Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.
Ensinanzas de Formación profesional Básica: A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable. Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Finalidade
: Contribuír a que o alumnado adquira ou complete as competencias de
aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara a vida activa ou favorecer a continuidade no sistema educativo.
Requisitos:
Alumnado de 15 e 16 anos no ano de inicio do curso. Ter cursado 3º da ESO ou excepcionalmente, ter cursado segundo Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, nai, ou titor legal para a súa incorporación. Consentimento do pai, nai, ou dos titores legais.
Excepcionalmente , o equipo docente poderá realizar a proposta de alumando de 17 anos no inicio do ciclo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Duración: Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.
Organización das ensinanzas :
Módulos asociados a unidades de competencia do catalogo nacional de cualificacións profesionais. Módulos do bloque común : o Comunicación sociedade Lingua Galega . Lingua Castelá. Lingua estranxeira . Ciencias Sociais . o Ciencias aplicadas ao contexto persoal de aprendizaxe do campo profesional. Formación en centros de traballo (160 horas). Titoría (1 hora/s).
Titulación: Título profesional básico de…… (correspondente as
ensinanzas cursadas)
Efectos na titulación:
Valor académico: Acceso ao grado medio. O perfil de cada título indica os ciclos de grado medio con preferencia de acceso.
Valor profesional: acceso ao mundo do traballo , ten os mesmos efectos laborais que o graduado na ESO tanto para nivel público como privado.
Título ESO: A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
Cal é o período de admisión na FP básica? Datas do curso 2014/2015:
Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas. Publicación, nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido: 12 de setembro. Matriculación: do 12 ao 19 de setembro.
ANEXO: Máis información http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica. Orde do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan os aspectos específicos para a implantación das Ensinanzas de formación básica no curso 2014/15 . Orde do 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e admisión aos ciclos de formación profesional básica. )