta valoración positiva contrasta co 34% que considera de regular a moi malo o trato e o respecto recibidos, que aínda pode ser maior se consideramos o 6% de non respostas. Figura 200. Valoración dos inmigrantes enquisados do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
205
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 201. Valoración dos inmigrantes enquisados en Galicia do trato e respecto recibidos por parte da poboación autóctona segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos obsérvase que os andinos son os que valoran de forma máis positiva o trato e o respecto recibidos polos galegos. Os que máis dubidan neste sentido son os asiáticos, cunha porcentaxe moi alta de non respostas (38%). Os magrebís e os subsaharianos dividen as súas opinións con proporcións bastantes similares entre valoración positiva e negativa (49% e 45% respectivamente). Por sexo, aínda que as diferenzas porcentuais non son moi significativas, en sentido xeral as mulleres perciben un mellor trato. Cando detallamos os comportamentos por colectivos as diferenzas fanse máis visibles. Dentro do colectivo asiático maniféstase unha clara diferenciación entre o comportamento de indonesios e chineses. Os primeiros, todos homes, inclínanse pola resposta N/S ou N/C, o que indica ou ben unha ausencia de trato ou ben unha valoración negativa que o entrevistado non quere declarar. Pola súa banda, os chineses fan unha valoración positiva, sobre todo as mulleres, do trato e respecto recibidos por parte da poboación galega, coincidindo neste punto co colectivo andino no que tamén son as mulleres as que mellor valoran este aspecto. No resto dos colectivos, o comportamento é o contraio: son as mulleres as que peor valoran o trato recibido, principalmente os colectivos magrebí e subsahariano, nos cales máis do 60% das mulleres o cualifican de regular ou malo. A pesar de que a valoración que teñen dos galegos e maioritariamente positiva, debemos reflexionar sobre unha inmigración que, tanto en termos absolutos pero sobre todo relativos, está entre a menos importante (numericamente falando) das comunidades autónomas do 206
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
estado español. Coa información obtida a peor percepción do trato recibido parece non estar relacionada co tipo de traballo desenvolvido e/ou ingresos mensuais percibidos. É dicir, as variable económica e laboral non di moito ao respecto. Figura 202. Valoración do colectivo asiático enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 203. Valoración do colectivo asiático enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
207
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 204. Valoración do colectivo andino enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 205. Valoración do colectivo andino enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
208
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 206. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 207. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
209
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 208. Valoración do colectivo magrebí enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
210
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 209. Valoración do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 210. Valoración do colectivo subsahariano enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
211
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 211. Valoración do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
212
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
3.2. VALORACIÓN DO TRATO E RESPECTO RECIBIDOS EN GALICIA POR PARTE DOS OUTROS COLECTIVOS DE INMIGRANTES En cifras globais o trato e respecto percibido é máis positivo en relación a outros colectivos. Os inmigrantes en Galicia cren que entre eles se respira un ambiente de respecto e cualifican moi positivamente o trato recibido por parte doutros colectivos de inmigrantes (67%). Esta situación é incluso mellor valorada polas mulleres. Non obstante, un 23% tanto de homes como de mulleres considera que a situación é mellorable. Figura 212. Valoración dos inmigrantes enquisados do trato e respecto recibidos en Galicia por parte doutros inmigrantes estranxeiros
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
213
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 213. Valoración dos inmigrantes enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos, as principais diferenzas de opinión establécense de novo entre os asiáticos, cunha alta porcentaxe de non respostas (o 40%) e cun 32% de valoracións negativas (regular). Ademais, este colectivo é o único que percibe dificultades na interrelación cultural entre os diversos colectivos de inmigrantes, mentres o resto de grupos supera amplamente o 70% de valoracións positivas. Neste sentido cómpre sinalar que as porcentaxes de non respostas corresponden, unha vez máis, aos indonesios, e non ao total dos asiáticos. Para o resto dos colectivos as diferenzas de opinión atendendo ao xénero reproducen os comportamentos globais do total da mostra.
214
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 214. Valoración do colectivo asiático enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 215. Valoración do colectivo asiático enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
215
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 216. Valoración do colectivo andino enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 217. Valoración do colectivo andino enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
216
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 218. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 219. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
217
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 220. Valoración do colectivo magrebí enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 221. Valoración do colectivo magrebí enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
218
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 222. Valoración do colectivo subsahariano enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 223. Valoración do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
219
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
3.3. VALORACIÓN DO GRAO DE RELACIÓN DOS INMIGRANTES COA POBOACIÓN GALEGA NA VIDA DIARIA O 67% dos estranxeiros valoraron como bo ou moi bo o trato mostrado pola poboación galega. Ao redor do 55% estiman que teñan relacións alta ou moi alta cos galegos. Pola contra, un 10% non ten relación ningunha cos galegos, cando a percepción de trato malo ou moi malo non chegou ao 8% dos enquisados. Por último, un 33% cualifica o grao de relación como baixo ou moi baixo. Figura 224. ¿Como valoran os inmigrantes enquisados o seu grao de relación coa poboación galega na vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
220
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 225. ¿Como valoran os inmigrantes enquisados (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Na cuestión de xénero obsérvase que as mulleres inmigrantes teñen un maior grao de relación coa poboación galega que os homes; así o testemuña máis do 60%, que valoran como alta ou moi alta a relación existente. Ademais, do 10% de inmigrantes que consideran a súa relación coa poboación galega como nula, a porcentaxe masculina duplica á feminina. O traballo das mulleres, sobre todo no servizo doméstico, implica un maior nivel de relación co resto da poboación. Por colectivos, as diferenzas máis notables aparecen nas respostas dos asiáticos: un 43% declara non ter relación ningunha coa poboación galega na súa vida diaria, mentres o resto de colectivos superan o 50% de valoracións positivas. Porén, atendendo ao xénero obsérvase que o 55% das mulleres asiáticas consideran boa esta relación, fronte ao 55% dos homes que a cualifican como inexistente. O tema lingüístico podo influír neste nivel de relación tal e como teremos ocasión de comprobar máis adiante, case o 55% dos asiáticos descoñecen o galego e sobre o 38% o castelán. Non obstante, esta relación non se explica unicamente por factores lingüísticos e hai que recorrer a razóns eminentemente culturais. Atendendo ao xénero do resto dos colectivos, mentres que no andino, tanto os homes como as mulleres reproducen os comportamentos medios, no grupo da Europa do Leste son as mulleres as que mellor valoran o grao de relación coa poboación galega. Por último, as mulleres do Magreb e as subsaharianas valoran peor que os homes este grao de relación. Lembremos que as mulleres europeas están ocupadas fundamentalmente na hostalería e o 221
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
servizo doméstico. As africanas en xeral teñen taxas de actividade moito máis baixas que os homes. As mulleres magrebís están ocupadas na venda ambulante na súa maioría, e as subsaharianas no servizo doméstico.
Figura 226. ¿Como valora o colectivo asiático enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 227. ¿Como valora o colectivo asiático enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
222
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 228. ¿Como valora o colectivo andino enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 229. ¿Como valora o colectivo andino enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
223
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 230. ¿Como valora o colectivo de Europa do Leste enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
224
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 231. ¿Como valora o colectivo de Europa do Leste enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 232. ¿Como valora o colectivo magrebí enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
225
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 233. ¿Como valora o colectivo magrebí enquisado (por sexo) o grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
226
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 234. ¿Como valora o colectivo subsahariano enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 235. ¿Como valora o colectivo subsahariano enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
227
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
3.4. FACTOR MÁIS DETERMINANTE NA DECISIÓN DE INSTALARSE EN GALICIA Na pregunta relativa a motivos de desprazamento a Galicia, vista con anterioridade, máis do 57% dos enquisados responderon que factores laborais, e un 78,3% causas familiares. Ademais, a proximidade a familiares e amigos aparecía como o terceiro factor determinante á hora de buscar vivenda no concello para o conxunto dos inmigrantes. Pois ben, na cuestión que nos ocupa unha variable afectiva, como é a existencia de familia ou amigos residindo en Galicia, é a principal causa que esgrimen os enquisados á hora de tomar a decisión de vir a Galicia e non a outra rexión ou país. En definitiva, para os inmigrantes, os dous factores con máis peso á hora de instalarse en Galicia foron: a presenza de familia e amigos xa asentados en Galicia (47%) e a oferta dun contrato de traballo (27%). É dicir, a enquisa estanos a dicir que a inmigración está case exclusivamente motivada por causas laborais, pero o principal factor que leva aos inmigrantes a elixir Galicia é a presenza de familiares e amigos que xa están instalados no noso país. Aínda que así ocorre tanto para homes como para mulleres, as figuras evidencian que as redes socias e as relacións familiares son un factor decisivo para case o 60% das mulleres inmigrantes que viven hoxe nesta comunidade autónoma, fronte ao 40% dos homes. Por outra parte, hai unha superioridade porcentual de homes que emigran por unha oferta de traballo (30%), fronte a un 22% de mulleres que consideran este factor determinante á hora de establecerse neste territorio. Por colectivos, a única excepción á resposta máis repetida a esta pregunta é a presentada polos asiáticos e, máis especificamente, do sexo masculino. Os asiáticos homes priman na elección de Galicia os factores laborais (contrato de traballo). Lembremos a importante contratación en orixe a este colectivo. De todas formas, os asiáticos tamén repetían causas relacionadas con aspectos laborais como a proximidade ao lugar de traballo, á de buscar vivenda; e é o colectivo que máis destacou os motivos laborais entre os motivo de emigración ao noso país.
228
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 236. Factores determinantes entre o conxunto de inmigrantes enquisados na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 237. Factores determinantes entre os inmigrantes enquisados na súa decisión de instalarse en Galicia segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
229
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Por colectivos, o factor máis decisivo para o colectivo asiático é a oferta dun contrato de traballo. De feito, o 64% dos homes así o testemuñan. Para o 63% das mulleres o aspecto primordial é a presenza de amigos e familiares xa asentados en Galicia. Para os inmigrantes andinos e magrebís a presenza de amigos e familiares resulta decisiva e adquire aínda maior relevancia que a oferta dun contrato de traballo, sobre todo para as mulleres (70%). Por esta orde, son tamén os que máis valoraron, entre os colectivos estudados, a proximidade a amigos e familiares. No colectivo da Europa do Leste tamén gaña esta opción nos dous xéneros, pero a oferta dun contrato de traballo é mencionada por un 30% dos homes. O mesmo sucede cos subsaharianos, os cales, ademais da presenza de amizades e familiares, indican como factor determinante a redistribución territorial, importa polo estado entre os que chegan de xeito non legal ás costas do sur e insulares, gran alivio en certo modo ás cargas sociais que iso supón nas Comunidades Autónomas de chegada das ondas de inmigrantes. En conclusión, existen evidencias da existencia de fortes vínculos sociais, probablemente a través de construción de redes, entre nacionais inmigrantes. Isto é especialmente importante entre a poboación andina e entre os magrebís. A situación asiática é máis complexa, en parte debido aos contratos económicos laborais e culturais entre as dúas nacionalidades máis estudadas (indonesios e chineses).
230
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 238. Factores determinantes no colectivo asiático enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 239. Factores máis determinantes para o colectivo asiático enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
231
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 240. Factores máis determinantes para o colectivo andino enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 241. Factores máis determinantes para o colectivo andino enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
232
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 242. Factores máis determinantes para o colectivo de Europa do Leste enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 243. Factores máis determinantes para o colectivo do Europa do Leste enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
233
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 244. Factores máis determinantes para o colectivo magrebí enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 245. Factores máis determinante para o colectivo magrebí enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
234
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 246. Factor máis determinantes para o colectivo subsahariano enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 247. Factores máis determinantes para o colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
235
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
3.5. GRAO DE IDENTIFICACIÓN CON GALICIA Figura 248. Grao de identificación con Galicia dos inmigrantes enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 249. Grao de identificación con Galicia dos inmigrantes enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
236
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Esta pregunta é necesario analizala conxuntamente coa que lle sigue. O grao de identificación dos inmigrantes entrevistados con Galicia non pode considerarse satisfactorio. A porcentaxe dos que non se senten identificados con Galicia é maior cá porcentaxe dos que consideran esa identificación como alta ou moi alta (54% fronte a 46%). Atendendo ao xénero, a percepción cambia: para o 52% das mulleres a identificación é alta ou moi alta, fronte ao 40% dos homes. Esta identificación non ten correspondencia coa valoración de trato e respecto por parte dos galegos (onde primaban as opinións boas ou moi boas); ou algunhas das respostas que a continuación, relacionamos en relación a posibles futuros destinos emigratorios. É dicir, en conxunto, os inmigrantes enquisados en máis dun 60% pretenden quedar en Galicia; un 62% aconsellaría Galicia como destino emigratorio a familiares e amigos e, para un 66%, os aspectos lingüísticos (galego e castelán) non lle producen problemas para o desenvolvemento da actividade laboral que, lembremos, é o principal motivo de desprazamento ao noso país. Por colectivos, os que menos identificados se senten son os asiáticos (70% entre baixo e nada) e desta porcentaxe son maioría os homes indonesios: para o 55% a identificación é inexistente, mentres que o 54% das mulleres asiáticas se senten identificadas con Galicia nun grao alto ou moi alto. Interesante o tema dos asiáticos, onde á falta de relación entres eles engadímoslle baixos niveis de integración no país de acollida. Evidentemente, algo está a fallar. Como noutros aspectos, as mulleres mostran unha actitude máis positiva, afectiva e posiblemente optimista. Isto estanos proporcionando pistas sobre con qué sexo pode ser máis interesante traballar nun inicio. Non obstante, e aínda que novamente destaquemos a resposta das mulleres, os asiáticos son o colectivo que menos importancia lles conceden ás boas relacións sociais e a amigos galegos. Por outra parte, os que máis se identifican con Galicia son os inmigrantes da Europa do Leste (60% entre alto ou moi alto), sobre todo as mulleres deste grupo (65%). Xunto á alta valoración do nivel de vida en Galicia (moi destacado polas mulleres) é positivo as boas relacións con galegos, un bo síntoma da integración que eles mesmos manifestan. No resto dos colectivos, aínda que reproducen os comportamentos medios, as mulleres son as que menos se senten identificadas con Galicia: por exemplo, o 22% das andinas e o 27% das magrebís non se identifican en absoluto con Galicia, mentres para o 45% das subsaharianas a identificación resulta baixa ou moi baixa. E isto, a pesar que as mulleres andinas recoñecen ter boas relacións con galegos. Moi diferente é a situación do sexos feminino magrebí que valora especialmente o nivel de vida, sen concederlles importancia ás 237
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
relacións e amigos galegos. Por último, as difíciles condicións de vida dos subsaharianos non facilitan o seu sentimento de integración, a pesar de valorar o nivel de vida acadado en Galicia. Figura 250. Grao de identificación con Galicia do colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
238
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 251. Grao de identificación con Galicia do colectivo asiático enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 252. Grao de identificación con Galicia do colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
239
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 253. Grao de identificación con Galicia do colectivo andino enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 254. Grao de identificación con Galicia do colectivo de Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
240
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 255. Grao de identificación con Galicia do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 256. Grao de identificación con Galicia do colectivo magrebí enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
241
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 257. Grao de identificación con Galicia do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 258. Grao de identificación con Galicia do colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
242
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 259. Grao de identificaci贸n con Galicia do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
243
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
3.6. FACTOR MÁIS INFLUENTE NO GRAO DE IDENTIFICACIÓN CON GALICIA Figura 260. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia dos inmigrantes enquisados
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 261. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia entre os inmigrantes enquisados segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
244
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Nunha visión de conxunto obsérvase que o factor que máis inflúe no grao de identificación dos inmigrantes con Galicia é o nivel de vida acadado; así o establece o 33% da mostra. Tamén inflúen as boas relacións sociais e a existencia de amigos galegos (23%). Aparecen, ademais, outros factores no apartado de “outros”, de carácter intanxible como: a seguridade, a tranquilidade, a invisibilidade (no caso dos “sen papeis”), ou o ritmo social menos acelerado que noutras rexións (20%). A perspectiva do xénero evidencia que para as mulleres, xunto co nivel de vida (37%) e as boas relacións (22%), tamén incide o feito de ter fillos nados en Galicia (22%). Pola contra, para os homes, ademais do nivel de vida, os factores intanxibles xa mencionados resultan relevantes. Por colectivos, as diferenzas máis remarcables aparecen no colectivo asiático, no que o 52% dos homes sinala o feito de ser descendente de inmigrante e o 47% das mulleres indica o feito de ter fillos nados en Galicia. Os andinos consideran o nivel de vida e as boas amizades e relacións en Galicia como os factores de identificación máis importante e, incluso, por xénero as diferenzas apenas son apreciables. O mesmo sucede cos europeos do Leste e os magrebís, aínda que na cuestión de xénero nos dous colectivos se perciben diferenzas. O factor do nivel de vida é máis destacado polas mulleres, mentres que as boas relacións e a presenza de amigos galegos adquire maior relevancia para os homes. Os subsaharianos, ademais do nivel de vida, escollen outros factores de carácter intanxible, como a seguridade, a discreción e a invisibilidade. Este último aspecto resulta moi importante, sobre todo, para os homes do colectivo. As mulleres, en cambio, fan fincapé no feito de ter fillos nados en Galicia (21%).
245
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 262. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia do colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 263. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo asiático enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
246
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 264. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 265. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo andino enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
247
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 266. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo de Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 267. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
248
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 268. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo magrebí enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 269. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo magrebí enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
249
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 270. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 271. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
250
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
3.7. COÑECEMENTO DO GALEGO E DO CASTELÁN Figura 272. ¿Os inmigrantes en Galicia entenden o galego ou o castelán?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
En sentido xeral, os inmigrantes en Galicia entenden máis o castelán có galego; de feito, só un 8% declara descoñecer por completo a lingua castelá, fronte a un 24% que afirma non entender nada de galego. Por outra parte, case o 50% considera alto o seu nivel de entendemento do castelán mentres só un 15% admite entender perfectamente o galego. A situación por colectivos é a seguinte: Deixando á marxe o colectivo andino que non sofre barreiras lingüísticas, aprécianse diferenzas nos demais estranxeiros respecto á compresión e ao dominio das linguas galega e castelá. O colectivo asiático é o que menos domina estes dous idiomas: un 55% recoñece que non sabe nada de galego e un 38% admite descoñecer por completo o castelán. Pola contra, os inmigrantes de Europa do Leste entende ben o galego nun 60% e máis do 80% desenvólvese ben en castelán.
251
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 273. ¿Entende o colectivo asiático o galego ou o castelán?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 274. ¿Entenden os andinos o galego ou o castelán?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
252
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 275. ¿Entende o galego ou o castelán o colectivo de Europa do Leste?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 276. ¿Entende o galego ou o castelán o colectivo magrebí?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
253
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 277. ¿Entende o galego ou o castelán o colectivo subsahariano?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
254
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
3.8.
¿CONDICIONAN OS INMIGRANTES?
PROBLEMAS
LINGÜÍSTICOS
A
ACTIVIDADE
DOS
Figura 278. Condicionan os problemas lingüísticos a actividade dos inmigrantes en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
O nivel de coñecemento lingüístico condiciona en máis casos dos previamente esperados, algún tipo de trabas no desenvolvemento da actividade nos estranxeiros. Segundo as respostas acadadas, os problemas lingüísticos condicionan a actividade dun 30% da mostra enquisada. Esta porcentaxe, considerablemente alta, recoñece que as dificultades lingüísticas limitan a súa integración e actividade profesional en Galicia. A situación é preocupante. Polo tanto, as accións neste sentido deberán reforzarse para mellorar tanto a información como a accesibilidade á ensinanza da lingua. O colectivo subsahariano (58%) é o mais afectado polas barreiras lingüísticas no seu proceso de integración en Galicia, seguido polo magrebí (39%) e o asiático (31%). Por outra parte, un 23% do colectivo da Europa do Leste admite ter problemas na súa actividade a causa da lingua e un 8% do colectivo andino tamén recoñece dificultades, sobre todo, co galego. A difícil situación dos subsaharianos, dende o desprazamento ao asentamento, inflúe nun probable menor trato con galegos. A irregularidade (legal e/ou de residencia, laboral, etc..) acaba reducíndoos a guetos (residenciais, barriais, laborais, etc..). Neste contexto máis guetiano, excluído e “invivible” a lingua galega e castelá e valorada como algo alleo, coa que non manteñen un contacto directo diario, salvo para o máis imprescindible. No lado oposto están os europeos do leste que, a teor de todas as variables estudadas, son os que teñen unha visión máis positiva do noso país, ata o punto de manifestar, nun 75%, que a lingua non é un problema para eles. 255
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Os problemas manifestados polos asiáticos coa lingua poden entendelos como unha causa pero tamén unha consecuencia das súas dificultades de integración e tendencia á guetización.
Figura 279. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo asiático enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 280. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo andino enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
256
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 281. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo enquisado da Europa do Leste en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 282. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo magrebí enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
257
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 283. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo subsahariano enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
258
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
3.9. PRÓXIMO DESTINO MIGRATORIO Con estes tres últimos puntos entramos na visión de futuro dos inmigrantes, tanto para eles mesmos como para outros compatriotas que queiran emigrar. Figura 284. Próximo destino migratorio proxectado polos inmigrantes enquisados en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Menos de un de cada catro entrevistados pretende retornar ao seu país, e máis da metade quere quedar en Galicia de forma definitiva. Esta gráfica confirma a intención dos inmigrantes que hoxe residen en Galicia de establecerse definitivamente neste territorio. As porcentaxes máis altas de respostas sinalan Galicia como o destino migratorio definitivo (un 61%); e a este dato hai que sumar un 18% que ten proxectado permanecer en España (12%) ou moverse a outro país (un 6%). Polo tanto, só preto do 22% concibe a emigración cun carácter temporal, proxectando retornar ao seu país de orixe. Estes comportamentos cambian substancialmente as tendencias migratorias de décadas pasadas, polo que estamos en presenza dun inmigrante que procura a integración no territorio de acollida que espera converter na súa segunda patria. Aínda que por termo medio os inmigrantes entrevistados teñen a intención de permanecer en Galicia, prodúcense diferenzas entre os colectivos. As gráficas que se mostran a continuación permiten contemplar as tendencias de cada colectivo. No grupo asiático os resultados contrapóñense aos resultados globais. Unha alta porcentaxe, a metade da mostra, ten proxectado retornar ao seu país de orixe, mentres só un 259
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
25% prevé establecerse en Galicia de maneira definitiva. Para entender mellor estes resultados hai que recordar que este colectivo presenta un elevado número de contratos laborais en orixe (o 67%), dun ano de duración, que obrigan ao inmigrante a retornar ao seu país para poder ser contratado de novo. Esta situación, ademais, limita as reagrupacións familiares. Por outra parte, a intención de trasladarse a outra Comunidade Autónoma tamén é superior á doutros colectivos e alcanza case o 20%. Pola súa parte, o colectivo andino reproduce os comportamentos medios, declarando maioritariamente a súa intención de establecerse de maneira definitiva en Galicia (o 55% dos entrevistados), mentres un 25% desexa retornar ao seu país e un 10% proxecta trasladarse a outra Comunidade Autónoma. Os inmigrantes da Europa do Leste presentan a maior porcentaxe dos que desexan establecerse en Galicia (un 77%) e, ademais, só un 11% pensa retornar ao seu país de orixe. Lembremos o alto nivel de identificación con Galicia xa comentado e as valoracións case sempre positivas da súa estadía. Tanto o colectivo magrebí como o subsahariano reproducen os comportamentos xerais. As porcentaxes dos que deciden permanecer definitivamente en Galicia son tamén moi altas, entre o 50% e o 60%. Respecto á intención de retornar aos seus países de orixe, as porcentaxes non son significativas, oscilando entre o 10% e o 12%.
260
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 285. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 286. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
261
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 287. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo da Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 288. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo magrebí enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
262
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Resultados:redes de integraci贸n
Figura 289. Pr贸ximo destino migratorio proxectado polo colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboraci贸n propia a partir dos resultados das enquisas
263
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
3.10. NO CASO DE QUE SE MOVESE DE NOVO ¿CAL SERÍA O MOTIVO? Figura 290. No caso de que os inmigrantes enquisados en Galicia se movesen de novo, ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
As respostas aquí obtidas confirman as motivacións económicas da inmigración: un 60% aduce estas razóns, mentres as de tipo familiar tamén pesan nesta decisión, xa que un 24% declara que acompañaría aos seus familiares se estes se trasladasen fóra de Galicia. Pola contra, os demais factores (culturais, climáticos e outros) apenas adquiren relevancia. A maior parte dos colectivos presenta comportamentos semellantes, a excepción do asiático: para este grupo cobran máis peso as motivacións familiares (54%), por riba das laborais (31%), probablemente polo tipo de estadía e traballo dos indonesios porque noutros aspectos do estudo tivemos ocasión de comprobar a importancia que os asiáticos dan ás variables de tipo económico e laboral. Por outra parte, nos colectivos subsahariano e andino as razóns laborais adquiren o maior protagonismo (73% e 64% respectivamente). Aspectos climáticos ou culturais, identificativos de Galicia, non parecen afectar negativamente aos estranxeiros residentes.
264
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 291. No caso de que os inmigrantes do colectivo asiático enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 292. No caso de que os emigrantes do colectivo andino enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
265
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 293. No caso de que os emigrantes do colectivo de Europa do Leste enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 294. No caso de que os emigrantes do colectivo magrebí enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
266
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 295. No caso de que os emigrantes colectivo subsahariano enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
267
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
3.11. ¿ACONSELLARÍA GALICIA A AMIGOS OU FAMILIARES QUE QUEIRAN EMIGRAR? Figura 296. ¿Aconsellaría Galicia a amigos e familiares que viven fora e queiran emigrar?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Para medir o nivel de satisfacción dos inmigrantes que residen en Galicia en relación coas súas expectativas iniciais, preguntouse se aconsellarían Galicia a amigos e familiares que viven fóra e desexen emigrar. Como pode observarse, unha ampla maioría (62%) respondeu afirmativamente, unha cuarta parte da mostra non recomendaría Galicia e un 13% aínda non o sabe ou opta por non contestar Os colectivos que afirman con maior rotundidade que aconsellarían Galicia como destino migratorio aos seus familiares e amigos son o asiático e o andino (70%) e os que menos recomendarían este destino serían, segundo as porcentaxes acadadas, os magrebís (54%) e os subsaharianos (55%). Sen dúbida, estas respostas son un bo resumo do grao de satisfacción da estadía en Galicia dende todos os puntos de vista: laboral, cultural e lingüístico, de trato e respecto, etc. Neste sentido sobresaen, por un lado, as manifestacións positivas dos asiáticos, cando son un colectivo que, por diversas circunstancias, non ten relacións coa poboación galega, teñen dificultades lingüísticas e a un 49.60% gustaríalle retornar ao seu país. E por outro destacamos que só un 62% dos europeos do leste aconsellarían Galicia, cando comprobamos a visión optimista que teñen da estadía no noso país.
268
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 297. ¿Os inmigrantes do colectivo asiático enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 298. ¿Os inmigrantes do colectivo andino enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
269
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
Figura 299. ¿Os inmigrantes do colectivo de Europa do Leste enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 300. ¿Os inmigrantes do colectivo magrebí enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
270
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
Figura 301. ¿Os inmigrantes do colectivo subsahariano enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
CONCLUSIÓNS 1.
A valoración xeral sobre o nivel de integración dos estranxeiros entrevistados non é totalmente satisfactoria.
2.
O nivel de integración dos inmigrantes é moi diferente segundo o colectivo estranxeiro estudado.
3.
A capacidade de construír redes, incluso entre persoas da mesma nacionalidade, difire notablemente en función da orixe e da historia emigratoria.
4.
Os inmigrantes estranxeiros séntense lixeiramente mellor tratados por parte doutros colectivos de estranxeiros que por parte da poboación autóctona.
5.
O sexo é unha variable fundamental para analizar o diferente nivel de integración dos colectivos e a súa capacidade para crear redes.
271
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
6.
No conxunto dos colectivos, as mulleres séntense mellor tratadas que os homes (tanto por parte da poboación galega como por parte doutros inmigrantes de nacionalidade estranxeira), perciben un máis alto nivel de relación coa poboación galega e séntense máis identificadas con Galicia. As excepcións están nos colectivos africanos (magrebís e subsaharianos).
7.
A condición de europeos pode ser un factor decisivo na avaliación positiva da súa estadía en Galicia por parte dos europeos do Leste.
8.
No lado oposto están os subsaharianos debido, probablemente, á difícil entrada no país e ao complexo proceso de legalización. Isto está derivando na construción de auténticos guetos (residenciais, laborais, socioculturais...).
9.
Na poboación andina, factores lingüísticos e culturais inflúen nunha percepción razoablemente favorable do trato recibido e, en conxunto, das condicións da estadía en Galicia.
10. O feito de que a maioría dos inmigrantes elixiron Galicia pola presenza de amigos ou familiares residindo no país demostra a existencia de redes e canles de inmigración estranxeira en pleno funcionamento. 11. O baixo nivel de identificación con Galicia en determinados colectivos é un grave problema. A percepción do trato recibido e, sobre todo, as súas condicións laborais e legais son as principais causas deste visión negativa. 12. O coñecemento da lingua (galego e/ou castelán) é percibido como un problema ou non en función do grao de satisfacción da estadía, do seu nivel de integración e das condicións laborais e legais. 13.Máis da metade dos estranxeiros enquisados pensan quedar a vivir definitivamente en Galicia. Agora ben, así como a principal causa da emigración a Galicia foi a busca dun traballo, o factor máis importante que pode explicar o cambio de destino pode ser igualmente un motivo laboral. 14.
Catro de cada dez estranxeiros aconsellarían Galicia como lugar de emigración. Por enriba desta media soamente están os asiáticos e andinos.
272
A inmigración estranxeira en Galicia Resultados:redes de integración
6. CONCLUSIÓNS
273
A inmigración estranxeira en Galicia Conclusións
A mostra realizada cumpre cos obxectivos xerais e técnicos da investigación. A pesar da existencia de continxentes de determinados colectivos pouco importantes, fíxose un número de enquisas o suficientemente importante como para presentar resultados con alta fiabilidade. Os resultados do traballo de investigación xa quedaron suficientemente explicitados ao longo de cada un dos apartados e nos cadros-resumos elaborados na parte final dos mesmos. Con isto fuxiuse en boa medida dun tipo de conclusión centrado en resumos reiterativos de comentarios xa realizados. Como traballo aplicado, a intención vai máis alá. Sen embargo, despois da actual experiencia científica pódense formular algunhas grandes reflexións sobre as diferentes situacións e comportamentos dos inmigrantes estudados. Uns estranxeiros que parecen estar nunha situación de marxinalidade superior á que de partida poderiamos supoñer, e non tan só debido a unhas determinadas condicións laborais en moitos casos adversas, senón tamén por un descoñecemento de Galicia e unha complexa integración na sociedade de acollida. Lembremos un resultado ao respecto: os estranxeiros enquisados séntense mellor tratados e integrados con outros colectivos de inmigrantes que cos propios galegos. Podemos destacar varias reflexións: 1. Case nove de cada dez enquisados son poboación que chegou a Galicia a partir do ano 2000 e nalgúns colectivos supérase ese 90%. Isto demostra, en primeiro lugar, que a mostra aleatoria coincide co proceso de entrada e asentamento de poboación estranxeira en Galicia. En segundo lugar, debemos ter sempre presente o recente do fenómeno en todas as respostas e análises posteriores. As entrevistadas son persoas que, maioritariamente, levan vivindo en Galicia entre 1 e 6 anos. En tan pouco tempo as respostas poden estar condicionadas por moitas variables externas e internas. Son poboación cunha historia migratoria moi nova en Galicia e que, por este motivo, aínda están acostumándose á cultura e á sociedade de acollida, con todo o que isto pode supoñer para a súa adecuada integración. 2. Directamente relacionada coa parte final da reflexión anterior, os datos que proporcionamos correspóndense, en definitiva, coa primeira “vaga masiva de estranxeiros” que chega a Galicia na condición de inmigrantes. Por estes motivos, a metodoloxía utilizada e os resultados desta investigación pensamos que poden ser utilizados, primeiro, para facer un seguimento regular do proceso de integración dos estranxeiros; e segundo, para seguir con novos estudos de investigación que, continuando co labor xa iniciado, estean capacitados 275
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
para detectar novos procesos e dinámicas. Neste sentido, sería adecuado a realización dunha enquisa destas características cada 5 ou 10 anos. 3. Galicia non é un destino migratorio preferente en Europa. En xeral, esta Comunidade Autónoma forma parte de fluxos migratorios que teñen como dirección España. Galicia non é coñecida no exterior, salvo aqueles que teñen amigos ou familiares residindo no país. O colectivo que en maior medida sitúa a Galicia como primeiro destino é o asiático. A causa está na importante contratación en orixe de traballadores da pesca, fundamentalmente indonesios. 4. A percepción de Galicia, a valoración da estadía, as expectativas e a integración está moi influída pola condición legal do inmigrante. A dura viaxe ata chegar a Galicia e o complexo desenvolvemento da vida diaria por parte dos subsaharianos, colectivo con maiores porcentaxes que están en situación irregular, así o demostra. 5. O sexo e a actividade desenvolvida polos estranxeiros inflúen decisivamente nas respostas. As mulleres parecen mostrar unha actitude máis positiva cara a Galicia e á sociedade galega. Por exemplo, as mulleres están máis convencidas que os homes en reagrupar a familia en Galicia ou formar unha familia en España. Entre o 17,44% de poboación que quere retornar ao seu país de orixe, máis da metade son homes. Os factores que poden influír nesta actitude son de toda índole. Por exemplo, o tipo de emprego que desenvolven as mulleres, nas que existe un contacto máis directo coa poboación autóctona, facilita esta integración. Isto corrobórao o feito de que os ingresos mensuais das mulleres son inferiores á dos homes. 6. A práctica totalidade dos estranxeiros enquisados veñen a Galicia por motivacións laborais, pero non exclusivamente pola simple busca dun emprego senón sobre todo por mellorar as súas condicións de vida en xeral. Moitos dos ocupados entrevistados xa o estaban no seu país de orixe. 7. Son poucos os meses en que están en situación de desemprego, pero a costa de renunciar, en moitos casos, a outros importantes privilexios: mudan de rama de actividade con respecto á orixe; teñen salarios baixos, ao ser traballos que habitualmente rexeitan os españois; como consecuencia, non aforran o suficiente para enviar ao seu país; e traballan en actividades que non son apropiadas polos seus niveis de estudos. Pensemos que case 276
A inmigración estranxeira en Galicia Conclusións
un 15% dos enquisados ten formación universitaria, destacando o caso dos andinos e europeos do leste (máis do 20%). Estes mesmos colectivos están ocupados, maioritariamente, no servizo doméstico, no terciario pouco especializado e na construción. 8. O pouco tempo que levan residindo en Galicia os inmigrantes enquisados non é óbice para que invistan na compra de vivenda. Por colectivos, nun lado estarían os asiáticos, o colectivo que máis importancia concede ao traballo e, en xeral, a todas as cuestións de índole laboral ou económicas: a porcentaxe máis alta con vivenda en réxime de propiedade, os que máis valoran a proximidade ao traballo á hora de buscar aloxamento e os que menos problemas teñen para alugar ou comprar a súa vivenda. No lado oposto está o colectivo con maiores dificultades para a regularización da súa situación, os subsaharianos: son o grupo que, porcentualmente, teñen menos vivenda en propiedade e xunto cos asiáticos menos importancia acada o réxime de aluguer privado (a falta de traballo regular e de “papeis” dificulta a entrada tamén no mercado regular da vivenda), o que menos importancia lle concede á proximidade ao traballo á hora de buscar vivenda (porque non o teñen ou é moi eventual) e, despois dos magrebís, o que percibe máis problemas á hora de alugar ou adquirir unha vivenda. 9. Os asiáticos son, con diferenza, o colectivo con máis capacidade de aforro e que maiores cantidades envía ao seu país. Lembremos que, precisamente, estes son os que maior importancia conceden aos aspectos laborais na súa estadía inmigratoria. 10. En xeral, os estranxeiros entrevistados considéranse mellor tratados por outros colectivos de inmigrantes que por parte da poboación autóctona. Os problemas que magrebís e subsaharianos aducen á hora de buscar vivenda polas reticencias dos propietarios é un bo síntoma do rexeitamento que algúns perciben na súa chegada a Galicia, no primeiro contacto coa poboación local. Sen dúbida, esta percepción non sempre positiva inflúe nun grao de identificación con Galicia, en xeral, moi baixo (o tema lingüístico demóstrase que non lles supón un problema) e unha visión de Galicia non demasiada positiva cando un 25% non aconsellaría Galicia como lugar de emigración a familiares e amigos. Posiblemente pola súa condición de europeos, os europeos orientais manifestan un mellor trato recibido e un superior grao de identificación co país. É importante que esta primeira xeración de estranxeiros logren adaptarse a Galicia, máis cando un 55,07 dos enquisados proxecta instalarse definitivamente en Galicia. Hai que intentar evitar que teñan a sensación de
277
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
excluídos e de cidadáns con obrigas pero sen dereitos. Isto pode derivar en problemas de toda índole sobre todo a partir da segunda xeración. 11. Como na percepción do trato recibido, as mulleres móstranse máis positivas na identificación con Galicia. Case a metade dos asiáticos mostran un grao de identificación nulo con Galicia. O feito de que sexan o colectivo que menos intención demostraron en quedarse a vivir definitivamente en Galicia e, consecuentemente, os que teñen máis interese en retornar ao seu país, pode influír nesta resposta. Sen embargo, neste caso, pensamos que os factores culturais deben ser especialmente valorados. Por exemplo, non se identifican con Galicia pero, sen embargo, un 70% dos entrevistados si aconsellaría a nosa Comunidade Autónoma como destino emigratorio. No lado oposto están de novo os europeos do leste, moito máis optimistas coa súa estadía en Galicia, ata o punto de que tres de cada catro enquisados proxecten quedar a residir na nosa Comunidade Autónoma. A sensación de rexeitamento manifestada pola poboación africana na maioría das preguntas dedicadas a estudar as redes de integración debe ser tido especialmente en conta.
278
A inmigración estranxeira en Galicia Conclusións
Nun resumo individualizado de cada un dos colectivos analizados observamos o seguinte: x
Os asiáticos mostran un comportamento ben individualizado se ben no seu interior se observan dous grupos moi diferenciados: chineses e indonesios. As particularidades que máis destacan son: que non existe desemprego, que a hostalaría e comercio son as actividades máis significativas, alén da pesca para os indonesios. Tamén podemos salientar que un 84% gaña menos de 900 € mensuais. En canto á vivenda obsérvanse elementos interesantes, sobre todo que un 16% é en propiedade e que un 40% corresponde a vivenda de empresa (mariñeiros indonesios). Son os asiáticos os que envían máis remesas de diñeiro (fano o 81%) e aínda que hai un 47% que remiten menos de 100 € mensuais, destaca outro 45%, fundamentalmente indonesios, que envían entre 400 e 500 €. Finalmente, unha última característica é que máis do 40% proceden do ámbito rural e que a residencia en Galicia vén condicionada nun 70% dos casos pola proximidade ao traballo.
x
O numeroso colectivo andino traballa fundamentalmente no servizo doméstico e na hostalaría, téndose incrementado substancialmente a porcentaxe de mulleres no ámbito laboral en tanto que entre os homes se advirte un lixeiro crecemento do desemprego en relación aos lugares de orixe. Algo máis do 70% declara ter uns ingresos inferiores a 900 €, especialmente entre as mulleres, se ben entre os homes un 40% gaña máis de 900 €. É tamén una porcentaxe alta, o 70% a que envía remesas aos seus países de orixe aínda que o 50% do total non chega aos 100 € mensuais. Por último, no relativo á vivenda encontramos que un 72% a ten en alugamento privado e un 12% en propiedade sendo o prezo a variable determinante nun 30% dos casos na hora de escoller a localización. Neste sentido cremos que é moi significativo que un 16% selecciona o seu lugar de residencia en base a un contorno agradable e á calidade de vida.
x
O colectivo de Europa do Leste ten un comportamento bastante estándar en relación ao traballo dos inmigrantes: aumento do número de ocupados, aínda que lixeiro repunte do desemprego entre os homes, sendo a hostalaría, servizo doméstico e construción as ramas principais de emprego. En canto aos ingresos a súa situación é algo mellor cun 43% de homes e un 25% de mulleres que gañan máis de 900 €. Aínda así o prezo de vivenda marca para o 37% dos enquisados a elección da área de residencia, non sendo de desprezar un 12’5% que se fixa na calidade do contorno urbano. Outros elementos diferenciadores son o gran peso do aluguer (83%, que financian nun 80% dos casos 2-3 persoas), a relativa importancia da propiedade (11’5%), e un volume relativamente baixo de
279
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
persoas que remiten diñeiro, apenas o 50%, dos que a maioría, o 80%, envían menos de 200 € mensuais. x
Os magrebís son outro colectivo ben individualizado. Destaca o incremento de desempregados e a escasa porcentaxe de mulleres no ámbito laboral. Tamén a rama de actividade mostra singularidades cun peso moi escaso da hostalaría e do servizo doméstico fronte a un gran protagonismo da venda ambulante. En consecuencia os ingresos son moito máis baixos na medida en que o 85% gañan menos de 900 € mensuais con escasas diferenzas por sexo debido sobre todo a pouca presenza feminina no mundo do traballo remunerado. As redes sociais son a causa máis importante na hora de buscar o lugar de residencia na cidade, sendo o alugueiro a fórmula máis estendida. Dúas últimas particularidades son: que o 90% envía menos de 200 € mensuais aos seus países; e que o 42% declarou ter problemas na hora de comprar ou alugar a súa vivenda.
x
Finalmente, o colectivo subsahariano é o que mostra unha situación máis fráxil, mesmo na súa orixe posto que o 30% procede de barriadas periféricas e o 12% de asentamentos informais, alén de chegar dalgúns dos países máis pobres do planeta. Ao chegar a Galicia a súa situación tampouco mellora substancialmente, de feito o desemprego afecta ao 35%, sendo a actividade principal a venda ambulante, seguida da pesca, a construción e o servizo doméstico. O 90% ingresa menos de 900 € mensuais e mesmo o 56% non chega aos 300 €, sendo as mulleres as que teñen rendas máis baixas. Esta situación tamén se reflicte en que o 57% que envía remesas con regularidade, en máis do 70% dos casos non chega a 100 €. Igualmente existe un 30% que viven con compatriotas na espera de ter un traballo, non chegando ao 3% os que compraron a súa vivenda. Destaca o feito de que é o colectivo no que maior número de persoas axudan a pagar a casa, sendo frecuente que compartan o financiamento máis de 4, 5 ou 6 inmigrantes. Por último cómpre subliñar que hai un 32% que declaran ter problemas na hora de alugar a vivenda, e é o prezo o que máis condiciona a elección de vivenda, fronte ao lugar de traballo que apenas chega ao 7%; é moi significativo que un 34% non ten opción de escolla de vivenda ao estar aloxado ou ben con compatriotas ou ben en casas de acollida como consecuencia dos procesos de redistribución territorial.
280
A inmigraci贸n estranxeira en Galicia Conclusi贸ns
7. ANEXO MODELO DE ENQUISA UTILIZADO
281
A inmigración estranxeira en Galicia Anexo
ENQUISA SOBRE A INMIGRACIÓN EN GALICIA A) BLOQUE ORIGEN 1. ¿Cuál es su Municipio/Provincia/Estado de Nacimiento?
¿y su País de Nacimiento?
2. ¿Cuál fue el último Municipio/Provincia/Estado de su país donde ha residido antes de emigrar? 3. ¿Cuál es la última fecha de residencia en su país (mes y año)? 4. ¿Dónde residía en su país antes de emigrar? Espacio urbano:Espacio rural: Centro Barriada Periférica Asentamiento informal Otros
Vivienda unifamiliar aislada Vivienda unifamiliar en el centro del pueblo Otros
5. ¿Cuál era el estado y la rama de actividad en la que trabajaba? Ocupado Parado Jubilado Ama de casa Estudiante
Agricultura Pesca Industria Construcción Comercio y reparaciones
Otros
Hostelería Servicio doméstico Venta ambulante Otros servicios
283
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
B) BLOQUE DESPLAZAMIENTO 6. ¿Cuál fue su primer destino emigratorio en el extranjero (ciudad/país)? ¿Cuál
fue
migratorio (puntos por los que ha pasado antes de llegar a Galicia)? 7. ¿Con qué estatuto ha entrado en España? Turista Contrato laboral Refugiado político
irregular Reunificación familiar Otro
8. ¿Cuál fue el motivo de su desplazamiento a Galicia? Laboral Familiar Otro
Político Amigos
9. ¿Cuál es su próximo destino emigratorio proyectado? Definitivo en donde se encuentra ahora Traslado a otro punto de Galicia Retornar a su país de origen
A otra Comunidad Autónoma española A otro país
10. ¿En caso de que se mueva de nuevo, cuál será el motivo? Laboral Familiar Climático
284
Cultural Otro
su
itinerario
A inmigración estranxeira en Galicia Anexo
C) BLOQUE DESTINO 11. ¿Cuál es la fecha de llegada a Galicia (mes y año)? 12. ¿Cuántos meses ha estado en situación de desempleo en Galicia?
13. ¿Cuántos empleos ocupó en su estancia en Galicia? Agricultura Pesca Industria Construcción Hostelería Servicio doméstico Venta ambulante Otros servicios
veces veces veces veces veces veces veces veces
Autónomo Autónomo Autónomo Autónomo Autónomo Autónomo Autónomo Autónomo
Contrato Contrato Contrato Contrato Contrato Contrato Contrato Contrato
Sin contrato Sin contrato Sin contrato Sin contrato Sin contrato Sin contrato Sin contrato Sin contrato
14. ¿Desde su estancia en Galicia, cuantas veces visitó su país?
15. ¿Cuáles son sus expectativas familiares? Reagrupar a su familia trayéndola para aquí Reagrupar a su familia trasladándose a otro lugar Retornar a su país de origen
Formar una familia en España Otras
285
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
D) BLOQUE REDES DE INTEGRACIÓN 16. Trato y respeto encontrado en Galicia por parte de: Población autóctona:Otros inmigrantes extranjeros: Muy bueno Bueno Regular Malo Muy malo NS/NC
Muy bueno Bueno Regular Malo Muy malo NS/NC
17. Valore su grado de relación con la población gallega en la vida diaria Muy alto Alto Bajo Muy bajo Nada NS/NC 18. En su decisión de instalarse en Galicia, ¿cuál ha sido el factor más determinante? Familia o amigos asentados en Galicia Otras personas le hablaron bien del destino Ofrecimiento de un contrato de trabajo Ayuda ofrecida por algún organismo o asociación Redistribución territorial Otras 19. ¿Cuál es el grado de identificación con Galicia? Muy alto Alto Bajo Muy bajo Nada NS/NC 20. En su grado de identificación con Galicia, ¿cuál es el factor más influyente? Uno o más hijos nacidos en Galicia Buenas relaciones sociales y amigos gallegos Soy descendiente de emigrantes gallegos Nivel de vida Otras
286
A inmigración estranxeira en Galicia Anexo
21. Nivel de conocimiento de los idiomas gallego y castellano Gallego Nivel Alto
Nivel Medio
Nivel Bajo
Nivel Alto
Nivel Medio
Nivel Bajo
Lo desconoce
Entiende Habla Escribe Castellano Lo desconoce
Entiende Habla Escribe 22. ¿Condicionan los problemas lingüísticos su actividad? Sí No NS/NC 23. Aconsejaría Galicia (o su municipio de residencia) a amigos o familiares que viven fuera de Galicia y quieran emigrar Sí No NS/NC 24. Participa en actividades sociales o culturales no vinculadas con inmigrantes Sí No
287
A inmigración estranxeira en Galicia Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
E) BLOQUE DATOS PERSONALES 25. Edad: 26. Sexo Hombre Mujer 27. Estado civil Casado
Soltero
Viudo
Separado
28. Nivel de estudios Analfabeto
Sin estudios
Primarios
Secundarios
29. Estado y rama de actividad en la actualidad Ocupado Parado Jubilado Ama de casa
Agricultura Pesca Industria Construcción Comercio y reparaciones
Universitarios
Otros
Estudiante
Otros
Hostelería Servicio doméstico Venta ambulante Otros servicios
30. Municipio, calle y/o barrio de residencia: 31. Causa principal por la que reside en esa calle o barrio Precio
de
vivienda
la
Proximidad trabajo
al
Proximidad de familiares
Entorno urbano y
y/o amigos
calidad de vida
Otros
32. En el caso de que usted tenga un local comercial en alquiler: ¿ha necesitado ayuda o ha recibido un préstamo por parte de algún compatriota suyo para comenzar con la nueva actividad económica? Sí No
33. Régimen de tenencia de la vivienda en la que reside Propiedad
Alquiler social
Alquiler privado
Prestada
Otros
34. En caso de alquiler, ¿entre cuantas personas se reparten el pago del alquiler de la vivienda?: 288
A inmigración estranxeira en Galicia Anexo
35. Qué cantidad de dinero dedica al pago mensual de su vivienda (alquiler o préstamo hipotecario) 0-100 €
101-200 €
201-300 €
301-400 €
401-500 €
501-600 €
Más de 600 €
36. Los propietarios o la agencia inmobiliaria han puesto problemas o le han solicitado algún aval especial para el alquiler o la venta de la vivienda por su condición de inmigrantes extranjeros Sí No 37. Número de personas con las que convive en su misma vivienda en la actualidad Cónyuge
Hijos
Padres
Otros familiares
Amigos
Compañeros de piso
Otros
38. Número de personas que trabajan en la unidad familiar actual: 39. ¿Cuáles son sus ingresos económicos mensuales? 0-300 €
301-600 €
601-900 €
901-1.200 €
Más de 1.200 €
40. ¿Qué cantidad de dinero envía mensualmente a sus familiares (remesas)? Ninguna cantidad (0 €)
0-100 €
101-200 €
201-300 €
701-800 €
801-900 €
901-1.000 €
301-400 €
401-500 €
501-600 €
600-700 €
Más de 1.001 €
289
e Rott erdamLisbo aL ondresManchesterXen ebraGallenGütersloHambur goBernaLausanneWinterthur LeLocleZugHeerbruggOltenZürichAarauWinterth urLeLocleZugHeerbruggOltenXenebraBasileaGütersloHam NurenbergCuxhavenBonnKo burgoGüterslo elnTroisdorfMunichDreieichMannheimSindelfingenAndorr aBruselasAmberesCopenhagueParísMarsellaPoteAmsterdam R otterdamLisboaLondresManchesterBienneMontreuxSai ntBe maLausanneZürichSchaffauhausenWinterthurLe Lo cleZugHeerbruggXenebraOltenZürichAarauB uenosAiresAvellanedaTandilRíoGrandeTierradelF uegoTrelewChubut IdentidadesSanJuanM ar del PlataLaPlataBahíaBlancaCampanaRíoGallegosCo modoroRivadaviaRosarioUshuaiaCórdobaBrasilSalva dordeBahíaFortalezaBelénParáHumaitaPortoAlegreO ndinaCurit ibaNovaltaNiteroiSaoPauloRíodeJ aneir oMontrealQuébecTorontoOnt arioSantiagodeChileBogotá L aHa
Identidades
Identidades IDEGA PRESIDENCIA Secretaría Xeral de Emigración
Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia