Praias de Arteixo
IES DE SABÓN
Repibelo A praia de Repibelo está situada en Arteixo, A Coruña co código postal 15142.
É unha praia aberta e illada que conta cunha lonxitude de 145 metros por 15 metros de ancho, area grosa branca e zonas rochosas. A zona de baño conta con augas limpas (debido en gran parte a que non desemboca ningún río nesta praia) onde as ondas chocan nos acantilados que a rodean. Está situado nunha zona rural. O seu nivel de ocupación é medio a pesar de que o acceso a pe é difícil, esta pensada para acceder en coche. Dispón de servizo de socorrismo, bandeira azul, de duchas, de papeleiras, de aseos e de paseo marítimo. Non conta con aluguer de parasoles nin un kiosko propio pero no verán conta cun camión de xeados á saída da praia.
Na praia de Repibelo desenvólvense actividades como as de socorrista; podes atopar xente tomando o sol, dando un baño, facendo footing, xogando ao balón, etc. En canto a especies que podemos atopar na zona de baño, as máis comúns son: Sargos: é unha das especies máis habituais en Galicia e a vez das máis buscadas. Robalizas: tamén se coñecen co nome de lubinas e son propias do mar Mediterráneo e do Océano Atlántico. Pintos: tamén coñecidos como maragotas, son peces propios do Océano Atlántico.
Bogas: esta especie aliméntase das heces dos outros animais. Fanecas: son peixes que se camuflan na area e que se os pisas crávanche as espiñas que teñen na súa parte superior, cando máis pican e cando a marea está baixa. En canto a fauna presente nos arredores terrestres podemos falar de pequenos animais, como por exemplo coellos, lagartos, gaivotas, etc. Falando da flora o máis destacable é que esta praia está totalmente rodeada por campo e rochas.
Barrañán
A praia de Barrañán e unha praia aberta con bandeira azul, ten unha lonxitude de 1200 metros e a súa area e de tipo fina e branca e moitas veces hai ventos e correntes fortes, un forte oleaxe, na praia hai dunas que forman unha pequena marisma. Cando hai baixamar pódese acceder as rochas Nesta praia pódense practicar deportes como o surf e deportes de vento. Preto da praia hai escolas de surf. As profesións que hai na praia de
Barrañán son as de socorrista e a de pescador
Na praia hai diferentes servizos: Aseos, lavapés, duchas, papeleiras, servizo de limpeza, establecemento de comida e de bebida, acceso a discapacitados. A ría de Barrañán podría estar contaminada polos vertidos de augas fecais das casas cercanas a ría, a Xunta advertiu que hai escasa calidade de auga. Nesta praia desemboca o río Sisalde. Nesta praia podemos encontrar peixes como as robalizas ou os pintos. Na fauna da praia de Barrañán hai cormoranes, ao redor da praia na herba pódese encontrar coellos, tamén hai abundantes gaivotas...
Praia La Hucha / Balcobo Pequeno
Praia en Arteixo (A Coruña). Esta praia en forma de enseada ten 95 metros de lonxitude por 15 metros de anchura. Normalmente o nivel de ocupación da praia é alto. A praia presenta un oleaxe variable, con augas moi limpas. É unha praia aislada cunha composición de bolos/pedras. No ano 2001 quedou sen area, que foi arrastrada mar adentro, polo momento no se observa un incremento. Esta praia é ideal para dar paseos polos cantís e gozar do mar. Praia con bandeira azul. Ten servizo de aseos, duchas, parking, socorrismo, pasa por ela o paseo marítimo, pero ao ser un praia tan pequena non ten acceso para persoas con discapacidade.
Combouzas
A praia de Combouzas é unha praia anexa á de Barrañán, con bandeira azul e na que está permitido o baño nudista. Ten unha lonxitude
aproximada de 300 metros. Conta con acceso a minusvรกlidos .
Praia de Alba
Esta praia pertence ao concello de Arteixo e sitúase ao carón do polígono industrial de Arteixo e da central térmica de Sabón. Nesta praia pódense desenvolver actividades como surf ou kitesurf e conta cos servizos de socorrismo, aseos, duchas e aparcamento, ademais dun paseo marítimo que percorre a costa de Arteixo entre Sabón e Barrañán (cun carril para bicicletas e outro peonal) Nela podemos ver diferentes especies. As máis comúns son as gaivotas, o sargo e os cormoráns, ademais de cetáceos como golfiños e baleas. Na zona tamén podemos atopar espadanas, salgueiros e ameneiros; cangrexos e caracoliñas de auga; lontras, esquíos e ratos de campo ; miñatos, andoriñas...Tendo en conta a central térmica situada ao seu carón
xunto co porto exterior, esta praia non é unha das máis libres de contaminación, a cal afecta ás especies que habitan nas súas augas, pero foi galardoada con bandeira azul. Como dato curioso, dicir que nesta praia desembocan o Río Seixedo e o Río de Arteixo, o cal nace no concello de Culleredo. O primeiro atravesa a Área Recreativa do Seixedo, que conta con 18.800m 2 de terreo, mesas de pedra e grellas, xogos infantís e campo de fútbol e un paseo pola beira do río.
Valcovo
Localización: Parroquia: Arteixo Lugar: Valcovo 15142 Arteixo - A Coruña Coordenadas: 43º 18' 55.6" N 8º 32' 00.7" W Características: Bandeira azul Lonxitude: 300 m Tipo: praia aberta Tipo de area: fina
Onde hospedarse: Camping Balcobo Onde comer: Restaurante Balcobo Onde quedar: Tomar un xeado no quiosco ou no bar do restaurante. Que visitar: a praia dispón dun paseo a través do cal se pode dar unha
relaxante camiñata á beira do mar. Que facer: é unha praia moi dada para o surf e o body surf polas condicións do mar. Tamén dispón dunha rede de voley e de espazo para xogar ao fútbol Onde informarse: Punto de información Arteixo Transporte: Non dispón de bus directo, pero pódese chegar a pé dende o centro en aproximadamente 45 minutos. Existe a opción de alugar un coche, co que se chegaría dende o centro en apenas 10 minutos. Nivel de contaminación: Baixo Datos curiosos: - Posúe unha cova cun manancial de auga potable. - Na posguerra do 1936 explotáronse xacementos de volframio e
estaño. - Reenchiuse con arena da Langosteira. Servizos:
- Servizo de socorrismo de 11:00 a 21:00 - Servizo de limpeza - Duchas - Baños - Aparcamento - Acceso directo restaurante - Chiringuito ou quiosco
Sabón Encóntrase ubicada na Praza Sabón, A Coruña
A praia de Sabón mide arredor de 900 metros, e conta con unha bandeira azul, esta é dada cando unha praia cumple as condicións ambientais e de intalacións. Os criterios para obter a bandeira azul se dividen en catro áreas fundamentais: Calidade das augas de baño, Información e Educación ambiental, Xestión ambiental e Seguridade, Servizos e Instalacións. Utilidade profesional:
Nas praias de todo Arteixo, durante o último ano, se repartiron arredor de 50 socorristas. Nivel de contaminación
A praia de Sabón e a praia de Alba, son as máis cercans á central térmica de Sabón, esta expulsa grandes cantidades de CO2, N2O(óxido nitroso) ou amoníaco. Debido á cercanía do polígono industrial de Sabón, a praia encóntrase en malas condicións para o baño. O ano pasado, no mes de agosto, centenares de peixes apareceron mortos na desembocadura do río Bolaño nas praia de Alba-Sabón. O Concello de
Arteixo explicou que a morte de esos peixes se debe a que unha substancia química que provocou unha forte baixada do osíxeno na auga. Deportes.
Campamentos de surf: - Base Surf Camp e Prado Surf Escola. Durante o mes de xullo na praia de Sabón realizouse a quinta edición do Torneo de Balonmán. O Concello de Arteixo puxeron en marcha este verano o programa Praia Animada, este ofertaba sesións de aerobic, pilates, volei-praia e zumba para o público, durante os sábados o Club Salvamento Arteixo utiliza a praia para facer os entrenos, van todas as semanas durante o verán e no inverno durante os sábados. Seguridade
A praia conta con señalizacións de perigo claramente visibles e o hospital máis próximo é o Centro de Saúde de Arteixo. Accesos
A praia ten máis de cen prazas para os coches, e ten acceso fácil a pé. PEIXES:
Sargos
Pintos
Robaliza
Faneca
SUEVOS A praia de Area Grande de Suevos e unha das moitas que forma parte da costa de Arteixo. Mide 20 metros e ten unha area fina. O que atrae moito turismo.
Esta praia está pouco explotada profesionalmente, é dicir, non alberga moito traballo pesqueiro ou marisqueiro. Isto débese á pouca diversidade da biosfera nesta zona, non hai moitas especies que traballar. Segundo un artículo do 2009 na Voz de Galicia, a praia atópase en bo estado, superando todo-los requisitos mandados por Europa. A contaminación é nula, ten calidade salubre.
Está illada das zonas comerciais, é o lugar perfecto para relaxarse de desconectar en tranquilidade. Non ten locais cerca nin lugares onde hospedarse, a paz reina neste lugar. Está moi preto do porto de Suevos, que á súa vez ten unha pequena praia tan pacífica como Area Grande aínda que xa que é un porto é moi común encontrarse traballadores mariñeiros facendo as súas labores.
LIC Dentro de Rede Natura 2000 distínguense os LIC ( Lugares de importancia comunitaria).Natura 2000 é a rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea, co obxecto de salvagardar os espazos naturais máis importantes de Europa. O litoral arteixán forma parte do LIC Costa da Morte. Este LIC esténdese dende Arteixo até Fisterra. O tramo correspondente á comarca da Coruña abrangue unicamente gran parte do litoral do Concello de Arteixo e acolle algúns dos valores naturais que converten este litoral nun dos máis valiosos de Galicia.
A gran protagonista é a praia de Barrañán, cun gran cordón dunar no que medran multitude de especies de plantas perfectamente adaptadas a un medio tan duro, caracterizado pola volatilidade do chan, os fortes ventos e o sal que estes traen do mar e a escaseza de auga doce. Unhas pasarelas de madeira e outros servizos fan posible harmonizar o goce do areal coa súa conservación. De feito, cada verán, Barrañán acolle a numerosos bañistas atraídos polo seu carácter salvaxe. Ás costas das dunas ábrese un val polo que discorre o río Sisalde e no que un sendeiro peonil percorre este ecosistema. Cara o oeste, cantís de diversas alturas altérnanse con recollidas calas ( como por exemplo a de Sorrizo), porto natural moi acolledor onde aínda se poden observar as tradicionais lanchas de pesca.