Información para 1º eso 15 16

Page 1

Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.

Curso 2015-2016 LOMCE

O vindeiro curso comeza os cambios nesta etapa como consecuencia da nova lei de Educación. Os cambios comezan de xeito gradual en 1º e 3º da ESO

A ESO (educación secundaria obrigatoria ) é a etapa coa que se completa a escolaridade obrigatoria e que vai dende os 12 ós 16 anos . Na nova lei,estrutúrase en dous ciclos, nesta nova lei son:  

1º Ciclo ( 1º, 2º ,3º ESO) . 2º ciclo de un só curso ( 4º ESO).

A finalidades desta etapa educativa son:    

Adquirir unha cultura básica. Formarse como cidadáns. Desenvolver hábitos de estudio e traballo. Formarse para proseguir estudios e/o incorporarse ao mundo do traballo.


Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.

LOMCE. Curso 2015/16: 1º e 3º ESO Materias que se van a impartir:

En cada curso hai un conxunto de materias

obrigatorias(troncais) que todo o alumnado debe cursar e outras materias opcionais que se poden elixir , facendo un total de 32 horas lectivas a sema.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

       

         

         

  

Bioloxía e xeoloxía(4 h) Xeografía e historia(3 h). Lingua castelá (4h). Lingua galega (4h). Matemáticas (5h). 1º Ling estranxeira(3 h). Educación física (2 h). Educación plástica e visual (2h). 2º Lingua estranxeira (2h) Titoría ( 1h). Libre configuración do centro(1h)

 

Elixir unha entre :  Relixión.(1h)  Valores éticos(1h).

Total de 32h lectivas.

Física e química (3 h) Xeografía e historia (3 h). Lingua castelá (3h). Lingua galega (3h). Matemáticas (5h). 1º Ling estranxeira(3 h). Educación física (2 h). Música (2h). Tecnoloxía (3h) 2º Lingua estranxeira (2h) Libre configuración do centro (1h). Titoría ( 1h). Elixir unha entre :  Relixión.  Valores éticos.

Total de 32h lectivas

Bioloxía e xeoloxía(2h). Física e química (2h) Xeografía e historia (3h). Lingua castelá (3h). Lingua galega (3h). 1º Ling estranxeira(3 h). Música (2h). Tecnoloxía (2h) Educación física (2 h). Educación plástica e visual (2h).  Titoría (1h). Elixir unha entre:  Matemáticas aplicadas.(4h)  Matemáticas académicas.(4h) Elixir unha entre :  Segunda lingua estranxeira(2h)  Cultura clásica.(2h) Elixir unha entre :  Relixión.(1h)  Valores éticos(1h)

Dentro das materias de libre configuración, a lei sinala que os centros educativos poderán dedicar esta horas ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias contempladas , ou establecer outras que determine segundo o proxecto educativo, e previa autorización da consellería competente en materia educativa.


Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.

LOMCE: CURSO 2016/2017: 2º E 4ºESO

No segundo ciclo que se compón de un solo curso: 4º da ESO: Establecese dous itinerarios académicos:

Ensinanzas académicas : para a iniciación ao Bacharelato      

Lingua castelá(3h) Lingua galega.(3h) Xeografía e historia(3h). 1º lingua estranxeira .(3h) Educación física.(2h)(M.Especifica) Relixión / valores éticos(1h) (M.Especifica)  Matemáticas (4h) Troncais ,elixir dúas entre:  Bioloxía e Xeoloxía (3h)  Física e química.(3h)  Latín.(3h)  Economía(3h). Específicas, dúas entre :  Artes Escénicas e Danza(3h).  Cultura científica.(3h).  Cultura clásica.(3h)  Educación plástica visual(3h)  Filosofía.(3h)  Música.(3h)  2º lingua estranxeira.(3h)  Tecnoloxía da información e comunicación.(3h)  Unha das troncais non elixidas arriba(3h)

Ensinanzas aplicadas : para a iniciación á Formación Profesional      

Lingua castelá(3h) Lingua galega.(3h) Xeografía e historia(3h). 1º lingua estranxeira .(3h) Educación física.(2h)(M.Especifica) Relixión / valores éticos(1h) (M.Especifica)  Matemáticas (4h) Troncais ,elixir dúas entre:  Ciencias aplicadas (3h)  Iniciativa emprendedora.(3h)  Tecnoloxía.(3h) Específicas , dúas entre :  Artes Escénicas e Danza(3h).  Cultura científica.(3h).  Cultura clásica. (3h)  Educación plástica visual (3h)  Filosofía.(3h)  Música.(3h)  2º lingua estranxeira.(3h)  Tecnoloxía da información e comunicación.(3h).  Unha das troncais non elixidas arriba(3h)

E como novidade establécese tamén que ao finalizar cuarto curso , aqueles que superen o curso , deben presentarse a unha avaliación final para a obtención do título de graduado da ESO por calquera das opcións establecidas con independencia da cursada e que lle facultará para proseguir estudios .


Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.

PROMOCIÓN NA LOMCE O alumnado promocionará do curso cando supere todas as materias cursadas, ou teña avaliación negativa en dúas materias como máximo. Repetirá curso, cando teñan avaliación negativa en tres ou mais materias ou en dúas cando sexan de forma simultánea: Lingua Galega e literatura, Lingua Castela e literatura, e Matemáticas. As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como materias distintas. A promoción realizase en xuño cando o alumno/a teña superado tódalas materias , no caso de ter algunha materia suspensa debe presentarse na convocatoria extraordinaria de setembro. E cando se promocione con materias suspensas estás deben recuperarse no curso seguinte. A repetición soamente poderá aplicárselle unha soa vez no mesmo curso e dúas veces como máximo ao longo da etapa .

MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE Cada grupo de alumnos terá un titor/a, nomeado pola dirección do centro entre o profesorado que imparte docencia ao grupo e que será responsable de coordinar ao proceso de ensino aprendizaxe, a avaliación e orientación do alumno en colaboración co departamento de orientación. O titor/a , terá unha hora lectiva co grupo para desenvolver as tarefas encomendadas a titoría e ademais unha hora semanal para atención aos pais. Establecesen as seguintes medidas :        

Adaptacións do currículo. Integración materias por ámbitos. ( 1 ESO). Agrupamentos flexibles. Apoio en grupos ordinarios. Desdobramentos de grupos. Oferta de materias especificas . Programas de mellora da aprendizaxe e rendemento académico( 2º e 3ºESO). Programas de tratamento personalizado ( para alumnado con necesidades especificas de apoio educativo) .


Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.

TITULACIÓN : Para a súa obtención será necesario a superación da mencionada proba final ( corresponde ao ministerio establecer as características destas) , así como unha cualificación final igual o superior a 5 puntos sobre 10, como resultado da seguinte ponderación:  

Un peso do 70%, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na ESO. Un peso do 30%, a nota obtida na proba final da Educación secundaria .

Dúas convocatorias para esta proba e pódese volver a presentar para subir nota , ou para cambiar de opción. A nota e a opción elixida constará no título. IES A SANGRIÑA: Ademais debedes coñecer que no noso IES en 1º da ESO  

Impártense na modalidade de bilingües as materias de: matemáticas e educación plástica e visual en 1º ESO. Que na actualidade tamén están implantados programas de reforzo educativo para as materias instrumentais dirixido ao alumnado que promociona coas materias suspensas ou ben superadas, pero no seu informe final da etapa recomendan a súa incorporación. No borrador do decreto non se menciona para nada o tema da exención na segunda lingua como na lei anterior. Haberá que agardar a súa publicación

Horario do centro : Hora /día Luns Martes Mércores Xoves Venres 8.20/9.10 9.10/10.00 10.00/10.15 Descanso Descanso Descanso Descanso Descanso 10.15/11.05 11.05/12,00 12.00/12.20 Descanso Descanso Descanso Descanso Descanso 12.20/13.10 13.10/14.00 16.00/16.50 16.50/17.40 O horario lectivo no IES comeza as 8.20 e remata as 14.00 horas o Luns pola tarde teñen ademais dúas horas para completar o período lectivo de 32 horas que marca a lei.


Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.

Qué lle está a pasar ao teu fillo nesta idade ? As investigacións neurolóxicas amosan que durante esta etapa hai unha maior de conexións neuronais que permite unha maior capacidade de aprendizaxe, polo que se abre unha nova oportunidade educativa para aprender e desenvolverse. Ademais estase a construir unha imaxe de si mesmo en canto a formación da personalidade, e debemos axudarlle a que esta imaxe sexa realista e acorde coas súas posibilidades e capacidades. Pensamento, vontade Comeza a desenvolverse o pensamento abstracto a súa forma de pensar xa non depende de tanto da realidade, é capaz de proporse as súas propias metas e construír un plan de acción flexible para logralas. Neste momento

acada unha mente

mais

consciente, mais

autorregulada, é debe ser máis autónomo. Comeza a ser capaz de pensar en varias solucións posibles e a manexar distintas situacións ou alternativas, para atopar unha mellor solución. Nesta etapa hai un aumento importante das habilidades cognitivas, unha maior rapidez no procesamento e na súa forma de razoar. Hai un control más consciente e mais capacidade de análise nas súas decisións . Personalidade,sentimentos O adolescente xa ten interiorizada unha parte da imaxe de sé mesmo, cómo é, cómo se sinte, cáles son os seus puntos fortes e débiles. O autoconcepto está desenvolvéndose e terá que integrar a súa propia visión xunto co punto de vista que provén da familia, contexto educativo, amigos, etc. Tamén é capaz de reflexionar sobre si mesmo polo que empeza a comprender os seus sentimentos e a súa valía. Danse desequilibrios emocionais en parte debido a que a súa realidade esta cambiando continuamente. Comprensión da realidade , familia, amigos O adolescente enfróntase a unha realidade cambiante, vive a transición á secundaria, novas obrigas e tarefas cada vez máis complexas. Neste momento poden aparecer certas tensións e incluso falta de motivación cara ao académico ata que de novo volva a sentirse capaz de abordar estas esixencias. Aumenta a tensión escolar e son máis frecuentes os as situacións de ansiedade e fracasos académicos ante o momento de mais carga de estudio é necesario manter unha disciplina de estudio para aumentar a seguridade en si mesmo e axudar a dar un novo paso.


Departamento de orientación. IES A SANGRIÑA.

As relacións familiares son un pouco delicadas, busca mais independencia e reafirmar a súa personalidade o que nalgúns ocasións pode derivar en condutas rebeldes o impositivas. Necesitan reafirmar as súa eleccións, tomar as súas decisións e as veces entran en conflito coas figuras paternas que se debe afrontar e aclarar. Os pais ademais de ser unha fonte de seguridade afectiva deben actuar como modelos a seguir. Por outra banda hai unha grande presión do entorno e dos amigos/as, curiosidade polo novidoso que ao marxe das influencias educativas, poden levalo a caer en comportamentos irresponsables, ou asumir riscos sen valorar todo o seu alcance. Por iso necesitan unhas bases firmes que o orienten neste proceso, será necesaria unir esixencia e educación na disciplina para construír un carácter forte así como darlles seguridade afectiva, boa comunicación e convivencia afectiva para gañar a confianza que necesitan en abordar este proceso. Texto adaptado da escola de Pais, de José Antonio Marina

A Guarda, maio de 2015. Departamento de orientación, IES A Sangriña .


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.