MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA” A GUARDA (PONTEVEDRA) Ano 2014 Promotor da Obra: Excmo. Concello de A Gaurda. Colabora: E.S.C.R.B.C.G. Autores: Fernando Carrera Ramírez Gonzalo Buceta Bruneti Natalia Cortón Noya
Expte. S. Arqueoloxía: 02.P.001 2014.001 Código SXPA: ED 102A 2014/258-0
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Limiar 1. Ficha técnica 2. Introdución 3. Resumo e antecedentes 4. Resumo intervencións arqueolóxicas e conservación no castro de Sta. Trega 5. Contexto histórico e descrición 6. Descrición específica da casa patio intervida 7. Localización 8. Estado de conservación 9. Obxectivos específicos da proposta 10. Criterios aplicados na proposta de actuación 11. Tratamentos realizados 11.1 Rexistro, diagnose e analítica 11.2 Estrutura 10D 11.3 Estrutura 11D 11.4 Estrutura 12D 11.5 Estrutura 13D 11.6 Estrutura 14D 11.7 Outros traballos a maiores 12. Equipo técnico e organigrama da intervención 13. Indicacións para mantemento 14. Fichas diagnose 15. Agradecementos 16. Bibliografía 17. Outras fotografías 18. Documentación gráfica 01 Plano Xeral 02 Sectores segundo Plan Director 03 Actuacións de consolidación feitas nos últimos anos 04 Nomenclaturas das estruturas segundo Plan Director 05 Casa patio que se plantexa no panel informativo 06 Casa patio que se plantexou nesta proposta 07 Planta estrutura 10D 08 Planta estrutura 11D 09 Planta estrutura 12D 10 Planta casa patio
2
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
11 Alzado interior 10D 12 Alzado interior 14D 13 Alzado exterior 11D 14 Mapa de alteración 19. Sinaturas da dirección facultativa
3
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
1. Ficha técnica Data comezo/fin:
24 de xuño/5 de setembro de 2014
Xacemento:
Castro do Monte de Santa Trega
Clave Xunta:
GA36023001
Código proxecto:
Expte. S. Arqueoloxía: 02.P.001 2014.001 Código SXPA: ED 102A 2014/258-0
Coordenadas:
41º53´29.94´´ N 8º52´07.21´´ O
m.s.n.m.
271 m
Obra:
Obras de Conservación e Restauración
Promotor:
Excmo. Concello de A Guarda Rúa Praza do Reló nº1 36780
Ámbito actuación:
Sector D: estruturas 10-D, 11-D, 12-D, 13-D e 14 D1
Concello:
A Guarda
Provincia:
Pontevedra
Obxecto:
Consolidación e restauración de estruturas e mellora da lectura e visión nas relacións entre as mesmas
Equipo técnico:
Fernando Carrera Ramírez Gonzalo Buceta Bruneti Natalia Cortón Noya
Auxiliares:
Candela Alvarellos Rodríguez-Navas Cristina Rodríguez Francisco Sara Hidalgo Moldes Eduardo Freiría Martínez Rebeca Cambeiro Graña Lucas Iglesias Serantes
Asesoría científica:
E.S.C.R.B.C.G. Leonardo González Pérez
Fotografías aéreas2:
Vistas do Castro e Monte de Sta Trega
4
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Un alto monte (360 metros), aislado, dominando el mar y emplazado al final de dos valles maravillosos: el del Miño, cuyas aguas le limitan por Oriente, y el del Rosal, que muere a sus pies. C. de Mergelina
2. Introdución O proxecto xurde do interés do Excmo. Concello de A Guarda, como promotor da obra, por actuar con certa urxencia nun sector do Castro de Sta. Trega, afondando na investigación, protección e conservación do xacemento arqueolóxico máis visitado de Galicia. Para acadar ese fin o Concello firma un convenio de colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia para que leve a asesoría científica da intervención e para que os traballos sirvan como unha experiencia formativa para 5 alumnos/as da mesma escola en colaboración cun profesional. Os traballos deron comezo o 4 de agosto e remataron o 5 de setembro de 2014 . Nesta actuación tamén participou a empresa Rock Art Conservation SL e o arqueólogo e guía do xacemento Leonardo Gónzalez Pérez. Na visita efectuada ao Castro de Sta. Trega en xullo deste ano 2014 o Concelleiro de Patrimonio D. Manuel Javier Crespo González plantexou a posibilidade de actuar ou ben no sector F (en parte xa consolidado e con menores riscos de conservación) ou ben no sector obxecto desta propota, o sector D (ver planos 01 e 02). Valoradas as opcións e riscos plantexados decídese presentar a proposta de intervención neste último sector ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como solución fronte aos procesos activos de alteración que se observan na actualidade e como garante da seguridade das visitas polos riscos observados e polas máis que frecuentes derrubas, desprazamentos e caídas de pedras das cabeceiras e paramentos das estruturas sobre as anteriores. Ademais aproveitando a actuación de seguridade buscouse unha mellora (reconstrución didáctica) na lectura dun dos “barrios” que se sitúan a carón da rolda que percorre o xacemento de leste a oeste nesa área do xacemento. Esta concorrencia máis a presenza dun panel informativo neste sector facían que o paso de persoas fora moi frecuente, lembraremos que as estruturas 12D e 14D estaban seriamente afectadas polo paso das mesmas amosándose a primeria delas completamente arrasada, polo que unha actuación sobre este sector diminuiría eses perigos en gran medida. Os traballos, exclusivamente de conservación e restauración, circunscribíanse as estruturas polo que non se contemplaron escavacións no substrato arqueolóxico. Logo dos traballos executados faise concluínte e necesaria unha pequena escavación do patio que conforman as estruturas tratadas xa que aínda que semella presentar un recheo contemporáneo, a escavación, con metodoloxía científica, podería revelar a existencia ou non dun enlousado interior. Tamén sería preciso escavar as áreas contiguas ás estruturas xa que os sedimentos están a xerar empuxes sobre as mesmas e a auga acumulada nestes, aínda que corrixida en certa medida polas drenaxes executadas, aínda é un factor de alteración. Os traballos que se propuxeron, polo tanto, buscaron principalmente o reforzo estrutural dos muros, a protección e consolidación dos elementos máis sensíbeis e, finalmente, a mellora da lectura dunha destas casas patio que tan ben definen o urbanismo do Trega. Gustaríanos ademais dicir que non pode acorrer que o xacemento mais visitado de Galicia non conte con investimentos continuos por parte da Administración Central, Autonómica ou Provincial. Tamén aconsellamos ao Padroado, con antecedentes encomiábeis na Sociedade Pro-Monte, un esforzo inversor anual como motor de reinvestimento xerador de moita máis riqueza para o propio Padroado e a vila de A Guarda.
5
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
É, polo tanto, incomiábel o traballo desenvolto polo Concello de A Guarda neste sentido xa que achegou todo o orzamento do proxecto amosando a súa sensibilidade pola protección do Patrimonio Cultural que lle é propio. Cunha axeitada xestión, en parte xa contemplada no Plan Director do Monte de Sta. Trega, poderían traballar moitos mozos da bisbarra; sobre todo nestes tempos onde os modelos económicos vixentes xa amosaron o seu fracaso á hora de xerar emprego estable e de calidade e o Castro, pola contra, mostráse como un bo exemplo e alternativa con futuro con todos os potenciais económicos, sociais e científicos que xa quixeran para sí moitas rexións de Europa. Tamén nos gustaría resaltar a falta de contido en materia de conservación no Plan Director: escaseza e definición nos tratamentos3, “descoñecemento da conservación preventiva” e aposta por materiais xa descartados hai anos nas diferentes cartas do restauro. Ao noso entender isto so pode responder a intereses privados polo que pensamos que se debera incluir unha adenda, cando menos, en materia de conservación a través do traballo dunha mesa específica de “espertos” nesta materia e non de empresas que concorren en intereses económicos. Por outra banda dicir que se acometeron melloras no pavimento da casa reconstruída, xa que a auga filtrada e certos devires incívicos deterioraron ao anterior, reparacións en derrubas recentes noutras estruturas tratadas no ano 2008, no mesmo sector D, ademais de pequenos tratamentos puntuais en muros con pedras caídas, outra vez polo paso de persoas e que se produciron durante a nosa estadía no xacemento. Finalmente quíxeramos resaltar unha falta de comprensión do visitante do que ve, na nosa opinión mellorable a través da musealización e instalación de paneis con: a)
Información non só referente á arqueoloxía senón tamén referente aos procesos de conservación. É unha pregunta frecuente dos visitantes o porqué do elemento diferenciador, entre outras…
b)
Falta de monumentalidade: si ben é certo que o castro é monumental de por sí os visitantes lévanse a idea de que aqueles galegos do período castrexo pouco menos que eran de “tamaño moi reducido” e que vivían nunhas esterqueiras. Pensamos que a colocación dalgúns exemplos de casas porticadas (xambas e linteis decorados), reproducción dunha casa patio completa, con teito común e continuo a todas as estruturas, ou a colocación de escadas de acceso ás viviendas con umbrais a certa altura do chan favorecería unha mellora no coñecemento dos modos e formas de vida naqueles tempos.
Tamén se debería acometer con certa urxencia una reordenación nas circulacións das visitas con medidas tan sinxelas, sen entrar na creación dalgunha pasarela pola rolda da muralla, como marcadores a rente do chan.
Palabras clave: conservación-restauración, preventiva, castro, barrio, diagnose, analíticas, conservación, consolidación, reconstrucións, didáctica, estrutura, pavimento, recebo, drenaxe.
6
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
3. Resumo e antecedentes O castro de Santa Trega (A Guarda, Pontevedra) é un dos lugares máis visitados de toda Galicia e foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1931. Tamén posúe o maior grao de protección existente no patrimonio xa que é Ben de Interese Cultural. Na península na que se atopa o xacemento pódese contemplar, á parte do castro, un Via Crucis, unha ermida, o mirador do Pico de San Francisco e o Facho. Conta cunha posición estratéxica cunha ampla panorama sobre a desembocadura do Miño. A presenza de petróglifos (fig. 1 e 2), algúns deles tapados polas vivendas castrexas e muralla, remítennos a unha cronoloxía con presenza humana neste territorio que nos levaría, cando menos, ata Idade do Bronce. Esta ocupación no Monte do Trega, tan extensa no tempo, remarca o carácter simbólico que ten o lugar desde tempos pasados e que aínda se mantén viva. Diversas intervencións ao longo da nosa historia (algunhas meritorias e outras desastrosas) determinaron a visión que a día de hoxe se ten do conxunto arqueolóxico. Na actualidade contáse cun Plan Director que foi dirixido polo arquitecto Mario Crecente e que consta de 78 tomos; cun enfoque especial sobre a conservación e o turismo. Nel márcanse 30 actuacións específicas para un calendario de 6 anos cun custo aproximado de 19 millóns de euros e para os que todavía non hai orzamento4.
Fig. 1 e 2: petróglifos presentes na ladeira leste
O Plan presenta un estudo “completo” que abrangue todos os aspectos que poden influir na conservación, musealización, sinalización, divulgación e proxección turística, social e cultural. En definitiva un achegamento á xestión cultural de toda a península na que se encadra o xacemento e que presenta carencias importantes a pesar da súa cuantía económica. O documento técnico serve de base para a ordenación e posta en valor deste conxunto que foi estruturado en tres ámbitos: o coñecemento en profundidade dos diversos valores e recursos, cunha visión holística, a diagnose do seu estado actual e a proposta de actuacións e intervencións que permitan a súa recuperación e activación. No Plan aplicouse o concepto da paisaxe cultural como instrumento de desenvolvemento sostible. Sen entrar en detalle, e ata onde se puido consultar, amosa importantes carencias no eido da conservación arqueolóxica.
4. Resumo intervencións arqueolóxicas e conservación no Castro de Sta. Trega As primeiras escavacións tiveron lugar entre os anos 1914-1923 baixo a dirección de Ignacio Calvo, que foi o primeiro en denominar ao castro como “citania”, seguindo o exemplo da arqueoloxía portuguesa se ben como argumenta A. de la Peña os castros galaicos non foron habitados polos celtas en sensu estricto senón por galaicos moi remotamente emparentados coas que se entenden como culturas célticas continentais coas que tal vez compatisen un fondo lingüistico común dentro do grupo indoeuropeo5.
7
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Entre os anos 1928 e 1933 foi Cayetano de Mergelina quen dirixiu varias campañas arqueolóxicas, sobre todo, na parte oriental (onde se situaría a “elite”) e quen atribuiu aos seus habitantes unha orixe celta post-hallstáttica. Entre os anos 1933 e 1979, pese a estar xa declarado como Monumento Histórico Artístico, sufriu a desastrosa ampliación da estrada de subida e unha agresiva reforestación que deteriorou gravemente ao xacemento. As reconstrucións das vivendas, aínda hoxe visibles e convertidas en iconos do xacemento, datan dos anos 1965 e 1972. Chegados a 1979, Alfredo García Alén dirixe os traballos de limpeza e consolidación das estruturas próximas á estrada, traballos que son promovidos polo Ministerio de Cultura. Desde 1983 ata 1998 a Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de A Guarda, encarga unha novas escavacións ao arqueólogo Antonio de la Peña Santos. Desta época son as reconstrucións e consolidacións da maior parte das estruturas visibles na actualidade (fig. 3 e 4); destes traballos saliéntase o emprego do elemento diferenciador entre partes orixinais e partes reconstruídas pois aínda hoxe xera certa controversia6. Este traballo foi realizado por Montserrat García Lastra. Tamén se desevolveron diversas actuacións de escavación e diagnose baixo a dirección dos arqueólogos D. Víctor Barbi Alonso e D. Fernando Carrera Ramírez das que se descoñecen as datas de intervención (Ined.)7.
Fig. 3 e 4: sectores consolidados por M. García Lastra e detalle do elemento diferenciador empregado
No ano 2006 anúnciase a elaboración do Plan Director por parte da entonces Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, plan que viu a luz no ano 2012. No ano 2007 acométense pequenos traballos de desentullo e consolidación de cabeceiras en catro estruturas repartidas polos sectores B e D. Asemade reconstrúese parte dun muro adosado á vivenda reconstruída no sector G e derrubado polas inclemencias meteorolóxicas. No 2008 libérase, en parte, o milladoiro presente no fondo da ladeira oeste (secotres A e E), se define un pouco máis o barrio conformado polas vivendas do sector B e se reconstrúe unha pequena parte da muralla (ver plano 03).
5. Contexto histórico e descrición O castro (fig. 5), fortificado, conta cunha extensión aproximada de 12 Ha e a súa ocupación foi continuada entre os séculos I a.C., ao pouco de comezar o proceso de romanización en Galicia, e o século I d.C. no que comenza un período lento de abandono que puido ser interrumpido con reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana. Estaría habitado pola comunidade dos Grovii ou Grovios; un pobo cunha estrutura igualitaria, de carácter pacífico (os sistemas defensivos terían un significado máis simbólico, de control ou de identidade que belicoso) e cunha economía eminentemente agraria, gandeira e de explotación dos recursos mariños e fluviais. Tamén posuirían unha importante capacidade para os intercambios comerciais de cabotaxe Fig. 5: vista parcial do castro e muralla norte, sectores A, B e C.
8
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
derivados da súa posición privilexiada. As fusaiolas, pesos de tear, etc. dannos idea dunha rica actividade textil e artesanal. Como recolle C. de Mergelina, “…a parte descuberta parece constituír un sector medio da cidade pois a xuzgar polos restos dos muros defensivos, as vivendas e outros castros análogos… constitúese en varios sectores… O superior determinaría a acrópoli, os inferiores, no caso de existir máis de un… recollerían distintos núcleos de poboación”8. Pese ao “caótico” do asentamento pódese falar da presenza dun latente urbanismo, condicionado pola muralla “que a súa vez fai de contención das terras”9 e cunha planificación minuciosa: “a citania divídese en grupos de vivendas limitadas por rúas…que se establecen xeralmente conforme demanda a configuración do terreo”10. Previo ao levantamento das vivendas se inclúe unha complexa rede de canles de evacuación de augas pluviais; nalgúns caso localizadas baixo os pavimentos e recháns e mesmo esculpidas na rocha do afloramento e cubertas con lousas. As augas recóllense en alxibes revistidos cunha argamasa impermeábel (sic). “É interesante esta disposición que nos revela o modo peculiar de organizarse a citania aproveitando a propia irregularidade do terreo”11.
Fig. 6: reconstrución dunha vivenda “tipo”
A muralla ao norte e oeste dos sectores A, B, C e E mostrános dous eixes de 700 m (norte-sur) e 300 m (lesteoeste). Ten un grosor de 1.60 m. Non posúe alicerce e non se atoparon escaleiras ou rampas de acceso ao adarve. A muralla e de cantería con argamasa de barro en orixe. Existe un camiño de rolda pegado á mesma no lado septentrional. Unha das entradas (a existente ao norte do sector B) aínda conserva unha escaleira de acceso que chega ata unha estrutura adosada ao exterior da muralla; se coñece como o “posto de guarda” e inmediatamente ao pasar esa entrada pódese ollar un enorme bloque granítico traballado que para moitos arqueólogos é o lintel da porta que existía nesa zona 12. Nunha parte retraída da mesma muralla atopáronse os restos dun concheiro dos que sabemos pódese acadar cantidade de información, sobre todo, da alimentación, fauna e explotación dos recursos da época.
Fig. 7 e 8: paramento de cachotería e paramento helicoidal
As estruturas conforman conxuntos ou unidades familiares, casas patio, xa que non comparten medianeiras pero sí espazos comúns; cada unha das construcións tería unha determinada función, vivenda (fig. 6), alpendre, taller, etc. e todas elas se diporían ao redor dese patio central: “… así vemos, conforme ao anterior indicado, cómo se pechan por un muro aqueles grupos que forman unha individualidade”13. Remárcase este feito xa que a proposta que se presentou encámiñouse á mellora dunha desas unidades. Case todas as estruturas presentan plantas circulares ou ovais e as poucas vivendas rectangulares amosan esquinas redondeadas; o que para certos autores mostra a escasa influenza da romanización no Trega. Moitas vivendas
Fig. 9: resto de recebo nunha vivenda do Castro de Sta. Trega (ano 2007)
9
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
presentan un vestíbulo, semellantes aos alboios, un espazo diante do acceso ás mesmas ao que se lle darían multitude de funcións e aos que se lle atribúen influencias das construcións das culturas do mediterráneo. O ancho nas cabeceiras dos muros é bastante uniforme e rolda os 40 cm. Aséntanse directamente sobre o afloramento granítico ou presentan pequenos alicerces con aparello semellante ao dos muros de cerramento. Os paramentos (fig. 7 e 8) son de cachotería, aínda que son salientábeis os coñecidos como paramentos helicoidais (opus spicatum). En xeral os muros contan con cachotes de pequeno e mediano tamaño con presenza de calzos e algún tizón que dan estabilidade ás estruturas. Nalgúns casos puideran conter os coñecidos como amarradoiros, que se empregaban para atar o gando (decorados algunhas veces con formas de animais) e mesmo pousadoiros. Tamén se teñen atopado nas escavacións uns cilindros de pequeno tamaño que irían encaixados nos muros e que presentan unha cara decorada con formas xeométricas; espirais, trisqueis, rosáceas ou molinetes. E común atopar restos de recebos nos paramentos (fig. 9) polo que é lóxico supor un recubrimento con intencións de protección fronte á chuvia, en primeiro termo, e certa intencionalidade estética en segundo termo como poderían demostrar as pigmentacións rexistradas14. Os muros de cachotería de por se non están preparados para evitar as filtracións de auga polo que o recubrimento é sen lugar a dúbidas funcional15. Descoñécese a formulación destes recebos (¿arxila con algún tipo de aglomerante orgánico ou mesmo con contido en cal?) polo que se está procurando buscar financiación para o estudo dos mesmos. Os múltiples achádegos de xambas e linteis, algúns decorados, permítennos achegarmos ás formas das portas de acceso ás vivendas: “… estas portas tuveron as veces as súas xambas e linteis decorados con riqueza e gusto… temos algúns restos que nos aseguran a existencia de disposicións análogas ás atopadas na Cividade d-Ancora… Briteiros…)”16. Nos limiares (fig. 10), ademais, pódense ollar os couzóns ou ocos marcados na pedra onde xiraban as portas. Asemade tamén é moi destacable a presenza dos anteriores, nalgunhas vivendas, a uns 50-60 cm do chan o que podería indicar que o paso ás mesmas faríase a través de escadas de madeira que non se conservaron. Eses limiares saen uns centímetros máis co ancho do muro a xeito de tornarratos (sic) o que nos poría sobre a pista da presencia dos celeiros (sic). Outros tipos de aperturas nos muros (xanelas) non se teñen documentado polo momento. No interior das vivendas atópanse en moitos casos bancos corridos e pavimentos de lousas ou de terra batida. No centro das vivendas localizaríanse os fogares (fig. 11) e posiblemente existiría un faio á altura máxima dos muros que se podería utilizar como “despensa”, afumadoiro, etc. Nos vestíbulos pódense atopar sinxelos fornos (fig.12). Os teitos serían de colmo “e forma cónica” e descargarían o seu peso nos muros das cabanas xa que non se teñen atopados ocos de postes centrais nas escavacións17. Entre os materiais18 atopados destácase a gran cantidade de restos cerámicos (indíxena, campaniforme ou romana), de vidro e metais (fíbulas, puñais, espadas, alfinetes, moedas, etc.) entre outros. A orfebrería tamén deu importantes achádegos como os remates de torques, pulseiras e brazaletes. Nas proximidades da ermida tamén se atopou unha figura en bronce que representa un Hércules e que foi roubado do propio museo no século XX.
Fig. 10, 11 e 12: guiceiro dunha vivenda, fogar central sobre o pavimento e forno nun vestíbulo
10
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
6. Descrición específica da casa patio intervida Como xa se avanzou a proposta partiu das necesidades que nos plantexou o concelleiro de Patrimonio do Excmo. Concello de A Guarda D. Javier Crespo quen nos amosou a posibilidade de actuar sobre: a) O sector F que se presentaba xa consolidadado por unha actuación feita polo propio concello; se ben require dunha actuación futura para corrixir defectos na forma e criterios de actuación non mostraba tantos problemas de conservación (riscos de derruba e perdas) ou perigos para as visitas como os da outra área que se progamou. b) O sector plantexado, sector D, que sí manifestaba problemas importantes de conservación pois non se ten intervido nunca sobre el e ademais é paso frecuente das visitas por enriba das estruturas (fig. 13 e 14).
Fig. 13 e 14: sectores F e D (ver plano 04)
Puntualízase que no punto informativo (ver plano 05) inclúese como parte desta unidade ou barrio dúas estruturas máis a 6D e a 8-D, se ben non hai concordancia co Plan Director que só inclúe a 5D. Na nosa opinión ningunha delas pertence a dita unidade xa que hai unha importante diferenza de cota e difícil acceso desde as estruturas máis próximas á rolda e as máis situadas ao sur e oeste. Ademais semella apreciarse un cerramento ao sur e leste da casa patio que é outra das incidencias polas que se recomenda a escavación interior do recinto. Namentres non se definan ben que estruturas son ou non desa unidade plantéxouse a actuación sobre as enunciadas anteriormente (fig. 15 e plano 06).
E10-D E12-D E11-D
E14-D e 13-D (vestíbulo)
Fig. 15: unidade sobre a que se interviu
11
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
E11-D E10-D
E13-D E12-D E14D
Fig. 16, 17, 18 e 19: fotografías de entrada das estruturas 10-D (ver plano 07) , 11-D (plano 08), 12-D (co panel informativo, ver plano 09) e 13-14-D (ver planos 10 e 11)
As estruturas que conforman a unidade de actuación (fig. 16, 17, 18 e 19) están constituídas por un muro separado por un limiar. Os muros rectos están adosados ás vivendas 12D e 14D. Falamos da estrutura 13D que se pode considerar como o frente da casa patio. No limiar aprécianse os ocos perforados onde irían os buratos para encaixar a porta (couzóns). Sitúase en paralelo á rolda e vía principal que percorre o xacemento neste sector, correspóndese coa rúa B descrita por C. de Mergelina, e vai en sentido leste-oeste. Esta entrada (fig. 20 e 21) dá paso ao patio do que se descoñece se conserva un enlousado de pedra se ben semella existir un recheo por un amoreamento de terra contemporánea que parece indicar a inexistencia do mesmo.
Fig. 20 e 21: estado inicial da entrada (estrutura 13D) e detalle durante a limpeza e escavación
O patio ordéase, ao leste, por unha estrutura oval, a 12D (fig. 22 e 23), que se atopaba prácticamente desaparecida e coétanea á estrutura 10D. No seu interior (fig. 24) pódense ollar os restos da
12
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
“preparación” ou regularización do pavimento con mestura de xabre e unha capa anterior de ripios ou pequenas pedras amoreadas co mesmo material (só se conserva ao sur da estrutura). Pola diferenza de cota no interior da mesma (rocha nai e restos de pavimento descrito) é de supoñer que fose regularizada co anterior. Os muros son de cachotaría. A estrutura presentábase perdida por completo ao leste, norte e oeste Nos cuadrantes SL, NE e NO só permanecía parte do paramento interior. Foi preciso escavar a cabeceira para atopar restos da cara interior da mesma (fig. 25). Tamén ao leste atopouse un seixo branco, depositado no Museo do Monte de Santa Trega, que podería amosar pegadas dun uso descoñecido; ¿pedra de afiar? (fig. 26 e 27).
Fig. 22 e 23: detalle da perda da estrutura polo paso de persoas e vista do paramento conservado ao sur
Fig. 24 e 25: restos do pavimento que regularizaría o interior da estrutura e detalles do proceso de limpeza e escavación
Fig. 26 e 27: detalle do seixo branco e recheo contemporáneo que o cubría
13
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Tamén ao leste e sur atopamos a estrutura 10D; con fogar central orientado cara ao nordeste que é onde se supón a entrada da mesma19 (fig. 28 e 29). Adáptase á micro-topografía onde se asenta. Combina forma circulares e rectilíneas segundo a propia topografía; sendo rectilínea ao sur, onde se apoia na mesma rocha nai e onde se observa un traballo de repicado na mesma (fig. 30), e leste. Presenta formas circulares no resto de orientacións. No cuadrante SL-NL estaba completamentente perdida aínda que era doado atopar a súa pegada sobre a rocha nai pola diferente oxidación do granito. Tamén contiña unha rocha de grandes dimensións (fig. 31) no cuadrante NL; tamén con marcas de traballo ou entalles que poderían indicar que esta rocha formaría parte dun forno mal conservado 20. Non obstante facemos nota da posible apertura desta estrutura cara á unha rolda que percorre o xacemento en sentido NS (correspondencia coa rúa D descrita por C. de Mergelina) xa que ademais no interior da estrutura presenta un entalle, ou traballo na rocha nai cun corte antrópico, que puidese indicar unha apertura cara esa “rúa” (fig. 32). O muro no cuadrante SL comeza a “adelgazar” cara o norte e leste; pensamos que é froito dunha reconstrución moderna pola aparición de restos de cemento entre os cachotes aínda que se podería corresponder cunha adaptación intencionada á topografía descrita. Os paramentos son de cachotaría polo interior e certos tramos conservados de paramento helicoidal; cuadrantes NO e SO. Nesta estrutura atopáronse restos de pavimento de terra batida nos cuadrantes NL e SL (fig. 33). Sobre estes últimos semella apreciarse restos do recebo procedente do paramento (caído). Este pavimento tamén regularizaría o interior da vivenda pois é visible o afloramento rochoso a rente del.
Fig. 28 e 29: entrada da estrutura 10D vista de NL a SO e detalle do fogar
Fig. 30 e 31: entalle e traballo na rocha ao sur e vista da rocha con marcas de “entalle” no cuadrante NL
14
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 32 e 33: corte antrópico na rocha nai ao NL e detalle de pavimento orixinal
Ao leste desta estrutura localízase a construción 11D. Presenta paramento de cachotaría polo interior e tramos helicoidais polo exterior (fig. 34 e 35). Supoñemos unha entrada a certa altura (uns 80 cm) xa que non se atopa limiar de acceso e ademais ten unha pedra, traballada no propio afloramento e polo exterior, que podería facer de base ou soporte dunha escada de madeira para acceder á mesma (fig. 36). Por falta da concreción da cultura material non podemos aventurar máis pero optamos porque esta sexa o cabanel da casa patio. Ademais atopánse dúas pedras con marcas “de uso” (fig. 37) ao nivel no que se deixou a escavación pretérita.
Fig. 34 e 35: detalle de paramento de cachotaría polo interior e helicoidal polo exterior
Fig. 36 e 37: vista de entrada en sentido NO-SO e rochas atopadas no interior a nivel do pavimento deixado nas escavacións de Ignacio Calvo a principios do s.XX.
15
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Finalmente atopamos a estrutura 14D (fig. 38 e 39); moi reconstruída nos cuadrantes NL e SL. Ao realizar a diagnose atopouse que o muro que pecha a estrutura na entrada e ao norte e leste estaba reconstruído de xeito inadecuado. A mesma escavación deste muro permitiu atopar as fiadas orixinais coa orientación real e ademais permitiu ver como non se conservaba o pavimento; xa que aparece a rocha nai en superficie e por debaixo da terra vexetal. É curioso, ademais, o feito de atopar o vestíbulo, que se considera orixinal21 e adosado á estrutrua no cuadrante SL, namentres que nos debuxos de C. de Mergelina non se atopa rexistrado. No libro de Tamuxe sí que se pode referenciar a presenza deste vestíbul0 nunha das fotografías antigas (fig. 40). Deste muro retirouse unha pedra que podería ser un resto dun muíño sen rematar (fig. 41). Entre o vestíbulo e o muro da propia estrutura, polo sur, atopouse outra rocha que se pode corresponder cun amarradoiro aínda que semella estar fóra de contexto (fig. 42).
Fig. 38 e 39: dúas vista de fotografías de entrada onde se observa o paso da visitas por enriba da estrutura cara ao panel informativo
Muíño non rematado e depositado no Museo do Trega
Fig. 40 e 41: detalle do vestíbulo, que non aparece nos debuxos de C. de Mergelina, e muro reconstruído con erros na orientación. Neste muro rescatouse a pedra que podería ser un muíño non rematado por completo
Todo “o complexo”22 podería estar pechado ao sur entre as estruturas 10D e 11D por a propia rocha nai do xacemento e a estrutura que se adosa ao sur (fig. 43 e 44); como se deduce da diferenza de cota entre as construcións descritas e as adxacentes.
Fig. 42, 43 e 44: milladoiro contemporáneo sobre posible peche da casa patio ao sur e vista duna vivenda polo sur e leste
16
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
7. Localización (fig. 45) Na provincia de Pontevedra e chegados A Guarda coller a PO-552 pola Avda. de Galicia e rúa Rosalía de Castro ata chegar ao cruce sinalizado da subida ao Monte Trega. Coordenadas:
41º53´29.94´´ N
8º52´07.21´´ O
m.s.n.m. 271
Huso: 30
UTM: X 13.054,49 m
Y: 4.654.429,22 m
Mapa 0298-4 IGN
Fig. 45: localización
8. Estado de conservación Na diagnose previa púidose comprobar as graves alteracións que en xeral amosa todo o xacemento; extendibles de xeito particular ás estruturas que foron obxecto desta proposta. A continuación móstrase un resumo dos axentes23, procesos e formas de alteración que se consideran como máis salientábeis neste sector. O principal problema que se tiña detectado é o paso das persoas por enriba dos muros xa que non existe esa reclamada ordenación nas circulacións das visitas24. En concreto no sector D, obxecto da proposta, dánse ademais dúas particularidades: existía un punto informativo (panel) no interior da estrutura 12D e dous, todas elas dispóñense a carón dunha zona de paso frecuente que coincide coa rolda que vai en sentido leste-oeste. Polo tanto o paso de persoas sobre estas estruturas dáse de forma permanente e así as perdas e movementos de pedras nas cabeceiras son continuados (fig 46 e 47)25. A presión dos turistas sobre as estruturas é inmensa. A exposición aos meteoros e sobre todo a acción da auga (por escorras, asulagamentos, etc.) é outro dos axentes de alteración que máis incide na conservación das estruturas. Afecta á conservación dos restos escasos de recebos que se poden atopar, aínda, sobre os paramentos. As mesmas
Fig. 46 e 47: o pisado dos muros é un dos principais axentes de alteración. Paso de persoas polo corredor leste-oeste
17
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
estruturas, construídas a xeito de solcacos no terreo nalgunhas áreas do xacemento, fan que a auga filtrada xere fochas (fig. 48) que poden provocar derrubas; como o acontecido en 2006 na estructura reconstruída do sector G e na zona restaurada en 2008 no sector D (fig. 49). Tamén ten especial incidencia a auga polo lavado e lixiviación das argamasas; hoxe convertidas por completo en terra orgánica salvo contadas excepcións. Esa perda gradual que se xerou no aglomerante das argamasas orixinais favorece o movemento dos cachotes e calzos nos paramentos e cabeceiras dos muros e perdas importantes nas caras dos muros. Cando eses movementos se dan nos alicerces das estruturas provócase o que se coñece como arco de descarga. A forma de alteración visible, aínda que difícil de ollar polo tipo de paramento que se está a describir, é unha fenda con forma de arco que na meirande parte dos casos discorre por entre as xuntas e noutros casos, se a trabazón é importante, produce unha rotura nas mesmas pedras (fig. 50). Os sedimentos tamén determinan o estado de conservación das estruturas pois poden empenar e cambar os muros ao xerar empuxes e forzas que se traducen en xiros ou perdas de chumbada con elevado risco de derrubamento. Asemade favorecen as filtracións de auga a través dos paramentos (fig. 51). As mesmas patoloxías (ocorre na estrutura 10D e 14D) podénse dar nos casos de estruturas adosadas cando unha delas posúe maior volume que a contigua ou unha posición máis elevada. As formas de alteración máis comúns son as fendas verticais, horizontais, oblicuas, etc. Polo tanto é urxente unha escavación das áreas adxacentes ás estruturas tratadas. A vexetación (fig. 52) tamén produce unha alteración lenta pero continua. Favorece a retención da auga e movementos nos elementos constituíntes pola acción da raizame. Deuse especialmente nas estruturas 10D e 14D e ten especial incidencia nos pavimentos orixinais. O cemento (fig. 53 e 54) empregado en 2008 ben desmostrar que a impermeabilidade do mesmo xera os embolsamentos que se describiron anteriormente e favorece por unha banda a derruba das estruturas e a inseguridade no paso das visitas guiadas. As acumulacións de rochas, pequenos milladoiros colocados recentemente e atopados entre as estruturas, impiden a erosión dos recheos atopados entre as mesmas e impiden en certa medida a erosión e filtracións da auga da choiva. Polo tanto non deben eliminarse ata que se traten as estruturas contiguas e se escaven os recheos interiores. A meirande parte das reconstrucións atopadas, salvo as que contiñan cemento, non foron prexudiciais para a conservación da estruturas pero sí para a lectura das mesmas con erros importantes de interpretación.
Fig. 48 e 49: alteracións por embolsamentos de auga e perda por lavado da argamasa orixinal. Vista da zona consolidada en 2008.
Fig. 50: perda do paramento pola cara interior na estrutura 14D
Fig. 51: perda de alzado con movemento de pedras na cabeceira e muro cambado por empuxe dos sedimentos e acción da auga filtrada
Namentres non se desenvolva no xacemento, e con urxencia, unha actuación integral que aborde os aspectos arqueolóxicos, de conservación e os museolóxicos estarase a falar sempre das mesmas
18
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
incidencias e polo tanto os riscos para as visitas, a mala conservación e a mala visión dos conxuntos non tratados convértense nun fenómeno diacrónico. Para corrixir todo o anterior deberíase ademais establecer o mantemento no lugar como aval da conservación e como atractivo permanente para as turistas que visitan o xacemento.
Fig 52, 53 e 54: detalle de tocón brotado. Detalles dun pegote de cemento solto nunha estructura á que so aporta peso e impermeabilidade. Detalle e remate do cemento que se defende no Plan Director
9. Obxectivos específicos da proposta Os obxectivos específicos que se marcaron para a presente actuación foron: a) Garantir a adecuada conservación e protección das estruturas minimizando os riscos das alteracións físico-químicas. Para isto foi preciso definir moi ben a proposta e as fases e prioridades de actuación. b) Mellorar a lectura, a visión e as relacións das estruturas, en definitiva, mellorar a didáctica do conxunto a través da conservación para mellorar a comprensión do público non especializado. c) Aportar coñecemento incidindo no carácter científico da actuación. d) Transformar a proposta nun elemento máis de difusión tanto do xacemento como dos traballos propios da conservación e restauración arqueolóxica. e) Garantir o rendemento social, educativo e económico da proposta.
10. Criterios aplicados na proposta de actuación Na parte consultada do Plan Director soamente se dan suxerencias para que se definan os criterios de intervención e incluso plantéxanse dúbidas respecto do elemento diferenciador empregado para cumplir co criterio de identificación de engadidos ou da existencia da conservación preventiva…. Na presente proposta de actuación marcáronse como criterios26 de obrigado cumprimento: a) Mínima intervención. b) Preservación de todos os elementos orixinais. c) Uso de materiais que non interaccionen cos orixinais. d) Uso de materiais e técnicas reversíbeis ou de fácil eliminación; no posible contemplando o tipo de actuación que foi (consolidación estrutural) e) Uso de materiais e técnicas con duración garantida no tempo. f) Identificación de engadidos. g) Mellora na visión dos elementos degradados.
19
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
11. Tratamentos realizados27 A proposta deu continuidade a outras intervencións feitas e ao marcado no referente á conservación no Plan Director; aínda que cos matices lóxicos que vimos describindo. Desde un punto de vista formal a proposta tratou de dar solucións aos problemas de conservación descritos no punto 8 aproveitando a actuación para mellorar a visión dun conxunto que por se mesmo forma unha unidade ou barrio como os que se atopan noutras áreas do castro. A área suxerida para a intervención é ademais unha das máis visitadas xa que coincide, e como xa avanzabamos, cun dos principais “viais” do xacemento, a rolda leste-oeste, e pola presenza do panel informativo28 no interior dunha das estruturas (a 12D) que engade máis afluencia de público a este sector. Para mellorar a lectura dos conxuntos foi necesario executar pequenos tramos de muros, cunha ou dúas fiadas, para dar continuidade, en planta e alzado, ás estruturas. A simple limpeza e execución dunha fiada de protección en cabeceira axuda de abondo nesta cuestión evitando, como ocorre noutras intervencións feitas en Galicia, caer no falso histórico. É por isto que non é necesario executar amplos recrecidos nos muros para definir ben os espazos que se pretenden exhibir (fig. 55, 56 e 57)29. Outra cuestión diferente sería a que se describiu para os casos dos recrecidos feitos para evitar o pisado dos muros ou as reconstrucións estruturais que sí se contemplaron nesta proposta. As reconstrucións considéranse netamente de preservación e de carácter didáctico (de comprensión para o público non especializado e formativas) e respectaron ademais as relacións de anterioridade, contemporaneidade ou posterioridade entre as mesmas. Así prestouse especial atención as secuencias estratigráficas: sobre, baixo, adosa, corta, contén, traba, xustaponse ou correspóndese (fig. 58 e 59). Tamén se tivo especial atención respecto dos puntos de vista principais do xacemento. Tentouse ademais dar un novo discurso arqueolóxico mediante a visión dos pavimentos: unha estrutura non posúe pavimento (ou se perdeu durante as escavacións antigas, 14D), outra estrutura (12D) mostra restos da regulariación previa ao pavimento de terra batida, a 10D ten restos de pavimento orixinal e na 11D recreouse un pavimento de terra batida para testar a súa efectividade a intemperie e así poder ser empregado en futuras actuación como protector reversíbel dos orixinais.
Fig. 55, 56 e 57: a correcta lectura das estruturas e espazos non depende do volume dos recrecidos
Fig. 58 e 59: control das relacións entre muros (correspóndense) e mellora da visión segundo os puntos de vista principais
20
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Para acadar todos eses obxectivos (conservación e didácitca da actuación) foron precisos desenvolver os seguintes traballos.
11.1 Rexistro, diagnose e analítica (fig. 60, 61 e 62) Foron tarefas comúns a todas as estruturas: a) A recollida de información en fichas de rexistro e diagnose máis un mapa de alteracións (ver plano 15). b) O debuxo en pranta de todas as estruturas e dos paramentos que recibiron anastilose documentada. c)
Toma de mostras en estruturas con elementos menores: argamasas 30.
Como xa avanzábamos estase a buscar financiación para un pequeño estudo analítico das argamasas atopadas. Das análisis feitas in situ e con microscopía31 derívase que cun ataque con ácedo feble non se dan atopado restos de cal nas mesmas. As granulometrías presentan diámetros menores a 3 mm con abundancia de limos e arxilas de cor branquecina.
Fig. 60, 61 e 62: rexistro gráfico, detalle de argamasa orxinal na estrutura 12D e vista ao microscopio
As fichas de diagnose, que se presentan no punto 14 desta memoria, recollen todas as incidencias por cada unha das estruturas tratadas referentes á conservación, formas e tipoloxía das mesmas.
11.2 Estrutura 10D Na estrutura 10D (ver plano 07) realizouse: a) Rexistro gráfico, fotográfico e diagnose. b) Limpeza das cabeceiras e pavimento (fig. 63). c)
Consolidación das cabeceiras con morteiro de cal hidráulico. Recuperación da verticalidade.
d) Anastilose documentada nos tramos do muro polo NO e SO mediante debuxo, numeración das rochas, desmonte e remonte coas rochas en posición orixinal32 (fig. 64 e plano 12). e) Recolocación do resto de forno (ou guiceiro) situado a NL da estrutura (fig. 65 e 66). f)
Mellora da lectura mediante reconstrucción de fiadas ao leste e reconstrución da entrada, fronte ao fogar, deixándoa levemente insinuada pois non se atopa o limiar (fig. 67 e 68).
O pavimento, por presentar un bo estado de conservación, no recibiu tratamento algún cumprindo co criterio de mínima intervención.
21
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 63 e 64: limpeza da estrutura e muro marcado para desmonte e remonte (anastilose)
Fig. 65 e 66: resto de forno (ou guiceiro) e colocación final
Fig. 67 e 68: fiada no tramo perdido ao leste da estrutura e detalle de reconstrución estrutural por perda parcial do paramento interior
22
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 69, 70, 71 e 72: fotografías comparativas de entrada e saída; vista NL a SO e vista SO ao NL
11.3 Estrutura 11D Na estrutura 11D (ver plano 08) desenvolvéronse os seguintes traballos: a) Rexistro gráfico, fotográfico e diagnose (ver plano 14). b) Limpeza das cabeceiras e pavimento (fig. 73). c)
Consolidación das anteriores con morteiro de cal hidráulico (fig. 74).
d) Leve recrecido ao leste para evitar a entrada dos visitantes (fig. 75). e) Drenaxe, mediante colocación dunha lámina tipo Drentex, polo exterior no cuadrante SO e baixo o milladoiro contemporáneo (fig. 76a e 76b). f)
Aplicación dunha capa de xabre compactado, reversíbel e sobre xeotextil, para estudar o seu comportamento como protector en vindeiras actuacións (fig. 77 e 78).
O pavimento é semellante ao feito no interior da vivenda reconstruída do castro en 1965. Namentres que nesta última soamente se empregou xabre na estrutura 11D extendeuse cunha mestura de 25 partes de xabre por unha de cal hidratada. Logo da fortes chuvias de finais de agosto aínda se mantén pero algo feble polo que anotamos se puidera engadir un pouco máis de cal para ter maior resistencia33.
23
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 73 e 74: limpeza de cabeceiras e detalle da consolidación con morteiro de cal hidráulico
Fig. 75 e 76a-76b: recrecido ao leste e drenaxe perimetral polo exterior (entrada e saída)
Fig. 77 e 78: pisado do xábrego e final do pavimento
24
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 79, 80, 81 e 82: fotografías comparativas de entrada e saída; vistas de oeste a leste e vistas de norte a sur
11.4 Estrutura 12D Na estrutura 12D (ver plano 09) desenvolvéronse os seguintes traballos: a) Rexistro gráfico, fotográfico e diagnose. Toma de mostra da argamasa orixinal (fig. 83). b) Aplicación dun pequeno recheo ao norte da estructura con terra vexetal e xabre (fig. 84). c)
Limpeza das cabeceiras conservadas e depósitos por aporte eólico no interior da estrutura Consolidación das anteriores con morteiro de cal hidráulico.
d) Leve recrecido en xeral xa que esta estrutura estaba completamente arrasada. e) Drenaxe, mediante colocación dunha lámina tipo Drentex, na superficie existente entre esta estrutura e a 10D. Colocación de dous tubos a rente do chan polo leste para permitir o desaugue das augas de chuvia e escorras. Os tubos son de tipo DM60, mullita densa, cocidos a 1400ºC. Cantidade de Al2O3 do 60% e álcalis 3% (fig. 85, 86, 87 e 88) e gran resistencia a flexotracción. Eliminouse do interior da estrutura o panel informativo que será recolocado noutro punto do xacemento logo de corrixir a información que contén.
25
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 83 e 84: recheo con terra vexetal antes de estender o sábrego e detalle de argamasa orixinal nun muro
Fig. 85 e 86: colocación de dous tubos para drenaxe, 2 cm e 7 cm
Fig. 87 e 88: colocación de lámina para drenaxe entre as estrutura 10D e 12D
26
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 89, 90, 91 e 92: fotrografías de entrada e saída; vista SO-NL e norte-sur
11.5 Estrutura 13D Na estrutura 13D (ver plano 11) desenvolvéronse os seguintes traballos: a) Rexistro gráfico, fotográfico e diagnose. b) Limpeza, estudo e definición na escavación dos límites do limiar coa aparición dos couzóns (fig. 93, 94, 95 e 96). c)
Estudo das relacións desta estrutura (posterior-adosa a 12D e 14D) e respecto polas mesmas nas reconstrucións cunha fiada (fig. 97 e 98).
d) Leve recrecido en xeral para definir ben a rolda oeste-leste do xacemento34 e mellora da lectura da entrada á casa patio. Na limpeza e escavación dos bordos do limiar non se atopou restos do enlousado, dito isto, non se pode afirmar que exista ou non tal pavimento. Antes da limpeza do mesmo non eran visibles os couzóns do anterior. A relación desta estrutura coa 12D é clara (adosa). A relación con 14D foi máis difícil de definir pola conxunción dunha derruba e reconstrución contemporánea na unión do muro de entrada ao leste da estrutura 14D e a estrutura descrita. Con todo viuse como cando se fixo o empate entre as estruturas realizouse un pequeno amaño entre as mesmas; curiosamente na reconstrución se chegou ao mesmo termo.
27
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 93 e 94: traballos de limpeza na estrutura 13D
Fig. 95 e 96: traballos finais no guiceiro e detalle de couzóns
Fig. 97 e 98: limpeza e escavación final con respecto polas relacións na recontrución final cunha fiada de protección na cabeceira
28
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 99, 100, 101 e 102: fotografías comparativas de entrada e saída, vista de oeste a leste e vista de sur a norte
11.6 Estrutura 14D Na estrutura 14D (ver plano 10) realizouse: a) Rexistro gráfico, fotográfico e diagnose. b) Limpeza das cabeceiras e estudo das relacións (fig. 103 e 104). c)
Retaques puntuais e permanencia das relacións entre esta estrutura e a 13D.
d) Anastilose documentada nos tramos do muro polo NO e SO mediante debuxo, numeración das rochas, desmonte e remonte coas rochas en posición orixinal35 (fig. 105 e 106 e plano 13). e) Drenaxe perimetral con colocación dunha lámina de drenaxe entre esta estrutura e a 11D (fig. 107 e 108). f)
Consolidación das cabeceiras con morteiro de cal hidráulico.
g) Correción do muro mal reconstruído da entrada ao leste máis estudo do vestíbulo ao leste e sur (fig. 65 e 66). Recuperación da verticalidade en tramos cambados. O pavimento, por presentar un bo estado de conservación, no recibiu tratamento algún cumprindo co criterio de mínima intervención.
29
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 103 e 104: traballos de limpeza e estudo das relacións entre estruturas
Fig. 105 e 106: anastilose documentada
Fig. 107 e 108: execución dunha drenaxe
30
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 109, 110, 111 e 112: fotografías comparativas de entrada e saída, vista de nordeste a sueste e vista de oeste a leste
Fig. 113 e 114: fotografías comparativas finais; vista suroeste a nordeste
31
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
11.7 Outros traballos a maiores a) Probras para pavimentos na vivenda reconstruída do Castro e estrutura 11D (fig. 115 e 116)36
Fig. 115 e 116: mesturas con sábrego e detalle da aplicación do avance na aplicación na vivenda reconstruída
Probráronse mostras de sábrego peneirado, sen peneirar, sábrego mesturado en relación 1:12 con cemento branco baixo en sales e mestura con cal hidratada tamén en relación 1:12. A mostra que máis dureza mostrou foi a de cemento branco en sales con sábrego. Se ben optouse por dar na vivenda reconstruída en 1965 un xabre peneirado con auga en relación 1:25. Esta capa final ía aplicada sobre un “piñonciño” provinte do mesmo xabre imitando a primeira capa de regularización atopada nas vivendas tratadas aínda que con menor diámetro na curva granulométrica final. Este traballo non estaba previsto no orzamento e proxecto pero foi requerido polo Concello e arqueólogo do Castro de Santa Trega xa que o feito en 2008 estaba moi deteriorado. Esta mestura pisouse cun peso de madeira e debe recibir mantemento continuado.
Fig. 117, 118, 119, 120, 121 e 122: fotografías correspondes á selección, peneirado, amasado e diferentes granulometrías obtidas
32
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
Fig. 123 e 124: estendido e compactado do sábrego
b) Recolocación de rochas caídas e arranxo de derruba na intervención de 2008
Fig. 125 e 126: outros traballos realizados e non contemplados no orzamento inicial
c) Charla de difusión dos traballos e fotogrametría 37
Fig. 127 e 128: difusión dos traballos e fotogrametría
33
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
12. Equipo técnico e organigrama da intervención ORGANIGRAMA E RELACIÓN DE COMUNICACIÓNS NOS TRABALLOS
CONCELLO DE A GUARDA
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. XUNTA DE GALICIA
E.S.C.R.B.C.G.
TÉCNICOS SERVIZO ARQUEOLOXÍA
EQUIPO EXTERNO
EQUIPO BASE DIRECCIÓN DE CONSERVACIÓN: Gonzalo Buceta Bruneti Natalia Cortón Noya Fernando Carrera Ramírez
DIRECTOR DE ARQUEOLOXÍA: Fernando Carrera Ramírez
ASESORIA CASTRO DE STA. TREGA: Leonardo González Pérez
AUXILIARES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN ALUMNOS DA E.S.C.R.B.C.G. Candela Alvarellos Rodríguez-Navas Eduardo Freiría Martínez Cristina Rodríguez Francisco Sara Hidalgo Moldes Rebeca Cambeiro Graña Lucas Iglesias Serantes
13. Indicacións para mantemento Por seren elementos expostos á intemperie os tratamentos son deseñados para resistir as inclemencias do tempo meteorolóxico e a acción das visitas neste sector particular. Con todo proponse realizar visitas períodicas para testar a efectividade dos tratamentos e, chegados ao caso, facer pequenas intervencións puntuais en elementos que podan ser movidos. Tamén se deben mater limpas as drenaxes. Deberíase facer xa un proxecto para a organización das circulacións dos visitantes e unha escavación en área das estruturas adxacentes ás tratadas. Tamén se debe realizar intervencións de conservación urxentes noutras áreas do Castro.
34
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
14. Fichas Diagnose
35
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
36
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
37
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
38
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
39
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
40
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
41
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
42
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
43
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
44
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
45
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
46
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
47
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
48
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
49
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
50
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
51
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
15. Agradecementos Queremos agradecer a axuda prestada ao Concello de A Guarda polo seu compromiso co estudio e conservación do Castro de Sta. Trega e de xeito particular ao Concelleiro de Patrimonio Manuel Javier Crespo González quen deu todas as facilidades para que o proxecto saíra adiante, política con maiúsculas... Ademais, este proxecto non se tería levado a cabo de non ser pola axuda prestada en todo momento por Leonardo González Pérez (arqueólogo e guía do parque) que non descartou “botar unha man” en cantas tarefas se desenvolveron. Agradecemos ademais as sempre acertadas recomendacións dadas por Víctor Barbi Alonso gran coñecedor do Castro de Sta. Trega e ao que sempre lle estaremos agradecidos por compartir os seus coñecementos científicos sobre o mesmo. Tamén aos técnicos de patrimonio do servizo de arqueoloxía Roberto Pena e Eugenio Rodríguez pola rápida tramitación e permisos do proxecto. Por acollernos, coiddarnos e facernos sentir como na propia casa non podemos esquecernos de Rogelio e Mari do restaurante Mar y Cielo. Ás “rapaciñas” de RockArt Conservation, Natalia, Mari, Carmen e Lara, sen as que non se pudera ter rematado o traballo en tempo e forma un recoñecemento especial. Como non, aos rapaces da escola, Candela, Eduardo, Cris, Sara, Rebeca e Lucas por traballadores constantes e futuros profesionais de alta cualificación... aos coidadores do parque Xoán e Ricardo... A todos, grazas.
52
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
16. Bibliografía De Mergelina, C. La citania de Santa Tecla. Padroado do Monte Santa Trega. D.L. VG: 1030-2001. Martínez Tamuxe, X. Citania y museo arqueológico de Santa Tecla. La Guardia: Sociedad Pro-Monte, D.L. 1986.178p. ISBN: 84-500-9905-6 Carrera Ramírez, F. Informe preliminar sobre el estado de conservacion de las estructuras arqueológicas del castro de Santa Tecla. Ined. Carrera Ramírez, F. Diagnosis sobre el estado de conservacion de las estructuras arqueológicas del castro de Santa Tecla. Ined. Ined. De la Peña Santos, A. Santa Trega: Un poblado castreño-romano. P.P. 86-87. Buceta Bruneti, G. Memorias dos traballos presentados ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultura. Ined.: a) Limpeza e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga, Castro de Rei, Lugo autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con datas 15 de xullo de 2008, 25 de setembro de 2009 e 11 de novembro de 2010 Expte.: CJ 102A 2008/395-0 Expte.: CJ 102A 2009/577-0 Expte.: CJ 102A 2010/492-0 b) Conservación de cinco estruturas arqueolóxicas do Monte Santa Trega. A Guarda autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de data 9 de outubro de 2007 Expte.: CJ 102A 2007/603-0 c) Limpeza, acondicionamento e consolidación do Castro de Fazouro (Foz, Lugo) autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de data 16 de novembro de 2006 Expte.: CJ 102A 2006/680-0 La conservación de excavaciones arqueológicas. Edición dirigida por N. P. Stanley Price. (1984). Edita ICCROM Mortars, Cements and Grouts used in the Conservation of Historic Buildings. ICCROM. VV.AA. Patología de las lesiones físico-mecánicas en los soportes arquitectónicos. Alberto Sepulcre Aguilar. La consolidación de yacimientos arqueológicos: El Castro de Fazouro. Victor Barbi, A. et Fernando Carrera Ramírez, F. Ley 8/1995, de 30 de octubre, de Patrimonio Cultural de la Comunidad Autónoma de Galicia. Ley 16/85, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Decreto 798/1975, de 3 de abril polo que se dispón que nas obras en monumentos e conxuntos histórico-artísticos se empreguen no posible materiais e técnicas tradicionais. The conservation of antiquities and works of art. Oxford University Press. London 1965. Plenderleith, H.J.
53
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
17. Outras fotografías
54
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
FOTO 129 e 130:
Colocación do elemento diferenciador e remate de cabeceira
FOTO 131 e 132:
Limpeza e escavación ao leste na estrutura 10D coa recolocación do resto de forno ou guiceiro
FOTO 133 e 134:
Finais da estrutura 10D
55
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
FOTO 135 e 136:
Colocación de xeotextil e estendido do xabre
FOTO 137 e 138:
Finais do pavimento de xabre para estudo, comportamento e futuros plantexamentos para protección de pavimentos orixinais
FOTOS 139 E 140:
Tubos de drenaxe en estrutura 12D
56
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
FOTO 141 e 142:
Escavación para atopar a cara externa do muro ao oeste da E12D e vista final de muro polo interior ao sur
FOTO 143 e 144:
Finais da estrutura E12D
FOTO 145 e 146:
Entradasaída da estrutura 13D
57
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
FOTO 147 e 148:
Finais da estrutura 13D
FOTO 148 e 149:
Muro reconstruído e mal orientado na estrutura 14D e limpeza e escavación para atopar a pegada orixinal da fiada nese tramo
FOTO 150 e 151:
Entrada do vestíbulo de E14D, moi reconstruído, e escavación para determinar a súa orixinalidade e orientación real
58
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
FOTO 152 e 153:
Finais do muros de entrada á estrutrua 14D
FOTO 154 e 155:
Final da estrutura 14D e detalle de paramentos da 14D e 11D
FOTO 156 e 157:
Final da casa patio intervida con mellora da lectura
59
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
FOTO 158 e 159:
Paisaxe
FOTO 150 e 151:
Paisaxe
FOTO 150 e 151:
Paisaxe
60
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
18. Documentación gráfica
61
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
62
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
63
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
64
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
65
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
66
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
67
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
68
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
69
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
70
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
71
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
72
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
73
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
74
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
75
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
76
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
19. Sinaturas da dirección facultativa
En Pontevedra, a 30 de septembro de 2014
Asdo.: Fernando Carrera Ramírez
Asdo.: Gonzalo Buceta Bruneti
Doctor en Historia Diplomado en Conservación de BB.CC
Diplomado en Conservación de BB.CC. Especialidad arqueología
Asdo.: Natalia Cortón Noya Licenciada en Belas Artes Diplomada en Conservación de BB.CC.
77
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
1 Nomenclaturas dadas no Plan Director. 2 Fotografías da páxina WEB A Guardia.com. 3 Ausencia de referencias ás drenaxes e control das escorras, consolidación de pavimentos e recebos, mellora da lectura e relacións entre as estruturas, anastiloses documentadas, referencias aos puntos de vista pricipais, diagnose e analítica, aplicación de novas tecnoloxías …. 4 Extracto de prensa: Faro de Vigo. 5 Santa Trega: Un poblado castreño-romano. De la Peña Santos, A. p.p. 86-87. 6 Se ben é certo que “destaca un pouco por enriba das mesmas estruturas” baixo o punto de vista da conservación crítica considérase moi acertado polo que a liña deste proxecto mantén a súa “inspiración”. 7 Informe preliminar sobre el estado de conservacion de las estructuras arqueologicas del castro de Santa Tecla. Ined. Carrera Ramírez, F. Diagnosis sobre el estado de conservacion de las estructuras arqueologicas del castro de Santa Tecla. Ined. Carrera Ramírez, F. 8 La Citania de Santa Tecla. De Mergelina, C. Edita: Padroado do Monte Santa Trega. Pág. 12. D.L.: VG 10302001. 9 Ibid., 15. 10 Ibd., 20. 11 Ibid., 16. 12 Comunicación oral Víctor Barbi Alonso. 13 C. de Mergelina. Op. Cit. Pág. 22. 14 Brancos, vermellos e azuis según de la Peña Santos, A. 15 En todos os castros nos que se teñen levado tarefas de conservación e restauración téñense atopado restos de recebo. Non ocorre o mesmo cando as intervencións as realizan arqueólogos sen presenza dun profesional da conservación-restauración. 16 C. de Mergelina. Op. Cit., 17. 17 Un erro moi común na descrición de estruturas castrexas é o de situar o fogar central e o poste que soporta á cuberta no centro das vivendas. 18 Entre outros: moldes de fundición, puñais de bronce, fouces, fíbulas, torques, agullas, etc. 19 Polo xeral os fogares mostran un cortaventos sempre orientados cara a porta de entrada ás vivendas. 20 Se houbese unha abertura cara a esa rolda descrita a pedra podería formar parte dun guiceiro. A rocha, aínda que desprazada, presentaba signos evidentes da súa localización primixenia pois na escavación ollouse parte do muro de preparación para o seu asento. Ademais a forma exterior da continuidade ao exterior, curvo, da estrutura, formando un ángulo polo interior con paralelismos noutras estruturas do castro (neste caso con guiceiros). Nos debuxos de C. de Mergelina non se atopa o fogar polo que puidera ser unha reconstrución e polo tanto a entrada, aínda que con lóxica orientación cara esa área do patio, ben podería ter sido outra. 21 Durante a fase de limpeza da cabeceira atopáronse restos de cerámica común entre os cachotes. 22 O panel informativo referente ao urbanismo do castro incluía as estrutruras 6 e 8D nesta unidade pero consideramos pertencerían a outra casa patio. 23 Tamén consideramos como axente de alteración o cemento que se ben empregando no castro para a consolidación das estruturas. O cemento favorece a separación entre as partes consolidadas e as non tratadas (pola diferenza respecto do granito no tocante á dilatación), aumenta a impermeabilidade favorecendo o paso da auga polas partes máis febles das estruturas, aporta sales, presenta menor durabilidade no tempo e polo xeral amosa un aspecto estético nada aconsellábel. 24 Op. Cit. Carrera Ramírez, F. 25 Este problema ben sendo descrito en múltiples informes desde hai moito tempo. Op. Cit. Carrera Ramírez, F. 26 Os criterios sempre son motivo de amplas discrepancias case sempre derivadas pola falta de coñecemento que existe nas propias Administracións Públicas e porque moitas veces redactan os planes de conservación persoas alleas á profesión específica de conservación e restauración de Ben Culturais. Tamén os propios profesionais con intereses netamente económicos e comerciais tenden a incumprir cos criterios que, por outra banda, son doados de atopar nas diferentes Cartas e Leis que rexen as intervencións sobre o Patrimonio Cultural. 27 Presentouse unha proposta ambiciosa que ademais quedou supeditada á resolución da DXPC da Xunta de Galica e baixo os parámetros establecidos na Lei 8/1995, de 30 octubre de 1995 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Decreto 798/1971 sobre o uso de técnicas e materiais tradicionais en obras realizadas sobre monumentos e conxuntos históricos, Decreto 199/1997, de 10 xullo de 1997, que regula a actividade arqueolóxica en Galicia, e as cartas do Restauro de 1972 e Cracovia de 2000. 28 O punto informativo xa foi eliminado do lugar e está en espera da súa edición e posterior recolocación.
78
MEMORIA: “PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN E MELLORA DA VISIÓN E RELACIÓNS EN CINCO ESTRUCTURAS LOCALIZADAS NO SECTOR-D DO CASTRO DE STA. TREGA”
29
É curioso contemplar como as estruturas consolidadas en 2006, alguna delas con só unha fiada, non presentan desprazamento de pedras por pisado dos muros. O carácter de ruina mantido favorece o respecto polas mesmas. 30 Nesta intervención non se atoparon restos de recebo agás as pegadas que se poden atopar sobre o pavimento da estrutura 10D. 31 Fotografía con Leica DME 4x/0.10 /32 Neste caso non se interpón elemento diferenciador algún pois cada cachote volta a súa posición orixinal. En todo caso deixáronse as siglas a propósito con intención de que servan como exemplo de respecto máximo na intervención e como didáctica para o discurso de conservación que se debe engadir no Trega aos visitantes. 33 As cores entre o sábrego, o sábrego mesturado con cal hidratada e o sábrego con cemento branco en sales nas relacións estudadas son prácticamente iguais. 34 Segundo o guía do xacemento e asesor científico da intervención Leonardo González Pérez os visitantes do Castro de Sta. Trega non dan ollado claramente as roldas que se veñen describindo. 35 Ibid. 32. 36 Esta operación fíxose a maiores do orzamentado inicialmente e supuxo un investimento de 750,00 €. 37 A fotogrametría, unha vez rematada, será difundida a través da WEB.
79