MEMORIA: TRABALLOS DE CONSERVACIÓNRESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA 2ª CAMPAÑA
PARADA DE SIL (OURENSE) ANO 2014 Autores: Fernando Carrera Ramírez Gonzalo Buceta Bruneti E. Breogán Nieto Muñiz Promotor: Concello de Parada de Sil Expdte. Xunta: ED102A2014/288-0 02.O.272.2014.001
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Limiar 1. Ficha técnica 2. Antecedentes e introdución 3. Emprazamento e descrición 4. Contexto histórico 5. Resumo de actuacións arqueolóxicas e conservación 5.1 Resumo das actuacións arqueolóxicas 5.2 Resumo actuacións de conservación 6. Obxectivos e criterios aplicados á conservación-restauración 6.1.1
Obxectivos
6.1.2
Criterios
7. Valoración do estado de conservación inicial 7.1 Diagnose 7.2 Analítica 7.2.1
Caracterización da rocha do afloramento e solo
7.2.2
Descrición e relación das mostras tomadas para as análises feitas na E.S.C.R.B.C.G. e no Dpto. de Enxeñería de Recursos Naturais e Medioambiente da UVIGO
7.2.3
Resultados comparativos das análises
7.2.4
Resumo do informe sobre a eficiencia dos consolidantes
8. Tratamentos realizados 2014 8.1 Limpeza 8.2 Consolidación química interna 8.3 Tratamentos estruturais: resinas e morteiros de cal 8.4 Outros traballos 8.5 Aplicación funxicida-alguicida 9. Recomendacións de conservación 10. Documentación fotográfica 11. Bibliografía consultada 12. Fichas técnicas productos 13. Agradecementos 14. Documentación gráfica
2
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
0.1
Tratamentos realizados
0.2
Mapa de alteracións sector tumbas norte 2013
Ano 2014
3
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
1. Ficha técnica Data:
Setembro 2014
Obra/título:
Memoria dos traballos de conservaciónrestauración nas tumbas da necrópole San Vítor de Barxacova
Expdte.:
ED102A2014/288-0 02.O.272.2014.001
Inicio/Fin:
1 de septembro-16 de septembro de 2014
Parroquia:
San Lourenzo de Barxacova
Concello:
Parada de Sil
Provincia:
Ourense
Obxecto:
Conservación, difusión, rendibilidade social, cultural, educativa e económica
Promotor:
Concello de Parada de Sil CIF.- P-32058800-J Pr. Do Campo da Feira, nº1, 32740 (Ourense)
Localización:
GA32057004 Mapa 189-71, esc. 1:5.000 do MTN 42º22´23´´ N 07º30´06´´O Coord. UTM: X=623.405 Y=4.692.573 610 msnm
Dirección técnica:
Dirección Conservación: Gonzalo Buceta Bruneti Fernando Carrera Ramírez (Conservadores-restauradores de Bienes Culturales) Dirección escavación arqueolóxica: EduardoBreogán Nieto Muñiz (Arqueólogo)
Fotografías:
Vistas parciais de entrada das tumbas sectores norte e sur do afloramento
4
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Redacción: Gonzalo Buceta Bruneti / Fernando Carrera Ramírez/E. Breogán Nieto Resumo: a continuación expóñese o relatorio de actuacións desenvoltas en materia de conservación e restauración no xacemento rupestre de San Vítor. Os traballos deron continuidade aos feitos na campaña de 2013 ampliando a súa acción ás novas estruturas atopadas nas últimas escavacións.
2. Antecedentes e introdución Promovidos polo Excmo. Concello de Parada de Sil abordáronse os estudos do enclave arqueolóxico de San Vítor (San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil, Ourense) logo dos importante resultados obtidos nas campañas de 2010. Os obxectivos desa campaña tiña por obxectivo a investigación e protección dese conxunto arqueolóxico. Na campaña do 2011, acadados eses fins (CT 102 A 2011/366-O) ampliouse o área escavada incorporándose uns sondeos valorativos nas áreas periféricas (S9) deixando visíbel unha área moito maior do precedente. Asemade continuose coa prospección da contorna inmediata ao ano anterior que se completou coa comprobación e afondamento na información obtida tras o estudo da documentación medieval conservada, comprobación da toponimia, referencias… Tamén se completou a intervención de posta en valor coa mellora da sinalización dentro da ruta de sendeirismo na que se atopa o xacemento e coa creación de productos de difusión web máis un levantamento fotogramétrico de todo o conxunto. Con data 8 de agosto preséntase modificación puntual do proxecto inicial consistente na ampliación leste da área de escavación no sector das tumbas (ST). Rematada esa intervención achégase unha proposta para a colocación de indicadores para a intervención museográfica e interpretativa do xacemento, con data 27 de septembro, autorizándose o 24 de outubro e executándose nos días seguintes.1 No ano 2013 continuaron as labouras de sondaxe e ampliación dos sectores L, S e N do sector tumbas (ST) con achádegos importantes como o muro localizado na ampliación da sondaxe 9, o forno da sondaxe 7 e máis tumbas na chaira a carón da capela. Durante o periodo comprendido entre o 15 de xullo e o 8 de agosto de 2013 tiveron lugar as labouras de conservación e restauración das tumbas da necrópole. Expte. S. Arqueoloxía: 02.0.272 2013.001 Código SXPA: ED 102A 2013/237-0 O traballo xurdiu logo do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Parada de Sil e a ESCRBCG. A traverso do devandito convenio puideron participar catro alumnos en prácticas da ESCRBCG completando deste xeito a súa formación académica. Asemade considerouse moi importante, logo das análises realizadas por Gonzalo Buceta Bruneti, encargar un estudo máis completo sobre a degradación que amosan as
5
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
tumbas rupestres. En consecuencia, se encargaron sendos estudos sobre o grao de meteorización do afloramento rochoso nos que participaron a Dra. Teresa Rivas Brea, do Dpto. de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medioambente (E.T.S.I. de Minas) da Universidade de Vigo e a Dra. María Jesús Mosquera (Profesora Titular Universidade, Investigadora Principal Grupo TEP-243) do Departamento de Química-Física da Universidade de Cádiz. En total tratáronse 45 tumbas con diferentes graos de intensidade e se mantiveron as cautelas suxeridas nas resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Neste ano 2014 déronse continuidade aos traballos de conservación feitos na campaña anterior reforzando a consolidación das tumbas xa escavadas e estendendo o traballo as novas descubertas no 2013 ate un total de cincuenta e cinco. Asemade colocouse unha pedra que puña en perigo o paso das persoas ao xacemento no sendeiro, entre este último e os Padrós, consolidouse o muro atopado ao sur do afloramento, acotáronse tres pequenas áreas para controlar a degradación (por pesado de inertes y comparativa fotográfica), aplicáronse novos materiais como o cal para testar a súa efectividade e participouse da retirada dos restos de canteira situados ao oeste das tumbas TXXX, TXXXI e TXXXII Corrabourouse que a consolidación feita nas tumbas xa está a amosar resultados aínda que no resto do afloramento e nas áreas inter-tumbas a degradación é continua e acelerada. Na nosa opinión, e como xa avanzábamos nos proxectos e memoria do ano 2013, esa degradación débese aos asulagamentos que a cotío se dan nas tumbas, ás escorregadas de auga, á propia composición da rocha e pola exposición das mesma aos meteoros na súa vertente física. Por outra banda a valoración dos traballos realizados nesta campaña de 2014 considéranse exitosos xa que a intervención feita cumpliu os obxectivos que se marcaron no proxecto de intervención, tanto a nivel de conservación como de estudo científico, confirmándose que os traballos de mantemento son fundamentais para garantir a preservación da necrópole. Para rematar anotamos a urxencia de evitar o pisado das tumbas mediante a organización das circulacións (aviso nun cartel, pasarela…) e a proposta dunha reunión para plantexar algún tipo de cubrición nas mesmas (individualizado, xeral...) que sexa nun primeiro estadio de xeito experimental. Tamén deberíase valorar a posibilidade de deixar ao descuberto e consolidado o forno de fundición de campás atopado na chaira como elemento único e de gran valor patrimonial pola especificidade do mesmo.
6
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
N
Vista xeral do afloramento en 2014 coas tumbas rupestres e limpeza xa avanzada
O tema dos asulagamentos supón un risco elevado para a conservación das tumbas
7
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
3. Emprazamento e descrición2 No lugar de de San Vítor, localizado moi preto da desembocadura do río Mao co Sil, sabíase da existencia dunha capela no alto do outeiro que coroa o esporón da escarpada ladeira de San Lourenzo, sobre o río Mao, así como da presenza dalgunhas tumbas antropomórficas escavadas na rocha. Accédese ao xacemento a través dun estreito camiño aberto na empinada ladeira que, partindo de San Lourenzo en dirección S, diríxese ao núcleo de Forcas. Transcurridos 400 m o camiño bifúrcase, á dereita e ladeira arriba cara a forcas e a esquerda, e aproximadamente na mesma cota, hacia San Vítor. A este lugar denominanlle Os Padrós, caracterizado por unha penas elevadas rodeadas polos camiños descritos. Según se dá a volta á pena cara a San Vítor xa é visible o sitio. Seguindo uns 100 m a ladeira ábrese nun pequeño rechán dun 15 m de longo por outro tanto de ancho que se ve coroado no seu extremo L por un afloramento de máis de 4 m de altura. No alto do mesmo consérvanse restos da vella capela; na mesma, no rechán e nas rochas que afloran no nudo O do camiño, atópanse os sartegos rupestres. Os restos da capela foron derrubados a mediados do s. XIX. Coordenadas UTM: X = 623.405 Y = 4.692.573 610 m.s.n.m. Mapa 189-71, esc. 1:5.000 MTN Pertence ao lugar de San Lourenzo, cabeceira da parroquia de Barxacova. Desde o mesmo domínase unha ampla panorámica cara ao N, polas ladeiras de San Lourenzo, e cara ao L, xa en terras de Santa María de Cristosende (A Teixeira) así como da desembocadura do río Mao, que separa ambas no Sil. Segundo se chega ao sito polo camiño indicado, nos extremos SO do rechán, apréciase, nunha roca que marca un xiro na ruta cara o alto da ladeira, a necrópole, formada por 50 tumbas visíbeis divididas en dous sectores diferenciados. O primeiro sector pódese ver tras o valado de serguridade escavadas no solo rochoso preparado para tal fin atópnase ata 11 sepulturas. Algunha delas conservada coas lousas orixinais de cuberta en sucesión e transversais. O segundo sector está máis elevado, sobre o afloramento granítico, sendo visibles 12 tumbas de boa factura e outras 8 incompletas, sen rematar ou mal conservadas. Unha máis, non é visible na actualidade xa que se atopa cuberta no sondeo S6 de 2010, no medio do rechán. Rodeando algunha delas aprécianse uns rebaixes onde encaixarían as laxes. As sepulturas definen formas acusadamente trapezoidais, coa parte inferior moi estreita e hombreiras marcadas, coa cabeza destacada e de sección a xeito de arco de
8
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
ferradura, aínda que algunha escapa a ese esquema. Toda eles teñen orientación xeral LO, comrpendidas entre os 260º e os 320º.
Diferentes tipos de enterramentos e cubricións en San Vítor de Barxacova
A tumba do sondeo central do esporón distínguese tamén do resto pola presenza dun rebaixe aos pes da mesma, sen paralelos en nengún xacemento coñecido en toda a Península. A función dese rebaixe parece ser a dun osario para a reutilización da sepultura, en comparación coa acumulación de ósos aos pes das tumbas doutros xacementos con ese mesmo fin. A capela, na peneda, é de dificil acceso, tendo que rodearse pola súa cara S. Por esta parte aprécianse certos rebaixes a modo de chanzos, hoxe moi desgatados, que facilitan a subida. No seu cumio, chairo, consérvanse os alicerces dunha vella capela, ademais doutras sepulturas en lugar destacado, unha de laxes e incorporada aos restos da capela polo seu lado N, outra antropomorfa escavada a carón da entrada, polo SL, e outras apenas visibles por estar tan só esbozadas. Tamén destaca a tumba T.XLVIII, descuberta no 2013, xa que conta cun elemento ata o de agora descoñecido no xacemento qué é a diferenciación na parte dos pés e que non foi escavada na rocha senón construída mediante laxas. No recheo, a base de terra amerelada con moita gravilla, amortizáronse grandes fragmentos de cerámica, mesmo unha vasixa case completa. Tamén se comprobou como se empregou algún croio de río como calzo da laxa inferior. A superposición de tumbas tamén dá mostras dunha perdurabilidade no tempo neste tipo de enterramentos. A concentración de tumbas permite falar dun fenómeno eremítico nin sequera de monasterios similiares como orixe do sitio, senón máis ben en comunidades rurais de certa entidade. A inaccesibilidade de hoxe nada ten que ver coa realidade de aquel entonces, xa que o camiño de Forcas era o principal acceso cara o Sil, como quedou probado nos resultados de 2010. De igual xeito que San Pedro de Rocas forma parte do camiño real.
9
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
A orixe da capela e da propia necrópole sigue sendo incerto, se ben, ambos elementos están íntimamente relacionados e constitúen unha evidencia clave para o estudio da organización territorial, social e relixiosa do mundo alto e pleno-medieval. Localización
10
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
4. Contexto histórico3 A primeira nota bibliográfica coñecida do xacemento é o amplo relato que fai J. Arias Sanjurjo no seu artigo “Unha aproximación a la Ribera Sagrada” (BCPMHAOrense, 1914), coa descrición dos restos e das sepulturas, da que di ter recoñecido unha decena, e considera o lugar como o mosteiro máis importante da Ribeira Sacra. Informa o propio Arias Sanjurjo de que “algunas (sepulturas) fueron destruidas al abrir el camino de la fábrica de Barjacova, que cruza esa plazoleta” (Arias Sanjurjo: 1914, p.50). Cuenta que “los anacoretas o monjes que habitaron esa comarca, debieron tener su centro o residencia principal un kilómetro más abajo del santuario, en el lugar que ocupa el Priorato de San Adrián, que es la parte de la ribera más próxima susceptible de cultivo (…) Conservó su personalidad e independencia hasta el s. XII, en el que el Emperador Alonso VII, siguiendo las corrientes de la época, se lo entregó a la Orden del Císter (…).” Logo foi incorporado ao de Montederramo (Arias Sanjurjo: 1914, p.51). Do citado mosteiro de San Adrián, rexido pola orden benedictina, queda algún resto, sendo hoxe unha casa particular. Tamén o recolle J. Freire Camaniel na súa obra “El Monacato Gallego en la Eda Media” (Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1998, tomo I, pp. 220-223) que segue no esencial ao anterior. Incluíuse posteriormente no inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia, figurando coa clave GA32057004. Nesta ficha, redactada por J.F. Romalde Purriños e M. González Méndez, en 1991, só se fala de 3 sepulturas visíbeis na zona chaira, ademais das da parte superior da peneda, onde tamén detectaron algúns negativos de estruturas, aínda que citan a probable existencia doutras de acordo aos investigadores precedentes. Seguindo a clasificación tipolóxica e cronolóxica proposta por J.L. Quiroga e M.R. Lovelle (1991), de acordo a tipoloxía de sartegos fixos rupestres e de marcado antropomorfismo, encadraríanse na época altomedieval, entre os séculos IX e X, se ben os resultados obtidos na campaña de 2010 obrigan a ampliar ese abano cronolóxico, canto menos ata o século XI, contando con vestixios de ocupación ata o s. XV. Outros restos máis antigos condúcennos ata a época romana, aínda que non está clara a relación distos coa necrópole, podéndose tratar dunha superposición casual.
11
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
5. Resumo de actuacións arqueolóxicas4 e conservación 5.1 Resumo das actuacións arqueolóxicas Desde 2010 véñense realizando diferentes intervencións arqueolóxicas no enclave rupestre de San Vítor de Barxacova. Nese ano abórdase por vez primeira o estudo arqueolóxico sistemático do enclave, sendo sometido a unha intensa limpeza e a labouras de escavación e sondaxe entre os meses de agosto e setembro. O obxectivo desa campaña foi o de estudar, acondicionar a contorna e deseñar unhas medidas de mantemento futuras. Confirmouse a antiga presenza da capela no alto da peneda, así como dalgunhas tumbas antropomórficas escavadas na rocha, tanto no curuto rochoso como no inicio do esporón, ao pé do camiño polo que se accede á ruta de sendeirismo dos canóns do Mao. En paralelo á intervención arqueolóxica realizouse unha prospección da ladeira oeste da desembocadura do Mao, tratando de realizar unha análise microespacial, recollendo lendas, contos e recordos das xentes do lugar. Localizáronse nesta área diversos restos relacionados coa capela de San Vítor, e doutros lugares de suxestivos topónimos, como San Salvador ou San Miguel, onde se di hai outras tumbas semellantes agochadas nos bancais das vides na contorna dunha aldea abandonada desde antigo. No San Salvador localizáronse os restos dunha construción derruída. Ladeira abaixo do San Vítor descubríronse diversas pedras decoradas reaproveitadas en muros de vellas construcións, con motivos que evocan tempos da primeira cristiandade. Na propia aldea de San Lourenzo tamén se identificou unha pedra con inscrición gótica no adro da igresa, varias pías de gran tamaño e outras de curiosa factura. Entre estas foi máis rechamante un perpiaño almofadado, que xunto a un muíño de Sacardebois, nos remite á época romana. No propio xacemento de San Vítor dividiuse a intervención en tres sectores, a peneda, a rocha na ladeira coas tumbas antropomórficas e o esporón central. Na capela, duns 12 m2 e no sector N atopouse outra tumba, esta vez de obra, a base de pezas arquitectónicas reaproveitadas. Nela atopáronse os únicos restos antropolóxicos detectados na intervención antes da escavación da tumba XXXII. Repecto dos materiais dicir que se atoparon fragmentos de tella e un real de vellón de prata de Henrique II (1369-1379) No afloramento descúbrense nove tumbas máis e entre o material, destaca, un “celtil porto” de Afonso V de Portugal (1438-1481). Seguen a aparecer restos de tella de tipoloxía romana que presumiblemente caíron do alto da peneda. Tamén se escava unha das tumbas tapadas con laxes. Na campaña de 2011 (CT 102 A 2011/366-O) amplíase a área escavada incorporándose á mesma uns sondeos valorativos en áreas periféricas deixando visible unha área moito maior ca precedente. Asemade continuouse coa prospección da contorna inmediata do ano anterior que se completou coa comprobación e afondamento na información obtida tras o estudio da
12
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
documentación medieval conservada, con visitas in situ aos lugares citados, comprobación da microtoponimia, referencias ao sitio, etc. Tamén se completou a intervención de posta en valor coa mellora da sinalización dentro do roteiro de sendeirismo no que se atopa incluído o xacemento, ademais da creación de productos de difusión web e un levantamente fotogramétrico de todo o xacemento. Con data 8 de agosto presentáse unha modificación puntual do proxecto arqueolóxico inicial consistente na ampliación no leste da área de escavación no sector das tumbas (ST). En paralelo a esa ampliación, a práctica de dúas sondaxes na contorna inmediata permitiu ir coñecendo novos datos sobre a extensión da necrópole e a posible ocupación no lugar. As sondaxes situáronse na ladeira de acceso, sobre o camiño que ven de San Lourenzo e no sector inferior ao S da peneda onde se situaba a capela. A superficie intervida total, no sector da necrópole, pasou de 50 m2 a 150 m2, dos cales aproximadamente a metade están ocupados por sepulturas. Na metade do sendeiro entre o xacemento e Os Padrós, mesmo onde se sitúa unha tampa partida (pero que foi monolítica) aproveitada no lastrado do camiño, executouse unha nova sondaxe. Nesta campaña quedan visíbeis 35 tumbas. Rematada esa intervención preséntase unha proposta para a colocación dos indicadores para a intervención museográfica e interpretativa do xacemento. No 2012 afondouse nun dos enclaves de maior interese próximo a San Vítor: o San Salvador, descuberto durante a prospección de 2010. Tamén se fixo unha limpeza intensa no sector dos Padrós. A área da necrópole ampliouse ata chegar ao camiño da Fábrica de Barxacova. Esa ampliación permitiu documentala extensión da anterior cara o S con 5 novas sepulturas. Igualmente comprobouse a continuidade da estrutura pseudo-rupestre cara o SL. Cara o NL continúan os enterramentos, esparexéndose pola explanada do xacemento onde se localiza a tumba con osario anexo inferior. Ademais descúbrense 5 novas sepulturas, un enterramento illado no S, na área que supostamente ocuparía a estrutura pseudorupestre, e outra no NW, mesmo baixo o camiño da Fábrica. Tamén se escavou a TXXXII, contedora de óseos, e que quedara pendente de 2011. paralalelamente á ampliación da área visíbel realizáronse 3 sondaxes valorativas en diferentes puntos da aba superior do xacemento e nos aterrazamentos situados a SW do mesmo. Asemade continuose co estudo documental, desta volta coa documentación do veciño mosteiro de Santa María de Montederramo, conservada no Arquivo da Catedral de Ourense e no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. As datacións levan os restos óseos a cabalo entre os séculos X e XI e outros fóra de contexto a finais do s. XIII. Os carbóns recuperados nas tumbas ofreceron datacións de entre finais do S. VII e comezos do s. XII.
13
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Entre a cerámica destacan uns fragmentos de cerámica común marrón, con abundantes desgrasantes de mica e remate exterior con engobe de coloración alaranxada, marrón ou avermellada, incluso algún con restos de pintura branca. A gran maioría destes fragmentos foron atopados dentro das sepulturas pudendo estar ante un tipo de cerámica característica da alta idade media, de aparente tradición tardo-romana. En ocasións aparecen acompañadas de cerámicas negras con bruñido exterior. No 2013 practicarónse 5 sondaxes. A sondaxe S1 planeouse como unha ampliación das tumbas (ST) a través dunha tira que comunicara a área escavada ata 2012 coa sondaxe S2 practicada en 2010 ao pé da peneda. Pemitiu o descubrimento completo das tumbas parcialmente escavadas en 2012 e descúbrese unha nova (T.XLVIII) e a parte inferior da T.XLIX. Con esta sondaxe remátase a escavación da explanada do xacemento comprobando que a necrópole chega prácticamente ata a peneda. Entre as tumbas descubertas destacan dous novos posibles osarios, de tipoloxía diferente ao chamado tipo San Vítor, como os atopados nas tumbas T.XVIII e o insinuado na T.XIII, son as T.XLIV e T.XLVI. Destácase a T.XLVIII, de novo descubrimento, xa que conta cun elemento ata o de agora descoñecido no xacemento, como é a parte dos pés non escavada na rocha, senón construída mediante laxas. No recheo, a base de terra amerelada, con moita gravilla, amortizáronse grandes fragmentos de cerámica, incluso unha vasixa case completa. Tamén se comprobou como se empregou algún croio de río como calzo da laxa inferior. Na sondaxe S2 puídose comprobar o desnivel do afloramento baixo a terraza N e a sú explanación en época contemporánea. Baixo a terra vexetal localizouse unha terra pisada, continuación da descuberta en 2012 cara o sector N da necrópole. Este nivel non sería máis ca terra de recheo da terraza pisada baixo camiño de acceso ao longo do tempo. A sondaxe S3 serviu tan só para comprobar a inexistencia de restos de calquera tipo nese primeiro rechán ao NO do camiño da Fábrica. En S4, no camiño de San Salvador ao S do afloramento, e baixo unha terra cincenta asomou unha aliñación de pedra que obrigou a ampliar a sondaxe confirmando a presenza dun muro contra a rocha traseira, cortada verticalmente, enlazando co treito lateral mediante un treito curvo repicado en horizontal no que se asentaría a prolongación da parede. A superficie rochosa nesta área aparece repicada e tería servido esa regularización como piso interior da estrutura definida polo muro e os rebaixes da rocha. Na esquina N asomou unha canle escavada no piso da rocha que discorre en paralelo ao rebaixe lateral NE. Esta canle serviu de drenaxe das augas que por escorregada puideran acumularse tralo muro e vencelo. S5 realizouse no terceiro bancal sobre o camiño de San Salvador, ao S da necrópole, quedando totalmente sondeado este sector terraza a terraza. Os resultados foron negativos.
14
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
O Sector 6, no camiño de Forcas, tiña por obxectivo o de eliminar cortes anteriores que puideran esborrallarse coas chuvias e o paso do tempo. Aquí apereceu un muro de contención e o camiño de acceso ao xacemento. Tamén se atopa unha canle e un chanzo ou zócalo de 10 cm de altura e 50 cm de ancho. Na ampliación de S7 aparece o forno que na actualidade atópase tapado para a súa conservación e executáronse as sondaxes S8 (no que aparecen 4 tumbas máis), S9 e S10 (ollar memoria arqueoloxía presentada por E.B. Nieto Muñiz). O forno poderíase ter empregado para a fundición de campás. A parte das cerámicas xa descritas atopadas nos enterramentos destácanse outras vidradas que nos falan dunha época máis recente que coincide cos recheos superiores que crea a terraza N do xacemento. 5.2 Resumo das actuacións de conservación As actuacións de conservación do xacemento centráronse na primeira actuación do ano 2013 no estudio científico da rocha para determinar o grao de meteorización da mesma así como na procura da optimización dos tratamentos estándar que se deben desenvolver como traballos de mantemento e consolidación nos vindeiros anos; todo isto co obxectivo último de retardar a meteorización física da rocha que se dá en San Vítor de Barxacova. Para acadar ese obxectivo recopilouse información deseñando unha ficha específica para realizar unha diagnose individualizada de cada unha das tumbas rupestres descubertas ata ese momento e proceder a continuación coas probas de consolidación e demais tratamentos de conservación activa. A diagnose permite comprender mellor os diferentes mecanismos de degradación que interactúan en todo o xacemento e, de xeito particular, en cada un dos enterramentos expostos á intemperie polo que se poderán deseñar tratamentos futuros individualizados ou xeralizados segundo as necesidades máis urxentes. Esa información quedou recollida nos diferentes mapas de alteración que nos aportan esa idea pormenorizada da alta degradación á que se ve sometida o sitio arqueolóxico. A información completouse co estudio feito pola Universidade de Vigo e Cádiz para a caracterización da rocha (que veñen corroborar as nosas conclusións iniciáis) e para comprobar a idoneidade e funcionalidade do consolidante proposto para a intervención de reforzo da estrutura mineral do granito: o UCA-do. Para isto último probáronse os consolidantes sintetizados polo Grupo de Investigación TEP243 de nanomateriais pertencente a Dpto. de Química e Física da Universidade de Cadiz (traballo desenvolto pola Dra. María Jesús Mosquera) probándose a eficacia de: a) o nanomaterial denomiado UCAD-20, mestura de oligómeros de silicio (DYN40) en disolución acuosa de n-octilamina;
15
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
b) o nanomaterial UCAT-do que está composto por un tetraetoxisilano comercial (WACKER SILICATES 40 WNTES40), ao que se lle engadiu un catalizador neutro de dilaurato de dioctil estaño (DoTL) que acelera o proceso sol-xel, permitindo reducir así o contido en n-octilamina. Realízase a evaluación en laboratorio de ambos consolidantes comparativamente a outro comercial, Estel 1000 (silicato de etilo), para rematar as fases de estudo realizando a evaluación da súa eficacia no xacemento. En paralelo a esas actuacións desenvolvéronse traballos de limpeza en todas as tumbas, tratamentos de adhesión, inserción de espigos en partes fragmentadas, tratamentos con funxicidas con eliminación das especies herbáceas, arbustivas e briófitas, reintegracións de carácter estrutural e a consolidación da mesma rocha polo método de impregnación.
Detalles das reintegracións feitas en 2013
Inxección e colación de espigos de fibra de vidro en rochas soltas (ano 2013)
16
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Inserción de espigos en grandes placas e rochas (ano 2013)
17
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
6. Obxectivos restauración
Ano 2014
e
criterios
aplicados
á
conservación-
Pero para que todos os traballos desenvoltos (excavación, conservación, difusión…) teñan sentido debemos deixar claro un axioma, sen necrópole, ou sexa, sen conservación, todo o anterior perde sentido. Polo tanto seguimos mantendo os obxectivos e criterios propostos en anteriores informes para garantir a viveza deste sitio arqueolóxico, único na Península polas súas especiais características. 6.1 Obxectivos Os obxectivos específicos que se marcaron para o presente proxecto foron: 1.
Redefinición das fases e prioridades de actuación: urxencias
2. Garantir a adecuada conservación e protección das estruturas exhumadas para facilitar a visión, asemade, a compresión do xacemento 3. Converter ao sitio arqueolóxico en elemento de difusión do pasado en especial para o público non especializado 4. Incrementar no posible o coñecemento sobre o mesmo. Carácter científico/cultural 5.
Minimizar o risco de alteracións físico-químicas
6.
Consolidar estruturalmente todas as tumbas e mesmo o afloramento
7. Facilitar a elaboración de documentación gráfica para o seu uso en futuras publicacións ou eventos 8. Garantir e facilitar o rendimento económico, social, ambiental e educativo a partir de todo o anterior. 9.
Respecto polos valores paisaxísticos do lugar
10. Establecer o mantemento do lugar como premisa indispensable para a súa conservación e para que o lugar amósese sempre atractivo á vista dos visitantes 6.2 Criterios En base a eses obxectivos é necesario incluír os criterios de conservación, de obrigado e estrito cumplimeto para a consolidación e conservación das estruturas e que veñen marcados polas diferentes leis e cartas internacionais referidas ao PC5 e que xa foron postos en práctica na campaña de conservación de 2013. 1.
Mínima intervención
2.
Preservación de todo elemento original presente
18
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
3.
Uso de materiais que non interaccionen co orixinal
4.
Uso de materiais e técnicas reversibles ou de fácil eliminación
5.
Uso de materiais e técnicas con duración no tempo garantida
Ano 2014
6. Mellora das propiedades físicas, químicas e biolóxicas para limitar a acción dos axentes de alteración 7.
Mellora da visibilidade e visión dos elementos degradados
8.
Documentación exhaustiva: gráfica, escrita e fotográfica
9. Identificación de engadidos (reconstrucións anastilósticas), únicamente en casos de carácter estrutural e suxeitos ao criterio único da preservación dos bens exhumados.
19
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
7. Valoración inicial do estado de conservación inicial A valoración que se dá para o conxunto rupestre é mala xa que a meteorización da rocha do afloramento e moi elevada. Como xa se avanzara en anteriores informes tíñase verificado un estado de conservación extremadamente comprometido; moito máis acusado nas tumbas que xa eran visibles no sector sur do afloramento, con formas máis redondeadas e maiores perdas na contorna dos enterramentos, en comparación coas tumbas máis recentemente escavadas, as do sector norte. Ademais atópanse grandes rochas soltas ao norte do afloramento.
As estruturas que levan máis tempo expostas aos axentes atmosféricos presentan unha perda matérica parcial da estrutura física que as define e formas máis erosionadas
En consecuencia, as tumbas máis expostas aos axentes atmosféricos (acción dos meteoros/non cubertas por sedimentos) mostran unha maior degración. Así e todo esa alteración xa está “máis estabilizada” namentres que se observa unha aceleración da anterior nas novas tumbas exhumadas. É lóxico supor que as que foron recentemente escavadas e as exhumadas en 2013/2014 sufrirán o mesmo tipo de alteración que ás do sector sur co paso do tempo, a desagregación, a disgregación, a hidrólise ou a alteracións dos filosilicatos rematarán por dar esas formas máis erosionadas. Se como dixemos as novas condicións de exposición, a acción dos meteoros e a acción da auga eran considerados como os principais axentes de alteración agóra débese engadir a propia xeoloxía do lugar e a propia composición mineralóxica do granito, cunha predominancia da erosión física no xacemento. Detectouse unha orde natural na perda de materia segundo a seguinte secuencia fotográfica.
Cadea de degradación observada in situ, desagregación e fracturas, disgregación e formación de area
20
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
En realidade esa secuencia móstranos as etapas de formación dun solo a partir da degradación do granito. En xeral degrádase primeiro a plaxioclasa e en segundo termo a biotita e o feldespato potásico continuando o proceso de alteración do resto de minerais pola acción dos diferentes axentes de alteración6. Interactuando conxuntamente estes agentes de alteración prodúcese a disgregación, a fragmentación e para rematar, a formación da area. De menor incidencia, pero tamén presente, atopamos a alteración biolóxica, de acción máis lenta pero tamén continuada no tempo.
Alteracións biolóxicas: asentamento e crecemento de raizame entre as rochas e árbore derrubada sobre o muro sur
A análise do granito revelou un pésimo estado de conservación pois a súa densidade, porosidade e presenza de neominerais de formación (indicadores tanxíbeis da meteorización) indican uns patróns de degradación evidentes. A valoración do estado de conservación completouse realizando unha exhaustiva diagnose do xacemento, e das tumbas en particular, máis unha analítica sobre mostras recollidas no propio afloramento. Os datos conxugados de ambas ferramentas foron os que permitiron o deseño final dos tratamentos de conservación feitos no 2013 e 2014. 7.1 Diagnose Os datos que se poden extraer da diagnose permítennos comprender mellor os mecanismos de degradación que interaccionan e os riscos que se derivan deles. A visión de conxunto permite extraer unha maior percepción e precisión nas prioridades de actuación, feito que redunda nunha mellor programación dos futuros procesos de conservación e nunha reducción de custo nos tratamentos. Asemade toda a información quedou plasmada nuns mapas de alteración que favorecen unha visión gráfica de doada comprensión. No tocante ás formas de alteración que se van describir dicir que se estudaron 17 tipos comprobábeis de xeito organoléptico.
21
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
A diagnose realizouse empregando unhas fichas7 que recollen datos repetidos por cada unha das tumbas. En total diagnosticáronse 52 tumbas8. Os datos expostos reflicten as incidencias atopadas antes de facer os tratamentos de conservación do ano 2013/14. En xeral a erosión e a pátina foron marcadas como formas de alteración en todos os enterramentos. A disgregación poderíase ter marcada para todas as tumbas se ben preferiuse establecer unha pequena e sutil diferencia entre as tumbas que amosaban esta incidencia, con só rañar coas mans, daquelas nas que era preciso frotar con algún dos elementos empregados na limpeza. Para diferenciala do estado areento tíñase en conta a cantidade de materia solta que se desprendía. Para distinguir entre fendas, fracturas e fragmentos, á parte do evidente para o caso dos fragmentos soltos, seguiuse o seguinte razoamento: unha pedra amosa fendas (microfendas, <1 mm) que poden acadar o rango de fracturas (fendas >1 mm) que á súa vez podían chegar a desprenderse nun anaco de rocha, fragmento. Para a formación de placas, xeralmente asociadas a lumes ou sales, non se ten unha clara identificación da causa de alteración. Os sales non se atoparon en cantidades relevantes nas análises e os lumes pensamos que non se deron na contorna; salvo de antigo e dos que non quedan rastros visíbeis. A meirande parte das placas atopáronse na zona alta da capela, nos bolos que conforman o castelo, unha zona pouco probábel á que puidese chegar o lume. Con respecto da alteración cromática matizar que se debe exclusivamente aos procesos químicos causados pola lixiviación dos minerais ferruxinosos do granito e que os depósitos os asociamos aos restos de terra, po e materiais vexetais. No gráfico 1 pódense ollar todas as formas de alteración estudadas e a interacción de cada unha delas por cada unha das tumbas rupestres analizadas. Nas tumbas presentes na capela, T.I, T.II, T.III e T.IV danse menor cantidade de alteracións polas peculiaridades que se observan: a T1 non foi tallada na rocha senón que se fixo mediante o emprego de laxes con forma de paralelepípedo regular e a T.III e T.IV nunca foron rematadas, tan só esbozadas. Isto non quere dicir que por presentar menos formas de alteración a erosión das mesmas sexa menor.
Gráfico 1 22
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
No sector sur do afloramento un 76% das tumbas presentan oito ou máis alteracións namentres que só un 47% das tumbas do sector norte acadan esa concentración. Isto pódese ollar a simple vista no xacemento, de novo, pola maior degradación que amosan as tumbas dese sector sur pola súa maior exposición á acción dos meteoros. O gráfico nº 2 mostra en tanto por cen a cantidade de veces que foi recollida unha determinada forma de alteración nas 52 tumbas diagnosticadas. Conclúese que o 100% das tumbas vense afectadas pola erosión, a pátina e en maior ou menor medida polos depósitos. Seguénlle en orde representativa as fendas, a disgregación e a fractura. As placas quedaron recollidas nun 55,77% das tumbas e xa preto do 45% as formas de alteración areento, fragmentación e alteración cromática. % REPRESENTATIVO DAS ALTERACIÓNS EN TODAS AS TUMBAS
96,15
100,00
88,46
100,00
44,23
42,31 55,77
88,46 51,92
84,62
EROSIÓN
DISGREGACIÓN
ARENIZACIÓN
FENDAS
FRACTURACIÓN
FRAGMENTACIÓN
FORMACIÓN PLACAS
ALTERACIÓN CROMÁTICA
PÁTINA
DEPÓSITO
Gráfico 2
Se botamos unha ollada a esa degradación segundo os sectores nos que se dividiu o xacemento (capela, sector sur e sector norte do afloramento) atopamos que os datos son moi parellos, feito que nos sinala que os tipos de alteración repítense de forma continuada. As fendas danse con maior profusión no sector norte do afloramento, onde se localizan os enterramentos escavados máis recentemente, feito que reafirma que a degradación física e química neste sector estase a acelerar pola maior variabilidade das novas condicións de exposición. O dato, algo máis realzado, da alteración cromática tamén nos pode confirmar o anterior (oxidación de minerais ferruxinosos) sendo tamén determinante a concorrencia neste sector dunha área de asolagamento. Na contra atopamos unha maior aparición de fracturas no sector sur; un grao máis avanzado na progresión das fendas. O valor da fragmentación, maior no sector sur que no norte, indica que as formas máis completas danse lóxicamente no sector norte por seren as tumbas máis recentemente descubertas, polo tanto e por agora, con menos perdas de materia orixinal.
23
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Todos os axentes de alteración que se dan no recinto arqueolóxico, expresados a traverso das formas de alteración examinadas, nos poñen en antecedente dos riscos que se poden dar no conxunto rupestre. Dos tres riscos evaluados, o risco natural, o risco biolóxico e o risco antrópico saliéntase a puntuación media que acada a erosión natural nas tumbas, 1.15. Sendo 1 un valor de risco moi alto e o valor 5 o de risco máis baixo. O risco antrópico considerouse elevado polas visitas que se dan no xacemento e que con frecuencia pasan por enriba das tumbas, valoración media 1.63. No sector norte esta situación é preocupante pois aínda que os enterramentos presentan formas máis completas a degradación física e química acelerada que se está a describir fan que partes concretas das mesmas mostren moita debilidade estrutural e alto risco de derruba polo paso das persoas. VALORACIÓN MEDIA SEGUNDO RISCOS RISCO EROSIÓN NATURAL
2,90
3,00
RISCO EROSIÓN BIOLÓXICA
1,63 1,15
RISCO EROSIÓN ANTRÓPICA
2,00
1,00
VALORACIÓN MEDIA GLOBAL: 1,90
0,00 LENDA: RISCO MOI ALTO VALOR 1 RISCO ALTO VALOR 2 RISCO MEDIO VALOR 3 RISCO BAIXO VALOR 4 RISCO MOI BAIXO VALOR 5
Gráfico 3
Polo xeral o risco biolóxico9 (valor 2.90) considerouse con valor medio na meirande parte dos elementos estudados xa que se pensa que vai existir un mantemento e soamente foi considerado alto nos enterramentos que presentan maiores fracturas pola posibilidade da raizame de penetrar na rocha e polo tanto aumentar o risco de roturas e fragmentación. En principio os riscos biolóxicos teñen que ver máis coa visibilidade das tumbas que cunha efectiva degradación das mesmas aínda que como xa se avanzou a acción destes axentes é lenta pero continuada. Segundo a valoración escollida como referencia obteríamos unha media de entre os tres riscos avaliados de 1,90; dato que aproxima o risco xeral a un valor cumbre preocupante. Se analizamos con detalle os riscos segundo as mostras recollidas atopamos que o risco natural foi considerado como moi alto (valor 1) no 77% dos enterramentos, alto no 17% e medio no 10% . Polo tanto en ningunha das tumbas considerouse un risco menor a 3. O risco antrópico foi considerado nun 58% dos casos como moi alto ou alto, de novo, pola falla de control nas circulacións das visitas.
24
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
A valoración de riscos sector por sector confirma o repunte na erosión natural do sector norte do afloramento. Un 81% das tumbas deste sector foron diagnosticadas con ese valor alto namentres que no sector sur se recollen un 75% dos enterramentos e na capela un 50%. O risco antrópico supera en máis do 69% das tumbas, dos sectores norte e sur, un valor moi elevado. Na capela, na que existen 4 enterramentos, o risco é alto nas dúas que se atopan “esbozadas”. Máis do 50% de todas as tumbas presentan un risco medio se valoramos a erosión biolóxica nos sectores sur e norte. Logo de ver todo o relacionado coas formas de alteración e os riscos descritos no xacemento pódese relacionar todo o descrito a traverso das perdas de material, parciais ou totais, nos enterramentos rupestres. PORCENTAXE DESTRUíDO
100
95 95
95 95
90
90
85
85
85
80
80
80 75
70
70 60 %
55 50
50
50
50
40 30
25
25 20 15
SECTOR SUR AFLORAMENTO
3
3
2
2
2
2
2
T34
T42
T43
T44
T45
T46
1
T33
1
T32
1
T31
1
T30
3
T29
2
T28
T18
T15
T41
T40
T39
T38
T37
T36
T35
T26
T25
T24
T23
T22
T21
T20
T17
2
0
T27
8
2 T14
T9
T10
T8
T7
T6
T5
T4
T3
T2
CAPELA
8 3 T13
5
15
T15b_T16
10
2 T1
0
T12
10
10
15
T19
15
T11
20
SECTOR NORTE AFLORAMENTO
MEDIA DESTRUíDO: 31,30 %
Gráfico 4
É de prever que a porcentaxe de destrución suba no sector norte do afloramento se non se toman a recomendacións de conservación que se deron nos diferentes proxectos de execución: traballos de mantemento, reordenación na circulación das visitas… 7.2 Analítica Coa analítica pódese aportar, ademais dunha valoración real e efectiva do estado de conservación do ben, datos históricos e científicos dun importante valor que poden axudar a mellorar a comprensión do sitio arqueolóxico ou dos elementos que o compoñen. Sen o coñecemento dos parámetros como a densidade, a porosidade, a presenza dos sales, etc., que se deducen das analíticas da propia rocha non se poden desenvolver tratamentos de conservación efectivos que garantan, primeiro, o deseño dun proxecto de intervención e segundo, a preservación do Ben Cultural que se pretende exhibir/conservar. 7.2.1 Caracterización da rocha do afloramento e solo
25
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Segundo a cartografía xeolóxica a rocha correspóndese co granito, denominado polo IGME, granito de dúas micas orientado. No campo amosa diferentes facies: con megacristais de feldespato (que é o caso) e grandes moscovitas ou ben de granulometría fina. Trátase dunha rocha que sufriu a segunda fase hercínica, polo que ao microscopio presenta rasgos de cataclasis, extinción ondulante no cuarzo e transformacións minerais como a biotita en silimanita, a plaxioclasa en sericita ou a biotita en clorita ou silimanita. A característica principal é a existencia de grandes grans de feldespato (microclina) de hábito suidiomorfo que destacan sobre o resto dos minerais10. A composición tipo do granito é: Cuarzo: SiO2, compoñente maioritario e responsábel da extrema dureza do granito. Albita: NaAlSi3O8, tectosilicato Na[AlSi3O8] de estrutura tabular. Plaxioclasa sódica. Microcline: KAlSi3O8, outro tectosilicato (feldespato) polimorfo da ortosa e asociado a cuarzo e albita (pertita). O feldespato (ortosa) é o “cemento” de agarre no granito; en realidade é un polimorfo do feldespato potásico. Moscovita: (K,Na)(Al,Mg,Fe)2[OH,Fe2|AlSi3O10], é un filosilicato de estrutura laminar. Biotita: K (Mg,Fe,Mn) 3 [OH,Fe2|AlSi3O10], filosilicato que diminúe a anisotropía da rocha. É un mineral ferromagnesiano. A nivel macroscópico obsérvase no xacemento unha diaclasación producto da descompresión do granito en dúas direccións que definen, case perfectamente, paralelepípedos nas rochas. Os sentidos das fendas van nas direccións SN e LO. O solo onde se recolleron as mostras está definido pola alternancia dos horizontes orgánicos A e horizontes C, evidenciando unha orixe antrópica do mesmo. 7.2.2 Descrición e relación das mostras tomadas para as análises feitas na E.S.C.R.B.C.G. e no Dpto. de Enxeñería de Recursos Naturais e Medioambiente da UVIGO11 Recolléronse un total de 5 mostras para diversas análises na E.S.C.R.B.C.G.. A continuación localízanse12 e descríbense as mesmas:
M2 M3
N Ma M1
M4 M5
Toma de mostras, localización e vista das formacións xeolóxicas 26
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
a) M1: mostra recollida sobre T.XVI. Aspecto máis compacto pero fractura moi doada. Planos de exfoliación en paralelo ás caras da tumba.
Microfotografías da mostra onde se pode ollar as micas, as microfendas e un gran de cuarzo
b) M2: mostra tomada en T.X, unha das localizadas máis ao sur. Gran groso, cuarzo e biotita. Posible hidrólise. Planos de fractura segundo exfoliación. Rompe moi doado. Moita desagregación.
Microfotografías onde se pode ollar a fisuración, a desagregación e crebaduras nunha biotita
c) M3: mostra de rocha tomada nos restos de canteira sobre as tumbas T.XXIX, T.XXX e T.XXXII. Granito de gran máis fino e compacto e en mellor estado. Micas moi pequenas.
Macrofotografías da mostra M4 onde se pode ollar a textura máis fina e a orientación. Escala: 2 cm
27
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
d) M4: mostra de rocha solta recollida ao leste do xacemento. Granito de gran máis groso, exfoliación segundo planos de formación, con cuarzo, feldespato e grandes moscovitas.
Macrofotografías da mostra M5. Granito de gran máis groso. Vista pola cara en contacto co afloramento. Escala: 2cm
e) M5: mostra tomada en T.XXXIII e T.XXXIV no sector tumbas norte (STN). Obsérvase moi ben a orientación pola cara interior. Vetas de biotita. Aspecto máis escuro polo exterior. Fractura moi doada.
Microfotografías onde se pode ollar a exfoliación da biotita e detalles da porosidade fisural
f) M6: mostra de placa recollida na capela. Moi escura e con máis terra e restos biolóxicos pola cara en contacto co afloramento.
Microfotografias da placa recollida na capela con detalles dos grans minerais, estrutura biolóxica e fendeduras
28
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Placa e toma de mostra na capela
Ma: tomada entre as tumbas T.X e T.XI. No se lle sacaron microfotografías pero sí se lle fixeron análises químicos. A relación das mostras recollidas polo Dpto de Enxeñería de Recursos Naturais e Medioambiente da UVIGO é: a) M1: mostra de area de gran fino na T.XXXIV en costado esquerdo b) M2: mostra de area de gran fino en T. XLII c) M3: placa ao lado da T. XVIII d) M4: mostra de gran groso no costado dereito da T.XLIII e) M5: mostra biolóxica. Cabeceira da T.XXII f) M6: mostra biolóxica. Cabeceira da T.XXI g) M7: placa no costado de T.XLII h) M8: mostra de gran groso (pedra) no costado dereito da T.XLII i) M9: mostra de gran groso (pedra) recollida entre as T.XXXIV e T.XLII j) M10: placa localizada entre as T.XVIII e T.XLII 7.2.3 Resultados comparativos das análises Do estudo dos parámetros físicos do granito e a presenza dos sales pódese concluír a debilidade interna que presenta a rocha de Barxacova. Este dato ven reflectido pola súa baixa densidade en comparación coa dun granito que pode chegar ata os 4,20 g/cm3. As mostras analizadas M1, M2 e Ma dan valores na densidade real, respectivamente, de 2,79, 2,68 e 2,67 g/cm3. Pero quizais o máis representativo do mal estado de conservación sexa a porosidade. Un granito de boa calidade non presenta máis dun 2-3% mentres que as mostras analizadas deron valores de 10,24%, 10,12% e 9,80% 13.
29
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
No lado positivo atopamos os datos dos sales. Todas os analizados, cloruros, sulfatos, nitratos e nitritos dan valores, na práctica, iguais a cero. Estes datos tambén os ratifica a conductividade determinada nas mostras.
Ph (disolución)
Porosidade
D.r. (g/cm3)
D.a. (g/cm3)
Cloruros
Sulfatos
Nitratos
Nitritos
M1
6,75
10.24%
2,79
2,44
0 mg/l Cl-
M2
6,81
10.12%
2,68
2,36
0 mg/l Cl-
Ma
6,81
9.80%
2,67
2,40
0 mg/l Cl-
<200 mg/l SO42<200 mg/l SO42<200 mg/l SO42-
0-10 mg/l NO3=0 mg/l NO3=0 mg/l NO3-
0-1 mg/l NO20-1 mg/l NO20-1 mg/l NO2-
Conductividade 1,2 µS 2,6 µS 1,1 µS
Táboa 1 cos parámetros químicos analizados, sales e conductividade
Móstranse a continuación os datos e conclusións obtidas polo Dpto. de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medioambiente da UVIGO. Os parámetros físicos do granito procedente de canteira empregado nos ensaios de laboratorio dá como datos finais:
Mostra única
Porosidade aberta (%)
D.r. (g/cm3)
D.a. (g/cm3)
Coef. absorción de agua baixo presión (&p/p`)
Coef. absorción de agua por inmersión (%p/p)
Porosidade total por inxección de mercurio (%)
Difusividade ao vapor de auga (m2.s-1
4,63
2.616,12
2.476,32
2,16
2,09
5,59
8,57.10-7
Táboa 2 cos parámetros químicos analizados, sales e conductividade do ETSI de Minas da UVigo
A rocha presenta un importante grao de porosidade revelando xa certa meteorización. O contido en auga que absorbe a rocha a presión é moi similar ao contido en auga que absorbe a presión atmosférica o que novamente revela unha boa comunicación dos espazos baleiros e a facilidade para absorber a auga. O comportamento durante a absorción de auga libre e desorción é típica de rochas graníticas moi permeábeis á auga: unha absorción inicial moi rápida, un contido de auga absorbida ao final moi próximo ao contido que absorbe baixo presión e unha desorción tamén rápida, acadando valores de contido de auga ao final do ensaio moi próximos a cero indicando un bo comportamento durante o secado. A cinética de absorción capilar revela a existencia na rocha de poros de acceso capilar que permiten unha rápida absorción inicial; ao final do ensaio por capilaridade a rocha absorbe un 88% da auga que absorbería ao baleiro polo que se pode dicir que a comunicación entre os poros capilares e o resto de espazos baleiros e moi eficaz. A distribución dos tamaños de poro, obtida por inxección de mercurio, indica que a rocha posúe poros de todos os tamaños medíbeis mediante esa técnica; a existencia de certa porcentaxe de poros por embaixo de 1 m de diámetro de acceso de poro explica a rápida absorción de auga durante os ensaios de absorción libre e absorción por capilaridade.
30
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Na difración de Rx detectáronse trazas de caolinita e vermiculita en todas as mostras. Estes dous minerais fórmanse pola meteorización dos minerais esenciais da rocha: a caolinita é un mineral neoformado como resultado da hidrólise dos feldespatos e a vermiculita é un mineral secundario orixinado por transformación da biotita. MOSTRAS
MINERAIS SECUNDARIOS DETECTADOS
M1 M2 M3 M7 M8 M9 M10
Caolinita e vermiculita n.d. Caolinita e vermiculita Caolinita n.d. Caolinita e vermiculita n.d.
Táboa 3 cos minerais de neoformación nas mostras detectados na difracción polo ETSI de Minas da UVigo
Os sales, ao igual que os datos obtidos na E.S.C.R.B.C.G, son desprezábeis polo que se descartan procesos relacionados coa cristalización dos sales solubles como mecanismo causante do deterioro da rocha. Os datos de conductividade das mostras recollidas do solos deron na mostra S1 un pH de 5,15 e conductividade 18,50 S, na mostra S2 un pH de 6,27 e 20,95 S e en S3 valores de 6,14 e 21,89 respectivamente. A mostra S4 deu no pH 5,15 e 50,49 S de conductividade. Os datos obtidos son os normais para horizontes orgánicos e minerais de solos desenvoltos sobre granito en clima templado húmido como o de Galicia. Os horizontes orgánicos son lixeiramente máis ácedos que os minerais debido á actividade dos microorganismos que participan da degradación da materia orgánica. A variación na conductividade tamén é normal. 7.2.4 Resumo do informe sobre a eficiencia dos consolidantes14 Respecto da comparativa entre materiais consolidantes no granito pódese argumenar que a presenza de auga na rocha afecta ao proceso de polimerización, sobre todo no caso do UCAD-20. Tendo en conta que a auga é o factor de deterioro máis importante, a actuación directa sobre a mesma debe conseguir unha modificación nas propiedades que regulan o movemento da auga e do vapor de auga para diminuír a súa acción. Dos tres productos o que maior efecto xera na porosidade accesible son os nanoconsolidantes, especialmente o UCA-DO; tendo en conta a variación da porosidade desaconséllase o uso do consolidante convencional ESTEL 1000 que é o que menor efecto provoca nesa propiedade. Obsevando a distribución do volume de poros de diferente diámetro de acceso compróbase que o tratamento cos dous nanconsoliantes modifica sobre todo o volume
31
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
de poros de radio de acceso < 1m reducíndoos de forma notable. O tamaño da rocha, de gran groso, implica unha variabilidade importante na distribución do tamaño do poro dunha mostra a outra polo que as variacións obtidas tras a consolidación deben atribuírse á heteroxeneidade de poros inherente á rocha. Por outra banda, o producto UCA-DO exerce unha modificación na permeabilidade proporcionalmente moito menor que o UCAD-20, a persar de que reduce a porosidade accesible algo máis que este. No tocante a difusividade ao vapor de auga é o UCAD-20 o que máis efecto ten, 27,30% de redución e o que menos o Estel 1000 cun 9,92%. O UCA-DO xera un cambio intermedio na permeabilidade polo que pode considerarse aceptable e de baixo risco. Os tres productos incrementan a resistencia da rocha xa que o índice de durabilidade (índice de durabilidade de Slake) tras o tratamento é maior na rocha tratata que na sen tratar. Ademais o cambio na cor entra no rango considerado como aceptable nunha intervención de consolidación, en definitiva, os resultados na medida da eficacia aconsellan a aplicación de UCA-DO no xacemento. Tamén amosa vantaxes o UCA-DO na relación MS/C (materia seca/consumo) que é menor que nos outros consolidantes.
32
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
8. Tratamentos realizados 2014 Logo do traslado dos materiais necesarios para comezar os traballos fixéronse todas as tarefas de rexistro e ampliación da diagnose nas novas tumbas escavadas. Neste estadio tamén se recolleron as mostras para análise: restos dunha arxila atopada na tumba TXLVIII.
Fichas de rexistro sobre as tumbas e recollida de mostras da preparación atopada en TXLVIII
8.1 Limpeza A limpeza executada durante este ano 2014 ven demostrar que cun mantemento periódico do sitio diminúese de xeito considerábel a abrasión que supón o emprego de útiles de limpeza e que se reduce tamén de forma importante o tempo necesario para a mesma. Namentres que o ano pasado necesitáronse 5 persoas para limpar as tumbas durante que case que dúas semanas neste ano empregouse unha persoa unha semana polo tanto os beneficios desa actuación inciden cuantitavamente na conservación e custes da actuación. A limpeza xenaralizouse en todas as tumbas e nas zonas a carón das anteriores deixando outras áreas do afloramento sen intervir. Executouse de xeito selectivo, eliminando as briófitas, as herbáceas e os líques foliáceos; non así os costrosos que consideramos protectores ou inhibidores doutras especies máis agresivas. En resumo, desenvolvouse unha limpeza non exhaustiva e de respecto pola pátina seguindo a norma de cortar e non arrincar. Na limpeza da rocha empregáronse cepillos de cerda natural, pinceis, brochas e paus de laranxo. O proceso fíxose en seco e húmido.
33
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Comparativa de limpeza grupo TXVII-TXVI-TXVb-TXV-TXXVIII
Comparativa limpeza grupo TXII e TXIII
Comparativa limpeza grupo TVIII, TIX, TX e TXI
34
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Diferentes útiles empregados na limpieza e eliminación de herbáceas
Comparativa limpeza grupo TXVII_b-TXVI e TXVII
35
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
8.2 Consolidación química interna O proceso de consolidación executouse nas novas tumbas descubertas, excepto naquelas que ían ser tapadas de novo, e nalgunhas xa consolidadas no ano anterior e que precisaban dunha nova actuación. Foi executada antes dos tratamentos de reintegración e reforzo mecánico. O método empregado foi o de impregnación e o material o UCA-DO; como no 2013. Considerouse facelo, de xeito selectivo, aplicando máis cantidade de material onde a degradación da rocha era maior. O resultado final semella ser moi bo e non se aprecian cambios de tonalidade nas tumbas. Polo de agora sabemos xa que nas tumbas onde se deu menor cantidade de consolidante prodúcense maiores perdas de minerais que naquelas onde a cantidade aplicada foi maior o cal amosa a efectidade do tratamento.
Aplicación do consolidante por impregnación
Este material é un consolidante composto por silicato de etilo, un sufactante e un catalizador. Non contén disolventes. A súa baixa viscosidade (n<5 Mpa) permite unha
36
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
óptima penetración no sustrato rochoso. O surfactante orixina un xel de sílice mesoporoso que impide a impermeabilización do sustrato pétreo. O tratamento foi realizado, empregando 25 L repatidos en cantidades de 1 a 2 L entre as tumbas: TXVIII
TXXVIII-TXV
TXV-TXV_b-TXVI
TXXXIII
TXXXIV
TXLIII
TXLIV
TXLV
TXLVI
TXLVIII
TXLIX
Consolidación das tumbas: TXXXIII-TXXXIV e TXLIV-TXLV-TXLVI
37
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Consolidación química no proceso de curado nas tumbas TXLVI e TXLVIII
8.3 Tratamentos estruturais: resinas e morteiros de cal Estes traballos realizáronse logo da consolidación interna. Os reforzos estruturais fixerónse cunha mestura de marmolit líquido (resina de poliéster) e area lavada procedente de canteira de granulometría 0/3. Esta intervención practicouse nas fendas onde as fracturas e fragmentos precisaban dun reforzo mecánico. O material empregado permite obter unha textura similar ao das rochas e pódese identificar claramente como engadido. A elección desta resina e non doutro material (outras resinas ou morteiro de cal15) viuse determinada pola necesidade de buscar certa impermeabilización nas fendas, tamén, pola necesidade de acadar adhesión e cohesión ao mesmo tempo. Se ben é certo que sempre debemos permitir o transpirado da rocha o que se busca foi todo o contrario; a impermeabilización das fendas para evitar a entrada de auga. A alta porosidade das rochas de San Vítor permite garantir que a auga de capilaridade ou absorción será eliminada sen problema no resto das superficies.
Fragmentos e fracturas nas rochas das tumbas de San Vítor de Barxacova
38
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Consolidación con resina e area en TXLVIII e TXXXIII. Comparativa coa terra circundante e rochas ao redor
Detalles do selado e aplicación de resina con area en fendas na TXLVI e TXLVIII
Retoque e reforzo nunha tumba xa tratada en 2013 (TIX)
39
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Retoque nunha resina probada en 2013 que descolorou na cabeceira da TXXI. Fotografías de entrada e final
Reforzo estrutural no espazo entre TXXXIII e TXXXIV
Reforzo estrutural no espazo entre TXLVIII e final da TXLIX
40
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Tamén se probaron, por vez primeira, morteiros de cal para testar o seu comportamento fronte a intemperie. Empregouse un morteiro de cal hidráulico en relación 1:5 con área silícea de granulometría 0/4 (grosa) foi tintado con sombra natural para entonar coa rocha
TXXVIII
TXXI
Testado do moteiro de cal hidráulico ao sur da tumba XXI
Testado do moteiro de cal hidráulico ao sur da tumba XXI e final
41
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Este traballo foi testado nas tumbas: TXXI, TLV, TXLVI e TXLVIII e debe ser controlado especialmente entre as tumbas TVIII e TXXI.
Fragmentos soltos tomados con cal hidráulico na TLV
Fragmentos soltos tomados con cal hidráulico na TXLVIII e TXLVI
8.4 Outros traballos Outros traballos feitos foron os de: 1. Recolocación da pedra solta no camino entre os Padrós e o xacemento
Adhesión e colocación con morteiro de cal na rocha situada entre Os Padrós e o xacemento 42
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
2. Monitorizacion de pequenas áreas para testar a perda de minerais por pesada de áridos
Control da meteorización ao sur da TXLIII (no afloramento) e TXXI
Control da meteorización entre as tumbas TXXXIV e TXV_b-TXVI
3. Control no movemento dos restos de canteira localizados ao oeste das tumbas TXXXII e TXXXI. En primeiro termo protexéronse as tumbas con xeotextil e área colocando unha capa final de pedras antes de proceder co cable tractor
Emprego do cable tractor para o movemento das rochas
43
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Entrada e saída do sector onde se localizaban os restos de canteira
4. Protección con área das tumbas TXVII, TXXX e TXLIV-TXLV-TXLVI para facilitar o paso de norte a sur polo xacemento 5. Consolidación do muro sur. Calzaouse na súa base con rochas colocadas a presión e encintouse e reforzouse a cabeceira con argamasa de cal hidráulico en relación coa area de 1:5
Entrada e saída do muro ao sur do afloramento
Traballos de consolidación e mestura de cal, area e pigmento sombra natural 44
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Aspecto da cabeceira antes e despois da consolidación
Encintado e retacado
8.5 Aplicación funxicida-alguicida O derradeiro tratamento consistiu na aplicación dun funxicida-alguicida, o cloruro de benzalconio, que posteriormente foi neutralizado con auga. A aplicación fíxose ao final de todos os tratamentos para non interferir no proceso de consolidación. O método de aplicación foi o de impregnación.
45
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
9. Recomendacións de conservación Até que non se decidan e se dean as conxunturas adecuadas para a execución dalgún tipo de cuberta (individual ou xeral) que palíe os efectos negativos que para a conservación supón á exposición total do conxunto rupestre aos meteoros urxe establecer unhas medidas mínimas de conservación que garantan por unha parte a presevarción do sitio e por outra banda a súa exposición de cara aos visitantes. Dito isto consideramos que é ineludíbel: 1. Mantemento tanto na limpeza como na consolidación 2. Execución dos traballos propostos para a eliminación dos asulagamentos nas tumbas 3. Ampliación das análises 4. Mellorar a indicación de subida á capela acción que podería derivar nunha menos presión sobre as tumbas ao terse unha visión completa do conxunto16 5. Estudo das circulacións das visitas e execución dunha pasarela ou similar e aviso nun cartel á entrada do xacemento 6. Monitorización do sitio para obter datos pluviométricos, de temperatura, humidade, dirección do vento, etc. 7. Continuación das labouras de difusión e musealización 8. Estudar máis polo miúdo a orientación e relación da capela co sol17 9. Creación dunha mesa de traballo para debater o futuro do xacemento
46
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
10. Documentación fotográfica
47
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 1 e 2:
Entradasaída TVIII
FOTO 3 e 4:
Entradasaída TIX
FOTO 5 e 6:
Entradasaída TX
48
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 7 e 8:
Entradasaída TXI
FOTO 9 e 10:
Entradasaída TXII
FOTOS 11 E 12:
Entradasaída TXIII
49
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 13 e 14:
Entradasaída TXVI e TXVb/TXVI
FOTO 15 e 16:
Entradasaída TXVII
FOTO 17 e 18:
Entradasaída TXVIII
50
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 19 e 20:
Entradasaída TXIX
FOTO 21 e 22:
Entradasaída TXXI
FOTO 23 e 24:
Entradasaída TXXVIII
51
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 25 e 26:
Entradasaída TXXXIII
FOTO 27 e 28:
Entradasaída TXXXIV
FOTO 29 e 30:
Entradasaída TXXXVII
52
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 31 e 32:
Entradasaída rochas con entalles sobre TXXXVII e TXIX
FOTO 33 e 34:
Entradasaída TXII, TXIII, TXIX, TXX, TXXVI e TXXXVII
FOTO 35 e 36:
Entradasaída TXXXVIII
53
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 37 e 38:
Entradasaída TXXXIX
FOTO 39 e 40:
Entradasaída TXLII
FOTO 40 e 41:
Entradasaída TXLIII
54
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 42 e 43:
Entradasaída TXLIV
FOTO 44 e 45:
Entradasaída TXLIV, TXLV e TXLVI
FOTO 46 e 47:
Entradasaída TXLV
55
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 48 e 49:
Entradasaída TXLVI
FOTO 50 e 51:
Entradasaída TXLVIII
FOTO 52 e 53:
Entradasaída TXLIX
56
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 54 e 55:
Detalle da resina aplicada
FOTO 56 e 57:
Entradasaída TL
FOTO 58 e 59:
Entradasaída TL, TLI, TLII e TLV
57
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 60 e 61:
Entradasaída TLI
FOTO 62 e 63:
Entradasaída TLV
FOTO 64 e 65:
Finais
58
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
FOTO 66 e 67:
Outras fotografías. Contexto xeográfico. Cañóns do Sil (Ourense)
FOTO 68:
Outras fotografías. Contexto xeográfico. Cañóns do Sil (Ourense)
59
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
11. Bibliografía consultada 1. Informe valorativo/Avande de memoria: “Estudo, limpeza, mantemento, sondaxes e ampliación da área escavada na necrópole rupestre de San Vítor (San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil, Ourense)”-2ª campaña, ano 2011. CT 102ª 2011 / 366-0 Eduardo-Breogán Nieto Muñiz 2. Proxecto: “Estudo, limpeza, mantemento, sondaxes e ampliación da área escavada na necrópole rupestre de San Vítor (San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil, Ourense)”-3ª campaña, ano 2012. Eduardo-Breogán Nieto Muñiz 3. La conservación de excavaciones arqueológicas. Edición dirigida por N. P. Stanley Price. (1984). Edita ICCROM 4. Mortars, Cements and Grouts used in del Conservation of Historic Buildings. ICCROM. VV.AA. 5. Patología de las lesiones Físico-mecánicas en los soportes arquitectónicos. Alberto Sepulcre Aguilar. 6. Alteración de granitos y rocas afines. Deterioro de monumentos históricos. Edit. CSIC. Mª. Angeles Vicente Hernández. Eloy Molina Ballesteros. Vicent Rives Arnau. 7. Intervención y tratamiento de materiales pétreos. Experiencias de conservación en otras autonomías. José María Cabrera Garrido. Restaurador. CPA, SA. 8. Arqueología y Restauración. Un ejemplo aplicado a los yacimientos Megalíticos. Fernando Carrera Ramírez. 9. Tratado de geología: Petrología. R. Brousse y J-p. Lehman. Ediciones Omega. 10. Ensayos y experiencias de alteración en la conservación de obras de piedra de interés Histórico-Artístico. Antonio Martín Pérez. Edit. Centro de Estudios Ramón Areces. 11. Conferencia: Biodeterioro de materiales utilizados en obras de arte. Beatriz Prieto Lamas. 12. Ley 16/85, de 25 de junio. Arnaiz, M. Y Martin, A. 13. The conservation of antiquities and works of art. Oxford University Press. London 1965 Plenderleith, H.J. 14. Remedial treatment of building. The construction press. London Barry P. Richardson. 15. “Propotas de conservación-restauración das tumbas da necrópole de San Vítor de Barxacova, (Parada de Sil, Ourense)” Ano 2013 Expte S.A.: 02.0.272 2013.001 Código SXPA: ED 102A 2013-237-0 Buceta Bruneti, G et Carrera Ramírez, F. Inéd. 2013.
60
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
12. Fichas técnicas productos18
Acetona Ficha de seguridade 91/155/CEE Descripción química Acetona CH3COCH3 Composición/información sobre os compoñentes > 99% Acetona Propiedades físicas e químicas Forma física:
Líquido
Color:
Incolora
Olor:
Característico
Peso molecular:
58,08 g/mol
Viscosidade:
0,33 cps a 20º C
Peso específico:
0,791 g/cm3 a 20º C
Solubilidade en augua:
Miscíbel
Temperatura de fusión:
-94,9º C
Temperatura de ebullición:
56,2º C a 760 mmHg
Temperatura de inflamación:
-18,4º C
Temperatura de auto-ignición:
537,8º C
Presión de vapor:
185 mmHg a 20º C
Alcohol metílico Ficha de seguridade 2001/58/CEE Descripción química Metanol CH3OH
61
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Composición/información sobre os compoñentes Metanol
R11/23
CAS: 67-56-1
EC No. 200-659-6
No. 603-001-00-X
O alcohol metílico con fórmula química CH3HO. Descripción química Metanol CH3OH
Cal hidráulico19 Norma europea en 459 1-2-3 Nome comercial CAL 100 HIDRAULICA NATURAL PURA – NHL 5 Características da norma Tempo de comenzo fraguado : 2 a 3 horas Resistencia media á compresión a 7 días : 4 Mpa Resistencia media á compresión aos 28 días : 9 Mpa Masa volumínica aparente (MVA) : 0,65 kg/l Tasa de cal libre : 22% Ca(oH)2 Presentación Saco : 40 kg. Volumen útil : 65 l.
Paletización : 35 sacos
Comentario Fabricada desde 1.850. Doble toma, hidráulico máis aéreo. A súa resistencia permite unha utilización múltiple sen cemento. Indicacións complementarias Masa volumen real : 2,05 kg/l Finura Blaine : 7.500 a 8.500 cm²/g Tasa de sílice soluble : 12% Resistencia en condicións de obra a 250 kg/m³ con emprego dunha area “media”: a 28 días : 1,5 Mpa a 180 días : 4,5 Mpa Nota : Estos morteiros pódense reutilizar ata pasadas 48 horas (resgardado cun plástico) en función da temperatura e da protección.
62
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Resistencia mecánica
Rc 7 días Rt 7 días Rc 3 meses Rt 3 meses
: 3 a 5 Mpa : 1 a 1,5 Mpa : 10,5 a 15 Mpa : 3 a 4,5 Mpa
Rc 28 días Rt 28 días Rc 1 año Rt 1 año
: 7 a 10 Mpa : 2 a 3 Mpa : 14 a 20 Mpa : 4 a 6 Mpa
Composición
Cao Ca(OH)² CaCO³ SiO² Al²O³ Fe²O³ SO³ Na²O K²O TiO² MnO Cr²O³ SrO MgO
= = = = = = = = = = = = = =
57% 18% 18% 19% 13% 0,5% 0,6% 0,06% 0,12% 0,16% >0,02% 0,01% 0,03% 0,90%
Cloruro de benzalconio Especificacións técnicas O cloruro de benzalconio responde á fórmula xeral C6H5CH2N(CH2)RCl, na cal R vai desde C8H17 ata C18H87. É un sal de amonio cuaternario moi recomendado en restauración e rehabilitación para a eliminación de algas e liques. Peso molecular: 354 g/mol
ENSAIO
LÍMITES
Aspecto físico (20º C):
Líquido.
Cor:
Líquido coloreado amarelo pálido.
Olor:
Lixeiramente almendrado.
Materia activa:
79 – 81%
pH (5% en disolución):
6–8
Contido en amina libre:
1,0% max.
Densidade:
0,95 – 0,99 g/ml
63
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
Usos Biocida, tensioactivo e emulsionante para pedra, pintura mural, terracota, intónacos ,etc. Emprégase normalmente en solucións acuosas, solo ou xunto con outros reactivos e inertes. Tamén emprégase en mesturas para papetas de limpeza de aplicación superficial. Fórmula C9H13ClNR
Consolidante de pedra: UCA Descripción do producto UCA-DO é un consolidante composto por silicato de etilo, un surfactante e un catalizador. Non contén disolventes. O producto posúe as siguintes características: 1.
É eficaz en todo tipo de sustratos pétreos, incluso en rochas 100% carbonatadas.
2.
Non require de adición de disolventes orgánicos volátiles.
3.
Baixa viscosidade (η<5 MPa) para unha óptima penetración no sustrato.
4.
A polimerización sobre o anterior acontece de forma espontánea a temperatura ambiente.
5.
Non provoca formación de subproductos secundarios nocivos.
6.
É uniformemente absorbido pola pedra e acada todo o material uníndoo na parte san máis interna.
7.
Deixa o material tratado permeábel ao vapor da agua.
8.
Deixa inalterado o aspecto exterior da pedra evitando formacións de películas brillantes e amarelentas baixo a acción dos U.V.
Modo de actuación A súa baixa viscosidade (n<5 Mpa) permite unha óptima penetración no sustrato rochoso. O surfactante orixina un xel de sílice mesoporoso que impide a impermeabilización do sustrato pétreo. Aplicación Seu uso principal é a consolidación e restauración do material pétreo. Tamén pode ser empregado no tratamento doutros materiais de construción ou de calquer material poroso. A súa aplicación, ata a saturación, incrementa significativmente as propiedades do sustrato. Características especiais Almacenamento estable en recipientes pechados para mantener o producto sen humidade.
64
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
13. Agradecementos Queremos agradecer a axuda prestada ao alcalde do Concello de Parada de Sil, Excmo. Sr. Francisco Magide Bizarro, polo seu compromiso co estudio e conservación de San Vítor de Barxacova de xeito particular e no Patrimonio Cultural en xeral. Ademais, este proxecto non se tería levado a cabo de non ser pola axuda prestada por Miguel, Víctos e aos alumnos da E.S.C.R.B.C.G.: Candela Alvarellos Rodríguez-Navas Lucas Iglesias Serantes Rocío Muíños Barros Lucía Amor Pensado Grazas, tamén, a Teresa Rivas Brea, María Jesús Mosquera e Iván de Rosario polas achegas feitas nas analises. Por acollernos no albergue da Fábrica da Luz e “coidarnos” tan ben, tamén pola difusión que fan do xacemento, non podemos esquecernos de Sara, David e Óscar A todos, grazas.
65
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
14. Documentación gráfica 0.1 Tratamentos realizados 2014 0.2 Mapa de alteracións sector tumbas norte 2013
66
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
67
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
68
MEMORIA DOS TRABALLOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN NAS TUMBAS DA NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR DE BARXACOVA Parada de Sil (Ourense)
Ano 2014
1 Informe Valorativo/Avance de Memoria: “Estudo, limpeza, mantemento, sondaxes e ampliación da área escavada na necrópole rupestre de San Vítor (San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil, Ourense)”. 2ª campaña, ano 2011. CT 102 A 2011 / 366-0. Eduardo-Breogán Nieto Muñiz. Inéd. 2 Ibid. Máis información: http://sanvitordebarxacova.wordpress.com/arqueoloxia/ 3 Ibid. 4 Ibid. 5 Patrimonio Cultural 6 Formation of gibbsite in soils and saprolites of temperate-humid zones. Clay Minerals 16: 43-52. MACÍAS VÁZQUEZ, F. (1981). 7 A ficha empregada é unha readaptación de “Una ficha para la diagnosis del estado de conservación de los petroglifos gallegos”. Carrera Ramírez, F. Castrelos 9-10 (19961997) pp. 91-108. 8 Dun total de 55 por estar tres de elas tapadas. 9 Este ano talouse unha árbore preto das tumbas TXLI e TXL ademais do que caiu enriba do muro sur. 10 Yacimiento arqueológico de Barxacova, Ourense. “Evaluación de la eficacia de dos consolidantes de nueva síntesis”. Rivas Brea, T. et al. 2013. Inéd. 11 Datos do 2013. 12 ”San Vítor de Barxacova” Proxecto de Investigación e Difusión de San Vítor de Barxacova (Parada de Sil, Ourense), http://sanvitordebarxacova.wordpress.com/difusion/ consultado el 15 de noviembre de 2012. 13 As probas foron realizadas sobre mostras non paralelepipédicas. 14 Rivas Brea, Teresa. et al. Op. cit., pp. 16-21. 15 Aínda que se probou este ano por vez primeira. 16 Tense ollado que moitas persoas chegan ao xacemento pero non suben á capela se non se lles da indicacións. 17 A finais da agosto deuse unha circunstancia curiosa. Cara as 19:30 mentres que as ladeiras da montaña de San Vítor e as que van cara a San Salvador e San Lourenzo permanecían en sombra a Capela (os bolos graníticos sobre os que se erexía) estaban iluminados polo sol. 18 Información procedente das diferentes casas comerciais. 19 Información da empresa Naturcal.
69